Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 2

EXAME LINGUA E LITERATURA GALEGA CURSO 21-22

2º TRIMESTRE 4º E.S.O. DATA:

NOME:
……………………………………………………………………………………………….NOTA……….

1.COMENTARIO DE TEXTO (2 P)
Le o seguinte texto de Blanco Amor e contesta as preguntas:
Cando era moi rapaz, oía certas palabras sen as entender e que, non obstante, quedábanseme
na memoria, como se me quedaban, poño por caso, as verbas da gramática que nin se enten-
dían nin había para que, porque antes de aprendelas un xa sabía falar; e despois dun tempiño,
como non se usaban (pluscuamperfecto, subxuntivo) afundíanse non se sabe onde e víase ben
que eran verbas soamente para dalas nas leccións e ir aprobando, e despois acabábanse como
se morresen.
Mais as que oía ditas pola xente, de boca a orella, nas reunións da nosa casa, ditas con inten -
ción de que foran entendidas (que non sei como dicilo), como se lle fora moito nelas aos que
as falaban, alporizándose ou sosegándose ao dicilas, ceibándoas con ledicia ou con mágoa,
como se se falase de cousas máis de preto, da familia, dos amigos, dos inimigos. Estas outras
verbas eran: «solidariedade» (que era a máis difícil), «reivindicacións», «esquirol», «asalaria-
do», «fraternidade».
[…]
Tales verbas, digo eu, quedaríanseme agochadas no fondo do ser ata que chegara o intre, tar-
de ou cedo, en que cada unha delas se acomodase no seu xusto oco como as letriñas de chum-
bo nas caixas da imprenta do meu pai. Como un xogo de crebatestas, de socate atinaban co
seu sitio e deseguida púñanselle moitas de arredor, ateigadas de novo sentido, ou de sentido
máis cabal, como dixésemos postas desocate a falaren xuntas.
[…]
Algunha vez cavilei que o ir entrando no cheo da vida era tanto ou máis que aprender cousas
novas, ou sexa palabras novas, irlles atopando un lugar ás gardadas de coro, cedamente
aprendidas; un lugar xusto e firme onde se acomodasen unhas coas outras, e todas comigo,
cousa que nunca conseguín.
Polo visto as verbas teñen vida de seu, van e veñen como lles peta; e, coidando que manda-
mos nelas, ao cabo dos anos decatámonos de que, trocándose no tempo tal se troca o noso
ser, foron elas as que mandaron en nós.
E. Blanco Amor: Xente ao lonxe.

1. Suso, o protagonista do texto, explica o proceso de aprendizaxe de palabras. Como é ese


proceso? Que lles pasa as palabras que aprende?
2. Cal é o tema do texto?. Relacionao co argumento de Xente ó lonxe.
3. Cita e explica otras obras de Blanco Amor.

SINTAXE E MORFOLOXÍA
Página 1 de 2
Avda. del Rebullón nº 21. C.P.: 36416 Puxeiros – Mos
 986 487792 | fax.- 986486710
 secretaria@colegiolar.es
www.colegiolar.es
EXAME LINGUA E LITERATURA GALEGA CURSO 21-22
2º TRIMESTRE 4º E.S.O. DATA:

NOME:
……………………………………………………………………………………………….NOTA……….

2. Subliña as oracións subordinadas e Sinala o tipo e a función de cada unha delas.


( 2 P)
Ti empréstaslle os teus apuntamentos a quen chos pide. ...........................................
Non me gusta que me berren. ....................................................................................
A rúa na que vive é moi ruidosa………………………………………………………….
Fumar non é bo para a túa saúde. ................................................................................
O que pasou foi moi grave ............................. …………………………………………
Xe me deron os traballos que mandei onte…………………………………………….
Non sei nada do asunto do que che falou………………………………………………
Xa arranxaron a porta pola que entraron os ladróns…………………………………...
Dime onde vive o teu curmán……………………………………………………………
Acasa onde vive está lonxe de onde traballa………………………………………….
Teño a esparenza de que iso non sexa certo……………………………………………

3.Analiza: (0’5 p cada oración)

- Os que levei eu xa foron recollidos polo rapaz que traballa no concello.


- Despois do partido estaban moi satisfeitos de que os resultados das probas que
fixeron foran tan boas.
- Coloca os libros na caixa onde están os cadernos e dime logo onde están as os
papeis do director.
- Os que cheguen tarde quedarán castigados pero despois terán que facer os
traballos dos que falamos en clase.

4. Análese morfolóxica das palabras subliñadas no texto. ( 1 p)

5. LITERATURA ( 3 PUNTOS)

 Obras narrativas de Álvaro Cunqueiro. Cales eran os temas que trataba nas
súas obras.
 Sinala os temas da prosa de Xosé Neira Vilas
 Movementos poéticos do periodo de 1960-1975. Sinala dúas características e
un autor de cada.
 Liñas temáticas de Celso Emilio Ferreiro. Cita as obras máis importantes.
 A Nova Narrativa: temas e formas narrativas. Que pretendía coa súa narrati-
va?
 Cita os temas e os títulos da narrativa de X. L. Méndez Ferrín.

Página 2 de 2
Avda. del Rebullón nº 21. C.P.: 36416 Puxeiros – Mos
 986 487792 | fax.- 986486710
 secretaria@colegiolar.es
www.colegiolar.es

You might also like