Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 56

BLOQUE 9.

A CRISE DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN E A CAÍDA


DA MONARQUÍA (1902-1931)

TEMA C13. A CRISE DA RESTAURACIÓN (A DESARTICULACIÓN


DO SISTEMA CANOVISTA)

1. INTRODUCCIÓN: O DESASTRE DE 1898 (Non é necesario estudar)

Coa independencia da maior parte do imperio a inicios do XIX , só as illas de Cuba, Porto
Rico, e o arquipélago das Filipinas continuaron formando parte do imperio español. Cuba e
Porto Rico baseaban a súa economía na agricultura de exportación, esencialmente o azucre
de caña e no tabaco. Eran unhas colonias que acadaron un importante desenvolvemento e
que eran moi lucrativas para a metrópole (Cuba converteuse na primeira produtora mundial
de azucre). As duras leis arancelarias impostas polo goberno de Madrid converteron
estes territorios nun "mercado cautivo" dos téxtiles cataláns ou das fariñas castelás. Esta
situación prexudicaba claramente a illa antillana que podía encontrar produtos mellores e
máis baratos nos veciños Estados Unidos. A Guerra dos Dez anos (1868-1878), saldada coa
Paz de Zanjón, fora un primeiro aviso serio das aspiracións independentistas cubanas.
Ante a falta de reformas por parte do goberno español en 1895 os movementos
independentistas de Cuba e Filipinas volveron a erguerse en armas contra o dominio
español. Respondían, así, aos desexos de autogoberno de moitos sectores da poboación
das colonias, insatisfeitas pola falta dun verdadeiro proceso de descentralización
emprendido desde o goberno e as restricións que lles impoñía unha política económica
fortemente proteccionista.
A gran novidade foi a axuda estadounidense aos rebeldes cubanos. Washington axudou a
os insurrectos caribeños esencialmente por:

● Intereses económicos mineiros e agrícolas.


● Interese xeoestratéxico: O nacente imperialismo norteamericano buscaba o dominio
do Caribe e Centroamérica, o que denominaban o seu back courtyard (patio traseiro)

A aínda inexplicada explosión do navío norteamericano Maine (casus belli) no porto da


Habana, propiciou unha furibunda campaña periodística das cadeas de Pulitzer e Hearst. O
goberno norteamericano do presidente McKinley, alentado por unha opinión pública cada
vez máis belicista, declarou a guerra a España.

A guerra foi rápida e contundente polas grandes diferenzas entre os dous exércitos; a
escuadra española non podía competir fronte aos poderosos acoirazados norteamericanos,
unha forza catro veces superior e moito máis moderna. Os escenarios das batallas foron
Santiago de Cuba, Cavite e Manila, onde se produciu en poucos días unha rápida e
contundente derrota. Tras a destrución da Mariña española e o desembarco das tropas

1
norteamericanas en Cuba, Porto Rico e Filipinas, o goberno español, ante a superioridade
militar dos EE UU, solicitou o armisticio.
As negociacións de paz remataron coa sinatura do Tratado de París: España cedía Cuba,
Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam aos EE UU; a cambio recibía unha compensación
económica de vinte millóns de dólares. O resto das posesións españolas no Pacífico -as
illas Marianas e Carolinas - foron vendidas por España a Alemaña en 1899. Desaparecía así
o imperio colonial español en América e no Pacífico.

Ampliación: Causas y consecuencias da Independencia de Cuba

Deste xeito, do Imperio español so lle quedaba a España algúns territorios en África: a
colonia do Sáhara que se establecera en 1885, e a Guinea Española a partir de 1900.

2. OS INICIOS DO REINADO DE AFONSO XIII: O REVISIONISMO POLÍTICO (1902-1912)

O sistema de partidos da Restauración irá acumulando un desprestixio ante gran parte da


poboación. O desastre do 98 suporá o cénit desta situación: a perda das últimas colonias
ultramarinas comporta danos humanos, económicos e morais que se deixarán sentir en
toda a sociedade.

O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual que impregnou a vida pública española de
finais do século XIX e comezos do XX. Caracterizouse tanto pola análise dos males do país
e a súa crítica ao sistema da Restauración, como polo seu propósito de atoparlle remedio e
de renovar a realidade política e económica de España. Para os membros deste movemento,
os problemas derivaban da existencia dun estado ineficaz e dunha clase política corrupta e
oligárquica, así como dun escaso e deficiente desenvolvemento dos recursos económicos.
O máis destacado representante das ideas rexeneracionistas foi Xoaquín Costa.

En 1902, por mor da súa maioría de idade, sube ao trono Afonso XIII, un reinado que, debido
a acumulación dos conflitos e o descontento co sistema que é incapaz de solucionar os
problemas que se multiplican desde 1898, fará que se considere este período como o da
crise da Restauración. Algúns problemas dos primeiros anos son:

● O mantemento da quenda1 e o fraccionamento dos partidos dinásticos2: O asasinato


de Cánovas en 1897 e o falecemento de Sagasta en 1903 provocaron frecuentes
desencontros no seo dos seus respectivos partidos. Os novos líderes, non foron
quen de aglutinar a todos os seus partidarios que se dividiron por intereses persoais.
A quenda seguiu funcionado pero comezou a facerse moi frecuente o cambio de
Goberno por disensións dentro dos partidos políticos. Ademais a fraude electoral e
o caciquismo continuaron, pero cada vez resultaban máis insoportables para a
opinión pública.

1
Turnismo ou sistema canovista
2
Conservador e liberal, os dous principais da Restauración.

2
As crecentes protestas veñen protagonizadas desde os inicios do reinado de Afonso
XIII polas clases medias urbanas e as masas de obreiros e xornaleiros. Ademais da
conflitividade laboral, con numerosas folgas cada vez de maior repercusión,
continuaron os atentados anarquistas.

Nas cidades, os republicanos seguiron mantendo a súa importancia política3.

Así mesmo, consecuencia directa do desaste do 98 tivo gran resonancia a auxe dos
nacionalismos periféricos, sobre todo o catalán. Fundouse en 1901 a Lliga
Regionalista, cuxo líder foi Francesc Cambó e nese mesmo ano entrou no
Parlamento español con catro deputados nas eleccións. Arana, o líder do PNV, foi
elixido deputado á Deputación de Vizcaya en setembro de 1898. En 1907, Solidaritat
Catalana logrou nas de 1907, a maioría dos deputados polas provincias catalanas.

Tamén aumentaron as correntes anticlericais que, estendidas entre os republicanos


e as organizacións obreiras socialistas e anarquistas, acentuaron o seu
enfrontamento irreconciliable co catolicismo intransixente da Igrexa.

● O intervencionismo do exército e a Lei de xurisdicións. Segundo o sistema


canovista, o exército debía estar sometido ao poder civil e non intervir en asuntos
políticos4. Pero despois das derrotas de 1898, as críticas contra o exército
xeneralizáronse causando un forte malestar entre os militares que aumentaron o seu
resentimento contra os partidos políticos, a prensa e os nacionalismos periféricos,
desenvolvendo posturas cada vez máis conservadoras e autoritarias en defensa dos
seus interese a considerarse os salvadores da patria e da unidade nacional.

En 1905 uns oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron varias redaccións de


prensa (revista satírica Cu-Cut, xornal La Veu de Catalunya) nas que se defendía o
catalanismo e criticábase ao exército. O Goberno non se atreveu a castigar a ditos
oficiais e aprobou, co consentimento do rei, a nova Lei de xurisdicións de 1906 pola
que se sometía á xurisdición militar os delitos de opinión e obra que fosen contra a
unidade da patria e contra o exército. Deste modo, o poder militar impúxose ao poder
civil5.

3
Un caso paradigmático foi A Coruña, onde os membros do concello desde 1899 a 1923 eran de
tendencia republicana, o que foi unha situación curiosa xa que o alcalde era monárquico debido a
que era elixido polo goberno#, segundo a constitución de 1876 en vigor.

4
Para evitar o protagonismo do exército anterior, sobre todo no reinado de Isabel II.
5
Ao día seguinte da aprobación da lei, fundouse Solidaritat Catalá

3
3. A “REVOLUCIÓN DESDE ARRIBA” DE ANTONIO MAURA

Antonio Maura converteuse en líder do Partido Conservador en 19036. No seu


chamado Goberno Largo (1907-09) intentou poñer en marcha un proxecto reformista (a
chamada “revolución desde arriba”) de rexeneración do sistema e de atracción das clases
medias, tratando de desprazar á casta caciquil7 e neutralizar demandas revolucionarias das
clases populares. Nel incluíanse medidas políticas como a reforma da lei electoral de 19078
que pretendía rematar co poder dos caciques, a concesión dunha maior autonomía a
concellos e deputacións e o recoñecemento das rexións. Tamén estableceu medidas de
tipo socio-económico: disposicións proteccionistas, creación do Instituto Nacional de
Previsión9, “Lei do Descanso dominical”...

A pesar destas limitadas reformas, a oposición, marxinada do sistema canovista, vai


recollendo cada vez máis apoios:

● Os partidos republicanos acadan moita forza co Partido Radical de Alejandro


Lerroux, que era a principal voz de oposición ao sistema.
● O PSOE obtén representación no parlamento en 1910
● Os anarquistas seguen ensanchando as súas bases de apoio, creando tamén en
1910 o seu gran sindicato, a CNT.
● En Cataluña, País Vasco e Galicia fan a súa aparición os partidos nacionalistas.

Esta “revolución desde arriba” frease en seco coa dimisión de Maura a raíz dos sucesos da
Semana Tráxica.

4. 1909: A “SEMANA TRÁXICA” DE BARCELONA

Estes acontecementos ten a súa orixe na chamada “cuestión de Marrocos”. En 1906


iniciouse a penetración española no norte de África mediante o establecemento dun
protectorado franco-español no norte desta rexión. Tal e como prevía a “Conferencia de

6
Cánovas morrera asasinado en 1897 polo anarquista Michele Angiolillo.
7
O caciquismo formaba a base do sistema da Restauración, en tanto que procuraba as resultas das
eleccións para que o turnismo fora posible.

8
A realidade é que logrou o efecto contrario pola aplicación do artigo 29 que establecía que, cando
nunha circunscrición non se presentasen máis candidatos que o número de postos a cubrir,
automaticamente os candidatos quedaban proclamados sen necesidade de someterse á consulta
electoral. Quedaban así privados do voto os electores deses distritos (así por exemplo, nas eleccións
de 1910, os 90.000 electores de Ourense non puideron exercer o dereito de voto). Ademais, o artigo
24 establecía duras condicións para poder pre- sentarse ás eleccións: soamente podían facelo
aqueles que xa foran elixidos anteriormente, os que eran presentados e avalados por ex-deputados
ou ex-senadores, e aqueles que obtivesen o apoio previo do 20 % do censo do seu distrito electoral.

9
Un embrión de Seguridade Social para cubrir supostos de incapacidade dos traballadores: Retiro
(xubilación), accidentes de traballo, maternidade, etc...

4
Alxeciras”10, a España correspondeulle unha franxa no norte en torno a Ceuta e Melilla: a
rexión do Rif. A expansión española na zona obedecía tanto a móbiles económicos -
investimentos en ferrocarrís, explotación mineira... - como de prestixio político e militar11,
pero atopouse coa resistencia militar das tribos bérberes. Despois de infrinxirlle estas unha
forte derrota ao exército español (“Barranco do Lobo”), o goberno decidiu o envío de
reforzos coa mobilización de continxentes de reservistas que debían saír do porto de
Barcelona.
Foi este feito o que desencadeou unha revolta popular que adquiriu compoñentes
fortemente antimilitaristas e anticlericais. Durante días a cidade de Barcelona foi escenario
de actos violentos, enfrontamentos coas forzas de orde pública, incendios de conventos…
O movemento popular adquiriu un carácter espontáneo e o “Comité de Folga”, formado por
republicanos, anarquistas e socialistas para controlar as protestas, non foron quen de
controlar a situación.
O goberno respondeu empregando o exército e desencadeando unha feroz represión.
Centos de persoas foron detidas e sometidas a consellos de guerra e ditáronse 17 penas de
morte. Destas só se cumpriron cinco, entre elas a do pedagogo anarquista Ferrer i Guardia
quen, malia non ter unha participación directa nos feitos, foi considerado o seu inspirador
ideolóxico.
A magnitude acadada pola represión desatou unha campaña internacional de protesta. En
España, os liberais uníronse á oposición para esixir a destitución de Maura, obxectivo que ao
cabo se cumpriu. Moitos obreiros desilusionados polo papel ambiguo xogado polo
republicanismo, pasaron a engrosar as filas da CNT, que cada vez era máis forte.

5. O REFORMISMO SOCIAL DE CANALEJAS: (1910-1912)

O goberno liberal de José Canalejas12 volveu retomar o intento de modernizar a vida política
española pola vía do reformismo social (facendo que os traballadores acadaran máis
dereitos de xeito legal e non caeran en tentacións revolucionarias), a descentralización
administrativa e a limitación dos poderes da Igrexa. O seu proxecto contemplaba medidas
como:

● A substitución do imposto de consumos por un imposto progresivo sobre as rendas


urbanas (o que xerou descontento entre os sectores acomodados).
● O servizo militar obrigatorio en tempos de guerra e a supresión parcial da redención
en metálico.13
● O regulamento das relacións laborais (arbitraxe estatal nos convenios salariais)

10
Conferencia celebrada debido as pretensións coloniais de España e Francia sobre o norte de
Marrocos, e que Alemaña rechazaba.
11
Tras a perda das colonias en América, España desexaba gañar prestixio no escenario mundial.
12
Sagasta morrera en 1903.
13
O sistema de recrutamento do servicio militar obrigatorio apenas cambiara desde 1837. Con este
novo sistema, todos os mozos debía cumplilo, porén, se se pagaba 2.000 pesetas, o servicio víase
reducido a 5 meses, se 1.000 pesetas, a 10 meses. Esto recibiu o nome de “soldado de cota”.

5
Estas reformas, que non chegaron a se materializar integramente, se interromperon co
asasinato de Canalejas en 191214.
Moitos viron en Canalejas a ultima oportunidade do sistema da Restauración para
modernizarse, pero a realidade é que este sistema continuou sen modificarse en
profundidade, nun marco de crecente conflitividade social e de intensificación da actividade
das forzas de oposición ao sistema.

TEXTOS:

Ahora más que nunca es menester que la nación sienta que el poder público asiste a sus necesidades y
emprenda siquiera el camino de aquella regeneración tan vanamente cantada en todas las lenguas. Ya
no hay tiempo ni para el orden ni para el método, no se puede ir con parsimonia en la realización de la
obra, hay que hacer la revolución desde el Gobierno, porque si no, se hará desde abajo y será
desoladora, ineficaz y vergonzosa, y probablemente la disolución de la nación española. Llevar al
pueblo esa revolución es instantáneamente devolver al pueblo la confianza en sí mismo, aquella que os
decía cuando os pintaba cómo se siente morir un Estado a quien nadie acomete.
Antonio Maura, texto en defensa de su “revolución desde arriba”.

“Rebelaos contra todo : no hay nada o casi nada bueno. Rebelaos contra todos : no hay nadie o casi
nadie justo. Jóvenes bárbaros de hoy, entrad a saco en la civilización decadente y miserable de este
país sin ventura, destruid sus templos, acabad con sus dioses, alzad el velo de las novicias y elevadlas
a la categoría de madres para virilizar la especie, penetrad en los registros de la propiedad y haced
hogueras con sus papeles para que el fuego purifique la infame organización social, entrad en los
hogares humildes y levantad legiones de proletarios, para que el mundo tiemble ante sus jueces
despiertos.”
Artigo, 1906, Alejandro Lerroux, lides do partido republicano lerrouxista.

14
O asasinato foi obra dun anarquista.

6
TEMA C14. A CRISE DE 1917, OS GOBERNOS DE
CONCENTRACIÓN E A GUERRA DE MARROCOS

1. A CRISE DE 1917

A partir de 1917 produciuse o deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a


existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves que minaron a monarquía
constitucional e facilitaron o golpe de Estado militar de 1923.

Aínda que o Goberno de Dato declarou a España neutral na Primeira Guerra Mundial15, o
conflito tivo un grande impacto na sociedade española, pois a guerra converteu a España
en subministradora de todo tipo de produtos aos países belixerantes, o que provocou un
incremento do desenvolvemento industrial e produtivo da economía española. Porén, tamén
provocou un aumento dos prezos16, especialmente dos produtos de primeira necesidade,
que escaseaban como resultado das masivas exportacións. Como os salarios non subían
ao mesmo ritmo que os prezos, deterioráronse as condicións de vida das clases medias e
populares, acentuándose o malestar social. Así, en 1917, produciuse a crise máis profunda
do sistema da Restauración, resultado da confluencia de tres tipos de conflitos: o militar, o
político e o social.

