Comentario Mary Wollstonecraft-Gonzalez Herraez Gorka

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

González Herraez, Gorka Grupo 1

Comentario texto de Mary Wollstonecraft

“Considere —me dirijo a usted como legislador— que si los hombres luchan por su libertad y se
les permite juzgar su propia felicidad, ¿no resulta inconsistente e injusto que subyuguen a las
mujeres, aunque crean firmemente que están actuando del modo mejor calculado para
proporcionarles felicidad? ¿Quién hizo al hombre el juez exclusivo, si la mujer comparte con él
el don de la razón?
De este mismo modo argumentan todos los tiranos, cualquiera que sea su nombre, desde el rey
débil hasta el débil padre de familia; todos ellos están ávidos por aplastar la razón, y también
siempre afirman que usurpan el trono sólo por ser útiles. ¿No actúan de modo similar cuando
fuerzan a todas las mujeres, al negarles los derechos políticos y civiles a permanecer confinadas
en sus familias, andando a tientas en la oscuridad? Porque ciertamente, señor, no afirmará que un
deber pueda obligar cuando no se basa en la razón. Si realmente éste fuera su destino, los
argumentos se desprenderían de la razón; y, así, magníficamente apoyados, cuanto más
entendimiento adquieran las mujeres, más se atarán a su deber comprendiéndolo, porque si no lo
comprenden, si su moral no se fija con los mismos principios inmutables de los hombres, no existe
autoridad que pueda exonerarlas de él de manera virtuosa. Pueden ser esclavas convenientes, pero
el efecto constante de la esclavitud degradará al amo y al subordinado abyecto.
Pero si se debe excluir a las mujeres, sin tener voz, de participar en los derechos naturales del
género humano, pruebe primero, para rechazar la acusación de injusticia e inconsistencia, que
carecen de razón; de otro modo esta grieta en vuestra Nueva Constitución siempre mostrará que
el hombre, de alguna forma, debe actuar como un tirano, y la tiranía, en cualquier parte de la
sociedad donde alcance su descarado frente, siempre socavará la moralidad.”

Resumo-esquema:
1. Denuncia da inconsistencia dos homes ilustrados ao privar ás mulleres dos mesmos
dereitos e participación política ca os homes
1.1. As mulleres teñen o don da razón de maneira idéntica aos homes
1.2. Os homes obrigan ás mulleres a quedar relegadas no ámbito privado
1.3. Actúan coma tiranos ao intentar dominar a suxeitos igual de racionais ca eles
2. Reta a demostrar a carencia de razón nas mulleres se se quere refutar a acusación de
inconsistencia e inxustiza
2.1. Se non son quen de facelo e exclúen ás mulleres igual son uns tiranos, e
socavan a moralidade
2.2. Asumir esta inconsistencia suporía unha fenda na Constitución ilustrada, pois
esta se basea na razón e na igualdade dos individuos racionais.

Resumo:
Neste texto a autora acusa aos ilustrados coetáneos (homes) de incorrer nunha
incoherencia e inxustiza ao privar ás mulleres da capacidade de actuar na vida pública e
política, e de relegalas ao ámbito privado, sendo elas posuidoras do don nunha medida
exactamente igual aos homes.
González Herraez, Gorka Grupo 1

