Tema 7 XH 4ESO

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Xeografía e Historia 4º ESO. IES Plurilingüe Adormideras.

Curso 2021/2022
RESUMO DO TEMA 7. A DIVISIÓN DO MUNDO EN BLOQUES

1, 3 e 4. A BIPOLARIZACIÓN DAS RELACIONS INTERNACIONAIS. O BLOQUE


CAPITALISTA E COMUNISTA
Ao final da Segunda Guerra Mundial, os países que formaron a coalición antifascista retornaron
aos enfrontamentos que tiveran que abandonar ante o inimigo común. EEUU e a URSS actuaron
como cabezas de dous mundos enfrontados en ideoloxía, réxime político e sistema económico.
A FORMACIÓN DOS BLOQUES: formouse unha nova orde internacional con dous bloques
liderados por EEUU e URSS, a que se foron sumando outros países:
 BLOQUE OCCIDENTAL OU CAPITALISTA:
 Liderado por EEUU, que inclúa á maioría de países situados arredor do Atlántico
Norte e Europa Occidental.
 Defendía en política a democracia liberal (liberdades individuais e pluralidade
política) e en economía o sistema capitalista (liberdade de mercado e propiedade
privada).
 No seu bloque puxo en marcha: a Doutrina Truman (para axudar aos países para
impedir o avance do comunismo), o Plan Marshall (axudas económicas aos países
devastados pola guerra), e a OTAN (Organización do Tratado Atlántico Norte,
alianza militar para prestarse axuda mutua).
 Entre os principais feitos do bloque capitalista destacan:
 Tras a Segunda Guerra Mundial, nos países europeos púxose en marcha o
Estado do benestar coa economía social de mercado (no que convive o
sector privado coa intervención do Estado en sanidade, educación, servizos
sociais... coa finalidade de mellorar a calidade de vida da poboación). Coa
crise de 1973 ou crise do petróleo, que provocou entre outras cousas a
crise do Estado do benestar cos recortes en servizos sociais e a posta en
marcha da política neoliberal (que limita a acción do Estado na economía).
 Ante as desigualdades, houbo movementos sociais e de protesta da
xuventude (movemento hippy, punk), estudantes (maio do 68), ecoloxista,
feminista, polos dereitos da poboación negra en EEUU (liderado por Martin
Luther King) e Sudáfrica (liderado por Nelson Mandela).
 BLOQUE ORIENTAL, SOCIALISTA OU COMUNISTA:
 Liderado por URSS, abranguía gran parte de Europa Oriental (dividida polo telón
ou pano de aceiro coa zona europea occidental capitalista) e Asia.
 O sistema político era a democracia popular (poden supeditarse as liberdades
individuais ao ben da comunidade, partido único comunista) e o sistema
económico comunista (coa nacionalización dos bens de produción).
 No seu bloque puxo en marcha: Doutrina Jdánov (colaboración dos partidos
comunistas en todo o mundo), Plan Molotov (cooperación económica), e Pacto de
Varsovia (alianza militar).
 Entre os principais feitos do bloque comunista destacan:

1
 A expansión do comunismo e da economía planificada como na Iugoslavia
de Tito ou na China de Mao Zendong).
 A aparición de protestas e insurreccións populares dos países satélites
da URSS que reclamaban autonomía con revolucións como: Hungría,
Checoslovaquia...
 A desaparición do bloque soviético:
 En China tras a morte de Mao comezou o aperturismo de Deng
Xiaoping.
 Nas democracia populares de Europa Oriental tras a caída do Muro
de Berlín (1989) foron caendo os réximes comunistas: Alemaña
reunificouse nun so país ou Iugoslavia desintegrouse (e houbo unha
guerra).
 Na URSS a chegada de Gorvachov en 1985 trouxo unha serie de
reformas aperturistas (a Perestroika). En 1991 desaparece a URSS e
con elo a división do mundo en bloques.

