Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 7

A II República

No ano 1930 Alfonso XIII viu perigar o seu goberno e retiroulle


a confianza a Primo de Rivera, que foi substituído polo xeneral
Buerenguer. Porén, este non convocou novas eleccións e foi
novamente substituído polo Almirante Aznar, quen buscou reiniciar o
sistema da Restauración. Con este fin convocou eleccións municipais
para o 12 de abril de 1931, posto que estas eran en teoría as menos
perigosas para a monarquía; mais a pésima imaxe do Rei obtida tras
multitude de decisións erróneas converteu estas eleccións nun
plebiscito a favor ou en contra da monarquía.

O período constituínte

O 12 de abril, os republicanos, que se presentaran unidos


grazas ao pacto de San Sebastía, gañaron estas eleccións mediante
sufraxio universal masculino cunha ampla vantaxe en votos (mais
non en concelleiros, onde quedaron moi parellos) e dominando nas
grandes cidades.

O 14 de abril proclamouse no concello de Eibar a II República, e


ao longo do día fóronse sumando concellos por todo o país. Ante tal
situación, Alfonso XIII renunciou ao trono e os asinantes do Pacto de
San Sebastián formaron un goberno provisional.

Este goberno provisional tomou diversas medidas, coma a


amnistía para os presos políticos, a liberdade sindical e política, a
designación de altos cargos da Administración e a protección aos
campesiños sen terras. Ademais, comezouse a negociar con cataláns
e vascos para que non se separasen de España, dado que en
Cataluña xa se proclamara a República Catalá. Así mesmo, convocou
eleccións xerais para o 28 de xullo, que foron gañadas pola coalición
republicana con maioría absoluta, e foi elixido coma Presidente do
Goberno o político de centro-dereita Niceto Alcalá Zamora.

A Constitución de 1931

Este novo Goberno iniciou un proxecto de constitución que foi


finalmente aprobado en decembro do 31, dando así lugar a
Constitución de 1931, na cal se establecía: un estado integral, que
posibilitaba os estatutos; unha separación de poderes na que o poder
lexislativo residía nas Cortes, o executivo no Goberno xunto co seu
presidente e co Presidente da República e o xudicial no xuíces; unha
ampla declaración de dereitos e liberdades, con igualdade entre
xéneros; o sufraxio universal, de xeito que podía votar homes e

1
mulleres a partir de 23 anos; a laicidade do estado e o non
mantemento da Igrexa; a aprobación do matrimonio civil e do
divorcio; e a expropiación de terras para o ben social.

Porén, esta constitución non gustou a varios sectores: os


militares estaban en contra dun Estado integral, a Igrexa perdía
moito poder e aos terratenentes podíanselles expropiar as terras. Con
isto, a II República gañou moitos inimigos, sobre todo da élite social e
económica. Ademais, estas reformas produciron certas fendas no
bando republicano e os moderados abandoaron o Goberno; e o
mesmo Alcalá Zamora deixou a presidencia do Goberno para ser
Presidente da República, un cargo moito con funcións máis
representativas ca executivas, e dende o cal foi o gran equilibrador
de esquerdas e dereitas. No seu lugar, a presidencia do Goberno
pasou a estar ocupada por Manuel Azaña, un político de esquerdas.

Partidos políticos

Durante a II República existiu unha gran diversidade de


partidos políticos e sindicatos grazas á gran importancia que a vida
política adquiriu nesta época.

Nas esquerdas, destacaron a nivel nacional partidos


republicanos coma Acción Republicana, que contaba con Manuel
Azaña, e o Partido Radical-Socialista; mentres que a nivel autonómico
destacaban Esquerra Republicana de Catalunya, encabezada por
Francesc Macià, e a Organización Republicana Gallega Autónoma
(ORGA).
No ámbito obreiro destacaron partidos coma o PSOE, o PCE
stalinista e o POUM troskista; así coma os sindicatos UGT, no que tivo
gran importancia Francisco Largo Caballero, e CNT.

Nas dereitas destacaron partidos republicanos coma o Partido


Radical de Alejandro Lerroux e a CEDA de Gil Robles, os autonomistas
Lliga Regionalista de Francesc Cambó e o PNV vasco, e partidos
antirrepublicanos coma a Comunión Tradicionalista Carlista, as JONS
e a Fanlange Española.

