Professional Documents
Culture Documents
Tema 4. de A Cabalo Ou A Peón
Tema 4. de A Cabalo Ou A Peón
Tema 4. de A Cabalo Ou A Peón
De a cabalo ou de peón
1
Ler e escribir / Escoitar e falar
Por outra parte, grazas á dita tecnoloxía, a comunicación está a experimentar grandes
mudanzas nos últimos tempos. Calquera de nós pode «abrir» un blog, gravar un podcast, crear
unha canle de vídeo... e ofrecer opinións, compartir ideas, desenvolver proxectos etc.
Pensa, así pois, na poderosa ferramenta que tes entre as mans. Na responsabilidade que todos
e todas compartimos. Queremos información veraz, íntegra, contrastada, respectuosa con
todas as culturas, aberta, plural..., mais tamén queremos lectoras e lectores atentos, críticos,
reflexivos, curiosos e comunicativos. Non te deixes levar por todo que se publica na Rede ou nos
xornais. Pensa sempre por ti mesmo.
2
Escoita e le:
Os oito anos que van xa aló desde a primeira edición do Resurrection Fest fixeron de
Viveiro un referente no circuíto internacional da música punk e metal en todas as
súas formas e variantes. O campo de Lavandeiras en Celeiro, a dez minutos da vila,
foi o lugar onde bandas que a maioría só soñaba con ver, acabaron ao pé das súas
casas.
Mais se hai algunha palabra que define a este festival é integración. Viveiro era
para os que somos do norte de Lugo un lugar que nunca foi atractivo para
3
desenvolver unha cultura do metal ou punk. A capital do Landro era o San Roque, O
Naseiro e para nostálxicos da «canción lixeira», a vila do Festival da Canción do Landro
(ata que a crise impediu a súa celebración este ano).
Este ano de 2013 os días 1, 2 e 3 de agosto o Resurrection Fest atraeu 30.000 persoas,
segundo a organización. Xentes de todas as partes, Europa sobre todo, seguidos por
latinoamericanos. A integración destes visitantes nos días do festival supón para
Viveiro tirar abaixo cos complexos e medos dunha vila de provincias, que noutros
lugares xa teñen máis que superado desde hai décadas. Se todas esas persoas
vestidas de negro, con camisolas estampadas cos nomes das súas bandas favoritas, co
pelo tinguido de cores ou o corpo adornado de piercings, foron capaces de convivir cos
veciños e veciñas sen incidencias relevantes, é que algo por fin vai cambiando nunha
das vilas socialmente máis conservadoras da provincia de Lugo.
No 2005 uns amigos deciden montar un concerto de Sick Of It All dentro das festas de
Viveiro. Todo estaba listo e preparado pero ao final, a banda americana non puido
actuar debido á enfermidade dun dos membros. Chovéronlles críticas, mesmo houbo
xente que apuntou enganos por parte dos organizadores. Novembro de 2006, os
amigos non recuaron e montan o Resurrection Fest outra vez. Que lles fai tirar para
diante? O apoio desde a alcaldía, que bandas como Madball lembraron durante a súa
actuación este ano. Alguén coñece algún alcalde que asista a unha actuación en
directo de bandas metal? Tamén o apoio desde a Deputación de Lugo, ofrecendo a
loxística e persoal da Fundación TIC.
Todo acabou reducíndose a tres días de agosto nos que os hosteleiros ven
incrementarse os beneficios, tres días nos que a ocupación hosteleira sobe, nos que
4
as vendas das superficies
comerciais e do pequeno O festival de
comercio ven aumentar Viveiro pechou
beneficios. Pero tamén son así unha edición
tres días nos que os supostos que será
guerreiros do averno se lembrada tanto
comportan como o que son, pola súa calidade
fans da música que non e eclecticismo
veñen a outra cousa que non musical como
sexa botar unha fin de pola sentida
semana vendo as súas homenaxe a
bandas favoritas. Ao final, Melchor Roel, ex
eses xinetes da apocalipse alcalde da vila e
que son as persoas amantes un dos principais
do hard e o punk acaban ben impulsores do
integrados nun intenso día a evento.
día de só tres xornadas.
E as bandas?