● Crise militar. (Xuño): En 1916 naceron no exército as Xuntas de Defensa, formadas


por oficiais de media e baixa graduación. Apareceron para reivindicar melloras
económicas profesionais (debido a situación inflacionista), pero logo se engadiron
outras demandas: regulamento dos ascensos, que debían ser concedidos por
criterios de antigüidade e non por méritos de guerra17; defensa do honor dos
militares fronte ás críticas antimilitaristas; represión contra o socialismo,
anarquismo e o separatismo nacionalista. O Goberno, presidido por Dato, disolveu as
Xuntas e os seus dirixentes foron detidos. Pero a reacción de solidariedade entre os
oficiais e a súa aberta rebelión obrigou ao goberno a recoñecelas. O conflito puxo de
manifesto unha vez máis a debilidade do poder civil fronte ao militar.

● Crise política (Xullo): Aproveitando a debilidade do goberno provocado polas Xuntas


de Defensa, a división dentro dos partidos dinásticos18 e a efervescencia da
situación entre os traballadores, Frances Cambó (Lliga Rexionalista), fixo presión
sobre o goberno para acadar a autonomía de Cataluña. Para iso convocou unha
Asemblea de Parlamentarios, para debatir entre os deputados do congreso cal debía
de ser a organización territorial do estado. A esta reunión acudiron soamente
parlamentarios catalanistas, republicanos e socialistas, sendo considerada polo
goberno ilegal e sediciosa19. Este movemento fracasou pola falta de apoio e polas
divisións internas entre os seus protagonistas. A Lliga Rexionalista, defensora dos

15
1914-1918
16
Debido as exportacións.
17
Servizos en Marrocos
18
Conservador e liberal.
19
Alzamiento colectivo e violento contra a autoridade.

7
intereses da burguesía catalá, temerosa ante unha posible revolución social,
abandonou as súas pretensións e buscou un acordo co Goberno.

● Crise social, folga revolucionaria (Agosto): No contexto de inflacción, e coincidindo


coa celebración da Asemblea de Parlamentarios en Barcelona, os ferroviarios
valencianos iniciaron unha folga laboral; o conflito estendeuse, e ante a actitude
intransixente do Goberno, a UXT e o PSOE convocaron unha folga xeral
revolucionaria en toda España para o 13 de agosto de 1917; os seus obxectivos eran
o derrocamento do réxime e a convocatoria de cortes constituíntes.

A folga contou coa colaboración dos republicanos e da CNT e tivo unha incidencia
desigual no Estado, sendo maioritaria entre o proletariado de Madrid, Barcelona,
Levante, País Vasco e Asturias. O Goberno, co apoio do exército e dos empresarios,
reaccionou cunha forte represión: cadea perpetua para os membros do comité de
folga asinantes da convocatoria, imposición da lei marcial, disolución violenta das
manifestacións… A folga fracasou pola dura represión do Goberno e pola falta dunha
estratexia clara a seguir; os obreiros volveron ao traballo.

En síntese: en 1917, en poucos meses e de maneira sucesiva, unha parte do exército, unha
parte dos parlamentarios e unha fracción organizada da clase obreira ameazaron con botar
abaixo a orde constitucional e o sistema establecido.

Non entanto, o goberno conseguiu controlar a situación porque os protagonistas da crise


non coincidían nos seus obxectivos: Os partidos republicanos e nacionalistas, de
ideoloxía burguesa e temerosos dunha revolución social, renunciaron ás súas pretensións
e puxéronse ao lado do Goberno, o mesmo que o exército, para restablecer a orde pública.

2. 1918-23: A QUEBRA DO SISTEMA

A pesares de lograr superar os acontecementos de 1917, o sistema entrou nunha crise


definitiva nos anos inmediatamente posteriores. Ao longo deles acentuouse a
descomposición dos partidos dinásticos - falta de liderazgo, divisións internas - e a
inestabilidade política: entre 1918 e 1923 sucedéronse quince gobernos, as dificultades para
lograr maiorías estables fixo necesario recorrer en ocasións a “gobernos de concentración”20
,foron frecuentes a adopción de medidas de excepción e a suspensión das Cortes... Nesa
situación, o exército foi adquirindo un protagonismo cada vez maior como represor dos
conatos revolucionarios e como garantía última para a preservación da monarquía.

Tamén se agudizou a conflitividade social, como consecuencia do empeoramento das


condicións de vida dos traballadores pola finalización de bonanza económica co fin da I
Guerra Mundial e das esperanzas revolucionarias suscitadas polo éxito da Revolución
Bolxevique Rusa.

20
Gobernos formados por representates dos partidos principais para tentar solucionar os problemas.

8
Aumentou o número de folgas e de traballadores afiliados aos sindicatos e a conflitividade
foi extrema en Barcelona onde, en 1919, se produciu a Folga da “Canadiense” logrando a
paralización da industria local21. A radicalización violenta do movemento sindical tivo como
resposta, por parte da patronal, a promoción do chamado Sindicato Libre para contrarrestar
a influencia anarquista, o peche patronal (“lock out”) e a contratación de pistoleiros a soldo
para asasinar aos dirixentes obreiros ante a pasividade das autoridades gobernativas. En
sete anos, 500 obreiros e 40 patróns son asasinados, a resposta do goberno foi a represión,
e a de os anarquistas o asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato.

3. O DESASTRE DE ANNUAL

En 1912 os gobernos de España e Francia delimitaron a respectiva zona de influencia no


norte de Marrocos22 e crearon o protectorado, pero para mantelo era preciso ocupalo e
pacificalo. Na zona do Rif as tropas españolas avanzaban os seguintes anos con lentitude
ante a resistencia da poboación e as dificultades do terreo. Os gastos incrementáronse e o
exército creou corpos específicos para a loita en Marrocos: a Lexión (1920) e os Regulares23

En 1921 o xeneral Silvestre, co obxectivo de obter unha vitoria definitiva e estimulado polo
rei, realizou unha manobra arriscada, penetrando no Rif coa intención de ocupar Alhucemas;
pero non asegurou a retagarda. As cábilas rifeñas24, ao mando de Abd el-Krim, atacaron as
súas posicións, perecendo a maioría dos seus soldados en Annual (máis de 10.000). Mal
adestrados, dirixidos por oficiais ineptos, aterrorizados pola brutalidade dos ataques
inimigos, os soldados españois superviventes retrocederon cara a Melilla, 13.000 españois
morreran degollados. En poucos días, os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron
a independencia da República do Rif.
Esta tremenda derrota sacou a luz a desastrosa organización do exército en Marrocos e
implicou ao propio rei, xa que Silvestre era o seu protexido: A oposición axiña pedíu
responsabilidades ao exército, ao goberno e ao propio rei.

Ante a cantidade de problemas, sistema tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir:
democratizarse ou impor unha solución dictatorial co pretexto de por ao fronte do país un
“ciruxán de ferro”25 que puxese remedio aos males de España.

Ante esta situación, o exército optou por unha decisión de forza: días antes de que se
discutise nas Cortes un informe sobre o acontecido en Annual (coñecido como informe
Picasso) do que se podían extraer graves responsabilidades, o Capitán Xeneral de Cataluña,
Miguel Primo de Rivera, deu un golpe de Estado co beneplácito de Alfonso XIII (13 de
Setembro de 1923).

21
Unha folga que comezou na compañía eléctrica da “Canadiense”que deixou a Barcelona sin liz
surante 44 días. Se lle sumaron traballadores doutres sectores, paralizando a cidade. Gracias a esta
folga, o goberno acordou a xornada laboral de 8 horas, medida pioneira en toda Europa. Declarouse
o estado de guerra para reprimirla e houbo 3000 detencións.
22
Segundo o acordado na Conferencia de Alxeciras de 1906
23
Soldados recrutados entre os indíxenas
24
Guerreiros bereberes.
25
O propio rexenarcionista Joaquín Costa, defendeu a principios de siglo a solución do “ciruxán de
ferro”

9
TEMA C15. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A CAÍDA DA
MONARQUÍA (1923-31)

1. O GOLPE DE ESTADO

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, nese momento capitán xeneral de


Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe
de Estado en Barcelona. As razóns que o levaron a protagonizar esa acción están
directamente relacionadas coa situación política e social do momento; entre estas
destacaban:sedicion

● Os repetidos fracasos nas campañas contra Abd el-Krim en Marrocos, que


provocaron o descrédito do exército e conatos de indisciplina militar.
● Os ataques ao rei por consideralo parte responsable do desastre de Annual.
(expediente Picasso).
● A radicalización das manifestacións catalanistas, sentidas por unha parte do
exército como unha ameaza á unidade do Estado.
● O auxe do terrorismo, tanto dos anarquistas coma dos pistoleiros pagados pola
patronal, que causaron un numero elevado de mortes.
● O medo á revolución social e política do sistema vixente.
● A inestabilidade e incapacidade dos gobernos para controlar a situación.

O rei Alfonso XIII encomendoulle a formación dun novo goberno, integrado exclusivamente
por militares aceptando así o golpe de Estado: a Coroa unía os seus destinos á ditadura. 26

O golpe de Estado de Primo de Rivera contou inicialmente cunha ampla aceptación popular,
explicable polo elevado malestar político e social existente en España, e porque se
presentaba coma unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves
problemas vixentes.
O seu discurso tiña pretensións rexeneracionistas: centrábase na crítica da vella política e
intentaba gañar a adhesión popular. No seu manifesto inaugural anunciou a súa firme
vontade de limpar o país de caciques e de rematar coa corrupción política, coa indisciplina
social e coas ameazas á unidade nacional27.

26
Esta imposición dun goberno ditatorial en España non foi un feito illado no contexto da época. En
moitos países europeos, as dificultades económicas, os problemas nacionalistas, o auxe das
reivindicacións sociais, o medo á revolución comunista... propiciaron a abolición das liberdades
individuais e das formulas políticas liberais e a súa substitución por gobernos autoritarios ou
fascistas. Trátase dun período de crise xeral do sistema liberal. (exemplo: Mussolini toma o poder en
1922.)

27
É dicir, a amaeza dos nacionalismos periféricos.

10
2. A DITADURA: O DIRECTORIO MILITAR (1923-1925)

O primeiro goberno da ditadura estivo formado só por militares. O novo gabinete gobernou
mediante decretos e prestou especial atención á ”rexeneración” da vida política:

● Suspensión da Constitución de 1876, poñendo fin á monarquía constitucional.


● Reforma da normativa electoral, que incluía medidas como a redución de 25 a 23
anos para poder votar e a concesión do dereito ao voto restrinxido ás mulleres28;
medidas que non se chegaron a aplicar porque non se convocaron eleccións.
● Elaboración de novos estatutos municipal (1924) e provincial (1925), que
aumentaban a democratización29 e as competencias administrativas destas
institucións. Pero na práctica o Goberno controlou a vida municipal designando e
nomeando tanto os concelleiros como os deputados provinciais. A rexeneración
prometida quedou nunha gran farsa.
● Formación dunha organización cívica: O réxime propugnaba unha nova forma de
facer política e para esa tarefa creouse un novo partido único: a Unión Patriótica.
Tratábase dun partido gobernamental, sen un programa ideolóxico definido e a
misión primordial do cal era proporcionarlle apoio social á ditadura e seguir as
directrices da superioridade. Os afiliados ao novo partido procedían das filas do
catolicismo e dos funcionarios das administracións .
● A defensa da unidade da patria, actuando contra todo aquilo que á ditadura lle
parecía que podía ser un perigo para a unidade de España. Desenvolveu
represión das reivindicacións e manifestacións nacionalistas de cataláns, vascos e
galegos30.
● A fin da guerra de Marrocos. Tras a retirada española despois do desastre de
Annual, Abd el- krim considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de
atacar tamén as posicións francesas; ante esta situación, os gobernos de España e
Francia coordinaron a súa actuación e aumentaron os efectivos na zona. A estratexia
española consistiu en realizar un desembarco na baía de Alhucemas; a operación,
realizada en setembro de 1925, foi un éxito e permitiu conquistar o Rif.
En 1926, as sucesivas derrotas obrigaron a Abd el-Krim a asinar a rendición. Tras
dominar os derradeiros focos de resistencia, a guerra rematou en xullo de
1927, contribuíndo ao prestixio do exército e á popularidade do ditador.

28
O voto feminino xa viña sendo debatido dende os inicios da Restauración (1877 primeira proposta).
Esta aprobación restrinxíase aos concellos. No proxecto de constitución de 1929, estaba previsto o
sufraxio universal feminino, así como o dereito de ser elixidas deputadas.
29
É dicir, elección dos concellos polos veciños.
30
Prohibición de bandeiras nacionalistas, por exemplo, marxinación do idioma catalán.

11
3. A DITADURA: O DIRECTORIO CIVIL (1925-1930)

En decembro de 1925, tras os éxitos en Marrocos e restablecida a orde pública, Primo de


Rivera decidiu poñer fin á ditadura militar e constituír un Directorio, formado
maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica, para «volver á normalidade».
É rexeitada a idea de volver ao réxime constitucional de 1876, polo que as pezas básicas do
novo sistema serian:

● A Organización Corporativa do Traballo, creada en 1926 coa finalidade de


regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través dos comités paritarios,
que estaban formados por igual número de patróns e obreiros e presididos por un
representante do Goberno31.

● A Asemblea Nacional, Constituída en 1927, tiña un carácter consultivo e a súa


función era elaborar e presentar proxectos de leis ao Goberno. Estaba formada polos
representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos
sectores económicos e da Unión Patriótica32.

O Directorio Civil puxo en práctica unha política económica baseada no intervencionismo


estatal33, as principais medidas económicas foron:

● Forte proteccionismo arancelario para impedir ou dificultar as importacións, España


foi calificada como o país máis proteccionista do mundo coa “Lei de Protección
Industrial” (1926)

● O intervencionismo estatal (nacionalismo económico), reflicteuse en:

○ Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas: modernización


dos ferrocarrís, construción de pantanos e regadíos, renovación das estradas.

○ Fomento da produción nacional mediante créditos ás grandes empresas e


encargos estatais.

○ Formación de monopolios para garantir a subministración de determinados


servizos, como o de teléfonos á empresa norteamericana ITT e o de
petróleo e os seus derivados á CAMPSA. Outrso casos foron Iberia ou
Correos.

En liñas xerais, o crecemento económico foi apreciable, especialmente nos sectores que
se beneficiaron do fomento das infraestruturas: cemento, aceiro….As medidas adoptadas
víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices anos vinte) e a paz
social lograda mediante o control da orde pública e a represión da axitación obreira.

31
Esta institución estaría tamén formada por socialistas, como Victoria Kent.
32
Entre os seus membros había 13 mulleres.
33
Moi inspiradas nas ideas de Mussolini

12
Pero a ditadura non solucionou os problemas de fondo: o forte proteccionismo
mantivo a produción española en niveis pouco competitivos a escala mundial; o elevado
gasto do Estado destas medidas fixo aumentar o déficit público; a ausencia de reformas
estruturais34 na agricultura deixou intactos os seus principais problemas. Os principais
beneficiarios deste desenvolvemento foron a gran burguesía terratenente, financeira e
industrial.

Aínda que o golpe de estado de Primo de Rivera espertara simpatías iniciais entre os
diferentes sectores sociais, ou ao menos indiferenza, co paso do tempo as críticas ó réxime
e á persoa do ditador foron cada vez maiores. Crece así a oposición:

● Oposición dos partidos de esquerdas: os distintos grupos republicanos forman a


Alianza Republicana na que se integraban diversos grupos e personalidades como
Manuel Azaña co obxectivo de sumar os seus esforzos contra a monarquía.
Nos medios anarquistas xurde a FAI (Federación Anarquista Ibérica), partidaria da
insurrección. Ao mesmo tempo, a persecución dos símbolos e da lingua propia
radicalizaron a oposición ao réxime dos nacionalistas en Cataluña e o País Vasco.

● Oposición dos militares: Os mandos do corpo de artillería amosáronse contrarios á


reforma militar e á política de ascensos que quería levar a cabo Primo de Rivera
(primar os ascensos por méritos de guerra fronte á antigüidade). O conflito provocou
en 1929 que moitos oficiais artilleiros, desencantados coa falta de apoio do rei,
pasaron a engrosar as filas republicanas.

