O Papel Do Estado

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 13

O PAPEL DO ESTADO

Creado por: Helena Sío, Sabela Torrado e Samuel Castro de 1°de


bacharelato A, B e C.
Índice
1. Os fallos do mercado
1.1. A escaseza de bens non rentables

1.2. As externalidades da producción

1.3. A distribución desigual da renta

1.4. A competencia imperfecta

1.5. A inestabilidade dos ciclos económicos

2. O estado de benestar: presente e futuro

2.1. O estado de benestar español

2.2. Futuro do estado de benestar

3. A política macroeconómica

3.1. A política macroeconómica coyuntural

3.2. A política macroeconómica estructural

4. A perspectiva macroeconómica

4.1. Variables macroeconómicas

4.2. Os indicadores económicos

1
1. Os fallos do mercado
Os fallos do mercado son fenómenos que se producen cando o mercado non e capaz de
asinar os recursos de forma eficiente o que obstaculiza o funcionamento eficiente da
economía, por iso é importante comprender e abordar as deficiencias inherentes ao sistema
económico para lograr un equilibrio máis óptimo, esto soe recaer no Estado.

1.1. A escaseza de bens non rentables


A escaseza de bens non rentables refírese á situación na que certos bens públicos ou
servizos esenciais non se producen na cantidade óptima debido á ausencia de incentivos
financeiros para os produtores. Estes bens, como a educación pública ou a infraestrutura, ás
veces non xeran beneficios directos para os produtores e, polo tanto, poden ser ignorados
en termos de asignación de recursos.

1.2. As externalidades da producción


As externalidades de produción son efectos secundarios non desexados que resultan da
actividade produtiva dunha empresa e afectan a terceiros de maneira non compensada no
mercado. Estes efectos poden ser tanto positivos como negativos e poden manifestarse de
diversas formas. A regulación das externalidades de produción é importante para garantir un
desenvolvemento económico sustentable e minimizar os impactos negativos na sociedade e
no medio ambiente.
Algunhas exemplos destas estarnaliades de producción atopamos:
·Positivas:
O estado busca o seu formento, mediante as subvencións e axudas, ou a regulación
(patentes) destas externalidades.
1. Investimento en investigación e desenvolvemento (I+D): Unha empresa que invista
en I+D pode desenvolver novas tecnoloxías ou innovacións que beneficien a toda a
industria ou a economía en xeral.

2
2. Educación dos empregados: Unha empresa que invista na formación e educación dos
seus traballadores pode mellorar as súas habilidades o que pode beneficiar a outras
empresas do sector ou á economía local, xa que esos empregados usaran esos
recursos noutras empresas nun futuro.
·Negativas:
O estado busca a sua erradicación, mediante a imposición de tasas regulatorias e multas.
1. Contaminación do aire: Unha fábrica que emite gases contaminantes durante o
proceso de produción pode afectar a calidade do aire na área circundante, causando
problemas de saúde para os residentes locais e contribuíndo ao cambio climático.
2. Contaminación acústica: As actividades industriais ou de transporte que xeran altos
niveis de ruído, como o tráfico pesado ou a construción, poden perturbar a
tranquilidade das zonas residenciais próximas e causar molestias aos seus habitantes.

1.3. A distribución desigual da renda


A distribución desigual da renda refírese á disparidade na distribución de ingresos entre os
individuos dentro dunha sociedade. Isto pode ser debido a unha variedade de factores,
como diferenzas na educación, habilidades, acceso ao capital ou localización xeográfica.
Unha distribución desigual da renda pode levar a tensións sociais e económicas, así como a
unha asignación subóptima de recursos.

1.4. A competencia imperfecta


A competencia imperfecta prodúcese cando os mercados non cumpren cos criterios de
competencia perfecta, o que significa que hai barreiras para a entrada e saída, poder de
mercado por parte dalgúns empresas, información asimétrica ou produtos diferenciados.
Estas imperfeccións poden resultar en prezos máis altos para os consumidores, asignación
ineficiente de recursos e falta de innovación.

