Leonor e A Pomba Da Paz Texto

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

LEONOR E A POMBA DA PAZ

(APARECE A POMBA VOANDO CUNHA RAMA DE OLIVO NO PICO)

- Narrador: Esta é a historia dunha pomba que estaba a facer unha viaxe mooooi longa.
Tiña unha misión moi importante: levar unha rama de olivo por todo o mundo.

Pomba: Estou moi cansa e teño sono e fame! Quen me dera poder descansar un pouco!
Non, non podo! Teño que chegar ao meu destino!

(A RAMA DE OLIVO CAE DO SEU PICO)

Pomba: Nooooooon! Non pode ser! O que me faltaba!

(APARECE HUGO CAPIROTE E COLLE A RAMA DE OLIVO)

Hugo: Ei! Que sorte a miña! Con esta rama podo facer un tirapedras para xogar.

Pomba: Ola Hugo Capirote, poderías devolverme a miña ramiña para que poda seguir o
meu camiño, por favor?

Hugo: Non! É miña! Atopeima eu e non cha penso devolver.

(HUGO MARCHA E A POMBA QUEDA SOA)

Pomba: Que neno tan egoísta. Pero...que estou vendo! Parece que alí hai un olivo.
Collerei outra ramiña e seguirei o meu camiño.

(A POMBA DESAPARECE-VOLVEMOS A PEGARLLE A RAMA NO PICO- E APARECE


HUGO XOGANDO CO TIRAPEDRAS E ROBERTO MANAZAS)

Hugo: Ola Roberto Manazas! Acabo de facer un tirapedras. Queres probar?

Roberto: Trae para aquí. Verás que puntería teño.

(APARECE VOANDO A POMBA ACHEGÁNDOSE AO OLIVO E ROBERTO APUNTA AO


CEO.)

Roberto: Mira esa pomba que vai por ahí! Viche que puntería!

Pomba: Ai! Ai! Vaia pedrada! Que bruto eres! Acabas de darme nunha á! (ENOXADA)
Necesito descansar un pouco e beber un sorbo de auga.

(BAIXA E ACHÉGASE Á FONTE ONDE XA ESTÁ MANOLI PULSERAS.)

Pomba: Ola, Manoli Pulseras! Deixasme beber un pouco de auga que teño que facer
unha viaxe moi longa?

Manoli: Si oh! Estaba eu primeiro así que non te coles. Vaia morro que tes!
Pomba: Que nena máis desagradable e antipática! Como está a xuventude de hoxe en
día!

Narrador: Comeza a soprar nordés e o ceo cúbrese de nubarróns. A pobre pomba


comeza a tremer de frío.

Pomba: Deus! Que frío fai! Si puidese atopar un refuxio para resgardarme da chuvia. Alí
hai unha ventá aberta. Parece que é a casa de Sofía Tesoiras.

(APARECE SOFÍA TESOIRAS)

Ola Sofía, estou empapada. Importaríache que me quentase un pouquiño na túa


estufa?

(SOFÍA CORRE DETRAIS DA POMBA COAS TESOIRAS NA MAN INTENTANDO


CAZALA E A POMBA VAI ESCAPA DELA.)

Sofía: Cunha condición! Serás o meu xoguete e farás o que eu che diga!

Pomba: Eres unha marimandona. Non pode ser que nesta vila non haxa unha persoa boa,
disposta a axudar!

Narrador: Todo lle saía mal e pensaba que nunca conseguiría outra rama de olivo, que
morrería de fame, sede e frío. Ninguén a axudaba. De súpeto, para empeorar as cousas,
un raio cae preto dela e acaba chamuscándoa.

Pomba: Non me pode estar pasando isto! Vaia viaxe estou tendo!

(A PIQUES DE CHORAR, ENTRA ANTOLÍN PICAPICA CUN SPRAY NA MAN.)

Antolín: Vaia, vaia! Que pomba máis fea! Vou pintala un pouco máis (SONIDO DE
BOTAR O SPRAY) chínchate! Mira que eres fea!

(POR UN LADO DO ESCENARIO APARECE LEONOR.)

Leonor: O que faltaba...Antolín Picapica facendo das súas!!! Ei ti, para xa!!!!! Queres que
llo diga aos teus pais? (BERRA)

Antolín: Non, iso sí que non! Rifaranme!

Leonor: Pois deixa á pomba en paz! (LEONOR ACHÉGASE Á POMBA.). Fai algo útil e
vai por xabón, anda.

Antolín: Síntoo Leonor, pensaba que era divertido.

Leonor: Pois non ten ningunha gracia. Pobriña, mira que ollos máis tristes ten e que
porca está e ti burlándote dela!!! (ENFADADA)

Narrador: Leonor e Antolín lavaron á pomba e curaron as súas feridas. Chamaron a todos
os seus amigos para que lles botaran unha man.
(TODOS NO ESCENARIO)

Leonor: Non te preocupes. Os meus amigos e máis eu axudarémosche a atopar outra


rama de olivo e así poderás continuar a túa viaxe.

Pomba: Grazas, Leonor. Eres unha nena moi boa. Tiven moita sorte de atoparte. Pero...
non sei eu si os teus amigos están dispostos a axudarme...Antes, non se portaron moi
ben.

Leonor: (DIRÍXESE AOS SEUS AMIGOS) E vos, non lle tedes nada que dicir?

Todos: Sentímolo moito. Estamos moi avergonzados do noso comportamento.

Leonor: Hugo Capirote, a pomba perdeu a súa ramiña de olivo, podes traerlle outra, por
favor?

(HUGO MARCHA E VOLTA COA RAMA DE OLIVO)

Roberto Manazas, a pomba está famenta, podes traerlle uns grans de millo, por
favor?

(ROBERTO MARCHA E VOLTA CUN PRATO CON GRANS DE MILLO.)

Manoli Pulseras, a pomba ten sede, poderías darlle unha pouca da túa auga, por
favor?

(MANOLI MARCHA E VOLTA COA CANTIMPLORA.)

Sofía Tesoiras, a pomba ten frío, poderías traerlle unha toalla para secarse, por
favor?

(SOFÍA MARCHA E VOLTA CUNHA TOALLA.)

Pomba: Grazas a todos, de verdade. Agora sí podo continuar o meu camiño.

Narrador: Leonor estaba moi orgullosa dos seus amigos. Grazas a eles a pomba estaba
recuperada e voaba feliz entre as nubes.

(TODOS ABANEÁNDOSE A MODO DE DESPEDIDA E A POMBA VOANDO POR RIBA.)

Os amigos de Leonor aprenderan unha lección moi importante. Por fin podía
continuar a súa viaxe e seguir levando polo mundo a súa mensaxe de paz. A pomba sabía
que non estaba soa e que había xente boa, sempre disposta a axudarse uns aos outros.

You might also like