Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 50

Marga Barral Diéguez

Diario de Mobilidade no Instituto


Xeral de Akrotiri, Chania, Grecia

12 a 15 de febreiro de 2024

Proxecto Erasmus+ KA122SCH 2023-1-ES01-KA122-SCH-000128944


INDICE
PREPARACIÓN E VIAXE Παρασκευή και ταξιδίο..........................................................................................2
SÁBADO Σάββατο (Sabbato) día 10 -DOMINGO Κυριακή /kiryakí/ DÍA 11.......................................2
CHEGADA E PRIMEIRO CONTACTO NOITE DO DOMINGO Κυριακή /kiryakí/ DÍA 11.............. 4
LUNS Δευτέρα /deftera/ DÍA 12....................................................................................................................6
CLASES DÍA 1.......................................................................................................................................... 10
(9:00-9:45 ) Grego antigo-Historia coa profesora Dimitra Krasoudaki......................................10
(9:55-10:40) Clase de Filosofía coa profesora Argyri Goumenaki. ............................................ 13
(10:50-11:35) Presentación do SISTEMA EDUCATIVO GREGO coa profesora e vicedirectora
Maria Maragkoudaki........................................................................................................................ 14
Visita guiada con Niki Spartali, coordinadora Erasmus polo centro.........................................17
Percorrido a pé pola cidade vella de Chania e Museo Arqueolóxico........................................ 19
MARTES Τρίτη /triti/ DÍA 13..................................................................................................................... 24
Clase de Alemán con Varvara Gkagka.................................................................................................. 24
Clase de traxedia antiga con Maria Bravou.......................................................................................... 27
Clase de Latín con Stavros Vasilantonakis............................................................................................28
Visita á tumba de Venizelos e ao santuario do Profeta Elías.............................................................. 31
Paseo con Niki pola cidade vella de Chania.........................................................................................33
Paseo nocturno ata Nea Chora............................................................................................................... 36
MÉRCORES Τετάρτη /tetarti/ ( DÍA 14..................................................................................................... 37
Clase de grego moderno con Eleni Papadaki....................................................................................... 37
Presentación dos programas escolares e actividades extracurriculares do instituto......................39
Clase de francés con María Klimi...........................................................................................................41
Cea co equipo Erasmus............................................................................................................................42
XOVES Πέμπτη /pembti/ DÍA 15.............................................................................................................. 43
Clase de filosofía con Argyri Goumenaki............................................................................................. 43
Clase de inglés Evangellia (Eva) Prinaraki........................................................................................... 44
As aforas “terra adentro” de Chania..................................................................................................... 45
VENRES Παρασκευή /paraskeví/ DÍA 16.................................................................................................. 47
Conclusión...............................................................................................................................................................49

1
PREPARACIÓN E VIAXE Παρασκευή και
ταξιδίο
SÁBADO Σάββατο (Sabbato) día 10 -DOMINGO Κυριακή
/kiryakí/ DÍA 11
Para afrontar esta experiencia como
profesora-observadora no Geniko Lykeio
Akrotiriou era de crucial importancia
desempolvar o grego moderno que aprendera
anos atrás nun fantástico curso da UNED.
Tamén foi de gran axuda estes materiais da
Universidad de Murcia, que recomendo a
futuros Erasmus. (Non, Duolingo non resistiu
a niña impaciencia e a auga non é rosa!) Unha
profe de grego non pode ir a Grecia so a falar
en inglés. Non houbo tempo para lograr uns mínimos pero Atenea guiarame de seguro.
Parafraseando ao inmortal Kavafis, “Se vas emprender a túa
viaxe a Creta, pide que o camiño sexa longo…”. E longo foi.
Voar ás illas gregas en inverno supón escalas en
Centroeuropa e Atenas, non hai voos directos. Así pois o meu
periplo supuxo saír de Vilagarcía o sábado 10 cara á estación
de tren para chegar á nova estación intermodal de Vigo en
Vialia e coller o
autobús cara
Oporto. Por
certo, nos aseos
atopei unha
marabilla
etimolóxica e
social.

2
Tras dúas horiñas de viaxe cheguei ao aeroporto SÁ CARNEIRO e como o meu voo de
Lufthansa cara a Frankfurt saía as 6 da mañá o domingo fun camiñando a un hostel a un
kilómetro da terminal.
Rexuvenece non-durmir nunha habitación con liteiras e
poñer o despertador ás 4 da mañán (menos mal que
portuguesas!).

Incríble o ambiente do aeroporto a esas horas. Non sabía


que había tantos destinos madrugadores desde Porto. O me
voo saíu puntual e tras dúas horas e media de escala en
Frankfurt empezou a aventura: había overbooking e ían
sortear que pasaxeiros quedarían en terra e serían
desviados via Munich cunha indemnización de 400
euros… Non tiven esa mala sorte e embarcamos,
pero o retraso de 35 minutos puxo en perigo a miña
conexión en Atenas cara Chania, que xa era de risco,
e tras unha carreira in extremis logrei tomar o voo
operado xa por Aegean. Escoitar falar grego á
tripulación e a toda a
pasaxe, e ollar una revista coa publicidade
dunha maravillosa app que vinculaba os
lugares de Grecia cos textos literarios que os
citaban, rebaixou notablemente o meu
ritmo cardíaco e puiden confirmar á miña
fantástica anfitriona cretense, Niki Spartali,
que chegaría só un pouco máis tarde da hora
esperada, que finalmente foi sobre ás
18:15, hora grega. Atravesar nun día tres
fusos horarios descoloca bastante.

Se o domingo 11 alguén tivese preguntado


cal é a miña palabra favorita en grego, a resposta sería sen dúbida : Αφίξεις, chegadas

3
CHEGADA E PRIMEIRO CONTACTO NOITE DO
DOMINGO Κυριακή /kiryakí/ DÍA 11
O aeorporto internacional de Souda se atopa a 15 km do centro de Chania e Niki
recolleume na terminal aínda sendo domingo e despois de ter recollido tres horas antes
a Karmele López de Abetxuko, profesora de Basauri e embaixadora Etwining que tamén
participa nesta mobilidade de observación e da que vou aprender todo o que poida.
Tras o check-in no entrañable hotel Ellinis, que ten un cine no baixo rexentado pola
propia familia que xestiona o hotel, tivemos tempo de subir ao Kastelli e contemplar o
fermoso porto veneciano de Chania mentres nos coñecíamos por fin en persoa
conversando en inglés co triple acento grego, vasco e galego.

E finalmente tocaba probar a sempre exquisita gastronomía grega co indispensable


asesoramento de Niki, experta anfitriona Erasmus que, como boa grega descendente de
gregos expulsados de Turquía nos anos vinte do
século pasado, sabe que a ξενία en grego clásico, a
φιλοξενία no moderno, é decir, a hospitalidade, é
sagrada. Ela non
nos puido
acompañar na cea
porque tiña
traballo
preparatorio dunha mobilidade pendente. Si, os
profes gregos dos equipos Erasmus traballan ata en
domingo e sen cobrar nada por iso. Antes de marchar
da fermosa taberna Oinopoieio aconsellounos pedir o
máis auténtico da gastronomía cretense: as castañas guisadas con tomate, as kalitsounia
καλιτσούνια (empanadillas de queixo) e a espectacular ensalada campesiña χωριάτικη
(choriatikí) σαλάτα .
Voltamos camiñando ao hotel, eu disfrutando cada pintada ou cartel escrito en grego
mentras respirabamos a noite cretense. O impresionante mercado en obras

4
proporcionoume dúas interesantes frases: ΟΥΤΕ ΘΕΟΣ ΟΥΤΕ ΑΦΕΝΤΗΣ, NEN
DEUS, NEN AMO

ou
esta
outra que non fun quen de descifrar de todo que empeza τα πανεπιστήμια δεν ειναι
τσιφλικια των…“as universidades non son granxas de…”

Interesante atopar un Instituto


Experimental de Secundaria Obrigatoria
, un Γυμνάσιο Ximnasio, chegando “a
casa”. Constato para a miña sorpresa
que o nome Χανιά Chania é un plural,
porque Χανίων Chanion é un xenitivo,
“de Chania” , como verei ao longo da
semana por todas partes no logo do concello ΔΗΜΟΣ ΧΑΝΙΩΝ DIMOS CHANION.
Reparo en que contén tamén o nome do lendario fundador
do enclave minoico do que xurdiu a cidade de Kydonia
ΚΥΔΩΝ, KYDON, fillo de Heracles. Por certo así se chama
un hotel bastante máis luxoso có meu, pero que non ten
nen a metade de alma grega.

