Tema 2. A Organización Económica Das Sociedades

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

TEMA 2: A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DAS SOCIEDADES

1. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS
QUE É A ACTIVIDADE ECONÓMICA
A actividade económica é o conxunto de labores realizados polos seres humanos dirixidos
a satisfacer as súas necesidades:
● Consiste en producir os bens
● Prestar os servizos
Os desexos ou necesidades poden ser ilimitados, pero os recursos son limitados e
escasos. As necesidades humanas poden ser primarias (indispensables para sobrevivir)
ou secundarias (as que aumentan o noso benestar)
FASES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA:
• PRODUCIÓN: A produción de bens consiste en combinar os recursos naturais, a
técnica e o traballo co fin de obter bens ou servizos destinados a seren
consumidos. Os bens producidos poden ser de dous tipos:
◦ Bens de consumo ou finais: satisfán directamente as necesidades dos
consumidores (roupa, mobles, zapatos, etc.).
◦ Bens de produción ou intermedios: son as máquinas, ferramentas, etc., que
se empregan para a produción de bens de consumo
• COMERCIALIZACIÓN: é a distribución e venda dos bens e servizos. A
comercialización inclúe as fases de almacenamento, transporte e venda. O proceso
de comercialización realízase a través de dúas etapas:
◦ A venda por xunto é a que realizan os comerciantes por xunto, que compran
grandes cantidades de produtos e llelos venden a outros comerciantes ou
empresas que asemade llelos venderán aos consumidores finais. (comercio
maiorista)
◦ A venda polo miúdo realízana os comerciantes polo miúdo, que lles mercan
pequenas cantidades aos comerciantes por xunto e llas venden ao público nas
tendas. (comercio minorista)
• CONSUMO: é a fase final da actividade económica, xa que a compra de bens e
servizos lles permite ás persoas satisfaceren as súas necesidades. Os bens poden
ser:

1
◦ Non duradeiros, cando se consumen nun ou nuns cantos usos (os alimentos, a
auga…)
◦ Duradeiros, cando se poden utilizar durante un período de tempo relativamente
longo (os automóbiles, os electrodomésticos, os mobles…).
O consumismo fai referencia ao consumo excesivo de produtos por parte dos individuos
dunha sociedade. Ter claras as nosas prioridades e redactar unha listaxe antes de mercar
pódenos acabar convertendo en consumidores responsables.
2. OS FACTORES DE PRODUCIÓN
FACTORES DE PRODUCIÓN
• RECURSOS NATURAIS: son os recursos que atopa o ser humano na natureza.
Permiten producir outros bens mediante a súa extracción e transformación. Son
limitados polo que pode haber problemas de esgotamento. É necesario evitar a súa
explotación. Exemplos: vexetación, bosques, animais, minerais, auga ou o sol.
• TRABALLO: chamámoslle traballo a toda actividade humana física e intelectual
que serve para producir bens e subministrar servizos útiles ás persoas. Tipos:
◦ Traballo por conta allea, ou sexa, traballar nunha empresa ou na
Administración.
◦ Traballo autónomo, isto é, traballar só para un mesmo sen depender de
ninguén: labregos, comerciantes,...
• CAPITAL: son os recursos que se empregan para producir bens ou servizos
constitúen o capital que pode ser de tres tipos:
◦ Capital físico: formado polo terreo, os edificios, as instalacións, os equipos, a
maquinaria e as materias primas.
◦ Capital humano: empresarios e empregados e canto se refire á formación
profesional do cadro persoal dunha empresa.
◦ Capital financeiro: os cartos necesarios para iniciar o proceso de produción, o
que as empresas manteñen en caixa ou en contas bancarias e os activos
financeiros (accións, bonos, etc.).

