P4 Introducion - Modelos.pedagoxicos - Aprendizaxecooperativa Breve - Teoria

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

Facultade de Educación e Traballo Social

Modelos pedagóxicos en Educación Física

Educación física e a súa didáctica na Educación Primaria


3º Grao en Educación Primaria

Dra. María Inés Táboas Pais


Correo electrónico: inestaboas@uvigo.es
Dra. María Inés Táboas Pais
Introdución
(Fernandez-Río, Calderón, Hortigüela, Pérez-
Non substitúen aos estilos de ensinanza, senón que os incorporan nas súas estruturas. Pueyo e Aznar, 2016)

Son formulacións didácticas centradas no alumnado.


Teñen en conta 4 elementos de proceso de E-A: docente, estudante, contido e contexto.
(Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá
e Fernández-Río, 2021)

Estilo de Modelo
ensinanza pedagóxico
Algúns específicos Outros poden ser
da EF usados noutras
(Ex. Modelo de áreas
educación deportiva (Ex. Aprendizaxe
ou ensinanza cooperativa ou
comprensiva do modelo de
deporte) responsabilidade
persoal e social)

(Navarro, Collado e Pellicer, 2020)

Dra. María Inés Táboas Pais


Elementos que debe integrar unha formulación para ser
considerada un modelo pedagóxico (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e
Fernández-Río, 2021)

Evidencias científicas e
Fundamentos teóricos
apoio institucional

Publicacións e
Marco Bases Tema Implicacións Elementos Redes e
resultados
conceptual: pedagóxicas: principal: de E-A: clave: organizacións:
empíricos:

Lista de
Cimentos Obxectivos de Institucións que
verificación
Teorías sobre as pedagóxicos aprendizaxe ou Procedementos confirmen o
para valorar a Investigacións
que se asenta que rexen o resultados que para a práctica impacto da
correcta posta
proceso de E-A busca formulación.
en práctica

Dra. María Inés Táboas Pais


Modelos pedagóxicos en Educación Física
A aprendizaxe cooperativa
Aprendizaxe cooperativa
Educación deportiva (Sport Education Model)
Educación deportiva (Sport Education Model) BÁSICOS Ensinanza comprensiva do deporte (TGfU - Teaching Games for Understanding)
Comprensivo de iniciación deportiva (TGfU) Responsabilidade persoal e social

Responsabilidade persoal e social Educación Aventura

Estilo Actitudinal
Educación Aventura
Ludotécnico
Alfabetización motora
Autoconstrución de materiais
EMERXENTES
Estilo Actitudinal Educación física relacionada coa saúde

Modelo Ludotécnico Aprendizaxe Servizo

Autorregulación
Autoconstrución de materiais
EN VÍAS DE Gamificación
Educación para a saúde CONSOLIDACIÓN
Avaliación formativa e compartida
Modelos de aplicación Híbridos Hibridación dos modelos pedagóxicos

(Fernandez-Río, Calderón, Hortigüela, Pérez-Pueyo e Aznar, 2016) (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e Fernández-Río, 2021)

Dra. María Inés Táboas Pais


Aprendizaxe cooperativa en EF (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e Fernández-Río, 2021)

“Modelo pedagóxico no que os estudantes aprenden con, de e por outros estudantes a través dunha
formulación de ensinanza-aprendizaxe que facilita e potencia esta interacción e interdependencia positivas
e no que docente e estudantes actúan como co-aprendices” (Fernández-Río, 2014, p. 6).

Confúndese EF con deporte e este con


competición, convertendo clases en
adestramento onde uns/has gañan e outros/as Colaboración Cooperación
perden.
É imprescindible “cooperativizar” a clase de EF Pode haber alumnado que perde Obxectivo compartido
para que todas as persoas, non só as máis (Ex. Pilla, 2 colaboran pero pillan a
outro/a)
hábiles, poidan gozar, aprender e crecer.
Como medio para “cambiar” esa sociedade
“hipercompetitiva”. Traballo en Traballo
Crear cidadáns que poidan mellorar a sociedade na grupo cooperativo
que viven, facéndoa máis humana e
Xuntarse para facer unha Axuda, interdependencia
cooperativa.
tarefa positiva, todos/as aportan…

Dra. María Inés Táboas Pais


Características esenciais que debe cumprir
(Johnson, Johnson, e Holubec, 2013):
(Fernandez-Río, Calderón, Hortigüela, Pérez-Pueyo e Aznar, 2016)

