Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 688

1.

Como montar en
bicicleta!

Para comezar
Aprender é como facer equilibrio montado nunha bicicleta. Hai que poñerlle ganas e
intentalo unha e outra vez. Es ousado? Gústanche os deportes de risco?

Sabes que se buscas no dicionario a palabra 'maxia' poderás decatarte de que se


pode referir aos trucos de maxia ou á maxia das curandeiras?

Serías quen de facer unha biografía dunha persoa á que admires?

Como montar en bicicleta!


O vello Elías dicíalle a Serafina que ás veces a vida é como ir en bicicleta costa abaixo. Por
moi nova que sexa a bicicleta, os freos poden romper, ou picarse a roda. Así, sen avisar.
Para controlar a situación fai falta moita concentración e manter os sentidos alerta. O
importante é non deixarse levar polo medo e, sobre todo, manexar ben a bicicleta para non
acabar dando contra unha árbore ou algo peor.

Teresa González Costa, A filla do ladrón de bicicletas, Xerais, 2010.

1
Lectura
Antes da lectura reflexionamos!
Es ousada? Es decidido á hora de facer as cousas? Sabes montar en bicicleta? Gústanche os
deportes?

Escoita e le:

A filla do ladrón de bicicletas

—Lémbrao, Serafina, xusto nese


momento en que todo parece perdido, aí
é cando hai que reaccionar —dixéralle o
vello Elías á filla do ladrón de bicicletas,
mentres ela tentaba manterse en
equilibrio cos pés sobre a sela de
Celerífera.

—Non basta con facer revisións a miúdo


e levar casco por se acaso?

2
O vello botouse a rir.

—Decididamente, Serafina, es unha


ciclista de primeira.

—O único que sei —respondeu ela— é


que me gustaría non ter que baixar da
miña bicicleta. Nunca.

O vello Elías dicía que o valor está composto por cachiños de forza centrípeta, de
newtons e de magnetismo. Hai quen precisa varios días para xuntar as forzas para
formar un valor, e hai quen precisa só un intre. Mais por moito tempo que se precise
para xuntalo, Elías aseguraba que o valor sempre ten igual valor. E que ás veces chega
no momento máis inesperado. E cando chega xa non se vai.

Serafina logrou poñerse en pé sobre Celerífera, e o vello Elías aplaudiu.

—Chegarás lonxe, Serafina.

—Con tal de que sexa con Celerífera…

Na casa da tía Perfecta

Serafina miraba para a tía Perfecta, que estaba sentada diante dela na mesa redonda
do comedor mastigando unha torrada con marmelada de laranxa amarga.

3
A tía Perfecta, pensaba Serafina, era perfectamente grande, perfectamente voraz e
perfectamente distinguida. Non había ningunha dúbida, a tía perfecta facía honor ao
seu nome.

Serafina lembraba perfectamente o momento en que entrara pola porta da casa, e iso
que era moi pequena. Fora seu pai quen a deixara alí unha noite de verán.

—Xa o verás, Serafina —dixéralle seu pai, o famoso ladrón de bicicletas—. Coa tía
Perfecta has estar ben, e vas ter unha vida como mereces. A tía é unha persoa moi
educada e viaxou polo mundo enteiro. Mesmo sabe utilizar todos os cubertos, sen
trabucarse.

Serafina permanecera calada diante daquela porta enorme, tentando non chorar
mentres o seu pai se afastaba para sempre nunha bicicleta de carreiras pola Rúa de
Sotavento.

Unha vez que a tía pechou a porta, Serafina tivo a impresión de entrar nun museo. O
corredor era longo, e estaba percorrido por unha alfombra de imaxes de pavos reais.
No salón, que estaba xusto ao final daquela alfombra, había vitrinas repletas de
obxectos de cristal, e andeis que parecían a piques de caer co peso dunha chea de
figuras de porcelana. Nos teitos, as lámpadas estaban tan brillantes que abraiaban, e
os mobles tiñan unhas dimensións tan grandes que Serafina se sentía aínda máis
pequena do que era.
4
Teresa González Costa[1] , A filla do ladrón de bicicletas, Xerais, 2010.

Comprensión lectora

1. En grupos, falade do que acabades de ler. Estas preguntas pódenvos


axudar.

Quen é o protagonista da historia? Nomea todos os personaxes


que interveñen na lectura.

A que se refire o vello Elías cando di que «ás veces a vida é


como ir en bicicleta costa abaixo. Por moi nova que sexa a
bicicleta, os freos poden romper, ou picarse a roda»?

A tía Perfecta é perfectamente voraz, grande e distinguida. Por


que credes que di iso Serafina? Pensades que os nomes teñen
influencia sobre as persoas que os levan?

Que clase de palabras son as rematadas en -mente? E se non


levan esa terminación, que palabras serían?

Quen é Celerífera? Poñédeslles nome ás cousas? Cando tratas


un obxecto ou cousa como unha persoa, que estás a facer?

Por onde viaxou a tía Perfecta? Credes que viaxar e ter


educación van da man?

5
2. Poñede en común co resto da clase as vosas conclusións e escribide de
maneira individual un final para este capítulo do libro.

3. Practicar exercicio ten beneficios para a nosa saúde. Que deportes


practicades?

4. Que virtude di o vello Elías que hai que ter para ser unha boa ciclista?

forza

valentía

beleza

6
5. Relaciona as seguintes imaxes de deportes cos termos
correspondentes. Arrastra cada nome debaixo de candansúa imaxe.

gap gap gap

gap gap gap

tenis motociclismo hípica


cancha guiador cabalo
set buxía crina

patinaxe voleibol natación


patín rede piscina
xeo area lentes

7
Escoita o texto e pon especial atención na súa pronuncia. Lédeo en alto para
6. practicar.

Un reto antes de continuar


No derradeiro apartado imos tratar as biografías. Darémosche pistas para que descubras varios
autores da nosa literatura.

Modestia fóra
Nacín (modestia fora)
Nun lugar onde o mundo
Se chama Celanova...

Quen escribiu estes versos? Que autor estaba casado con Moraima?

Pista: O grupo de hip-hop Dios ke te Crew, entre outros, fixo unha versión moi famosa do seu
poema Deitado fronte ao mar.

8
[1]
Teresa González Costa
Teresa González Costa

Escritora galega nada no Grove en 1975.

Recibiu numerosos premios literarios


entre os que se contan, no ano 2004, o
Premio Barriga Verde de teatro pola obra
Canun digas Narice; e esta obra, A filla do
ladrón de bicicletas, que recibiu o Premio
Merlín no ano 2010.

9
Vocabu
Escoita e le:

Cadrar palabras

Agardar a garda,
amar a amada,
aprazar a praza,
babar a baba,
calmar a calma,
cazar a caza,
chamar a chama,
danzar a danza,
falar a fala,
lanzar a lanza,
lavar a lava,
marcar a marca,
papar a papa,
rachar a racha,
sacar a saca,
tallar a talla,
varar a vara…
para cadrar palabras.

Elvira Riveiro Tobío, PAlAbrAs brAncAs, Xerais, 2008.

10
O dicionario
A entrada ou lema, acepcións e significados

As linguas serven para construír mensaxes por medio duns sons específicos. Eses sons
podémolos agrupar en palabras e agrupando palabras podemos construír enunciados
e reunilos en textos. Para coñecer o significado das palabras acudimos ao dicionario.

Un dicionario é un manual onde aparece o significado de palabras ordenadas


alfabeticamente. Cantas máis palabras e significados coñezamos máis vocabulario
teremos e isto permitirá que poidamos expresarnos con máis corrección e fluidez.

11
Repara
A palabra maxia, que aparece en letra negra no dicionario, é a entrada ou lema, que é o que
adoitamos buscar alfabeticamente.

Así mesmo, tamén aparece a categoría gramatical, que indica o tipo de palabra que é
(substantivo, adxectivo, adverbio...). Ás veces, a categoría gramatical vén representada con
abreviaturas: sf. sm. vb. Hai moitas palabras que teñen varias acepcións, é dicir, varios
significados.

Definicións extraídas do DRAG

Existen moitos tipos de dicionarios. Os dicionarios de étimos, indican de onde procede


a palabra; os de sinónimos, as distintas palabras que teñen o mesmo significado. Un
dos dicionarios de galego máis empregados en liña é o dicionario da Real Academia
Galega.

Nos dicionarios podemos atopar substantivos, adxectivos, adverbios, determinantes,

12
preposicións, verbos… Os substantivos aparecen en singular, os adxectivos en
masculino singular e os verbos en infinitivo. Nos dicionarios a clase á que pertence
cada palabra vén representada cunha abreviatura: s.m., adx., v.

O alfabeto, letras e palabras


Como sabes, o alfabeto ou abecedario está composto por 23 letras desde o a ao z,
cinco vogais e dezaoito consoantes.

a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z

O nome das letras ten xénero masculino e existen 6 dígrafos, que son a combinación
de dúas letras que se usan para representar un único son: ch, gu, ll, nh, qu, rr.

Repara
Os dígrafos non se poden partir cando se produce un salto de liña:

ningu-nha.

Actividades

13
Reflexionamos. Despois de escoitar este audio, fai as seguintes
1.
actividades:

Recitádeo en alto e buscade as palabras que non coñezades no


dicionario.

Que destacariades do poema?

Podedes compor algún poema onde se repita un son?

2. Escribe a continuación sete palabras con estes sons:


a, ch, l, x, t, r.

3. Relaciona estas definicións, extraídas do Dicionario da Real Academia


Galega, coas ilustracións correspondentes.

14
Bóla de fío enrolado.

Instrumento de labranza de folla


curva, grosa e forte co mango máis
longo ca o da fouciña, que se utiliza
para rozar.

Utensilio con tres ou catro pugas nun


extremo, para levar alimentos sólidos
á boca.

Doce feito con froita cocida con


azucre ou mel, de consistencia
pastosa.

Insecto da familia dos coccinélidos, de


forma arredondada, con élitros de
cores vivas, xeralmente vermellos,
con sete puntos negros.

4. Cales son as palabras que teñen as cinco vogais?

cabalo

arquitecto

maniota

terapéutico

escuálido

15
resistencia

5. Ordena estas palabras segundo a súa orde de aparación no dicionario.

1.
gap

2.
gap

3.
gap

4.
gap

5.
gap

6.
gap

cabalo maniota arquitecto

terapéutico escuálido resistencia

6. Sinala cales son as palabras que levan dígrafos.

grafía

estoxo

chourizo

guiso

néspero

ningunha

16
espello

empezar

7. Completa o texto coas letras que faltan.

E contei a mi visita á icóloga e, como despois dun


debu os meus país esque ron o asunto dos ebés
prematuros, dos dardos en elenados e dos demais
pro emas causados polas no as dúas listas de poderes. Notei o
de interese de Roi por ir á onsulta de Maite e li arse do
castigo de por ida e pareceume moi ego sta. Normal: esta
castigado nun auténtico arque de atra ción!

O poder de Anabel, Érica Esmorís, Sushi Books, 2013.

17
Un reto antes de continuar
Este autor naceu en Fefiñáns, Cambados. A ver se adiviñas quen é...

TERRA!

A neve nos curutos,


a brétema no val,
o sol bicando as veigas,
o vento no pinal,
este berro de loita
estenden polo chan:

Esperta e érguete axiña,


Terra de Breogán!

Ramón C_ _ _ _ _ _ _ _ _

Cal é a vogal que máis se repite no poema?

18
Literatu
Textos literarios e non literarios
Os seres humanos emitimos sons. Eses sons, agrupados, constitúen palabras e as
palabras forman parte de enunciados. Existen tipos de enunciados que se agrupan en
textos: contos, novelas, un informe, unha definición, un resumo, un poema.

Os textos son mensaxes que se transmiten por medio da voz ou a través da escrita.
Pola súa disposición e intención, estes textos poden ser de distintos tipos.

Os textos non literarios son aqueles que achegan a mensaxe que se quere
transmitir, é dicir, os datos que son precisos, a información para ser comprendida
dunha forma clara.

Os textos literarios son aqueles que son creados a partir dunha linguaxe elaborada e
co propósito de provocar reaccións no lector. Transmiten sentimentos que son
interpretados polo lector, que os interioriza engadindo a súa imaxinación. O autor
concibe o que crea como único e coma obra de arte. En literatura existen tres tipos de
textos literarios: a narrativa, o teatro e a poesía.

Escoita e le:

O raposo

O raposo mentireiro
é astuto, pillabán.
Ten moita sabedoría,
baixa da tobeira ao val.

Come ratas, toupas, pera


algún que outro coello,
unha lebre, un casual;
mazás, figos, tamén uvas.
19
Se atopa un galiñeiro
voando quedan as plumas!
e cando o descobre o dono
foxe, sacudindo as pulgas,
vaise co rabo entre as pernas!

O galopín
se fai perigo faise o norte.
Moitos nomes ten o amigo:
xatentendo, xamescorro,
sete mentiras, mil mañas,
golpe, trasgo, periquiño…

Será tanta maña certa ou cousa da mala


prensa?

Xoán Neira, No cubil da lúa,


Baía Edicións, 2009.

O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido como golpe nalgunhas zonas ao
norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos (Canidae), dentro da orde dos
carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter
as patas curtas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha
pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar arredor de 7 kg e miden entre 90 e 105 cm
de longo (sen incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por
enriba e branca pola parte inferior.

O raposo vive en todos os continentes (agás na Antártida), habita zonas boscosas, con
matogueiras. Algún tipo de raposo pode mesmo vivir en zonas desérticas e xeadas.

O raposo, segundo a Galipedia.

20
Comprensión lectora

1. Respondede a estas preguntas sobre os textos anteriores.

Cal é o texto literario e cal o non literario? Explicade a vosa


resposta.

Que aspectos se destacan do raposo no primeiro texto?

Que aspectos se destacan do raposo no segundo texto?

Que diferenzas existen nos dous textos?

Que outro nome ten o raposo?

2. Escribe os adxectivos do poema.

3. Escolle outro animal e fai unha descrición das características que o


definen. Emprega, polo menos, cinco adxectivos.

21
4. Di se os seguintes textos son textos literarios ou non literarios.

1. Prospecto dun medicamento.

Literario Non literario

2. Unha canción.

Literario Non literario

3. Unha lenda.

Literario Non literario

4. Manual de instrucións dun xoguete.

Literario Non literario

5. Unha cantiga medieval.

Literario Non literario

22
Gramá
A comunicación
A comunicación é o proceso no que se emite e recibe información. A característica
fundamental dos humanos e dos animais é que teñen a capacidade para se
relacionaren entre si mediante a comunicación. Na comunicación interveñen os
seguintes elementos: emisor, receptor, mensaxe, código e canle.

Repara
Emisor: é o elemento da comunicación que transmite información, que a emite.

Receptor: é o elemento da comunicación ao que vai dirixida a información, o que a


recibe.

Mensaxe: é o que se quere transmitir.

Código: é o conxunto de símbolos ou signos que permite formular e comprender ou


interpretar mensaxes.

Canle: é o conduto polo que transcorre a mensaxe.

Para que a comunicación sexa un éxito precisamos coñecer o código e que a canle
sexa a axeitada, é dicir, que non haxa ruídos ou algo que impida que se reciba
correctamente.

23
O código é a lingua galega, entendida por todos os seus falantes. A canle é a rede pola que vai
a mensaxe.

A comunicación pode ser verbal ou non verbal. A comunicación non verbal


prodúcese por medio de sons, imaxes, xestos, olores... Dicimos que a comunicación é
verbal cando se emprega a linguaxe oral ou escrita.

A lingua oral é inmediata e só se preserva se está gravada. Ademais, nela interveñen


signos non verbais, como acenos ou linguaxe corporal.

A lingua escrita non é inmediata, é diferida, e perdura no tempo. Foi creada polo
home para entenderse máis alá das palabras e non responde á realidade palpable. A
escrita ten que ver con signos que representan esa oralidade e, cada signo, cada letra,
representa un son ou un grupo de sons.

As primeiras representacións foron pictogramas, as pinturas pintadas nas covas.

O código empregado no proceso comunicativo non sempre é o das palabras, neste


proceso tamén poden intervir sons ou signos. Temos diferentes códigos e polo tanto
diferentes linguas. A lingua é un sistema de palabras, signos e sons.

O galego fálase en Galicia, onde é a lingua oficial xunto co castelán. Tamén se fala e se
permite o seu ensino regrado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e
nunha zona da provincia de Zamora que se chama As Portelas, que comprende os
concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende, sendo parcialmente galegofalante
24
Pedralba de la Pradería,
onde é falado na pedanía
de Calabor.

Tamén é falado en 19
concellos limítrofes
do Principado de Asturias,
pertencentes á Terra Eo-
Navia.

Así mesmo, tamén se fala


en zonas de Estremadura,
na fronteira con Portugal,
no Val de Xálima (San
Martín de Trebello, As
Ellas e Valverde do Fresno);
na provincia de Cáceres,
fálase a Fala de Estremadura.

Actividades

1. Identifica o código, a mensaxe, o emisor, o receptor e a canle nestas


situacións e escribe a resposta.

Unha radio da que sae música e unha parella bailando.

2. Identifica o código, a mensaxe, o emisor, o receptor e a canle nestas


situacións e escribe a resposta.

25
Un señor lendo o xornal.

3. Identifica o código, a mensaxe, o emisor, o receptor e a canle nestas


situacións e escribe a resposta.

Dúas señoras saudándose cun «boa tarde» nun portal.

4. Identifica o código, a mensaxe, o emisor, o receptor e a canle nestas


situacións e escribe a resposta.

Un axente de tráfico dando o stop coa man a un peón.

5. Entre todos xogade a entendervos por medio da mímica e intentade

26
transmitir as seguintes mensaxes

a. Teño frío e preciso tomar algo quente.

b. Debo estudar para un exame.

c. Estiven facendo deporte e agora estou moi cansa.

d. Polas mañás esperto con moita fame e almorzo ovos.

Despois reflexiona sobre as seguintes cuestións e responde


individualmente:

Que pasaría se non puidésedes escoitar o que din os vosos


compañeiros? Como poderiades entendervos?

Que pasaría se non podemos ver e temos que comunicarnos?


Que posibles códigos utilizariamos?

6. Investigade sobre a figura de Louis Braille e facede un resumo sobre a


súa biografía.

7. Relaciona as frases co idioma no que están escritas.

27
Eu chámome Ana Catalán

Eu chamo-me Ana Galego

My name is Ana Éuscaro

Ni Ana naiz Inglés

Jo em dic Ana Francés

Je m’appele Ana Portugués

8. Clasifica en linguaxe verbal ou non verbal os seguintes procesos


comunicativos.

1. Unha SMS.

2. A cor verde dun semáforo.

4. Un debate por televisión.

5. Unha conversación por chat.

9. Relaciona estes termos coa súa correspondente definición. As


definicións están extraídas do Dicionario da Real Academia Galega.

Monolingüe Que fala varias linguas.

Bilingüe Que non sabe ler nin escribir.

Políglota Que fala dúas linguas.

28
Sistema lingüístico derivado doutro, cunha
Analfabeto limitación xeográfica concreta e sen
diferenciación suficiente.

Dialecto Que fala só unha lingua.

29
Ortogr
Escoita e le:

Mirando arredor viu que as paredes estaban cheas de máscaras de formas estrañas
que parecían mofarse dela.

—Antes de nada limpa os pés —dixéralle a tía Perfecta—. E agora que quede claro:
nada do que hai aquí dentro é teu. Entendido?

Serafina miraba para a tía Perfecta, asustada no medio daqueles obxectos


perfectamente ordenados.

—Entendido?

—Entendido.

—Nada de camiñar calzada sobre as magníficas alfombras que comprei en Istambul.

—Entendido.

—Queda terminantemente prohibido probar as coloridas máscaras. Son venecianas,


sabes?

—Entendido.

30
—E nin se che ocorra xogar coas fráxiles bonecas rusas que ves aí, nin coas
enigmáticas figuras da Costa de Marfil. Son moi caras.

—Entendido.

—Ah, e que quede máis claro aínda: Ves esa mesiña de robusta madeira do Brasil?
Pois nada de abrir o fráxil tarro de cristal de Bohemia que se atopa xusto enriba dela.

O tarro de cristal de Bohemia estaba cheo de galletas de Holanda. Deliciosas pastas


crocantes de sabor a canela e mazá que a tía Perfecta gardaba celosamente.

—Entendido?

Serafina sempre tivera moito coidado en


non derramar ningún obxecto do
microcosmos internacional que a tía fora
construíndo na súa casa. En canto ás
galletas holandesas… Ben, Serafina
abríao, mais conformábase con cheirar o
contido do tarro. Polas noites, sen que
ninguén a vise, a rapaza deixaba que o
perfume delicioso que desprendían
aromatizase o salón. Ás veces, se
pechaba os ollos, tiña a sensación de
estar esvarando coa súa bicicleta por un
camiño cheo de árbores de canela e
mazás holandesas.

31
Teresa González Costa, A filla do ladrón de bicicletas, Xerais, 2010.

Son e fonema
O son é, dentro da estrutura da lingua, a unidade máis pequena. O son sae pola boca:
a, b, c, d. Se eses sons que emitimos forman parte de palabras e se diferencian
doutros, estamos diante de fonemas, os cales representamos grazas a un alfabeto
propio:

O galego estándar conta con 26 fonemas: 7 vocálicos e 19 consonánticos:

/a/, /b/, /ᶿ/, /tʃ/, /d/, /ɛ/, /e/, /f/, /g/, /i/, /l/, /ʎ/, /m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/, /ɔ/, /o/, /p/, /k/, /ɾ/, /r/,
/s/, /t/, /u/, /ʃ/

A sílaba, o acento, sílabas tónicas e átonas

As letras agrúpanse en sílabas, que son conxuntos de sons que se pronuncian xuntos
cun golpe de voz.

me-sa, ca-dei-ra

As palabras son sons agrupados en sílabas, así pois, a sílaba é un conxunto de sons
que se pronuncian nun só golpe de voz.

es-per-tar

Cando pronunciamos unha sílaba con máis intensidade ca outras estamos ante as
sílabas tónicas:

bi-ca

Aquelas que se pronuncian con menos forza son as sílabas átonas.

tor-ta

32
As palabras poden ser polo seu número de sílabas monosílabas (unha sílaba),
bisílabas (dúas sílabas) trisílabas (tres sílabas) e polisílabas (máis de tres sílabas).

Clasificamos as palabras segundo a posición da sílaba tónica en agudas, graves e


esdrúxulas. Algunhas sílabas tónicas levan acento gráfico seguindo as regras de
acentuación.

Comprensión lectora

1. Le o texto e contesta as seguintes preguntas no teu caderno.

Que é o primeiro que lle di a tía Perfecta a Serafina?

Que é o que fai Serafina polas noites?

A que se refire Serafina cando fala de microcosmos


internacional?

Existen as árbores de canela?

Achega o nome de cinco árbores.

2. Copia estas palabras e escribe a sílaba tónica de cada unha.

máscaras ● galletas ● estrañas ● obxecto ● terminantemente


● prohibido ● só ● enigmática ● coidado ● bicicleta ● mesa

33
3. Separa as sílabas das seguintes palabras.

máscaras ● galletas ● estrañas ● obxecto ● terminantemente


● prohibido ● só ● enigmática ● coidado ● bicicleta ● mesa

4. O microcosmos internacional da tía Perfecta está composto por


obxectos de Holanda, Bohemia, Brasil, Istambul e Venecia. Busca os
xentilicios dos países aos que pertencen

Istambul holandés, holandesa.