Si, falemos das bandas. Con
tres escenarios e unha
Ao final, eses
sincronización case que
xinetes da
matemática, a puntualidade
apocalipse que
dos grupos no Ressurecction
son as persoas
Fest 2013 non foi
amantes
impedimento para que o
do hard e o punk
público puidese gozardos
acaban ben
concertos das súas bandas
integrados nun
preferidas e das que están
intenso día a día
por coñecer.
de só tres
xornadas.
Houbo moita reivindicación
nese 1 de agosto por parte
dalgunhas bandas.
5
novidades que veñen das dúas partes.
Tras rematar Black Flag, comezou unha carreira dunha punta a outra do campo
Lavandeiras para ver os Bad Religion. Para Greg Griffin non eran horas de filosofar,
pero podíase facer algo. You and Me, Fuck You ou Punk Rock Song sumáronse ás
cancións máis novas da Mala Relixión. Si, van maiores, pero saben dicir que as cousas
poden cambiar e podes facelo empezando por ti mesmo. Seguiron os Strung Out,
mallaron aínda máis nos tímpanos dos últimos asistentes antes de que Biohazard
alimentasen a noite coa súa forza rítmica de crossover seguida por un moi activo Bobby
Hambel e un falangueiro Graziadei. Pecharon os Rancis, técnico tributo aos Rancid. O
ano que vén, segundo a organización, un dos cabezas de cartel serán NOFX.
8
Léxico
A polisemia e a homonimia
A polisemia é a relación semántica pola cal a un mesmo significante lle corresponden varios
significados.
Xa que logo, nos casos de polisemia os dicionarios amosan unha única entrada con
diferentes acepcións. Observa este fragmento extraído da entrada 'agulla', no
DIGATIC:
9
O termo agulla comprende múltiples acepcións.
10
A homonimia dispón que dous ou máis significantes iguais fonolóxica ou graficamente
posúen significados distintos.
A homonimia é o resultado dunha evolución fonética pola cal varios significantes con
significados totalmente diferentes acaban por converxer nunha mesma forma,
compartindo a súa grafía ou a maneira en que esta se pronuncia.
Os homónimos son, entón, palabras diferentes que os dicionarios recollen, así pois,
en entradas distintas. Estas van enunciadas cun número voado que as distingue:
11
Existen distintas clases de homonimia:
Lembra
A semántica é a rama da Lingüística que estuda o significado das palabras, describindo o seu
funcionamento e as súas evolucións a través do tempo.
12
Berobreos
Atoparon dúas fontes limpas e frescas, altas árbores cabo da praia e ladeiras ben
augadas nas que florecían maceiras e cerdeiras. Tanto lles gustou o sitio que non
querían marchar del, e o propio Clutamos chamoulle á illa, que estaba deserta,
Moinoga. Pensou de vez en tomar posesión dela, xa que parecía que non fora
coñecida por ninguén antes. Isto último tamén o inquedaba, xa que do mesmo xeito
que aparecera, igual podería desaparecer con el e cos seus mariñeiros dentro.
Así que Clutamos subiu ao alto de Moinoga, mentres pensaba nestas cuestións, para
explorar toda a volta insular. E na subida viu entre os penedos unha cova. Cando
entrou nela, descubriu que aquela cova era un pazo como o do máis rico dos señores,
e naquel pazo observou un home vestido con luxosas vestiduras. Pero ao observalas,
decatouse de que o vestido non estaba tecido con la, senón con algas. A roupa estaba
feita con leituga de mar e a capa que o cubría con ramallo; a fíbula que a prendía era
unha raspa dun gran peixe e tiña un colar feito con cunchas de buguinas.
13
—Non pensas volver á casa, Clutamos? —preguntoulle aquel señor.
—Chámome Berobreos e son señor destas augas que aquí ves e das que non ves. E
fixen emerxer esta illa das profundidades do mar ártabro para chamarte e que viñeses
aquí.
14
Comunicación
Textos dos medios de
comunicación
A noticia
A noticia ou nova é un texto breve no que se informa sobre un suceso recente, de xeito claro
e conciso.
As noticias constrúense tendo en conta sete preguntas clave: quen?, que?, onde?,
cando?, como?, canto? e por que? Para dar resposta a estas cuestións (ou, cando
menos, á maior parte delas), a noticia segue esta estrutura:
15
A narración é a modalidade textual predominante nas noticias. Xa que logo,
predominan os tempos verbais do modo indicativo, especialmente os de presente e
pretérito. Ademais, os complementos circunstanciais de tempo e de lugar son moi
frecuentes.