(Navarro, Collado e Pellicer, 2020)


1. Interdependencia Positiva: os membros do grupo dependen uns (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e Fernández-Río, 2021)
dos outros para alcanzar o obxectivo (non perden uns para que
ganen outros).
2. Interacción Promotora: os membros do grupo deben estar en + (Fernández-Río, 2018; Kagan, 2003;
contacto directo uns con outros para axudarse durante o traballo. Pujolás, 2008):
Se non hai apoio / axuda non hai cooperación.
3. Responsabilidade Individual: cada membro do grupo debe ser
responsable individual dunha parte do traballo global. Todos/as 6. Participación equitativa: o/a docente e
debemos aportar. o propio grupo debe asegurarse de que
todos os membros teñan a posibilidade
4. Procesamento Grupal: todo o grupo debe falar, debater… para de participar en similares porcentaxes.
que todos os membros procesen toda a información dispoñible e
a poidan usar na súa aprendizaxe. 7. Igualdade de oportunidades de éxito:
as actividades que expoña o/a docente
5. Habilidades Sociais / interpersoais: practicar o bo trato. Os deben ser eminentemente “abertas”, con
membros do grupo desenvolverán habilidades de comunicación moitas solucións posibles (e non unha
interpersoal (animar, escoitar activamente, respectar turno e única forma de facelas) para que cada un,
opinións, defender punto de vista sen ferir…), para a xestión poida realizar algunhas con éxito e
(compartir, mediar…) ou de liderado (explicar, dirixir...). axudar nos logros colectivos.

Dra. María Inés Táboas Pais


Elementos para considerar (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e
Fernández-Río, 2021)

(Navarro, Collado e Pellicer, 2020)


- Transición progresiva cara a un contexto menos competitivo.
- Empezar a utilizar a aprendizaxe cooperativa despois dun parón: volta das
vacacións (verán, Nadal, Semana Santa).
- Desenvolver unha UD completa baseada na aprendizaxe cooperativa:
necesarias varias sesións para comezar a producir un cambio e que todas
as actividades sexan “cooperativas”.
- Para lograr a transformación da aula de competitiva a cooperativa non
bastan unhas “sesións” de xogos cooperativos e/ou desafíos/retos.
- “Cooperativizar” a programación: facer pequenos cambios en todas as demais UD, incluíndo “momentos de uso da
aprendizaxe cooperativa” en todas as sesións.
- A actitude do docente debe cambiar: valorando as accións “cooperativas”, utilizando linguaxe apropiada (non usar “a ver
quen é o primeiro que…”, “preparados, listos, xa” ou “quen faga… gana”. Cambiar por “cando esteades preparados
podedes comezar” ou “cando o grupo decida podedes empezar”).
- Recoméndase sentar ao grupo-clase nun círculo (pernas cruzadas e brazos sobre as pernas, próximos) no que tamén
se senta o docente, de tal maneira que non haxa “ocos” entre os estudantes, nin entre estes e o docente. Esta
configuración manda varias mensaxes: o/a docente é un/ha máis, todos/as somos parte deste grupo, todos/as somos
“iguais” e podemos interrelacionarnos “sen xerarquías”, todos/as podemos mirarnos aos ollos e “contactar” porque nos
necesitamos para traballar e aprender.
Dra. María Inés Táboas Pais
Ciclo da Aprendizaxe Cooperativa (Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e
Fernández-Río, 2021)
(Fernández-Río, 2017)

FASE 1. CREACIÓN E COHESIÓN DE GRUPO

Agrupamentos flexibles e cambiantes (todas FASE 2. APRENDER A COOPERAR


con todas).
Actividades sinxelas (ex. non desafíos físicos FASE 3. APRENDER A TRABALLAR EN
cooperativos). Descubrir que en EF se pode cooperar, non só COOPERACIÓN
1.1. Presentación: actividades para competir.
coñecernos. (ex. lanzar pelota dicindo nome). Docente elabora grupos: heteroxéneos e non
moi amigos, nin moi inimigos. Grupos de 4, estables en varias sesións.
1.2. Rompexeos: actividades para perder a
vergoña, tocar e ser tocado (ex. Tocar cores Técnicas simples máis usadas en EF: Elabora o docente coas mesmas
roupa compañeiros/as que indique mestra/e resultado colectivo, xogo cooperativo, desafío características que a fase anterior.
ata facernos un gran nó). e cambio, parellas-comproban-executan, Técnicas complexas que mellor encaixan en
1.3. Confianza: actividades con certo risco PACER (Performer and Coach Earn Rewards). EF: pensa-comparte-actúa, cabezas
que pode ser superado con apoio de numeradas xuntas, grupos de aprendizaxe,
compañeiro/a (ex. botella borracha) crebacabezas, invención de xogos/tarefas.
1.4. Autocoñecemento: coñecerse con axuda
doutros/as. Moitas actividades con ollos
tapados. (ex. toca-tensa).