Venecia checo, checa.

Holanda brasileiro, brasileira.

Brasil turco, turca.

Bohemia italiano, italiana.

Indica se as seguintes palabras son monosílabas, bisílabas, trisílabas ou

34
polisílabas.
5.

Máscaras Só

Estrañas Prohibido

Obxecto Coidado

Terminantemente Bicicleta

Enigmática Mesa

6. Indica o lugar da sílaba tónica de cada unha destas palabras.

Só Azul

Perfectamente Máscara

Trisílaba Calzada

Mazá Carbón

Fráxil Esvarando

Lámpada Enigmática

35
Expres
Escoita e le:

Serafina non tardara moito tempo en descubrir a palabra preferida da tía Perfecta.

—Podo tomar máis torradas?

—Non.

—Podo erguerme? Xa rematei.

—Non.

—Podo pousar o cóbado na mesa?

—Non.

—E esbirrar?

—Non.

—E tusir?

—Tampouco.

Por moito que se maquillase, a tía Perfecta


sempre levaba a mesma cara de poucos amigos.
Fora artista, e estaba convencida de que andar
co nariz altivo, maquillarse en exceso e non
dirixirlle a palabra a ninguén era a mellor
maneira de manter a súa reputación intacta.
Non como Alfonsina, unha antiga actriz de
cinema que vivía na outra parte da vila e que

36
outrora fora aclamada polo público. Alfonsina
camiñaba coma unha campá e era amable con
todo o mundo, o que non quere dicir que non
fose unha boa actriz na súa época. Moi boa,
incluso. Ata gañara un Óscar á mellor actriz
secundaria.

A tía Perfecta non fora actriz, senón que fora soprano. Unha famosa cantante de ópera
especializada en papeis tráxicos que viaxara por todo o mundo. Actuara nos mellores
teatros, pero como tiña máis mal humor que unha diva convencional os directores
deixaran de contratala, sobre todo porque cando se enfadaba era capaz de botar
abaixo o decorado e de esgazar o pano de fondo, que son cousas moi custosas.

Teresa González Costa, A filla do ladrón de bicicletas, Xerais, 2010.

Expresión oral. Quen é quen,


describe un compañeiro de clase
37
Describir unha persoa consiste en dicir as características físicas e as calidades que a
definen.

No curso pasado xa vimos que había que ser ordenados e destacar aqueles aspectos
que diferencian as persoas que estamos a describir. Debemos incluír o aspecto físico,
da cabeza aos pés, e irlle sumando o carácter da persoa ou a forma de ser. Podemos
completar unha boa descrición con actividades, gustos ou afeccións que a persoa que
describimos realice ou teña.

Repara
Agora imos facer un xogo que é similar ao das películas e podemos realizar entre todos. Trátase
de intentar adiviñar un compañeiro de clase.

Antes de comezarmos unha descrición, debemos pensar ben as características máis


salientables del.

Fai un pequeno guión dos trazos da personalidade da persoa que vas describir e cando
remates repasa a descrición e lea en voz alta para que teña sentido.

Comprensión lectora

1. Escolle entre os seguintes adxectivos o que se refire ao cabelo.

varudo

38
crecho

estreito

avezado

ergueito

2. Fai unha descrición de como imaxines á tía Perfecta. Ilústraa no teu


caderno.

3. Entre todos discutide sobre estas preguntas e respondede de maneira


individual:

Que cara leva sempre a tía Perfecta?

Que actitude adopta a tía Perfecta fronte á xente? E Alfonsina?

Que profesión tiña a tía Perfecta?

Que recoñecemento conseguiu Alfonsina?

Por que non contrataban a tía Perfecta?

39
Expresión escrita. Escribe a
biografía dun autor
Unha biografía é a descrición da vida dunha persoa e tamén da súa obra. As biografías
nárranse en terceira persoa. Nelas aparecen os datos máis importantes das persoas
que protagonizan esa biografía: onde naceu, que fixo, onde viviu…

40
Autoría: Roi González Villa Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio), o 5 de xullo de 1985,
coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega.
Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf
(Alemaña), co tema Que me quiten lo bailao, sendo a primeira galega
en facelo e obtendo un 23º posto con 50 puntos.

A súa andaina no mundo da música comezou cando tiña 8 anos, na


escola. En 2002 consegue a vitoria no concurso da TVG Canteira de cantareiros, dirixido a
cantantes afeccionados. Ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum Amores y amores. En 2005
participa no festival da canción de Viña del Mar (Chile), onde queda segunda, e que ten como
consecuencia unha serie de actuacións nese país americano e mais en Arxentina, que alterna
con concertos en Galicia. En 2009 participa por segunda vez no Festival de Viña del Mar.

Aínda que canta maioritariamente en castelán, ten gravado xa varios temas en galego: dous no
primeiro álbum, dous no segundo (a canción Amarás miña terra foi finalista dos Premios de la
Música de España á mellor canción en galego), un no terceiro: unha versión de Adiós ríos, adiós
fontes, o poema de Rosalía de Castro e no cuarto Dígocho en galego (2010) é todo en galego.

Fonte: Wikipedia.

Actividades

4. Responde estas preguntas:

Quen é a personaxe da biografía?

Onde naceu?

Cando empezou a cantar?

En que países cantou?

Canta en galego?

En que concurso internacional representou a España?

41
5. Amplía os teus coñecementos. Un dos temas dun dos discos de Lucía
Pérez é unha versión do poema de Rosalía de Castro Adiós ríos, adiós
fontes. Investigade e copiade ese poema no voso caderno, despois
escribide a biografía de Rosalía de Castro.

42
Un último reto
É unha muller importante á que lle dedicamos o primeiro día das nosas letras, xa que esa data é
a da publicación dun dos dous poemarios que ten en galego, o 17 de maio de 1863.

Son moitos os cantantes que teñen feito versións da súa obra, entre eles, Lucía Pérez. A ver se
adiviñas quen é...

Nasín cando as prantas nasen


no mes de froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,


mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos
sin ningunha para ti.

43
Ao pec
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. A palabra zapato está no final ou no


principio do dicionario?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Unha entrada é unha palabra que


aparece no dicionario?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Un prospecto dun medicamento é ou


non é un texto literario?

44
4. Reflexiona e valora o teu traballo. O que recibe unha mensaxe sms é o
receptor? E o que a envía?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. A sílaba é a parte dunha palabra?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Pa- é unha sílaba da palabra pata?

45
7. Reflexiona e valora o teu traballo. Como é o teu compañeiro de
pupitre? Ten o cabelo longo ou curto?

8. Reflexiona e valora o teu traballo. Rosalía de Castro naceu en


Padrón? Que escribiu?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para te avaliares. Dispós de tres
46
intentos para superar cada actividade.

9. Relaciona os lemas cos significados extraídos do Dicionario da Real


Academia Galega.

crocante Rachar [un tecido ou algo similar]


producindo unha rotura irregular.

bilingüe Que ten vigor, que ten forza.

robusto [Caramelo, xeado] con cachiños de


améndoa.

esgazar Que fala dúas linguas.

10. Escribe, a continuación de cada palabra, a sílaba tónica seguindo o


exemplo.

malhumor mor

a. biblioteca .

b. esvarar .

c. campá .

d. tráxico .

11. Sinala se a palabra é monosílaba, bisílaba, trisílaba ou polisílaba.

a. hipopótamo

b. Holanda

47
c.

d.
cola

e. compás

12. Di se os seguintes enunciados son verdadeiros ou falsos.


O noso alfabeto ten 23 letras, cinco vogais e dezaoito consoantes.

Verdadeiro

Falso

As letras en galego teñen xénero feminino.

Verdadeiro

Falso

Cantas máis palabras coñezamos, máis vocabulario teremos.

Verdadeiro

Falso

No galego só temos nove dígrafos.

Verdadeiro

Falso

48
13. Sinala as oracións que representan a linguaxe verbal.

O canto dun paxaro.

Unha palestra sobre historia.

A sirena dun barco.

O verde do semáforo.

14. Le este fragmento e di se é literario ou non literario.

As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo amosan


os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Literario Non literario

15. Le este fragmento e di se é literario ou non literario.

Un axóuxere é un xoguete que


consiste nunha ou máis esferas,
xeralmente de plástico, con
boliñas no seu interior e unidas a
un pequeno mango, que serve
para entretemento dos meniños.
Aos bebés gústanlle moito os
axóuxeres xa que fan ruído e
estes os estimulan.

49
Literario Non literario

16. Cal destas palabras é un substantivo?

árbore

intenso

azul

terminantemente

escuro

17. Ordena estas palabras como aparecen nun dicionario.

1.
gap

2.
gap

3.
gap

4.
gap

5.
gap

6.
gap

diverso sabugueiro arquetipo

zoupón carqueixa estalote

18. Indica cales destas palabras teñen como sílaba tónica a penúltima
sílaba.

50
morcego

cadeira

área

axóuxere

linguaxe

Reforza

19. Que é un lema? Fíxate na imaxe coa definición extraída do DRAG para
axudarte.

Cada unha das letras do alfabeto.

Unha entrada nun dicionario.

Dous sons que se unen formando un dígrafo.

Un animal invertebrado.

20. A que elemento da comunicación se refiren os seguintes enunciados?

51
Un neno pedindo pan código

Alguén que escoita a radio canle

A lingua na que está escrita emisor


unha nota

As ondas polas que transcorre unha mensaxe


mensaxe de amor

O que hai escrito dentro dunha botella e receptor


que vai polo mar

21. Indica cales destas palabras son adxectivos.

carteira

efectivamente

egrexio

estático

22. Escribe as sílabas tónicas das seguintes palabras.

1. ca-fé .

2. mar-me-la-da .

3. es-tá-ti-co .

4. fé-mur .

5. es-pa-zo .

52
Amplía

23. Mafalda é unha personaxe do debuxante arxentino Quino. A personaxe


deu nome a unha serie de historietas que acadou fama internacional.

Esta personaxe apareceu por primeira vez en 1964 enGregorio, o


suplemento humorístico da revista Leoplán. O 29 de setembro dese ano
empezou a aparecer regularmente, no semanario Primera Plana. Tivo
periodicidade diaria ata 1973. As súas historias foron traducidas a máis
de trinta linguas.

No teu caderno, contesta as seguintes preguntas:

É un texto literario ou non literario?

Cal é a canle pola que chega Mafalda aos lectores?

Os lectores, que son no proceso comunicativo?

A cantas linguas foi traducida Mafalda?

24. Investiga e busca unha tira cómica sobre Mafalda. Que tipo de texto é
Mafalda?

53
25. Sabes quen foi Alejandro Campos Ramírez, máis coñecido
como Alexandre de Fisterra?

Propoñémosche a continuación que investigues e fagas unha breve


biografía:

A súa orixe.

Por que é coñecido.

A que se dedicou.

Galería de imaxes

54
55
56
57
58
Vocabulario

59
Altivo
adx. Que se comporta con altivez, con superioridade.

Corredor
subs. Parte xeralmente estreita e longa no interior dunha casa, que establece
comunicación cos demais cuartos desta.

Derramar
vbo. Verter ou botar por fóra de xeito involuntario.

Enigmático
adx. Misterioso, que non se consegue entender.

Esgazar
vbo. Rachar de xeito irregular.

Estraño
adx. Diferente do que se considera normal ou habitual.

Intacto
adx. Que non sufriu ningunha modificación ou dano.

Intre
subs. Espazo breve de tempo.

Maña
subs. Habilidade, destreza.

Mastigar
60
vbo. Desfacer en anacos pequenos empregando os dentes.

Trabucarse
vbo. Caer en erro, enganarse.

Recursos de apoio
O verbo e as conxugacións

Normas ortográficas

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-

galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/ 61
http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Curso de lingua galega


http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de normalización e


dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

A filla do ladrón de bicicletas


http://gl.wikipedia.org/wiki/A_filla_do_ladr%C3%B3n_de_bicicletas

Elvira Riveiro Tobío


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100025839

Ramón Cabanillas
http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-

/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/28040

Xoán Neira López


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100042340

Teresa González Costa


http://gl.wikipedia.org/wiki/Teresa_Gonz%C3%A1lez_Costa

62
Galicia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Galicia

Louis Braille
http://gl.wikipedia.org/wiki/Braille

Fundación Casa e Museo Rosalía de Castro


http://rosaliadecastro.org/

Mafalda
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mafalda_%28personaxe%29

63
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

64
10. Os perigos da illa

Para comezar
Que é un substantivo? Como se forman os substantivos como pedroso?

Coñeces as características das hipérboles e das personificacións?

Sabes que é un enunciado?

Es quen de recomendar un restaurante?

Darías feito un caligrama?

Sara, a única nena do lugar


Nun lugar da costa onde os altos cantís se abaixan para rodear unha breve enseada,
atópase Arán, unha aldeíña de mariñeiros. Aí só quedan unhas poucas casas e un peirao
cativo onde os barcos se protexen da furia do mar durante os meses de invernía. Nunha
desas casas vive Sara, a única nena do lugar.

Na aldea non hai máis nenos porque as familias novas prefiren vivir na vila, situada uns
poucos quilómetros terra dentro. Deste xeito, aínda que os homes traballan en Arán
durante o día, pola noite regresan á vila, onde a vida é máis tranquila e o mar só un inimigo
arredado.

Agustín Fernández Paz,


O segredo da Illa Negra, Xerais, 2015.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Tes medo? Dormes con facilidade?

Pois agora vas poder ler a historia da serea da Illa Negra, un libro que se basea no tradicional,
nas historias que se contaban oralmente. A protagonista deste relato é unha nena que se
chama Sara.

Sara logrará acabar coa maldición da cruel serea que ten atemorizados os mariñeiros da súa
vila. Agustín Fernández Paz constrúe neste libro dúas historias protagonizadas por dúas afoutas
cativas: Branca e Sara.

Escoita e le:

Cada mañá, cando abre de par en par a fiestra do seu cuarto, o que Sara contempla é

2
o mar inmenso, de cores sempre cambiantes. Ás veces aparece calmo, coma se tamén
el necesitase durmir unhas poucas horas; mais a meirande parte do tempo domínao a
axitación: calquera pretexto lle vale para erguerse en vagallóns e estrelarse con furia
contra os cantís. A nena ama ese mar bravo, o mesmo mar que a acompaña co seu
bruar incesante mentres dorme.

Aló ao lonxe, recortándose contra o ceo, tamén se distingue a silueta da Illa Negra,
unha escura masa rochosa contra a que baten as ondas sempre con violencia, aínda
nos días en que o mar aparece calmo e liso coma un espello.

Sara estremécese cando a mira, pois véñenlle á memoria as historias terribles que
contan sobre ela. Historias que falan dunha cruel serea cuxa morada se atopa entre as
súas rochas, no mar profundo das augas. Un ser malvado que atrae os mariñeiros con
arteiros engados, para levalos á súa cova e acabar con eles.

—É unha illa maldita, por iso ninguén se chega ás súas augas —tenlle escoitado unha
chea de veces ao seu pai—. Os que algunha vez se atreveron a poñer os pés nela, ou
os coitados que ignoraban o perigo que corrían, acabaron nas redes da serea e nunca
máis se soubo deles. Eu podo considerarme afortunado, pois ollei este ser terrible e
vivín para contalo.

Agustín Fernández Paz, O segredo da Illa Negra, Xerais, 2015.

3
Comprensión lectora

1. Responde estas preguntas sobre o texto:

Como se chama a nena? Que nome recibe a illa?

Que ser malvado vive na devandita illa?

Que tipo de ser é unha serea? Cres nas sereas?

O que se conta que é, unha fábula, un mito ou unha lenda?

Que lles pasaba aos mariñeiros que ousaban poñer un pé na


illa?

Quen sobriviviu para contalo?

2. Indica cales destas palabras son substantivos.

lonxe

incesante

serea

4
bruar

cantís

3. Clasifica as palabras en feminino ou masculino segundo corresponda.

Feminino Masculino

Costume

Lentes

Leite

Orixe

Mel

Ponte

Arte

Mensaxe

4. Une as palabras sinónimas.

fiestra malpocado

illa vivenda

morada insua

coitado ventá

5. 5
5. Fai un debuxo da Serea malvada da Illa Negra. Como a imaxinas?

Un reto antes de continuar


Consigue sortear no labirinto a serea da Illa Negra e achegar ao peirao.

6
7
Vocabu
Vocabulario
Formación do substantivo
O substantivo é o núcleo da frase nominal. Os substantivos fórmanse ao engadirlles
sufixos a outros nomes, a adxectivos e a verbos.

pera (substantivo) + -eira: pereira


salvar (verbo) + -mento: salvamento
rosa (adxectivo) + -ada: rosada

Como xa sabes, os substantivos son palabras que nos serven para designar persoas,
animais, cousas ou sentimentos.

Segundo o seu significado, poden ser propios ou comúns. Os comúns, á súa vez,
poden ser concretos ou abstractos, individuais ou colectivos, contables ou non
contables.

Definir un substantivo
Definimos os substantivos a partir doutro substantivo. Vexamos o seguinte exemplo:

Man: parte do corpo situada no extremo de cada brazo, con cinco dedos, que serve para
agarrar e onde radica por excelencia o sentido do tacto.

Os substantivos teñen xénero e número, é dicir, poden ser masculinos ou femininos e


estar en singular ou en plural.

Segundo o seu xénero poden ser:

masculinos: libro, autor...

femininos: mesa, avoa...

8
Hai algúns substantivos que son invariables, isto é, que teñen a mesma forma para o
masculino e o feminino. Exemplo: oculista.

A formación do feminino
Os substantivos que no masculino rematan en -o ou en -e, cambian esa vogal
por -a:

sogro / sogra xefe / xefa

Os que rematan en vogal tónica ou consoante que non sexa -n, engaden -a:

avó / avoa traballador / traballadora

Os rematados en -án en masculino, cambian -án por -á, mentres que os


caracterizadores despectivos forman o seu feminino engadindo -ana:

ancián / anciá forlgazán / folgazana

Cando o masculino remata en -ón, cámbiano por -oa ou -ona:

león / leoa lambón / lambona

Algúns substantivos teñen forma distinta para masculino e feminino:

cabalo / egua

9
Repara
Repara no xénero destes substantivos:

Substantivos masculinos: costume, nariz, leite, mel, couce, fel, sal, cume, efe, sangue,
cal, labor, sinal, sorriso, til, cárcere, cuspe, eñe, lume, azucre...

Substantivos femininos: calor, orde, marxe, análise, dor, árbore, ponte, carraxe,
pantasma, suor, porcentaxe, arte, canle, amendoeira, augardente, aguia, cute...

O número: singular e plural


Case todos os substantivos teñen singular e plural; aínda que hai algúns que só teñen
singular (leite), outros só teñen plural (maniotas) e outros teñen a mesma forma para o
singular e o plural (martes).

Os substantivos que rematan en vogal ou en -n engaden -s:

mazá / mazás

león / leóns

Os monosílabos rematados en -l engaden -es:

gol / goles

Os substantivos agudos de máis dunha sílaba rematados en -l cambian o -l por


-is:

papel / papeis

Os que rematan en consoante distinta de -n engaden -es:

10
calor / calores

As palabras compostas cuxo segundo elemento é un monosílabo engaden -


es:

parasol / parasoles

Repara
Existen sufixos que, ao unirse aos substantivos, achegan un matiz de significado:

Diminutivos: fan referencia a persoas, cousas ou animais e fenómenos de pouco ou


menor grao de intensidade:

-iño/-iña

mesiña, porquiño, sentidiño

Aumentativos: fan referencia a persoas, cousas ou animais e fenómenos de moito ou


maior grao de intensidade:

-ón/-ona ou -azo/-aza

roscón, casaza

Despectivos: fan referencia a persoas, cousas ou animais e fenómenos que son


tratados con desprezo ou desdén, vistos como inferiores:

-acho/-acha, -uco/-uca, -ada, -exo/-exa

populacho, papelucho, lugarexo

11
Ás veces sinto que no meu país faltan palabras

12
Sinto que cando a muller da floraría
non me fala a miña lingua
desaparece un prado de
pensamentos azuis,
que cando no taller de chapa e
pintura
non falan a miña lingua
se oxida algo por dentro miña,
que perdo cartos
cando no banco non me atenden no
meu idioma.
E cando abro os xornais
e a miña lingua só aparece debaixo
das pedras,
é como se o meu país fose outro.

Ás veces cando estou no autobús


e non escoito a ninguén falando a
miña lingua,
fecho e abro os ollos para ver se
estou soñando.
E cando no medio dunha praza
escoito un neno
ou unha nena que fala coma min,
teño ganas de abrazala,
de protexela de todo o que está a
suceder
antes de que sexa demasiado tarde.

Ás veces sinto que no meu país


faltan palabras,
que desaparecen día a día,
que hai xente que as abandona
e xente que as esconde
e sinto que pouco a pouco
o meu país vai facéndose máis
pequeno
e que somos menos porque hai
menos palabras.

No meu país hai moita xente


buscando
as palabras que nos faltan.
Buscamos debaixo das pedras, nos
xornais
13
ou nos nenos e nenas que agardan o
autobús,
palabras que ás veces aparecen
e outras se perderon para sempre.

Gustaríame que atopásedes as


miñas palabras
como eu necesito as vosas.

Séchu Sende, Made in Galiza, Galaxia,


2007.

Actividades

1. Responde as preguntas que teñen que ver coa lectura.

Que sente a voz poética cando non lle falan na súa lingua?

Cal cres que é a lingua que non lle falan?

De que lle entran ganas cando ve unha nena ou un neno


falando na súa lingua?

Por que pensas que hai xente que esconde as súas palabras?
Cres que senten vergoña?

Que é o que lle gustaría?

14
2. Escribe as palabras que se forman despois de sumarlles o sufixo
derivativo.

1. Alteración da saúde debida ao mal funcionamento dun órgano.

2. Especialista no cuidado dos dentes.

3. Lugar onde traballa o barbeiro.

4. Árbore que da como froita a mazá.

3. Sinala cales destes substantivos se forman a partir dun verbo.

condado

patriarcado

salvamento

aparcadoiro

laranxeira

4. Indica que palabras están formadas por un sufixo aumentativo.

15
cansazo

argazo

camión

casaza

grandón

5. Debate. Despois de ler o poema, imos desenvolver un debate arredor da lingua


galega. Os puntos clave son: Fálase galego na túa casa? Fálano os teus avós? Cal
é a súa percepción sobre o seu nivel de lingua, din que a saben falar ou que a
falan mal? E escribir, coñecen as regras ortográficas e morfolóxicas da lingua?

16
Literatu
Literatura
Comentario literario
O comentario literario consiste en facer unha análise completa do que nos quere
transmitir un texto. Cómpre partir da idea e o tema principal, indicando se o texto está
en prosa ou en verso. Ademais, dentro desa análise, é importante destacar a lingua
que se emprega e o tipo de texto que é: narrativo, lírico ou teatral.

Recursos literarios II
A literatura ten como finalidade crear beleza; procura a perfección. O autor bota man
das figuras retóricas para embelecer a linguaxe que usa.

Eses recursos literarios poden ser fonéticos, sintácticos ou semánticos.

Fonéticos: cando experimentan cos sons das palabras, por exemplo, a


aliteración.

Sintácticos: cando repiten unha ou máis palabras na mesma oración, por


exemplo, a anáfora.

Semánticos: cando xogan co significado das palabras, por exemplo, a


antítese.