Por outra parte, cómpre mencionar que nas noticias dixitais cobra grande
importancia o emprego de hiperligazóns, as cales lle permiten á persoa lectora
ampliar e verificar o contido principal. Así mesmo, moitos xornais dispoñen as novas
de xeito interactivo, o que lle facilita ao público lector a posibilidade de achegar os
seus comentarios e opinións.
16
Lembra
As noticias son os textos que nutren de contido os xornais, publicacións impresas ou dixitais
que ofrecen información e opinións sobre temas de actualidade. Así e todo, as noticias tamén
poden ser textos orais (as da radio ou TV).
A reportaxe e a crónica
A reportaxe é un relato xornalístico, máis extenso que a noticia, no que se informa polo
miúdo sobre un tema concreto.
17
(infografías, fotografías, diagramas, mapas, táboas...) que completan a información
principal. Non obstante, non hai lugar para as valoracións persoais do xornalista.
As crónicas informan sobre os feitos ocorridos nun día, nunha xornada ou nun breve
período de tempo que o xornalista analiza, valora e interpreta. Por mor do seu
carácter híbrido, a información obxectiva vai acompañada de opinións, o que
xustifica que conteña expresións e adxectivos valorativos.
Por outra parte, a crónica permite unha gran liberdade expresiva, que se traduce na
creación dun estilo persoal asociado ao cronista. Isto adoita aumentar o interese dos
lectores e lectoras, atraídos polo carácter «imprevisible» destes textos.
O artigo xornalístico
O artigo xornalístico é un texto argumentativo no que a persoa autora expón o seu punto de
vista sobre un tema determinado, de contido moi variable.
O artigo xornalístico reflicte a opinión do seu autor ou autora, quen adoita ser
alguén de recoñecido prestixio profesional. Esta clase de textos caracterízase por
presentar unha gran liberdade expresiva e unha estrutura moi aberta. Trátase, por
tanto, de textos cun carácter subxectivo, o que se traduce no uso de formas verbais
en primeira persoa do singular ou do plural, así como de adxectivos valorativos.
Dentro dos artigos xornalísticos podemos destacar tres tipos, pola súa presenza
recorrente nos medios:
19
artigo de fondo (normalmente
breve) que expresa as ideas e
opinións da dirección do xornal
respecto dun tema, aberta e
directamente.
A entrevista
A entrevista é un texto conversacional no que unha persoa, normalmente coñecida, responde
as preguntas que lle fai un xornalista, ben arredor dalgún aspecto da súa traxectoria profesional
ou vital, ben sobre un tema concreto.
É habitual que a entrevista vaia introducida por unha breve presentación que achega algúns
datos de interese sobre o entrevistado ou entrevistada e presenta o motivo da dita entrevista,
seguida dun corpo de preguntas e respostas. Normalmente, a entrevista féchase cunha
despedida, máis ou menos formal.
Da mesma maneira que a crónica, a entrevista pertence aos xéneros mixtos e, particularmente,
pode ser oral ou escrita. Alén disto, as novas tecnoloxías reforzan o impacto informativo dunha
entrevista escrita, pois permiten engadirlle o arquivo de audio que a recolle ou acrecentarlle
contidos de imaxe e son.
20
O volframio galego de don Federico Guillermo
Baixo da ponte de Rande, en Vigo, os restos do vello cargadoiro de
mineral lembran as actividades nazis na II Guerra Mundial.
Baixo da ponte de Rande, unha vella estrutura de formigón trae recordos das
actividades nazis en Galicia durante a II Guerra Mundial. A historia do cargadoiro de
Rande está vencellada ao alemán Friedrich Wilhem Cloos, quen se estableceu en
Monforte de Lemos para explotar as minas de ferro de Freixo, en Marcelle. Este
enxeñeiro funda, en 1924, en Madrid, a empresa Minerales de Hierro de Galicia S.A.
Decidiu exportar o mineral por mar e escolleu un punto que estivese próximo á liña
férrea entre Ourense e Vigo. E atopou que o mellor lugar era o estreito de Rande.
Friedrich Wilhem Cloos, coñecido en Monforte como don Federico Guillermo, ordena
construír unha base de formigón, que aínda está hoxe en pé baixo dos piares da ponte
de Rande, e unha longa estrutura metálica, xa desaparecida.