O bienio de esquerdas ou reformista


(1931-1933)

A partires da aprobación da Constitución de 1931, o Goberno de


esquerdas, encabezado por Manuel Azaña, iniciou unha serie de
reformas que buscaban a modernización e democratización do país,
tocando diversas cuestións de gran importancia.

2
No tocante á cuestión relixiosa, xa na Constitución se establecía
a separación Igrexa-Estado e a aconfesionalidade deste último, que
xa non sufragaba os gastos da Igrexa; ademais de que quedara
aprobado o matrimonio civil e o divorcio. Tras esta constitución,
aprobáronse novas leis, coma a Lei de Congregacións, que fixaba un
máximo das posesións relixiosas, e buscouse afastar á Igrexa da
educación.
Todas estas medidas provocaron graves enfrontamentos, os
cales derivaron na expulsión dos xesuítas e de eminencias coma o
cardeal Segura. Ademais houbo grupos anticlericais que baixo este
laicismo decidiron tomar a xustiza pola súa man, atacando ao clero e
aos bens da Igrexa, queimando numerosos edificios relixiosos.

No tocante á cuestión do exército, sabíase que nel había


importantes sectores monárquicos, conservadores e antirrepublicanos
que estaban en contra das esquerdas e en especial dos estatutos.
Para solucionar este problema, Manuel Azaña, quen tamén era
Ministro de Defensa, impulsou a Lei de Retiro da Oficialidade, que
permitía aos oficiais contrarios á República retirarse co seu soldo
íntegro, buscando a lealdade do exército e rematar coa súa
macrocefalia. Ademais, prohibiuse a prensa militar, pechouse a
Academia Militar de Zaragoza debido ao seu carácter golpista,
buscouse a modernización dos bens do exército e creouse a Garda
de Asalto, un corpo fiel á República. Porén, moitas destas medidas
foron tomadas coma unha agresión ao estamento militar.

No tocante á situación do campo, había unha gran multitude de


xornaleiros que vivían nunha situación de precariedade mentres que
predominaban os latifundios (ámba-las dúas cousas sobre todo no
centro-sur do país), e tamén había bastantes campesiños por alguer.
Na Constitución de 1931 permitíase expropiar bens se eran
considerados de utilidade pública, e o Goberno botou man desta
ferramenta para repartir as terras. Entres as terras expropiadas
atopábanse as compradas con fins expeculativos, , as mal cultivadas
ou sen cultivar e as que sempre estaban suxeitas a arrendamento.
Ademais, se estas pertencían aos grandes de España, estes non
recibían indemnización. Para organizar esta reforma agraria, creouse
o Instituto da Reforma Agraria.
Porén, esta reforma supuxo un problema dobre: mentres que
os propietarios se opuxeron radicalmente, os campesiños querían un
proceso rápido ( o cal non podía ser debido aos múltiples trámites
requeridos) e decidiron movilizarse, liderados principalmente pola
CNT. Estas movilizacións atentaban contra a legalidade, e a República
tivo que botar man das forzas públicas contra xente da súa propia
ideoloxía.

3
No referente á cuestión estatal, tívose que buscar rapidamente
un encaixe das reivindicacións territoriais de rexións coma Cataluña e
o País Vasco, pois o mesmo día que se proclamara a II República
proclamárase tamén a República Catalá, e coma resultado deste
proceso a Constitución de 1931 ofrecía a posibilidade da creación de
Estatutos de Autonomía enmarcados nun Estado integral.
Grazas a isto, en 1932 aprobouse o Estatuto de Autonomía de
Cataluña, o cal, a pesar de ter sofrido recortes con respecto ao
Estatuto de Nuria de 1931, tivo certa vantaxe á hora de ser aprobado
pola coincidencia ideolóxica de Goberno e Generalitat.
Porén, isto no aconteceu no caso vasco, pois o PNV, partido de
dereitas, elaborara un proxecto de estatuto que o Goberno
considerara moi conservador e tradicionalista; e as súas negociacións
paralizáronse ata 1936.

O Goberno tamén tratou o plano educativo, buscando unha


educación laica, pública, gratuita e mixta. Con este fin creáronse
numerosas escolas, sobre todo no medio rural, e múltiples prazas de
profesores.
Tamén se fomentaron as misións pedagóxicas, gurpos de
voluntarios que buscaban achegar a cultura ás zonas máis atrasadas
levando pequenas bibliotecas, representando obras, facendo
pequenas exposicións…

Outro ámbito no que se buscou realizar cambios foi o ámbito


laboral, no que se realizaron unha serie de reformas dirixidas por
Francisco Largo Caballero dende a carteira de Traballo, as cales
buscaban mellorar as condicións laborais dos traballadores, e entre as
que se atopaban un horario laboral de máximo 40 horas semanais e o
establecimento dun salario mínimo. Porén, inda que estas medidas
foron ben recibidas polos obreiros, atopáronse coa forte oposición dos
propietarios agrícolas e industriais.