A personificación e a hipérbole
A personificación consiste en atribuirlles a seres inanimados ou abstractos calidades
propias das persoas.

De fazulas encarnadas
e tenro corazón,
aquela doce mazá…
comina con pan e xamón!

A hipérbole consiste en facer máis grandes ou máis pequenas as calidades ou accións,


buscando un fin burlesco ou emocional. É un recurso literario propio da caricatura,
pois adoita empregarse para esaxerar as calidades físicas das persoas.

17
Era un home tan tragón,
tan sumadamente larpeiro,
que un día comeu un dragón
metido nun gran caldeiro.

Ademais destes recursos, os máis habituais adoitan ser:

A comparación, que consiste en relacionar dous elementos que comparten


algunha semellanza.

A rapaza corre tan rápido coma unha lebre.

A metáfora identifica un elemento real con outro imaxinario, co que se


establece unha relación, xa que comparten algunha semellanza.

Eses ollos teus


son como farolas,
e as xentes que os miran,
xa se volven tolas!

A antítese consiste en contrapoñer dúas realidades para que destaquen.

Cando ti tes frío,


eu teño calor,
cando eu vexo o día,
ti ves o solpor.

A aliteración consiste na repetición de sons semellantes en palabras


próximas.

A paz abafa
calada nas casas
da gran Bagdad. (...)

Elvira Riveiro, Palabras brancas, Xerais, 2008.

Operación Triunfo

Nin de broma digas que son divina.

18
Non teño a mellor voz do universo.
Non collo neste talle supersexy.
Non uso o escote como escaparate.
Non quero nin dez minutos de gloria.
Só quero un curso intensivo de bicos,
dúas ou tres frases que soen sinceras
e cinco segundos para decidir se acepto
ou se te envío á papeleira de reciclaxe.

Carlos Negro, Penúltimas tendencias, Xerais, 2014.

Actividades

1. Contesta estas preguntas:

Que é a beleza? Cres que a beleza é subxectiva ou obxectiva?

Que se prioriza fronte á estética no poema?

Que quere dicir a expresión «non quero nin dez minutos de


gloria»?

Se mandas alguén á papeleira de reciclaxe, que é o que queres


dicir?

19
Identifica as figuras retóricas que hai nestes textos.
2.

1. 2.

Era unha muller Teño unha pita nova,

tan, tan pequeniña, que tan toliña vos é,

que fixo a súa casa que se ergue á luz do día

dentro dunha piña. para saudarme ao revés.

3. 4.

Beizos encarnados, Se ti me das a escoller

coma dúas cereixas, entre hoxe rir e mañá chorar,

da mesmiña cor, eu prefiro rir axiña,

que son as ameixas. para mañá escapar!

3. Indica que figura retórica existe neste poema.

Na escuridade pecha,

a noite saíu ao camiño,

tropezando con xestas e toxos

vai por un carreiriño,

cos pés descalzos e fríos,

corre por entre o millo.

20
4. Recita o poema en alto e sinala cal é o seu tema.

5. En grupo. Debatede sobre a publicidade e a mensaxe que se lle transmite á


mocidade nas publicacións que se orientan a ela.

21
Gramá
Gramática
Texto, parágrafo, enunciado, frase
e oración
Un texto é un enunciado ou conxunto de enunciados, orais ou escritos, que polo seu
contido forman unha mesma unidade. Os textos poden ser orais ou escritos e estar
divididos en parágrafos, que rematan cun punto e á parte.

Os parágrafos, polo seu contido, complementan o texto, ao expresaren unha idea


común. Os parágrafos adoitan estar formados por frases e oracións.

Os enunciados son textos emitidos por un suxeito, delimitados por pausas, que
emiten unha mensaxe con sentido completo. Os enunciados poden ser oracionais ou
non oracionais. Por tanto, todas as oracións son tamén enunciados, mais non todos
os enunciados son oracións.

A seguir, tendes exemplos de texto, parágrafo e enunciado:

Os enunciados non oracionais son frases: un grupo de palabras, un núcleo nominal,


adxectival ou adverbial e outros elementos adxacentes, que cumpre unha función na
oración.

Bo día!

22
O neno de azul

Os enunciados oracionais están compostos por oracións, formadas por un suxeito e


un predicado e teñen, polo menos, un verbo.

O neno de azul é moi espelido.

Porque o avó esquécese de todo e en ocasións non coñece o meu pai, e iso que é o seu
fillo e que é fácil saber quen é porque anda sempre cun móbil pegado á orella
vermella. Da miña nai, diso non hai dúbidas, esqueceuse por completo. Non sabe
quen é e, ás veces, dille «señora».

Pero o máis curioso é que do único que se lembra, pero sempre sempre sempre, é de
min.

En fin, non de todo:

—Vén, Simbad —chámame Simbad aínda que eu, en realidade, chámome Paulo e son
seu neto (pero el non se acorda, ou esqueceuno)—. Achega o teu veleiro canda min.

E daquela eu fago coma que subo nun barco imaxinario (en realidade subo no sofá do
salón, sobre todo cando non mira miña nai) e dígolle:

—Non desesperes, capitán, que xa chego!

—Rescatarasme das gadoupas destes filibusteiros!

—Xa estou a chegar! Acabarei con todos!

E daquela o avó ri coma un neno pequeno.

E pasan cousas.

Pasa, por exemplo, que lle cae a dentadura.

23
Ou pasa, por exemplo, que
tira calquera cousa ao
acenar dunha maneira tan
esaxerada cos brazos, coma
se estivese a loitar contra
eses que chama os
filibusteiros e que eu, por
suposto, non sei quen son
porque aínda non o
explicaron no colexio.

Deben de ser uns bechos de


Coñecemento do Medio ou
algo así.

En fin, que cando xogamos


o avó e eu pasan cousas.

Francisco Castro,
Chamádeme Simbad,
Galaxia, 2009.

Actividades

24
Le o texto anterior e contesta:
1.
Que tipo de texto é e en que persoa está redactado?

Identifica o primeiro e o último parágrafo.

Dá un exemplo de enunciado.

2. Responde as seguintes cuestións:

Como se chama Simbad realmente? Quen lle chama Simbad?

De que mans quere que o rescaten o avó?

Como ri o avó?

Que pensa Paulo que son os filibusteiros?

3. Sinala cales destes enunciados son frases.

A nena sabía ler.

A constelación do carro.

25
Boa noite.

Fun pola noite de festa.

Cantos anos tes?

4. Sinala cales destes enunciados son oracións.

O libro de tapas duras.

Vamos alí!

Boa tarde.

Chora ao ir alí.

Ese libro azul.

5. Amplía. Escribe un texto no que redactes catro parágrafos, tres frases e


cinco oracións. Emprega as seguintes palabras:

verán, sol, robot, patacas fritas, carballo

26
Ortogr
Ortografía
Palabras con g, gu e gü
Palabras con g e gu
A letra g ten un son que se representa coa grafía g ou co dígrafo gu.

Escríbese g ante a, o, u:

gaita, goberno, gustar

Escribimos co dígrafo gu ante i e e:

guiso, guerra

argüir, bilingüe

A diérese é un signo ortográfico (¨) que se pon sobre a letra u para indicar que se
pronuncia esta vogal ou sobre a letra i nalgunhas formas verbais, para indicar que
forma sílaba por si propia: bilingüe, argüir, saïamos (do copretérito de indicativo, vs.
saiamos, do presente de subxuntivo).

27
Repara
Na Galipedia recóllese a gheada como un fenómeno fonético propio da lingua galega que
consiste na realización aspirada [ħ] do fonema /g/.

A gheada articúlase como un son aspirado semellante ao [h] do inglés en home. En lugares da
costa e en zonas urbanas e semiurbanas realízase como [x] (como pronunciamos o iota
castelán).

Escoita e le:

Desde hai algunhas semanas, na casa de Sara non reina a alegría doutros días. Nos
sitios en que noutrora había pesca abundante, agora apenas quedan peixes. Ninguén
na aldea sabe cal pode ser a razón. De mañanciña, Uriel sae na súa lancha cara ao mar
alto; regresa horas máis tarde, coas redes case baleiras. Só trae algúns peixes cativos
que a nai ha de malvender no mercado da vila. E así un día e mais outro, sen que á
situación se lle vexan trazas de cambiar.

28
Unha noite, con toda a familia reunida ao redor da cociña de ferro, Uriel anunciou con
voz grave:

—Non podemos seguir así. É coma se todos os peixes fuxisen a outro lugar. Cada día
boto as redes nun sitio distinto, sempre co mesmo resultado.

Ninguén respondeu nada, todos entendían a frustración que encerraban aquelas


palabras. Como falando para si, Uriel engadiu:

—A xente di que os peixes fuxiron todos para as augas próximas á Illa Negra. Contan
que as redes se enchen en canto as botas no mar. Se eu me atrevese a chegar ata alí...

—Nin se che ocorra, meu fillo! Afasta esa idea tola da túa cabeza! É un lugar moi
perigoso, lembra o que lle ocorreu ao teu pai —estas últimas palabras soaron febles e
cargadas de medos—. Alí se agocha a Serea, sábelo coma min, axexando día e noite na
procura de mariñeiros mozos.

—Ben sei dos perigos, mamá. Tamén a min me dá medo ese lugar. Mais, ás veces, a
necesidade lévanos por camiños que nunca antes pensamos percorrer.

O pai baixou os ollos, mirou para a súa perna e calou. No seu rostro líase o medo, un
medo que tamén encontrou nos ollos da nai cando as súas miradas se cruzaron. E
Sara sentiu como se lle encollía o corazón ante aquel silencio, máis amargo que
calquera disputa.

Agustín Fernández Paz, O segredo da Illa Negra, Xerais, 2015.

29
Actividades

1. Le o texto de arriba e responde estas cuestións:

Por que na casa de Sara non reina a alegría?

Quen sae na mañanciña e que trae?

Que solución lle ve Uriel?

Quen lle di que non o faga?

Que se lía no rostro do pai?

2. Busca no texto as palabras que leven g, gu ou gü. Copia estas palabras


no cadro de abaixo e fai unha oración con cinco palabras que
conteñan g.

30
3. Indica cal destes obxectos é con g e cal con gu.

1. 4.
al a
ravadora
2.
iador
5.
de bicicleta man
eira
3.
eixa

4. Reforza os teus coñecementos e escribe o nome de cada foto. Fíxate


ben en se se escribe con g ou con gu.

31
1. fo eira 3. parau as

2. morce o 4. erreiro

5. Elixe a letra correcta para estas palabras.

1. 6.
ante
indastre
2.
Bilin e
7.
rilanda
3.
A
8.
asallo E a

4. 9.
Pira a Pin ín

5. 10.
iso erra

Un reto antes de continuar


Propomos un reto común para toda a aula: trátase de facer un concurso de resistencia en que
os e as alumnas que non sodes galegofalantes debedes conseguir falar en galego o maior
tempo posible, dentro e fóra da aula. Para aqueles que xa o falan decotío, deben rexistrar
cantas persoas nos responden na nosa lingua cando nós a empregamos. Podemos tomar como
mostra un prazo de 24 horas. Atréveste?

32
Expres
Expresión oral e escrita
Recomendar e suxerir
Cando recomendamos,
indicamos o que pensamos que
lles pode gustar ás demais
persoas. Así pois, recomendar é
aconsellar sobre algo que nós
sabemos ou coñecemos, como
unha película, un libro, un
restaurante, unha tenda...

Suxerir é indicarlle algo a


alguén para que o teña
presente. Cando se segue unha
suxestión non hai ninguén a
quen culpar ou atribuírlle a
responsabilidade, é dicir, se a
seguimos debemos asumir a
nosa decisión.

Suxírolle, señora, que pase antes


de que veña o camión.

Estas son as construcións que


empregamos cando nos referimos a un suxeito concreto:

Recomendar/suxerir que + subxuntivo:

Recoméndoche que leas este libro.

Suxíroche que non te desvíes moito do camiño.

Por que + non + indicativo:

Por que non segues pola rúa principal?

Escoita e le:

33
A cidade que non tiña un teatro, tiña dous ou tres, de aí que o número de actuacións
de Sansón fose máis ca suficiente como para que un home cobizoso coma o
empresario non deixase de soñar con billetes e billetes verdes e moedas e moedas
douradas.

A primeira actuación sería nun teatro desa mesma cidade.De non ter medo ás alturas
de sacar a cabeza pola ventá do apartamento, aínda se podía ver alí. Era aquel edificio
rodeado de columnas a uns poucos minutos do río. O que tiña tantos coches diante. O
que disparaba luces cara ao ceo para cruzalas unha e outra volta antes de iluminar o
enorme cartel colocado dun lado a outro das portas.

O que, traducido ao noso idioma, viña dicir algo así como: «Estrea mundial!!! Esta noite
o rapaz voador!!»

—Que se supón que debo facer? —preguntou Sansón.

Marlon P. Morgan estartelou os ollos.


34
—E logo que vas facer?! Voar, por suposto. Colles, dás un par de voltas sobre o patio
de butacas e xa está. Listo! Nin sequera vas ter que abrir a boca.

—Nin sequera para saudar?

—Saudar? —preguntou o empresario—.

—Saudar? —repetiu—. E para que queres ti...? A xente non vai pagar a entrada para
ver como saúdas.

Xabier López López, O home que sabía voar, Tambre, 2005.

Caligramas
A poesía, tal e como a concibía o escritor francés Apollinaire, estaba disposta en
caligramas. Os caligramas son poemas nos que se mestura un verso cun debuxo ou
unha imaxe. Ese verso ou composición poética en palabras forma un debuxo
relacionado co que se quere expresar.

35
Fran Alonso, O meu gato é un poeta, Xerais, 2011.

Actividades

1. Responde estas preguntas:

Onde actúan os personaxes do relato?

Que pon o cartel do edificio onde se representa?

Que disparaba cara ao ceo?

Quen actúa?

Que é o que lle pregunta ao empresario?

36
2. Le este correo electrónico e respóndelle a Susana. Non esquezas
recomendar e suxerir espazos e empregar o subxuntivo cando sexa
preciso.

Crea o teu propio caligrama a partir dun verso, teu ou doutro autor.
37
3.

38
Un reto antes de continuar
Que escritor de Rianxo compoñía caligramas? Busca o autor nesta sopa de letras.

Este autor era moderno para a época? Por que?

39
40
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei como se poden formar os


substantivos? Libraría, como se forma?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Recoñezo unha hipérbole nun texto


literario? Pode un libro sentir?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Que diferenza hai entre un texto e un


enunciado?

41
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Na palabra argüir, pronúnciase o u?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei recomendar unha película? E facer


caligramas?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para autoavaliarte.

42
Sinala cal destas palabras é un substantivo.
6.

grande

nunca

escaravello

para

el

7. Fíxate nestas fotos e escribe as palabras que se forman ao engadirlle o


sufixo derivativo.

1. Lugar onde se vende pan.

2. Persoa que practica a patinaxe.

3. Caída de gran cantidade de folerpas.

4. Persoa que camiña.

8. Identifica as palabras que son femininas.

sangue

43
labor

sinal

arte

azucre

9. Identifica as palabras que son masculinas.

nariz

suor

ponte

calor

aguia

10. Sinala os substantivos que se forman a partir dun verbo.

andel

reloxaría

pensamento

felicidade

11. Indica cal destes é un enunciado oracional.

Os rapaces de cabelo curto.

Os paxaros chirlan desde o seu niño.

44
Boas!

Fariña de avea integral peneirada.

12. Identifica os enunciados non oracionais.

Naquel camiño estreito había moitos estalotes.

Salta!

Bo domingo!

A nena do pixama grande.

Ela vén comigo.

13. Identifica o recurso literario que se expresa neste texto.

Ela tan pequeniña,

que ninguén a puido ver.

Era tan pouquiña cousa,

que vivía nunha culler.

14. Sinala as ilustracións que representan palabras que se escriben con g.

45
15. Sinala as ilustracións que representan palabras que se escriben con gu.

Reforza

16. Indica cales destas palabras non están en plural.

tsares

irmás

inglés

martes

plans

17. Indica cales destas palabras son substantivos.

perante

man

aínda

daquela

carreira

46
18. Sinala os substantivos que se forman a partir dun adxectivo.

habilidoso

pementeira

orzamento

pobreza

19. Identifica o recurso literario que se emprega neste texto.

Esta era unha banana

presumida e bela dama

que paseaba elegante

sempre rúas adiante

pola cidade da Habana.

Antón Cortizas, Era unha vez unha


quimbamba, Tambre, 2008.

20. Sinala as ilustracións que representan palabras que se escriben con


diérese.

47
Amplía

21. Recordas algún libro que che gustara especialmente? Fai un escrito
dunhas 80 palabras recomendando a obra ou o/a autor/a, explicando o
porqué da túa recomendación.

Galería de imaxes

48
49
50
51
Vocabulario

52
Acenar
Vbo. Mover coas mans ou facer sinais coa cabeza ou calquera parte do corpo para
indicar algo sen empregar a voz.

Afastar
Vbo. Desprazar unha cousa ou a alguén para un lado de forma que haxa un espazo ou
unha vía libre.

Arteiro
Adx. Que se ve hábil ou é astuto á hora de conseguir algunha cousa ou fin.

Axexar
Vbo. Mirar prestando atención a algo ou a alguén, sen ser visto.

Baleiro
Adx. Que está falto de contido.

Becho
Subs. Animal pequeno, de corpo brando, que se cría nos alimentos.

Bruar
Vbo. Emitir, por mor do vento, un son brusco.

Calmo
Adx. Que non se move, que está tranquilo.

Cantil
Subs. Precipicio, lugar cunha pendente abrupta.

Cobizoso
53
Cobizoso
Adx. Que ansia fortemente algo ou algunha cousa.

Coitado
Adx. Que sofre pena ou desventura por algo ou alguén.

Disputa
Subs. Liorta de carácter viva e violenta.

Engado
Subs. Trampa ou feitizo que se emprega para atraer a alguén.

Estartelar
Vbo. Abrir moito [os ollos].

Filibusteiro
Adx. Que ten como fin enganar ou é indecente.

Incesante
Adx. Que se produce con moita frecuencia.

Pensamento
Subs. Planta de xardín que conta con flores de cinco pétalos e tres cores distintas,
entre as que sobresae a cor violeta.

Vagallón
Vbo. Onda do mar de gran tamaño.

54
Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e


Dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Agustín Fernández Paz


https://gl.wikipedia.org/wiki/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz

Séchu Sende
https://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9chu_Sende

Elvira Riveiro
https://gl.wikipedia.org/wiki/Elvira_Riveiro

Carlos Negro
55
Carlos Negro
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Negro

Francisco Castro
https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Castro_Veloso

Xabier López López


https://gl.wikipedia.org/wiki/Xabier_L%C3%B3pez

Fran Alonso
https://gl.wikipedia.org/wiki/Fran_Alonso

Apollinaire
https://es.wikipedia.org/wiki/Guillaume_Apollinaire

A gheada
https://gl.wikipedia.org/wiki/Gheada

56
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

57
11. A representar!

Para comezar
Que é un adxectivo? Como se forman os adxectivos como maxestoso?

Coñeces os elementos que pertencen á representación nun texto teatral?

Podes identificar o suxeito e o predicado nunha oración?

Serías quen de locutar un anuncio de radio?

Saberías como facer un acróstico?

Touporroutou da Lúa e do Sol


Na lectura da unidade presentamos esta obra de Roberto Vidal Bolaño, escritor ao que se lle
dedicou o Día das letras 2013.

A el debémoslle innumerables obras e a grande «actualización» da escena galega.

No fragmento desta obra teatral coñeceremos a Catarina e Ramiro, dous cómicos que
sempre andan ás pelexas, que nos descubrirán o nacemento das nubes, as cales ocultaban
os enfados do sol e da lúa, os tronos e os choros, e que mesmo provocaron un dioivo
universal.

Queres coñecelos? Pois aló imos.

1
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Vas ao teatro? Gústache o teatro?

O texto que presentamos a continuación é un fragmento da obra Touporroutou da Lúa e do Sol


de Roberto Vidal Bolaño. Estes son os seus personaxes e un resumo desta peza teatral.

É esta unha historia de tesouros custodiados por serpes, fadas, mouros, ananos ou xigantes;
quen os atopa, pode ter felicidade ou desgraza. Catarina conclúe dicíndonos que o mellor
tesouro está no interior de cadaquén, non nas cousas que se almacenan, senón na cantidade de
vivencias que se teñen para poder contar.

Escoita e le:

Ían dun sitio ao outro a pé, ou en carro, cando alguén se prestaba aos levar. Chegaban
maiormente en día de feira ou de festa, pero ás veces, mesmo en calquera outro.
Rifaban un anaquiño entre eles. Armaban o estaribel, que nunca era alá moita cousa.
Botaban a súa farsada choqueira. Pasaban a pucha entre a xente. E tal como viñeran,
íanse, sen deixar máis memoria de si mesmos que a maxia das súas historias e a
inesquecible lembranza daqueles bonecos lixosos dos que se valían para lles revelar, a
cantos quixesen oílos, os máis dos misterios que se esconden nos profundos do
universo mundo.
2
Ela era cega, ou sexa, non
vía as cousas cos ollos do
corpo senón cos do
espírito. E el, aínda que de
primeiras semellaba ser
malpocadiño e ben guiado,
érao só en aparencia, xa
que o seu natural
verdadeiro non era outro
que o de rillote. Se ben, ao
velos, calquera podería
pensar que se levaban a
matar un co outro, pronto
se tiña a certeza de que, no
fondo, queríanse máis do
que o común da xente.

Por aquilo de non perder o


costume, rifan entre eles,
mentres argallan nos
bonecos, nos baúis, nas
roupas e nos aparellos
todos dos que se han valer
para contar as súas
historias.

CATARINA: Tes xa xente


arredor?

RAMIRO: (Ao seu e sen a


mirar sequera.) Teño.

CATARINA: E hai moita?

RAMIRO: Hai abondo.

CATARINA: Cantos nenos?

RAMIRO: Todos.

CATARINA: E todos cantos son?

RAMIRO: (Mentindo con traidoría.) Varios centos máis ou menos.

CATARINA: Tantos?
3
RAMIRO: E os que virán Deus mediante.

CATARINA: Hoxe faremos para o caldo.

RAMIRO: Non bote soberbias, seña Catarina, que o mesmo non teñen un can.
Deberiamos pasar a pucha ao primeiro e poñernos ao labor só se non dan abondo
antes.

CATARINA: A pucha pásase ao remate. É como se fixo sempre. [...]

Roberto Vidal Bolaño, Obras completas volume VI, Touporroutou da Lúa e do Sol, Edicións
Positivas, 2013.

Repara no xénero
O teatro popular galego, coma moitos dos teatros europeos, nace arredor das festas e das
feiras acompañado por outros oficios e personaxes ligados a esta actividade itinerante. Ata hai
pouco existían representacións nas feiras como Barriga Verde, cheas de enxeño e acompañadas
de orixinalidade.

Barriga Verde é, ademais, o nome do premio de literatura e teatro que edita Baía Edicións.

4
Vocabulario
Formación do adxectivo
Os adxectivos son un tipo de palabras que nos indican as calidades ou estados dos
substantivos aos que acompañan, cos que concordan en xénero e número.

