Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

Educación en Contextos Rurais

Tema 1

CARACTERIZACIÓN DOS CONTEXTOS RURAIS. PERMANENCIAS, CRISES E CAMBIOS.


O CASO GALEGO

A IMPORTANCIA DO TERRITORIO

“A escola é un servizo público fundamental que se presta de forma territorializada; por


iso as características do territorio inflúen na súa organización, estrutura, actividade e
presenza no mesmo.” (Rubio, 2021, p. 9)

DELIMITACIÓN DO MEDIO RURAL

• Necesaria para adecuar as políticas de desenvolvemento rural.


• Institucións e organismos internacionais.
• Criterios demográficos.

Criterios demográficos

OCDE (densidade de poboación)

• Nivel local

o Áreas rurais (densidade de poboación inferior a 150hab/km2)

Nivel rexional

o Rexións predominantemente rurais (50% da poboación


residindo en áreas rurais)

o Rexións significativamente rurais (15-50% vivindo en


comunidades rurais)
Educación en Contextos Rurais
Tema 1

o Rexións predominantemente urbanas (<15% de poboación


vivindo en zonas rurais)

EUROSTAT (densidade de poboación)

• Rexións densamente poboadas (concellos con densidade superior a 500


hab/km2)

• Rexións intermedias (concellos con densidade entre 100 e 500 hab/km2)

• Rexións rurais (concellos con densidade inferior a 100 hab/km2)

INE (volume demográfico)

• Concellos urbanos (>10.000 habitantes)

• Concellos semiurbanos (entre 2.000 e 10.000 habitantes, pero cunha


entidade de poboación, cando menos, con máis de 2.000 habitantes)

• Concellos rurais (<2.000 habitantes, e aqueles de entre 2.000 e 10.000 sen


ningún núcleo de poboación superior aos 2.000 habitantes)

Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do


medio rural (LDSMR). Artigo 3

Medio rural. O espazo xeográfico formado pola agregación de municipios ou


entidades locais menores definido polas administracións competentes que
posúan unha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade inferior
aos 100 habitantes por km2.

Zona rural. Ámbito de aplicación das medidas derivadas do Programa de


Desenvolvemento Rural Sostible regulado por esta Lei, de amplitude comarcal
ou subprovincial, delimitado e cualificado pola Comunidade Autónoma
competente.

Municipio rural de pequeno tamaño. O que posúa unha poboación residente


inferior aos 5.000 habitantes e estea integrado no medio rural.

ASPECTOS CONTEXTUAIS
Contexto rural ≠ uniformidade

Características de identificación do medio rural (Ashley & Maxwell, 2001; como


se citou en Bustos, 2011)

• Espazo onde os asentamento e as súas infraestruturas só ocupan unha


pequena parte da paisaxe.

• Contorna natural de bosques, pastos, montañas ou desertos.

2
Educación en Contextos Rurais
Tema 1

• Asentamento de baixa densidade.

• Lugar onde a maioría dos individuos traballa en explotacións agrícolas.

• Terra dispoñible cun custo relativamente baixo.

Contexto

Imprescindible na escola rural.

Experiencias educativas exitosas


Inclusión da cultura local e participación comunitaria
como eixe central.

Interiorización das necesidades do contexto


Primeiro requisito para adaptar as accións educativas

Demográfico

Tipoloxía de
Espacial
servizos

N DO RURAL

Evolución Estatus
antropolóxica

Densidade de

3
Educación en Contextos Rurais
Tema 1

Espazos rurais
Espazos rurais
agrarios cun
diversificados
desenvolvemento
vinculados a redes
marcado por esta
de cidades medias
actividade

Espazos rurais
próximos a grandes Espazos rurais
aglomeracións e profundos,
fortemente influídos marcados polo
polas dinámicas enclave
urbanas
TIPOLOXÍA DE
ESPAZOS RURAIS

VALORACIÓN DO MEDIO RURAL


Potencialidades:

• Calidade de vida más saudable.


• Primeira/segunda residencia.
• Maior conciencia medioambiental (desfrute do medio).
• Explotación do ocio.

Principais cambios no contexto rural

Cambios económicos

• Diversificación de actividades (pluriactividade).

• Progresiva, modernización, mecanización e intensificación das


producións.

• Políticas da UE: LEADER, PRODER, FEADER.

Cambios demográficos

• Evolución negativa ata a década dos 90.

• Recuperación da poboación rural, agás en Asturias, Galicia, Estremadura


e Castela e León.

• Aumento demográfico nos pobos medianos ou grandes (>2000 hab.)


Educación en Contextos Rurais
Tema 1

• Perda de poboación nos pequenos, debido a:

o Perda de competitividade agraria.

o Afastamento de grandes municipios urbanos.

o Número elevado de concellos pequenos.

o Pouca diversificación da estrutura produtiva.

• Novos poboadores

o Retornados.

o Poboación flotante. a que pasa o fin de semana.

o Turistas.

o Neorrurais.

o Inmigrantes.

INFLUENCIA DO CONTEXTO URBANO

contextos urbanos contextos rurais

5
Educación en Contextos Rurais
Tema 1

RURALIDADE TRADICIONAL NOVAS RURALIDADES

• Poboación ocupada en • Participación na vida pública


actividades agropecuarias
• Autonomía na xestión territorial
• Baixas cotas de benestar e
• Democracia económica
condicións culturais atrasadas
devido á dispersión e ao illamento • Recoñecemento e valoración da
diversidade cultural
• Implica a valoración do urbano
• Desenvolvemento sostible

• Planificación territorial

O RURAL GALEGO
Diferentes reformas para o medio rural

• Plan de Estabilización (1959).


• Concentración parcelaria (desde a década dos 50).
• Acción Concertada de Apoio á Gandaría.

Situación de empobrecemento.

Transformación da estrutura familiar.


medios. Orixina...

preparación.
Desarraigo.
Cambios na economía das zonas rurais

Avances:

• Mellora das infraestruturas.


• Formación dun grupo de explotacións competitivas (minoritario).

Dificultades:

• Crecemento do sector inferior que no resto do estado.


• Carencia dunha industria alimentaria.
• Descenso do número de explotacións.
• Cambio na paisaxe rural.
• Desenvolvemento desordenado no crecemento dos
núcleos de poboación.
• Baixa utilización das terras.
• Reducido tamaño das explotacións.

Consecuencias:

• Distribución desigual das explotacións, en función


o do territorio: maior actividades no interior da provincia da
Coruña, centro de Lugo e comarca do Deza.
o da produción: moi concentrada nos sectores lácteos

cárnico.

Consideracións para o futuro:

• Coñecer as potencialidades da zona.


• Crear industrias derivadas dos recursos locais.
• Aproveitar os PDR.
• Investir na mellora das infraestruturas, na concentración
parcelaria e nos montes veciñais.
• Formar e xerar ideas e iniciativas que permitan o acceso ás
axudas da PAC.
• Familiarizarse e estar ligados coas bases de información e
innovación dispoñibles na UE.

Índice de pluralidade para Galicia (Armas e Macía, 2017)

Analizar a diversidade do medio rural galego así como os procesos de


urbanización que se están producindo tanto nos concellos máis próximos ás
cidades como ao longo de todo o Eixe Atlántico.

6 variables:

• densidade de poboación.
• evolución da poboación nos últimos 10 anos.
• taxa de envellecemento.
Educación en Contextos Rurais
Tema 1

• número de vivendas por cada 100 habitantes.


• poboación ocupada que traballa no sector agrario.
• tempo de desprazamento (en min.) á cidade máis próxima de >50.000
habitantes.

You might also like