3
Existen varios tipos:
● Monopolios: Nun monopolio, unha única empresa controla a oferta dun ben ou
servizo no mercado, o que lle outorga un poder significativo para fixar prezos. Isto
pode resultar en prezos máis altos para os consumidores e unha menor cantidade de
bens producidos en comparación cun mercado competitivo. Os monopolios poden
xurdir debido a barreiras de entrada, como patentes, control de recursos clave ou
economías de escala.
● Oligopolios: Nun oligopolio, un pequeno número de empresas domina o mercado, o
que lles permite influír nos prezos e nas cantidades producidas a través de acordos
tácticos ou explícitos. As empresas nun oligopolio adoitan competir a través de
estratexias de fixación de prezos, publicidade e diferenciación de produtos. Isto pode
levar a unha falta de competencia real e a prezos máis altos para os consumidores.
● Competencia monopolística: Na competencia monopolística, moitas empresas
producen produtos similares pero lixeramente diferenciados. Cada empresa ten certo
grao de poder de mercado debido á percepción dos seus produtos como únicos.
Aínda que hai liberdade de entrada e saída no mercado, as empresas adoitan ter
certo control sobre os prezos e as cantidades producidas, o que pode resultar nunha
asignación ineficiente de recursos.

1.5. A inestabilidade dos ciclos económicos


Os ciclos económicos son fluctuacións da actividade económica en fases alternas de
expansión e recesión. Pódense dividir en varias fases consecutivas que causan inestabilidade
debido a que nas expansións a economía sube demasiado e os prezos con ela, mentres que
nas crises hai un grande desemprego no que moitas persoas perden o seu sustento.

4
Ademais, é moi dificil previr cando virá a seguinte fase, así que o Estado non pode tomar
medidas cautelares para paliar os seus efectos.
Hai catro fases:
● Expansión: É a fase ascendente do ciclo. Débese a un aumento da inversión, o que
leva a un maior consumo e a unha maior produción e cantidade de emprego. Estes
traballadores, a súa vez, aumentan o consumo, producindo un círculo virtuoso
● Cima: É o punto máximo do ciclo. Este máximo pódese alcanzar porque haberá un
momento no que se utilicen todos os recursos ou porque unha burbulla (producto da
especulación) estale.
● Recesión: É a fase descendente do ciclo. Despois da cima, as empresas non poden
seguir co ritmo de produción, polo que despiden aos traballadores, que xa non poden
consumir máis. É un círculo vicioso, ao contrario que na expansión.
● Fondo: É o momento máis baixo do ciclo. A produción é moi baixa, o desemprego moi
alto e o consumo escaso.

2. O estado de benestar: presente e futuro


2.1. O estado de benestar español
O estado de benestar é un concepto único da economía mixta na que se recoñecen e
garantizan unha serie de dereitos básicos universais.
Os catros pilares deste benestar aos que o Estado debe asegurar que toda a poboación
poida acceder son: educación, sanidade, pensións e traballo. Aínda así, hai moitos máis.
● Educación: En España máis dun 88% está escolarizado. De 28.470 centros educativos,
19.155 corresponden a centros de ensino público e que 9.315 son concertados e

5
privados. É dicir, que dous tercios do alumnado español ten acceso a unha educación
pública pagada polo Estado.
● Sanidade: En España é un sistema mixto onde o Sistema Nacional de Saúde (SNS),
que é xestionado por entidades públicas, convive cunha ampla rede hospitalaria
privada. Preto do 90% dos españois goza do SNS, mentres que o 15% ten seguro de
saúde privado.
● Pensións: En España 9,18 millóns de persoas gozan dalgún tipo de pensións, o que
supón un gasto do PIB do 11,5 %
● Traballo: De acordo coa EPA, en 2023 houbo un 11,80 de paro e unha tasa de
emprego do 52,13% (porcentaxe de persoas ocupadas respecto da poboación de maís
de 16 anos)
Unha institición moi importante para garantizar que estes dereitos se vexan preservados é a
Seguridade Social. É a protección que unha sociedade proporciona aos individuos para
asegurar o acceso a asistencia médica e garantizar a seguridade do ingreso, en particular, en
caso de vellez, desemprego, enfermidade, invalidez, accidentes de traballo…

2.2. Futuro do estado de benestar


O futuro do estado de benestar está comprometido, entre outras razóns, porque temos un
grave problema a resolver resopecto do envellecemento da poboación. Debido a pirámide
demográfica, que mostra como a nosa poboación se está facendo maior, comeza a aparecer
dificultades para manter o estado benestar. Se isto se xunta coa baixa natalidade (cunha
media de 1,16 fillos por muller, a segunda máis baixa da UE) e a alta esperanza de vida (uns
83 anos de media) España parece encamiñada a un gran reto a superar. Se nacen menos
bebés e, polo tanto, menos futuros traballadores pero hai máis persoas vellas, ninguén lles
pode pagar a pensión. Isto fai moi difícil manter o sistema de xubilación que temos hoxe en
día.