Ante esta situación de escaso apoio do exército, o ditador presentou a súa dimisión ao rei o
29 de xaneiro de 1930. Primo de Rivera marchou ao exilio cara a Francia, onde morreu pouco
máis tarde.

4. A FIN DA MONARQUÍA (1930-1931)

Tras a dimisión de Primo de Rivera, Afonso XIII encargou ao xeneral Berenguer a


formación dun novo Goberno. A súa pretensión era restablecer, de forma progresiva, o
sistema constitucional de 1876 e as liberdades, de aí que este período sexa coñecido con
nome de a “dictabranda”.

Con esta situación a idea dunha España republicana tiña cada vez máis partidarios.
Aproveitando esta apertura, as forzas opositoras foron reorganizándose.

En agosto de 1930, un importante número de personalidades políticas (republicanos,


antigos monárquicos, nacionalistas, socialistas) reuníronse en San Sebastián e estableceron
un acordo verbal, coñecido como Pacto de San Sebastián. Os reunidos comprometéronse a
derrocar á monarquía e establecer a república parlamentaria repleta de liberdades. Para

34
Estruturais significaa reformas profundas.

13
acadar este obxectivo formase un Comité revolucionario para desenvolver, en colaboración
cos militares republicanos, diferentes intentos de sublevación e, no caso de triunfar, formar
un goberno provisional.

Ante a crecente axitación política e social, en febreiro de 1931 Berenguer foi substituído polo
almirante Aznar. O novo Goberno decidiu convocar primeiro eleccións municipais o 12 de
abril. Dadas as circunstancias, adquiriron un carácter de plebiscito35 en favor ou en contra
da monarquía. Aínda que no medio rural predominaron os concelleiros de candidaturas
monárquicas, o triunfo das candidaturas republicanas nas cidades (41 das 50 capitais de
provincia e noutras grandes poboacións) foi considerado como un apoio ao establecemento
da república. Deste xeito, Afonso XIII quedou sen apoios polo que marchou ao exilio
proclamándose a Segunda República el 14 de abril de 1931.

TEXTO:

"As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A
miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España e
puxen o único afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas. (...) un rei pódese equivocar e
sen dúbida errei eu algunha vez…
Acharía medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas (...). Pero, resoltamente, quero
afastarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en fratricida guerra civil (...) e mentres
fala a nación suspendo deliberadamente o exercicio do Poder Real e alónxome de España,
recoñecéndoa deste xeito como a única dona dos seus destinos.(…)”
(ALFONSO XIII renuncia al trono en el Manifesto de Abril de 1931)

35
Procedimiento por el que se somete a votación popular una ley o un asunto de especial
importancia para el Estado.

14
BLOQUE 10. A II REPÚBLICA. A GUERRA CIVIL NUN
CONTEXTO DE CRISE INTERNACIONAL (1931-1939)

TEMA C16. O ESTABLECEMENTO DA II REPÚBLICA (FORZAS


POLÍTICAS E CONSTITUCIÓN DE 1931)

Etapas:

1- Goberno provisional: desde a proclamación da república (abril 1931) ata as 1ª


eleccións.(xuño 1931)
2- Bienio de esquerdas ou reformista: desde xuño 1931 ata as segundas eleccións
(novembro 1933)
3- Bienio de dereitas ou rectificador: desde novembro 1933 ata as terceiras eleccións
(febreiro 1936)
4- Fronte Popular: desde febreiro 1936 ata o golpe militar (xullo 1936)

1. O GOBERNO PROVISIONAL (ABRIL- XUÑO 1931)

Na segunda república o número de partidos políticos foi moi elevado; en liñas xerais
pódense diferenciar:

O CENTRO: AS FORZAS REPUBLICANAS Defenden os intereses da pequena burguesía e


das clases medias, fundamentalmente urbanas, destacando o grupo dos intelectuais, aínda
que entre eles podemos distinguir tamén dereitas e esquerdas, a evolución dos
acontecementos vainos situar nunha difícil situación centrista:

● De dereitas: Derecha Liberal Republicana (Alcalá Zamora,1930)


● De centro-dereita: Partido Republicano Radical de Lerroux36.
● De esquerdas:
○ Acción Republicana de Azaña (1925)
○ Partido Republicano Radical Socialista de Marcelino Domigo (1930)
○ Organización Republicana Gallega Autónoma de Casares Quiroga (1929).
○ Estas tres únense en 1934 e forman Izquierda Republicana

EXTREMA DEREITA: Non aceptaron a legalidade republicana (apoios: oligarquía


terratenente, alta burguesía financeira e industrial), decláranse antimarxistas e
defenden a unidade da patria, a orde social e o catolicismo:

36
Sería el principal partido de la oposición, hasta la formación de la CEDa en 1933.

15
● Monárquicos
○ Comunión Tradicionalista (1931), antigos carlistas.
○ Renovación Española (Calvo Sotelo37,1933)

● Fascistas
○ JONS: Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (Ramiro Ledesma, 1931)
○ FE: Falange Española (José Antonio Primo de Rivera, 1933)
○ Únense en 1934 formando FE-JONS

AS DEREITAS: Defenden a visión cristiá da vida, os dereitos da Igrexa, a propiedade privada


e a orde tradicional. (apoios: pequenos e medianos propietarios agrarios e burguesía urbana,
unidos polo temor á revolución social):

● Partido Agrario
● Acción Popular
● Ambas dúas forman a CEDA: Confederación Española de Derechas Autonómas (Gil
Robles,1934).

● Nacionalistas de dereita:
○ Lliga Catalana, novo nome da Lliga Regionalista dende 1933 (Cambó)
○ Partido Nacionalista Vasco (PNV) de J.A. Aguirre.

FORZA OBREIRAS DE ESQUERDA: Socialistas, comunistas e anarquistas, defenden os


intereses dos obreiros industriais e dos xornaleiros agrícolas; coinciden no obxectivo final
de establecer un cambio, alguns deles de índole máis revolucionarios que outros. A miudo,
as esquerdas estiveron enfrontadas entre elas.

● Partido Socialista Obreiro Español (Indalecio Prieto, J. Besteiro) e UXT


(LargoCaballero).
● Partido Comunista (J. Díaz, D. Ibarruri “ A Pasionaria”)38
● Anarquistas: CNT e FAI.
● Trotskistas: o POUM39 (Partido Obreiro de Unificación Marxista) Andreu Nin.

● Nacionalistas de Esquerda:
○ Esquerra Republicana de Cataluña (Maciá e Companys)
○ Partido Galeguista (Castelao e Alexandre Bóveda, 1931)

37
Ministro na dictadura de Primo de Rivera.
38
Escisión de 1921 del PSOE
39
Seguidores de Trotski, en detrimento de Stalin.

16
Tras a marcha de Alfonso XIII polos resultados das eleccións municipais de dous días antes,
o 14 de abril de 1931 os membros do comité republicano do pacto de San Sebastián,
proclamaron a II República en medio do entusiasmo popular.

Formouse un Goberno provisional, presidido por Niceto Alcalá Zamora, no que participaron
a dereita liberal republicana (Maura e Alcalá Zamora), republicanos de esquerda (Azaña),
radicais (Lerroux), socialistas (Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los
Ríos), nacionalistas cataláns e sectores galeguistas (Casares Quiroga). Fora da coalición
quedaban a dereita monárquica, os nacionalistas vascos e o obreirismo mais radical
(comunistas e anarquistas).

Nas súas primeiras medidas e seguindo o acordado no Pacto de San Sebastián, o Goberno
provisional convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño do 31.
Paralelamente, decidiu emprender axiña algunhas das reformas consideradas máis
urxentes: Unha serie de decretos ministeriais puxeron en marcha un proxecto de reforma
agraria, unha nova lexislación social e o inicio da reforma do exército.

Ademais, o goberno tivo que facerlle fronte ó problema catalán: o 14 de abril os


nacionalistas cataláns proclamaran a república catalana invitando o resto dos pobos de
España a formar unha federación. O goberno tivo que negociar e conseguiu que se
retractaran a cambio de recoñecer a existencia dun goberno catalán: a Generalitat. A
república nacía así recoñecendo a posibilidade de autonomía política. Tamén, neste
primeiros momentos da nova República, o goberno tivo que enfrontarse aos ataques
anticlericais (queima de conventos)40.

Hai que destacar que a república nace nunha conxuntura internacional desfavorable:
chegada a España dos efectos da crise económica dos anos 30 e a extrema polarización da
vida política europea (Fascismo vs. Comunismo).

As súas primeiras reformas van xerar ademais moitas resistencias dos sectores máis
conservadores da sociedade española, moi en especial a igrexa, e por outro lado, as
impaciencias e intentos revolucionarios dalgúns sectores populares, sobre todo os
anarquistas.

O 28 de xuño de 1931 celebráronse eleccións cun notable índice de participación de máis do


70%, cun rotundo triunfo das esquerdas: socialistas e republicanos obtiveron a maioría. As
Cortes Constituíntes elixidas confirmaron nos seus postos aos membros do goberno
provisional mentres non se aprobaba unha nova Constitución.

40
Comezou en Madrid, se queimaron inmobles dos conventos. patrimonio artístico, se profanaron
cemiterios e chegaron a morrer persoas.

17
2. A CONSTITUCIÓN DE 1931

A Constitución tivo un marcado carácter democrático e progresista e establecía os


seguintes principios:

● Era un estado unitario, pero se aceptaba a posibilidade de constituir gobernos


autónomos nalgunhas rexións.

● Nova división de poderes, a constitución privilexiaba o poder lexislativo sobre os


demais:
○ O poder lexislativo residía plenamente nas Cortes, constituídas por unha soa
cámara.
○ O poder executivo recaía no presidente do goberno que presidía o Consello
de Ministros. Creábase a figura do presidente da República, figura de
representación que tiña a facultade de nomear e separar libremente ó
presidente do goberno, contando coa confianza das Cortes; tamén tiña a
facultade de suspender e disolver as Cortes, pero soamente dúas veces
durante o seu mandato.
○ O poder xudicial confiábase a uns xuíces independentes.
○ Os conflitos entre poderes confiábanse a un Tribunal de Garantías
Constitucionais.

● O Estado era aconfesional, recoñecíase o matrimonio civil e o divorcio. Desaparecía


o financiamento estatal ao clero.

● Presentaba unha ampla declaración de dereitos e liberdades, e expresaba a


igualdade de todo os cidadáns ante o dereito.

● Establecía o voto desde os 23 anos e por primeira vez concedíase o voto ás


mulleres. A discusión do sufraxio feminino foi moi polémica e dividiu aos partidos41.

Esta constitución, aínda que foi aprobada por ampla maioría , non conseguiu o consenso de
todas as forzas políticas, poñendo de manifesto as profundas diferenzas entre a esquerda e
a dereita, sobre todo no referente a cuestión relixiosa e autonómica.

A aprobación dos artigos relixiosos da Constitución, especialmente o 26, provocou a


dimisión dos sectores católicos do goberno, polo que Manuel Azaña substituíu a Alcalá
Zamora na Xefatura do Goberno.

41
Foi defendida por Clara Campoamor do Partido Radical, o seu xefe Lerroux votou en
contra, no PSOE a maioría votou a favor pero Victoria Kent, a outra deputada das Cortes,
votou en contra.

18
TEMA C17. AS REFORMAS DA II REPÚBLICA

1. O GOBERNO DE AZAÑA E AS GRANDES REFORMAS DO BIENIO DE ESQUERDAS


(1931 - 1933)

Unha vez rematada a constitución, as cortes elixiron a Alcalá-Zamora presidente da


República42 e encargoulle formar goberno a Manuel Azaña. Este goberno compoñíao
republicanos de esquerdas e socialistas que estivo no poder dous anos e emprendeu as
principais reformas entre decembro de 1931 e setembro de 1933.

2. A REFORMA AGRARIA

A existencia de amplas masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións


latifundistas do sur, e de pequenos propietarios e arrendatarios ao límite da subsistencia
nas rexións setentrionais, constituía un problema endémico en España.
O obxectivo da reforma era facer fronte á desigual distribución da propiedade da terra43,
para mellorar a situación do campesiñado e incrementar a produtividade agrícola. Os
republicanos pretendían crear unha clase media campesiña que tivera capacidade de
consumo e pagara impostos, polo que a reforma agraria converteuse nunha das principais
reivindicacións do campesiñado. Xa no goberno provisional, Largo Caballero44 implantara
unha serie de decretos que aspiraban a mellorar a situación dos traballadores no campo,
coincidindo a chegada da República cunhas altas cifras de paro entre os xornaleiros. Foi
especialmente importante o decreto de Términos Municipais, que prohibía ao terratenente a
contratación de traballadores doutros concellos. (consultar páxina 29 presentación).

A Lei da Reforma Agraria é aprobada en 1932 e regulaba a redistribución da terra,


facultando ao Estado á expropiación e reparto de terras particulares nunha serie de
supostos45, orientados fundamentalmente á compra grandes latifundios para dividilos e
entregalos ao campesiñado. As terras afectadas foron:

● As incultas ou mal cultivadas e as que estando en zonas de rego, non se aplicara


este.
● As dos Grandes de España e as que foran nalgún momento da historia pertencentes
a señoríos xurisdicionais.
● As que se compraran coa intención de dedicalas a cobrar rendas.

Posto que a lei tamén prevía a indemnización dos propietarios expropiados, creouse o
Instituto de Reforma Agraria, para desenvolver este proceso e facilitar créditos ás familias
campesiñas beneficiadas pola medida.

42
Se lle ofrece o cargo para que non desprestixiara á República.
43
Que as desamortizacións non solucionara
44
Ministro de traballo, un dos líderes do PSOE
45
Á lei tivo moitas discusións nas cortes, xa que os partidos de dereita defendían aos propietarios, e
incluso entre os republicanos, socialistas, etc… non se poñían de acordo no alcance da mesma.

19
A reforma tivo que afrontar grandes problemas como a complexidade burocrática do
proceso, as limitacións orzamentarias e a radical oposición dos propietarios agrícolas, o que
fixo que se aplicase con grande lentitude e afectase a moitos menos campesiños dos
previstos o que provocou o incremento da conflitividade social no campo, especialmente en
Andalucía e Estremadura (no norte a reforma non afectou apenas). Os xornaleiros,
desesperados ante a lentitude e animados polos anarquistas, nalgunhas ocasións
ocupaban terras de xeito ilegal coa conseguinte represión das forzas da orde público, sendo
o suceso máis sanguento a matanza de “Casas Viejas”, o que separou definitivamente á
CNT-FAI da II República.

A lei derogouse durante o bienio de dereitas, mentres o triunfo da Fronte Popular nas
eleccións de 1936 produxo o seu restablecemento. O levantamento militar do mesmo ano,
impediu a súa aplicación e calquera intento de reforma.

3. OUTRAS REFORMAS

Reforma da Igrexa: A República propúxose limitar a influencia dunha igrexa moi poderosa
na sociedade española. Estas intencións plasmáronse na Constitución, que estipulou: a non
confesionalidade do Estado, a liberdade de cultos e a supresión do orzamento de culto e
clero, permitiuse o divorcio, o matrimonio civil e secularizáronse os cemiterios.
O temor ás ordes relixiosas pola influencia que estas tiñan a través da ensinanza levou á
disolución da orde dos xesuítas e a nacionalización dos seus bens, prohibíuselles a
ensinanza ás outras ordes.
O problema relixioso creoulle ao réxime republicano os seus maiores inimigos e
protagonizou os debates mais afervoados, o que deu como resultado que unha parte dos
sectores católicos da sociedade se afastaran da República.

A reforma do exército: Debido a que durante a ditadura de Primo de Rivera se


promocionaron os ascensos por méritos como por antigüidade, a estrutura adoecía dunha
excesiva cantidade de oficiais facéndoa inoperante e moi cara.
Azaña impulsou persoalmente unha reforma no exército que pretendía crear un exército
profesional e democrático, reducindo os efectivos militares e acabar co excesivo número de
oficialidade. Azaña, tamén se propoñía asegurar a súa obediencia ó poder civil, acabando
coa tradicional intervención do exército na vida política e co golpismo.
Para estes fins tomou as seguintes medidas: “lei do retiro da oficialidade”, pola que
todos os militares en activo tiñan que prometer a súa adhesión ó réxime, concedéndolles
a posibilidade de retirarse co soldo íntegro se así o desexaban.
Ademais, pechouse a Academia Militar de Zaragoza para frear o crecemento innecesario do
número de oficiais46.
Para evitar ter que recorrer ó exército e á Garda Civil, moi desprestixiada polas súas
violentas represións, o Goberno provisional creou un novo corpo para ter unha forza leal á
República: A Garda de Asalto. Era unha policía nacional republicana que debía utilizarse para
controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades.