21
Esta deriva filonazi prodúcese noutros moitos alemáns que estaban en Galicia antes da
guerra mundial. E, ao mesmo tempo, chegan ao país axentes para crear toda unha
arañeira económica e industrial que favoreza os intereses do Reich. En 1940, créase o
holding Sofindus (Sociedade Financeira e Industrial), con participación en bancos,
aseguradoras, minaría e navieiras. Participado maioritariamente por capital nazi, unha
das súas principais funcións é controlar a extracción e o transporte de volframio. Este
metal de gran dureza era empregado para a blindaxe dos carros de combate Panzer,
ademais de facer máis robustos os obuses. Hitler necesitaba volframio para fornecer
á industria bélica do Terceiro Reich.
22
O embarque de mineral polo cargadoiro de Rande provocou unha intensa actividade
de espionaxe. No Arquivo da Zona Marítima do Cantábrico, en Ferrol, hai informes
sobre espías sorprendidos cando tomaban fotografías de entradas e saídas de buques
nos portos de Ferrol e Vigo, que foron os máis activos para os nazis. Alí estaban os
buques Vessel e Max Albrecht, internados e dando servizo aos submarinos U-boot en
numerosas ocasións, como está recollido mesmo nos diarios persoais do almirante
Karl Doenitz.
A historia do cargadoiro de
Rande remata xunto coa O cargadoiro foi
propia guerra. En 1944, o usado dende
Departamento de Estado dos 1926 e o
Estados Unidos inclúe a volframio
Minerales de Hierro de forneceu a
Galicia na súa listaxe negra, maquinaria
como tamén a Otto bélica de Hitler.
Gerdtzen, propietario da
chamada «Fábrica do
Alemán», tamén en San
Simón, onde hoxe está o
museo Meirande. Como
aconteceu con moitos outros
nazis reclamados pola xustiza, don Federico Guillermo non foi detido. Morreu no ano
1949 en Monforte de Lemos e foi enterrado en Vigo, porque na súa vila non había
cemiterio civil. A súa tumba pode visitarse no camposanto de Pereiró.
23
O cargadoiro foi desmontado e vendido como chatarra na década dos 60. Quedan as
súas ruínas baixo da ponte de Rande. A grande estrutura metálica que hoxe aínda
vemos, moi preto cara ao interior da ría de Vigo, é moi posterior, construída para o
mineral de Coto Wagner en Ponferrada. Do antigo, queda a súa estrutura de
formigón e o recordo da guerra do volframio na enseada de San Simón, con nazis
como don Federico Guillermo señoreando por Galicia en plena II Guerra Mundial.
24
Funcionamento da lingua
O verbo (I)
As formas verbais
O verbo é unha palabra variable que indica accións, estados ou procesos. Funciona como
núcleo do sintagma verbal (SV).
A forma do verbo está composta por unha raíz verbal ou lexema, que achega o
significado léxico, e unhas desinencias (morfemas ou sufixos flexivos), as cales
engaden significado gramatical de persoa, número, tempo, modo e aspecto:
Na composición das formas verbais temos que salientar tamén a vogal temática (VT),
que indica a conxugación á que pertence o verbo. Así e todo, a VT non se reflicte de
maneira constante en todos os tempos e ás veces non está presente, o que se indica
co morfema de valor cero (Ø). Así pois, precisamos:
andabamos → and- (raíz) + -a- (VT) + -bamos (desinencias: 1.ª persoa, plural,
copretérito, indicativo, aspecto imperfectivo)
25
1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa
Por outra parte, a voz verbal indica se o suxeito realiza a acción (voz activa:
O defensa interceptou o pase) ou a recibe (voz pasiva: O balón foi interceptado
pola gardameta).
26
As formas non persoais e as conxugacións
As formas non persoais carecen de flexión de número e persoa:
Infinitivo andar
Xerundio varrendo
Participio partido
Cómpre lembrares que en galego existe unha forma de infinitivo persoal que incorpora
morfemas flexivos de número e persoa. De aí o seu nome: infinitivo flexionado (aínda que
tamén recibe o nome de infinitivo conxugado). As súas desinencias son, para as seis persoas
gramaticais: Ø, -es, Ø, -mos, -des, -en:
Por outra parte, recorda tamén que o verbo presenta tres conxugacións, definidas pola súa
terminación no infinitivo:
A conxugación verbal
O verbo é a única clase de palabra que se pode conxugar. Cómpre recordar, ademais,
que toda a conxugación do verbo se articula sobre dous eixes ou temas: o tema de
presente e o tema de pretérito, isto é, a «forma fixa» que presentan os verbos para
os tempos de presente e de pretérito. Nos verbos regulares coincide o tema de
presente co de pretérito (and-o / and-ei), mais nos irregulares son diferentes (caib-o /
27
coub-en).