Fórmanse engadindo sufixos aos substantivos, aos adxectivos e aos verbos:

saúde (substantivo) + -able (sufixo) → saudable


azul (adxectivo) + -ado (sufixo) → azulado
beber (verbo) + -ible (sufixo) → bebible

Outros sufixos que interveñen na formación de adxectivos son:

-ento → ciumento
-oso → vaporoso
-ado → admirado
-ivo → incisivo
-udo → varudo

Para a formación do feminino e do plural, o adxectivo segue as mesmas regras que o


substantivo.

cambadés / cambadesa
vividor / vividora

O adxectivo. Como definir un


adxectivo?
5
Definimos o adxectivo empregando a construción adxectiva ou de relativo introducida
por un que ou ben por outro adxectivo con fórmulas como Dise de + adxectivo.

Definición extraída do DRAG

Función do adxectivo
Os adxectivos funcionan, dentro da estrutura sintáctica, como complementos do
nome ao que cualifican.

Pola súa forma, hai adxectivos dunha terminación para o masculino ou o feminino ou
de dúas distintas para cada xénero:

Cunha soa terminación:

O libro grande
A mesa grande

Con dúas terminacións:

O rapaz xeitoso
A rapaza xeitosa

Graos do adxectivo
Os adxectivos son palabras que indican as calidades ou estados dos substantivos aos
que acompañan e cos que concordan en xénero e número.

nena espelida

Os adxectivos expresan as calidades en diferente grao ou intensidade. Estes graos


son tres:

6
Grao positivo: é aquel que ofrece información sobre a calidade do substantivo
ou nome.

golpe descomunal

Grao comparativo: compara calidades entre dous elementos. Pode ser de


superioridade, de igualdade e de inferioridade.

De igualdade: fórmase cos adverbios tan, tanto, tanta e coa conxunción


como/coma. Úsase unha ou outra conxunción nestes casos:

- Diante de verbo úsase como:

A nena é tan espelida como cría.

- Diante dos pronomes úsase coma:

Están tolas coma nós.

- Nos demais casos pode usarse como ou coma:

Estes pensamentos son tan azuis como eses.

Estes pensamentos son tan azuis coma eses.

De superioridade: fórmase co adverbio máis e cos relativos do que/ca/que.

- Emprégase do que cando vai diante de verbo:

O chanzo é máis grande do que pensabamos.

- Emprégase ca cando vai diante dos pronomes min, ti, el, ela, nós, vós,
eles e elas:

María é máis espelida ca el.

- Empréganse ca ou que nos demais casos:

Estas materias son máis difíciles que esas.


Estas materias son máis difíciles ca esas.

7
Repara
Algúns adxectivos teñen formas especiais para o comparativo de superioridade, o comparativo
sintético:

Adxectivo Comparativo de superioridade

bo mellor

malo peor

grande maior

pequeno menor

De inferioridade: fórmase co adverbio menos e os relativos do que/ca/que.

- Emprégase do que cando vai diante de verbo:

A marioneta é menos fea do que pensaba.

- Emprégase ca cando vai diante dos pronomes min, ti, el, ela, nós, vós,
eles e elas:

A boneca é menos fea ca eles.

- Empréganse ca ou que nos demais casos:

8
Os bolígrafos son menos finos que eses.
Os bolígrafos son menos finos ca eses.

Grao superlativo: atribúe unha calidade no seu grao máis alto respecto dos
demais.
Constrúese de dúas formas:

Con moi + adxectivo.

As ondas do mar altas son moi perigosas na costa.

Adxectivo rematado en -ísimo/a.

As ondas do mar altas son perigosísimas na costa.

Otilia está sentada diante da mesa de traballo, escribindo a máquina. O son que
producen as teclas é o son da choiva que cae con forza. De súpeto a Otilia cáelle unha
pinga de choiva na fronte. Ela deixa de escribir, colle unha tarteira de detrás da mesa e
colócaa no lugar da pingueira. Despois de mover a cadeira e a máquina de escribir,
Otilia colle o auricular do teléfono e marca o número.

9
OTILIA: (Ao teléfono, mentres seca a fronte) Manolo? Son Otilia, a raíña. Mira, chámote
polas pingueiras. Cada vez hai máis. [...] Que estás moi ocupado? Pois cando teñas un
momento pasas por aquí, si? Dentro de pouco vai haber tanta auga que vou precisar
un barco para saír de aquí! (Colga o teléfono) Que soberano aburrimento. Neste
castelo nunca pasa nada. Os días son todos iguais, o traballo é sempre o mesmo, as
pingueiras xa as coñezo de memoria. Todo é tan, tan gris. Ata a miña coroa é gris.
(Otilia toca a cabeza. Asustada) Ah! A coroa! U-la miña coroa? (Otilia érguese e busca a
coroa por todas partes. Parando) Pensa un pouco, Otilia, non te poñas nerviosa. (Pensa)
Pola mañá, despois de almorzar, puxen a coroa. Logo collín a bicicleta e fun comprar
verdura e ovos para o mediodía. Si, debina de esquecer na tenda. Chamarei por
teléfono. (Mirando o reloxo) Fareino despois. Agora é a hora da pausa real.

Otilia pon un carteliño na mesa que di: Pausa. Nese momento a Compañía do Circo do
Paraugas entra no castelo debaixo do seu paraugas. O baúl en que a Compañía do
Paraugas garda todas as súas cousas é un barco con rodas que ten carteis de vellas
actuacións pegados no casco. Chapeu Torto, cal capitán de barco, observa o lugar coa
súa lente extensible.

CULLERIÑA: (A Zapatóns enfadada) O camiño máis curto, eh? Mira agora, mollados a
pingar! E o peor de todo, sen poder actuar nesa vila tan bonita ao lado do mar.

ZAPATÓNS: Fala coa choiva. Se non fose por ela xa estariamos alí.

10
Teresa González Costa, Pingueiras e tarteiras, Xerais, 2009.

11
Literatura
O teatro I. Escenas e anotacións
O teatro é un xénero que nace para o fin mesmo de representarse. Concíbese como
un espectáculo no que interveñen actores e un decorado concreto. A palabra teatro
provén do grego theatron, que é o nome que se lles daba ás bancadas onde sentaban
os espectadores na antiga Grecia. O público é fundamental como protagonista último.

Hai dous niveis ou planos dentro dunha obra teatral, un atinxe á posta en escena e
outro ao texto.

No texto que escribe o autor móstranse os diálogos dos personaxes e as


anotacións, que son indicacións sobre como deben comportarse os actores, como
debe ser o decorado etc. Para que se distingan ben do que din os actores, as
anotacións escríbense en cursiva e, normalmente, tamén entre parénteses. Cando se
representa, os personaxes son interpretados por actores que soben a un escenario,
cos decorados, iluminación, música, vestiario, maquillaxe...

Na estrutura das obras de teatro, no texto, tamén cómpre salientar os conceptos de


actos, escenas ou lances.

Os lances son unha forma de clasificar as accións ou sucesos que forman parte

12
dunha novela, serie ou obra de teatro, tal é o caso de Os vellos non deben de namorarse,
de Castelao.

Un acto é cada unha das partes principais en que se divide unha obra de teatro.

As escenas son cada unha das partes en que podemos dividir os actos dunha obra de
teatro e que son representadas polos personaxes desta.

ESCENA I: O REFUGALLO

Personaxes: Isolda,
Borboronte, Hipatia e
Lustucrú.

(Amence. Entre moreas de


lixo, escóintanse voces de
nenas e nenos.)

VOZ I: Que cousa, cousiña


será...?

VOZ 2: Que empeza por RE


e non é nota musical.

VOZ 3: Que segue por FU e


non é para asustar.

VOZ 4: Que tamén ten un


GA e non é un animal.

VOZ 1: Que remata en LLO,


vaia xeito de acabar!

(Amosan as cabezas de
Isolda, Borboronte, Hipatia e
Lustucrú.)

ISOLDA: RE

13
BORBORONTE: FU

HIPATIA: GA

LUSTUCRÚ: LLO

(Saen nenas e nenos de entre


o lixo.)

ISOLDA: O refugallo é un
monstro.

BORBORONTE: Porque ten


mil caras e ten mil corpos.

HIPATIA: E cheira mal.

LUSTUCRÚ: E mete medo.

ISOLDA: E todo o mundo


foxe del.

BORBORONTE: Pero o
refugallo é un refuxio.

HIPATIA: E un refuxio coma


unha casa.

LUSTUCRÚ: O refugallo é a
nosa casa.

ISOLDA: Se non tes onde ir, sempre podes ir onde está o refugallo.

LUSTUCRÚ: O refugallo é un bicho simpático.

BORBORONTE: É coma un amigo.

HIPATIA: Podes contar con que estea alí.

ISOLDA: En todas as partes hai refugallo.

LUSTUCRÚ: Eu non sabería onde ir.

Paula Carballeira, O refugallo, Xunta de Galicia-Xerais, 2013.


14
15
Gramática
A oración: suxeito e predicado
Unha frase é unha secuencia ordenada de palabras, entre as que non se atopan os
verbos en forma persoal, pero que ten sentido.

O libro gordo

Pola contra, unha oración é unha palabra ou secuencia de palabras ordenadas con
sentido completo e que presenta un verbo en forma persoal.

O libro gordo ten unhas ilustracións moi bonitas.

As palabras, dentro da frase e da oración, desenvolven dúas funcións principais: o


suxeito e o predicado.

O suxeito é a parte da oración formada por palabras que nos di quen realiza
a acción ou de quen se di algo.

Os suxeitos teñen núcleos, que son os que levan a cabo a acción e concordan
co predicado. O papel de núcleo desenvólveo un substantivo ou un pronome
persoal, que é o núcleo da frase substantiva.

Cando o suxeito non aparece de forma aparente, pero o verbo fai referencia a
el, dicimos que é un suxeito elidido ou elíptico. Para saber quen é o suxeito,
podemos preguntarlle ao verbo por quen ou que é o que sucede.

Pintou un cadro.
(Suxeito elidido: A nena loira).

16
Preguntamos ao verbo: Quen pintou o cadro? A nena loira.

O predicado é a parte da oración que desenvolve a acción. Expresa o que fai o


suxeito, como é ou como está. Pode estar formado por unha ou varias
palabras. O núcleo do predicado é sempre un verbo.

Tipos de predicados

Os predicados poden ser nominais ou verbais:

Os predicados nominais son aqueles que están formados por un


verbo copulativo, que indican unha calidade do suxeito, que é ou
como está: ser, estar, parecer.

Os predicados verbais son aqueloutros distintos aos copulativos que


expresan unha acción do suxeito.

Complementos do predicado

Ademais do núcleo do predicado, que é un verbo, existen complementos que


forman parte da oración e que completan o significado deste. Existen verbos
que precisan dun complemento directo ou indirecto para completar o seu
significado.
17
O complemento directo é aquel que completa o significado dos verbos
transitivos (os que precisan dun complemento para completar o seu
significado) e está formado por un nome, pronome ou grupo nominal.

Para recoñecermos un complemento directo facémoslle unha pregunta


ao verbo: Que?

A nena pintou un cadro.

Tamén podemos substituír ese complemento por un pronome átono de


terceira persoa.

A nena pintouno. (o cadro)

O complemento indirecto engade máis significado ao verbo,


indicando sobre quen recae a súa acción. Está introducido polas
preposicións a ou para.

Para identificarmos un complemento indirecto preguntámoslle ao verbo


para que ou para quen?

A nena pintou o cadro para o seu compañeiro de aula.

O complemento circunstancial expresa o lugar, o modo, o tempo da


acción do verbo...

Para sabermos se un complemento achega nocións de tempo, lugar ou


modo preguntámoslle ao verbo cando?, como? e onde?

A nena pintou o cadro pola noite

18
Repara
Nos predicados nominais non existen os complementos directos, neste tipo de oracións o verbo
leva un atributo.

Escoita e le:

Este non é o final

Miña querida Sherezade, eu sei que pensas que este é o noso final.

Levamos xuntos un centenar de anos e ti es demasiado intelixente para que eu poida


enganarte: ben sabes que estou demasiado vello. Por iso, nos últimos tempos
decidiches esconderte nalgún lugar das miñas páxinas que eu mesmo descoñezo. Non
queres ver como imos morrendo lentamente, abandonados aquí, neste estante
metálico do almacén dunha librería de segunda man. Vai moito frío e estamos lonxe
de todos os que algunha vez nos quixeron. Ti pensas que todo está perdido e estás
triste. Eu tamén sinto unha dor profunda, pero non debo demostrala. Os libros vellos
coma min non podemos chorar porque ao facelo amarelecemos as nosas páxinas.

Por iso xa non sei que facer. Estraño moito a túa voz narrando esas marabillosas
historias que tan ben coñeces. Miña querida Sherezade, pasamos tanto tempo xuntos

19
e vivimos tantas aventuras que non podo crer que vaias renderte agora. A túa
ausencia atravésame por enteiro: desde as capas ata o corazón.

A última vez que te vin dixéchesme:

—Meu querido amigo, estou xa moi cansa. Hai demasiado tempo que ninguén le as
miñas historias e iso estame roubando aos poucos a vida.

—Non penses así —respondín eu—. Un día destes un lector abrirá as miñas páxinas e
todo volverá ser como antes.

—Non, iso xa non vai pasar. E ti xa sabes o que lles ocorre aos libros que ninguén le.
Este é o final.

Nada máis dicir estas palabras, desapareciches.

Eu ben sei o que lle espera a un libro non lido: a morte. Os libros precisamos que
alguén nos lea para poder vivir. Cando un lector abre o meu corpo de papel provoca
unha revolución dentro do meu ser. Os personaxes que vagaban libres entre as
páxinas regresan aos seus postos; os palacios e os xardíns recobran o seu esplendor.

Andrea Maceiras, Miña querida Sherezade, Baía Edicións, 2014.

20
21
Ortografía
Palabras con i e ll
En galego hai palabras que levan ll e palabras que levan i. Non existe a letra y, as
palabras que teñen en castelán esta grafía escríbense con i en galego.

Levan i palabras como iogur, moito, maionesa, gaiola, ioió, apoiar, iarda, raio, saia,
atalaia, maior, faiado, ioga...

As palabras con ll representan o son /ʎ/, que é un son moi frecuente en galego.

Levan ll palabras como abella, allo, alleo, farangulla, culler, callar, concello, antollo,
esgalla, lentella, vella, tella, piollo, calella, millo, mexillón, monllo, illa, sella, pallaso,
bacallau, espello, palla, toalla, coello, ollo, atallo, billa, aparellador, brillo, ovella...

Temos de pór especial coidado na grafía dalgunhas palabras nas que a influencia do
castelán fai que se tenda a usar o x no lugar do ll, exemplo: *conexo por coello.

22
Os xentilicios
No apartado de Vocabulario vimos como se forman os adxectivos a través de sufixos. Os
xentilicios son adxectivos, e tamén substantivos, que nos sinalan a procedencia dunha
persoa, animal ou obxecto. Fórmanse ao sumar un sufixo a un nome de lugar.

De Coruña → é coruñés/ coruñesa

A meirande parte dos xentilicios coñecémolos a través da lingua oral e o seu uso. Os sufixos
máis comúns nos xentilicios son:

-án / -á → arzuán / arzuá

-ano / -ana → angolano / angolana

-ao / -á → limiao / limiá

-ego / -ega → limego / limega

-ense → estradense

-eña / -eño → cruceño / cruceña

-és / -esa → cangués / canguesa

-eiro / -eira → betanceiro / betanceira

-í → un home israelí / unha muller israelí

-ita → exército israelita / radio israelita

-ino / -ina → monfortino / monfortina

Nesta ligazón podes encontrar todos os xentilicios de Galicia.

Nesta ligazón podes encontrar os xentilicios de países.

23
Escenarios:

A aula, unha fraga con río

Personaxes:

(na aula)

A mestra, o mestre don Saturnino, alumnado (Manuel, Rosalía, Maruxiña, Xabier e


Laura)

(na fraga)

dous grupos de alumnado da aula, a lebre, as ras, os ratiños, o sapo don Heliodoro,
outros animaliños da fraga.

ACTO I

Nunha aula de calquera escola, a mestra fala co alumnado dentro da clase.

Mestra:

Imos hoxe facer versos


e leremos mil cantigas
que escribiron os poetas
con moitas verbas amigas.

Por todas as nosas vilas,


en cada máxico recanto,
hai algún novo poetiña
escribindo o seu canto.

Así que...
... abride as xanelas, xentiña,
que entre o murmurio do río,
din que vén cheo de poemas,
que cambiou versos por frío.

24
ACTO II

A mestra cóntalle á rapazada


a historia do mestre poeta
don Saturnino.

Mestra:

Nas terras de Lugo


atoparon
as augas un remuíño
e alí copiaron as coplas
dun tal mestre Saturnino.

Contan que o bo do poeta


era moi namoradeiro,
facía versos rimados
coma se fose gaiteiro.

Cristina Corral Soilán, Os


poemas do río, Everest
Galicia, 2012.

25
26
Expresión oral e escrita
Locutar un anuncio de radio
A radio é un dos medios de comunicación máis empregados para comunicármonos.
Este medio demanda que a linguaxe que empregamos sexa dunha determinada
forma, que o xornalista ou locutor posúa un bo control da súa voz e que esta sexa
clara e acolledora.

A locución debe ser clara. Para unha boa locución hai que falar amodo e facer pausas,
inflexións de voz e cambios de rexistro, para poder emitir unha mensaxe adecuada e
dirixírmonos aos radiooíntes.

Existen locutores profesionais con grandes dotes interpretativas, algo necesario para
convencer e atrapar a atención do que nos escoita. A dicción clara e unha voz atraente
non o é todo, hai que saber transmitilo e engaiolar o receptor.

O timbre, o ton, a intensidade, a entoación, o acento, a modulación da voz, a


velocidade e os intervalos ben articulados son os elementos que un bo locutor debe
ter en conta.

Ademais, para poder facer un programa ou un anuncio de radio é necesario un bo


guión, unha boa vocalización, un bo uso da sintaxe e da gramática e ler con
naturalidade o que se desexa transmitir.

En Galicia, a Radio Galega é a nosa radio pública e forma parte da Compañía de


Radio/Televisión de Galicia. Empezou a emitir en fase de probas o 24 de febreiro de
1985 e faise integramente en galego. Esta característica, a lingua vehicular, é un dos
piares básicos polos que naceu, como ferramenta de promoción e normalización do
idioma propio.

27
Repara
Para facer anuncios debes empregar un guión e ensaialo previamente. O anuncio debe conter:

Unha mensaxe atraente: as rimas, os diálogos enxeñosos, a prosa ocorrente.

Utiliza Moigón, un deterxente que mola mogollón.

Podes poñer música de fondo que acompañe as túas palabras mentres anuncias algo
para que o recordemos mellor.

Cómpre falar positivamente do produto anunciado, destacando as súas características, e facer


sentir aos demais o noso entusiasmo por este.

ESCENA 4: O telescopio

Personaxes: Hipatia, Borboronte, Lustucrú e Isolda.

HIPATIA: Eu son Hipatia. O meu pai regaloume un telescopio cando fixen catro anos.
Díxome que era para mirar o ceo, que co telescopio podería descubrir todos os
segredos das estrelas, por moi lonxe que estivesen. Eu, ao comezo, só miraba a Lúa,
porque era moi grande, enorme, tanto que parecía que viña esmagarme.

BORBORONTE: A Lúa! Que vén a Lúa! Correde! Correde!

LUSTUCRÚ: Onde está? Onde está a Lúa?

ISOLDA: Aquí! Estou aquí! Corre! Corre! Que vou por ti!

28
Todos corren. Isolda persegue os demais.

HIPATIA: Se a Lúa vén, podes correr o que queiras. Podes agocharte. Podes berrar.
Podes pedirlle por favor que non te esmague. Tanto ten. A Lúa hase botar enriba túa
ata esmagarte.

Isolda bótase enriba de Borboronte. Borboronte queda como esmagado.

LUSTUCRÚ: Depende. Tamén podes saltar enriba dela e cambiar de casa.

BORBORONTE: Vivir na Lúa.

HIPATIA: Co grande que é!

ISOLDA: Teriamos tanto espazo!

BORBORONTE: Espazo por todas partes.

LUSTUCRÚ: Estariamos tan lonxe uns dos outros que habería que falar a berros.

HIPATIA: Parvo! Na Lúa non se escoita nada por máis que berres.

LUSTUCRÚ: Nada de nada?

HIPATIA: Nada.
29
BORBORONTE: E que pasa con esa voz?

HIPATIA: Desaparece.

ISOLDA: Como desaparece?

LUSTUCRÚ: Quen a come?

BORBORONTE: Quen a leva?

HIPATIA: Non sei. Meu pai dicía que alá hai moitos buratos negros.

ISOLDA: Iso é verdade. De noite vense moitos buratos negros no ceo, entre as
estrelas.

Paula Carballeira, O refugallo, Xunta de Galicia-Xerais, 2013.

Acrósticos
Un acróstico é unha composición poética na que as letras iniciais, medias ou finais dos
versos forman, lidas de xeito vertical, unha palabra ou frase.

Son alfabeto

Alegre
Busco
Cantos
De
Encantar,
Feitiños,
Graciosos

30
Heinos
Inventar:
Ledas
Melodías,
Nanas,
Ñáñaras.
Óboes,
Pianos
Quero
Reunir,
Sonoras
Trompetas
Usar,
Valses
Xeitosos
Zapatear.

Carlos Fontes, Versos en flor,


Galaxia, 2012.

31
Reto resolto
Anímate e escribe un acróstico no que inclúas estes adxectivos:

crible

hábil

altruísta

inconmensurable

fría

Vocabulario

Abondo
Adv. En cantidade suficiente ou incluso de sobra.

Almorzar
Vbo. Inxerir alimentos pola mañá. Primeira comida do día.

Tomar o almorzo.

32
Amarelecer
Vbo. Volverse de cor amarela.

Auricular
Subs. Parte dun dispositivo de radio ou similar que se pon na orella e que serve para
escoitar sen que os demais escoiten.

Ausencia
Subs. Falta dalgunha persoa ou cousa ao non encontrarse esta no espazo no que
debera estar.

Centenar
Subs. Cen unidades de algo.

Choqueira
Adx. Que emprega chocas. As chocas son campaíñas como as que se usan no Entroido
de Laza ou da Limia.

Erguerse
Vbo. Acción de levantarse da cama pola mañá.

Estaribel
Subs. Pequeno tenderete ou tenducho.

Estrañar
Vbo. Botar de menos ou sentir nostalxia pola falta de alguén ou de algo.

Fraga
Subs. Tipo de monte, de difícil acceso, poboado con árbores autóctonas e frondosas.

33
Lente
Subs. Parte de vidro esférica que serve para ver a través dela. Pode ser unha ou varias,
cóncavas ou conversas, para aumentar ou diminuír a percepción dos obxectos,
animais ou cousas.

Lixo
Subs. Material cheo de sucidade ou que se desbota porque non nos é útil.

Lixoso
Adx. Cousa, obxecto ou persoa chea de lixo, pouco limpa.

Malpocado
Adx. Que carece de iniciativa ou forza de ánimo ou que ten pouca.

Murmurio
Subs. Ruído de baixa intensidade, como o feito polo correr da auga, o movemento das
follas, as voces da xente etc.

Namoradeiro
Adx. Propenso a namorar con facilidade e idealizar as persoas ou cousas.

Ñáñaras
Subs. Aloumiños, caricias ou mecos que se empregan para namorar a alguén.

Pinga
Subs. Gota de auga. Pequena porción de líquido que adoita escorregar ou caer.

Pucha
Subs. Peza de vestir que cobre a cabeza e a protexe do sol ou da chuvia.