46
O xefe da mesma era Francisco Franco

20
Todo isto foi recibido como unha agresión á tradición militar, sobre todo polos africanistas, e
provocou amplas tensións e un intento de golpe de estado militar do xefe da garda civil, o
xeneral Sanjurjo en 1932 (a “sanjurjada”).

A reforma educativa: O principal obxectivo do goberno de esquerdas era promover


unha educación liberal e laica proporcionada polo Estado.
A súa política ía encamiñada a reducir as elevadas taxas de analfabetismo existentes e
mellorar o nivel cultural da poboación, creando cidadáns que serviran de base para a
transformación da sociedade.
Na Constitución quedou recollida a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, mixto,
gratuíto e laico. O cesamento de actividades docentes dos relixiosos obrigou ao goberno a
iniciar ao desenvolvemento dun vasto proxecto de escolarización que pretendía a
construción de numerosas escolas en toda España (10.000) e a mellora da formación dos
mestres (7.000 novos mestres).

A reforma do Estado centralista: A Constitución republicana intentou conxugar as


aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do Estado unitario. Aquelas
zonas que, en razón de afinidades históricas, culturais e económicas decidiran
organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un Estatuto de Autonomía e superar
as seguintes condicións: ser proposto pola maioría dos concellos, ser aprobado polos dous
terzos dos electores da rexión en referendo e, por último, ser aprobado polas Cortes xerais.
Cataluña foi a primeira en conseguir a autonomía (1932), seguida do País Vasco (1936). En
Galicia, a redacción do estatuto foi impulsado fundamentalmente polo Partido Galeguista de
Castelao, foi aprobado por referendo en 1936, pero cando estaba en espera da súa
aprobación polas cortes, estalou a Guerra Civil.

Todos estes procesos espertaron a oposición entre os defensores do centralismo e entre os


militares, que se consideraban os garantes da unidade nacional.

A reforma social: Defendida por Largo Caballero (secretario xeral do PSOE e UXT) tratou de
mellorar a situación dos obreiros fomentando reformas nas negociacións dos contratos de
traballo decretando seguros sociais e favorecendo a actividade dos sindicatos. Estas
reformas non chegaron a contentar aos obreiros e xornaleiros, pero molestaron moito ós
empresarios e terratenentes.

A posta en práctica de todas estas reformas atópase limitada pola oposición da oligarquía,
acostumada a exercer o poder e o control, que optará por organizarse electoralmente y que
se agrupará sobre todo en torno á CEDA de Gil Robles.

21
4. BIENIO DE DEREITAS OU RECTIFICADOR47: DESDE NOVEMBRO 1933 ATA AS
TERCEIRAS (E ÚLTIMAS) ELECCIÓNS (FEBREIRO 1936).

En 1933 Alcalá Zamora disolverá as cortes e convocará eleccións48 que gaña o bloque
anti-reformista, onde a CEDA de Jose María Gil Robles49 conseguiu aglutinar o voto católico,
conservador ou non marxista. Outros factores desta vitoria foron o sufraxio universal total50
a abstencionismo anarquista51, a lentitude do proceso reformista para as forzas de esquerda
e polos excesos do primeiro bienio da esquerda máis radical que a II República apenas
contivo: (insurreccións anarquistas, violencia conta membros da igrexa, etc…).

A pesar que a CEDA foi o grupo gañador das eleccións, o goberno estará formado polo
Partido Republicano Radical de Lerroux52 pero controlado por la CEDA, e cuxa principal
tarefa foi abolir ou atenuar as reformas do bienio de esquerdas.

5. A REVOLUCIÓN DE 1934 E AS ELECCIÓNS DE 1936

Nun contexto de crise económica internacional (crack do 29) e de triunfo dos extremismos
en Europa53, a política en España radicalizouse dun xeito sen volta atrás.

A tensión entre os dous polos políticos (esquerdas e dereitas) aumentou considerablemente


coa entrada de tres ministros da CEDA no goberno en outubro de 1934 o que foi interpretada
pola esquerda como o anuncio do o inminente triunfo do fascismo en España. Isto levou ao
PSOE, UXT e PCE, a chamar aos traballadores á folga xeral contra o goberno.
Hai que ter en conta que os anarquistas non vacilaron nos seus propósitos de
enfrontamento contra a república burguesa, a proba é que desataron tres grandes
insurreccións para implantar por la forza el comunismo libertario, encabezadas pola CNT: a
do Alto Llobregat de 1932, a de xaneiro de 193354 e a de decembro do mesmo ano.
Os Comunistas, contemplaron a chegada da República como un paso máis cara á revolución
e a instauración da ditadura do proletariado, polo que desenvolveron unha estratexia de
menoscabo del sistema político da República por medio da axitación, a loita nas rúas e a
insurrección.

47
Tamén chamado BIENIO RADICAL CEDISTA OU bienio ANTI-REFORMISTA OU BIENIO
NEGRO.
48
Ademáis de acontecementos como Casas Viejas que fai que o goberno perda credibilidade,
rómpese a coalición republicana-socialista que gañara as elección de 1931, xa que os republicanos
queren evitar as medidas máis de esquerda dos socialistas, como as leis de Largo Caballero. Hai que
ter en conta que moitos votos dos partidos republicanos proviñan da clase media urbana, pequenos
empresarios, etc… que vían moi radicais esas medidas obreiras, dentro do difícil contexto da crise
económica tras 1929.
49
CEDA, 115 deputados, Partido Radical de Lerroux, 102. Le seguirá el PSOE con 59.
50
O voto feminino adoitaba ser de dereitas.
51
O anarquismo non cría na República, polo que non se presenta as eleccións, nin votan
52
A CEDA, a pesares de ser o partido máis votado, preferiu non formar goberno (polo ánimos tan
exaltados das forzas republicanas ante a súa victoria). Gobernaría na sombra influíndo no goberno
de Lerroux.
53
Triunfo de Hitler en 1933 como con la consolidación de la dictadura de Stalin en la URSS
54
En la que ocorren los sucesos de Casas Viejas

22
Pola súa parte no PSOE, tras a perda das eleccións de 1933, impúxose a tendencia de Largo
Caballero, más radical e próxima aos planteamientos comunistas.

O seguimento da folga foi moi desigual: fracasou en Madrid onde se detivo aos principais
dirixentes socialistas e comunistas. En Barcelona, Companys, desde a presidencia da
Generalitat, dirixiu unha insurrección con claro matiz independentista55, tamén reprimida
polo Exército.

A folga xeral fracasou en todas partes, principalmente pola falta de unidade das forzas de
esquerda, salvo en Asturias, onde triunfou e desembocou nunha verdadeira revolución
social organizada pola UXT e a CNT. A persistencia e o grado de violencia da insurrección e
o perigo que supuxo para a República levou ao goberno a optar pola represión máis brutal,
encargada á Lexión, dirixida polo xeral Franco.
O balance da Revolución de Outubro de 1934 foi aterrador: máis de 1.300 mortos, o dobre
de feridos, 30.000 detidos, entre eles Companys e Azaña (que non participara no
levantamento) e os principais dirixentes do PSOE como Prieto ou Largo Caballero.

A reacción do goberno de dereitas foi o endurecemento da súa política: suspendeuse o


Estatuto de Autonomía de Cataluña (por apoio á rebelión) e redactouse unha nova Lei de
Reforma Agraria, que na práctica era unha verdadeira contrarreforma.

Porén, as divisións no seno do goberno eran crecentes. As diferenzas entre o Partido


Radical e a cada vez máis extremista CEDA eran evidentes, caendo o goberno polo
escándalo do “estraperlo” que afectou a altos cargos gobernamentais56. Este e outros
escándalos precipitaron o remate da lexislatura e a convocatoria de novas eleccións a
Cortes en febreiro de 1936.

Ante estas eleccións, creouse en Xaneiro de 1936 a “Fronte Popular”57, unha coalición58 que
integraba as forzas de esquerda: Republicanos de esquerda, PSOE e Partido Comunista59
obterá a vitoria60 coa proposta de volver a poñer en funcionamento o proceso reformista
iniciado en 1931, empezando cunha amnistía para os represaliados da revolución de 1934.
Manuel Azaña pasa a ser Presidente da República e Casares Quiroga presidente do
goberno61.

55
A súa intención era, unha vez que triunfara a revolución, negociar co goberno provisional
resultante, a independencia de Cataluña.
56
Subornos a políticos a cambio de autorizar máquinas de xogo ilegais en los casinos
57
Estes frontes non eran exclusivos de España, tamén existiron en Francia e nalgún pais de
Sudamerica, como resposta ao avance do fascismo.
58
É dicir, unirían os seus votos para ter maioria no Parlamento e así formar goberno se superaban as
dereitas.
59
Concretamente: Izquierda Republicana, Unión Republicana, PSOE; Partido Comunista, Partido
Sindicalista, Partido Obreiro de Unificación Marxista,
60
Escanos Fronte Popular: 263; escanos partidos de dereita: 156. Dentro do fronte popular serían os
republicanos de izquierda os que máis deputados terían, seguíndolles o PSOE. Na dereita, a CEDA
superou con moito ás demais forzas. Desaparece o Partido Liberal de Lerroux.
61
Casares Quiroga foi o líder da ORGA, que se integro no partido Izquierda Republicana de Azaña.
Casares foi un dos impulsores o referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia.

23
Neste momento, unha parte dos sectores conservadores que se sentiron agraviados
deciden abandonar a loita electoral e organizar un golpe militar en conexión co contexto
europeo de desprestixio dos réxímes liberais parlamentarios e auxe dos totalitarismos.

24
TEMA C18. A GUERRA CIVIL (1936-1939): SUBLEVACIÓN, BANDOS
EN CONFLITO E A SÚA DIMENSIÓN INTERNACIONAL

Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre
españois enfrontados en dous bandos. O goberno da República conseguiu resistir durante
case tres anos, pero finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.

1. O GOLPE E A CONFIGURACIÓN DOS BANDOS EN LOITA

As cinco da tarde do 17 de Xullo de 1936, en Melilla, comezou a rebelión. As tropas


sublevadas da Lexión dominaron rapidamente a situación no Protectorado, os militares que
permaneceron fieis ao goberno foron fusilados. Comezaba así o golpe deseñado polo
xeneral Mola, o seu obxectivo era facer unha rebelión rápida e violenta e establecer un
Directorio Militar encabezado polo xeneral Sanjurjo.
Nos dias 18 e 19,aoó mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias no avión
Dragon Rapide para tomar o mando das tropas de Marrocos, en distintas cidades da
Península os militares conxurados tentan facerse co poder.
Nas principais cidades fracasan, especialmente en Barcelona grazas o esforzo dos
anarquistas, e en Madrid onde o pobo armado asalta o Cuartel da Montaña, pero en moitas
pequenas capitais triunfan. En Galicia, tras breves enfrontamentos os sublevados fanse co
control do territorio.
En xeral o golpe ten éxito nas zonas máis rurais e con maior peso da economía agraria
(onde a resistencia popular é menor) e fracasa nas áreas máis urbanizadas e desenvolvidas
economicamente.
En todo caso o golpe no consegue triunfar en toda España, o que vai provocar a Guerra Civil
que dividira España en dúas zonas:

→ ZONA REPUBLICANA: territorios máis desenvolvidos do norte e leste da Península


(industria e agricultura de exportación). Control da maioría das grandes cidades.

→ ZONA SUBLEVADA: zonas agrarias do interior (Meseta Norte, Navarra e Álava, a metade
de Aragón... ), Galicia, unha pequena parte de Andalucía, terrritorios non peninsulares,
en especial o Protectorado de Marrocos, onde se concentraban as mellores tropas: a Lexión
e os Regulares marroquís.

2. BANDOS EN CONFLICTO

As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos
desde o inicio da guerra. A indecisión do goberno da República nos momentos iniciais, co
xefe do goberno Casares Quiroga dubidando se lle daba armas ao pobo, dificultou a
organización dos seus apoios, situación que favoreceu a actuación dos sublevados:

25
● No bando republicano estaban os grupos que maioritariamente votaran á Fronte
Popular:
○ Apoios sociais: masas obreiras das cidades industriais, xornaleiros do sur da
Península, pequena burguesía e clases medias vinculadas aos partidos
republicanos, e certos núcleos de intelectuais.
○ Apoios políticos: movemento obreiro (socialistas, comunistas, anarquistas),
partidos republicanos, nacionalistas, incluido o PNV.
○ Ideolóxicamente acabara agrupando a todas as formacións anti-fascistas e a
todos os que apoiaron as reformas republicanas e defendían unha España
laica e progresista. Para eles a acción dos militares non era máis que unha
rebelión contra a orde legalmente establecida.

● No bando sublevado agrupábanse todos os que estaban descontentos coas


reformas republicanas:
○ Apoios sociais: clases dominantes (terratenentes, burguesía... ), a Igrexa, que
apoia totalmente ós sublevados e fala dunha “cruzada” e grande parte da
opinión pública católica, sectores das clases medias urbanas, os pequenos e
medianos propietarios agrícolas do norte, unha parte importante do Exército62
○ Apoios políticos: dereita conservadora (CEDA... ) e fascista (Falange),
monárquicos e carlistas.
○ Os obxectivos políticos non son inicialmente unánimes: imprimir un xiro
conservador á República, voltar á Monarquía, implantar un Estado fascista ao
xeito italiano ou alemán...,
○ Ideolóxicamente todos estes grupos aparecen unidos únicamente polo seu
anti-comunismo e a súa defensa da civilización cristiá, para os protagonistas
da sublevación, esta foi definida como o “Alzamento” Nacional. A parte do
país que quedou baixo o seu control foi cualificada co nome da España
Nacional enfrontada os marxistas, “los rojos”.

3. A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO:

A internacionalización da guerra (envío de combatentes e material bélico) explícase


polo contexto político en Europa: ascenso dos fascismos; consolidación da URSS; e a
actitude cobarde e conciliador das democracias ante a expansión dos fascismos (política
de apaciguamento con eles para non provocar unha nova guerra mundial). Esta actitude ten
importantes consecuencias: permite alongar a duración do conflito e inclina a balanza do
bando dos militares sublevados (permite o rápido paso polo Estreito das tropas africanas,
compensa a carencia de industria na zona... )
Para evitar que a guerra se convertese nun conflito internacional, as principais nacións
europeas acordaron crear en Londres a primeiros de agosto de 1936 o Comité de
Non-Intervención: (27 países) Estes acordos implicaban a prohibición de enviar homes e

62
Aínda que moitos xenerais permaneceron fieis a república, así como a Aviación e a maior parte dos
mariñeiros da Armada, a Garda Civil apoiou os sublevados agás en Barcelona e a Garda de Asalto
apoiou a república

26
armas a ningún dos dous bandos e denunciar aos infractores. Pero Italia e Alemaña non
cumpriron o pactado e prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos militares
sublevados. Ante esta situación o Comité declarouse incompetente para obrigar o
cumprimento do pactado.

● Apoios aos SUBLEVADOS: O réxime nazi de Hitler en Alemaña e o fascista de


Mussolini en Italia axudaron militarmente aos sublevados desde o principio e sen
preocuparse polo comité de non-intervención. Italia colaborou con avións e corenta
mil soldados. Alemaña achegou tanques, artillería e aviación que foron decisivos en
moitas accións como o bombardeo de Guernica (Lexión Condor) e uns dezaseis mil
homes. O réxime portugués de Salazar colaborou coa achega de vinte mil voluntarios
e facilitando o paso polo seu territorio, tamén contou coa colaboración de
capitalistas americanos (combustible da Texaco e da Standard Oil, camións,
armas....)
A axuda de Alemaña e Italia foi decisiva para a victoria dos rebeldes.

● Apoios á REPÚBLICA: A República tivo grandes dificultades para adquirir


subministros e material de guerra debido á política de non intervención das
democracias occidentais e ao peche da fronteira francesa. A República contou só
coa axuda da Unión Soviética, que proporcionou cadros técnicos, víveres e
armamento, en parte costeado con fondos do Banco de España (o "ouro de
Moscova").
Outro gran apoio foi o das Brigadas Internacionais, voluntarios esquerdistas
procedentes de toda Europa e América que foron un importante apoio moral63.
México tamén apoia a causa republicana (lugar de destino de moitos exiliados
republicanos ao remate da guerra).