Dra. María Inés Táboas Pais


(Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e Fernández-Río, 2021)

TÉCNICAS SIMPLES (Fernandez-Río, Calderón, Hortigüela, Pérez-Pueyo e Aznar, 2016)

Resultado colectivo:
• Trátase de lograr un resultado de “grupo” (de toda unha clase), aportando cada persoa o seu esforzo ao logro global; importante dar unha segunda
oportunidade para tratar de mellorar o primeiro resultado, compartindo ideas (Fernández-Rio, 1999; Velázquez, 2010). Ex. manter no aire un volante
golpeándoo cunha raqueta de bádminton durante 10 segundos e contar o número de repeticións; ao terminar o tempo súmanse os logrados por todos/as.

Xogo cooperativo:
• A actividade a realizar é sinxela (simple) e non require de gran “debate e reflexión” entre os alumnos/as, tan só require que se axuden. Ex. “Limpar a terraza”:
en parellas da man, recoller os materiais dispersos pola aula. Docente insiste na importancia de cooperar.

Desafío e cambio:
• Ex. actividade “lanzamentos”, a mestra/e dá a cada estudante unha tarxeta cunha tarefa-desafío escrita nela (10 lanzamentos con man dominante, 5
lanzamentos “picados” coa man non dominante…); ao sinal levantan todos/as a man, xuntándose en parellas chocando a man levantada; intercambian as
tarxetas e cada un realiza a tarefa que pon na que recibiu, axudándose a realizalas. Cando ambos finalizaron levantan a man para “buscar” a outro
compañeiro/a e realizar a mesma operación. Varias veces para que moita xente “traballe xunta”.

Parellas-comproban-executan:
• Grupos de 4 axúdanse uns a outros. Emparéllanse para se ensinar mutuamente e, cando dominan o contido, xúntanse coa outra parella do seu grupo para
comprobar que todos o fan ben antes de avanzar á seguinte tarefa. Ex. Salto á corda no sitio. Cando os 4 o fan ben, salto en desprazamento. Importante
proporcionar ferramentas para que se dean retroacción.

PACER (Performer and Coach Earn Rewards):


• Explícase unha habilidade (ex. golpeo de fútbol), dase unha tarxeta cun listado de tarefas para realizar a cada grupo (ex. golpear co interior, co exterior, pases
entre dous compañeiros, pases en desprazamento…). Ao finalizar un tempo determinado (ex. 20 min.) deben facer correctamente un número mínimo. Dentro
de cada grupo axúdanse uns a outros a realizar as tarefas porque, cando finalice o tempo, se comprobará a realización de todos os membros do grupo. Se
logran facelas ben obteñen puntos e ao chegar a un número obteñen premio (ex. xogar partido).

Dra. María Inés Táboas Pais


(Pérez-Pueyo, Hortigüela-Alcalá e Fernández-Río, 2021)

TÉCNICAS COMPLEXAS (Fernandez-Río, Calderón, Hortigüela, Pérez-Pueyo e Aznar, 2016)

Pensa-comparte-actúa:
• Exponse un problema/desafío/reto que deben resolver como grupo. Individualmente, deben pensar e logo como grupo compartir, discutir e
negociar para lograr a idea que resolva o problema. Só deben probar a solución despois de ter pasado por esta secuencia. Se non funciona,
reconsideran as demais e as van probando. Ex. Cruzar dun lado ao outro sen tocar o chan, puidendo usar unicamente 2 colchonetas.
Cabezas numeradas xuntas:
• Os integrantes dun grupo numéranse. A mestra/e expón unha tarefa, inténtanno individualmente, pasados un par de minutos xúntanse para
compartir as solucións e axudarse a facela ben, pasados outros 4-5 minutos a mestra/e di un número e esa persoa debe realizar a tarefa. Ex.
Golpeo dunha pelota cunha pala contra a parede.
Grupos de aprendizaxe:
• En grupos (normalmente 4 persoas) consideran só dous roles para os estudantes: un activo motrizmente: executor, e outro pasivo motrizmente,
aínda que non cognitivamente: docente/árbitro/anotador; os estudantes rotan dun a outro ao longo da actividade. Importante que o docente
facilite claves para o rol pasivo.
Crebacabezas:
• Dentro do grupo, cada membro é responsable de aprender unha parte e ser o “experto”. Xúntanse os de cada grupo para dominar o contido e
regresar aos seus grupos para ensinar ao resto. Ex. na aprendizaxe do “mini-tenis”, os membros do grupo repártense as distintas técnicas (saque,
dereita, revés, volea) para ser expertos nunha e ensinarlla aos/ás demais.
Invención de xogos/tarefas:
• Propoñerlles aos alumnos/as que deseñen e creen as súas propias tarefas e xogos. A mestra/e pide a cada grupo (sempre pequenos), que deseñe
un xogo/tarefa con base nunhas premisas: xogadores, espazo, material, regras e habilidades; proban as diferentes ideas, cando teñen a definitiva a
comparten co resto, que o practican.

