Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

5 de novembro de 2019

OASIS MONTEALTO

A Metodoloxía Oasis é un xogo participativo que naceu nas favelas de Brasil. As favelas son
asentamentos precarios ou informais que crecen en torno e dentro das grandes ciudades do país.
Estes lugares son partícipes da pobreza e corrupción, onde os narcotraficantes son os
dominadores.
Utilizan esta metodoloxía porque conseguía que a xente se ilusionase e sentise unha máis forte
conexión coa comunidade, conseguindo así unha maior participación. Emprégase unha mirada
apreciativa da realidade, para así poder obter unha motivación.
Ten unha serie de pasos:

Xogo oasis: é unha tecnoloxía social de libre


uso e traballa con metodoloxías de final aberto 6. CELEBRACIÓN: Reconocer e celebrar a
colaboración colectiva

5. MILAGRO/ACCIÓN: Realización e 1. O MIRAR: buscar a abundancia, visión


concretización, debe ser divertido apreciativa

7. Crear máis soños, pensar no futuro


para que a comunidade se independice
e poida crear novos oasis

2. AFECTO: Escoitar os corazóns para


buscar o afecto (ex. de afecto: comida,
4. COIDADO: Soño colectivo-> proxecto,
bebida, escoita, estar coa persoa dunha
estratexias de recolección de recursos, captar
maneira significativa, descubrir talento,
talentos
escoitar historias…)

3. SOÑO: Soño colectivo, que nos gustaría realizar


xuntos, cal é a imaxe do noso soño, soño utópico

Concretamente, no caso do Xogo Oasis en Montealto, comezon por xerar confianza entre os
membros do equipo para crear unha relación máis sólida. Seguidamente saíron ó barrio cunha
mirada apreciativa rematando por indagar entre os veciños que era o botaban en falta ou de que
maneira mellorarían o barrio.

1 de 2
Ó mesmo tempo, foron coñecendo as habilidades e talentos que cada veciño podía transmitir e
aportar á comunidade, e ofrecéronlles ser partícipes do xogo, creando así un soño colectivo.
Entre as propostas estaba crear unha relación máis cercana entre os veciños, e facer das rúas un
lugar máis limpo e bonito, é decir, crear un lugar máis idílico onde vivir.
Deseñouse unha intervención artística participativa nunhas escaleiras (Adelaia Muro) que
permitían atallar as rúas. Comezaron por pintar e sanear as paredes, e posterior decoración con
grafittis, mosaicos, collages. Nunha das paredes de abaixo cara arriba había unha ilustración de
xardas escapando do mar cara arriba debido a contaminación, as burbullas de ditos peces
estaban realizadas con plásticos que recollían das praias; na outra parede representaron gaivotas
descendendo polo mesmo motivo.
Para finalizar, organizouse unha festa de celebración na que colaboraban os veciños que querían,
aportando ou ben comida e bebida, ou ben talentos como o eran a maxia, música, talleres…
Xa para concluír, chamaron ó grupo motor para facer outra intervención nun colexio: “Victor López
Seoane”) investigaron sobre a persoa averiguando que fora un biólogo que descubrira certas
especies animas (serpes, lagartos…). Repetindo os pasos, decidiron decoralo en base ó
pescudado. A creación dividiuse en dous días: un para os alumnos e outro para que participasen
todas as persoas que quixesen. Fíxose a correspondente celebración e posterior creación dun
novo soño: un proxecto participativo na Universidade Senior de A Coruña.
Utilizaron diversas dinámicas para explicar o seu proxecto; había unha chamada de atención ou
de silenzo mediante un animal de goma que emitía sons, unha pelota pequena de tela que servía
para facilitar a comunicación e poder falar por turnos; realizamos diversos xogos con música, o
primeiro consistía en andar aleatoriamente por toda a sala, e cada vez que parase a música parar
a falar coa persoa que tivésemos en frente sobre diversos temas, xeralmente experiencias; por
outro lado realizamos o xogo das cadeiras, máis non estaba enfocado coma sempre, senón que á
medida que ían quitando cadeiras tiñamos que colaborar para poder estar sentados todos (podía
ser uns encima de outros) cando parase a música. Este xogo tiña unha finalidade, cooperar,
axudarnos mutuamente no colectivo, en definitiva, explicar con feitos os pasos que se deben
pasar neste “Xogo Oasis”.

2 de 2

You might also like