A guerra viviuse con gran interese en todo o mundo. Parecía un enfrontamento entre
democraciae fascismo, entre o exército e o pobo. Iso orixinou un amplo movemento de
solidariedade cara á causa republicana entre intelectuais progresistas de todo o mundo. A
destrución de Guernica ou o asasinato de García Lorca impresionaron á opinión mundial.

63
Formaron parte de estas brigadas importantes intelectuais como Hemingway, George Orwell ou
André Malraux

27
BLOQUE 11. A DITADURA FRANQUISTA (1939-1975)

TEMA C19: O RÉXIME DE FRANCO CARACTERÍSTICAS E


INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME FRANQUISTA:

O réxime franquista (1939 - 1975) xurdiu da Guerra Civil como aglutinante dos vencedores
no conflito.

O réxime contou cunha base social inicial motivada polas reformas levadas a cabo pola
República ou polos procesos revolucionarios que tiveran lugar nalgúns lugares durante a
guerra: as clases dominantes tradicionais: grandes terratenentes, alta burguesía, Igrexa e
parte dos mandos do Exército. A eles sumáronse amplos sectores do pequeno e medio
campesiñado, de mentalidade tradicional e cun fondo temor ao movemento obreiro,
así como as clases medias urbanas.

Os fundamentos ideolóxicos do réxime estaban en correspondencia cos apoios políticos


que recibira o levantamento militar: desde a dereita conservadora ao fascismo
falanxista, pasando polo tradicionalismo carlista. En xeral podemos calificar a súa ideoloxia
como hostil á democracia e foi durante a Guerra Civil cando se perfilaron os trazos do novo
réxime, en gran medida obra persoal de Franco.

Nos primeiros anos o fascismo exerceu unha influencia poderosa sob re a concepción do
estado, a cal se iría debilitando co paso do tempo no que se deu en chamar o
nacional-catolicismo. Este era un pensamento fortemente nacionalista que identificaba a
esencia de España co catolicismo, ao tempo que defendía unha concepción corporativa 64do
Estado e da sociedade. España debía recuperar o seu esplendor pasado -localizado no
tempo dos Reis Católicos e o imperio dos primeiros Austrias- erradicando dexeneracións
estranxeirizantes como o liberalismo, a masonería e o marxismo, que debilitaban o
auténtico "ser español" e acadaran a súa maior difusión nos tempos da República. Todo isto,
ademais, baixo unha concepción de España como un estado unido e centralizado.
Por outra banda, o conservadurismo social impregnou de xeito importante a vida dos
españois, nunha atmosfera que aspiraba a un pais rexido pola disciplina, a orde e a
xerarquía; todo isto coa axuda ideolóxica da Falanxe.

64
En el sistema corporativo, se entiende la sociedad como un ente unido, no como una lucha de
clases típica del marxismo y el anarquismo. Desea superar también el individualismo del liberalismo.
En este partido no hay partidos políticos, sino que todos los ciudadanos tienen una participación
política desde la actividad económica (corporaciones, que serían los antiguos gremios) votando a los
representantes de sus corporaciones (agrarias, militares, negocios, etc…) quienes asumen la
actividad política en la sociedad y dictan las leyes específicas que atañen a cada sector.

28
Os piares do novo Estado serían:

● A acumulación de poderes persoa en Franco que é o Xefe do Estado, do Goberno


-ata 1973-, do Movemento, dos Exércitos e dotado de poderes excepcionais para
promulgar leis en casos de urxencia. Recibiu o título de Caudillo de España.

● As Cortes, órgano de representación corporativa concebidas como suposta


canle de participación dos españois nas tarefas do Estado, en realidade trátase dun
pseudoparlamentarismo de partido único.

● Non hay representación política das masas, se non o que se chamou o “Movemento
Nacional”, que é a manifestación ideolóxica do sistema totalitario cuxo motor
principal son os cadros da FET-JONS nacida como partido único en 1937 pola
fusión obrigada dos falanxistas e os tradicionalistas65. O Movemento sería
adulterado por Franco ata que foi perdendo os seus ideais orixinarios fascistas e se
converteu nun aparato fiel ao Caudillo, católico e tradicional, mantendo un forte
control sobre a Organización Sindical, (suprimindo todos os sindicatos de clase), e
algunhas organizacións de encadramento de masas (Fronte de Xuventudes, Sección
Feminina, Sindicato Español de Estudantes... ).

● A Organización Sindical ou conxunto de sindicatos "verticais" integrados por


empresarios, técnicos e traballadores agrupados por sectores de produción. Á
súa fronte estaba un "Delegado Nacional".

● O Exército, verdadeira columna vertebral do Estado e garante da súa


permanencia. Encabezado por Franco como "Xeneralísimo dos Exércitos". Mandos
militares ocuparían postos de responsabilidade no goberno, na administración e
nas empresas públicas. O exército era tamén garante da unidade de España.

● Centralismo: en correspondencia coa unidade nacional, todo o sistema


baseábase no principio da unidade de poder e no centralismo, negando a pluralidade
interna de España. Todas as institucións autonómicas foron suprimidas e calquera
manifestación do particularismo foi perseguida.

● A estas institucións había que sumar a Igrexa, cun papel clave na lexitimación do
réxime e no sistema de ensino. O franquismo prohibiu a práctica doutras relixións
distintas á católica, eliminando o matrimonio civil e o divorcio. A igrexa obtivo o
control sobre a moral, os costumes e a educación, impuxo na vida pública unha
estrita moral católica, velando polos bos costumes. (censura, normas sobre a
vestimenta, imposición excluínte da moral católica…)
● A familia: foi considerada polo franquismo a base fundamental da sociedade.,
protexida polo estado e de acordo coa moral tradicional católica. Nela, cada un dos
seus membros ten unha finalidade e deber específico: o home, traer os recursos; a

65
Carlistas.

29
muller, os labores da casa e os fillos. A subordinación da muller é total, chegando a
estar nunha situación de desigualdade legal. Na divulgación destes valores tivo un
papel fundamental a Sección Feminina, creada e presidida por Pilar Primo de Rivera,
que potenciou un modelo feminino caracterizado pola pasividade política e a nula
participación pública e que contribuíu ao deseño e control dunha educación feminina
destinada a formar amas de casa nas escolas.

● A negación das liberdades individuais como a libertad de expresión, manifestación,


etc...

En canto á estrutura do novo Estado e as súas institucións, o franquismo opúxose


frontalmente a unha constitución que recordase o período liberal. No seu lugar, promoveu
un conxunto de leis complexas, e ás veces contraditorias, coñecidas como “Leis
Fundamentais” carentes de lexitimación democrática. Son un total de sete leis elaboradas
durante case trinta anos:

● O Foro dos Españois: Terminada a Segunda Guerra Mundial, Franco publicou en 1945
o Foro dos Españois, como unha operación de maquillaxe do réxime ante as
esixencias democráticas dos vencedores66. Só en aparencia era unha declaración de
dereitos, pois o texto insistía, sobre todo, nos deberes dos españois e na estrutura
autoritaria do Estado.

● A Lei Constitutiva das Cortes: Promulgada en 1942, , o réxime convocaba a "a


participación do pobo nas tarefas do Estado" mediante a institución dunha Cámara
"representativa" composta por máis de cincocentos procuradores en Cortes, a
maioría dos cales o eran de oficio e cincuenta designados directamente por Franco.
De novo, trátase de dar ao réxeme unha apariencia parlamentaria.

● O Foro do Traballo: Decreto de 1938, que articulaba as relacións do mundo do


traballo e establecía os fundamentos sobre os que se organizaría a economía do
novo Estado. No texto, inspirado no modelo fascista italiano, o sindicato único
obrigatorio, dependente da Falanxe, encargábase do encadramento laboral, nos
sindicatos verticais, únicos que se permitían.

● A Lei de Referendo: En 1945, o Foro dos Españois foi completado pola Lei do
Referendo, que pretendía mostrar que en España estaba recoñecido o sufraxio
universal. Así, establecía que os españois podían ser consultados individualmente
en forma de plebiscito nacional, sempre por decisión de Franco e para someterlles
cuestións de Estado.

● A lei de Sucesión na Xefatura do Estado: En 1947, abordaríase o problema da


continuación do franquismo sen Franco e foi someteda a referendo mediante
"fraudes electorais", aprobada por máis do 93 por 100 dos votantes. A Lei

66
Despois da Guerra Civil, Franco necesitaba o recoñecemento do seu réxime por parte da
comunidade internacional

30
establecía a confirmación de Franco como xefe vitalicio do Estado, pero como
consideraba España un reino pola sua tradición histórica, él reservábase o dereito de
nomear ao seu Lei de Principios do Movemento Nacional: De 1958 establece os
principios permanentes do réxime. A lei supuña o recoñecemento de Falanxe
Española Tradicionalista (FET) como único partido.

Como comentábamos, ao inicio do réxime franquista, os principios inspiradores do


Movemento Nacional foron os da Falanxe, para evolucionar ao Nacional-Catolicismo. Porén,
a partires dos anos 50, os "tecnócratas"67 foron gañando posicións no goberno e nas
estruturas políticas franquistas, debido ao fracaso da política autárquica e apoiados polo
que estaba chamado a ser garante da continuidade do franquismo, o almirante Luis Carrero
Blanco. O gran desenvolvemento económico dos anos 60 apenas tiveron tradución no plano
político, seguindo sendo pechado.

En 1967 promúlgase a Lei Orgánica do Estado (1967), concibida como un compendio de


todas as anteriores.

Franco solucionou tamén a cuestión sucesoria, en 1969 nomeou sucesor ao príncipe Xoán
Carlos, quen prestou xuramento de fidelidade aos principios do Movemento Nacional e foi
ratificado polas Cortes.

Con este nomeamento rompíase co principio da "lexitimidade dinástica"68 e pretendíase


instaurar unha monarquía nacida das entrañas mesmas do réxime franquista.

67
Recibe o nome de “tecnócratas” o goberno dos técnicos por enriba dos valores morais ou
ideolóxicas, utilizando os datos e a razón. En España refírese a técnicos que nombráronse en as
diferentes ramas da administración para mellorar a dificil situación económica, por enrriba das
consideraciones ideolóxicas do Réxeme franquista de inspiración falangista (autarquía, etc…)
68
Dado que quien debería de reinar realmente debería de ser D. Juan de Borbón, pai de Xoan Carlos
e fillo de Alfonso XIII.

31
TEMA C20. O FRANQUISMO: POLÍTICA ECONÓMICA, AUTARQUÍA E
ESTANCAMENTO ECONÓMICO

A Guerra Civil e a posguerra supuxeron unha interrupción do proceso de modernización


económica que estaba a vivir a sociedade española. O retroceso foi tal que ata os anos 50
non se recuperaron os niveis de actividade de mediados dos anos 30.

Este estancamento debeuse só parcialmente ás destrucións ocasionadas pola guerra69.


Maior importancia tivo o tipo de política económica seguida polas autoridades
franquistas na inmediata posguerra, a cal se definía por dous trazos: a busca da autarquía,
coa que se pretendía converter a España nun país economicamente autosuficiente, e o
intervencionismo estatal, que viña substituír parcialmente ao funcionamento do mercado.

Elementos clave desta política foron:

● Un férreo control do comercio exterior, que esixía licencias administrativas


para a exportación ou importación de calquera produto e provocou unha drástica
redución dos intercambios.

● O fomento da produción industrial e a primacía outorgada ás industrias de bens de


equipo. O Estado concedía fondos públicos ás novas empresas, así como privilexios
e estímulos ás consideradas de maior interese.

● A creación de empresas públicas. Salienta a nacionalización das empresas


ferroviarias (RENFE) e da TELEFÓNICA e a creación do Instituto Nacional de Industria
(INI, 1941). O INI constituía unha especie de "holding" estatal destinado á promoción
de sectores estratéxicos que requerian grandes investimentos (construción naval,
siderurxia, enerxía, material de transporte... ).

Esta política económica conduciu a resultados desastrosos, o que lle impediu a España
aproveitar a conxuntura económica favorable que viviu Europa despois da Guerra mundial.
Entre os seus efectos pódense citar o desabastecemento de produtos básicos -que deu
lugar aos fenómenos do "estraperlo" e o "mercado negro"-, a redución do consumo privado, a
perda de competitividade exterior, a falta de divisas ou un empeoramento das condicións de
vida das clases populares ao subir máis os prezos que os salarios. O descenso da
produción e a escaseza de alimentos impuxeron o racionamento. Mediante a cartilla de
racionamento repartíanse entre a poboación algúns produtos de primeira necesidade. Foron
o que se coñece como “os anos da fame”.

Foi a conciencia deste fracaso o que levou ás autoridades franquistas a cuestionarse, nos
anos 50, a política económica seguida ata o momento. Fóronse introducindo cambios
-como a suavización dos controles produtivos, a supresión das cartillas de racionamento, a

69
As provocadas en Europa pola II Guerra Mundial foron maiores e, non obstante, a
recuperación foi moito máis rápida.

32
flexibilización dos prezos, unha maior apertura económic a ao exterior... - que lograron
mellorar os índices produtivos. Pero estes cambios careceron de coordinación e os seus
efectos foron limitados ata a posta en marcha do Plan de Estabilización de 1959, o cal
sentou as bases da chamada "década desarrollista" dos anos 60.

O PLAN DE ESTABILIZACIÓN E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A partir de 1960 reanudouse en España o proceso de modernización económico e social


iniciado a comezos do S.XX e interrumpido pola Guerra Civil e a posguerra. O extraordinario
crecemento económico acadado nos anos seguintes explícase por dous factores: a
conxuntura expansiva da economía internacional e europea e a habilidade dos responsables
da política económica para crear medidas que lle permitiran ao país aproveitar esa
conxuntura.

A adopción do Plan de Estabilización (1959) foi obra do goberno formado dous anos antes,
no que tiñan un forte peso os tecnócratas vinculados ao "Opus Dei"70. O proxecto deste
sector consistía en modernizar económica e socialmente España sen alterar no
esencial a estrutura política do réxime. Co plan poñíaselle fin ao soño autárquico e
respondíase á necesidade de conseguir ouro e divisas para facerlle fronte ao déficit da
balanza comercia71l.

Os obxectivos perseguidos eran dous:

● Abrir a economía española ao mercado, impulsando a iniciativa privada en


detrimento do anterior intervencionismo estatal excesivo.

● Cortar a inflación e sanear as contas a través de medidas contrativas da actividade


económica (restrición do gasto público, limitación dos prezos dalgúns servizos e das
taxas de interese, apertura ao exterior... )

Este programa liberalizador, compensado coa chegada de créditos de organizacións


internacionais como o FMI e a OCDE72 , completouse coa posta en marcha de Plans de
Desenvolvemento cuatrienais (1964-74) que pretendían estimular a iniciativa privada -con
vantaxes fiscais e crediticias- naqueles sectores considerados de maior interese, e creaban
unha serie de "Polos de Desenvolvemento" cos que se intentaría, con escaso éxito, reducir
os desequilibrios económicos rexionais.

Un papel fundamental no éxito desta nova política económica xogárono unha serie de
variables externas, as cales posibilitaron a entrada de divisas para importar a tecnoloxía
precisa para as novas actividades. O aporte de divisas procedeu da emigración (máis de 2
millóns de traballadores saíron de España entre 1960-1975, absorvendo a man de obra

70
É una organización dentro da Igrexa Católica, cuios miembros tentan vivir dacordo aos ferreos
preceptos do cristianismo.
71
Un pais sen divisas non pode comprar no extranxeiro.
72
(Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico)

33
excedentaria do sector primario), do turismo e os investimentos exteriores (sobre todo dos
EE.UU. e Alemaña Occidental).

Os resultados foron espectaculares. España presentou, entre 1959 e 1966, unha taxa de
crecemento anual do PIB superior á de calquera país europeo e incorporouse ao grupo dos
países industrializados. A Renda per Cápita aproximáronse aos valores europeos, o que se
traduciu nun incremento notable do consumo privado e do nivel de vida da poboación.

