Normas Básicas de Colocación Do Pronome Átono

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

NORMAS BÁSICAS DE COLOCACIÓN DO

PRONOME ÁTONO EN GALEGO


En xeral, os pronomes átonos colócanse despois do verbo (posición
enclítica).
Ex: Pablo me dixo que viría*
Pablo díxome que viría.

Cómpre ter en conta que un pronome átono NUNCA pode comezar


oración ou ir despois de pausa.
Ex: Te vin onte*
Vinte onte

Colócase antes do verbo (posición proclítica) nos seguintes casos:


En oracións negativas introducidas por un adverbio, pronome ou
conxunción negativos (ex: nunca, non, ninguén, xamais...).
Ex: Non fíxeno eu, foi Paula*
Non o fixen eu, foi Paula
En oracións interrogativas e exclamativas ou desiderativas iniciadas
por un adverbio ou un pronome, ou outra palabra.
Ex: Quen dérame ir!*
Quen me dera ir!
Deus asístame!*
Deus me asista!
En oracións subordinadas.
Ex: Ela díxome que viríanos buscar cedo*
Ela díxome que nos viría buscar cedo
Cando o verbo vai precedido de determinados adverbios, como por
exemplo axiña, xa, aínda, mesmo, sempre, tamén, acaso, ata, seica, ben...
Ex: Axiña véxote*
Axiña te vexo
Cos indefinidos ninguén, nada, ningún/ningunha, alguén, algo, ambos/as,
bastante, calquera, mesmo, todo, todos/as...
Ex: Ninguén díxomo, a verdade*
Ninguén mo dixo, a verdade

Con infinitivos e xerundios: xeralmente van pospostos ou enclíticos.


Ex: Riu dándolle as grazas

Se forman parte de perífrase verbal, o pronome admite diferentes


colocacións:
Ex: Haina que levar á casa
Hai que a levar á casa
Hai que levala á casa

You might also like