Seguiría disfrutando e aprendendo pero aínda debo voltar


ao hotel e traducir ao inglés a oferta educativa do Cotarelo
e facer una pequena presentación para mañán e non ando
precisamente ben de reservas de sono… Ao chegar á habitación recibo unha pequena
guía da cidade vella de Chania para preparar a visita de mañá. Realmente incansable
Niki.

5
LUNS Δευτέρα /deftera/ DÍA 12

O Instituto Xeral de Akrotiri, Γενικό Λύκειο Ακρωτηρίου, está situado nun outeiro a
uns 6 km do centro de Chania. Aínda que hai beirarrúas parece que ninguén se
achega a el camiñando, en bici ou patinete. O normal é usar a liña 18 do bus ou coche
particular. Niki
recólleme na
parada de bus
diante do Banco
Nacional (Εθνική
Τράπεζα) ás 7:50.

Mentres a espero dame tempo a observar os


numerosos cartaces reinvindicativos pegados na
fachada.

Durante o ascenso ao “liceo”,cando os piñeiros o


permiten, vexo o valo mentres falamos da xornada
que nos agarda.

Todo está previsto desde hai semanas en virtude


do acordo de aprendizaxe asinado por ámbalas
dúas partes perfectamente deseñado por Lorenzo e
Niki, pero as actividades concretas sufriron algúns
cambios ao longo do tempo.

6
Os obxectivos que pretendo acadar coa miña experiencia son: coñecer a organización
do sistema educativo grego en xeral e a do ensino secundario en particular, coñecer
como funciona organizativamente un centro de secundaria en Grecia e observar que
medidas toma para loitar contra o quecemento global. Máis centrado na miña
especialidade, constatar a situación das linguas clásicas aquí e coñecer os métodos
más habituais de ensino e aprendizaxe de ditas linguas e especialmente o enfoque do
ensino do grego clásico a alumnado de lingua materna grega. Por suposto, tamén
tratarei de establecer contactos con profesores de distintas especialidades para
artellar futuros intercambios e explicar as características do sistema educativo
español, e espero aumentar a miña fluidez en inglés e espertar o meu grego moderno
do seu letargo.

Chegando ao centro vemos o sinal indicativo da Universidade Politécnica veciña .

E por fin a entrada do GEL.A. onde toca sacar a pertinente foto

Somos recibidas moi cordialmente pola directora substituta e profe de grego Mrs.
Kalliopi Gourniezaki, “Popi”, que aínda que abrumada polo traballo –en Grecia non
hai secretarios nos centros desde a grande crise- desvívese por nos ensinar as
instalacións e presentarnos aos profesores que van chegando. Agasállanos con
algunhas deliciosas especialidades gregas, ritual que se repetirá
todos os días da miña visita. Hoxe e mañán veremos un
instituto máis tranquilo do habitual porque os alumnos
de 3º están en Tesalónica de viaxe de estudos co director
entre outros profes.

< ΓΡΑΦΕΙΟ ΚΑΘΗΓΗΤΩΝ, SALA DE PROFESORES

7
Comprobamos o horario de clases, bastante diferente ao noso e como Niki ten clase a
1ª hora, facemos Karmele e máis eu unha breve visita por algunhas dependencias do
centro. Hai dúas salas de profesores en módulos distintos.

Eu coma sempre descifrando cartaces, como este que indica onde está a direción:

Ou estoutro que nos rompeu a cabeza e finalmente


descriframos, algo así como “maquinaria de organización e
asuntos financeiros” (Tal vez o despacho da desaparecida
figura do secretario nos centros
educativos gregos? Non
preguntamos)

O instituto xeral de Acrotiri é un centro acreditado


Erasmus,
como reza o
certificado
enmarcado

así que nos interesamos agora polos Erasmus


corners tanto no hall de entrada como logo na sala de profesores na biblioteca.

8
Reparamos tamén no sistema de recollida selectiva de residuos. So vemos papeleiras
únicas e contenedores de baterías, pero nos
explican que tamén teñen un programa de
colaboración co concello para a recollida de restos de
comida. Fóra no parking si había contedores para a
recollida selectiva .

Saímos logo ao exterior.


Trátase dun enorme
recinto con tres áreas
independentes que
albergan: o Instituto
xeral de bacharelato (o
noso, o liceo, con tres
cursos , 1º, 2º e 3º de
bacharelato, cun 1º ano
común e dous con distintos
itinerarios semellantes aos
nosos), a Escola de
Educación Especial e o
Instituto de Formación Profesional. Son entidades
independentes con diferente dirección. Contaranos logo
Niki na visita polo centro que teñen solicitado do concello
a construcción dun valado separatorio para axudar á
supervisión do alumnado, petición que foi denegada e
lles obriga a facer gardas de patio, as únicas que fan por certo, porque as ausencias
–escasas- de profesorado non son cubertas con profesores de garda como en España.
Aínda que feito de bloque e necesitado dalgunha remodelación é un fantástico recinto
mediterráneo con varios módulos e patios, mesmo ten o que eu chamo peristylum cheo
de oliveiras e piñeiros. Circúlase polo exterior para acudir aos distintos módulos, sen se
mollar se chove e acobillados do despiadado sol cretense cando toca, porque a planta
baixa de varios deles é patio.

9
Non hai ascensor pero si unha fantástica BIBLIOTECA chea de luz natural que entra
por unhas enormes lucernarios e dá
directamente ao “peristylum”. É o
espazo que albergará a maioría das
clases ás que asistirei estes catro días,
porque é a única aula do centro que
conta con ordenadores e proxector .

Por iso está pechada


cando non se usa cun
profesor ao cargo.

CLASES DÍA 1
(9:00-9:45 ) Grego antigo-Historia coa profesora Dimitra Krasoudaki
Por fin ás 9:00 asisto á miña primeira clase grega, na
biblioteca, e fágoo ao grande, cun grupo de 1º de
bacharelato (dos oito que hai no centro deste nivel),
composto por 17 estudantes.
Dimitra nos explica que teñen 5 horas semanais de grego
clásico obligatorio que enfocan como un xeito de
aprender a historia antiga de Grecia.

10
Por iso o libro que empregan, prescrito polo ministerio para
todos os institutos do país, titulado Αρχαιοι Ελλήνες
Ιστοριογράφοι –Historiadores gregos antigos- é unha
antoloxía de Tucídides e Xenofonte. O primeiro soe resultarlles
moi difícil. Agora están traballando con Xenofonte e afondando
na Guerra do Peloponeso.
Hoxe toca unha pasaxe moi coñecida para profes e alumnos de
Grego II en Galicia:

Helénicas II, 2.
Xen. Hell. 2.2.3
ἐν δὲ ταῖς Ἀθήναις τῆς Παράλου ἀφικομένης νυκτὸς ἐλέγετο ἡ συμφορά,
καὶ οἰμωγὴ ἐκ τοῦ Πειραιῶς διὰ τῶν μακρῶν τειχῶν εἰς ἄστυ διῆκεν, ὁ
ἕτερος τῷ ἑτέρῳ παραγγέλλων: ὥστ᾽ ἐκείνης τῆς νυκτὸς οὐδεὶς ἐκοιμήθη,
οὐ μόνον τοὺς ἀπολωλότας πενθοῦντες, ἀλλὰ πολὺ μᾶλλον ἔτι αὐτοὶ
ἑαυτούς, πείσεσθαι νομίζοντες οἷα ἐποίησαν Μηλίους τε Λακεδαιμονίων
ἀποίκους ὄντας, κρατήσαντες πολιορκίᾳ, καὶ Ἱστιαιέας καὶ Σκιωναίους
καὶ Τορωναίους καὶ Αἰγινήτας καὶ ἄλλους πολλοὺς τῶν Ἑλλήνων.

Primeiro len o texto, como esperaba coa pronuncia do grego moderno, mesmo ντ como
/d/, o que me despista un pouco ao principio, e a profesora comproba a continuación se
traen feita a tarefa. E, marabilla, tráena! Aquí funciona a flipped-classroom! A maioría dos
alumnos quere traducir e responder ás preguntas que van xurdindo sobre o texto.
Enteirarémonos de que en Grecia practicamente todo o alumnado adica as tardes a
asistir a clases particulares, especialmente os que teñen ambicións académicas. O ritmo é
moi dinámico e a voz magnética de actriz de Dimitra, unha das responsables do grupo

11
de teatro do centro, que por certo ensaia os sábados, interpela a distintos alumnos e os
felicita cun cordial πολύ ορέα = moi ben!