Igualmente importantes foron as transformacións sociais. O proceso urbanizador


experimentou un grande salto (en 1975 o 75% da poboación vivían en municipios de máis de
20.000 habitantes) e medrou o número, especialmente nalgunhas zonas, dos obreiros
industriais e das novas clases medias (profesionais liberais, executivos das empresas,
funcionarios de certo nivel... ). Foise consolidando a sociedade de consumo, ao destinar as
familia unha porción cada vez máis alta do seu presuposto a cubrir necesidades non
básicas (adquisición dunha vivenda, bens de consumo duradeiros como automóbiles ou
electrodomésticos... ) e modificáronse as pautas de comportamento, occidentalizándose e
alonxándose cada vez máis dos presupostos represivos do nacional-catolicismo ( debido
aos viaxes ao estranxeiro, contacto cos novos hábitos dos turistas... ). A isto tamén
contribuíu a extensión da educación, en todos os seus niveis, a un número cada vez maior
de estudantes -os fillos dos traballadores comezaron a chegar á Universidade- e a redución
drástica do analfabetismo.

Con todo a sociedade española destes anos non deixou de presentar aspectos
problemáticos como os desequilibrios rexionais e as diferenzas entre as áreas máis
desenvolvidas e as máis deprimidas: estas últimas (Galicia, as dúas Castelas, Andalucía,
Estremadura... ) perderon uns 4 millóns de habitantes en beneficio de zonas como Cataluña,
o País Vasco ou Madrid.

34
TEMA C21. A OPOSICIÓN Á DITADURA

Desenvolveuse clandestinamente ao longo do período franquista, integrada por un amplo


espectro de correntes: o movemento obreiro, nacionalistas periféricos e sectores
democráticos de diversa orientación. De todas elas, a máis activa foi sempre o Partido
Comunista (PCE). Podemos distinguir tres etapas ben diferenciadas:

1. OS ANOS 40: REPRESIÓN, EXILIO E GUERRILLA

Ao remate da guerra o réxime de Franco puxo en práctica unha durísima represión sobre os
vencidos, evidenciando o seu nulo interese por levar a cabo unha reconciliación nacional e
utilizando os métodos represivos como medio de escarmento destinado a anular calquera
tipo de disidencia. Os cárceres ateigáronse de xente (máis de 200.000 presos ao remate da
guerra) e milleiros de persoas foron condenadas a morte en xuízos militares. A
administración pública, e incluso algunhas empresas privadas, foron depuradas de todos
aqueles sospeitosos de ter simpatizado coa causa republicana.

Nestas condicións, moitos españois tiveron que marchar cara o exilio. Preto de medio
millón de persoas abandonaron o país nos momentos finais da guerra, aínda que a maioría
tornarían logo e moitos deles serían procesados polos tribunais franquistas.
Xunto ao Goberno republicano -que mantería a súa existencia formal ata os anos 70-
marcharon definitivamente milleiros de profesionais, obreiros, intelectuais... Os destinos
preferentes foron Francia -onde moitos dos exiliados se incorporaron á Resistencia
durante a II Guerra Mundial- e Latinoamérica, en particular México - onde os
republicanos españois realizaron unha notable contribución ao desenvolvemento cultural do
país -.

No interior, os partidos e sindicatos que apoiaran á Fronte Popular foron desarticulados e


aqueles que intentaron reorganizalos caeron, na súa maioría, nas mans da policía franquista
e foron encarcerados ou executados.
O único grupo que logrou recompoñer unha feble infraestrutura foi o PCE que impulsou e
organizadou a guerrilla (maquis), aínda que nela incluíronse tamén militantes doutras
ideoloxías (socialistas, anarquistas... ). En distintas zonas montañosas da península
organizáronse agrupacións guerrilleiras -entre as que salientou a IV Agrupación con base en
Galicia e León (Francisco Rei foi o seu último xefe)-, integrando a aqueles que fuxiran ao
monte durante a guerra. A guerrilla realizou actos de sabotaxe e atentados contra os
representantes das institucións franquistas, e mesmo intentou unha invasión frustrada
desde Francia a través do Val de Arán (1944) cun pequeno exército duns 4.000 guerrilleiros.
Pero a modificación das circunstancias internacionais levou ao PCE a desmantelar a
guerrilla en 1948. Algúns grupos subsistiron pero foron esmorecendo axiña. En Galicia, o
apresamento e posterior execución do mítico "Foucellas" (1952) marcou a fin desta forma
de loita.

35
2. OS ANOS 50: UN PUNTO DE INFLEXION NA ACTIVIDADE DA OPOSICIÓN

A partir de entón, a oposición interior gañou peso fronte ao exilio, incorporáronse


novos sectores que non tiñan vivido a guerra. Con todo, tendeu a actuar desunida e nunca
foi capaz de articular unha alternativa viable ao franquismo.

Neses anos producíronse as primeiras axitacións e protestas políticas contra o réxime.


Salientan dous feitos que marcan o inicio dunha aínda tímida acción de masas:

● A folga xeral de Barcelona contra o incremento do prezo dos billetes de tranvía


(1951).

● A revolta universitaria de Madrid (1956), na que se mobilizaron os estudantes para


acabar co sindicato oficial, o SEU, e rematou con enfrontamentos coa policía e
feridos graves.

En ambos os casos o réxime respondeu coa represión, pero a partir de entón fóronse
facendo máis frecuentes os conflitos se ben non acadarían unha verdadeira importancia ata
os anos 60.

3. ANOS 60: O DESENVOLVEMENTO DUNHA OPOSICIÓN DE MASAS

Nos anos 60, en estreita relación coas transformacións sociais provocadas polo
"desarrollismo", emerxeu unha nova cultura democrática anti-franquista que non tiña xa
como referente a guerra civil. Introdúcense libros e publicacións estranxeiros, aparece unha
prensa crítica no interior ao abeiro da "Lei de Prensa"73 de 1966, e, sobre todo, desenvólvese
unha importante mobilización social en determinados ámbitos:

● O movemento estudantil: iniciado cos sucesos de 1956 foi adquirindo crecente pulo
nas universidades, onde se formaron pequenos núcleos de activistas do PCE e o FLP
74
("felipe"). Na Universidade de Santiago, a mobilización estudantil adquiriu unha
especial relevancia en 1968, adiantándose ao desencadeamento do "Maio francés".

● O mundo laboral: xurdiu un novo movemento obreiro, integrado na súa maioría por
traballadores novos, que reivindicaban o dereito á folga e a liberdade sindical (entre
1963 e 1975 producíronse máis de 12.000 folgas nas que participaron uns 4 millóns
de traballadores)75. Os sindicatos históricos non lograron reorganizarse, pero
apareceron outros novos como a USO (Unión sindical Obreira) -promovida por
cristiáns críticos- e, con especial forza, CC.OO. -impulsado polo PCE a raíz dunha
folga na minería asturiana e que vai infiltrarse na estrutura sindical franquista-. En
Galicia salientan as folgas xerais do Ferrol -onde morreron abatidos pola policía,
dous traballadores- e Vigo en 1972.

73
Supuso unha certa apertura as publicacións.
74
Fronte de Liberación Popular.
75
Unha das máis importantes foron as folgas nas cuncas mineiras de Asturias en 1962.

36
En calquera caso as forzas políticas da oposición seguían a actuar divididas:

● A máis importante, a pesar da forte represión que sufriron os seus membros76,


continuaba sendo o Partido Comunista. Estaba presente na maioría dos
movementos sociais e asumía plenamente o pluralismo democrático. Dirixido por
Santiago Carrillo foi con moito o grupo máis activo da oposición. Nos anos 60 e 70
apareceron outros grupos comunistas, a nova esquerda, influídos polo maoísmo, o
trotskismo e o Maio francés.

● Moi débil e case inactivo neses anos era o PSOE. No Congreso de Suresnes (1974)
os militantes novos do interior, con Felipe González e Alfonso Guerra á fronte,
faríanse co control do partido e comezarían a prepararlo para á previsible transición
do estado á democracia, deixando atrás os postulados máis marxistas para pasar a
unha ideoloxía en consonancia coa socialdemocracia.

● En canto á chamada oposición moderada, era tamén moi feble e estaba moi dividida
(demócrata-cristiáns, republicanos, monárquicos liberais... ). A súa principal
actuación foi a organización, xunto co PSOE, da Reunión de Múnich (1962), en
resposta á petición española de ingreso no Mercado Común Europeo. Á reunión
-denigrada pola prensa do réxime, que se referiu a ela como o "Contubernio de
Múnich"- asistiron personalidades do interior e do exilio e nas súas conclusións
reclamouse a necesidade de democratizar España.

● Na oposición nacionalista:

○ Destaca a aparición de ETA (Euskadi ta Askatasuna), fundada en 1959 por un


grupo de mozos descontentos co PNV. Definíase como "movemento
socialista de liberación nacional" e no 1968 cometeu a súa primeira acción
armada77. Os principais dirixentes de ETA serían condenados a morte no
famoso proceso de Burgos de 1970.

○ En Galicia, o Partido Galeguista fora desactivado nos anos 50, pasando os


galeguistas a centrarse no labor cultural coa creación da Editorial Galaxia e a
revista Grial. Pero en 1963 xurdiron dous novos grupos nacionalistas de
orientación esquerdista: o Partido Socialista Galego e a Unión do Pobo
Galego. O PSG nacera como partido de orientación socialdemócrata para
evolucionar, co cambio de década, cara o socialismo marxista baixo o
mandato de X.M. Beiras. A UPG, orixinariamente unha "fronte" aberta á
incorporación doutros grupos, rematou por converterse nun partido
comunista.

76
(execución de Julián Grimau, membro do Comité Central do PCE)
77
A execución do inspector de policía implicado na represión Melitón Manzanas

37
4. OS ORGANISMOS UNITARIOS:

Nos últimos anos do franquismo a oposición adquiriu unha forza e un dinamismo sen
precedentes e creou os seus primeiros organismos unitarios: en xullo de 1974, por iniciativa
do xefe do PCE Santiago Carrillo, constituíase en París a Xunta Democrática (unha coalición
de fuerzas políticas, sindicais e sociais que se opoñían á ditadura) e en xuño de 1975
organizábase a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. No seu
manifesto reclaman á instauración da democracia en España e a apertura dun proceso
constituyente, comprometiéndose a promover un régimen democrático multipartidista, unha
estructura federal del Estado, á liberdade dos presos políticos e a volta dos exiliados, a
libertad sindical e o dereito á folga, a liberdade de expresión, de asociación, de reunión, de
manifestación, elecciones libres, etc.

Os contactos entre ambas deron como resultado a formación da Plataxunta, que agrupaba
a ambos organismos, é dicir, a toda a oposición, que defendían unha transición á
democracia xestionada pola mesma oposición a través dun Goberno Provisional.

38
TEMA C22. A AGONÍA DO FRANQUISMO E OS INICIOS DA TRANSICIÓN
(1973-1977)

1. AGONÍA DO FRANQUISMO:

Os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. Os tímidos cambios introducidos


non puideron ocultar a incapacidade do réxime para se adaptar ás profundas
transformacións socio-económicas e culturais que experimentara España desde os
comezos dos anos 60.
Pola súa parte, a oposición política incrementara os seus apoios en base ás novas
realidades sociais emerxentes: a expansión dunha clase obreira que reclamaba liberdade
sindical e dereito á folga, a chegada á Universidade de mozos procedentes das capas
populares, a insatisfacción en medios intelectuais ante os pechados horizontes culturais do
réxime... Estaba claro que o franquismo se ía atopar con serias dificultades para sobrevivir a
Franco.

O ano 1973 resultou especialmente grave para Franco e o seu réxime pola crise do petróleo
e a morte de Carrero:

A crise de petróleo comezou pola suba dos prezos do petróleo decretada pola OPEP a raíz
da guerra árabe-israelí, en España os efectos da crise (inflación, paro…) foron especialmente
fortes xa que o goberno de Franco non adoptou ningún tipo de medida para resolvela. A
crise provocou un espectacular crecemento da conflitividade social, a pesar de estaren
prohibidas o número de folgas creceu exponencialmente.
No 1973 Franco renunciou a exercer a Xefatura do Goberno, función que asumiu Carrero
Blanco. Pretendíase que Carrero garantise a pervivencia do franquismo baixo a inminente
monarquía de Juan Carlos, pero a súa morte nun atentado de ETA78, en Decembro
dese mesmo ano, frustrou tal perspectiva.
Asumiu a presidencia do goberno outro franquista, Arias Navarro, polo que non houbo
grandes cambios.

O novo goberno atopouse cunha contestación desde todas as bandas, manifestándose así
as tres alternativas políticas de futuro: a inmobilista, a aperturista e a rupturista.

● O inmobilismo: defendido polos sectores do réxime opostos a calquera cambio


político ("búnker").

● A ruptura democrática: defendida polas plataformas da oposición democrática moi


activa nos últimos anos do franquismo. Propugnaba a superación do franquismo
mediante a mobilización popular que levaría á constitución dun Goberno
provisional integrado polas forzas opositoras e a convocatoria de eleccións libres e
dun referendo sobre a forma de Estado.

78
(Operación Ogro)

39
● A aperturista ou reformista: propugnada polos sectores do propio franquismo que
pretendían proceder desde dentro a unha reforma das súas institucións nun sentido
democrático.

A situación agravouse ao longo de 1974 e 1975 co empeoramento do estado de saúde do


ditador . Pola súa parte, a oposición acentuou a súa ofensiva e creáronse plataformas
unitarias que agrupaban aos distintos sectores que a conformaban (como a Xunta
Democrática, aglutinada ao redor do PCE, e a Plataforma Democrática, ao redor do PSOE). O
Goberno respondeu coa aprobación dunha "Lei Anti-terrorista", que tivo como consecuencia
inmediata a execución de cinco activistas de ETA e o FRAP (Frente Revolucionario
antifascista y Patriótico) en Setembro de 1975, desatando toda unha onda de protestas e
mobilizacións internacionais.

Por último, outro motivo de preocupación constituíuno o conflito do Sahara, no que España
cedeu ás presións de Marrocos (Marcha Verde) -apoiado polos EE.UU.- e entregou o
territorio do Sahara español a Marrocos e Mauritania para o seu reparto, incumprindo coa
súa promesa de permitir un referendo de autodeterminación no territorio.

Por outra banda, a Revolución dos Caraveis en Portugal (abril 1974) e a caída do réxime dos
coroneis en Grecia (xullo 1974) deixaban a Franco como o último ditador de Europa
occidental.

O 17 de outubro de 1975, Franco sofre un infarto, morrendo tras unha longa e terrible agonía
o 20 de novembro de 1975. A súa morte abriu un proceso que en poucos anos ía conducir
ao desmantelamento completo da ditadura a pesar de que el pensou que deixaba todo
“atado e ben atado”79.

2. INICIOS DA TRANSICIÓN:

O proceso da TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA (desmantelamento das estruturas políticas


franquistas e instauración dun réxime democrático) foi posible pola conxunción de varios
FACTORES:

● As transformacións socio-económicas experimentadas pola sociedade española


desde os anos 60, que contrastaban coa pervivencia dun réxime político ditatorial
xurdido da Guerra Civil e que apenas sufrira cambios de fondo ao longo dos seus
case corenta anos de existencia.

● O acceso á actividade política de xeracións novas que non viviran os enfrontamentos


da Guerra Civil e para as que era máis doado chegar a unha política de consenso e
reconciliación. A poboación española, aínda que na súa maioría apolítica, estaba
maioritariamente a favor dun cambio democrático sen grandes riscos.

79
La expresióm “atado y bien atado” la utilizó Franco en el mensaje de Navidad a los españoles, al
referirse a su sucesión.

40
● Un contexto internacional favorable (moito máis que o da II República). En
1975 o réxime de Franco constituía unha anomalía en Europa occidental e
pecháballe a España o acceso ás institucións comunitarias europeas.

O 20 de novembro de 1975, e seguindo as disposicións establecidas por Franco, puxéronse


en marcha os mecanismos legais para garantir a continuidade do réxime. O día 22 Xoán
Carlos I é proclamado rei ante o pleno das Cortes, momentos despois pronuncia o seu
primeiro discurso oficial, con lembranzas a memoria de Franco e algunhas referencias
tenues de renovación. O día 27 realizouse a cerimonia de coroación, nela o cardeal Tarancón
pronunciou a súa célebre homilía: “Pido que sexades o rei de todos os españois”.