Óboe 34
Óboe
Subs. Instrumento musical de vento que posúe un tubo de madeira, con seis furados,
dez chaves e dobre palleta, que produce un son semellante ao do clarinete.

Recanto
Subs. Espazo delimitado, dentro dun espazo máis amplo.

Refugallo
Subs. Materia que non se aproveita e da que nos desprendemos.

Revelar
Vbo. Descubrir algo que non se sabía con anterioridade ou era secreto.

Rifar
Vbo. Berrar con violencia. Discutir con alguén levantando a voz.

Rillote
Subs. Mozo que actúa con malicia e astucia.

Xanela
Subs. Oco feito nunha vivenda, polo que entra a luz e o aire.

35
12. Acaba a función

Para comezar
Como se forman os verbos como desarmar?

Que é unha traxedia? E unha comedia?

Sabes analizar sintacticamente unha oración?

Poderías escribir unha carta ao director?

A fuga. Primeiro acto


O escenario é unha gaiola de hámster. Á dereita, en primeiro termo, hai un montón de coxíns,
edredóns e sabas brancas. No fondo, unha roda andadora xiratoria, un comedeiro, un bebedeiro.
Á esquerda da porta da entrada hai, caprichosamente distribuídos, varios cubos de cores e unha
pelota grande que ao movela fai soar cascabeis.

Escóitanse uns gritos desde fóra.

—Que me soltedes! Socorro, non! Pero onde me levades? Non, non, non...!

Carmen Blanco, A fuga, Edicións Embora, 2013.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Tes algunha mascota? Gústanche os animais?

Esta obra está feita para representar. O escenario é unha gaiola de hámster. Carmen Blanco
Sanjurjo é avogada, escritora, directora, actriz e autora teatral. Cóntanos a historia de dous
hámsters nunha gaiola e situamos a acción ao comezo, cando introducen a Pina nela. O plan
que artellan entre os dous consiste en fugarse de alí.

Escoita e le:

(Ábrese a porta da gaiola e Pina, despois dunha breve resistencia é arrolada ao seu
interior. Leva un brazo en estribeira e unha venda na cabeza. A porta péchase pero ela
revólvese e aférrase aos barrotes co seu brazo san, zarandeándoos. A súa indignación e o
seu cabreo son tales que ata lle dá patadas á porta.)

PINA: Isto é un atropelo... un abuso... unha inxustiza! Sacádeme de aquí agora mesmo,
ou se non... se non... me enfado!
2
PINA: Pero é que non me
oídes? (Zarandea a porta.)
Que me enfado! (Recorre a
gaiola buscando unha saída.)
Quero saíííír! Isto non é
xustoooo! Socorro! So-co-rro!

(De súpeto de entre as sabas


amontoadas en primeiro
termo xorde unha cabeza
somnolenta, é Monti que se
asoma desconcertado.)

MONTI: Ehhh... Que é todo


este ruído? É que un xa non
pode botar a sesta tranquilo,
ou que?

(Pina asústase ao ver a Monti.)

PINA: Ahhh!

(Monti asústase ao ver a Pina.)

MONTI: Ahhh!

(Pina ponse en posición de ataque, de karate.)

PINA: Atrás! Non te achegues!

MONTI: Ahhh, non te achegues ti! (Monti escóndese de novo entre as sabas.)

PINA: (Achegándose con cautela.) Quen es ti?

MONTI: (Desde dentro das sabas.) Como que quen son eu? Esta é a miña casa!

Carmen Blanco[1] , A fuga, Edicións Embora, 2013.

3
Repara
A asociación cultural O Facho conformouse na década dos setenta como agrupación organizada
contra a ditadura. Entre as iniciativas que pretendían desenvolver de maneira activa destacan a
defensa da lingua e a recuperación cultural. Tratábase dun grupo cohesionado de recuperación
e posta en valor do noso. Entre os seus promotores estaban Henrique Harguindey, Andrés
Salgueiro, Xosé Luís Carneiro e Xosé Luís Rodríguez Pardo.

Nesta asociación de carácter reivindicativo impartíronse cursos de lingua galega e destacou pola
creación e consolidación dun grupo de teatro dirixido polo grande dramaturgo galego Manuel
Lourenzo. Con ela constituíuse o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e o actual
premio de teatro, que na súa primeira edición, na categoría de Infantil e Xuvenil acadou a obra
de Carlos Casares, A galiña azul. Ademais de todo isto, promovéronse moitas accións
normalizadoras na radio e noutros medios.

Comprensión lectora

1. Responde as seguintes cuestións sobre o fragmento teatral que acabas


de ler.

Que é un hámster?

Como se chaman os hámsters da gaiola?

Quen chega e como?

Cal é o motivo de que se asusten? Que quere facer Pina? Por


que motivo berra?

Como se chama o hámster que está debaixo das sabas?

De quen é a casa?
4
Tes mascota? Gústanche?

2. Relaciona estes animais coa clase de vertebrados á que pertencen.

balea crustáceo

lapa mamífero

quenlla molusco

cabaliño do demo insecto

lumbrigante peixe

3. Reforza os teus coñecementos. Sinala cal destas palabras é un verbo.

menor

pór

oprobio

porén

profesor

4. A que conxugación pertencen estes verbos?

5
a. elixido

b. carrexaba

c. viu

d. estender

e. tusa

5. Que actitude ves incorrecta se paseas co teu can?

Recoller os excrementos.

Quitalo a pasear todos os días.

Bañar e peinar o teu can.

Ceibalo pola rúa.

Poñerlle un bozo se morde.

6
Un reto antes de continuar
Atopa o intruso

Dos seguintes autores un non ten que ver co teatro. Cal é?

Diana Varela Puñal

Teresa González Costa

Carmen Blanco

Teresa Moure

7
[1]
Carmen Blanco Sanjurjo
Carmen Blanco Sanjurjo
(Ferrol, 1963) é avogada,
escritora, actriz, directora e
autora teatral. As súas
obras Un corazón perfecto e
Selma e Luísa, foron levadas
á escena.

Como actriz, participou nas


series Padre Casares,
Matalobos e Chapa e Pintura.

Coa súa obra A fuga gañou,


por unanimidade do
xurado, o premio de Teatro Infantil da asociación cultural O Facho en 2012.

8
Vocabu
Vocabulario
Formación do verbo
Os verbos son palabras que nos informan sobre a acción que realiza o suxeito e sobre
o seu estado.

Nos verbos podemos atopar estas variacións:

O número, que pode ser singular ou plural.

Eu sinto
Nós sentimos

A persoa a quen se refire (eu, ti, el, nós, vós, eles).

Eu podo
Ti podes
El pode
Nós podemos

O tempo e o modo (presente, pasado, futuro; indicativo, subxuntivo,


imperativo).

Corro (presente indicativo)


Corrín (pretérito)
Correrei (futuro)
Correría (subxuntivo)
Corre (imperativo)

Os verbos expresan accións, estados ou procesos e sempre actúan como núcleo do


predicado dentro da oración.

9
Os verbos fórmanse ao engadirlles sufixos e prefixos a substantivos ou a adxectivos:

baño (substantivo) + -ar (sufixo) → bañar


libre (adxectivo) + -ar (sufixo) → liberar

Outros sufixos que interveñen na formación de verbos son -ecer ou -izar.

a (prefixo) + tarde (adxectivo) + -ecer (sufixo) → atardecer

O verbo, definir un verbo


Definimos un verbo a partir doutro verbo que exprese o seu significado.

10
Repara
Dous verbos xuntos que expresan unha idea común forman unha perífrase verbal.

As perífrases adoitan expresar ideas que teñen que ver coa obriga, a inminencia, a
probabilidade, a reiteración, etc.

Trátase dunha construción formada por un verbo en forma persoal e outro en forma non
persoal, entre os que pode aparecer un elemento de relación.

Está a chorar

As construcións máis comúns son:

ir + infinitivo Vai nevar

ter + que/de + infinitivo Teño que verte

haber (en pasado) + (de) + infinitivo Houbo de caer

poder + infinitivo Pode ser

andar + xerundio Andou dicindo

estar + a/para + infinitivo Está para caer. Está a caer

haber (de) + infinitivo Hei de ir

dar + participio Dei andado

estar + xerundio Estou falando

botar(se) + a + infinitivo Botouse a correr

11
Primeiro acto

Un tellado ocupa a parte superior e traseira do escenario. Baixo el hai unha gran xanela
translúcida. Nela, mediante sombras, representaranse escenas no momento
correspondente. A xanela ten unha varanda no exterior, con testos e flores que, non
obstante, non deben impedir a visión dos vidros. En primeiro plano hai un ou dous farois
que delimitan a rúa, e forman parte da iluminación da mesma.

Séntense na distancia cancións e alborozo de nenos e nenas a brincaren. Pouco a pouco


vanse apagando. Comeza a escurecer. O luscofusco, pois, impregna o lugar dun ar
misterioso. Dous gatos e dúas gatas vadías aparecen en escena, silenciosos, sinuosos e
solermeiros entre eles. Seica están cansos e, dando apenas algún miañar, agachan pola
estrutura da escena ata situárense no tellado, onde se poñen a descansar moi preguiceiros.
Unha vez os gatos enriba, escóitanse algúns compases de Don Gato cun solo de violín.

VOZ FEMININA EN OFF:

Era unha vez un país


que tiña unha soa Lúa
coa que as meniñas brincaban
ao lusco fusco na rúa.

VOZ MASCULINA EN OFF:

Era unha vez un país


que tiña cheas as rúas
de meniños que xogaban
con resplandores da Lúa.

Ambas as dúas voces recitan cadanseu texto, ao unísono, e repíteno minguando o volume
de voz ata non se escoitar. Aumenta a luminosidade na escena. Na xanela do cuarto
préndese a luz e a través dos vidros vese pasar a sombra dunha meniña. Achégase á
xanela, abre as dúas follas, amósase e fai espaventos coas mans.

A MENIÑA: Ouch, que linda noite vai, e eu aquí toda aborrecida. Estou farta de ver a
tele e de xogar con consolas desconsoladas. Quen me dera xogar a algo diferente, con
amigas e amigos, aínda que fose a soas coa Lúa. (Á Lúa) Eh, Lúa, sabes esta?

Canta a seguinte lengalenga, a medida que a expresa con acenos, adaptándoa a algunha
melodía popular e coñecida. O mesmo fai coas que seguen a esta.
12
A MENIÑA:

Polo sinal
do chichirimal,
comín touciño
e fíxome mal;
deixeino no prato,
comeumo o gato;
deixeino na cociña,
comeuno a denociña;
deixeino no pozo,
comeumo o raposo;
deixeino na escaleira,
comeumo a costureira;
deixeino no chan,
comeumo un can; [...]

Antón Cortizas, Xogando con


gatos, Xerais, 2015.

Actividades

1. Responde as preguntas que teñen que ver coa lectura.

Como aparecen os dous gatos na escena?

Onde descansan?

Como era o país?

De que se queixa a nena? Que lle pasa?

Con quen fala?

Que é o que canta?

13
2. Forma verbos cos seguintes substantivos e adxectivos. Escríbeos no
recadro de abaixo.

orde

claro

sustento

san

razón

3. Indica de que substantivo ou adxectivo vén cada un dos seguintes


verbos. Segue o exemplo.

aterrar — terra

a. levedar

b. descontracturar

c. aclarar

14
d. engrandecer

4. Escribe cales son as perífrases verbais destas oracións.

a. Botouse a correr levado pola


carraxe.

b. Has de estudar máis para


aprobar.

c. Manuel está a facer o pallaso.

d. María estaba para ir á festa pero


quedou na casa.

e. Houben de caer ao baixar polas


escaleiras.

5. Reforza os teus coñecementos. Define os seguintes verbos e constrúe


unha oración con eles onde se vexa o seu significado.

continuar ● respectar ● bicar ● carrexar ● sementar

6. Amplía o teu coñecemento. Unha lengalenga é un texto con frases curtas,


que normalmente rima e con moitas repeticións que permiten decoralo con
moita facilidade. Xeralmente, as lengalengas están asociadas a xogos.
Continúa o modelo que segue esta lengalenga e crea ti unha.

15
Polo sinal
do chichirimal,
comín touciño
e fíxome mal;
deixeino no prato,
comeumo o gato;
deixeino na cociña,
comeuno a denociña;
deixeino no pozo,
comeumo o raposo;
deixeino na escaleira,
comeumo a costureira;
deixeino no chan,
comeumo un can;
deixeino na lareira,
————————;
deixeino no hórreo,
————————;
deixeino na pota,
————————.

16
Literatu
Literatura
O teatro II. A comedia, a traxedia
e o drama
O texto teatral pode, ao igual que outros xéneros, facer rir, provocar sensacións ou
simplemente servir como lecer. No teatro tamén hai subxéneros, temas que atanguen
ao propio texto teatral clasificándoo.

Os subxéneros teatrais máis habituais son a comedia, a traxedia e o drama.

A comedia é un tipo
de obra de teatro na
que se representan,
dunha forma pouco
seria ou cómica, as
características das
persoas, o seu
carácter e os seus
costumes. Posúe
sempre un final
feliz.

A traxedia é un tipo
de obra dramática
de carácter serio, na que interveñen personaxes importantes e na que o
protagonista é levado polo seu destino cara a un final desgraciado.

O drama é un tipo de obra teatral que ten como característica a súa seriedade.
A acción tráxica vai acompañada de momentos do día a día das persoas, onde
hai tamén momentos de lecer e divertidos. O drama posúe habitualmente un
final negativo.

Escoita e le:

17
Primeiro acto

Estamos no xardín dunha casa. Aparece Belinda, muller inxenua e traballadora. Vai vestida
de carteira de Correos. Achégase silandeira á porta da casa. Ponse a escoitar. Intenta
albiscar algo pola ventá. Preme o timbre. Nada. Peta na porta un par de veces. Non pasa
nada. Insiste.

BELINDA: Bos días! Correo! (Preme o timbre.) Está vostede aí?! (Á parte.) Isto vai ser
imposible. (Á casa.) Ola, son a súa carteira! Podería abrirme?! (Á parte.) Xa estamos!
Sempre que veño a esta casa pasa o mesmo. (Timbra.) Bos días! Tráiolle o seu correo!
(Pausa.) Ola! (Escóitase un teléfono. Nun primeiro momento Belinda mira para o público
con ton de reproche. Finalmente dáse de conta de que o teléfono é seu. Cólleo.) Si?

VOZ DO XEFE: Belinda, estás aí?

BELINDA: É o xefe, o xefe de Correos, o que dá as ordes, o patrón, o director, o


superior, o todopoderoso, a máxima autoridade...

VOZ DO XEFE: Belinda! Contesta ou quedas despedida!

18
BELINDA: Si, xefe. Dígame.

VOZ DO XEFE: Entregaches a carta?

BELINDA: Que carta?

VOZ DO XEFE: Que carta vai ser? A carta importantísima que che encarguei esta mañá.

BELINDA: Ai, si, a carta importantísima. Aquí a teño. (Belinda saca unha carta.)

VOZ DO XEFE: Lembra que tes que entregala en persoa. Tes que estar completa,
absoluta e totalmente segura de que esta carta a recibe o que vive aí, entendido?

Diego Rey, Carta urxente para Máximo Toxo, Editorial Galaxia, 2012.

Actividades

1. Contesta estas preguntas sobre o fragmento teatral.

Como é Belinda? Como vai vestida?

Que fai cando chega á casa?

Quen a chama?

Que é iso tan importante que ten que facer Belinda?

Quen ten que recibir a carta?

Como é a carta de importante?

Coñeces o teu carteiro?

19
2. Sinala as anotacións do texto e di cales son os personaxes.

3. Continúa a historia empregando só unhas 50 palabras.

4. Sinala os verbos do texto e cópiaos.

20
5. Representade a obra na aula. Le a ficha da editorial e indica a que subxénero
pertence.

21
Gramá
Gramática
A análise sintáctica
Na unidade anterior profundamos un pouco nas funcións que desenvolven as
palabras dentro da oración ou dentro da frase. A análise sintáctica consiste en sinalar
os diferentes tipos de relacións que se establecen entre as palabras que forman unha
oración ou unha frase.

As palabras organízanse de forma xerárquica nas frases e oracións. Para que haxa
unha oración ten que haber un predicado. O suxeito é o que realiza a acción do
predicado e concorda con el.

Funcións do suxeito
A función de suxeito pódea desenvolver:

Un substantivo: Unha nena fixo un debuxo.

Un pronome: Ela fixo un debuxo.

Unha frase nominal: A nena morena fixo un debuxo.

Unha oración subordinada: Encántame que debuxes tan ben.

Un verbo en infinitivo: Debuxar é o mellor que podo facer.

Función de núcleo do predicado


A función de núcleo do predicado está desenvolvida polo verbo e existen oracións
que teñen como única palabra un verbo.

Estudaches?

Funcións dos complementos


Os complementos son palabras ou conxuntos de palabras que completan o significado
dalgún elemento da oración.

22
A función de complemento directo pódea desenvolver:

Un pronome persoal átono: María viuno pola rúa.

Unha frase nominal: María mercou un libro verde.

Unha frase preposicional: María viu a Pedro pola rúa.

Unha oración subordinada substantiva: María dixo que ía ao cine.

A función de complemento indirecto pódea desenvolver:

Un pronome átono: Merqueilles carne.

Unha frase preposicional introducida coa preposición a: Comprei unha boneca a


miña irmá.

A función de complemento circunstancial pódea desenvolver:

Unha frase preposicional: O libro está sobre a mesa.

Unha frase nominal: O libro dareicho mañá.

Unha oración subordinada adverbial: Falaremos cando veñas.

A función de suplemento, que é propia dalgúns verbos que rexen preposición, como
lembrarse de, falar de, atoparse con, bailar con... Esta función desenvólvea:

Unha frase preposicional: Lembreime da miña tía onte.

A función de atributo, que é o complemento dos verbos copulativos: Xan é alto.

Unha frase adxectiva: Permanecía moi quieto.

Unha frase nominal: O espello ancho.

Unha frase preposicional: Ás tres da tarde.

Un pronome: Ti rubes á arbore.

Unha oración subordinada: O neno estaba canso de que se riran del.

A función de complemento axente indica quen desenvolve a acción que expresa o


verbo nas construcións pasivas:

Frase preposicional: A lei de montes foi aprobada pola Xunta de Galicia.

23
Prólogo

Proxectada no teito do teatro vemos a imaxe dunha nave espacial que se achega ao
escenario, ata que aterra nel. Soa a apertura dunha porta, e entre o fume dos motores
aparecen tres extraterrestres. Semellan bonecos de feluxe de cor malva, teñen cara riseira
como unha máscara, levan unha pequena antena na cabeza e un peto no bandullo. Moita
xente ao escoitar o balbordo asoma para ver o que acontece.

MARCIANOR: Non temades,


vimos en son de paz!

MARCIANOS 2-3: Vimos en


son de paz!

(A xente achégase unha


chisca máis a eles.)

MARCIANOR: Somos unha


civilización avanzada e
posuímos os coñecementos
científicos precisos para
garantir que ninguén na
Terra volva pasar dor.

XENTE: Ooohhh!

MARCIANOS 2-3: Non máis


dor!

XENTE: Queremos máis!


Queremos máis!

MARCIANOR: A nosa
tecnoloxía fará que os
cultivos produzan moitos
máis alimentos. Ninguén
pasará fame!

XENTE: Ooohhh!

MARCIANOS 2-3: Ninguén pasará fame!

XENTE: Queremos máis! Queremos máis!

24
MARCIANOS 2-3: Ninguén vai ser máis que o outro!

Carlos Labraña[2] , A fraga das árbores das palabras. Edicións Embora, 2013.

Actividades

1. Le o texto e contesta estas cuestións.

Que é o que chega ao escenario?

Cantos son? Como son?

Que é o que prometen?

Como reacciona a xente?

Que oficio existe no que se lle prometen cousas á xente?

Que pensas dos políticos?

2. Reforza os teus coñecementos. Sinala os suxeitos das seguintes


oracións.

a. Pola mañá Martiño saíu da casa.

25
b. Algúns políticos non se comportaron ben.

c. No parque dos nenos alguén tirou lixo.

d. O incendio foi apagado polos bombeiros.

3. Reforza os teus coñecementos. Sinala os predicados nas seguintes


oracións.

a. Non cansaban de ver a televisión ela e o seu curmán.

b. Beber é o que mellor se lle dá.

c. Os da taberna da esquina venden viño barato.

d. Xan comeu o último bocadillo de tortilla.

4. Sinala os complementos directos nestas oracións.

a. Aquel verán mercoulle un ordenador novo.

26
b. Na televisión, á hora da sesta, botaban documentais
de animaliños.

c. Saltou un semáforo a toda velocidade.

d. Sara comeunas ás agachadas.

5. Indica cal é o complemento indirecto destas oracións. Segue o exemplo


que che damos.

O monstro mordeulle unha man á protagonista.


CI CI

a. A caída da bolsa prexudicou moito aos inversores.

b. Pegáronlle lume a unha fraga.

c. O Celta de Vigo marcoulle seis goles ao Real Madrid.

6. Sinala os complementos cincunstanciais nas seguintes oracións.


Lembra que pode haber dous complementos circunstancias na mesma
oración.

27
a. Gardou os papeis na carteira.

b. Pola mañá fun mirar as galiñas.

c. Foron ao cine onte.

d. O ladrón foi detido pola policía.

e. Cando amence eles soben ao prado.

28
[2]
Carlos Labraña
Carlos Labraña (Cedeira. A Coruña, 1969) é un dos dramaturgos galegos máis activo na
actualidade, especialmente no que atinxe ao teatro para os máis novos. Con vinte e
poucos anos comezou o seu contacto co teatro pasando, a partir destes intres, a
escribir, montar e divulgar teatro. Os premios non tardaron apenas nada en chegar
(Concurso Xeración Nós, Estornela, O Facho...).

Deuse a coñecer coa obra O segredo de Daniel (1988) até a última publicada A fraga das
árbores das palabras (2013). Recentemente acaba de volver a gañar o VIII Concurso
Estornela de teatro coa obra A pequena compaña.

29
Ortogr
Ortografía
Palabras con -za, -zo, -cio, -cia

Coas terminacións -za, -zo, -cio e -cia ás veces dubidamos cal corresponde a cada
palabra.

Teñen terminación -cia, entre outros: ducia, falacia, esencia, acacia, audacia,
avaricia, inmundicia, noticia, pericia, milicia, distancia, relevancia, vixilancia,
xerencia, eficiencia, paciencia, suficiencia, aparencia...

Teñen terminación -cio, entre outros: palacio, anuncio, artificio, beneficio,


comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, propicio, palacio, silencio, socio, vicio,
xentilicio...

Teñen terminación -za as palabras galegas patrimoniais: avinza, cobiza, crenza,


diferenza, indiferenza, doenza, finanza, pertenza, presenza, xustiza, licenza...
30
Teñen terminación -zo: andazo, cansazo, espazo, terzo, xuízo, servizo...

Existen familias de palabras nas que algunhas palabras se escriben con -za, -zo
e outras con -cio, -cia:

espazo → espacial
graza → agraciar
presenza → presenciar
prezo → apreciar

Entre todas as palabras que rematan en -cia está Galicia, o nome da nosa comunidade
autónoma. Galiza tamén é unha forma lexitimamente galega documentada desde a
época medieval.

