O Establecemento Da II República

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

1.

Contexto histórico anterior á II República


Cara 1930, España era un país semiindustrial onde a esperanza de vida crecera ata os 50
anos. O crecemento industrial permitiu o desenvolvemento das cidades; Madrid e Barcelona
chegan ao millón de habitantes. O campo seguía atrasado, limitado polo latifundismo, que
creaba fame de terras e inestabilidade social, especialmente en Andalucía. Cando se proclamou a
II República o 60% da poboación estaba alfabetizada. É dicir, España era un país o
suficientemente moderno como para ter un sistema democrático, pero non tanto para que esa
democracia fora estable.

O impacto da crise de 1929 foi menor que en outras latitudes. Afectou de maneira
distinta aos diferentes sectores; os máis damnificados foron os vinculados con mercados
internacionais, como o comercio, a siderurxia e o mercado de valores. Con todo, a caída do PIB
foi suave, debido ao carácter agrario e ao illamento da economía española. A crise non foi grande
pero a recuperación foi lenta debido a conflitividade interna de natureza política.

A formación e consolidación dos novos partidos políticos, iniciouse antes da


proclamación da república. Nos grupos fascistas destacan as Xuntas de Ofensiva
Nacional-Sindicalista (XONS) e a Falanxe, fundada en 1933 por José Antonio Primo de Rivera.
Uníronse en 1934 (FET das XONS).

As forzas políticas de dereitas foron: os carlistas que organizaron grupos armados


(requetés) para derrubar a República; Renovación Española, grupo dirixido por Calvo Sotelo que
rexeitaba o sistema democrático; e a CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas),
dirixida por José María Gil Robles e principal partido de dereitas. É un partido que se
caracterizou pola defensa da Igrexa católica, do Exército, o conservadurismo social e o
rexeitamento do nacionalismo.

No pacto de San Sebastián (1930) xa se reuniran todas as forzas republicanas nas que
estarían: o conservadorismo de Alcalá Zamora, o rexionalismo galego de Casares Quiroga, o
catalanismo con Maciá, o centro-esquerda con Azaña lider de Acción Republicana (defenden
grandes reformas), o Partido Republicano Radical de Lerroux (representa o centro político) e o
federalismo con Marcelino Domingo. Máis adiante se incorporan a UGT, o PSOE e a CNT.

Dentro destes grupos compre destacar a Acción Republicana. Liderada por Manuel
Azaña, gran intelectual e excelente orador. Foi ministro de Guerra (goberno provisional), xefe de
goberno entre 1931 e 1933, e presidente da República desde 1936. O partido representaba ás
clases medias das grandes cidades e tentaba impulsar un ambicioso programa de reformas
(educación, autonomías rexionais, agricultura, etc.). Tras a fusión con outras forzas republicanas,
converteuse en Esquerda Republicana.

Tamén é necesario falar dos partidos obreiros. O PSOE era o principal partido da
esquerda obreira. Os principais líderes eran Largo Caballero, Prieto e Besteiro. Partido
Comunista de España (PCE) era un partido minoritario revolucionario. Os seus principais
dirixentes eran José Díaz e Dores Ibárruri (A Pasionaria). Tamén aparecen partidos anarquistas
como o POUM.

2. O establecemento da II República
Ao termo da ditadura do xeral Primo de Rivera, en xaneiro de 1930, asumiu a presidencia do
Consello de Ministros da monarquía de Alfonso XIII (reinado 1886-1931), o xeneral Dámaso
Berenguer (goberno 1930-1931), que tentou en balde salvar o trono ao formar equipo
gobernamental cos representantes da oligarquía. Con todo, as súas tentativas para recompoñer
o Estado foron inútiles. A coñecida como a "dictablanda" de Berenguer non satisfixo a ninguén,
o rei ofreceu o goberno o almirante Aznar, quen foi elixido porque mantivera unha clara
oposición a Primo de Rivera e porque non supuña unha ameaza para ninguén. Aznar formou un
goberno monárquico que rapidamente convocou eleccións: primeiro municipais ao consideralas
menos perigosas. As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 outorgáronlle a vitoria aos
republicanos. Ante este resultado os monárquicos viviron un gran desconcerto. O rei deixou
España e o 14 de abril proclámase a II República de forma pacífica.

a. O goberno provisional e a constitución de 1931

O goberno provisional estivo presidido por Alcalá Zamora. O novo executivo leva a cabo
unha serie de decretos-leis para afrontar problemas urxentes: amnistía para os delitos políticos
durante a ditadura, liberdade de crenzas, personalidade xurídica para os sindicatos e os militares
debían presentar fidelidade á República. O sistema electoral deseñado para as Constituíntes,
contemplaba a división de España en distritos-provinciais favorecendo á lista maioritaria, tiña
como fin acabar co caciquismo. Nas eleccións republicanos e socialistas presentan unha
candidatura unitaria, que era apoiada polos anarquistas, o que facilitaría a súa victoria.

Así, en decembro de 1931, as Cortes Constituíntes votaron a Constitución de 1931:

● España é “unha república democrática de traballadores de todas as clases”.


● Establece a soberanía nacional, declaración de dereitos e separación de poderes
(executivo dualista de goberno e presidente da república; o lexislativo unicameral; xudicial
Tribunal Supremo e de Garantías Constitucionais).
● Sufraxio universal. A muller consegue o dereito a voto (1933).
● Admite tres autonomías (Cataluña, Euskadi e Galicia), para solucionar o problema do
nacionalismo.
● Separación entre igrexa e Estado.
● A propiedade privada pode expropiarse con razón de utilidade social.
● Establece a ensinanza primaria universal, obrigatoria e gratuíta.

A cuestión relixiosa. Un dos aspectos máis senlleiros da Constitución de 1931 foi o seu
carácter anticlerical. Nun principio, a Igrexa xunto coa dereita aceptaron o novo réxime pero
despois dos ataques do 11 de maio (incendio de varios conventos en Madrid e Málaga) esta
actitude cambiou. As diferentes opinións sobre a Igrexa católica foron un foco de conflitos
internos. Outros temas polémicos foron o matrimonio civil, o divorcio ou a secularización dos
cemiterios.

CONCLUSIÓN

● A república como proxecto reformista e democrático que responde á modernización da


sociedade española no 1º tercio do século XX.
● A inclusión na vida política das clases populares provoca grandes expectativas neste grupo
social, e ao mesmo tempo o temor da oligarquia e o sectores máis conservadores afeitos a ter á
hexemonía política, social e cultural.

You might also like