Xoán Carlos inicia o seu reinado e a súa primeira decisión é confirmar como presidente do
goberno a Carlos Arias Navarro. O seu goberno integra a algúns ministros reformistas como
Fraga e Areilza, pero segue a liña do anterior á morte de Franco de aperturismo limitado:
represión selectiva sobre a oposición, intento de implantar unha "democracia á española"
sen modificar en profundidade o marco político franquista e sen que haxa un verdadeiro
pluralismo.
Este novo goberno non satisfai nin á oposición democrática nin aos sectores máis
inmobilistas do franquismo (búnker). Prodúcense ademais graves problemas de orde
pública:

● Aumento da conflitividade social e do número de folgas, folga xeral de Vitoria (5


traballadores mortos a mans da policía)

● Sucesos de Montejurra (enfrontamento entre faccións carlistas: 2 mortos).

A oposición mantén o seu programa rupturista e intensifica a mobilización cidadá. En Xuño


de 76 o rei viaxa a EE.UU. onde fai unha declaración de propósitos democráticos ante o
Congreso americano. Tamén crítica ao presidente Arias nunha entrevista na revista
Newsweek. Ante esta situación e presionado desde diversos sectores, Arias Navarro
presenta a dimisión.

2.1.O primeiro goberno se Suárez: a posta en marcha da reforma: (Xullo.76-Xuño.77)

Ante a sorpresa xeral, en xullo do 76 o rei elixe a Adolfo Suárez para substituír a Arias.
Suárez era un político novo procedente do Réxeme, fora director de TVE e Ministro do
Movemento polo que foi recibido con desconfianza pola oposición. Sen embargo o novo
Goberno pon en marcha o seu programa reformista; democratización paulatina respectando
a legalidade franquista e realizada desde dentro das institucións herdadas, para conseguilo
necesitaría:

● Neutralizar aos sectores inmobilistas, en particular ao Exército

41
● Lograr que a oposición abandone a liña rupturista e se incorpore ao proceso de
reforma.

Os pasos deste proxecto de reforma foron:

1) Lei para a Reforma Política: contempla o respecto aos dereitos individuais e a


instauración por sufraxio universal dunhas Cortes bicamerais. Foi elaborada polo
presidente das Cortes, Torcuato Fernandez Miranda. A idea era chegar a democracia
desde a legalidade vixente (da lei á lei), polo tanto a reforma tiña que ser aprobada
polo Consello Nacional do movemento e polas Cortes, institucións controladas por
franquistas. Para lograr a súa aprobación Suárez e Fernández Miranda empregaron
todos os seus recursos e influencias e conseguiron que o Consello a aprobara.

2) Aprobación polas Cortes: O proxecto foi enviado polo procedemento de urxencia e


aprobado despois de tensos debates en novembro de 1976: as Cortes votaron así a
súa autodisolución. O seu “harakiri” explícase pola implicación do rei no procesos e
as garantías ofrecidas aos procuradores dunha "transición sen riscos": conservación
do seu status social e económico, non petición de responsabilidades aos implicados
no réxime anterior, hexemonía da dereita política e exclusión da esquerda radical...,
Iniciábase así a disolución do franquismo. Só faltaba que a LRP fora aprobada en
referendo.

3) A LRP Foi aprobada logo en Referendo en Nov.76: aínda que a oposición


democrática pedía a abstención, e o bunker pedía o non, os resultados foron
favorables ó goberno: Participación 77,4%, Sis 94%, Nos 2,6%

42
BLOQUE 12. NORMALIZACIÓN DEMOCRÁTICA DE ESPAÑA E
INTEGRACIÓN EN EUROPA (DESDE 1975)

TEMA C23. AS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS E A CONSTITUCIÓN


DE 1978

Tras o éxito do referendo da Lei para a Reforma Política, Suárez toma máis medidas
reformistas: amnistía, disolución do Movemento, legalización dos sindicatos e das folgas.
Ante estes cambios, pouco a pouco, as principais forzas da oposición pasan a aceptar a
"vía reformista",80 aínda que para eles é fundamental que se legalicen todos os partidos
políticos.
En decembro do 76 o PSOE celebra o seu Congreso en Madrid, o primeiro en España
desde a Guerra Civil, coa presenza de numerosos líderes do socialismo mundial,
confirmando a Felipe González como líder do PSOE.
En canto ao PCE, o 10 de decembro celebrou en Madrid unha conferencia de prensa
clandestina coa que pretendía forzar a súa legalización.

O agravamento dos problemas de orde pública a principios de 1977 fan perigar o éxito da
reforma: terrorismo de extrema dereita (asasinato de 5 avogados laboralistas en Atocha), de
ETA, da extrema esquerda (o GRAPO)81.

1. XUÑO 1977: AS PRIMEIRAS ELECCIÓNS XERAIS

OsSeguinte paso para Suárez sera preparar as elecións xerais, pero antes tiña que resolver o
problema da legalización do PCE. Ante a sorpresa xeral e aproveitando que era Semana
Santa, Suárez legalizou o PCE o 9 de abril de 1977, provocando a dimisión do ministro de
Mariña e e un forte malestar entre os militares. A cambio da legalización o PCE aceptou a
monarquía, a bandeira bicolor e a unidade de España.

Ese mesmo día o goberno fixou as eleccións xerais para o 15 de xuño do 77. O anuncio das
eleccións acelerou a creación de formacións políticas, sendo legalizadas 78.
Moitos grupos políticos agrupáronse en coalicións: as forzas de centro formaron a Unión de
Centro Democrático, na que convivían grupos da oposición moderada e do reformismo
franquista baixo o liderazgo de Suárez, as forzas da dereita herdeiras do franquismo
xuntáronse na Alianza Popular liderada por Fraga.

80
É dicir, renunciar a solucións revolucionarias.
81
Atenta contra policías e secuestra a Antonio Oriol - presidente do Consello de Estado- e ao tenente
xeneral E. Villaescusa).

43
Os resultados clarificaron o panorama político, saíron reforzadas as opcións de centro e
esquerda moderadas (Unión de Centro Democrático -166 deputados- e PSOE - 118-) e
fracaso relativo do PCE e da Alianza Popular de Fraga, así como bos resultados dos
nacionalismos vasco (PNV de X. Arzallus) e catalán (PDC de J. Pujol).
Os resultados facilitan a ''vía do consenso" (dado que ganan as eleccións partidos
“moderados”) que caracterizará ao segundo goberno de Suárez. Nin a extrema dereita nin a
extrema esquerda lograron escano, tampouco os nacionalistas galegos.

2. A POLÍTICA DE CONSENSO: O SEGUNDO GOBERNO SUÁREZ E A CONSTITUCIÓN DE


1978

Nas novas Cortes saídas das eleccións imponse a política de consenso: acordo das
principais forzas políticas sobre os asuntos de Estado cruciais para levar a bo fin o proceso
democratizador , plásmase en feitos como:

● A sinatura dos Pactos da Moncloa (Outubro 77), un acordo asinado polos axentes
sociais (partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais) no que se
comprometían a establecer unha estratexia común para lograr a estabilidade do país
mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a
adopción de medidas para abordar a crise económica que se viña arrastrando desde
1973. A aplicación dos acordos obtivo resultados positivos case inmediatos na
redución da inflación (do 40 ao 16 %) e na balanza de pagos, así como na
normalización da vida sindical (celebración das primeiras eleccións sindicais en
1978 e elaboración do Estatuto dos Traballadores).

● A elaboración e aprobación da Constitución: foi fruto do consenso entre as


principais forzas políticas representadas no Parlamento. A súa elaboración foi un
proceso longo e laborioso, no que se buscaba que saíse aprobada por unha ampla
maioría das forzas democráticas. Ten como aspectos máis relevantes:

○ A definición de España como un "Estado social e democrático de Dereito".


○ España é un estado unitario que recoñece e garante o dereito á autonomía
das nacionalidades e das rexións que o integran, orixinando un novo modelo:
o Estado das Autonomías.
○ A adopción da Monarquía parlamentaria como forma de Estado (a esquerda,
de simpatías republicanas, transixiu ao entender que a monarquía podía ser
unha garantía fronte aos riscos de involución política). O Rei é o Xefe de
Estado, pero cuns poderes moi limitados (funcións case exclusivamente
cerimoniais e representativas).
○ Unha ampla declaración de dereitos e o establecemento da división de
poderes (executivo - Goberno-, lexislativo -Cortes bicamerais- e xudicial).
○ O establecemento dun Estado non confesional, aínda que os poderes
públicos deberían ter en conta a relixiosidade dos españois e manter
relacións de colaboración coa Igrexa católica.
○ A aceptación da liberdade de mercado, pero recoñecendo a posibilidade da

44
intervención estatal por motivos de interese colectivo e apostando polo
Estado do benestar.

Entre as características da Constitución de 1978 destacan:

● É unha Constitución de consenso, resultado do acordo entre os diversos partidos


políticos con proxectos distintos e incluso antagónicos.

● Está redactada dunha forma intencionadamente ambigua que permite e posibilita


distintas interpretacións. Para algúns constitúe un inconveniente porque produce
inseguridade; para outros, constitúe a súa principal virtude, porque permite
gobernar aos partidos da dereita e da esquerda sen necesidade de modificala.

● Progresista e democrática, polo seu contido e os mecanismos establecidos


para a participación popular.

● A rixidez, porque o procedemento de reforma que establece esixe unha


votación favorable dos 3/5 de ambas Cámaras e a ratificación popular en referendo.

Temos que facer unha mención a creación do Estado das Autonomías como forma de
articulación do estado. A propia Constitución establece a "indisoluble unidade da nación
española", pero rompendo co centralismo anterior do franquismo e do propio Estado liberal.

En Marzo do 79 celébranse as segundas Eleccións Xerais cuns resultados semellantes aos


de 1977: vence a UCD, aínda que perde a maioría absoluta.

45
TEMA C24. O 23-F E A CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA

1. O TERCEIRO GOBERNO SUÁREZ: CRISE E DIMISIÓN (MARZO.79-FEBREIRO.81)

A política do "consenso" é substituída por unha dinámica de enfrontamento goberno-


oposición:
O Goberno intenta seguir coa política reformista pero vese bloqueado pola falta de maioría
absoluta, os problemas de cohesión interna da UCD e o progresivo cuestionamento do
liderazgo de Suárez dentro do seu partido.

O PSOE cambia de estratexia e comeza a exercer unha oposición máis dura e presenta
unha moción de censura que, aínda que é derrotada, asenta o liderazgo de Felipe González.

En Abril do 79 nas Eleccións Municipais, aínda que UCD é o partido máis votado, a esquerda
acada unha ampla presenza nos concellos urbanos ao aliarse PSOE, PCE e
nacionalistas.
Estes resultados agravan a crise da UCD. As maiores dificultades de UCD estaban na súa
orixe, unha coalición de partidos que non foi capaz de superar as diferenzas entre as
correntes ideolóxicas nin os personalismos. Ante a fragmentación da UCD e a súa soidade
no partido, a presión dos militares e banqueiros e a falta de apoio do monarca, Suárez
presentou a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Un dos seus ministros Leopoldo Calvo
Sotelo é proposto como sucesor.
Por non contar UCD con maioría parlamentaria absoluta, non foi elixido na primeira votación
e cando, o 23 de febreiro de 1981, estaba a celebrarse a segunda volta tivo lugar o máis
grave dos problemas da nova democracia española: o intento de golpe de Estado do 23 F.

2. O GOLPE DE TEJERO DEL 23-F

O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero (que xa participara no intento golpista
abortado da operación Galaxia de novembro de 1978), xunto cuns catrocentos gardas civís,
asaltou o Congreso pistola en man, entrou no hemiciclo das Cortes, mentres anunciaba a
chegada dunha autoridade superior (co que parecía invocar o nome do rei como máximo
responsable), e mantendo como reféns ao Goberno e aos parlamentarios. O golpe pretendía,
dado o baleiro de poder polo secuestro no hemiciclo dos diputados, forzar un goberno que
reconduxera a situación a un sucedáneo de democracia82.
Os españois puideron ver a escena grazas a unha cámara de televisión que seguiu emitindo,
xa que se estaba retransmitindo en directo a sesión das Cortes.
Seguindo o plan previsto, o capitán xeneral Miláns del Bosch sacou os tanques ás rúas en
Valencia e declarou o estado de excepción, pero non logrou que o resto dos xefes do
exército das restantes rexións militares secundasen o golpe.

82
(Hai que ter en conta a dificil situación neses anos: Paro galopante, inflación, anos moi
duros do terrorismo etarra, os problemas dentro da UCD, etc…)

46
A actuación do rei foi a clave na resolución do conflito: púxose en contacto telefónico cos
xefes militares explicando a súa posición e esixindo a súa lealdade; convocou a Xunta de
Xefes de Estado Maior e gravou unha mensaxe que se emitiu por televisión na madrugada
do día 24. Tras a mensaxe do rei, a situación quedou controlada. Os tanques de Valencia
regresaron aos cuarteis e Tejero rendeuse. Nos días seguintes tiveron lugar en toda España
multitudinarias manifestacións populares de apoio á democracia.

3. O S GOBERNOS SOCIALISTAS ATA 1996:

Ante o incremento da oposición, as dificultades internas de UCD (marcha de Suárez que


funda outro partido: o CDS- Centro Democrático e Social) e os problemas económicos,
Calvo Sotelo disolveu as Cortes e convocou eleccións para outubro de 1982.

Estas terceiras eleccións xerais dan a maioría absoluta ao PSOE, os resultados electorais
marcan o afundimento da UCD (12) e do PCE, a consolidación como alternativa de
centro-dereita de Coalición Popular (alianza de AP con grupos escindidos de UCD, será o
futuro PP), resultados testemuñais para o CDS de Suárez (2).

Deste xeito o triunfo dos "herdeiros políticos" dos derrotados na Guerra Civil dá por
concluída a transición, Felipe González gobernaría os seguintes 14 anos.

A vitoria por maioría absoluta do PSOE, en outubro do 82, permitiu aos socialistas volver ao
goberno do país dende a Segunda República. Este PSOE estaba liderado por Felipe
González, quen asumiu a Presidencia do Goberno e por Alfonso Guerra que en anos
anteriores conseguiron a aceptación da renuncia do marxismo en favor das posturas
socialdemócratas en sintonía con outros partidos socialistas de Europa.

Unha vez no poder os socialistas tiveron que enfrontarse aos problemas herdados da etapa
anterior e poñer en marcha un programa modernizador e reestruturador do país. En
economía puxeron en marcha unha reconversión industrial que afectou fundamentalmente
aos sectores maduros da industria: naval e siderúrxica. Esta medida poñía fin aos anos de
investimento do Estado na economía, avanzaba na idea dunha flexibilidade laboral e
produtiva á par que unha modernización tecnolóxica necesaria para adaptarse ás
necesidades do mercado. As rexións máis afectadas foron as do norte de España onde
houbo unha forte contestación social.

Outras medidas salientables tomadas nesta etapa son a reforma educativa e universitaria, a
aprobación da lei do aborto.

Se deseña unha política exterior con tres piares básicos: a relación con Europa, extremar
unha boa veciñanza con Portugal e Marrocos, fortalecer os lazos con Latinoamérica e
manter moi boas relacións con USA así como reclamar a devolución de Xibraltar.

47
Ademáis, España incorpórase paulatinamente nos organismos internacionais:

● Confirmación da membresía na OTAN

● Entrada de España na CEE, o 1 de xaneiro de 1986, unha organización económica


que impulsou o proceso de europeización de España, unha oportunidade de
modernizar o sistema produtivo español para adaptarse a un entorno de elevada
competitividade e a chegada de axudas europeas para modernizar as nosas
infraestruturas viarias.

Durante os anos 80 prodúcese unha posta en marcha do Estado de Benestar e un impulso


do Estado das autonomías co seu proceso de transferenzas de competencias do Estado
central ás autonomías.

Os socialistas venceron por maioría absoluta as eleccións do ano 86 e 89 debendo chegar a


acordos cos nacionalistas cataláns e vascos nas do ano 93. Neste tempo o país camiñou
por unha senda de crecemento económico que tivo o seu momento culminante no ano 92
cando se celebrou a olimpiada de Barcelona e a Expo de Sevilla. España aparecía ante o
mundo como un país cunha democracia consolidada e moderno.

Despois dos fastos do 92 comezou un período de crise económica que unido ao descrédito
do PSOE en casos de corrupción por financiación ilegal (caso Filesa), práctica de terrorismo
de Estado contra ETA (os Gal), apropiación indebida dos fondos reservados para a loita
contra o terrorismo por parte de altos cargos do Ministerio de Interior (caso Roldán) que
levaron a súa derrota electoral no ano 96 a mans do Partido Popular de José María Aznar.