Despois traballan na aula o 3º parágrafo


recordando que era a nave Páralos, e a historia
dos Muros Longos. De vez en cando a profesora
pide a alguén que decline en voz alta algunha
palabra do texto ou outra do mesmo paradigma.
Tras rematar a tradución segue un
brainstorming etimolóxico que disfruto
especialmente. Gústame que Dimitra é quen de
recoller interrupcións e bromas e reconducilas ao
tema que nos ocupa, conseguindo que todo o
alumnado queira participar, porque, digan o que
digan, se aproveita para seguir aprendendo.
Quizais iso e a importancia da voz, o sorriso, o
reforzo positivo e o entusiasmo é o que saco en
limpo desta primeira observación. Non podo
deixar de recoller o brainstorming no que ousei
tamén participar:

-συμφορά > φορτίο = carga, peso


-ἄστυ > αστυφύλακας =axente de policía (aportación de Giorgos,
simpático alumno que voltarei a atopar noutras aulas), αστυνομία
=policía (a miña aportación. Imposible non recordar os escudos da
policía grega durante os disturbios no 2008), περαστικός =
transeúnte, errante
-παραγγέλλων> αγγελιοφόρος = mensaxeiro, recadeiro
-ἀπολωλότας > όλεθρος (=destrucción)
-πενθοῦντες> παθολόγος (πάσχω ἔπαθον + ἐλέγετο
-ὄντας> περιουσία (= bens, fortuna)
-κρατήσαντες > αυτοκράτορας = emperador

Para nós sería como facer etimoloxía desde o latín ao castelán e galego.

Non se emprega o ordenador en ningún momento da clase, só o pequeño taboleiro. A


clase foi fundamentalmente un fructífero diálogo.

12
Os 45’ de clase pasan voando. Antes de rematar a profesora propón o traballo para a
seguinte sesión. Le, da pistas sobre o contido e anima aos rapaces a traducilo.

Non temos aínda práctica de posado para foto final, así que desta fantástica clase non
teño foto de grupo.

Como curiosidade final teño que dicir que ao comentar esta clase de grego antigo con
dúas profesoras do centro, de inglés e física respectivamente, ámbalas dúas recoñeceron
que esta materia resultáralles moi difícil e que tiñan esquecido prácticamente todo o que
estudaran nese 1º curso de bacharelato. Nótase que non tiveron a Dimitra Krasoudaki
como profe!

(9:55-10:40) Clase de Filosofía coa profesora Argyri Goumenaki.


A segunda clase para min, 3ª do día, dá
comezo ás 9:55 tras un descanso de 10’, cun
grupo de 22 estudantes de 2º curso. A
profesora, moi cercana, que quere que a
chamemos polo seu diminutivo Argyró,
“Prata”, nos explica previamente que no 1º
cuadrimestre estudaron Platón, Aristóteles e
Descartes e que agora é o momento de que os
alumnos expoñan os seus traballos. No 2º
cuadrimestre traballarán ética, con Kant e Stuart Mill como autores.
Así un grupo de tres alumnos proxectan a súa presentación
sobre DESCARTES, ΝΤΕΚΑΡΤ (lembremos que en grego
moderno o fonema /d/ se representa coa dobre grafía ΝΤ e

13
que o delta (Δ δ) pronúnciase cun sonido similar ao th do inglés.)
Un alumno vai lendo en grego e a continuación, en deferencia a nós, outra traduce ao
inglés o contido das diapositivas. Cando lles dicimos que prácticamente o entendemos
todo xa en grego, porque a linguaxe filosófica é grega en todos os idiomas, sorpréndense
un pouco.

Ao falar do dualismo cartesiano, pouco pouco a profesora vai conectando a teoría


filosófica coa vida dos alumnos e ábrese un debate sobre o materialismo (υλισμός) na
sociedade actual, os sentimentos (συναισθύματα), a espiritualidade
(πνευματοκρατία). Pregunta aos alumnos que cousas son importantes para ser feliz e
escoito un firme ο ερωτας (o amor)…

Despois conectan o pensamento cartesiano co platónico e


lembran a teoría das ideas, o mito da caverna, a idea da
perfección e a eternidade de deus omnipotente.

En xeral hai boa sintonía profesora-alumnos e, como


acontecera na anterior clase, estes teñen unha actitude
bastante participativa.

(10:50-11:35) Presentación do SISTEMA EDUCATIVO GREGO coa profesora e


vicedirectora Maria Maragkoudaki

Presentation. Greek educational system

Ás 10:50, de novo tras 10 minutos de descanso,


participamos na presentación do sistema educativo
grego xunto cun grupo de alumnos de 1º. Cada
alumno vai lendo en inglés as distintas diapositivas
do documento adxunto. Nós imos intervindo para
comentar as diferencias máis chamativas que imos
atopando ao longo da exposición.

A máis chamativa co sistema español é a estrutura da


secundaria (δευτεροβάθμια), dividida en dúas etapas: a obrigatoria de 12 a 15 anos
(Ximnasio), cun curso menos ca nós, e a postobrigatoria ou bacharelato de 15 a 18
(Liceo), é dicir con tres cursos.

14
Οutra gran diferenza é o ferreo control que exerce o Ministerio de Educación e
Asuntos Relixiosos (Υπουργείο Εθνικής Παιδείας και Θρησκευμάτων) no
currículo. Na secundaria obligatoria e no 1º curso de bacharelato non hai
optatividade coa excepción da 2ª lingua estranxeira. Os libros de texto non son
elixidos polos centros senón polo ministerio, son gratuitos e iguais para todo o país e
pódense descargar en pdf na páxina de Φωτόδενδρο

Aquí nόs apuntamos que en España mesmo hai optativas autonómicas

Hai dous itinerarios en 2º: humanidades (grego antigo e latín) e ciencias (física e
matemáticas) e tres en 3º: humanidades, ciencias ou estudos económicos e
informáticos. Os exames de acceso á universidade teñen lugar na 1ª semana de xuño
como aquí, pero os resultados non se coñecen ata agosto e as clases comenzan en
outubro, outra diferenza.

De momento as universidades gregas son públicas pero hai intención de fundar


universidades privadas, o que preocupa á comunidade educativa, xa que ata agora as
universidades gregas estaban moi ben situadas no ranking internacional.

A separación igrexa-estado non está consumada. De feito as aulas deben estar


presididas por unha icona e as direccións dos centros deben facilitar uns minutos de
rezo no patio antes de comezar as clases, que ten un poder de convocatoria
totalmente residual como poderemos comprobar nos días vindeiros. Só catro ou cinco
alumnos rezan habitualmente.

En canto ao calendario escolar é máis ríxido có noso e igual para todo o país: as
clases empezan o 11 de setembro e rematan o 15 de xuño. Os períodos de vacacións

15
son: 2 semanas en Nadal e 2 en Pascua (que non coincide coa nosa porque os gregos
son de relixión ortodoxa) e os días festivos non lectivos: o 28 de outubro (o día do
Non), o 25 de marzo (celebración do comezo da guerra de indepencia), o luns despois
de Entroido, o 1º de maio, o luns 7 semanas despois de pascua e o santo patrón de
cada cidade.

O horario de clases vai normalmente desde ás 8:15 ás 14:00 horas. Pola tarde pode
haber aulas de adultos nos centros.

A maioría de alumnos acuden a clases privadas extracurriculares así como a clases de


linguas estranxeiras, música e deportes.

Nos centros públicos non hai uniforme.

Tras a exposición e a comparación dos sistemas os alumnos preguntan sobre aspectos


concretos das nosas clases , polo nivel de inglés dos nosos alumnos e tamén polas
nosas cidades de orixe, e ao final da clase fixemos varias fotos de grupo como
recordo.

E unha moi especial cunha alumna que estudiaba español con duolingo, coa que
tamén coincidiremos noutras aulas en días vindeiros e que ía vir a España nunha
mobilidade Erasmus a un sitio descoñecido para min: Membrilla, en Ciudad Real.
Incrible o que se pode aprender do teu país fóra del …

16
Visita guiada con Niki Spartali, coordinadora Erasmus polo centro
Aínda que xa nos ensinara someramente as instalacións a primeira hora, antes de
baixar á cidade vella de Chania, Niki lévanos a coñecer as distintas zonas do instituto
e vainos presentando máis compañeiros que imos atopando.

Visitamos o gran ximnasio exterior e nos achegamos ata as instalacións veciñas do


Centro de educación especial coas súas fermosas e chamativas cores e nos confirman
que o alumnado non comparte ningunha clase nen actividade co alumnado do liceo.

Visitamos a zona de 1º curso, onde reparamos no logo do centro deseñado


expresamente para para participar no Erasmus, a consabida curuxa.