Recorda cales son os tempos verbais, que xa tes estudado en cursos anteriores.
MODO INDICATIVO
MODO SUBXUNTIVO
INFINITIVO FLEXIONADO
andar, andares...
IMPERATIVO
anda, andade
FORMAS NOMINAIS
Os verbos regulares
28
Os verbos regulares son aqueles cuxa raíz se mantén invariable en toda a conxugación.
Os verbos acabados en -aer, -oer, -aír, -oír tamén son regulares, mais
intercalan un -i- entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por o
ou a: caio, saio, moia... Non entra neste grupo o verbo traer, que é
irregular.
29
«O turismo está a desvirtuar o sentido profundo do
entroido»
Falamos co antropólogo Rafa Quintía sobre a promoción destas festas.
Nos últimos anos, existe unha aposta crecente por parte das administracións por converter
determinados entroidos do rural galego nun produto turístico. O fenómeno está a espertar
algunhas reaccións críticas, como as da asociación compostelá Gentalha do Pichel, que
denuncian que o fenómeno ten repercusións en que aqueles que buscan o Entroido
abandonan a súa cidade para veren os entroidos ourensáns. Que cambios provoca nesta
antiga práctica da sociedade tradicional galega esta nova dimensión? Falamos co
antropólogo Rafa Quintía, especialista na festa do entroido, sobre estes cambios.
—Si, estase notando unha tendencia cada vez maior á turistificación, sobre todo
naquelas declaradas de interese turístico nacional e naquelas que se están, diriamos,
«malpromovendo». Creo que se está a pasar dunha festa participativa, ritual e
poliédrica, na que entran moitos máis aspectos que o puramente estético, a un
30
espectáculo e a unha representación.
—Neste proceso, hai entroidos menos vistosos que quedan atrás e outros que se
favorecen?
—Hai que ter en conta que a maior parte dos entroidos se perdeu entre os anos 50 e
os 70. É unha festa espallada polo territorio e cada parroquia e lugar tiñan as súas
particularidades, porque iso tamén é propio do noso carácter e da tendencia a nos
diferenciarmos. Estase a aproveitar aqueles que teñen un maior impacto visual ou
estético, pero desvirtuando a festa, e por outro lado vemos unha pulsión de imitación,
estanse creando novos entroidos e recuperando outros. Igual que cando se crearon as
festas gastronómicas, nas que se inventaban especialidades locais.
—De dúas maneiras. Por unha banda, uns senten orgullo de que ao seu entroido veña
máis xente. Sobre todo isto pasa cos políticos e a Administración, que é a que está a
fomentar esta dinámica ata puntos sorprendentes. Tamén temos xente que está en
31
contra, sobre todo por certos comportamentos que se xeran por parte de foráneos
que non comprenden ben as tradicións. «Pantallas» de Xinzo de Limia que viven con
emoción o momento de vestir o traxe, e se desesperan de que calquera poida poñer o
traxe de pantalla e aparecer tirado polo chan bébedo. Ou xente que non sabe que as
máscaras non se poden tocar, pero bótanlles fariña ou agárranas. Despois, como estas
festas acaban sendo monopolizadas pola Administración e mal subvencionadas,
acaban reducindo o nivel de crítica, sátira e rebeldía que sempre levan asociadas. A
Administración tende a querer regular e normativizar todo, e aínda que o entroido
non é un caos nin moito menos, ten as súas propias normas.
A ninguén se lle ocorre, por exemplo, xuntar todos os pasos de Semana Santa na
Cidade da Cultura, porque non tería sentido. Porén, si se fai co entroido galego.
Aproveitamos todo o que ten de vistoso e visual pero deixamos atrás o que realmente
significa.
—Pero a sociedade galega tamén cambiou. Xa non está tan baseada no rural
como antes, no que nacían eses entroidos. Como poden estas festas afrontar o
futuro?