Repara
Na fala danse algúns fenómenos que podemos identificar con:

Vulgarismos: son palabras que se empregan nunha lingua pero só se admiten nun
contexto oral, xa que na norma a forma fixada é outra. Exemplo: *verdá, *arradio,
*polmonía.

Coloquialismos: son palabras ou frases que pertencen á lingua habitual e que debemos
evitar en contextos de carácter máis formal. Exemplo: guai, latar.

Arcaísmos: son palabras ou frases que nalgún momento da historia se empregaron,


por exemplo, na época medieval. Exemplo: *outo, *maor, *estoria.

Eufemismos: son palabras ou frases que tratan de evitar certas palabras que resultan
de mal gusto, malsonantes ou desafortunadas. Exemplo: danos colaterais por vítimas de
guerra, pasar a mellor vida por morrer.

Neoloxismos: son palabras novas que antes non existían xa que non existía tampouco a
cousa á que denominan. Exemplo: sms, tablet.

31
Primeiro acto

(Cociña dunha casa de pobo.


Sentada á mesa, a nai cose
un disfraz moi vistoso, cheo
de brillos e cores. Madriña
está cociñando, remexe o
moado cunha culler de pau.
Fiona está sentada nunha

banqueta.)

MADRIÑA: Ves, Fiona?

FIONA: Si, madriña...

MADRIÑA: Hai que revirar ben o moado para que non saian os bolos. Pero sempre no
mesmo sentido, senón córtase e améranse os follados...

FIONA: Que significa amerar?

MADRIÑA: Estráganse os follados, preguntona.

FIONA: Algúns nenos da miña escola en vez de follados chámanlle filloas, pero verdade
que son a mesma cousa, madriña, a que si?

MADRIÑA: Xa sabes que si...

FIONA: Inma, a filla da María e o Alberte estivo toda a tarde dicíndome que non, veña
ás envoltas coas filloas, asegurando que iso dos follados era unha invención.

32
MADRIÑA: Pois dille a Inma que as filloas e os follados sónche a mesma cousiña. (A
madriña colle un follado do prato que ten á beira da pota e ofrécello a Fiona.) Nalgúns
sitios chámanlle dunha maneira, e noutros sitios, doutra. A que non sabes por que lles
din follados?

(A nena érguese leda da banqueta e cólleo como unha folla de papel estirada.)

FIONA: Non, madriña, non sei, explícamo.

MADRIÑA: Porque son como follas de papel.

(Madriña dálle un bico na fronte a Fiona, e a cativa enrosca o follado riba da mesa.)

Diana Varela Puñal, Arlequino Viceversa, Edicións Embora, 2013.

Actividades

1. Responde estas cuestións sobre o fragmento teatral que acabas de ler.

Que prato típico están a facer?

Que significa amerar?

Cres que iso dos follados é unha invención? Quen di iso?

Hai palabras que teñen varios nomes. Como se chaman?


Coñeces algunha?

Que diferenza hai entre as filloas e os follados?

De que época son típicos os follados? Sabes algunha


sobremesa de verán?

33
2. Indica nestes pares de palabras cal é a forma correcta.

silencio silenzo

palacio palazio

diferencia diferenza

xerencia xerenza

espacio espazo

3. Relaciona cada sobremesa coa temporada estival correspondente.

turrón outono

xeado Entroido

filloas verán

roscón Nadal

castañas Pascua

4. Escribe a forma correcta seguindo o exemplo.

terzo — terzar

a. servizo servi al
34
b. presenza presen ar

c. xustiza axusti ar

d. finanza finan ar

5. Identifica cales destas palabras son arcaísmos.

mellor

maor

capíduo

hacker

verdá

35
Un reto antes de continuar

36
Expres
Expresión oral e escrita
A representación
A representación teatral debe nacer como algo que nos ten que divertir, que temos
que gozar, non como algo obrigado; así que, primeiramente, debemos escoller obras
próximas a nós, obras que sexan divertidas e fáciles de representar. Aínda que
concibamos a representación como algo lúdico, temos que ter en conta que debemos
ser responsables e traballar aspectos como a memoria, a dicción, a
psicomotricidade e a respiración.

Lance único

Escena 1

(Vemos un neno sentado na beirarrúa falando coas nubes. Chega o seu pai que agacha un
agasallo no lombo.)

PAI: Miguel, que tes, fillo?

MIGUEL: Hoxe non viñeron os meus amigos e estou aburrido como unha pataca.

PAI: Pois entón chego ao que tal. (Dándolle o agasallo.) Toma esta cousiña que che
fixen.

MIGUEL: Que é? (Abríndoo.) Semella un viraventos, pero é de madeira...

PAI: É unha andavía. E xa verás que ruído fai cando move as aspas contra o vento, case
fai estoupar os oídos.

MIGUEL: Grazas, papá! (Fítaa con curiosidade, mentres a fai xirar suavemente coa man.)

PAI: Anda non apampes, vai xogar con ela! (Sinalando.) Corre cara aló!

37
(O neno bota a correr ensimesmado ca andavía, que co vento xira as aspas e soa coma
unha carraca.)

PAI: (Saíndo.) E non


demores moito en volver
para a casa, que logo vai
escurecer.

Carlos Labraña[3] , Teatro do


xoguete, Edicións Embora,
2011.

Escribir unha carta ao director


38
As cartas ao director son un subxénero dentro das cartas. Neste tipo de textos
exprésase unha opinión por parte dun lector a un xornal. Estas cartas poden
responder a un tema de actualidade, a unha queixa por parte do lector, a unha
felicitación, a unha suxestión ou a unha opinión.

Como expresan unha opinión, as cartas considéranse textos argumentativos.

A opinión que se dá pode ser tanto a favor, expresando agradecemento, como crítica.
Nos xornais do noso país hai un apartado específico para estas cartas.

Repara
As cartas teñen un formato determinado.

O lugar e a data: débense datar as cartas para que o que a recibe saiba cando se escribiu e
dende onde se enviou.

O saúdo ao director da publicación e unha petición para que publique a carta. Por exemplo:

Estimado señor director:


Prego que publique esta carta no xornal que dirixe.

Debes dirixirte ao director con educación e respecto, facéndoo cunha linguaxe apropiada. Podes
comezar a carta con:

Prezado director,
Estimado director,
Querido director,

Cando escribas podes manifestar, a xeito de titular, o tema do que vas falar. O corpo da carta
será para tratar en profundidade o motivo da carta. Debes despedirte asinando a carta.

Non esquezas que debes despedirte con formulas do tipo:

Atentamente, saúdos, despídese...

39
En calquera texto escrito, incluídas as cartas ao director, temos que facer que se nos
entenda o que queremos dicir. Para iso, o noso texto deber ter dúas propiedades:
coherencia e cohesión.

A coherencia é a unidade que existe entre as ideas dun texto, que fai posible que
comprendamos o seu significado. Para que un texto sexa coherente ha de ter:

Un tema concreto, é dicir, ter claro de que vai tratar o texto que imos escribir.

Unha estrutura clara, de xeito que todas as ideas que queremos transmitir
estean organizadas arredor dese tema principal.

Unha lóxica, de maneira que o que se di sexa comprendido e aceptado por


todo o mundo.

A cohesión é a unidade que existe entre as diferentes partes dun texto (oracións,
parágrafos...). Para que un texto sexa coherente ha de ter:

Referencias: substituíndo unha palabra por outra para referirse a esta.


Exemplo: Pabliño acábame de dicir que quere ser bibliotecario. A súa paixón polos
libros é a que o decantou por esta profesión. Aquí evitamos dicir A paixón de
Pabliño...

Elipse: consiste en suprimir un elemento xa citado. Exemplo: O meu fillo díxome


que quería ser bibliotecario. Ten moita paixón polos libros. Aquí evitamos poñer
diante do verbo ten o suxeito O meu fillo.

40
Substitución: con este recurso cambiamos unha palabra por outra cun
significado parecido. Exemplo: Pabliño acábame de dicir que quere ser
bibliotecario. Este rapaz ten unha gran paixón polos libros. Nesta oración Este
rapaz substitúe a Pabliño.

Conectores: relacionan diferentes partes dunha oración ou texto


(enumeración, causa, consecuencia...). Exemplo: Pabliño primeiro quería ser
xogador de fútbol internacional, despois cociñeiro e finalmente decantouse por ser
bibliotecario. Neste caso, estamos ante unha enumeración.

Actividades

1. Responde estas preguntas sobre o fragmento de Teatro do xoguete.

Que agocha o pai detrás do lombo?

Que é unha andavía?

Que lle sucede a Miguel?

Cal era o xoguete que che gustaba máis de pequeno? E o dos


teus pais?

Que diferenza hai entre o que lles gustaba aos teus pais e a
ti? Cres que a sociedade cambiou no tocante aos xogos?

Cres que a televisión e os videoxogos poden apampar?

2. Cal destas palabras non é un sinónimo de andavía.

41
parapente

martabela

trécola

cataventos

viraventos

3. En grupo. Poñédevos de acordo para escribir unha carta ao director. Podedes


enviarlla tanto a un director de xornal como ao departamento de Educación
sinalando unha eiva do voso centro ou unha queixa por un servizo que vos falte.

4. Amplía. Elabora unha carta ao director protestando pola pouca oferta de lecer
que ten o voso concello para os rapaces. Sinala nela o tema principal, a estrutura
que seguiches e a lóxica empregada. Indica noutra cor os exemplos que
utilizaches como recursos para manter a cohesión do texto.

42
Un reto antes de continuar
Buscade a sección de cartas ao director entre os periódicos que se editan na nosa comunidade
en edición de papel.

Atopades algunha en galego?

Reflexionade sobre a lingua que empregamos cando nos diriximos a unha autoridade, médico,
profesor...

Cres que a lingua vai ligada ao prestixio social?

43
[3]
Carlos Labraña
Carlos Labraña (Cedeira. A Coruña, 1969) é un dos dramaturgos galegos máis activo na
actualidade, especialmente no que atinxe ao teatro para os máis novos. Con vinte e
poucos anos comezou o seu contacto co teatro pasando, a partir destes intres, a
escribir, montar e divulgar teatro. Os premios non tardaron apenas nada en chegar
(Concurso Xeración Nós, Estornela, O Facho...).

Deuse a coñecer coa obra O segredo de Daniel (1988) até a última publicada A fraga das
árbores das palabras (2013). Recentemente acaba de volver a gañar o VIII Concurso
Estornela de teatro coa obra A pequena compaña.

44
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei como se forma o verbo? Como se


forma enfeitizar?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Coñezo a diferenza que hai entre unha
traxedia e unha comedia?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei en que consiste a análise sintáctica?

45
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Recoñezo que palabras rematan en -
za, -zo, -cia, -cio? Que é un vulgarismo?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Representei algunha obra teatral?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Podo redactar unha carta ao director?

46
Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para autoavaliarte.

7. Sinala cal destas palabras é un verbo.

xa

quen

por mor de

segundo

terzar

8. Seleciona a que conxugacións pertencen estes verbos.

a. rexemos

b. partín

c. corrixido

47
d. elixiu

e. tremeu

9. Forma verbos a partir das seguintes palabras seguindo o exemplo.

noite — anoitecer

a. enredo

b. redondo

c. pálido

d. escuro

10. Indica en que tempo verbal están estes verbos.

comeu Copretérito

ría Presente de indicativo

faga Pretérito

ser Infinitivo

cargo Presente de subxuntivo

11. Sinala os suxeitos nas seguintes oracións.

A mestra mandou repetir o exame.

O descenso de público provocou que os donos pecharan.

Soñar fai que sexas máis feliz.


48
Naquel monte os da concentración parcelaria non mediron ben.

Xan chegou tarde por estar con ela.

12. Substitúe o complemento directo por un pronome átono seguindo o


exemplo.

Comeu patacas todo o día — Comeunas

a. Viu a Sara ao saír do traballo.

b. Foi recoller a Manolo e a Xavier cando


rematou todo.

c. Limpou as escaleiras de todo o


edificio.

d. Quitou os zapatos cando chegou á


casa.

13. Identifica os predicados das seguintes oracións.

a. O neno escachou a mampara que cobre a ducha.

b. Vaite xa da miña vida!

c. Non quero volverte a ver.

49
d. María e Ricardo chegaron contentos á casa.

e. O chocolate cultívase en Colombia.

14. Sinala os complementos circunstanciais nestas oracións.

a. Choveu durante todo o verán.

b. Marta e Patricia chegaron ás cinco da madrugada.

c. Sempre foron o un para o outro.

d. Nunca pensei que foras tan ruín.

15. Escolle -cia, -cio, -zo, -za segundo corresponda.

a.
vi

b.
eficien

c.
anda

d.
apre

e.
xusti

50
16. Sinala os suxeitos das seguintes oracións.

a. Xan e Alberte participaron naquela carreira.

b. Pola noite o moucho non parou de ouvear.

c. Naquela praia contra o final están Enrique e Laura.

d. Eu cansei e marchei para a casa.

Reforza

17. Indica cal destas oracións contén un predicado nominal.

Correu por toda a aula perseguíndoo.

Este verán case non choveu.

Os turistas ateigaron a praza e non se podía pasar.

Xan está bastante contracturado.

18. Indica cal destas palabras é un verbo.

51
enmudece

agora

devagar

amorodo

19. Indica cales destas oracións conteñen un predicado verbal.

Estivo sentado ás portas daquela discoteca toda a noite.

Cargou moito peso e acabou derreado.

Santi e Alexandre son un pouco fedellos.

O mestre berroulles por comportarse mal.

20. Substitúe os complementos directos e indirectos por pronomes átonos


seguindo o exemplo. Escribe estes verbos con acento gráfico cando
sexa preciso.

Encendeu a caldeira porque tiña frío — Encendeuna

a. Marta escondeu os cartos a Xan.

b. Almorza té todos os días.

c. Fixo mal a Carlos.

d. Comprou unhas mazás a eles.

21. Escolle -cia, -cio, -zo, -za segundo corresponda.

a.
doen

52
b.
ter

c.
propi

d.
consor

e.
finan

Amplía

22. Coa axuda do profesor organizade un premio literario para unha obra de teatro.
Todos os alumnos deberán facer unha obra de teatro de pequena extensión
sobre o tema que queiran.

Galería de imaxes

53
54
55
56
Vocabulario

57
Albiscar
Vbo. Ver [unha cousa] sen apreciala moi ben.

Alborozo
Subs. Balbordo de xúbilo que se produce de maneira ruidosa.

Amerar
Vbo. Estragarse, botarse a perder un alimento.

Amoado
Subs. Mestura de varios ingredientes, entre eles leite, ovos e fariña, dos que resulta
unha masa líquida que se verte na pedra ou na tixola e da que saen as filloas.

Andavía
Subs. Xoguete de madeira que ten aspas e se move coa velocidade do vento.

Apampar
Vbo. Asombrar ou deixar asombrado a alguén.

Arrolar
Vbo. Guindar ou mover [un obxecto ou cousa] formando rolos ao caer.

Balbordo
Subs. Rebumbio e ruído producido ao falar moita xente ao mesmo tempo.

Bandullo
Subs. Parte do corpo dos animais e por extensión das persoas que se corresponde co
estómago.

Cadanseu
58
Cadanseu
Posesivo. Determina que a cada unha das persoas lle é propio ou lle corresponde un
determinado obxecto ou cousa ou o mesmo número de cousas.

Espavento
Subs. Manifestación excesiva de espanto, admiración ou algún outro sentimento.

Estribeira
Subs. Anaco de tea que se pon no pescozo para suxeitar unha man ou un brazo cando
hai unha fractura ou unha ferida neles.

Feluxe
Subs. Borra graxa e negra que sae do fume e que cobre os corpos que están en
contacto con ela.

Follado
Subs. Filloa, sobremesa resultante da mestura de ovos, leite e fariña. Tamén pode
empregarse sangue.

Impregnar
Vbo. Mergullar unha cousa, corpo ou obxecto nun líquido ata mollalo por completo.

Inxenuo
Adx. Que deposita demasiada confianza nas demais persoas e no seu comportamento
pensando que coma el actúan de boa fe.

Lengalenga
Subs. Texto que xoga con frases curtas, que normalmente riman, e que posúe moitas
repeticións.

Luscofusco
Subs. Momento do día que se corresponde a cando se pon o sol e as cousas se
59
distinguen polas súas sombras.

Preguiceiro
Adx. Que non é amigo de traballar e ten preguiza á hora de facer as cousas.

Premer
Vbo. Facer forza sobre [algo].

Silandeiro
Adx. [Persoa ou cousa] que se move sen producir ruído.

Somnolento
Adx. Que está nun estado de decaemento producido por ter moito sono.

Translúcida
Adx. [Material, corpo etc.] polo que pasa a luz deixando ver, con pouca claridade, o
que hai do outro lado.

Unísono
Adx. Son que posúe a mesma tonalidade ca outro. Que se di ao mesmo tempo e co
mesmo son.

Vadía
Adx. Que non está ocupada, que non conta con oficio ningún.

Varanda
Subs. Elementos de protección que se colocan nos balcóns e noutros lugares para
protexer dunha posible caída.

Viravento
Subs. Xoguete que ten aspas e se move coa velocidade do vento.
60
Subs. Xoguete que ten aspas e se move coa velocidade do vento.

Xanela
Subs. Oco na parede polo que pasa a luz e o aire.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización y


Dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

61
Agrupación Cultural O Facho
https://gl.wikipedia.org/wiki/Agrupaci%C3%B3n_Cultural_O_Facho

Antón Cortizas
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Cortizas

Compañía de teatro
https://berrobamban.com/

Carlos Labraña
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Labra%C3%B1a

Brabádegos
http://brabadegos.blogspot.com.es/2014/10/non-deixemos-esmorecer-o-noso.html

Diana Varela Puñal


https://gl.wikipedia.org/wiki/Diana_Varela_Pu%C3%B1al

Sobremesas galegas
https://gl.wikipedia.org/wiki/Gastronom%C3%ADa_de_Galicia#Sobremesas_e_queixos

Museo do Xoguete
http://museos.xunta.gal/gl/xoguete

62
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

63
2. A ponte dos Suspiros

Para comezar
Unha carta é o mesmo que unha misiva?

Sabes se estas dúas palabras son sinónimas ou antónimas?

Que diferenza hai entre un texto en prosa e outro en verso?

Atréveste a recitar? Gustaríache facer poemas?

A ponte dos Suspiros


Sorpresounos a noite,
xa ben escurecido,
no barandal da pedra
que defende o camiño.
(Dende entón ten un nome:
a Ponte dos Suspiros.)
Non movía unha folla
o vento adormecido.
No ceo ni unha estrela,
na arboreda ni un chío.
As palabras non tiñan
nin rumor nin sentido.
¿Canto tempo botamos
no silenzo afundidos...?

(...)

Ramón Cabanillas, Escolma poética, Faktoría K de Libros, 2009.

1
Lectura
Antes da lectura reflexionamos!
Gústavos a poesía? Lédela?

Seriades capaces de facer un poema?

Escoita e le:

Noite de lúa

Poñen os raios da lúa


Rachóns de groria no ceo,
Vidros de espello no río,
Velos de prata no chan.

E o reiseñor no loureiro
debulla doces cantigas
ás que responden na Praia
brandos arrolos do mar.

2
Tódalas herbiñas locen
Unha pingota de orballo,
En tódalas frores brilan
coroas de craridá.

Estrelas, árbores, fonte,


Paxaros, ventos e areas…
¡Todo na noite alunada
Fala das vidas-irmáns!

¡Almas das cousas, tecidas


cos mainos fíos do Ensono,
todas, todas atopades
Un bico... un colo... un altar!

¡Soio na noite serea


o meu corazón magoado
non alcontra campañeiro
que latexe ó seu compás!

Ramón Cabanillas, Escolma poética, Faktoría K de Libros, 2009.

3
Repara
O estándar das linguas, a norma, é unha convención, algo artificial que se fixa desde as
academias co obxecto de obter un modelo de lingua o máis común a todos para os usos oficiais,
para o ensino e para o uso da lingua en xeral.

Ese estándar é unha variedade máis das que as linguas posúen. O estándar do galego fixouse
no ano 1982 coa publicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, por
parte da Real Academia Galega.

Nos anos anteriores a esta data os escritores escribían sen unha norma común.

Comprensión lectora

1. Recitade o texto en alto e reflexionade:

En que lingua está escrito o poema? Que vos resulta estraño da lingua
que presenta?

Que tipo de texto é, literario ou non literario?

En que xénero o encadrariades?

Que se conta nel? De que pensades que fala?

4
Unha familia léxica é un conxunto de palabras que presentan o mesmo lexema: vitoria,
vitorioso, vitorear...

Actividades

2. Segue a historia do texto.


Fai unha redacción cun máximo de 50 palabras e emprega, polo menos,
dous adverbios.

5
3. Reforza o teu coñecemento sobre os substantivos. Escribe os
substantivos que hai nas dúas primeiras estrofas do poema e
clasifícaos en masculinos e femininos.

Exemplo:

Masculinos.

- Raios

- ...

Femininos.

- Lúa

- ...

4. No poema fálase da lúa. Podedes relacionar as palabras da familia


léxica co seu significado? As definicións están extraídas do DRAG.

Lúa

6
[Nave espacial] Pousarse na superficie da
Lúa.

Luada Acción e efecto de aluar.

Luarada Luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a


Terra durante a noite.

Luar Claridade que produce a luz reflectida pola


lúa.

Aluar Satélite da Terra, visible desde esta só en


parte e baixo formas distintas.

Aluaxe Intervalo entre dúas fases da Lúa.

7
Un reto antes de continuar
Ao longo desta unidade formularémosvos un reto para que o poidades resolver.

Sabedes que palabra falta neste poema?

Buscade un sinónimo para ela. É unha cousa que se emprega en moitos deportes e coa que se
xoga en moitos recreos.

A ………

Non ten esquinas


nin é cadrada
A súa forma
É redondeada.

Coma un triángulo
non pode ser,
porque tras dela
hai que correr.

Tócolle coas mans,


tócolle cos pés,
se vén disparada
case non a ves.

María Canosa, Vagalume de versos, Galaxia, 2014.

8
Vocabu
Sinónimos e antónimos
As palabras sinónimas son aquelas que teñen o mesmo significado ou moi parecido.
Estamos ante unha palabra sinónima cando podemos substituíla por outra sen que
varíe o significado do enunciado.

Ás veces para facer as cousas precisamos ir devagar.

Ás veces para facer as cousas precisamos ir amodo.

Repara
Saber moitos sinónimos dunha lingua fai que a túa linguaxe sexa rica, así que cantos máis
sinónimos saibas mellor poderás expresarte, con máis variedade. Ademais, é bo non caeres en
repeticións de palabras nas oracións.

As palabras antónimas son aquelas que teñen significados opostos ou contrarios. Os


antónimos serven para expresar ideas contrapostas.

O texto que imos ler é bastante extenso.

O texto que imos ler é bastante breve.

9
Escoita e le:

Tras unha breve cabezada despois de xantar, ás catro e media marchou para o
traballo. Non precisaba apresurarse, aínda faltaba máis dunha hora para que a sala
abrise as portas. Con todo, desta vez apurou a súa marcha; desexaba comentar a
carta cos compañeiros, se cadra tamén eles recibiran outra igual. Pero nin Marisa, a
encargada de despachar as entradas, nin Manolo, o acomodador, recibiran carta
ningunha, o que acrecentou aínda máis a inquietude de Damián.