17
Niki coméntanos que as instalacións se usan polas tardes para impartir clases de
adultos, con outro profesorado e que as fins de semana tamén se desenvolven
actividades extracurriculares, como o teatro dos sábados con Dimitra e María Bravou

Chegamos por fin ao Laboratorio de


Química, o feudo de Niki, cun simpático
fresco na fachada cun protón e varios
elementos químicos. As instalacións e o
instrumental son antiguos. Gústame a
xigantesca táboa periódica e reparamos
que aquí tamén está a omnipresente icona
e que tamén elaboran xabóns como
práctica de reciclaxe e fan talleres coas visitas Erasmus.

18
Seguimos percorrendo o exterior , os numerosos patios, e é inevitable estando en
Creta, lembrar o labirinto, porque dubido en que módulo está cada unha das salas de
profesores

Percorrido a pé pola cidade vella de Chania e Museo Arqueolóxico.


Baixamos en coche e aparcamos preto das murallas. O tempo ameaza tormenta…e en
breve vaise cumprir. Achegándonos á auga, un curioso e sinxelo monumento reclama a
nosa antención:

O memorial do afundimento do Tanais (2013), que


supuxo o aniquilamento da comunidade xudea de Chania
na 2ª Guerra Mundial, o 9 de xullo de 1944. Niki cóntanos
a historia: nun barco grego pero operado polos alemáns
viaxaban, xunto con algúns membros da resistencia
cretense e varios prisioneiros de guerra italinos, a práctica
totalidade dos xudeos da rexión para ser deportados a

19
Auschwitz-Birkenau, que deste xeito
morreron antes do fixado para eles ao seren
bombardeados e afundidos. A cifra de
víctimas oscila entre 500 e 1000.

So somos quen de visitar o porto e avistar a fortaleza en obras e


camiñando polo barrio turco temos que
fuxir: raios e tronos e unha choiva case
galega fannos cambiar de plans e
dirixímonos ao Museo Arqueolóxico, cuxa
visita estaba prevista para o mércores.

O moderno edificio, con planta de uve, é


moi recente, foi inaugurado no 2022. Está
situado en Halepa, antigo barrio de
diplomáticos que aínda conserva varios
palacetes. Niki recoméndanos que noutra
ocasión visitemos as ruinas das
curtidurías en Tabakaria, xunto ao mar,
porque paga a pena.

As entradas custan a metade en inverno


e o museo está prácticamente baleiro.

Comezamos polos
achádegos da illa de
Gavdo (descoñecida para
min antes de que o meu querido Merino me falara dela…e non
precisamente pola súa importancia arqueolóxica…), a enorme foto das
pegadas de Trachilo, (Kissamos) posiblemente dun protohomínido con
máis de 6 millóns de anos de
antigüidade, e entre centos de obxectos
minoicos e micénicos, vasos, enxovais
funerarios, esculturas clásicas e romanas,

20
aras, estelas, moedas… a xoia do museo resulta ser paradoxicamente o minúsculo molde
dun selo onde se aprecia o Kastelli e un home na cima que no seu porte lembra ao
Príncipe dos lirios de Cnossos. É tan minúsculo que debe ser apreciado nunha proxeción
aumentada na parede.

Tamén chama a atención o fresco que se expón no centro da sala, atopado nun santuario
que veremos máis tarde na súa ubicación orixinaria paseando preto da praza de
Splantzia

Podería comentar moitas pezas, por exemplo os touros ofrenda a Poseidón, tan
colocadiños, ou as fantásticas pezas de
cerámica, as moedas, que dan para invertir
unha mañá enteira tentando descifrar as
imaxes ou as letras, os selos tan primitivos…

21
pero eu que tiro máis ao clásico detéñome
nas aras e estatuas, máis próximas ao meu universo.

Tras alimentar a alma, comemos no centro, nun


restaurante (εστιατόριο) de xente do lugar, o
Marmaritsakis, con servizo de take away, onde
comprobamos que os gregos comen tarde, coma nós,
xa que saímos preto das catro da tarde de alí a aínda
hai mesas cheas e só se escoita falar en grego.

Tras un merecido
descanso no hotel e
un pouco de tv en
grego e inglés con
subtítulos gregos, saímos
xa sen luz para
pasearmos de novo pola
cidade vella e especialmente polo porto veneciano, os
asteleiros e o espigón, baixo o fermoso reflexo do
faro-minarete veneciano que preside a baía.

22
Atopamos unha curiosa tenda flotante de cestos e lámpadas de macramé e descubrimos
por casualidade que hoxe, 12 de febreiro se celebra o Día Internacional da Epilepsia
(Παγκόσμια Ημέρα Επιληψίας), segundo proxectan na fachada do Teatro Mikis
Theodorakis, ubicado no edificio da antiga alfándega, e entretémonos tentando tirar
unha foto lexible da fermosa mensaxe.

Voltando xa ao hotel sigo disfrutando da cartelería helénica, esta vez co aviso no vidro
da farmacia: ανοικτά κάθε μέρα 8:30 πμ (πριν μεσεμβρία) – 9 μμ (μετά μεσεμβρία)
εκτός Κυριακής = aberta cada día 8:30 a.m-9 p.m excepto domingos. Definitivamente é
moi útil estudar grego clásico. Enténdese ou dedúcese todo o escrito sen problema.

23
MARTES Τρίτη /triti/ DÍA 13
Como hoxe comenzamos a
xornada á 2ª hora, subimos no
autobús da liña 18, cos billetes xa
mercados o día anterior por
consello de Niki, xa que nas
máquinas de autovenda non se
pode pagar con tarxeta e
tampouco se pode pagar dentro
do bus. Mentres espero pola
compañeira na praza descubro
outra marabilla etimolóxico-mitolóxica que tanto me están a facer disfrutar e aprender
aquí: un dermatólogo-afrodisiólogo, algo que aquí expresaríamos cun prosaico
especialista en ETS…

Clase de Alemán con Varvara Gkagka


Ás 9:00 asistimos a unha clase de aléman de primeiro curso, con 22 estudantes a cargo
da profesora Varbara Gkagka. Dende o principio somos o centro de atención: téñennos
preparado un fermoso e simpático mural de Creta pegado no taboleiro para nos ensinar
en alemán e inglés os principais datos xeográficos da illa, os principais monumentos e

24
museos, así como os persoeiros cretenses máis importantes nos eidos da arte, a cultura, a
política… sen esquecer a exquisita gastronomía, na que xa non estabamos tan
ignorantes…

Doménikos Theotokópoulos, o Greco, (Δομήνικος Θεοτοκόπουλος) convírtese nun


punto de unión entre os nosos países, comentamos un pouco da súa pintura e lles
falamos da cidade de Toledo onde se asentou, traballou e morreu o pintor.

Tamén toman vida desde o mural Nikos Kazantzakis (Νίκος Καζαντζάκης) o autor da
famosa Zorba o grego ou Elefthérios Venizélos ( Ελευθέριος Βενιζέλος), o político grego
máis coñecido, defensor da insurrección fronte ao imperio otomano, adalid da unión con
Grecia e primeiro ministro en varias ocasións. (Ao saír do instituto teremos ocasión de
visitar a súa tumba, situada moi preto de aquí) . Como non, tamén nos contan a lenda do
mítico rei Minos

Explícannos en que consisten os dakos ντάκος, que aínda non tivemos ocasión de
probar, e en seguida queren saber cousas do noso país, das nosas comunidades, Galicia
e o País Vasco, e aprender cousas en español, galego e vasco. Inevitablemente o fútbol
sae á palestra e permite afondar na xeografía e na lingua. Nós tamén debuxamos e
escribimos no taboleiro, pero moito máis burdamente que os nosos pequenos
anfritrións.

25
Somos conscientes de que non temos asistido a unha clase ordinaria, real, pero a soltura
coa que se expresan no seu primeiro ano de alemán sorpréndenos, así como o cambio ao
inglés cando queren cerciorarse de que os entendemos. Sen dúbida aprender unha
lingua a través da súa cultura e da interacción humana é a mellor maneira de facelo.

26
Clase de traxedia antiga con Maria Bravou
A 2ª clase do día para nós, no 3º período, comeza ás 9:55 na biblioteca. É unha clase
de grego clásico, pero de literatura, concretamente de traxedia, centrada na Antígona
de Sófocles, a cargo da profesora – e como comprobaremos de seguido, deusa e
actriz- Maria Bravou.

