4º Composición - A Construción Do Estado Liberal (Principios Do Liberalismo e Diferenzas Entre As Diferentes Familias Políticas)

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Lucía López Moreiras-2º Bac A

4º COMPOSICIÓN: A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL (PRINCIPIOS DO


LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS DIFERENTES FAMILIAS POLÍTICAS)
- Doc 1: Constitución española 1837
- Doc 2: Constitución española 1845
- Doc 3: Constitución española 1869

Entre 1808 e 1833 España viviu un proceso histórico caracterizado polo enfrontamento
entre dous modelos políticos e ideolóxicos: absolutismo e liberalismo, co dominio do
primeiro. A guerra civil aberta en España polo carlismo ante a sucesión de Fernando VII,
propicia que o liberalismo finalice co seu ostracismo e se converta no principal apoio da
rexente María Cristina de Borbón para garantir que o trono español recaia na súa filla
Isabel.

O liberalismo foi a expresión ideolóxica dos intereses da burguesía, convertida no S.XIX no


grupo hexemónico da sociedade debido ao desenvolvemento do comercio e a revolución
industrial. O seu dominio social vai parello ao triunfo das revolucións políticas liberais.
Defende un novo concepto do poder e da sociedade baseado na liberdade, igualdade
xurídica, limitación da autoridade e división tripartita do poder: executivo (Goberno),
lexislativo (Cortes) e xudicial (Tribunais). Defende a participación política dos cidadáns para
a elección de representantes nas Cortes ou Parlamento, que se considera o depósito da
soberanía nacional. Todo este sistema político está sustentado no imperio da lei que ten na
Constitución a lei suprema fundamental.

O liberalismo non só é filosofía política; en economía defende a propiedade privada


individual, considerada como un valor absoluto; a liberdade económica e de empresa
baseada na libre iniciativa individual sen intervención do Estado nos asuntos económicos; e
o libre xogo da oferta e da demanda como mecanismo xerador da riqueza e regulador das
actividades económicas.

O liberalismo foi unha ideoloxía revolucionaria que pronto se dividirá en dúas correntes en
función do criterio de participación política da poboación: o liberalismo doutrinario e o
liberalismo democrático.

O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e toda Europa durante o


S.XIX. Xurdiu como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor dos grupos
económicos poderosos de perder a súa posición hexemónica na sociedade.
Os seus trazos definitorios son: a monarquía constitucional como forma de Estado e de
goberno; soberanía compartida entre o rei e as Cortes; restricción da participación política
(o dereito ao sufraxio debe ser restrinxido, reservado únicamente a aqueles que posúan un
determinado poder económico, o que chaamos sufraxio censatario); limitación dos dereitos
individuais; e catolicismo de Estado e restrición de liberdade de cultos.

En España a posta en práctica destes principios causou a división dos liberais en


moderados e progresistas. Os moderados asumiron plenamente a defensa dos dereitos do
liberalismo doutrinario. Foron os que exerceron máis tempo o poder e contaron co apoio dos
monarcas españois e dos grupos poderosos da sociedade. Son partidarios dun férreo
control do poder municipal por parte do goberno, limitan as liberdades civis e eliminan a
Milicia Nacional.
Lucía López Moreiras-2º Bac A

En cambio, os progresistas reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei, un maior grao de
descentralización municipal, unha interpretación máis ampla das liberdades (en especial a
de prensa) e unha maior liberdade de culto dentro do estado confesional.

Volvendo ao proceso de sucesión de Fernando VII, tras a súa morte en 1833, a súa muller
María Cristina de Borbón converteuse na rexente do reino ata o 1840, no nome da súa filla
Isabel II, xa que esta era menor de idade. Para asegurar o trono, tivo que buscar apoios
entre os sectores máis moderados (realistas e liberais), fronte aos partidarios do
absolutismo que apoiaban o pretendente Carlos de Borbón. Para facilitar o apoio dos
liberais, María Cristina decretou unha amnistía que permitiu o retorno dos exiliados.