Os problemas do bienio de esquerdas

A medida que transcurría esta lexislatura, ao Goberno formado


pola coalición de partidos republicanos de esquerdas e o PSOE íanlle
xurdindo cada vez máis problemas, os cales se poden clasificar en
tres ramas: económicos, sociais e políticos.

Entre os problemas económicos destaca o efecto negativo que


tivo para España o Crack da Bolsa de Nova Iork de 1929, debido ao
cal a economía mundial viuse abaixo. A economía española non foi
directamente afectada por ter poucas relacións internacionais e un
baixo nivel de exportacións, mais esta crise provocou que os fluxos
migratorios quedasen cortados e o número de emigrantes disminuíu

4
drasticamente. A emigración era unha válvula de escape aos parados,
e esta válvula foi pechada.
Ademais, a economía seguía a ser de base agraria, cuns poucos
puntos illados industrializados, e polo tanto era unha economía moi
pobre. Isto viuse empeorado con medidas laborais coma o salario
mínimo, pois obrigábase aos empresarios a incrementar os custos
laborais, ao que estes responderon reducindo a inversión, e
producindo deste xeito unha baixada da produtividade da
producción.
Cabe así mesmo destacar que a República recollera o gran
endebedamento acumulado pola nación ao longo de anos e que se
vira aumentado grandemente pola política de Primo de Rivera.

A nivel social, a República tiña dúas frontes abertas: por un


lado, as súas políticas proporcionáranlle poderosos inimigos coma a
Igrexa, o exército, os empresarios, os terratenentes,… ; e polo outro
lado as clases populares querían solucións inmediatas aos seus
problemas, o cal era imposible, e ante esta demora movilizáronse
liderados polos sindicatos e a rama máis radical do PSOE, que era de
ideoloxía marxista e buscaba a vía revolucionaria. Todo isto provocou
sucesos coma o de Casas Viejas, no que a Garda Civil tivo que actuar,
co que a República tivo que reprimir á súa base electoral.

A nivel político, as dereitas iniciaron unha forte oposición tra-la


sorpresa inicial pola derrota, organizándose en partidos como a
CEDA, e o Goberno foise desgastando, producíndose discusións na
coalición, e finalmente o Presidente da Repúbica Alcalá Zamora
convocou eleccións.

O bienio conservador ou de dereitas


(1933-1935)

As eleccións de 1933 convocadas por Alcalá Zamora, as


primeiras da historia de España nas que puideron votar as mulleres,
foron gañadas polas dereitas, pois as esquerdas non lograron acadar
ningún acordo e presentáronse separadas, e ademais a CNT
promovera a abstención, que fora secundada polas clases populares.
Os dous partidos máis votados foron a CEDA de Gil Robles e o
Partido Radical de Alejandro Lerroux, ao cal Alcalá Zamora pediulle
que formase goberno, posto que consideraba á CEDA como
demasiado conservadora. Lerroux aceptou tal petición e, inda que
estaba en minoría, conseguiu o apoio da CEDA e puido formar un
novo goberno, no que só había ministros do seu partido.

5
Este novo goberno paralizou case todas as reformas,
enfrontándose ás clases populares e aos partidos de esquerdas, o que
provocou a súa radicalización.
Un dos maiores enfrontamentos produciuse coa Generalitat.
Esta aprobara a Lei de Contratos de Cultivos, que permitía aos
arrendatarios acceder á propiedade das terras pagando aos
propietarios un prezo taxado. Ante isto, os propietarios buscaron a
axuda do Goberno a través da Lliga Regionalista, e este actuou
enviando a lei ao Tribunal de Garantías Constitucionais, que a
declarou coma inconstitucional e anulou os seus efectos. Porén, isto
non foi aceptado pola Generalitat, que creo unha nova lei
practicamente idéntica, deixando o conflito nun punto crítico.

Ademais, o Goberno concedeu a amnistía aos presos do Golpe


de Estado dado 32, o cal agravou aínda máis a radicalización das
esquerdas. Ante tal radicalización, a CEDA pediulle a Lerroux entrar
no Goberno, e este tivo que ceder, dándolles tres ministerios; e os
partidos de esquerdas interpretaron isto coma a entrada do fascismo
no Goberno.