De novo apreciamos a consideración cara a nosa


presencia, pois a clase comenza cunha presentación inicial
sobre o argumento, a estrutura e a mensaxe da obra que xa
levan tempo traballando na aula, pois esta obra xunto co
discurso Epitafio de Pericles da Historia da guerra do
Peloponeso de Tucídides, constitúen o programa oficial da
materia.

Hoxe o foco ponse na análise dun fermoso e potente verso


523 que todos os lectores de Antígona lembramos: Οὔτοι συνέχθειν, ἀλλὰ
συμφιλεῖν ἔφυν, non nacín para compartir o odio, senón o amor.

Trabállase o fragmento desde todos os ángulos: métrica, antíteses, vocabulario,


prefixos e sufixos, etimoloxía etc. De novo vemos estudantes moi activos, co traballo
feito, que levantan a man, queren responder ás preguntas de etimoloxía e fan moitas
preguntas

Se falamos de amor, quero recoller


algúns fillos de φιλο- que se escoitaron:
φιλοδοξία, φιλανθρωπία, φιλότιμος,
φιλοξενία (como non!!)

27
Descubro para a miña sorpresa –facendo un esforzo titánico para seguir o terremoto
informativo e paixonal en que se convirte María dando clase- que a soloniana
σεισαχθεία ten parentesco etimolóxico co συνέχθειν do verso que nos ocupa. É moi
fructífera a reflexión sobre a sinonimia, os matices e as familias léxicas, que me
reafirman en que o estudo da lingua grega (non so da cultura á marxe dela) sempre
será necesaria.

Incriblemente os 45’ da sesión aínda permiten a análise dunha 2ª presentación moi


detallada sobre as partes do teatro grego (parodos, koilon, kerkides, klimakes,
diazomata, proedries, orchestra, thimeli, scene). Os alumnos len e a profesora explica
con entusiasmo interpelándoos constantemente como se pode apreciar neste vídeo.

Para terminar María comenta co apoio dunha 3ª presentación dous famosos teatros
clásicos: o archicoñecido Epidauro e Aptera, situado a uns 15 kms Chania.

Como emocionante despedida María regálame o libro de texto de literatura grega,


que voltará conmigo a España na miña micromaleta aínda que teña que deixar en
Creta parte da miña equipaxe.

Clase de Latín con Stavros Vasilantonakis


E despois da tempestade (Maria), a calma (Stavros). Cambiamos de espazo e
dirixímonos a un módulo que aínda non tiñamos visitado. Asistiremos a unha clase
de latín de 2º curso formado por 14 alumnos que vai transcorrer como se non
estiveramos presentes as profes Erasmus, excepto pola afectuosa acollida e

28
presentación… e pola candorosa tradución ao español –que Stavros fala un pouco- do
texto que toca analizar: a perda do poder do último rei de Roma, Tarquinio o
Soberbio trala violación da nobre Lucrecia polo seu fillo.

Sorprende o
meticuloso método
empregado polo
profesor, que
emprega un libro
dos anos 80
imposto polo
Ministerio, como o
resto dos docentes,
pero que o
transcende coa súa
interacción oral co
alumnado e o
estudado método
que paso a explicar
con fotos do
taboleiro antes,
durante e ao final
da clase.

Non emprega o latín como lingua de comunicación en ningún momento. Emprega


unha pronunciación clásica, lendo a u intervocálica como uve.

Parte do taboleiro estructurado en catro partes que se van enchendo


segundo avanza a lectura e tradución da pasaxe: 1) ετυμολογία
(etimoloxía) 2) συνάξη (sintaxe) 3) ρήματα (verbos) 4)
ουσισαστικά/επίθετα/αντωνιμίες
(sustantivos/adxectivos/pronomes).

Chámame a atención, por falta de costume, a forma manuscrita de


varias letras, que se poden apreciar no taboleiro : o mi (μ), o sigma
mayúsculo (Σ ), o xi (ξ), que non se parece nada á forma de
imprenta, e o eta (η) tan curtiño, amén do zeta (θ). Así entreno as
neuronas un pouco máis.

29
O apartado de etimoloxía é o que me resulta máis interesante, porque descubro orixe
común entre palabras do grego moderno e o latín que descoñecía. A análise
morfolóxica e sintáctica e moi tradicional, de cando en vez algún alumno conxuga ou
declina algún termo en voz alta.

En xeral todos traen feito o texto, toman parte


activa na clase, levantan a man para aportar a
súa tradución, como temos visto ata agora en
xeral en tódalas clases. O nivel de latín é bo
tendo en conta que non falan unha lingua
románica coma nós e que é o seu primeiro
ano de latín. Máis ou menos están ao nivel
dos meus alumnos de Latín I de adultos.

Ao final da clase comentamos co profesor


Stavros que en España están collendo pulo os
métodos activos no ensino do latín, e que tras LLPSI agora

contamos con Via Latina.


De lingua et vita
Romanorum, que
descoñecía e eu debía
terlle traído.

Foto de recordo co profe de latín que tamén se ocupa de dirixir aos alumnos que fan
teatro de sombras, un xénero tradicional grego do que falaré máis adiante.

Vale, magíster!

30
Antes de continuar o noso periplo turístico-cultural por Chania, hoxe que non chove,
nos achegamos á cafetería (καφενείο) do instituto, rexentada por unha amable
muller que sempre nos regala algo (auga, bombóns…) e que conta cunhas mesas
pintadas con chistes de animais, que fan as delicias –vía whatsapp- dos meus
alumnos co καρχαρίας (tiburón), que sae no tema 4 de LOGOS.

-“Un tiburón!”

-“O, non, descubríronme”

Visita á tumba de Venizelos e ao santuario do Profeta Elías


A uns 600 metros do instituto, no outeiro do Profeta Elías, chamado así polo santuario
de dito profeta, que data do s. XV, nun fermoso
parque de piñeiros
con vistas
espectaculares sobre
a baía de Souda,
aproveitando o
soliño visitamos,
amén do exterior da
igrexa, a tumba do
gran estadista
Eleftherios
Venizelos, loitador pola independencia de Creta e
especialmente logo pola súa unión a Grecia. Foi
primeiro ministro en varias ocasións e xace aquí enriba xunto ao seu fillo Sophocles, que
tamén chegou a ser primer ministro e embaixador. A ubicación
dos enterramentos non é casual, e apreciámola máis se
reparamos nun monumento de bronce no extremo do parque: a

31
estatua de Spyros Kayales (1997, que mostro cunha foto de Cayambe (wikipedia),
porque non conservo a miña). O heroe sostendo a bandeira grega lembra o bombardeo
de Chania por parte dos turcos otomanos xunto co Escuadrón Internacional (o
vergoña!), liderados polo almirante Canevaro, en 1897 tras a votación celebrada na illa a
favor da liberación do xugo imperial e a incorporación a Grecia. Entre os insurxentes
atopábase tamén Eleltherios Venizelos. Kayales ergueu durante o ataque ata en tres
ocasións a bandeira trala caída do mastro e a súa fractura en dous, converténdose
finalmente en mastro humano ata o punto de conmover a Canevaro, que ordenou un
cesamento do fogo e actuou de intermediario entre cretenses e otomanos para facilitar
unha retirada dos mesmos da illa e a conversión de Creta nun estado autónomo.

Por certo que hoxe aprendo, grazas


a Niki, que debería chamarse
Atenea, que Acrotiri (Aκρωτήριο)
significa cabo ou promontorio en
grego. E todo cadra!

Como o luns a tormenta nos privara


do paseo ilustrado pola cidade vella
alá imos..

32
Paseo con Niki pola cidade vella de Chania.

Por fin podemos apreciar por primeira vez coa luz do día e co azul mediterráneo de
fondo, que si existe, a fermosa cidade vella de Chania, circundada polas murallas
venecianas (en marrón na foto de satélite da esquerda) cun perímetro orixinario de 3
kms e 4 bastións, rematadas en 1568. Engloban os restos do antigo perímetro bizantino
(en verde), que unicamente protexía o outeiro de Kasteli . Os venecianos ocuparon a illa
durante douscentos anos, ata a invasión otomana en 1645, por iso as pegadas de ambas
culturas mistúranse nesta fermosa cidade.

Comezamos o percorrido en Splantzia, no sureste, o antigo barrio da poboación


musulmana, na praza vemos as dúas igrexas máis antigas de Chania: Ιερός Ναός
Αγιου Νικόλαου, Hieros naos Agiou Nikolaou (San Nicolás), que foi un mosteiro
dominico na época veneciana, logo se convertiu en mezquita e hoxe funciona como
igrexa ortodoxa. Por iso ten un campanario nun lado e un minarete no outro.