3. A política macroeconómica

3.1. A política macroeconómica coyuntural


É a forma de intervención do Estado a corto ou medio prazo para conseguir uns obxectivos
económicos relacionados coa produción, o emprego e os prezos. Existen políticas de varios
tipos:
● Política fiscal: É acción intencionada do Estado para aumentar ou diminuír a
actividade económica, principalmente mediante a recaudación de impostos e a
aplicación de gasto público. A súa manifestación principal atópase nos Orzamentos

6
Xerais do Estado, pois están compostos polas tasas dos contribuíntes e organizan
como se distribúe o gasto público.
● Política monetaria: É o conxunto de medidas que toma o Banco Central dunha nación
co fin principal de manter a estabilidade dos prezos utilizando como variable de
actuación a cantidade de cartos en circulación e o prezo dos cartos. Pode ser unha
política monetaria expansiva (cando se aplica para aumentar a cantidade de diñeiro),
ou política monetaria restritiva (cando se aplica para reducila). Unhas medida moi
importante que pode tomar é modificar o tipo de interés, que inflúen nos préstamos
e nas hipotecas.
● Política exterior: É a intervención que realiza o Estado para regular as transaccións
con outros países ou economías como, por exemplo, o tipo de cambio da moeda
respecto ás moedas doutros países, as restriccións ás importacións ou o fomento das
exportacións.
● Política de rentas: Pretende lograr a estabilidade de prezos mediante o control dos
prezos e salarios e, polo tanto, da inflación. Cando os prezos se disparan, o Estado
intenta controlar os prezos dos productos máis inestables. Tamén pode regular os
salarios dos funcionarios ou recomendar salarios máximos e mínimos ás empresas.

3.2. A política macroeconómica estructural

Son as accións e medidas deseñadas para influir na estructura a largo prazo dunha

economía. Busca abordar aspectos máis profundos da economía, como a productividad, a

competividade, a distribución de ingresos ou a inversión en infraestructuras. Encárgate

destas áreas, entre outras:

● Políticas de competencia e regulación: garantizan un entorno empresarial xusto e

competitivo, eliminando as barreiras ao comercio e promovendo a competencia nos

mercados.

● Promoción da innovación e tecnoloxía: políticas destinadas a fomentar a

investigación e o desenvolvemento, e de apoiar ás empresas innovadores e avanzadas

tecnoloxicamente.

7
● Políticas de educación e capacitación: céntranse en mellorar a calidade e

accesibilidade á educación, e de proporcionar programas de capacitación laboral para

mellorar as habilidades no traballo e aumentar a productividade.

● Inversión en infraestructuras: refírese a proxectos de construción de estradas,

pontes, sistemas de transporte público,... co obxectivo de aumentar a productividade

e de mellorar a eficiencia da economía a longo prazo.

● Reformas estruturais: poden incluir cambios nas regulacións fiscais, financieiras ou

laborais para mellorar a eficiencia e a competividade da economía.

4. A perspectiva macroeconómica

4.1. Variables macroeconómicas

As variables macroeconómicas son medicións dos fenómenos macroeconómicos, por

exemplo, da renta, emprego, producción, salarios,...

Hai dous tipos de variables económicas:

● Variables stock: Variables que miden estos fenómenos nun momento específico de

tempo. Recolle o valor acumulado do que se está a medir ata un momento concreto.

● Variables fluxo: Variables que miden os fenómenos macroeconómicos por unidade

de tempo, por exemplo, salario, impostos, renta, aforro anuais ou mensuais.

As principais variables macroeconómicas son:

8
● PIB (Produto Interior Bruto): mide o valor de todos os bens e servizos producidos nun

período de tempo, normalmente un ano, na economía dun país. Emprégase para

coñecer a riqueza dun país.

● Emprego: mide o porcentaxe de poboación ocupada, é dicir, de persoas que teñen un

emprego remunerado.