—O entroido como expresión cultural foi mudando ao longo do tempo. A súa raíz está
en ser a interface entre o inverno que remata e a primavera que empeza. Despois o
cristianismo foi condicionando, limitando e anulando a festa, e esta cambiou. Na
sociedade rural tamén foi mudando o seu significado, pero en Galicia aínda conserva
moito do entramado social, das necesidades de ritualizar enfrontamentos e aliviar
tensións. Coido que segue a haber un espazo para ritos que favorezan a cohesión
social, a sátira e mesmo para manter certas ritualidades. Hoxe en día estamos nun
proceso de homoxeneización cultural derivado da globalización, pero á vez estase a
producir unha resposta de afirmación das identidades colectivas, e nesa tendencia é
onde debemos mirar o futuro do entroido.
32
Ortografía
A acentuación. Casos especiais (I):
ditongos, tritongos e hiatos
O ditongo é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba. O tritongo, daquela, será a unión
de tres vogais na mesma sílaba.
Tamén debes ter en conta que non levan acento gráfico as palabras agudas cuxa
última sílaba presenta un ditongo decrecente ou un tritongo:
O hiato prodúcese cando dúas vogais contiguas, isto é, que están en contacto, pertencen a
sílabas diferentes.
33
nalgunhas normas para acentualos correctamente:
Os encontros entre vogal forte átona (a, e, o) e vogal débil tónica (i, u)
sempre forman hiato, sen importar a posición de cada vogal no encontro.
Este hiato márcase graficamente cun acento na vogal débil: crúa, baúl, cría,
raíz...
Os verbos que rematan en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír levan un signo de trema ou
diérese (¨) na 1.ª e 2.ª persoas do plural do copretérito de indicativo para
reflectir as vogais que forman hiato: moïamos (verbo moer), puïades (verbo
puír).
Lembra
O sistema vocálico galego está formado por cinco fonemas, en posición átona, e sete
fonemas, en posición tónica. As vogais medias (e, o) poden estar representadas, cando son
tónicas, por dous fonemas: semiabertos (/ɛ/, /ɔ/) ou semifechados (/e/, /o/).
Nalgúns casos, a abertura ou fechamento destas dúas vogais márcase graficamente cun signo,
o acento diacrítico (presa vs. présa), mais polo xeral a distinción entre a pronuncia aberta ou
fechada non se reflicte mediante a grafía.
34
As vogais a, e, o son vogais fortes, mentres que as vogais i, u denomínanse febles ou débiles.
De acordo con isto, distinguimos, respecto dos ditongos:
Ditongos decrecentes. Vogal feble (i, u) + vogal forte (a, e, o): ambiente
Ditongos crecentes. Vogal forte (a, e, o) + vogal feble (i, u): voitre
Hiatos formados por unha vogal forte, átona, e outra feble, tónica: raíña, lúa...
Hiatos formados por dúas vogais febles, das cales a segunda é sempre a tónica: xuíza,
fiúncho...
Escoita o recitado do poema Canción da claridade das palabras, na voz do seu propio
autor, Manuel María:
Canción da claridade
35 das palabras
Canción da claridade das palabras
A PALABRA é a única chave que abre
a nosa soedade e pon, á luz
do sol e do luar,
a choída intimidade máis escura.
A palabra nomea e crea ás cousas,
pon orde no mundo
e harmoniza a toda a creación.
Cando prostituímos á palabra
estamos invocando ao demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.
Vocabulario
Banal
adx. Que carece de interese ou de importancia. Intranscendente, superficial.
Choída
adx. (do verbo choer) Fechada, encerrada.
Contenda
subs. Guerra, combate, pelexa.
36
Enxergar
vbo. Divisar algo ao lonxe, sen poder distinguilo moi ben. Avistar.
Estaxirita
adx. Natural da cidade de Estaxira, unha colonia de Andros e de lingua grega, na
Calcidia, nos antigos territorios da Macedonia. Hoxe en día pertence a Grecia.
Fíbula
subs. Peza de metal que, a modo de broche, suxeita os extremos dunha vestimenta.
Infografía
subs. (Do inglés informational graphics) Conxunto de recursos gráficos, creado por
medio da computadora, para presentar unha determinada información.
Promontorio
subs. Terreo elevado, especialmente o que penetra no mar.
Pulsión
subs. Impulso ou motivación que alguén sente para facer algo, motivado polo pracer.
Respectable
subs. Expresión empregada coloquialmente para referirse ao público asistente a un
espectáculo.
37