Dra. María Inés Táboas Pais


Agora… Síntese: aprendizaxe cooperativa en EF

- Cooperativizar a EF (tradicionalmente vinculada á competición): non só tarefas ou sesions illadas, senón Uds completas; cooperativizar
outras Uds, cambiar actitude docente e linguaxe (ex. eliminar preparados, listos, xa).
- Traballo en grupo (xuntos) vs traballo cooperativo
- Introducir progresivamente

Características que debe cumprir: Interdependencia Positiva: dependencia para alcanzar o obxectivo, Interacción Promotora:
contacto directo, apoio / axuda, Responsabilidade Individual: todos/as aportan, Procesamento Grupal: o grupo debe falar, debater…
para que todos/as teñan a información, Habilidades sociais / interpersoais: practicar o bo trato (escoitar activamente, respectar turno,
defender punto de vista sen ferir…).
Ciclo de aprendizaxe cooperativa (3 fases):
FASE 1. CREACIÓN E COHESIÓN DE GRUPO: agrupamentos flexibles e cambiantes (todas con todas). Actividades sinxelas (ex. non desafíos
físicos cooperativos) 1.1. Presentación: actividades para coñecernos. 1.2. Rompexeos: actividades para perder a vergoña, tocar e ser tocado.
1.3. Confianza: actividades con certo risco que pode ser superado co apoio de compañeiro/a. 1.4. Autocoñecemento: coñecerse coa axuda
doutros/as.
FASE 2. APRENDER A COOPERAR: descubrir que en EF se pode cooperar, non só competir. Docente elabora grupos: heteroxéneos e non
moi amigos, nin moi inimigos. Técnicas simples máis usadas en EF: resultado colectivo, xogo cooperativo, desafío e cambio, parellas-
comproban-executan, PACER (Performer and Coach Earn Rewards).
FASE 3. APRENDER A TRABALLAR EN COOPERACIÓN: grupos de 4, estables en varias sesións. Elabora docente coas mesmas
características que na fase anterior. Técnicas complexas que mellor encaixan en EF: pensa-comparte-actúa, cabezas numeradas xuntas, grupos
de aprendizaxe, crebacabezas, invención de xogos/tarefas.

Dra. María Inés Táboas Pais


Referencias bibliográficas e lexislativas
Fernandez-Río, J., Calderón , A., Hortigüela Alcalá, D., Pérez-Pueyo, A. e Aznar Cebamans, M. (2016).
Modelos pedagóxicos en educación física: consideraciones teórico-prácticas para docentes. Revista
Española de Educación Física y Deportes, 413, 55-75.
https://www.reefd.es/index.php/reefd/article/view/425
Fernandez-Rio, J., Hortigüela Alcalá, D. e Perez-Pueyo, A. (2018). Revisando los modelos pedagóxicos en
educación física. Ideas clave para incorporarlos al aula. Revista Española de Educación Física y
Deportes, 423, 57-80. https://www.reefd.es/index.php/reefd/article/view/695
Navarro, D., Collado, J.A., e Pellicer, I. (2020). Modelos pedagóxicos en educación física. Los Autores, D.L.
(Poland : Amazon).
Pérez-Pueyo, A., Hortigüela-Alcalá, D., e Fernández-Río, J. (Eds.). (2021). Modelos pedagóxicos en
Educación Física: que, como, por que y para que. Universidad de León, Servicio de Publicaciones.
https://buleria.unileon.es/handle/10612/13251

Dra. María Inés Táboas Pais

You might also like