A outra igrexa, Αγιου Ρόκκου, San Roque,


veneciana do s. XVII, foi prisión militar baixo a
dominación turca e hoxe está desacralizada e é
empregada para albergar exposicións e actos
culturais.

Tralo interesante paseo voltaremos comer a esta


praza, rodeada de tabernas típicas, xunto a
sombra do gran plátano que a preside, e onde
un monumento lembra aos cristiáns gregos
torturados durante a revolución.

33
Tras deternos nos restos da muralla bizantina e contemplar o xacemento orixinal –no
baixo dun edificio!!- do fresco minoico que o luns viramos no museo. Hai outros
xacementos minoicos tamén ao aire libre, pechados con valados metálicos como o que
conservou durante milenios o selo de Kasteli.

Logo ímonos achegando á auga para poder ver


de día os imponentes Neoria Τα Νεώρια (Astaleiros
venecianos.) Constaban de dous arsenais, –Το μεγάλο
Αρσενάλι , o Grande Arsenal (1585) , desde 2002 sede do
Centro de Arquitectura Mediterrénea e de diversos
eventos culturais- e o pequeno Mikro, ámbolos dous
edificios emblemáticos de Chania. Dos vinte Neoria
orixinais, fican sete edificios adosados que constituen un
fermoso frons scaenae no paseo marítimo.

Contiuamos o placenteiro paseo cara á Mequita do pachá


Kucuk Hasan , Τζαμί Κιουτσούκ Χασάν tamén
coñecida como Γιαλί
Τζαμί Yiali Tzamisi "Mezquita xunto ao mar" (que
albiscamos desde o Kastelli a primeira noite). Foi
construída no s. XVII sobre un antigo tempo grego
cunha grande bóveda central e sete máis pequenas
que xeran a súa orixinal e chamativa apariencia. Antes da construción do actual museo
arqueolóxico este edificio desenvolveu dita función. Hoxe alberga exposicións e actos
culturais, como San Roque e o arsenal.

Seguimos disfrutando do fermoso día mentres avanzamos cara a punta máis occidental
da baía, pero antes penetramos no dédalo de rúas do barrio xudeo e do tradicional
barrio grego de Topana. A sinagoga Etz Hayyim está pechada pero admiramos a

34
fermosa porta e percorremos as rúas cheas de pequenos hoteis e coquetos apartamentos
de aluguer, moitos en obras, fronte aos que é inevitable ter sentimentos encontrados…

Por fin culminamos o


roteiro na Fortaleza
veneciana de Firka,
Ενετικό φρούριο
Φιρκά, (que curiosamente
significa cuartel en turco, e
sustituiu o nome orixinal de
Revellino del Porto), en
orixe posto de mando e
hoxe museo.

Aquí ondea permanentemente a bandeira grega desde que o 1 de decembro de 1913 fora
izada polo primeiro ministro Venizelos e o rei Constantino, tralo recoñecemento
internacional da Ένωσις (enosis), a unión con Grecia. Ao escoitar o relato de Niki o
meu corazonciño heleno non pode evitar pensar en Chipre entón…
Enfronte de Firka se aprecia a fermosa vista do Faro veneciano -Φάρος- enmarcando a
boca do porto, coa súa forma de minarete debido a que en 1839 foi reconstruído polo
rexente de Exipto, Mehmet Ali ao que os británicos asignaran Creta.

Coméntanos Niki que tendían unha cadea entre ambas construcións para defender a
boca do porto, nada que sorprenda a un galego.

35
Fontes: a primeria e inestimable, a nosa anfitriona Niki. Para non comenter lapsus
memoriae, logo consultei, amén da wikipedia, estes sitios:

● www.chaniatourism.gr
● https://www.esturismo.eu/Europa/Grecia/Chania/Puerto_Veneciano_de_Chania.html
● https://www.discovergreece.com/es/travel-ideas/cover-story/self-guided-neighbourhood-walks-
chania

Paseo nocturno ata Nea Chora

Trala comida, o pertinente descanso con TV grega e o repaso de notas, á tardiña


ampliamos horizontes e coas indicacións que Niki nos dera desde a fortaleza ao
mediodía, seguimos o paseo portuario, case na oscuridade total, pero salpicado de
pescadores e paseantes que aproveitaban coma nós que non chovía.

Descubrimos así o
pequeno porto de
pescadores e unha praia
urbana máis que digna, a
praia de Nea Chorá,
Παραλία Νέας Χώρας,
na que un valente bañista
tomaba unha ducha tras
nadar no mar sen
neopreno e unha rapaza lía
nun banco baixo a
bandeira de Grecia, como
non.

Os restaurantes de peixe, o típico da zona, estaban pechados case todos. Pero non era o
peixe o que nos apetecía a estas horas xa, senón o descanso.

36
MÉRCORES Τετάρτη /tetarti/ ( DÍA 14

Clase de grego moderno con Eleni Papadaki


Ás 8:15 da mañán, de novo na nosa querida biblioteca, asistimos a unha clase de Νεά
Ελληνικά de primeiro curso, con 15 estudantes, cos que coincidimos o 1º día, e que nos
saúdan efusivamente.

Como outras veces un prato con pastas típicas gregas nos recibe tentador, e non serán os
únicos doces que probemos nesta divertida clase.

Como hoxe é San Valentín, o amor será a excusa para aprender poesía (e gramática!). A
sesión comenza cun xogo: os alumnos escriben a definición de amor (érotas, έρωτας)
nun trozo de papel, escóllense 10 e lense en voz alta. O microtaboleiro vaise enchéndo
desde ese έρωτας είναι (o amor é) soíño inicial: o amor é apreciar outra xente,
reciprocidade, sentirse seguro, paixón, sexo (fantástico o comentario de Eleni a esta
aportación: someone is getting older!), facer feliz a outro…

Entón Eleni reparte en copias o poema O número Plural de Kiki Dimoula (Ο


πληθυντικός αριθμός, Κικη Δημουλα), xunto cun bombón en forma de corazón. O
texto pode ser estudado en dous niveis: superficial, atendendo as enumeracións
gramaticais, e profundo, porque deseguido dá paso a un 2º nivel, con linguaxe figurada.
Procédese á lectura, que é unha aparente análise gramatical dos nomes (substantivos,
ουσιαστικά) que aparecen no poema [o amor (έρωτας), o medo (φόβος), a memoria

37
(μνήμη) e a noite (νύχτα)], pero que en realidade describen o sentimento e o proceso
amoroso, sobre todo do medo a perdelo.

Coa axuda da profesora os rapaces van comprendendo a mensaxe: existo porque amo, o
amor (όνομα ουσιαστικόν/ πολύ ουσιαστικόν, nome substantivo moi substantivo) dá
significado á nosa vida, pero é moi fráxil…(aquí os alumnos enumeran causas que
poden estragar o amor: terceiras persoas, mentiras, o tempo, problemas diarios…), e
sempre ameaza o medo, o medo a perder o amor, a que o outro non
sinta tanto ou o mesmo ca ti, medo que pode converterse en medos,
plural…

E aquí vén o intraducible, a memoria, μνήμη; é calificada de άκλιτη


(άcliti, indeclinable), pero hai un homófono en grego, άκλητη, que
significa “non chamada”, “non buscada” (cfr. clásico καλέω, chamar.
Uf como disfruto!), porque sementar o bo cando xa non o tes, ou
lembrar a dor…

Por último a noite (νύχτα), a escuridade, pode ser todo ou nada, pero simboliza a
completa vitoria da infelicidade, da miseria. Ese verso final: Οι νύχτες από δω και
πέρα, as noites a partir de agora…

Para repoñernos vemos o vídeo e escoitamos unha canción de Zaf, Pes Dime , escollida
polos alumnos para a comparar coa mensaxe do poema. Romanticona, pero en grego
todo mellora.

Hai deberes: procurar palabras con dobre significado, literal e figurado, para aplicar o
aprendido hoxe. Fantástica clase, só fican as fotos de grupo para non esquecermos esta
interesante experiencia.

38
Presentación dos programas escolares e actividades extracurriculares do
instituto
Na seguinte sesión, ás 9, asisto marabillada á detallada exposición por parte da nosa
anfitriona Niki Spartali de todos os programas e proxectos (culturais, medioambientais e
Erasmus+ e eTwining) nos que está implicado o centro.

