Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Entre 1870 e 1914 tivo lugar a segunda fase de desenvolvemento económico (novas
fontes de enerxía, novas industrias, gran avance dos transportes...

Tamén se desenvolveu o capitalismo financeiro, é dicir, se intensificáronse as relacións


entre a banca e a industria, quedando a industria subordinada á primeira.

Ademais, o comercio será internacional e a industria británica perderá protagonismo en


favor das novas potencias industriais.

1.1. Novas formas de enerxía e novas industrias

A relación entre investigación e empresa intensifícase coa necesidade de protexer os


inventos coas patentes. Ademais desenvolvéronse os laboratorios (públicos e privados)
conseguindo grandes innovacións: medicina, conservación de alimentos, fotografía…

- A industria metalúrxica

Destacou o convertidor Bessemer ou o forno de Martin e Siemens para conseguir un


aceiro de maior calidade e máis barato. O aceiro posibilitou máquinas e motores máis
precisos, lixeiros e pequenos.

Despois, coas aleacións (aceiro inoxidable) e novos metais (aluminio) vanse


desenvolver as industrias do automóbil, aeronáutica e armamento.

- A industria química

Destacou o método Solvay de producción de sosa para blanquear teas e a síntese de


compostos orgánicos que permitiu obter colorantes, fibras artificiais…

As innovacións aplicáronse a productos farmacéuticos e perfumes, pero na produción


química destacaron os productos destilados, os abonos e os explosivos.

- O petróleo e a electricidade

No campo da electricidade hai que destacar o dínamo de Gramme, a lámpara de Edison,


os motores eléctricos transportables e as turbinas hidráulicas. Pouco antes de 1900, co
alternador e o transformador transpórtase a corrente eléctrica mediante cables de alta
tensión.

Así, a electricidade comenzará a usarse nos alumeados públicos, os transportes


(tranvías), as comunicacións (telégrafo) e o ocio (cinema). Tamén aparecerán grandes
empresas e sociedades: Philips, Siemens…

A segunda fonte de enerxía foi o petróleo. Comezou a usarse como materia prima para a
obtención de subproductos e materiais plásticos (industria petroquímica). O gran salto
da industria petrolífera estivo ligado ao desenvolvemento do motor de explosión, de
combustión interna (que usaba derivados do petróleo como combustible). Este motor
usouse nos automóbiles.

1.2. O desenvolvemento dos transportes e as comunicacións.

O desenvolvemento do transporte foi espectacular, facilitando a integración dos


mercados, crecendo o comercio e as migracións. Destacaron:

- O ferrocarril

A substitución do ferro polo aceiro aumentou a resistencia das vías e a capacidade dos
vagóns. O seu uso pasou a ser xeral polo incremento da velocidade e a seguridade,
abaratando as tarifas.

- A navegación a vapor

O barco de vapor impúxose ante o de vela. A substitución dos cascos de madeira por
ferro ou aceiro e as palas polas hélices diminuíron os custos de mantemento e aumentou
o espazo reservado para mercadorías e pasaxeiros.

A apertura dos canales de Suez e Panamá tamén acurtaron as distancias e reducíronse as


tarifas. Ademais, as innovaciones técnicas (refrixeración) permitiu o transporte de
comida fresca por todo o mundo.
- O automóbil e a aviación

O nacemento do automóbil vai ligado ao motor de explosión e ao neumático. O


primeiro lixeiro e popular foi o de Armand Renault (Francia), pero pronto o liderazgo
pasou a Estados Unidos. De todas formas o seu auxe definitivo como medio de
transporte non se producirá ata despois de 1945.

A aviación comeza co aeroplano dos irmáns Wright a comezos do XX, pero o seu
desenvolvemento non chega ata a I Guerra Mundial.

- Outros medios de transporte.

A finais do XIX creouse a bicicleta.

O transporte interior mellorou cos tranvías e ferrocarrís eléctricos e a súa


implementación tamén supuxo un cambio na fisionomía das cidades.

- As comunicacións

O teléfono e o telégrafo permitiron unha transmisión casi instantánea, aínda que nun
primeiro momento só o usaban as grandes empresas, a banca e a bolsa.

Ademais, as innovacións técnicas permitiron o desenvolvemento da prensa de masas e a


radio.

1.3. As novas potencias industriais

- Estados Unidos

Despois da IGM converteuse na primeira potencia mundial.

Os motivos do éxito da súa industrialización foron: o enorme mercado interior (a


poboación aumentou estimulando a demanda); a abundancia de recursos (minerais e
materias primas); a rápida construción da rede ferroviaria (mercado nacional integrado);
a división xeográfica do traballo (oeste agrícola, noreste industrial, sur de plantacións);
e as innovaciones técnicas (“sistema manufactureiro americano”: produción en masa e
estandarizada).

A gran empresa industrial moderna naceu en Estados Unidos cos trust: concentración ou
fusión de varias empresas que se adican a unha mesma actividade económica creando
unha xigantesca corporación para eliminar a competencia e dominar o mercado. No
automóbil destacou a Ford Motor Company.

- Alemaña

Pasou a ser a segunda potencia industrial. A súa rápida industrialización debeuse ao


rápido desenvolvemento dos medios de transporte; as novas técnicas e a organización
científica da producción; a política proteccionista (favorecendo a grandes propietarios e
terratenentes). Ademais, tamén concentrou a súa industria e finanzas, formando cárteles
(asociación temporal entre varias empresas dunha mesma actividade económica para
eliminar a competencia e monopolizar o mercado). No aceiro destacou Krupp e
Thyssen, na industria química Bayer e na electricidade Siemens ou AEG.

- Xapón Meixi (luminoso).

Xapón tivo que asinar tratados comerciais con outros países que o deixaban nunha
situación de desvantaxe polo que se acelerou a fin do seu sistema feudal en 1868 (co
emperador Mutsu-Hitsu). Para iso, o Estado casi monopolizou a actividade empresarial
(empresas públicas), fixou o ensino primario obrgatorio e potenciou a importación de
tecnoloxía e asesores extranxeiros.

A partir de 1880 facilitou a compra destas empresas a grandes capitalistas e comezaron


a xurdir os zaibatsu, grandes corporacións empresariais controladas por unhas poucas
familias (Mitsubishi).

A comezos do século XX, os xaponeses contabn cun alto nivel de desenvolvemento


económico, que se debía á abundante e barata man de obra, con elevadas taxas de
podutividade, tanto que superaba a demanda nacional e por iso se expandiron polo
Pacífico e continente asiático.

You might also like