Compo 11 Movemento Obreiro

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

COMPOSICIÓN Nº 11 (SÉC.

XIX) – Podcast Somos Historia · Episodio 29


O MOVEMENTO OBREIRO EN ESPAÑA NO SEXENIO DEMOCRÁTICO E NA RESTAURACIÓN
@miguelabraira

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que
contextualizar a expansión do movemento obreiro no período político do Sexenio Democrático,
relacionándoo co recoñecemento de dereitos na constitución de 1869 e coa influencia da AIT. Tamén
deberá ofrecer unha explicación básica dos principios esenciais defendidos polas ideoloxías obreiras
anarquista e marxista/socialista (obxectivos e medios empregados para a súa consecución). Así
mesmo, cumpriría que se referise á evolución do movemento obreiro no último terzo do século XIX,
sinaladamente da Restauración, como momento de consolidación das organizacións de traballadores e
do recoñecemento dos sindicatos, sen esquecer os episodios represivos.

Ao longo do XIX, como consecuencia da chegada do liberalismo e da industrialización,


a “sociedade estamental” desaparece, substituída por unha nova “sociedade de clases”,
na que os novos protagonistas son 2 grupos sociais emerxentes:
-a burguesía: dona das fábricas, e que ademais accedía á política para lexislar ao seu favor.
-e o proletariado: traballadores sen dereitos nin poder, que só tiñan a súa forza de traballo,
e que vivían en durísimas condicións (salarios ínfimos, explotación laboral e infantil...).
Estas lamentables condicións provocaron o nacemento do chamado movemento obreiro:
o intento dos proletarios ou obreiros de organizarse contra a burguesía (patronos/goberno)
co fin de mellorar os seus salarios e as condicións laborais ás que os burgueses os sometían.
Farano inspirados polas que serán as 2 ideoloxías do movemento obreiro en Europa:
a ideoloxía marxista e a anarquista.

EVOLUCIÓN DAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN E LOITA


O movemento/loita obreira foi adoptando diversas formas de organización ao longo do XIX.
A 1ª forma (1ª metade XIX) foi o LUDISMO* ou destrución de máquinas por parte dos obreiros,
ás que culpaban de deixalos sen traballo, e entre as que podemos destacar:
• o de Alcoy (Alicante) en 1821, por ser o primeiro documentado en España
• o incendio da fábrica téxtil Bonaplata (Cataluña) en 1835
• e as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña tirando as máquinas ao mar en 1857.

A 2ª (década de 1840) son as primeiras asociacións, as SOCIEDADES DE SOCORRO MUTUO,


que consistían en que os traballadores aportaban solidariamente diñeiro a un fondo común
para axudar aos asociados en caso de enfermidade ou despido.
Pero ao ser cada vez máis reivindicativas, adiantando a idea do que serían os sindicatos,
foron prohibidas e perseguidas durante todo o reinado de Isabel II polos moderados,
chegando a recollelas como un delito no Código Penal (tanto era o medo a unha rev.social).
Na misma liña, para protexer a propiedade privada no rural, crearon en 1844 a Garda Civil.
Só unha vez expulsada Isabel II mediante a Revolución Gloriosa, e xa no Sexenio Democrático,
recollerase por fin o dereito de reunión e asociación na nova Constitución de 1869,
quedando legalizadas así as asociacións obreiras,
e xurdindo polo tanto a 3ª forma de loita: os SINDICATOS, evolución daquelas Sociedades.

E por último, a FOLGA, que podía ser sectorial (dun só sector) ou xeral (de todos),
e que se usaba como instrumento de presión para lograr cambios.
En 1855, por exemplo, tivo lugar a 1ª folga xeral da Historia de España, en Cataluña,
para reivindicar o dereito a asociarse, xornadas laborais máis curtas e aumento de salarios.
Pero a falta de apoio do breve goberno progresista nese bienio 1854-56,
fixo entender aos obreiros que os progresistas tampouco ían lexislar ao seu favor,
pasando entón a apoiar aos liberais democráticos ou mesmo aos republicanos.
Será entón, no Sexenio Democrático e por medio da Constitución de 1869,
cando por fin se recoñezan por vez 1ª dereitos esenciais para a loita obreira,
como o de reunión ou o de asociación,
e outros non menos importantes, como o do sufraxio universal (masculino).
Esta consecución do dereito de asociación no Sexenio foi esencial,
pois a partir de aí produciuse o despegue do movemento obreiro en España,
axudado tamén pola chegada das novas ideas europeas (o marximo e o anarquismo),
e polo nacemento da AIT (Asociación Internacional de Traballadores) en Londres 1864,
co obxectivo de unir e organizar ao proletariado de todo o mundo.