Esta rexencia destacará pola elaboración da Constitución de 1837 (Documento 1). Esta
nova Constitución xa recoñece a Isabel II como raíña, a pesar de ser promulgada na
rexencia da súa nai, como podemos observar no documento: “Dona Sabela II, pola graza de
Deus e da Constitución española, raíña das Españas (...)”. Esta será de carácter progresista
xa que foi promulgada polos progresistas, que eran os que posuían o poder, pero tamén
conta cunha parte de acordo aos moderados. A Constitución de 1837 foi elaborada co
obxectivo de garantir a estabilidade política e a alternancia no poder entre progresistas e
moderados, e abandonaba os principios que inspiraron á de Cádiz para adoptar os
principios do liberalismo progresista, entre os que se atopan:
- A soberanía nacional, entendida como compartida entre a Coroa e as Cortes, cun claro
predominio das Cortes. (Documento 1: “Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa
soberanía”).
- Declaración explícita de dereitos e liberdades individuais, entre os que destacaban a
igualdade ante a lei de todo o territorio (Artigo 4) e a liberdade de imprenta sen censura
previa (Artigo 2).
- Certa tolerancia relixiosa: o Estado non se declaraba explícitamente confesional, aínda
que se comprometía ao mantemento do culto católico. (Artigo 11)
- Establece a separación de poderes. O poder executivo reside no rei (Artigo 45), o poder
lexislativo reside nas Cortes e no rei (Artigo 12) e o poder xudicial reside nos tribunais de
xustiza e nos xulgados (Artigo 63).
- Cortes bicamerais formadas por Congreso e Senado, que posuían iniciativa legal e eran
colexisladoras (Artigo 13).
- Os deputados eran elixidos por sufraxio censatario directo (Artigo 22); mentres os
senadores eran nomeados polo rei entre unha lista tripla por cada provincia (Artigo 15).
- Elección popular dos concellos (Artigo 70).
- Restablecemento da Milicia Nacional (Artigo 77).

A partir de outubro de 1837 os moderados fixéronse co control do goberno e tentaron


impoñer o seu programa, o que suscitou a oposición e protesta dos progresistas e da Milicia
Nacional, que protagonizaron diversos motíns e levantamentos.
Para frear esta marea revolucionaria, María Cristina nomeou a Espartero como novo xefe
do Goberno. Os progresistas pretenderon impoñer a María Cristina a correxencia con
Espartero, pero a negativa da raíña a aceptar limitacións do seu poder provocaron a súa
renuncia e exilio a Francia en outubro do 1840.

Tras a marcha da raíña rexente, Espartero, líder dos progresistas, converteuse no novo
rexente en outubro de 1840. O crecente autoritarismo de Espartero provocou a oposición e
Lucía López Moreiras-2º Bac A

o descontento dos moderados, de diversas fraccións dos progresistas e das masas


populares. No verán de 1843 o triunfo de varios pronunciamentos obrigaron a Espartero a
renunciar á rexencia e a exiliarse en Londres.

O novo goberno, presidido polo progresista Olózaga, contou co apoio dos moderados para
decidir o adianto da maioría de idade de Isabel II, quen con 13 anos iniciou o seu reinado
persoal en novembro de 1843.

Entre 1843 e 1868, a vida política española estará marcada pola personalidade e carácter
da nova raíña, Isabel II. De escasa formación, un matrimonio desgraciado co seu curmán
Francisco de Asís, a raíña protagonizou numerosos escándalos e a súa vida amorosa
extramatrimonial tivo fonda repercusión na vida política. Isabel II gobernou apoiándose a
maioría do tempo en políticos moderados. Durante o seu reinado diferéncianse os seguintes
períodos: a Década Moderada(1844-1854), o Bienio Progresista (1854-1856), a
Década Moderada-Unionista(1856-1866) e o Bienio Ultramoderado(1866-1868).
Como podemos observar, no seu reinado predominou un claro poder por parte dos
moderados.