A revolución de outubro do 34

En outubro do 34 convocouse unha folga xeral por parte da


UXT, a cal non foi grandemente apoiada pola CNT, máis a sección
asturiana deste sindicato si a secundou con gran forza, e grazas a
isto os obreiros (principalmente mineiros) deron controlado gran
parte de Asturias. Ante isto, o goberno mandou á Lexión, encabezada
polo xeneral Francisco Franco, e tras tomar o control da situación
realizouse unha forte represión, que rematou con máis de mil mortos.
En Cataluña isto tivo unha vertente máis política: Lluís
Companys, Presidente da Generalitat, proclamou a República Catalá;
e en consecuencia o exército tamén actuou en Cataluña. Coma
resultado, todo o Goberno catalá foi encarcerado no Castelo de
Monjuit, aboliuse o Estatuto de Autonomía Catalá e tamén foi abolida
a Lei de Cultivos.

En 1935 o Goberno realizou un proxecto de Constitución para


eliminar os avances establecidos nela, coma os Estatutos e o divorcio.
Porén, apareceu un caso de corrupción que salpicou a importantes
cargos do Partido Radical, o caso do estraperlo, o cal ilexitimaba a
este partido para gobernar. Gil Robles intentou que fose a CEDA a
que tomase o control do goberno, máis Alcalá Zamora negouse e
convocou eleccións para febreiro do 36.

O Frente Popular e o Golpe de Estado

6
Para as eleccións de febreiro do 36, as esquerdas presentáronse
unidas baixo o denominado Frente Popular, pacto polo cal, en caso de
gañar as eleccións, o goberno quedaría formado exclusivamente
polos partidos republicanos de dereitas, excluíndo ao PSOE. Nestas
eleccións a CNT non chamou á abstención coma o fixera nas
anteriores, e as dereitas non lograron formar un bloque tan
homoxéneo coma o Frente Popular e, polo tanto, as eleccións foron
gañadas por estos últimos, a pesares de que a diferenza de votos foi
moi escasa.

Tras esta vitoria, os partidos do Frente Popular formaron un


novo goberno, con Santiago Casares Quiroga á cabeza, e Manuel
Azaña foi nomeado Presidente da República. Este novo goberno
comezou a realizar o programa pactado, decretando a amnistía para
os detidos nas folgas, obrigando aos empresarios a readmitir aos
obreiros que despediran por secundar as folgas, restablecendo o
Goberno de Cataluña, negociando con Galicia e País Vasco os seus
Estatutos e reiniciando as refomas.
As clases populares amosáronse esperanzadas polo cambio, e
tanto a UXT coma a CNT movilizaron aos obreiros para acelerar e
aumentar as reformas. Pola outra banda, Igrexa, dereitas e
empresarios realizaron unha oposición frontal.
Todo isto derivou nun clima social de gran violencia, cunha
acción e violencia cada vez maior por parte de Falange Española e de
JONS, que eran contestadas polas forzas obreiras, e novamente por
estes partidos de dereitas, creando así unha espiral de violencia.

Ademais, dende que se coñeceu o resultado das, plantexouse


un Golpe de Estado, o cal foi aprazado nun primeiro momento porque
non se vía o triunfo con certeza. A República coñeceu estas
intencións, e mandou a Mola, o líder dos golpistas, a Navarra; e
mandou así mesmo a Franco ás Canarias. Isto foi un grave erro, pois
o alexou do seu foco de acción, e mentres que Navarra era unha zona
de dereitas, as Canarias estaban preto do exército de África.
Tras o aprazamento inicial, os golpistas foron gañando apoios,
tanto no interior, coma a Igrexa, os carlistas, os monárquicos,… ;
coma no exterior, con a Italia de Mussolini e a Alemaña de Hitler.
Gran Bretaña e outro países tampouco o viron con malos ollos, pois o
Goberno era visto case coma bolchevique.

En resposta ao asasinato do tenente Castillo, da Garda de


Asalto republicana, as esquerdas asasinaron a José Calvo Sotelo,
principal dirixente monárquico, o 14 de xullo de 1936, e tres días
depois deuse o Golpe de Estado. O plan era que a sublevación
triunfase nas principais cidades, mais non foi así e deste xeito
comezou a Guerra Civil.

You might also like