Comentario:
Este texto é un fragmento extraído da obra Vindicación dos dereitos da muller da
feminista ilustrada Mary Wollstonecraft. Esta autora é a máxima expoñente do
feminismo ilustrado. Esta obra marca o inicio do feminismo ilustrado, deixando atrás as
querelas e dando inicio á etapa reivindicativa do feminismo. Non é casualidade que este
paso á acción reivindicativa teña lugar na época da ilustrada. A Ilustración foi un
movemento social, cultural e político que fundamentou a igualdade de todos os homes
no don da razón que todos os homes posúen. Esta reivindicación dos ilustrados da
igualdade de tódolos homes fronte a lei é a máis grande que tivera lugar en occidente ata
o momento. Mais cando estes ilustrados falaban dos “homes” como iguais e posuidores
da razón, falaban literalmente dos homes en exclusivo, sen pretensión de ser un
universal que englobase ás mulleres e as fixera partícipes deses dereitos. En base a esta
concepción ilustrada patriarcal é que se redactaron as constitucións ilustradas, excluíndo
sempre ás mulleres do ámbito político e sen posibilidade de decidir xunto cos homes
neste terreo. Mais esta exclusión semella moi pouco fundamentada, e é por iso que a
acción reivindicativa do feminismo ten o seu inicio nesta etapa, pois utilizará os propios
principios aos que apelan os ilustrados (o don da razón) para denunciar a situación da
muller.
Este texto de Mary Wollstonecraft é un claro expoñente da situación anteriormente
descrita. Ela comeza afirmando que a muller é dona da razón en igual medida ca os
homes, pero que estes son os únicos que teñen o dereito de xulgar o que é mellor e, polo
tanto, de sobrepoñerse a elas e dirixir as súas vidas. Nesta situación detecta unha
incoherencia e inxustiza, pois se o principio ilustrado que fai a todos os homes iguais en
dereitos é a razón, por que as mulleres (as cales tamén a posúen) non gozan deses
dereitos? Neste sentido o feminismo ilustrado si que sería a verdadeira afirmación da
universalidade dos dereitos baseados na razón, en tanto que os demais ilustrados
estarían a privarlles de maneira incoherente e inxustificada ás mulleres eses dereitos.
A autora equipara a maneira de proceder deses ilustrados coa maneira de proceder dos
tiranos (contra os cales se están a reivindicar os ilustrados): “todos ellos están ávidos
por aplastar la razón”, pois iso é o que estarían facendo tamén os ilustrados ao negarlle
os seus dereitos a outros individuos igualmente racionais. Acúsaos de apartalas da vida
pública, política, e de obrigalas a “permanecer confinadas en sus familias, andando a
tientas en la oscuridad”. Esta afirmación de que as mulleres son obrigadas a “andar a
tientas en la oscuridad” é moi esclarecedora, pois transmite moi ben como o ámbito
privado ao que relegan ás mulleres é un espazo carente de coñecemento e racionalidade
(non iluminado), en contraste coa iluminación que leva ao ámbito público o movemento
“ilustrado”.
Por outra banda, afirma que os deberes que deben ser cumpridos son tan só aqueles que
se basean na razón, e non considera que este sexa o caso, posto que se así fose, as
mulleres deberían ser quen de entendelos coma algo racional e polo tanto, quererían
voluntariamente acatalos.
González Herraez, Gorka Grupo 1

O texto culmina co reto que lanza Wollstonecraft de demostrar que as mulleres carecen
de razón e que, en consecuencia, é lexítimo privalas da representación política e dos
dereitos que o don da razón garante. Mais se esta demostración non é posible, se non
son quen de rebater a acusación lanzada polo feminismo, o movemento ilustrado estaría
incorrendo nunha moi grave inxustiza e incoherencia, o cal suporía unha gran fenda nas
constitucións que se estaban a elaborar. Estarían actuando coma tiranos e como di
Wollstonecraft: “la tiranía, en cualquier parte de la sociedad donde alcance su descarado
frente, siempre socavará la moralidad”.
A proposta deste feminismo ilustrado actuaría en favor de tódolos seres humanos, pois
se os ilustrados actúan coma tiranos están degradándose a eles mesmos, a parte de estar
desfavorecendo ás mulleres.Esta idea vémola clara cando di: “Pueden ser esclavas
convenientes (as mulleres), pero el efecto constante de la esclavitud degradará al amo y
al subordinado abyecto”.
A óptica feminista da Ilustración é a máis fiel aos principios ilustrados, pois avoga de
verdade por unha universalización dos dereitos baseados no uso da razón, sen privar á
metade do xénero humano de gozar deles.
Este texto ilustra moi ben a esencia da argumentación das reivindicacións do feminismo
ilustrado. Queda patente como son os propios principios dos ilustrados os que deben
levar a unha aceptación das reivindicacións feministas. Ademais, a importancia histórica
é moi grande, posto que senta un procedente na historia do feminismo.
Este fragmento ten unha estrutura das ideas encadrada, pois a principal é presentada ao
comezo do texto e repetida ao final con algunhas adicións.

You might also like