2
3. OS AXENTES ECONÓMICOS
Os axentes económicos son os que se encargan de producir, intercambiar e consumir os
produtos ou servizos. Existen tres axentes económicos esenciais: familias,empresas e
Estado (Sector público).
• AS FAMILIAS: cada familia dedica unha boa parte dos seus recursos económicos
(dos seus cartos) a mercar bens e servizos para cubrir as súas necesidades
(comida, roupa, transportes, etc.). Os gastos páganse cos ingresos familiares, isto
é, cos salarios obtidos polo traballo realizado polos membros da familia.
• AS EMPRESAS: unha empresa é, xa que logo, a unidade económica que,
mediante o traballo e o capital, fabrica e distribúe bens (roupa, mobles...) e servizos
(transporte, xestión bancaria, etc.). Os bens producidos nas empresas teñen un
custo, derivado do prezo da materia prima, da enerxía, do investimento en
máquinas e instalacións, do transporte, dos salarios e dos xuros pagos polo diñeiro
que recibiron prestado dos bancos. No mercado, os produtos véndense a un prezo
algo superior ao prezo que custou obter o produto. A diferenza entre o prezo de
venda e o prezo de custo chámase beneficio. Clasificación:
◦ Empresas segundo o seu tamaño (válida para España):
▪ Micro empresa: se posúe 10 ou menos traballadores.
▪ Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 49 traballadores.
▪ Mediana empresa: se ten un número entre 50 e 250 traballadores.
▪ Gran empresa: se posúe entre 250 e 1000 traballadores.
▪ Existen grandes empresas multinacionais, con milleiros de traballadores
(como as grandes firmas automobilísticas).
◦ Empresas segundo a súa actividade:
▪ Empresas do sector primario dedícanse á agricultura, á gandaría, á pesca
e explotación forestal.
▪ Empresas do sector secundario están vinculadas á minaría, á industria. á
construción e á produción de enerxía.
▪ Empresas do sector terciario son empresas de servizos (hospitais,
transportes...).

3
• O SECTOR PÚBLICO: chamámoslle sector público ao conxunto de actividades e
iniciativas económicas e sociais que leva a cabo o Estado, que se poden realizar
cos impostos que pagan os cidadáns e as empresas. Con estes cartos o Estado é
capaz de:
◦ Manter a administración pública (empregados públicos, goberno central,
gobernos autonómicos, concellos, etc.).
◦ Construír infraestruturas, equipamentos e obras públicas.
◦ Dar subvencións e outras axudas (vantaxes fiscais, créditos, etc.).
◦ Ofrecer servizos públicos como a ensinanza, a sanidade, os transportes, a
policía...
◦ Ofrecer prestacións sociais, como pensións de xubilación ou de enfermidade,
de desemprego, etc.,

4. OS SECTORES ECONÓMICOS
As actividades económicas agrúpanse en sectores de produción:
• Primario, que abrangue as actividades destinadas a obter alimentos e materias
primas: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal. É o predominante nos
países máis subdesenvolvidos do mundo.
• Secundario, que abrangue as actividades que transforman as materias primas en
produtos elaborados: a minaría, a explotación das fontes de enerxía, a industria e a
construción.
• Terciario, que abrangue as actividades que non producen un ben material, senón
que prestan servizos: comercio, transporte, sanidade, educación, turismo,
hostalaría, banca... E o principal sector dos países desenvolvidos.
• Cuaternario, abrangue as actividades relacionadas coa investigación e a
innovación: microelectrónica, robótica, aeroespacial, biotecnoloxía. Require man de
obra moi cualificada.

5. OS SISTEMAS ECONÓMICOS
• SISTEMA DE SUBSISTENCIA:
➔ As persoas producen todo aquilo que precisan para cubrir as súas

necesidades básicas. Aquilo que lles sobra véndeno ou intercámbiano.

O sector económico máis importante adoita ser o primario.