A xornada de traballo transcorreu dun xeito rutineiro. Agás a función das 20.30, foi
moi escasa a xente que se achegou ao cine. Estrearan a película a fin de semana
anterior, e tanto o sábado coma o domingo esgotáranse as entradas de todas as
funcións. Mais, transcorridos eses días, os espectadores foran diminuíndo en cada
novo pase.

A Damián non lle estrañaba nada, e non só porque nos últimos anos baixara
considerablemente a asistencia ao cine. Sentíao por Will Smith, que lle caía simpático,
pero aquela película era como unha caixa moi adornada por fóra e baleira de todo por
dentro. Moitos efectos especiais, moito ruído, moitos cartos gastados... todo para que
o director conseguise estragar unha historia magnífica. Lera había máis de vinte anos
a novela na que se baseaba, aínda conservaba o libro, na vella edición de Minotauro.
Volvéraa ler algúns días antes da estrea e confirmara que se trataba dun texto
extraordinario, se cadra o mellor que escribira Richard Matheson. Como se podía
banalizar así unha historia tan profunda?
10
Agustín Fernández Paz, Fantasmas de luz, Xerais, 2011.

11
Repara
O cine, ou cinema, abreviaturas de cinematógrafo ou de cinematografía (do grego κινή kinē ou
κίνημα kinēma, movemento, e γράφω graphō escribir, gravar) é unha arte, un espectáculo e unha
industria que apareceu a finais do século XIX froito dos avances tecnolóxicos que se
desenvolveron no mundo da óptica ao longo de dito século.

Foi presentado ao público o 28 de decembro de 1895 en París polo cinematógrafo dos irmáns
Lumière; un dispositivo que nos seus comezos servía de cámara para o rexistro de imaxes e de
proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e
norteamericanas.

Anos antes, no laboratorio de Edison nos Estados Unidos, Edison e W. K. L. Dickson (un
empregado seu) desenvolveran o quinetoscopio e o kinetógrafo, un proxector individual e unha
cámara, respectivamente.

Fonte: Galipedia.

12
Actividades

1. Lede o texto en alto, realizade un ditado, e logo respondede


individualmente:

O cine é unha forma de facer arte? Pon un exemplo de arte.

Sabes o título dalgunha película galega que poidas ver en


galego?

Cres que hai poucas películas en galego? Por que?

Sabes o título dalgún libro do que fixeran unha película?

Nese caso, que che gustou máis, o libro ou a película?

2. Escribe en cincuenta liñas a continuación da historia.

3. Reforza o teu coñecemento. Escribe dúas oracións con dous sinónimos


e dous antónimos, seguindo o exemplo:
13
Sinónimos:

Comezou a facer o exercicio que lle pedían no colexio.

Empezou a facer o exercicio que lle pedían no colexio.

Antónimos:

O leite con cacao que tomo polas mañás no almorzo estaba frío.

O leite con cacao que tomo polas mañás no almorzo estaba


quente.

4. No texto deste apartado aparece unha serie de palabras. Relaciónaas


cos seus sinónimos.

carta
oca

escasa
derramar

baleira
antiga

estragar
misiva

vella

14
pouca

5. Escribe os antónimos das seguintes palabras.

1. fóra

2. baixar

3. antes

4. nada

5. profundo

6. Reforza o teu coñecemento. Nas seguintes series de antónimos, cales


son os intrusos?

1. empezar

2. escurecer

3. colosal

4. módico

5. covarde

15
Literatu
Prosa e verso
A prosa é a forma máis natural de escribir. Pódese contar un feito de varias formas
diferentes e cando se escribe en prosa ocúpase toda a liña.

O verso é unha forma especial de expresarse. É máis difícil que a prosa, xa que os
textos en verso presentan unhas características especiais que crean un ritmo e unha
musicalidade específicos. Réxense por regras de ritmo, rima, número de sílabas...

Os xéneros literarios

As obras literarias que os autores escriben clasifícanse segundo o seu xénero. Os


xéneros literarios principais son: poesía, narrativa e teatro.

A poesía é o xénero literario que emprega o ritmo, a harmonía e a imaxe


para provocar unha reacción no receptor. Os textos poéticos adoitan estar
escritos en verso.

A narrativa é o xénero literario que expresa ou suxire algo por medio da


prosa e conta historias reais ou fantásticas. A narrativa inclúe a novela e o
conto.

O teatro é o xénero literario das obras pensadas para seren escenificadas.


Estas obras, denominadas dramáticas, poden ser:

Traxedias. Caracterízanse pola súa natureza seria, así como polo desenlace
fatal ao que está destinado o personaxe principal.

Comedias. Caracterízanse pola súa natureza cómica ou pouco seria e


adoitan presentar un final feliz.

Escoita e le:

Texto A

16
O avó Ramiro era o encargado dunha
biblioteca moi antiga que había no
medio do bosque. Un día, Ramiro
acompañou o seu avó e levou consigo o
seu amigo, o peixe vermello. Era a
primeira vez que o neno entraba na
biblioteca e estaba abraiado por aquelas
enormes salas cheas de libros. Mirou
todos e cada un dos estantes e non
deixou ningún curruncho sen explorar.
Mais non tardou en cansar e adormeceu.
Cando Ramiro abriu os ollos, todo estaba
escuro e silencioso. Só e asustado,
Ramiro sentou á luz do luar. Comezou a
lerlle un libro ao seu peixiño. Pero, cando
levantou a vista... o peixe desaparecera!

Taeeun Yoo, O peixe vermello, Faktoría K de Libros, Kalandraka Editora, 2011.

Escoita e le:

Texto B

Nunha fonte fonte,


Vive dona ra.
Nin caza nin viste que espidiña está.
Canta e canta sempre
o do re mi fa,
se algo preguntan,
contesta croá, croá.

Nunha fonte fonte


do pazo real,
baixo tres carballos,
vive dona ra.
Quen vai ser o mago
que a enfeitizará?
17
Ana María Fernández, A casa de había unha vez, Xerais, 2001.

Comprensión lectora

1. Ilustra no teu caderno o relato do peixe vermello e o texto da ra.

2. Le os textos en voz alta e contesta:

Identifica que texto está escrito en verso e cal en prosa. A


que xéneros pertencen?

De que fala o texto A? E o texto B?

Que actividades se poden facer nas bibliotecas?

Es socio da biblioteca da túa localidade?

Les poesía?

3. No teu caderno, achégalle un final ao texto A.

18
4. Identifica as palabras que riman entre si.

gardaba durmía

equipaxe paspallás

espazo perdices

felices espiaba

compás maquillaxe

pemento escarmento

comía argazo

19
Gramá
O substantivo. Clases de
substantivos
Os substantivos son palabras que designan persoas, animais, plantas, obxectos,
lugares, sentimentos ou ideas no seu significado.

Segundo este significado, existen diferentes clases de substantivos:

Propios: fan referencia ao nome


das persoas e escríbense con
maiúscula.

María, Xoán

Comúns: refírense a un
individuo, animal ou cousa da
mesma clase ou especie:

gato, esquío

Os substantivos comúns poden clasificarse en:

Concretos: designan cousas que podemos percibir polos nosos sentidos:

rúa, auga, ceo

Abstractos: fan referencia a


ideas, conceptos ou sentimentos
que non podemos percibir a
través dos sentidos.

ledicia, paz, carraxe

Individuais: designan unha soa


cousa, animal ou obxecto.

mesa, can, bolígrafo

20
Colectivos: fan referencia a un
conxunto, en singular.

carballeira, cardume

Contables: designan obxectos ou cousas que se poden contar


individualmente.

perna, caxato

Non contables: fan referencia a cousas que non se poden contar de maneira
individual.

mel, azucre, fariña, sal

Os nomes ou substantivos fórmanse ao engadirlles sufixos a outros nomes, a


adxectivos e a verbos.

Segundo o seu xénero os substantivos poden ser masculinos ou femininos.

Hai algúns substantivos que son invariables, é dicir, que teñen a mesma forma para o
masculino e o feminino.

o atleta / a atleta

A formación do feminino
21
Os substantivos que no masculino
rematan en -o ou en -e, cambian esa
vogal por -a:

neno / nena

Os que rematan en vogal tónica ou


consoante que non sexa -n engaden -a:

avó / avoa

Os rematados en -án no masculino, cambian -án por -á:

curmán / curmá

Cando o masculino remata en -ón, mudan esta terminación por -oa:

ladrón / ladroa

Algúns substantivos teñen formas distintas para masculino e feminino:

rei / raíña

galo / galiña

O número dos substantivos


Cando falamos de número referímonos a se as palabras están en singular ou en
plural. Case todos os substantivos teñen singular e plural, pero hai excepcións:

Algúns substantivos só teñen singular:

mel

Outros só teñen plural:

maniotas

22
Outros teñen a mesma forma para o singular e o plural:

xoves

A formación do plural
Os substantivos que rematan en
vogal ou en -n engaden -s:

mesa, mesas

gran, grans

Os monosílabos rematados en -l
engaden -es:

mel, meles

Os agudos de máis dunha sílaba rematados en -l cambian o -l por -is:

fusil, fusís

Os que rematan en consoante distinta de -n engaden -es, así como os graves


rematados en -l:

par, pares

púxil, púxiles

As palabras compostas cuxo segundo elemento é un substantivo monosílabo


engaden -es:

parasol, parasoles

23
Escoita e le:

Entre trapos e farrapos, era moi bo


momento para que Marta me deixase de
gustar, mais non o daba conseguido.
Víaa no recreo e alí empezaba o corazón
a latexar a toda máquina e a me ferveren
as orellas. E non pola vergonza da
explosión no xardín nin nada diso.
Víñanme á cabeza as palabras de Gabriel
e as do meu tío Chente, e aínda que o
corpo me pedía seguir loitando e
discorrer outra forma de conquistala, a
cabeza avisábame: «Frea, Bieitiño; ou
apetéceche volver pasar aquel
canguelo?».

A esas alturas, si que me preguntei se non tería razón Lolo cando me chamaba parvo.
Porque non podía ser que aínda me quedase unha migalla de esperanza. E, xa postos,
o lóxico sería dicir: «Mira, aí quedas, que non vou andar detrás túa toda a vida». Así,
con chulería. Ou que son eu? unha mona? Mais non daba por dicilo. Ninguén podía
obrigar a Marta a que lle gustase, si que é certo, pero, home, aquilo era pasarse.

Antonio Yañez Casal, A complicada vida de Bieito Viqueira, Tambre, 2012.

Actividades
1. 24
1. Lede en voz alta e contestade:

Que problema ten Bieito? De quen está namorado Bieito?

Cando alguén di que non quere algo hai que insistir ou respectar a súa
postura?

Podemos mandar nos sentimentos?

2. Cantos substantivos hai no texto? Cantos están en singular e cantos en


plural?

3. Clasifica os substantivos en comúns, propios, concretos, abstractos,


individuais, colectivos, contables e non contables.

martelo

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

25
fe

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

cardume

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

cadeira

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

paz

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

26
Marta

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

esquío

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

4. Facede o feminino dos seguintes substantivos.

1. ladrón 5. tsar

2. rei 6. artista

3. irmán 7. can

4. actor 8. padriño

27
Un reto antes de continuar
Buscamos un substantivo feminino abstracto e común, que ten que ver cunha ave que anda
polos nosos parques.

Esta ave simboliza un estado que ten que ver coa tranquilidade e o equilibrio, algo que é
fundamental para convivirmos. O seu contrario é a guerra. De que estamos a falar?

No arco da vella
das pombas nas ás
nos ollos dos nenos,
no canto das nenas
nacerá da Terra
a flor de tres pétalos;
a máis desexada,
a flor máis fermosa.
Cultívaa no teu corazón!

Na luz dunha estrela,


no voo das pombas,
nos ollos das nenas,
no canto dos nenos
medrará no mundo
a flor de tres letras,
que ha borrar as sombras
coa forza do Amor.
Tan só unha palabra.
Que aniñe no teu corazón!

Xoán Neira, Farrapos de nube, Baía Edicións, 2007.

28
29
Ortogr
Regras xerais de acentuación
As palabras clasifícanse en agudas, graves e esdrúxulas, segundo recaia a forza da
pronunciación na última, penúltima ou antepenúltima sílaba. Ademais, seguindo as
regras de acentuación, algunhas sílabas tónicas levan acento gráfico.

Son agudas cando a forza recae na última sílaba e pónselles acento gráfico ás
palabras que rematan en vogal, -n, -s e -ns:

escocés, compás, cancións, alí, algún

Non levan acento gráfico se acaban en ditongo decrecente, seguido ou non de


-s:

papeis, ademais, bailei

Levan acento gráfico as palabras


graves, nas que a forza se realiza
na penúltima sílaba, que rematan
en consoante distinta a -n ou -s:

tórax, cráter

Nas palabras esdrúxulas, o


acento recae na antepenúltima
sílaba e todas levan acento
gráfico:

matemáticas, simpático, esperpéntico

30
Repara
Os adverbios rematados en -mente non levan acento gráfico, xa que son palabras graves
rematadas en vogal e este tipo de palabras non o leva:

practicamente, habilmente.

Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas:

Riotorto, fervellasverzas, vichelocrego

Os latinismos e as palabras estranxeiras, aínda que non estean plenamente


adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación xerais:

béisbol, álbum, médium, bádminton

Os pronomes interrogativos e exclamativos, directos ou indirectos, non levan


acento gráfico, agás nos casos en que poida haber dúbida:

Como estás hoxe?

Cómo como os chícharos?

Os monosílabos, por regla xeral, non levan acento gráfico:

El foi á praia.

Escoita e le:

31
Palabras sen por que

Devagar vas xuntando estas palabras.


Letra tras letra, sílaba tras sílaba,
pousas os ollos sobre cada liña,
en cada verso. Eu só pretendo que abras

dentro de ti unha porta prodixiosa,


esa porta aberta de par en par
ás estrelas que brillan máis alá
da túa imaxinación, á marabillosa

praia onde o vento peitea as ondas,


que te abraies fronte a unha árbore
como se a ollases por primeira vez.

Douche as palabras para que as escondas,


ben gardadiñas, onde ninguén sabe.
Palabras que son nubes, sen por que.

Santiago Freire, Do revés. Poemas para nenos, Morgante, 2011.

Actividades

1. Recitade en voz alta como na gravación. Facede unha posta en común e debatide
o tema do poema.

32
Escribe este texto e pon os acentos gráficos que faltan.
2.

Na cociña de Beliña ulia moi ben. A Serafina gustaballe moito estar ali,
pois a nai de Milo sempre poñia flores enriba da mesa. No armario non
habia ningun prato igual co outro, as cuncas eran de cores
rechamantes e os libros de cociña numerosos. Enriba da mesa os botes
sobordaban de cafe, azucre e cacao, e as paredes estaban cheas de
cousas, como tixolas, testos de tarteiras, e mesmo unha pintura de Milo
cando era pequeno. A Serafina encantaballe aquela desorde aparente,
aquela cociña que era como outro refuxio no que sempre ulia a pastel.
Pero a rapaza sentiase cansa, e mantiña a mirada fixa na mesa pois non
podia evitar pensar en Celerifera e en todo o que dicia a xente da vila.

Teresa González Costa, A filla do ladrón de bicicletas, Xerais, 2010.

3. Ponlle un final ao texto da actividade anterior e inclúe tres palabras


graves, dúas agudas e unha esdrúxula.

4. De todas estas palabras do texto di cales son as graves.

devagar verso palabras

33
sílaba só prodixiosa

alá marabillosa

imaxinación nubes árbore

5. Clasifica estas palabras en agudas, graves e esdrúxulas colocándoas no


cadro.

34
Aguda Grave Esdrúxula

Estrepitoso

Cru

Sutilmente

Chinés

Maléfico

Útil

Técnico

Rigor

Páxina

Hipopótamo

Himno

Irmá

35
Expres
Recitar poesía

Hai guitarras que rouban


tristes prantos de amor.
Son guitarras que berran.
Son guitarras de rock.
Con salaios agudos,
con lamentos sen voz
din palabras sen letras
as guitarras que aluman
pentagramas sen sol.
Fan que os soños existan.
Joe Strummer (The
Son guitarras de rock. Clash).

Antonio García Teijeiro, Recendos de aire sonoro, Xerais, 2011.

Para recitar é preciso falar claro, forte e facelo con expresividade segundo o tema
exposto no poema. A voz debe ter o volume necesario para que nos escoiten ben, con
claridade, coa velocidade lectora suficiente, con ritmo e con énfase.

Antes de recitarmos, temos que ler ou memorizar o poema (mellor se o


memorizamos e ensaiamos varias veces) pronunciando cada palabra. Hai que
procurar non mirar o público, para evitarmos nerviosismos e distraccións. Debemos
pronunciar os versos co sentimento axeitado e procurando non ser excesivamente
dramáticos, con naturalidade, pero sen darmos a sensación de estarmos a ler un
prospecto. Recitar é sentir.

36
Repara
Cando esteamos ante un poema e queiramos amosar vitoria, raiba, ledicia, dar ordes, expresar
dor extrema, perda... empregaremos unha entoación alta; subiremos a voz.

Se quixermos narrar, describir ou conversar?, daquela empregaremos unha entoación media


ou recitaremos nun ton normal.

Se quixermos expresar melancolía, desesperación, sobrecollemento, reverencia, tenrura etc.


empregaremos unha entoación baixa ou recitaremos con voz baixa.

Actividades

1. Recitade en voz alta aplicando o que acabades de ler. Organizade un concurso e


constituíde un xurado para decidir quen o fai mellor.

2. Amplía os teus coñecementos. The Clash foi un grupo de punk moi importante,
Joe Strummer foi o seu vocalista. Buscade na rede unha canción en galego que
vos guste e que teña letra. Recitade a letra da canción.

37
Pintar versos I. Compón un poema
sobre un obxecto, unha cousa,
unha cor...
Para compor un poema debemos ter claro primeiro sobre que cousa, animal,
sentimento ou cor queremos escribir. Despois debemos deixarnos levar, sentir aquilo
sobre o que imos escribir, buscaremos vocabulario e intentaremos transmitir
as imaxes que nos veñan á cabeza sobre ese tema.

Lembra que para referíreste aos obxectos ou ás cousas que estás a describir podes
comparalos con obxectos similares ou construír metáforas.

amarelo-sol no alto do ceo

Amarelo

Dourado pétalo
do sol.
Brillante lasca
do mediodía. Esvaeces
entre os meus dedos
en viva luz.

Vermello

Salgado sangue:
Bolboreta vermella.
Voas nas veas.

Santiago Freire, Martingadas. Poemas para nenos, Morgante, 2010.

38
Actividades

3. Recitade en voz alta os dous poemas, tendo en conta os consellos que recibistes.

4. Seguindo este modelo, ou outro, elaborade entre todos no encerado un poema


parecido.

39
Un reto antes de continuar
Faremos un sorteo en que elixiremos un alumno. Ese alumno deberá empregar calquera destas
fórmulas para pandar entre os demais compañeiros. Que fórmulas?

Ao que lle toque deberá dicir unha palabra aguda, outra grave e outra esdrúxula (non vale
repetir palabras). Unha vez as diga, repetirá a acción cos seus compañeiros.

RABO DE COCHA,
Rabo de besta,
Dixo meu pai
Que estaba nesta.

LEVITA, LEVITÓN,
tres pitas e un capón.
O capón estaba morto
e as galiñas no horto.
Tris, tras,
cabaleiro,
fóra estás.

LATA, LATA,
á redonda,
ao que lle toque
que se esconda...

Palmira G. Boullosa, Quen panda?, Galaxia, 1987.

40
Ao pec
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre os sinónimos e os


antónimos? Agardar ten o mesmo significado que esperar? Queimas a lingua
cando algo está quente ou cando algo está frío?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei distinguir un texto en verso dun


texto en prosa? Se me recitan un poema ante que estou, verso ou prosa? Se
leo un texto que ocupa por completo varias liñas, ante que tipo de texto
estou?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que tipos de substantivos existen? A


palabra libro é un substantivo? Sei como sería o seu plural? Podo dicir
se flor ten o mesmo xénero que libro?

41
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Coñezo as regras de acentuación das
palabras? Macarrón é esdrúxula, grave ou aguda? Levan acento gráfico os
monosílabos?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Teño claro como debo entoar para
recitar poesía? Que pasos debo seguir para compor un poema?

Avalíate
42
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superares cada actividade.

6. Relaciona cada palabra co seu sinónimo.

esperar desbaldir

malgastar tépedo

rexo agardar

morno robusto

7. Relaciona cada palabra co seu antónimo.

maduro distante

próximo activo

estático verde

pasivo dinámico

8. Clasifica os substantivos en comúns, propios, concretos, abstractos,


individuais, colectivos, contables e non contables.

nostalxia

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

43
estalote

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

colmea

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

rabaño

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

Irene

comú concr indivi conta


n eto dual ble

non
propi abstr colect
conta
o acto ivo
ble

9. A que xénero pertence o seguinte texto?

44
Tras unha breve cabezada despois de
xantar, ás catro e media marchou para
o traballo. Non precisaba apresurarse,
aínda que faltaba máis dunha hora para
que a sala abrise as portas. Con todo,
desta vez apurou a súa marcha;
desexaba comentar a carta cos
compañeiros, se cadra tamén eles
recibiran outra igual.
Agustín
Fernández Paz,
Fantasmas de
luz, Xerais,
2011.

narrativa

teatro

poesía

10. A que xénero pertence o seguinte texto?

ANTÍA:
Temos que poñernos en contacto con
Antón para comprabar a situación no
Salnés.

ROI:
Escoitas? Hai unha edición especial do
telexornal, a ver que nos din os
extraterrestres esta vez. (Proxectada no
fondo do escenario vemos a pantalla da
televisión)

MARCIANO:
Estamos moi tristeiros.

MARCIANO 2-3:
Carlos
Moi tristeiros!
Labraña, A
fraga das
árbores das

45
palabras, Edicións
Embora, 2013.

narrativa

teatro

poesía

11. A que xénero pertence o seguinte texto?

A bruxa,
ten ollos de bruxa,
e, de compañeira,
ten unha curuxa.
A bruxa Feluxa,
voando debuxa,
polo alto ceo,
unha garatuxa! Ana María
Fernández, A
casa de había
unha vez,
Xerais, 2001.

narrativa

teatro

poesía

12. Selecciona o plural correcto dos seguintes substantivos.

1. irmán

2. difícil

3. baúl

46
4. cartafol

5. tórax

13. Escribe o feminino dos seguintes substantivos.

1. tecelán

2. patrón

3. actor

4. xenro

5. campión

6. avó

14. Indica cales destas palabras son graves.

armario

hipotético

galego

nugallá

cru

canso

47
Reforza

15. Relaciona cada palabra co seu sinónimo.

esvarar feliz

sinxelo escorregar

alegre submiso

dócil fácil

16. Indica que tipo de palabras son as seguintes.

1. cardume

2. sutil

3. amodo

4. constituíu

5. de

6. mariña

17. Escribe o feminino dos seguintes substantivos.

1. papón 5. tsar

2. insán 6. xudeu

3. galo 7. ateo

4. duque 8. león

48
Amplía

18. Elabora un texto de entre cincuenta e oitenta palabras no que empregues polo
menos dous sinónimos e dous antónimos. Ademais deberás empregar dous
substantivos en feminino e tres palabras esdrúxulas. Lembra que debes cumprir
todos os requisitos e non debes estenderte máis alá da cantidade de palabras
que se che pide nin quedar curto.

Galería de imaxes

49
50
51
52
53
54
Vocabulario

Abraiar
Vbo. Crear sorpresa ou admiración.