-Este último ocupa gran parte da reunión porque o


intituto Urbi de Basauri, o da miña compañeira de
job-shadowing, Karmele, forma parte dun
interesante proxecto de eTwining chamado
EXODOS (Pages | ESEP (europa.eu) xunto co instituto
Acrotiri e cinco máis (Mieres; Reunión e Baigorri de
Francia, Pilsen da R. Checa e Siracusa de Italia). O
tema do proxecto son as migracións forzosas e as
súas consecuencias humanas e sociais, polo que
Niki pasa a mostrarnos os traballos que van aportar
desde o centro: presentacións sobre a destrucción de
Asia Menor nos anos vinte do século pasado, a
migración dos gregos na preguerra, e os fluxos
actuais de emigración. O funcionamento da
plataforma eTwining resulta todo un descubrimento polas interesantes sinerxias que
permite con Erasmus+ e que no noso centro aínda temos que explorar. Aquí teño que
agradecer a disposición de Karmele, embaixadora eTwining para nos aconsellar e nos
guiar no noso despegue.

39
-O Equipo ambiental, Περιβαλλοντική ομάδα, traballa agora nun proxecto sobre
plantas invasivas e peixes agresivos e velenosos no Mediterráneo en relación co
cambio climático.

Outro proxecto, en colaboración co concello, titulado "Awful place to become a


pleasent place" ocúpase de reciclar os restos de comida que se xeran no centro.

-Dirixido por Popi e Maria, desenvólvese un programa sobre receitas de pratos


tradicionais.

-Periodicamente móntase un espectáculo do tradicional TEATRO DE SOMBRAS


(Θέατρον σκιών , co mítico Karagiozis (Καραγκιόζης), adaptación grega do turco
Karagöz, “home de ollos negros” ou “ollo negro” como figura central deste espectáculo.
De orixe otomana é moi querido en Grecia porque dende o final do século XIX acaba
simbolizando o oprimido que se enfrentará aos poderosos para triunfar sobre eles. Fai
una sátira social ou política da situación do país sendo ao mesmo tempo un espectáculo
para toda a familia.

Ás veces os textos son escritos polos propios alumnos, e os representan empregando os


recursos da tradición, con transparencias, caricaturas…

-Hai tamén un grupo de FOTOGRAFÍA (Φωτογραφ) . Fixeron un concurso co tema


da luz. Dous fotos foron nominadas nun concurso en Creta e unha gañou o primeiro
premio: Resistance of beauty.

-En canto aos proxectos Erasmus+, ao tratarse dun centro acreditado e moi activo,
coñecemos actividades recentes cos anteriores partners, Eslovaquia, Bulgaria, Portugal
(Azores), Lanzarote ou Palermo.

Unha actividade que adoitan realizar coas visitas Erasmus é asistir a un taller de
curtiduría, que ten unha dimensión artística e outra científica. Vimos tamén fotos dunha
excursión a Volco (O Iolco de Xasón) e a Delfos. Unha fermosa actividade foi representar
Antígona no teatro de Aptera, con María e Dimitra na dirección.

Coñecemos tamén aos partners do presente e o próximo curso: Florencia (mobilidade


inminente), Vilanova da Famaliçao (Portugal), Suecia e Basauri (concretamente o
instituto Urbi, onde traballa Karmele) .

Ao final de cada curso editan un vídeo recopilatorio de todas as actividades e


mobilidades para os pais.

40
Clase de francés con María Klimi
Ás 10:50 comenza a última clase da xornada para nós. Mentres esperamos na biblioteca
temos a oportunidade de intercambiar impresións con María, que nos descobre moitos
aspectos do ensino do francés en Grecia.

Imos asistir a unha clase de 1º ano do idioma, das dúas horas semanais que ten.
Explícanos que se focaliza máis a atención na cultura que na lingua en si,
aproximadamente nunha proporción de 70-30%. Hai que ter en conta que a francesa
resulta unha cultura máis distante para eles que para nós. O libro de texto, único e
imposto polo ministerio, está obsoleto ao igual que os de case todas as materias, por iso
os profesores de idiomas (inglés, alemán e francés) recorren a repositorios en internet
(como podcastfrancaisfacile.com) para atopar materiais máis actualizados e interesantes,
á parte dos materias oficiais de Photodentro (PHOTODENTRO | GREEK NATIONAL
AGGREGATOR OF EDUCATIONAL CONTENT ). No primeiro trimestre centráronse no
estudo da gramática e o vocabulario básicos e agora no 2º fan proxectos, un sobre os
Xogos Olímpicos que se van celebrar este ano en París.

María coméntanos tamén cuestións de organización do centro, como que a última hora
saen antes para que o alumnado poida coller o autobús público, ou que é un alumno,
sempre o mesmo, o que se ocupa de recoller as faltas de asistencia nun libro oficial que
logo entrega á profesora para que poida engadir as faltas na aplicación informática nun
PC da sala. Tamén nos mostra o libro onde se consigna brevemente o que se fai en cada
clase, documento que fica custodiado no centro.

Por fin comenza a clase, que ten como fío


conductor os crêpes e a tradición da
Chandeleur, “A festa das candeas”.
Como actividade inicial un alumno le
unha presentación en grego sobre a
tradición que se celebra cada 2 de
febrero. De festa pagá que celebra o
retorno da luz (de aí a forma de sol das
crêpes) a celebración cristiá, como tantas
hoxe é o día de comer crêpes ata
estoupar. Descubro con emoción que crêpe ven do latín crispa, e o acento circunflexo (ou
como o chama María τo καπελάκι o sombreiriño) da pé a unha reflexión etimolóxica
sobre palabras latinas con –s na orixe das francesas, como forêt < foresta, hôtel <hos(pi)tale,

41
dedución por comparación, da que eu son tan fan e que creo que está na base de
aprender a aprender.

A continuación a profesora reparte en copias un texto sinxelo cos


principais datos da festa e unhas preguntas tipo test. Sorprende para
ben a prosodia e o acento francés en alumnos que só levan uns meses
estudando esta lingua. María comproba que se comprende o texto e
fai explicacións puntuais

la chandeleur (podcastfrancaisfacile.com)

Como terceira actividade (xa con coñecementos


básicos sobre o tema) se proxecta un vídeo dun
cociñeiro moi coñecido en INSTA (como din os
alumnos), Jamy Epicurieux que ten subtítulos en
francés e grego. Reflexiónase sobre a dimensión
relixiosa da da festa, que eles descoñecían. Logo
pelexan por responder ás preguntas sobre o vídeo.
Μaría anímaos a se
comunicar como sexa,
na lingua que sexa,
mesmo misturando
varias.

Finalizamos coa
pertinente foto de
grupo.

Dá tempo a falar un
pouco máis con María ao finalizar a clase. Acompáñanos polo centro. Vemos a
celebración do San Valentín na cafetaría, onde hai megafonía e rapaces cantando e
recitando. Logo collemos o autobús de volta a Chania.

Cea co equipo Erasmus


Á tardiña o equipo Erasmus agasallaranos cunha cea de despedida no restaurante
Bourakis . A data foi escollida en consideración ao madrugón que terei que afrontar eu o
venres e agradécese. Acompáñanos, amén da nosa anfitriona Niki, María Bravou
(literatura antiga) e Manolis (matemáticas), que en breve partirán a Florencia cun grupo

42
de alumnos nunha mobilidade, Eleni (grego moderno) e Olga (Física) que en abril irán
a Basauri a facer job-shadowing no IES Urbi e Eva (inglés), que mañá nos acollerá na
última das nosas clases gregas.

A data do día fai que o restaurante, un asador na aforas, esté cheo de xente e haxa DJ (de
versións instrumentais de clásicos de Sinatra en grego, iso si) o que dificulta a
comunicación plurilingüe. Non fixemos fotos, pero lévome desa noite a dedicatoria
cantada por María da canción popularizada por Mikis Theodorakis Η μαργαρίτα η
μαργαρώ (I Margarita i Margaró, Mi Margarita, mi Margot), que prometín gravar coa
miña voz para lla mandar … e agora debo cumprir. Retirámonos rápidp que todos
tiñamos clase cedo o xoves, o meu último día.

XOVES Πέμπτη /pembti/ DÍA 15


Clase de filosofía con Argyri Goumenaki
No 2º período, de 9:00 a 9:50, asistimos á nosa 2ª clase de filosofía de 2º curso con Argiró.
O plan inicial é comentar a presentación sobre Platón feita polos alumnos, pero un
problema técnico co pendrive obriga a reorganizar a clase. A profe toma o mando para
facer que os alumnos lembren o aprendido o trimestre anterior respostando ás súas
preguntas sobre a Teoría das ideas. Van saíndo aportacións interesantes sobre a
contraposición entre a imperfección humana e a perfección divina, o mundo material
fronte ao das ideas, os conceptos de xustiza, honestidade, beleza no mundo das ideas …

Logo deciden proxectar un vídeo de


animación en grego sobre o mito da
caverna, Aλλεγορία του σπηλαίου,
que me atrapa intentando descifrar o
relato en grego.

https://www.youtube.com/watch?v=5oQ_zhTEVzE

43
Tras comentaren tanto a profesora como os alumnos o sentido da alegoría, rematamos a
clase discutindo se as pantallas e as redes sociais son a nova caverna … e ao final nos
fixemos un selfie de recordo e despedida. Argiró prometeu tentar cruzar a fronteira para
coñecer Galiza cando fagan a mobilidade de Famaliçao. Todo se andará!