48
TEMA C25. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO

O século XIX termina para España cun papel insignificante a nivel mundial pola perda
de Cuba, Filipinas, Puerto Rico e os arquipélagos no Pacífico, coñecido como o desastre
de 1898. Soamente lle quedaban as colonias africanas (Sáhara e Guinea), e a concesión
do protectorado franco-español en Marrocos desde 1912, sen ter apenas voz no
contexto internacional.

A Guerra Civil (1936 -1939) foi un acontecemento moi seguido no exterior. Os


fascismos apoiaron ao bando rebelde mentres que a URSS respaldou ao exército
republicano a pesar do chamamento internacional a non intervención.

Unha vez establecido o franquismo, o illamento internacional decretado pola ONU


contra un réxime nacido da colaboración fascista acentuou este afastamento de
Europa e da esfera internacional. Porén, o contexto da Guerra Fría permitiu á ditadura de
Franco saír do illamento co recoñecemento do réxime por parte de USA, en 1953, por
motivos de tipo militar e estratéxicos. En 1955 España ingresa na ONU como un
membro máis. O Plan de Estabilización Nacional de 1959 abre a España aos mercados
exteriores e á chegada de investimentos estranxeiros, propiciadores do despegue
económico dos anos sesenta (o sobrante de man de obra española migra aos países
europeos máis ricos) facendo concibir esperanzas ao goberno franquista de poder ser
aceptado como membro da CEE. A falta de democracia e liberdades atrasa o noso
ingreso nas institucións europeas ata a Transición Democrática.

Coa chegada da democracia en 1978, España comenza a incorporarse paulatinamente


nos organismos internacionais:

En 1981, non sen polémica, España ingresa na OTAN.

12 de xuño de 1985, co PSOE, España ingresa por fin na CEE, o que axudou a
consolidar un proxecto europeísta comezando entón unha resurrección de España no
contexto internacional. As negociacións para o ingreso foron difíciles, dado que España
ofertaba produtos agrícolas e pesqueiros que ofrecían outros países europeos como
Francia ou Italia e que sentían os seus intereses ameazados.

A súa integración tivo importantes consecuencias para España: Axudou a afianzar o


estado de dereito en España e a súa visibilidade internacional.

Economicamente, a entrada na CEE estimulará a modernización e a competividade da


economía española, iniciando un proceso de flexibilización do mercado laboral, de
adaptación aos avances da terceira fase da revolución industrial, de privatización das
empresas dos sectores industriais básicos en mans do Estado. Para axilizar ese
proceso de reformas, España recibiu da UE numerosas axudas económicas para

49
melloras estruturais. Esta política de axudas tamén beneficiou aos socios europeos que
incrementaron os seus investimentos e as súas vendas en España.

A entrada en Europa tamén supuxo o afianzamento do estado do benestar e


culturalmente redundan nunha maior apertura ao mundo

En relación ao contexto mundial, España incrementou, nas últimas décadas, as súas


relacións internacionais, tanto no ámbito político como no económico. Pertence a
diversas institucións e organizacións internacionais (ONU, FAO, Banco Mundial, OCDE...),
concede axudas oficiais para o desenvolvemento dos países con dificultades, favorece a
cooperación, a seguridade e a paz a través destes organismos internacionais, colabora
con ONGs como Mans Unidas, Médicos Sen Fronteiras..., fomenta unha diplomacia
económica para defender os nosos intereses e a imaxe de España no exterior, a través
de multinacionais como Repsol ou Inditex.

A relevancia da nosa política exterior medrou a finais dos anos oitenta tras o ingreso de
España na CEE. Co PSOE no goberno perfiláronse os eixos da nosa política exterior:
Europa en primeiro lugar, Norte de África, en especial Marrocos, polas cuestións
fronteirizas e de mercado enerxético, e Latinoamérica, participando en todos os cumios
dos países de América Central e Sur. Por suposto, o feito de pertencer á OTAN e de ser
un país da órbita occidental fai que teñamos unha relación de amizade e de aliado
político a USA.

Durante a etapa de goberno de José María Aznar, do Partido Popular, houbo unha
reorientación na política exterior de forma que se intensificaron as relacións coa USA do
republicano George Bush. Ese maior peso da política atlantista tivo o seu colofón na
participación de España na guerra de Irak da man de USA e Gran Bretaña, conflicto que
autorización do Consello de Seguridade da ONU.

A volta do PSOE da man de José Luís Zapatero, provocou unha volta ás anteriores
prioridades encabezada pola Unión Europea. Este presidente, no 2007, promoveu a
nivel internacional a Alianza de Civilizacións dentro do marco da ONU co fin de
combater o terrorismo internacional e fraguar unha aproximación entre Occidente e o
mundo islámico para buscar respostas diferentes ás militares fronte ás provocacións
do radicalismo islámico.

Para finalizar no ano 2012 o goberno de Mariano Rajoy creou a denominada Marca
España, unha política destinada á promoción e mellora da imaxe de España no exterior

50
para aumentar o nivel de exportacións, as inversións estranxeiras, a internacionalización
das empresas e o turismo.

51
TEMA C26. A SITUACIÓN DA MULLER NO SÉCULO XX

O século XX foi un período no que a vida das mulleres españolas pasou por diferentes
etapas, con momentos nos que as súas reclamacións de participación política foron
escoitadas e onde a muller comeza a deixar de ser invisible nun contexto de sociedade
patriarcal (durante a Segunda República) e outros de verdadeiro retroceso nos que
volveu ao papel pasivo e de subordinación ao varón ( durante o franquismo) para acabar
o século nun proceso imparable de empoderamento progresivo que pode ser
catalogado de revolución feminista que vai transformar a sociedade española.

Ao comezo do século, a muller española estaba sometida nunha sociedade


profundamente patriarcal, onde as súas oportunidades e roles estaban estritamente
limitados polas expectativas tradicionais. O acceso á educación para as mulleres era
limitado e, en moitos casos, centrado en ensinanzas consideradas adecuadas para o
seu suposto papel no fogar. A muller estaba principalmente relegada ao ámbito
doméstico, cunha participación limitada na vida pública.

A súa participación no ámbito laboral estaba circunscrita a traballos mal remunerados,


era a man de obra máis barata, e carecía de recoñecemento. A comezos do século
apareceron unhas normas que regulaban o traballo das mulleres (Real Decreto sobre o
Traballo das Mulleres e dos Menores" de 1900) ao considerar a necesidade de
protexelas das duras condicións do traballo industrial. Detrás dese discurso paternalista
do Estado sobre a protección da muller está a ocultarse que o sistema require dela un
dobre traballo: na casa e na fábrica.

Con todo, esa situación comezou a mudar a medida que o século avanzaba. As
asociacións de mulleres reavivan o debate sobre o rol social feminino e reivindican un
papel máis activo na sociedade. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, no novo
estatuto municipal, en 1924, dispoñía que no censo electoral de cada municipio
apareceran as mulleres maiores de 23 anos, non cansadas, e que podían ser elixidas.
Isto permitiu o acceso das mulleres ás institucións (7 mulleres foron alcaldesas durante
ese período da ditadura). De feito, na Asemblea Nacional de 1927 houbo unha
representación de 15 mulleres.

Durante a Segunda República, a Constitución de 1931 recoñeceu o dereito ao voto para


as mulleres maiores de 23 anos sen ningún tipo de restrición, un paso importante cara á
igualdade de xénero. Ademais os cambios e nas leis trouxeron o principio de igualdade
entre conxugues no matrimonio e o divorcio. No ámbito laboral, a anulación da
prohibición ás traballadoras de casarse ou despedilas si se casaban, así como o
despido por maternidade e, ademais, aparece un seguro obrigatorio de maternidade. Un
decreto de 1935 abolía a prostitución. Por outra banda, a República impulsou reformas
educativas que permitiron ás mulleres acceder a unha educación máis ampla e variada,
abríndolles as portas ás profesións máis alá das tradicionais, e reduciron o

52
analfabetismo feminino. As escolas eran mixtas e coeducativas. O papel das mestras
nese período democrático da historia recente foi moi importante dada o interese que o
réxime daba á educación. Comezan a chegar mulleres no ámbito universitario.

O réxime franquista significou un retroceso en todos os avances de dereitos


conseguidos durante a República. A ideoloxía nacional católica promovida polo réxime
defendía un modelo de muller submisa consorte á autoridade patriarcal e ao servizo da
familia e a igrexa. Están prohibidos os anticonceptivos, o divorcio e o aborto. A
educación das mulleres é dunha moral moi estrita. A muller viuse condenada a cumprir
co papel tradicional de esposa e nai. Non estaba ben visto que a muller traballara fóra
da casa e se ocupara á vez da familia. As mulleres non tiñan dereito de voto toda vez
que era o cabeza de familia quen tiña a capacidade de participar nas eleccións que o
réxime organizaba para elixir aos alcaldes.

Na etapa desarrollista dos anos sesenta, a chegada de turistas estranxeiras abre os


ollos sobre a represión moral existente no país. Comeza un progresivo proceso de
modernización que no caso das mulleres se traduce nunha chegada en maior número á
universidade e a unhas formas de gozo do lecer que significan un escándalo para a
ríxida moral do réxime. O feminismo vai abríndose paso no mundo da clandestinidade.

A Transición democrática volve a ser un tempo onde a muller recupera aquela


visibilidade que comezaba a ter na etapa republicana. A Constitución de 1978
recoñeceu formalmente a igualdade de xénero. O recoñecemento dos dereitos políticos
e dereitos civis que terminaban coa subordinación da muller aos homes liberan ás
mulleres que inician unha busca de protagonismo social en todos os ámbitos. Esa
busca do seu espazo tradúcese nunha prolongación do tempo de formación co
obxectivo de iniciar unha carreira profesional que retrasa a idade de maternidade e a
conseguinte caída da natalidade.

Os anos 80 foron un período crucial para os dereitos das mulleres en España. Aparece o
divorcio de novo e se despenaliza o aborto pero só en tres supostos: malformacións do
feto, perigo para vida da nai e embarazos produtos dunha violación. A creación do
Instituto de Mulleres en 1983 tamén foi unha ferramenta importante para promover a
igualdade de xénero e desenvolver políticas específicas neste ámbito. O movemento
feminista comezou a gañar forza e a alzar a súa voz, reclamando igualdade salarial,
dereitos reprodutivos e o fin da violencia de xénero.

No século XXI, as mulleres españois seguen avanzando na súa loita pola igualdade. O
movemento feminista continúa a ser unha forza poderosa. A incorporación de mulleres
a cargos políticos de relevancia tamén é un indicador do progreso en termos de
igualdade de xénero.

53
TEMA C27. EVOLUCIÓN E CAMBIOS NA ESPAÑA ACTUAL

O globalismo que se consolida aa finais do século XX, afecta a España en distintos


aspectos:

● Económicos: grazas ao avance nas tecnoloxías da información e comunicación


e ao abaratamento dos medios de transporte, implicou unha descentralización
produtiva das grandes empresas e un proceso de deslocalización industrial que
afectou a España. O noso país experimentou a competencia da man de obra
máis barata dos países do surleste asiático primeiro e despois, dentro da propia
Europa, dos países do leste. Moitas empresas españolas seguiron deseñando os
seus produtos aquí, pero a produción trasladárona a outras latitudes onde os
custes laborais ou medioambientais son menores ou menos esixentes. Un
exemplo constitúeno as empresas de confección.
A industria sométese a nunha profunda metamorfose debido á dixitalización dos
procesos produtivos, ao desenvolvemento da intelixencia artificial, a robotización
ou a explotación do big data. Os ocupados deben ter un nivel educativo máis
elevado e nas empresas imponse a formación continua. As tarefas máis
mecánicas ou repetitivas son destinadas a máquinas e, nalgún sectores, robots
que elevan a produtividade das empresas. Esa redución de man de obra
empregada no sector secundario e a desindustrialización desencadeou a crise
ou o declive de certos espazos de tradición industrial, como a ría de Bilbao,
Asturias, Sagunto, baía de Cádiz, Ferrol ou o Baixo Llobregat en Cataluña,
especializados en sectores maduros83 (téxtil, siderurxia, construción naval…)
onde os procesos de reconversión industrial non sempre foron exitosos.

A crise económica financeira de 2008, español puxo fin e España ao boom


inmobiliario, afectando a moitas PEMES. Estas víronse na obriga de
reestruturarse para defenderse mellor da crise e dos cambios tecnolóxicos e ser
competitivas no mercado. A maiores, a crise do mercado interior abocou ás
empresas a intensificar a súa internacionalización.

● Culturais: a globalización propiciou unha expansión das pautas culturais


occidentais por todo o mundo. España polo seu atractivo turístico está ben
situada no escaparate mundial aumentando cada ano as súas cifras de
visitantes auspiciado polo febre global de viaxar. A oferta turística española atrae
non só a un cliente tradicional europeo, senón tamén a poboación do leste e
asiáticos. O patrimonio cultural, a gastronomía, o clima… son a nosa oferta nun
contexto global. Dende mediados dos 90, España convértese nun país de
oportunidades para moitos inmigrantes o que nos aboca ao reto de integrar esa

83
Sectores tradicionais con escasa innovacións adía de hoxe.

54
multiculturalidade territorializada nos barrios das metrópoles como os do Raval,
en Barcelona.

● Cambio climático: España, como país socio da UE, está moi preocupada por
limitar o consumo de combustibles fósiles e aumentar a produción de enerxías
alternativas como a solar ou a eólica, fomentar a eficiencia enerxética e obrigar
ás empresas a desenvolver unha economía circular, limitando os refugallos e
depurando e reusando as augas residuais. Para coordinar estes esforzos en
preservar os recursos e a biodiversidade creouse o Ministerio de Transición
Ecolóxica en 2018.

● O Estado de Benestar: é unha política que comparten os diferentes partidos


políticos dende os tempos da Transición Democrática. A idea de ter un Estado
asistencial, que procure uns mínimos de calidade de vida para toda a cidadanía e
a creación dun sistema fiscal progresivo que estableza maior carga tributaria en
función da renda e que permita unha sustentabilidade dos servizos públicos,
garante uns índices maiores de xustiza social.
A crise de 2008 levou ao goberno conservador a recortar esa financiación e
mesmo impulsaron medidas para derivar parte destas prestacións ao sector
privado. Unha das ameazas sobre este modelo é o custe crecente das pensións e
o seu sistema de financiación. España destina a metade do seu gasto en
protección social a pagar pensións de xubilación e viuvez, en concreto o 50,4 %
do total.
O proceso de avellentamento experimentado pola caída da natalidade dende os
anos setenta e o aumento da esperanza de vida está a provocar unha inversión
da pirámide de poboación coa conseguinte ameaza sobre a viabilidade do
sistema de pensións actual construído sobre a solidariedade interxeracional no
que os actuais activos (nunha cantidade reducida cada ano) financian aos
xubilados (os baby boomers, máis numerosos).
Por outra banda, está o fenómeno migratorio que, aínda que vén a ocupar o oco
deixado no mercado laboral polas xeracións que agora están a xubilarse e
animou unha deprimida natalidade.
A migración irregular obrigou a varias regularizacións e ao establecemento de
acordos con países do norte de África, que fan o papel de dique de contención a
cambio de cuantiosas inxeccións económicas por parte da UE. España é esa
fronteira sur da UE e iso crea tensións asistenciais nas costas andaluzas ou
canarias.

● Crítica ao sistema político español e contra o globalismo. A raíz da crise


financeira do 2008 que poñía fin a un ciclo expansivo de 12 anos da economía
española xorden movementos cívicos moi críticos coa clase política dominante
(PP e PSOE) e o seu discurso pouco conectado coas necesidades reais da
poboación. Unhas cifras elevadas de paro na mocidade que, ademais, padece
uns salarios insuficientes para poder conseguir a independencia económica, os

55
prezos desorbitados da vivenda, etc… provoca as chamadas “mareas”84. Estas
asembleas defenden aos sectores públicos fronte a unha tendencia crecente á
privatización de parte deses servizos, entronca cun cuestionamento dos
beneficios da globalización.

84
Unha insurrección pacífica contra o sistema anima a moitas persoas a unha concentración na Porta
do Sol de Madrid que acaba en acampada dende o 15 de maio de 2011 ata xuño dese mesmo ano,
creando un efecto de imitación nas prazas de numerosas cidades españolas en convocatorias
impulsadas a través das redes sociais. A raíz do asemblearismo que caracterizaba estas
concentracións foron redactándose unha serie de reivindicacións: cambios na lei electoral,
cumprimento dos dereitos básicos da Constitución, unha condena da corrupción política, a
recuperación da memoria histórica e a creación dunha banca pública.

56

You might also like