La Noche Más Oscura

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

TAREFA Nº 3 DO SEGUNDO TRIMESTRE SOBRE OS HORRORES DO NAZISMO

NOME E APELIDOS Cristina Martínez Abal______ CURSO 4º: B CUALIF.: _______

1. Observa os (DOC. 1 e 2). Por que cres que se incluían nas revistas propaganda como a que
ves sobre persoas con discapacidade, e exercicios de aritmética desta clase nos libros de
texto da época nazi?
Nas revistas tiñan como intención implantarlles esos pensamentos irracionais dende nenos .
2. Busca en internet que era o programa Lebensborn (DOC.3) e explica resumidamente en
que consistía. Averigua a relación da cantante de ABBA, Frida, nacida en Noruega en 1945,
con ese programa:
https://www.lanacion.com.ar/el-mundo/la-triste-vida-de-frida-la-cantante-de-abba-que-
nacio-de-un-experimento-nazi-nid15042021/
O programa Lebensborn era unha organización creada por Heinrich Himmler na Alemaña
nazi. Consistía en xuntar a mulleres e homes de raza aria para que deixaran descendencia
aria. Tiña relación con Frida xa que foi descendente dun home alemán e funja muller de raza
aria..
3. Le o (DOC. 6). En que razón baseaba Hitler a suposta superioridade dos arios? Cres que é
certo? É posible asociar un avance a unha raza? Como define aos xudeus?
Hitler decía que a raza aria fora a fundadora da humanidade superior, un suposto grupo de humanos
que, segundo as súas crenzas, tiña máis capacidades que o resto da especie.
Baixo a miña opinión, non é certo. El quixo impoñer esa raza e simplemente buscou a forma de
convencer á xente de que eran superiores. . Refírese aos xudeus como os antípodas dos arios, como
unha ameaza que está a contaminar a poboación. E el mesmo queee encargarse de hacer que
desapareza.

4. Explica cal era o ideal racial nazi segundo os (DOC. 4 e 5)


A raza nórdica é alta, de pernas longas, delgada e cunha media de estatura que entre os
elementos masculinos supera normalmente 1,74 m, Os membros son vigorosos e áxiles na
súa aparencia externa. O corte da cara de faccións nórdicas, especialmente no elemento
masculino, dá o efecto de arroxo e valentía especialmente a través dos trazos dominantes do
seu perfil: a súa fronte, o seu elevado e distinguido nariz, e finalmente o seu queixo
prominente. No elemento feminino o queixo ten un arco, o nariz é menos agudo e ademais
únese cun rostro non tan prominente.

5. Que se entende por antisemitismo?

O antisemitismo era a discriminación e o rechazo cara aos xudeus.

6. Analiza o (DOC. 7)
a) A política antisemita foi gradual ou impúxose de golpe?
Ocurre de forma gradual, vaise formando ao largo da Segunda Guerra Mundial.
b) Por que cres que se fixo dese xeito?
Porque cada vez lles quitaban dereitos ata o punto de considerarlles desfeitos
humanos.

c) Cales eran os obxectivos destas medidas?


Eliminar aos xudeus.
7. Describe a política matrimonial das Leis de Nuremberg (1935) – (DOC. 8) e dá a túa opinión
sobre ese tipo de medidas
A política matrimonial das Leis de Nuremberg comprobaba a cantidade de sangue xudeu
para comprometerse. Isto quere dicir que as personas que non teñen sangue xudia teñen que
casarse con alguen que tampouco a teña. En cambio, os que si teñen sangue xudía non
poderían casarse.