Clase de inglés Evangellia (Eva) Prinaraki


A última sesión da miña visita é unha de inglés de 1º curso a cargo de Eva, coa que
cearamos onte. Tras nos presentar aos alumnos comeza a clase, cuxo tema é a
explotación infantil a cargo das grandes marcas de
moda barata.

Como a competencia media de inglés en Grecia é boa


pode comenzar a clase proxectando un vídeo
titulado: Fashion Brands EXPLOIT CHILD LABOUR
To Make CHEAP Clothes

https://www.youtube.com/watch?v=TAEE0i2TfYg&t=4s

Trala inocente decisión de mercar unha camiseta barata de algodón, unha muller
resulta abrumada polo sinistro trasfondo de escravitude, enfermidade e morte que hai
detrás da súa produción, desde a propia colleita do algodón -organizada polo propio
estado que fai coincidir as vacacións escolares para que os nenos poidan traballar nela-,
feridas e amputacións de mans coa maquinaria que fabrica a fibra, contaminación de
agua … e afloran os consellos para espertar conciencias: comproba a política da marca
en Fair wear foundation, compra menos, usa máis tempo as prendas, etc.

https://www.fairwear.org/

Ao acabar o vídeo pide aos alumnos que tenten respostar a unhas preguntas sobre él
escritas notaboleiro:

What does child labor refers to?


What are the causes of child labor?
What health problems are caused by to those
children?

44
Logo Eva reparte unha tarefa impresa cun texto sobre o tema que os alumnos van lendo
en voz alta para logo contestar unhas preguntas multiple choice e outras de fill the gaps.

E para rematar, algo que non se soe facer no ensino dunha lingua estranxeira en
España: traducir!! Cando se sabe que é a destreza máis humana que hai, onde se
pon en xogo todas as competencias e coñecementos sobre ámbalas dúas linguas
e culturas. Tentei participar na tradución colectiva, por suposto, poñendo á proba
o meu grego moderno en cueiros:
● -Το πορτοφóλι μου, ίσως έχει κλαπεί = My wallet may have
been stolen (Pode que me roubaran a carteira)
● -Μπορείς να αποταμιεύσεις χρέματα, εάν αγοράσεισς εισιτήριο εκ των
προτέρων= You can save money if you buy a ticket in advance (Podes aforrar
cartos se mercas a entradas con antelación) etc…
Os últimos minutos de clase presentamos os nosos centros educativos ao alumnado,
porque con este grupo aínda non coincidiramos, e contestamos as súas preguntas sobre
España. Unha delas parte dun alumno que vai viaxar nas vacacións de pascua a Madrid
coa súa familia e preguntaba polo dominio de inglés dos españois en xeral. Aí o deixo!

As aforas “terra adentro” de Chania


Trala ronda de despedidas no despacho de dirección e ámbalas dúas salas de profesores,
Niki recomendounos uns percorridos polas aforas de Chania para aproveitarmos a
última tarde e emprazounos ás nove da noite para tomar algo e nos despedir
definitivamente, porque tiña moito traballo pola tarde.

45
Seguindo o seu consello percorremos os 14 kms da garganta cara a Thériso, atopando

constantemente rabaños de cabras e


ovellas. Ía bastante frío e todo estaba
pechado, incluído a Taverna Madares
(Ταβέρνα Μαδαρες) onde pensabamos
comer, pero paramos polo menos a contemplar a igrexa de San Xurxo (Αγιος Γεώργιος)
e os canóns da 2ª guerra mundial que están diante dela e do Museo da Resistencia
Nacional.

Desfixemos o camiño cara Chania e paramos a


comer algo de camiño nunha vila da que
confeso non recordar o nome(!) pero do que
fotografiei o monumento aos caídos, algo tan
grego e tan francés.
A taberna era fantástica, só para xente do lugar,
rexentada por unha parella de anciáns moi
serviciais que nos agasallaron con olivas e raki
(que só probamos, é realmente intragable) e que
nos falaron só en grego e cos ollos e o sorriso.
Tras pasarmos por Vamos (Βαμος) e facermos brincadeiras co ”vamos a Vamos”, para
rematarmos a tarde puxemos rumbo ao lago
Kournas. Puidemos apreciar o único lago de agua
doce de toda a illa e sen un so turista, antes de que
fose a máis a tormenta que nos mandou de volta a
Chania. Precisaba descansar un pouco e facer o
check-in e preparar a maleta para mañán, para
dentro dunhas poucas horas, máis ben.
Despedímonos á noitiña de Niki e quedamos en
acoller aos profes do seu centro que queiran vir ao

46
noso, aínda que os calendarios de exames finais dificulten que iso poida acontecer este
curso.

Antes de durmir as poucas horiñas que me tocaban, puxen a tele e por casualidade
asistín en directo a un acontecemento histórico: a aprobación da igualdade no
matrimonio civil (Iσότητα στον πολιτιλό γάμο) en Grecia. O primeiro país de
relixión ortodoxa en lograr a legalización do matrimonio homosexual. Logo puiden ler
que os debates e aprobacións de leis é normal que se alonguen ata altas horas da noite,
como neste caso, porque ao principio non era consciente de estar vendo isto en directo.

VENRES Παρασκευή /paraskeví/ DÍA 16


O amable recepcionista do hotel Elleni reservárame un taxi para ás 4:00 a.m. e
recolleume máis que puntual. Quería chegar con tempo abondo ao aeroporto para facer
o check-in no mostrador porque non puidera pechar o último tramo da miña viaxe
Frankfurt-Porto, como advertía a inquietante mensaxe que recibira onte:
“Lamentablemente, no se ha podido emitir su tarjeta de embarque móvil. Diríjase al mostrador de
facturación en el aeropuerto para recibir su tarjeta de embarque impresa.”

47
Todo arranxado, despendinme dos cartaces gregos que tanto me entretiveran estes case
cinco días e decidín que agora a miña palabra preferida en grego era αναχώρηση saída,
partida.

E durante un longo día desvoei obedientemente o camiño sen épicos riscos de


overbooking esta vez. Atendín ás instrucións da tripulación en caso de perigo, só porque
falaban en grego, claro, e disfrutei da hospitalidade de Aegean, inédita noutras
aeroliñas.

Durante unha escala de tres


horas mesmo me reconciliei
co macroaeroporto de
Frankfurt, ao coñecer todas
as variantes de zonas de
descanso e traballo con
mobles incribles que ofrecía aos viaxeiros e ata
cheguei a imaxinarme descansando nunha desas
infames cápsulas (napcabs) na escala dun futuro
voo transoceánico. Sería pola falta de sono
acumulada…

48
Iso si, botei de menos o sabor e sobre todo o prezo do meu café con spinakotyropita
(σπανακοτυρόπιτα) camiño do Banco Nacional onde me recollía Niki, mentres me
“sableaban” case 15 euros por un bagel de salmón cun café americano.
Antes de subir ao avión cara Porto, e ao comprobar que milagrosamente ía saír puntual,
cambiei o meu billete de bus Porto-Vigo de Autna, o último do día porque non quixen
arriscar cando o mercara, por outro anterior de Flix-bus, que saía
ás 17:20 hora portuguesa. E o resto, xa non interesa.

Conclusión
Volto creo que con todos os obxectivos cumpridos pactados no acordo de aprendizaxe
asinado polos nosos respectivos centros, Acrotiri e Cotarelo:
● Coñecín a organización do sistema educativo grego e como funciona un centro de
secundaria.
● Compartín con eles o noso sistema e organización.
● Intereseime polas medidas que toman para evitar o cambio climático.
● Observei os métodos de ensino e aprendizaxe das linguas clásicas –non só- e
especialmente do grego clásico.
● Establecín contacto con profesorado de distintas especialidades.
● Incrementei a miña fluidez en inglés e grego moderno.
● Afondei no coñecemento da historia e a arte gregas visitando museos e
xacementos.

Espero que o relato da miña experiencia poida axudar a algún erasmiano na súa.
Γεια σας!!!!

49

You might also like