Está situada o oeste de Europa, formando parte do arquipélago das Illas Británicas. A temperatura media na cidade de Londres é de 10,5ºC, tendo unha amplitude térmica (diferenza entre a temperatura máxima e a temperatura mínima) de 13,4ºC. Londres é unha cidade de precipitacións abundantes e constantes. Ten unhas precitacións totais anuais de 602 mm, sendo a media mensual de 50,2 mm. Non temos meses secos nin de precipitacións escasas. A distribución estacional das temperaturas e precipitacións, amosa veráns frescos (non supera os 20ºC) e invernos suaves-frios (en torno aos 5ºC). As precipitacións son abundantes durante todo o ano. O tipo de clima que ten Londres é clima oceánico ou atlántico, que está dentro dos climas temperados.