Resumo Do Imperialismo

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

O IMPERIALISMO

No século XIX desenvolveuse un novo modelo de imperialismo diferente ao colonialismo da Idad


Moderna que estaba sustentado na expansión da industrialización.

1. Causas da expansión imperialista


- Causas económicas
O xiro proteccionista das potencias deu lugar a que aumentara moito a competencia entre elas e
visen necesario atopar novos mercados para darlle saída aos excedentes da producción industrial.
Nas colonias, as metrópoles buscaban o suministro dos recursos económicos dos que carecían e
un lugar para investir capitais, pensábase que o intercambio entre as metrópoles e as colonias
permitiría un crecmento continuado.
- Causas políticas
Os gobernos das grandes potencias mostraron un interese permanente polo control e dominio das
rutas máis importantes (canales de Suez e Panamá).
Engádese o desexo de prestixio, de poder e evitar o fortalecemento das potencias rivais. Así,
vaise xustificar a expansión para a defensa dos intereses nacionais. De este xeito, a carreira
imperialista presentouse como un factor máis nas rivalidades entre as grandes potencias.
- Causas ideolóxicas
A mística imperialista consistía na exaltación dos valores que representaba cada nación (poder,
grandeza), apelando á historia (Italia co imperio romano).
A esto engadiuse o patriotismo exaltado, cargado de sentimentos nacionalistas e mesmo racistas.
É dicir, afirmouse a superioridade da “raza branca” coa sua misión civilizadora. Xustificábase a
partir dunha ideoloxía derivada do darwinismo social (evolución das especies, selección natural).
- Causas relixiosas
Xustificábase pola necesidad de levar o cristianismo a pobos con tradicións ancestrais (misións
católicas e protestantes). Tamén se lexitimou a imposición da cultura occidental.
- Causas científicas
O avance da ciencia foi outra causa. Realizáronse viaxes de exploración (descubrimentos e
exploracións sobre todo en África), creáronse sociedades xeográficas (crearon informes e
revistas), as sociedades coloniais (intelectuais que daban a coñecer a ideoloxía imperialista)…

2. As formas de dominación colonial


Os estados europeos fixaron nos territorios colonizados diferentes formas de dominio:
- Colonias. Eran territorios sometidos á soberanía da potencia colonizadora e administrados por
esta. A fórmula implicaba a perda de soberanía do país colonizado. Un exemplo foi o Congo
Belga.
- Protectorados. A potencia colonial controlaba a política exterior e as riquezas, entrementres as
autoridades nativas se ocupaban da política interior. Foi o caso de Reino Unido en Exipto e de
España e Francia en Marruecos.
- Colonia de poboamento. Anexión de la colonia (Francia y Algeria).
- Dominio (característico dos británicos). Asociación da colonia á metrópole de un xeito
indirecto. Solo se escapaban do seu control a política exterior e a defensa. O titular do gobernó
local era designado pola Coroa.
- Concesións. Eran territorios que pertencían a un país independente, pero onde as potencias
colonizadoras tiñan vantaxes comerciais. (China).
- Mandatos. Creados pola Sociedad de Naciones tras a IGM para administrar os territorios dos
países vencidos (noción de tutela internacional).
A colonización sentou as bases dunha administración e unha organización política modernas,
pero en moitos casos as fronteiras das colonias trazáronse sen ter en conta as diferenzas tribais,
lingüísticas ou relixiosas das poboacións autóctonas. Isto ocasionou graves conflictos tras a
descolonización.

3. Imperialismo en África
Ata 1870 a preseza europea en África estaba limitaba a factorías costeiras ou pequenos enclaves
coloniais en zonas próximas ao mar. No último terzo do século produciuse unha ocupación total
do territorio.
Francia e Reino Unido foron os que comezaron o proceso colonizador. Francia ocupou Arxelia e
Túnez, e Reino Unido Exipto. Despois, os misioneiros e aventureiros foron penetrando polo resto
do continente africano. Ante as rivalidades poa ocupación do Congo (Francia e Bélxica) e África
central (comerciantes alemáns), o canciller alemán Bismarck impulsou a Conferencia de Berlín
(1884-1885), na que se adoptaron unha serie de acordos que van regular a ocupación de África.
Entre estas medidas podemos destacar:o recoñecemento do “Estado Libre do Congo” como unha
colonia a título persoal do rei de Bélxica ou o principio de ocupación efectiva (ocupación de
verdade de un territorio para consideralo propio).
A finais do XIX Italia tamén se apoderou de Somalia e Eritrea e fracasou en Etiopía. Alemaña
estableceu colonias na costa (Camerún).
Pero a Conferencia de Berlín non evitou graves problemas internacionais polo reparto de África
como:
- a crise de Fachoda, pola rivalidad entre Reino Unido e Francia, ao chocar na expansión de
norte a sur e oeste a este, respectivamente.
- a rivalidad entre os boers (colonos holandeses ou alemáns) e británicos polo control da
África austral.
- a crise marroquí, coa oposición dos alemáns a que potencias como Francia controlasen
ese territorio.