En maio do 1844 a raíña deu o goberno aos moderados, dirixidos polo xeneral Nárvaez. As
Cortes elaboraron a Constitución de 1845 (Documento 2) inspirada nos principios do
liberalismo moderado. Esta nova constitución establecía:
- Soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes.
- Confesionalidade católica do Estado (Artigo 11).
- O poder executivo reside no rei; o poder lexislativo reside nas Cortes co rei (Artigo 12).
- As Cortes eran bicamerais, formadas por Congreso e Senado (Artigo 13).
→O Senado terá compoñentes ilimitados, denominados senadores, que terán un cargo
vitalicio (Artigo 19) e que serán nomeados polo rei (artigo 14)
Ademais para ser senador había que cumprir unha serie de condicións como ser español,
ter mais de 30 anos ou pertenecer ás altas clases sociais (Artigo 15)
→Os deputados eran elixidos por un sufraxio fortemente censatario, e ao igual que os
senadores, só poderán acceder a este cargo aqueles que cumpran unha serie de
condicións como ser español ou maior de 25 anos (Artigo 23).
- Restrición das liberdades individuiais, impoñéndose a censura previa da prensa.

Ademais desta Constitución, os moderados tamén estableceron a Garda Civil; a Lei


Municipal (impoñía o nomeamento dos alcaldes polo Goberno); a reforma tributaria de 1845;
unha nova Lei electoral para o nomeamento dos deputados; e a sinatura dun novo
Concordato con Roma no que a Igrexa aceptaba as ventas do seu patrimonio a causa da
desamortización a cambio de cuantiosas recompensas.

Nesta década do 1840 xurdiron os demócratas como unha disidencia dos progresistas ante
a súa crecente moderación. Constituíron unha minoría radical que á súa vez foi dividida
entre partidarios da monarquía e partidarios da república.

No exilio, progresistas, demócratas e unionistas acordaron unir as súas forzas para derrocar
a Isabel II. Tras a morte de O’Donell e Nárvaez a raíña non contaba con apoios, polo que a
Lucía López Moreiras-2º Bac A

oposición política anteriormente mencionada, xunto co apoio da mariña do exército e das


masas populares conseguiron destronar a Isabel II en setembro de 1868.

Ese momento coincidiu cun período de revolución, coñecida como a Gloriosa ou a


Setembrina. Nela todas as forzas opositoras a Isabel II (progresistas, demócratas e
unionistas) expulsaron aos Borbóns do trono de España e abriron a posibilidade de
configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos
intereses das clases medias.

Este novo liberalismo da paso ao Sexenio Democrático (1868-1874), etapa na que se


aprobará a Constitución de 1869 (Documento 3), de carácter liberal democrático, na que se
defendía:
- A soberanía nacional, entendida como popular: a nación representada en Cortes, elixidas
por sufraxio universal masculino (Documento 3: “A Nación Española, e no seu nome as
Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal”)
- A monarquía como forma de goberno (Artigo 33).
- A ríxida separación de poderes: o poder executivo reside no monarca (Artigo 35), quen
ademais tamén sancionaba e promulgaba as leis, e tiña a capacidade de suspender e
disolver unha vez por lexislatura as Cortes, quenes exercían o poder lexislativo (Artigo 34);
e o poder xudicial reside nos tribunais (Artigo 36).
- Recoñecemento da liberdade de expresión e dos dereitos de reunión e asociación (Art 17)
- A liberdade de cultos e a separación da Igrexa e o Estado.

Esta constitución inaugurou en España a monarquía parlamentaria, onde o reina reina, pero
non goberna.

Despois de promulgada a Constitución, Serrano foi nomeado rexente provisional mentres se


buscaba un novo rei para España, aínda que esta decisión era complicada: tiña que ser
católico, liberal, e contar co apoio das potencias europeas. O candidato escollido foi
Amadeo de Savoia, aínda que cunha forte oposición.

You might also like