Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Queremos propoñervos unha idea para intentar paliar estos malos tempos

que está vivindo o pequeno comercio, é unha proposta para fomentar o


pequeno comercio, que faría publicidade tanto para esta zona da cidade
como para todo o pequeno comercio en xeral. A idea está basada nunha
proposta que levou a cabo o Concello de Ibiza no ano 2014 co lema
"Piensa en grande, compra en pequeño". Mediante mensaxes en
prensa, televisión e radio, intentárase concienciar á xente do beneficioso
de comprar no pequeno comercio e parece que os resultados foron moi
positivos.
Esta campaña fomentaba o que eles denominaron o "think glocal"
(pensar en global, pero actuar localmente).
A campaña usaba mensaxes moi directos como estos "Comprando no
pequeno comercio axudas aos teus veciños, amigos e familiares a
sacar adiante os seus negocios", "fortaleces os lazos da túa
comunidade e favoreces que o teu entorno creza”, "creas traballo
para as personas e familias que viven ao teu redor" ou "os comercios
humanizan os pobos e os barrios". A éstas pódense unir outras como
"o comercio local revaloriza o teu barrio, a túa vivenda,…"
Todos nós, nos incluímos, temos comprado infinidade de productos a
través de internet, xa non só polo prezo, se nos pola comodidade de nin
ter que movernos da casa. Pero tamén é certo que outras veces, estando
a piques de mercar algo por internet, pensas “por que non o compro na
tenda do lado da casa, que realmente pouco máis me custa e estou
axudando un pouquiño a que sigan adiante?”
Aínda que non poidamos permitirnos facer unha campaña a gran escala
nos medios de comunicación, si que poderíamos facer algo que quedara de
maneira perpetua e que todo o mundo identificara, como un poster
pegado na nosa tenda, ou unha pegatina nos nosos escaparates con un
lema algo como "Axuda ao pequeno comercio, a ti tamén te beneficia"
Un lema, un emblema, algo que ao velo concienciara á x e n t e , q u e che
fixera pensar no beneficioso que é que compres no comercio que está na
túa cidade, ao lado da túa casa. É complicado que o Concello de Santiago
participe nunha campaña a nivel de TV, polo custo que suporía, pero ao
mellor poderíamos intentar que colaborara con nós a través de algún
anuncio en prensa ou radios locáis.
Colaborando e participando todos, cremos que poderíamos lanzar unha
campaña cun custo moi reducido. Nós, por exemplo, nos ofremos
gratuitamente a facer un diseño dun cartel, dun emblema, de maneira
totalmente gratuíta.
É unha idea que aínda non está moi elaborada, pero creo que co aporte
de ideas de todos, e cunha mínima colaboración, poderíanos resultar moi
beneficiosa.

You might also like