IDEOLOXÍAS OBREIRAS ANARQUISTA E MARXISTA (obxectivos e medios)


Tanto a ideoloxía anarquista como a marxista, perseguían un mesmo obxectivo:
eliminar a propiedade privada e lograr a igualdade social.
Pero propoñían métodos diferentes para logralo:

-o ANARQUISMO: mediante a folga xeral revolucionaria, os sindicatos e o terrorismo,


ata lograr a destrución total do Estado e calquera tipo de autoridade,
para a partir de entón organizarse en comunas que se autogobernan, sen propiedades.
O anarquismo chegou en 1868 a España, coincidindo coa Revolución Gloriosa,
cando un anarquista italiano (Fanelli), foi enviado para crear unha sección en España.
Esta ideoloxía acabaría calando sobre todo nos obreiros cataláns e nos xornaleiros andaluces.
En 1910, precisamente en Cataluña, nacería o 1º sindicato anarquista español: a CNT.

-e o MARXISMO: mediante sindicatos e partidos políticos obreiros para,


por medio da loita de clases, chegar ao goberno e instaurar unha ditadura do proletariado,
na que se expropien os medios de produción privados e a sociedade se iguale.
O marxismo chegou en 1871 a España, mediante Paul Lafargue, xenro de Marx.
O 1º partido de inspiración marxista xorde en 1879, xa na Restauración,
cando o tipógrafo galego Pablo Iglesias funda en Madrid o PSOE
(clandestinamente, xa que a Constitución de 1876 non recoñecía o dereito de asociación)
e en 1888, funda tamén o sindicato UGT, afín a ese partido e á ideoloxía marxista
(en 1887, Sagasta, no seu turno como presidente, aprobara de novo o dereito de asociación).

-cos anos, o marxismo evolucionou ao SOCIALISMO, que aposta x participar na democracia,


para desde a democracia (sen necesidade de revolución) ir reformando a sociedade,
ata conseguir o obxectivo de que sexa igualitaria.
Precisamente Pablo Iglesias será o primeiro deputado socialista na Hª de España en 1910,
grazas sobre todo ao voto urbano logrado en Barcelona.

EVOLUCIÓN DO MOV.OBREIRO NO ÚLTIMO TERZO DO XIX


Estas novas ideoloxías, que representaban os intereses dos proletarios e campesiños,
puxeron moi nerviosos a patronos e gobernos (burgueses), que trataron de ilegalizalas.
Hai que destacar a importancia que acadaron as folgas:
• como a de 1873 en Alcoy (Alicante) , en pleno Sexenio Democrático, coa I República
(que acabou nun intento de revolución social que durou 4 meses)
• ou a folga xeral de 1890 en Biscaia,
para presionar aos patróns/goberno e ir logrando melloras laborais durante a Restauración.
Melloras que chegaban s.t. no turno do Partido Liberal de Sagasta, que era máis tolerante.
E destacar tamén que os anarquistas recurrirán ao terrorismo contra políticos e patróns,
como no atentado anarquista contra o presidente Cánovas en 1897 (asasinado nun balneario)
ou contra o propio Alfonso XII e a incios do XX contra Alfonso XIII.

...Cara o final da Restauración, xa no século XX, entre 1917 e 1923, a tensión é tal que
os empresarios chegarán a intentar aniquilar o mov.obreiro mediante o pistoleirismo,
que consistía en contratar matóns para asasinar aos sindicalistas e obreiros máis activos.

En definitiva, o movemento obreiro acabaría logrando, de forma lenta e con moita loita,
sobre todo no Sexenio Democrático e n os turnos de Sagasta na Restauración,
a aprobación de numerosos dereitos laborais e sociais (hoxe vixentes) como:
descanso dominical, xornada de 8 horas, prohibición do traballo infantil, retiro obreiro...

You might also like