4. Imperialismo en Asia
- Imperio ruso
A construción do ferrocarril transiberiano impulsou a presenza rusa cara a costa pacífica
(Vladivostok).
Ademais, avanzou cara o sur chocando cos intereses británicos (Afganistán).
Chocou con Xapón polo control de Manchuria (foi derrotado na guerra ruso-xaponesa de
1904-1905).
- Imperio británico
A Compañía Inglesa das Indias Orientais xa tiña presenza desde o século XVIII na India,
e co apoio do goberno británico foi ocupando o territorio, cun exército de soldados indios
(sipaios). Non obstante, os sipaios rebeláronse polo desprezo dos oficiais británicos e
tamén por motivos relixiosos. O goberno británico reorganizou a administración da
colonia, pasando a depender directamente da Coroa, sendo gobernada por un virrei.
También se expadirá por Birmania, Malasia e o Pacífico (Oceanía).
- Outros imperios
Francia destacou en Indochina; os alemáns e holandeses nas illas do Pacífico.
- O caso de China
China foi obxectivo de todas as potencias. Logo das “Guerras do Opio” (imperio chinés
contra os británicos e máis tarde tamén Francia), as potencias van obter resultados
favorables (cesión de Hong Kong a Reino Unido, dereitos a comerciantes estranxeiros).
Coa constante penetración das potencias occidentais, comezou a ruína dos comerciantes e
artesáns autóctonos e alteruse a orde social e política. De feito, terá lugar a revolta dos
bóxers (movemento ultranacionalista radical) e a situación pasou a ser moi inestable.
5. Imperialismo xaponés e estadounidense
- Xapón
O Xapón Meixi iniciou unha política expansionista (motivos demográficos, económicos e
nacionalistas coa idea dun “Gran Xapón”). O seu avance vaise producir polas islas do
Pacífico, a Península de Corea e Manchuria.
- Estados Unidos
Considerábanse un pobo superior e a través da doctrina Monroe interpretábase que todo o
continente americano era a súa área de influencia. Máis tarde, coa política do “gran
garrote” (bigstick) defendíase o dereito de Estados Unidos a intervir nos asuntos internos
das repúblicas hispanoamericanas.
Ademais, encargáronse de obter un dominio estratéxico do mar, controlando importantes
bases navais e desenvolvendo unha frota de guerra.
Destacaron as intervencións na guerra que mantiña España coas súas últimas colonias
(Cuba, Porto Rico e Filipinas) ou en Hawai, e Panamá...

6. Consecuencias do imperialismo
- A explotación económica
Os europeos practicaron a economía da pillaxe, é dicir, explotaron co menor custo posible uns
inmensos territorios con abundantes recursos naturais. En moitos casos obtiveron grandes
cantidades de terras para dedicalas a plantacións.
Obrigaron aos indíxenas a traballos forzados e arruinaron as actividades artesanais o que levou a
aumentar a miseria da población sometida.
Aínda que as potencias impulsaron avances como o ferrocarril ou liñas telegráficas nas colonias,
eran para o seu propio interese, para mellorar as comunicacións nos seus negocios.
Ademais, as metrópoles impuxeron as súas moedas e sistemas fiscais...
O impacto social e político
Ao apropiarse das terras desprazaron pola forza aos indíxenas. Tamén se encerraron indígenas en
reservas ou foron masacrados sistemáticamente (Nova Zelanda, Australia). Estas fronteiras
artificiais tamén deron lugar a innumerables conflitos políticos, sociais e étnicos que persisten
hoxe en día.
Ademais houbo un gran impacto nas mentalidades, dando lugar a un fenómeno de aculturación.
Por otra parte, tras a colonización vanse ir difundindo entre as elites da población indíxena as
ideas liberais ou socialistas, que xeraron un crecente nacionalismo, aspirando á independencia.

You might also like