Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

XXXI CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS

Carreira Solidaria a favor


de Aladina Fundación
Estimado/as compañeiro/as:

O vindeiro 10 de maio de 2024, nos arredores das instalacións do Colexio


Abrente, celebraremos a xa máis que tradicional Carreira Escolar do
Salnés.

Este ano como novidade terá un carácter solidario a favor da Fundación


Aladina que presta axuda e apoio aos nenos e nenas con cancro así coma
as súas familias con obxectivo de facer a vida un pouco máis fácil durante
todo o proceso desta dura enfermidade.

Os participantes deberán aportar un mínimo de 1 € no momento da


inscrición (a aportación terá carácter voluntario). Os colexio participantes
entregarán a recadación o día da carreira, cando se recollan os dorsais,
nun sobre pechado coa cantidade aportada escrita no exterior.

O número de participantes limitarémolo a 1000, polo que terán


preferencia os colexios que participan no programa Xogade en calquera
das súas modalidades.

Para facer efectiva a participación deberán pedir unha clave no teléfono


do colexio (986723494) e facer posteriormente a inscrición na páxina
web www.carreiraescolardosalnes.com con data límite o luns 06 de
maio de 2024 as 24:00 hs..

Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para


todos os participantes.

O transporte será facilitado pola organización.

Un saúdo,

Teléfonos contacto responsables carreira:

Miguel: 609564425 e Raquel 686917438

You might also like