4
➔ Atopámolo en sociedades escasamente desenvolvidas.
• SISTEMA CAPITALISTA:
◦ O sistema económico predominante no mundo de hoxe é a economía de
mercado (capitalismo).
◦ O mercado é o espazo no que se compran e se venden bens ou servizos, isto
é, mercadorías. No mercado coinciden os vendedores (OFERTA), que
pretenden obter o maior beneficio dos produtos que venden, e os compradores
(DEMANDA), que buscan satisfacer as súas necesidades co menor gasto. O
prezo depende da cantidade de produtos e de compradores.
◦ A economía de mercado baséase na Lei da oferta e da demanda que afirma
que o punto de equilibrio entre os prezos e a cantidade de produtos vendidos
non é fixo senón que flutúa segundo as circunstancias. Os prezos dependen
tamén doutro factor que pode modificar a oferta e a demanda: a publicidade
que utilizan as empresas para dar a coñecer o seu produto e incentivar o
consumo.
◦ Os medios de produción son de propiedade privada.
• O SISTEMA DE ECONOMÍA PLANIFICADA (SOCIALISMO):
◦ O Estado non recoñece a propiedade privada dos medios de produción.
◦ O Estado controla todos os aspectos da economía: é o propietario das
empresas, fixa os prezos, a cantidade de produción,...
◦ Perdura en poucos países como Corea do Norte, Cuba ou China (economía
mixta).
• AS ECONOMÍAS ALTERNATIVAS:
◦ Rexeitan o sistema capitalista.
◦ Fundaméntanse na solidariedade entre as persoas, o respecto á natureza e
o ben común.

6. O MERCADO LABORAL
A demanda e mais a oferta de traballo constitúen o mercado de traballo. A clasificación
da poboación en función da actividade económica que desempeña é a seguinte:
• A poboación activa fórmana todas as persoas ocupadas que se dedican á
produción de bens e de servizos, e as persoas que están no paro ou procuran
traballo por primeira vez.

5
• A poboación inactiva está composta por estudantes, xubilados, incapacitados
para traballar, amas/os de casa.
A actividade segundo o sexo: Hai máis poboación activa de homes que de mulleres; os
homes xeralmente gañan máis que as mulleres; hai menos mulleres en postos directivos
que homes.
O sector terciario é o que máis persoas emprega e o primario é o que xera menos
empregos.
A automatización da produción e a deslocalización levaron a moitas empresas a
reduciren os seus cadros de persoal. Isto xunto coa crise levan ao aumento do paro.
Os sindicatos son asociacións para a defensa dos dereitos dos traballadores: UGT,
CCOO, CIG. Os traballadores tamén teñen o dereito a recorrer á folga como maneira de
demostrar o seu descontento coas condicións laborais e salariais. Tamén os empresarios
teñen dereito a crear organizacións empresariais para defenderen os seus intereses:
CEOE.

7. UNHA ECONOMÍA GLOBAL

A globalización é a interdependencia económica, política social e cultural de todos os


países do mundo, especialmente das grandes potencias económicas mundiais.

6
A economía global caracterízase pola concentración de capital e empresarial (grandes
multinacionais), a libre competencia e a volatilidade dos cartos polas bolsas mundiais. A
globalización sería impensable sen o desenvolvemento das TIC ou das infraestruturas de
transporte.
Organízase arredor de tres grandes centros de poder (EUA, a UE e Xapón) e das
economías emerxentes como Brasil, Rusia, India, China ou Sudáfrica (BRICS).
O comercio global, coa axuda da publicidade, facilita que se consuman os mesmos
produtos en todo o mundo.
O proceso de globalización tivo e ten os seguintes efectos:
Aumento do comercio e maior integración Deslocalización da produción
económica
• Aumentou a competencia e obrigou
• Especialmente para as grandes ás empresas a incrementar os
empresas con capacidade de producir investimentos, a mellorar a eficiencia
e vender a nivel mundial para reducir os prezos e innovar nos
(multinacionais), e para a actividade produtos.
económica en termos xerais, o que • Falamos de deslocalización cando
permitiu un longo período de unha empresa pecha fábricas no país
crecemento económico durante a de orixe e establéceas noutros
etapa de consolidación da Estados buscando vantaxes como un
globalización, ata a chegada da gran menor custo da man de obra, unha
crise de 2008. lexislación ambiental máis permisiva,
• As economías dos Estados dependen impostos máis baixos ou a
cada vez máis das exportacións e das proximidade a mercados.
importacións, da súa capacidade de
atraer inversións, etc. Unha crise nun
país pode ter efectos inmediatos
noutros países.

O chamado movemento antiglobalización é un conxunto de diversos movementos


sociais (ecoloxistas, pacifistas, anticapitalistas, indixenistas, etc.) que se organizan para
tratar de paliar ou eliminar os aspectos máis daniños da globalización, especialmente no
terreo social e cultural.

You might also like