2 a 4. A GUERRA FRÍA
A Guerra Fría foi o conflito global que enfrontou ao bloque capitalista e socialista entre
1947 e 1991. Nunca chegou a ser un conflito directo por medo á destrución nuclear entre as dúas
grandes superpotencias EEUU e URSS, senón que os conflitos déronse en terceiros países no
que as superpotencias interviñan axudando aos seus aliados. Non so foi unha guerra militar,
senón tamén política, ideolóxica e económica.
ETAPAS E PRINCIPAIS CONFLITOS DA GUERRA FRÍA:
1. INICIO DA GUERRA FRÍA E GRANDES TENSIÓNS (1947-1953):
 A división de Alemaña en RDA (República Democrática Alemana) comunista; e
RFA (República federal Alemana) capitalista; a división de Vietnam do Norte
(comunista) e Sur (capitalista); e a división de Corea do Norte (comunista) e sur
(capitalista).
 Bloqueo de Berlín (1948-1949): Berlín estaba dividida en 2 sectores (capitalista e
comunista). A capital estaba dentro da zona controlada pola comunista RDA, que
bloqueou o acceso por terra dos capitalistas a Berlín. Tiveron que facer unha ponte
aérea durante un ano para levar subministros.
 Guerra de Corea (1950-1953): enfróntase o norte (comunista) e o sur (capitalista).
2. COEXISTENCIA PACÍFICA (1953-1962): a tensión diminuíu
 Construción do muro de Berlín (1961) polos rusos para separar a zona capitalista
e comunista.
 Crise dos mísiles de Cuba (1962): a URSS instalou mísiles en Cuba orientados a
EEUU. Tras as conversas entre os dous países, os mísiles foron retirados.
3. DISTENSIÓN (1962-1979):
 Conflito árabe-israelí: os EEUU apoiaban a Israel e a URSS aos árabes palestinos.
 Guerra de Vietnam (1974-1975): Vietnam do Sur (apoiado por EEUU) contra a
guerrilla comunista do Vietcong apoiada por Vietnam do Norte (a súa vez apoiado
2
pola URSS). A pesar do envío de tropas, EEUU saíu derrotado. Foi a súa primeira
derrota na Guerra Fría.
 A rivalidade tamén na carreira espacial, na que EEUU e a URSS loitaron por ser
os primeiros en enviar un ser humano ao espazo.
4. REACTIVACIÓN E FIN DA GUERRA FRÍA (1979-1991):
 Tras a invasión de Afganistán pola URSS, EEUU pon en marcha unha nova
estratexia “a guerra das galaxias” consistente na creación de escudos de mísiles
no espazo.
 Primeira Guerra de Afganistán: os soviéticos non lograron someter á guerrilla
islamita apoiada por EEUU e tiveron que retirarse.
 En 1985, na URSS coa chegada de Gorvachov púxose en marcha a Perestroika
(reformas aperturistas) e rapidamente irán caendo os países do bloque comunista.
En 1989 cae o muro de Berlín. En 1991 desaparece a URSS, a división do mundo
en bloques e con elo finaliza a guerra fría.