● Paro: é a falta de traballo cando estase buscando. É un desaxuste no mercado laboral,

cando a demanda de traballo é superior á oferta. Hai distintos tipos: estacional,

friccional, estructural e cíclico.

● Inflación: aumento xeralizado dos prezos dos bens e servizos. A inflación causa a

diminución do poder adquisitivo dunha moneda. Para medilo, emprégase o IPC, que

calcula a variación dos prezos dunha cesta de bens e servizos representativa, mide o

aumento promedio dos prezos e determina a taxa de inflación.

4.2. Os indicadores económicos

Os indicadores macroeconómicos son estatísticas de datos que reflexan as circunstancias

económicas dun país ou rexión. Estos son empregados polos gobernos e analistas para

avaliar a saúde a corto, medio e longo prazo da economía e do mercado. Proporcionan

información sobre o rendemento económico, actividade comercial, condicións do mercado

laboral, entre outros.

Hai dous tipos principais de indicadores económicos:

9
● Indicadores avanzados: pronostican cara onde vai unha economía xa que representan

a primeira fase dun novo ciclo económico, por iso os gobernos os empregan para

aplicar políticas económicas.

● Indicadores retrospectivos: representan o comportamento histórico dunha economía

e cambian cando se establece unha nova tendencia.

10
Bibliografía
● https://es.wikipedia.org/wiki/Estado_del_bienestar
● https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/educacion/Pagi
nas/2023/120923-ninos-escolarizados.aspx#:~:text=%5BPrensa%2FActualidad%
5D-,Casi%20el%2088%25%20de%20los%20espa%C3%B1oles%20entre%2015%
20y%2019,m%C3%A1s%20que%20hace%20una%20d%C3%A9cada&text=M%C
3%A1s%20de%20la%20mitad%20de,encima%20de%20las%20medias%20intern
acionales.
● https://www.infobae.com/espana/2023/08/22/espana-gasta-mas-en-educacio
n-pero-la-publica-pierde-peso-el-32-de-los-alumnos-ya-estudia-en-centros-priv
ados-o-concertados/
● https://sedisa.net/2021/06/01/las-claves-del-exito-del-sistema-sanitario-espan
ol/#:~:text=El%20sistema%20sanitario%20espa%C3%B1ol%20es,tienen%20un
%20seguro%20m%C3%A9dico%20privado.
● https://www.epdata.es/datos/pensiones-graficos-datos/20/espana/106
● https://www.bankinter.com/blog/finanzas-personales/gasto-pensiones-espana
● chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.ine.es/da
co/daco42/daco4211/epa0223.pdf
● https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=12
54736176918&menu=ultiDatos&idp=1254735976595
● Fallo de mercado - Qué es, definición y concepto (economipedia.com)
● ▶️ Externidad positiva y negativa: Definición y ejemplos
(historiadelaempresa.com)
● Externalidades negativas - Definición y ejemplos (economiapedia.com)
● cap 6 Oferta, Demanda y Política Económica (ua.es)
● Distribución de la renta - Qué es, definición y concepto (economipedia.com)

11
● 8.1 ¿Por qué hay desigualdad en la distribución de la renta? - ECONOSUBLIME
● AAFF_ESP_EsadeEcPol_Brief27_DesigualdadRenta_final_final.pdf
● Competencia imperfecta: ¿Qué es y cuáles son sus características?
(economia3.com)
● Competencia imperfecta - La Ciencia Económica (lacienciaeconomica.com)
● Competencia imperfecta - Qué es, definición y concepto (economipedia.com)
● https://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_fiscal
● https://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_monetaria
● https://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_de_rentas
● https://www.eleconomista.es/diccionario-de-economia/inflacion
● https://economipedia.com/definiciones/desempleo-paro.html
● https://www.bancosantander.es/glosario/pib-producto-interior-bruto
● https://www.ig.com/es/estrategias-de-trading/-cuales-son-los-principales-indic
adores-macroeconomicos-que-se-d-200117#:~:text=%C2%BFQu%C3%A9%20so
n%20los%20indicadores%20macroecon%C3%B3micos,econom%C3%ADa%20y
%20los%20mercados%20financieros.
● https://mexico.unir.net/noticias/economia/variables-macroeconomicas/
● https://www.unir.net/empresa/revista/variables-macroeconomicas/

12

You might also like