8. Que eran os Einsatzgruppen?

Eran os escuadróns de tarefas especiais


9. Segundo o que se dí sobre a acción dos nazis en territorio da Unión Soviética (Lituania,
Letonia, Ucraína…) e a colaboración de civiles na captura de xudeus, cres que
antisemitismo tamén existía nese país? En relación ao Imperio Ruso e, máis tarde, a URSS,
averigua que era un “pogromo”

10. Como definirías o termo Holocausto?


A Shoah ou Holocausto, como é coñecida esa etapa negra da Historia, supuxo que arredor de seis
millóns de xudeus de Alemaña e toda a Europa ocupada foron obxecto de experimentos médicos,
traballos forzados até a morte, e a directa eliminación por fusilamento ou nas cámaras de gas, en
campos construídos próximos a liñas de ferrocarril como os de Auschwitz, Dachau, Treblinka, Bergen-
Belsen....
Normalmente chegaban en tren a ditos campos: ali os gardas ordenábanlles aos deportados que
saísen e formasen unha fila. Daquela as vítimas eran sometidas a un proceso de selección. Os homes
eran separados das mulleres e os nenos.

11. Quen eran os primeiros seleccionados para morrer nun campo de exterminio?
Os bebés e os nenos pequenos, as embarazadas, os ancians, os enfermos e os
discapacitados.
12. Tendo en conta que os xudeus detidos e enviados aos campos só podían levar algo de
equipaxe, indica que pertenzas acababan por serlles roubadas, e se unha vez mortos se
sacaba proveito deles.
Sacabanlles o cabelo, os dentes de ouro e as amálgamas, os soldados fancianse cargo
dalgunhas partes do ouro extraido e o resto despositabanse en contas bancarias do SS.
13. Que era un kapo?
un prisioneiro do campo de concentración seleccionado para supervisar a outros presos en
destacamentos de traballos forzados.

14. Despois do que sabes sobre os traballos forzosos nas fábricas, por que cres que o industrial
Krupp, dixo o de que “cando se compra un bo cabalo, non se repara nalgúns defectos”?
(DOC.9)

15. Cantas persoas -non combatentes- foron asesinadas polo réxime nazi? (DOC.10)

Morreron ata 15.000.000 persoas, aínda que é moi probable que haxa moitas mais.
16. Resume en media páxina a biografía de Anne Frank. Aquí tes unas ligazóns:
https://encyclopedia.ushmm.org/content/es/article/anne-frank-biography
https://youtu.be/VywQEfE3K3g?si=cs2xJ31IxKFwMv1O
Ana Frank e a súa familia pasaron dous anos escondidos nun apartamento secreto detrás da
oficina do seu pai en Amsterdam.
O 4 de agosto de 1944, as autoridades descubriron que os francos e outros catro xudeus se
agochaban con eles.

O único membro da familia Frank que sobreviviu ao Holocausto foi o pai de Ana, Otto, que
máis tarde traballou con dilixencia para que se publicara o diario da súa filla.

17. Escolle un dos bos e xenerosos (Xusto entre as Nacións) que salvaron centos ou milleiros
de vidas de inocentes, e resume brevemente como conseguiu facelo. Podes acudir a estas
ligazóns:
https://www.yadvashem.org/es/righteous/stories.html
https://www.mazarelos.gal/as-irmas-touza-ribadavienses-fronte-ao-holocausto/
Irena Sendler,, nada o 15 de febreiro de 1910 no seo dunha familia católica polaca, comezou
a súa carreira estudantil na Universidade de Varsovia estudando estudos literarios. Alí xa
destacou pola súa oposición á política de discriminación introducida en 1935 contra os
xudeus, que se viron obrigados a sentar en bancos separados reservados especialmente para
eles. Por iso foi castigada cunha suspensión temporal da Universidade.

Na facultade onde estableceu relacións cos primeiros grupos de traballadores sociais, e antes
do estalido da Segunda Guerra Mundial (1939-1945) Irena traballou en diversas entidades de
axuda social. Neles coñeceu a unhas mulleres coas que máis tarde volvería atoparse nas
redes clandestinas de axuda aos xudeus. Cando Alemaña invadiu Polonia o 1 de setembro de
1939, comezando a gran guerra, Irena Sendler, de 29 anos, traballaba no Departamento de
Benestar e Saúde Pública de Varsovia.

You might also like