5. A DESCOLONIZACIÓN
A descolonización é o proceso que ao longo do século XX leva ás colonias a converterse en
estados politicamente independentes, desaparecendo os imperios coloniais. Ten as seguintes
fases:
 Ata a Primeira Guerra Mundial: Gran Bretaña concede a autonomía a Canadá, Australia,
Nova Zelandia e Sudáfrica. Todos eles formaran a Commonwealth.
 Período de entreguerras: inícianse os movementos independentistas sobre todo nas
colonias de Asia (India, Indonesia) e nos antigos territorios do imperio Turcos (Iraq,
Xordania, Siria, Libano).
 Despois da Segunda Guerra Mundial: lévase a cabo o proceso descolonizador,
converténdose as antigas colonias de África, Asia en Estados independentes.
As CAUSAS DA DESCOLONIZACIÓN foron:
 Desexos de independencia dos pobos dominados, estimulados polas ideas
nacionalistas (de xeito similar ao que sucedera en Europa nos procesos de unificación e
independencia). Querían liberarse do dominio europeo.
 Papel desempeñado pola Sociedade de Nacións e a ONU, favorables á independencia
das colonias.
 Actitude favorable das dúas grandes superpotencias (EEUU, URSS) que apoiaban o
proceso.
VÍAS PARA ALCANZAR A INDEPENDENCIA:
 Negociación pacífica: o exemplo da India (colonia británica na que o Partido do Congreso
liderado por Nehru e Gandhi reclamaba a independencia coa fórmula da non violencia,
desobediencia civil, resistencia pasiva. A logran en 1947. Pero a rivalidade entre
musulmáns e hindús levará a división entre Paquistán musulmán e India hindú).
 Guerra: o exemplo de Alxeria (colonia francesa no norte de África. Francia non quería a
súa independencia e houbo unha cruel guerra coa que a tiveron que conseguir).

3
6. O TERCEIRO MUNDO
O termo “Terceiro Mundo” fai referencia aos pobos descolonizados de Asia e África que loitaban
para desligarse da dependencia económica das antigas metrópoles. Posteriormente, como a
miseria e as dificultades de todo tipo eran comúns aos novos países, o termo acabou por ser
sinónimo de subdesenvolvemento (o primeiro mundo serían os países do bloque capitalista e o
segundo mundo o bloque comunista).
CARACTERÍSTICAS DO TERCEIRO MUNDO:
 Dificultades económicas derivadas da dependencia colonial (carecen de
infraestruturas industriais e redes comerciais propias, as comunicacións son deficientes, a
agricultura non se modernizou...). A súa economía segue determinada polo interese das
potencias industrializadas e está controlada por compañías estranxeiras, e os beneficios
van a parar as antigas metrópoles, é o que se coñece como neocolonialismo.
 Altas taxas de mortalidade, sobre todo infantil (fames, enfermidades...), baixa esperanza
de vida, analfabetismo...
 Inestabilidade política, plasmada en guerras.
MOVEMENTO DOS NON ALIÑADOS: en 1955 celebrouse a Conferencia de Bandung
(Indonesia) un encontro de países afroasiáticos aos que asistiron os seus principais dirixentes
(Nerhu da India, Nasser de Exipto, Chu-En-Lai de China, Sukarno de Indonesia). Entre as súas
resolucións destacan a vontade de liberarse definitivamente da dependencia das metrópoles
europeas, así como ter voz propia nos escenarios internacionais. Nace así o Movemento dos
Países Non Aliñados, á marxe dos dous bloques nos que se dividía o mundo.

7. AS POSVANGARDAS ARTÍSTICAS
Co fin da Segunda Guerra Mundial diferéncianse dous ámbitos:
 No bloque occidental, as SEGUNDAS VANGARDAS con novas formas de expresión, coa
importancia do mercado de obras de arte e con Nova York como novo centro artístico. Os
principais movementos foron:
 Funcionalismo: edificios esteticamente atractivos pero tamén funcionais e
prácticos. Destacan: Museo Guggenheim de Nova York de Frank Lloyd Wright ou a
Igrexa de Rochamp de Le Corbusier.
 Organicismo: inclúe os aspectos do funcionalismo, pero insire as obras na
natureza. Destaca: Casa da Cascada ou Casa Kaufmann de Frank Lloyd Wright.
 Expresionismo abstracto: renuncia á elaboración racional. Destacando: Pollock
 Pop art: utiliza a linguaxe popular e realista para que chegue á maioría da
poboación. Busca motivos de inspiración en marcas de alimentos, caras de actores,
personaxes de cómics... Destacan: Lata de Sopa Campbells ou Marilin Monroe de
Andy Warhol.
 No bloque oriental, desenvolveuse o REALISMO SOCIALISTA e a arte púxose ao servizo
da propaganda política rompendo coas vangardas.

You might also like