Alcontrar
Encontrar. Vbo. Dar con algo ou con alguén, atopar.

Amodo

Adv. Sen présa, lentamente.

Banalizar
Vbo. Converter algo en superficial ou pouco importante.
55
Vbo. Converter algo en superficial ou pouco importante.

Breve
Adx. De corta duración ou extensión.

Devagar
Adv. Sen présa, lentamente.

Estragar
Vbo. Deteriorar ou botar a perder unha cousa.

Extenso
Adx. De moita duración ou extensión.

Maino
Adx. Suave, brando.

Mona
Subs. Persoa que fai o mono ou monadas.

Salaio

Subs. Choro que vai acompañado de suspiros e queixumes.

56
Popup Docs
O verbo e as conxugacións

Normas ortográficas

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-

galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

57
Coordinadora Galega de Equipos de normalización e
dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Ramón Cabanillas Enriquez


http://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Cabanillas

María Canosa Blanco


http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Canosa

Ana María Fernández


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=200402

Xoán Neira López


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100042340

Santiago Freire Cordeiro


https://www.todostuslibros.com/autor/freire-cordeiro-santiago

Antonio García Teijeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Garc%C3%ADa_Teijeiro

Taeeun Yoo
https://www.kalandraka.com/

Antonio Yañez Casal


http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Y%C3%A1%C3%B1ez_Casal

Carlos Labraña
http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Labra%C3%B1a

58
Agustín Fernández Paz
http://gl.wikipedia.org/wiki/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz

The Clash
http://gl.wikipedia.org/wiki/The_Clash

Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

59
3. Crinas ao vento

1
Para comezar
Saberías dicir se «cabalo» é unha palabra monosémica ou polisémica?

Atréveste a medir un verso? Que prefires, arte maior ou arte menor?

No enunciado «a casa materna», que tipo de palabra é «a»? A que palabras


acompaña?

A palabra «María» presenta un hiato ou un ditongo? Por que non lle poñemos
acento gráfico á palabra «amou»?

Crinas ao vento
Os cabalos

Galopan os cabalos no monte


e as crinas ondean ao vento.
Libres, esveltos, elegantes.

Rinchan os cabalos no curro


e os poldros apértanse á grea.
Áxiles, nerviosos, elegantes.

Corren os cabalos no hipódromo


e os xinetes suxeitan as rendas.
Potentes, veloces, elegantes.

Lévame cabalo bulideiro


coñecer o mundo enteiro.

(...)

Xoán Neira, Farrapos de nube,


Baía Edicións, 2007.

2
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Gústavos a chuvia?

Que se pode facer un día de chuvia? Que cae cando neva?

Escoita e le:

A chuvia
Pingas precipitándose desde as alturas
Nacidas do ventre das nubes
Para apagar todas as securas.

Chuvia que repenica nos tellados,


Galopa na treboada
Ou gorgolexa nos canos.

3
Chuvia que peta nos cristais,
Escorrega polas montañas
Ou abre os mananciais.

Chuvia que canta na carballeira,


Murmura nos agros
Ou silenciosa orballeira.

Chuvia que sementa arrecendos


Na terra acabada de mollar
Ou viaxa nas ás do vento.

Chuvia que pinga o ceo de gris,


As raiolas de colores
E os soños chafarís.

Chuvia en charcos ou pozas


Para mollarmos os pés,
Con zapatos ou con botas.

Xoán Neira,
Farrapos de
nube, Baía
Edicións,
2007.

4
Repara
A chuvia forte pode denominarse arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina,
chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina.

A chuvia feble pode denominarse tamén babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa,
barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira,
marmaña, mollaparvos, mera, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poalla,
poallada, poalleira, poallo, zarzallo.

Comprensión lectora

1. Recita o poema en voz alta.

2. En grupos, falade do que acabades de ler. Primeiro responde estas


preguntas que vos poden axudar:

De onde se di no poema que nace a chuvia? É así realmente?

Que se quere transmitir cando se di que a chuvia galopa na


treboada?

E coa expresión é silenciosa na orballeira, a que se refire a voz


poética?

Ao longo do poema hai unha cousa á que se lle atribúen


calidades humanas, é dicir, estamos diante dunha
5
personificación. Que é o que se personifica e como?

Que é un pluviómetro?

3. Reforza os teus coñecementos sobre os verbos. Sinala os verbos que


contén o poema e clasifícaos segundo a súa conxugación.

4. Indica cales son as palabras que levan sufixos ou prefixos.

previsible desatar

presa desde

pé reutilizar

impresentable reto

5. Une estes prefixos ás palabras correspondentes para crear palabras


novas.

6
hiper- hábil

des- marino

pre- mercado

sub- prestixio

in- establecido

6. No teu caderno constrúe unha historia arredor da chuvia e ilústraa despois.


A redacción que fagas non pode ter máis de 50 palabras.

Repara
Nas palabras podemos distinguir lexemas e morfemas.

(lexema + morfema flexivo de xénero masculino e número singular)

Os lexemas son as unidades menores das palabras que achegan significado. Os lexemas non
varían.

Os morfemas son aquelas unidades que serven para modificar e crear palabras novas. Hai
morfemas flexivos, que son aqueles que achegan xénero e número, e os derivativos, que son
os morfemas que empregamos para crear palabras novas. Os morfemas derivativos poden ser
prefixos ou sufixos.

7
Un reto antes de continuar
Buscade unha palabra polisémica que se agocha no poema e que designa algo que este libro
dixital non ten.

A vasoira do vento
é tan delgada
que entra como unha agulla
polas regañas.

Carrea a folla,
tira as castañas,
peitea as xestas
varexa as landras,
revira o fume
acende as brasas,
arrastra as nubes,
azouta as casas...

A vasoira do vento
é tan delgada
que as bruxas non a queren
para ir montadas.

Helena Villar Janeiro,


As señoras cousas, Galaxia, 2014.

8
Vocabu
Vocabulario
Palabras polisémicas
As palabras son sons que se agrupan e aos que lles damos un significado. Segundo
ese significado fan referencia a cousas, animais ou obxectos; expresan accións;
manifestan estados ou atribúen calidades etc.

Como xa vimos, se dúas palabras son iguais nos seus significados, isto é, se son
intercambiables, falamos de sinónimos; se hai unha relación de oposición, falamos de
antónimos.

Se unha palabra pode presentar varios significados, dependendo do contexto onde


apareza, daquela dáse un caso de polisemia. Pola contra, as palabras monosémicas
son aquelas que na súa definición presentan un único significado.

Unha palabra polisémica aparece no dicionario nunha soa entrada e con distintas
acepcións numeradas.

Definicións extraídas do DRAG

9
Repara
Hai moitas palabras que ao longo do tempo sufriron variacións no seu significado. Este
fenómeno chámase cambio semántico. Cando se produce un cambio de significado, a palabra
adquire un novo que adoita ser distinto ao que tiña en orixe.

Este cambio pode producirse por razóns lingüísticas: xamais era antigamente ja mais e logo
adquiriu o valor de 'nunca', ou por razóns extralingüísticas: co paso do tempo cámbiase o
significado da palabra, adquirindo novas acepcións, como en pluma (estilográfica), coche
(orixinariamente de cabalos) ou rato (novo uso para referirse ao dispositivo periférico do
ordenador).

Escoita e le:

10
Unha bandada de paxaros atravesou veloz o ceo. Nola, entre desconcertada e turbada,
levantou a cabeza para observalos.

A revelación do marido de Nadine fixéraa estremecer. As palabras daquel home


quedaran aboiando no aire, tinxindo o ambiente de inquietude.

—Envelenándoos? A quen? —dixo de repente ela—. Supoño que a ningurenses, como


a súa muller. Pero... non pode ser! Por que pensa iso? Quen querería facer algo así?

—Desde que empezamos a xantar no comedor social, a nosa saúde foi empeorando
cada vez máis —explicou el—. Dores de barriga e mareos. E tamén episodios de
desorientación... Un día aparecín na outra punta da cidade. E xuro que non sei como
cheguei alí. A Nadine pasáballe o mesmo de cando en vez. De feito, non tiña ningún
motivo para ir onde a atoparon morta... Onte notei que estaba moi rara. E non somos
os únicos! Máis xente que vai ao comedor social ten os mesmos síntomas... Pero o
peor é que todos os mortos que apareceron nas últimas semanas tamén adoitaban
comer alí.

Pereledi, Mortos de Ningures, Everest, 2011.

11
Actividades

1. Le o texto en alto e responde as seguintes cuestións

Sabes o que é un comedor social? E unha ONG?

Por que pensas que a xente pode precisar comer nos


comedores sociais?

É xusto que as persoas ricas teñan moitos cartos e as pobres


ningún?

Sabes o que é a crise? Escoitaches falar dos 'sen teito'?

Que di o marido de Nadine que sucede nos comedores sociais?

Que é o paro?

2. Escribide un final para a lectura do apartado. Podes inspirarte


nalgunha película que viras, nun conto, nalgunha experiencia...
Emprega a túa imaxinación!

12
3. No texto aparece a palabra bandada, que é un conxunto de aves.
Relaciona os seguintes conxuntos de animais.

cardume abella

rabaño cabalo

grea can

manda peixe

enxame ovella

4. Sinala cales destas palabras son polisémicas.

manta

enxame

bagazo

garfo

5. Relaciona as palabras antónimas.

13
frío gordo

mollado doce

fraco baixo

alto enxoito

agre quente

6. Ampliade o voso coñecemento do desemprego e traballade en grupo.


Levade varios xornais do día á aula e buscade noticias relacionadas co
desemprego. Reflexionade sobre este tema e sobre o uso da lingua. Que
noticias adoitan estar en galego? Que seccións? Canto espazo se lle dedica
nos xornais á nosa lingua?

14
Literatu
Literatura
A poesía (I). A métrica e a medida
dos versos. Tipos de versos
A poesía é o xénero literario que emprega o ritmo (grazas ao uso do verso), a
harmonía e a imaxe para provocar unha reacción no receptor.

Os poemas son composicións en que se expresan ideas e sentimentos mediante


versos e estrofas.

A estrofa é un conxunto de versos. O verso é cada unha das liñas que compoñen o
poema, o cal adoita estar formado por varias estrofas ou versos agrupados.

A métrica consiste en medir os versos, contando o número de sílabas de cada un


15
deles en todo o poema.

Cando os versos teñen oito sílabas ou menos, trátase de poemas de arte menor; se,
polo contrario, "miden" máis de oito sílabas, tratarase de poemas de arte maior.

Os poemas de arte menor poden ser, segundo o seu número de sílabas: bisílabos (2
sílabas), trisílabos (3 sílabas), tetrasílabos (4 sílabas), pentasílabos (5 sílabas),
hexasílabos (6 sílabas), heptasílabos (7 sílabas) ou octosílabos (8 sílabas).

Os poemas de arte maior poden ser, polo seu número de sílabas: eneasílabos (9
sílabas), decasílabos (10 sílabas), hendecasílabos (11 sílabas), dodecasílabos (12
sílabas), tridecasílabos (13 sílabas) ou alexandrinos (14 sílabas).

Para contarmos as sílabas temos que ter en conta estas regras:

Se a palabra final do verso é aguda, contaremos unha sílaba máis no dito


verso.

Se a palabra final do verso é esdrúxula, contaremos unha sílaba menos.

Cando, no interior do verso, unha palabra remata por vogal e a seguinte


tamén comeza por vogal ou por hache prodúcese o que chamamos sinalefa,
que é a unión das dúas sílabas, contándose como unha soa:

Actividades

1. Copia estes versos no teu caderno, mide os versos e sinala cantas


estrofas ten.

Unhas pombas no tellado


latricaban este inverno.

16
Inverniño de xeadas
Inverniño lambeteiro
Inverniño engaiolante
Inverniño meiguiceiro.

As pombiñas no tellado
latricaban sen parar.
Un ventiño que cortaba
obrigounas a voar.

Antonio García Teijeiro, As catro estacións, Galaxia, 2011.

2. Relaciona cada verso co seu número de sílabas.

Vanse heptasílabo

As casas son de cuncha octasílabo

Teño unha curmá pequena decasílabo

Que a mañanciña xa nos acena bisílabo

3. Identifica as palabras agudas.

cadeira

espazo

cancións

arquitecto

17
café

4. Clasifica estas palabras segundo o número de sílabas que posúen.

gardaba

equipaxe

espazo

can

peza

paspallás

18
Gramá
Gramática
Os determinantes
Os determinantes son palabras que acompañan o substantivo e carecen de significado
propio. Adoitan concordar coas palabras ás que acompañan.

Existen distintos tipos de determinantes: artigos, demostrativos, posesivos,


numerais e indefinidos.

  Artigo determinado Artigo indeterminado

Singular Plural Singular Plural

Masculino o os un uns

Feminino a as unha unhas

O artigo determinado acompaña un substantivo que coñecemos ou que


queremos destacar entre os demais. As súas formas son o, a, os e as.

O artigo indeterminado acompaña un substantivo que non coñecemos ou


impreciso: un, unha, uns e unhas.

Os determinantes demostrativos

Singular Plural

Masculino este ese aquel estes eses aqueles

Feminino esta esa aquela estas esas aquelas

Neutro isto iso aquilo - - -

Os demostrativos indican proximidade ou afastamento respecto da persoa que fala.


Acompañan un substantivo, porque cando van sós a súa función cambia e actúan

19
como pronomes. Con respecto ao espazo ao que fan referencia, os determinantes
demostrativos poden estar máis ou menos próximos: preto (esta árbore), na media
distancia (esa árbore) ou lonxe (aquela árbore).

Os determinantes posesivos

Posuidor Singular Plural

Masculino Feminino Masculino Feminino

1ª persoa meu miña meus miñas

Un posuidor 2ª persoa teu túa teus túas

3ª persoa seu súa seus súas

1ª persoa noso nosa nosos nosas


Varios
2ª persoa voso vosa vosos vosas
posuidores
3ª persoa seu súa seus súas

Os determinantes posesivos acompañan un substantivo. Tamén poden funcionar


como un pronome, se o substitúen. Estes determinantes indican posesión ou pertenza
dun obxecto, calidade etc. a alguén.

As estruturas que inclúen os determinantes posesivos adoitan presentar os seguintes


elementos: artigo + posesivo + substantivo.

o seu móbil / as nosas teimas

Os determinantes indefinidos e
numerais
Os determinantes indefinidos fan referencia a unha cantidade de maneira imprecisa
ou indeterminada. Acompañan o substantivo e tamén poden exercer de pronomes,
se van sós.

Existen determinantes indefinidos variables, que son aqueles que teñen xénero e
número (singular–plural e masculino–feminino):

20
algún-algunha(s)

moito-moita(s)

certo-certa(s)

todo-toda(s)

bastante(s)

ningún-ningunha(s)

pouco-pouca(s)

outro-outra(s)

demasiado-demasiada(s)

E tamén existen determinantes indefinidos invariables:

cada, calquera, máis, menos, demais

Os determinantes numerais expresan cantidade. Poden funcionar como todos os


determinantes ou como pronomes. Poden ser ordinais ou cardinais.

Os ordinais indican orde na súa colocación ou dentro dun grupo: primeiro,


segundo, terceiro, cuarto andar...

Os determinantes cardinais informan sobre a cantidade exacta de


elementos:

un, dous, tres, catro, cinco cafés…

Repara
Os determinantes cardinais, a partir de vinte, escríbense separados:

vinte e un, trinta e tres...

21
Escoita e le:

Lolo miañaba dun xeito moi estraño. Nola decatouse de que estaba tan inquedo como
a noite que foron de pescuda polo hospital e non puideran entrar na sala de autopsias.
Daquela revisou o pano da man con detemento e, aínda que se atopaba cansa ata
para pensar, empezou a atar cabos.

—Non pode ser posible? —escapóuselle entre dentes.

—Que pasou logo? —comentou o comisario.

—O forense —balbuciu ela.

Precisamente, o médico viña cara a eles.

—Marchades? —dixo pletórico, mirando o seu reloxo—. Pero se aínda é cedo! Queda
moita noite por diante.

—Nola non se atopa ben —contestoulle o comisario—. Está algo mareada.

—Vaia cara tes! —dixo o forense mirando para ela—. Nin que viras unha pantasma.

Pereledi, Mortos de Ningures, Everest, 2011.

22
Actividades

1. Lede en voz alta e contestade:

Cantos determinantes hai no texto? Cantos son artigos


determinados e cantos indeterminados?

Por que o gato miañaba de forma estraña?

Que quere dicir a expresión empezou a atar cabos?

2. Ditado. Escoitade o fragmento anterior e copiádeo nos vosos cadernos.


Revisade a ortografía unha vez rematedes de facelo e compartide as
dúbidas cos vosos compañeiros.

23
3. Copia este texto no teu caderno e substitúe o artigo determinado polo
artigo indeterminado.

Pechou a porta e baixou a persiana do cuarto. A rapaza de


cabelo longo e as uñas pintadas de vermello estaba a mirar a
televisión. Non se movía, permanecía horas e horas alí sentada.
Ás veces erguíase para mirar desde a fiestra e ver se chovía.

4. Sinala cales das seguintes palabras son determinantes posesivos.

teu

alguén

dicir

noso

24
unhas

5. Os gatos miañan. Que fan estes animais?

chirlar

bruar

bear

rinchar

ouvear

25
Un reto antes de continuar
Alguén soprou tan forte que desordenou as letras destas palabras. Dámosche unha pista para
que as ordenes e descubras as palabras que buscamos.

Aire atmosférico en movemento.

É un establecemento público, de propiedade privada ou do Estado, onde se imparte


calquera tipo de ensinanzas e, en particular, é un centro de ensino primario.

Cada unha das dúas partes saíntes a ambos os lados do corpo humano, debaixo da
cintura, formadas polos ósos superiores da pelve.

26
27
Ortogr
Ortografía
Ditongo e hiato
As vogais en galego, do punto de vista da pronunciación, son sete.

/a/ /ɛ/ /e/ /i/ /ɔ/ /o/ /u/

Desas vogais, as fortes son a, ɛ, e, ɔ, o, e as débiles son i e u.

Ao encontrarse dúas vogais, unha forte e unha débil ou dúas débiles, nunha mesma sílaba,
fórmase un ditongo, sempre que a vogal forte sexa a tónica:

pasteleiro

Existen ditongos crecentes e decrecentes.

Cando a primeira vogal que conforma a sílaba é débil temos un caso de


ditongo crecente:

maio, maxia, barrio, ambiguo, suave

Cando a primeira vogal que conforma a sílaba é forte trátase dun ditongo
decrecente:

loito, pouco, cairo

Cando as dúas vogais na sílaba son débiles prodúcese unditongo


homoxéneo:

28
seguiu, puiderades

As palabras que rematan en ditongo decrecente non levan acento gráfico cando
teñen como último elemento as vogais débiles i ou u...

amou, ademais

...agás cando a palabra é grave, caso dos plurais dos adxectivos terminados en-bel e
algúns estranxeirismos:

amábeis, notábeis, hóckey, jóckey

Nos demais casos, os ditongos acentúanse graficamente seguindo as normas


xerais de acentuación.

Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato. O hiato
prodúcese tamén cando se dá o encontro de dúas vogais fortes.

marea, loable, moeda

As vogais i, u tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou


despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas
distintas e que, polo tanto, non forman ditongo.

aínda, baúl, caída, constituíu, egoísmo, miúdo, prexuízo, raíz, ruído, saír, túa, traía

As vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre elas e outra vogal
aparece o grafema h:

prohibo, cohiben

29
Lembra
Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato.

raíña

Cando se unen dúas vogais nunha mesma sílaba fórmase un ditongo.

loito

Cando se unen tres vogais nunha soa sílaba fórmase un tritongo:

cambiou

Escoita e le:

A neve

Caen as frías folerpas


detrás dos cristais da escola,
un manto branco cobre o chan.
Lembranzas de xogos da infancia!

Entre farrapos de nube,


un brillante resplandor

30
pinta o riso dun boneco.
Gozosos xogos da infancia!

Regreso aterecido
á caloriña da casa
polos carreiros ocultos.
Pegadas de xogos da infancia!

Pola mañá, cando escampe,


as mornas raiolas do día
borrarán camiños de azucre.
Perdidos xogos da infancia!

Un soño branquísimo
derreteuse entre as mans!

Xoán Neira,
Farrapos de
nube, Baía
Edicións,
2007.

Actividades

1. Recitade en voz alta como na gravación. De que fala o poema? Que é o


que se repite?

31
2. Escribide dúas palabras con ditongo, tres con hiato e outra con
tritongo.

3. Indica se as seguintes palabras presentan un ditongo ou un hiato.

cristais

infancia
32
día

ameixa

vasoira

4. Marca as palabras que non presentan hiato.

poeta

amou

puido

saír

baúl

5. Reforza os teus coñecementos e relaciona estes termos.

ditongo crecente amou

ditongo decrecente cambiei

ditongo homoxéneo armario

hiato puido

tritongo poeta

33
Expres
Expresión oral e escrita
Investigar a escena dun crime
Escoita e le:

O salón do amigo do alcalde estaba suntuosamente amoblado: todo o mobiliario era


ostentoso de máis. Nas paredes notábase que os ladróns levaran os cadros.

Sentados nun enorme sofá de pel, Nola e o home falaban sobre oincidente que se
producira a pasada noite.

—Ten unha casa moi grande.

—Grazas, inspectora. É unha mágoa que xente como os ningurenses quebranten a


nosa paz. Apetécelle un café? Nesta casa sérvese en porcelana chinesa. O sabor é
exquisito.

34
"Este tipo é un estirado", pensou Nola.

—Si, grazas. Un café sempre entra —disimulou—.

—Nadine! —dixo o amigo do alcalde con ton autoritario.

Case de xeito inmediato, a serventa da casa apareceu no salón. Unha ningurense con
aspecto triste vestida de uniforme branco e negro.

—Por favor, sirve dúas cuncas de café —ordenoulle.

A muller fixo un levísimo aceno baixando a cabeza e desapareceu silenciosa.

—De que estabamos falando? —preguntou o home facendo memoria—.

Pereledi, Mortos de Ningures, Everest, 2011.

Para investigarmos un crime debemos saber que tipo de crime se cometeu, cal foi a
vítima, as causas dese crime e en que espazo físico se cometeu. Para isto, teremos
que describir o que vemos fixándonos ben nos elementos que conforman esa escena.

35
Para facer unha boa descrición, hai que empregar un léxico preciso e situar
espacialmente os elementos que compoñen a dita escena. Podemos describir tamén a
vítima, de habela, ou os obxectos roubados.

Antes de escribir, temos que facer un guión, pensar o que imos escribir, ordenar os
feitos e lelo todo unha vez o teñamos escrito.

Actividades

1. Imos traballar en grupo e recrear un crime. Dividide a aula en dous grupos.


O primeiro grupo ten que escoller a escena dun crime, poñela por escrito e
prepararse para as preguntas que lle faga o segundo grupo. O segundo
grupo preparará preguntas sen nomear os escenarios e adiviñará onde foi
cometido o dito crime e as características da persoa asasinada ou da cousa
que se roubou.

Exemplo

Trátase dun lugar onde se venden froitas?

Ao lado de que caixa de froita apareceu o corpo?

Cantas persoas traballan na froitaría? Quen foi a última persoa en ver a vítima con vida?

2. Lede en voz alta o texto e poñédelle un final á historia en menos de 50


palabras.

36
Facer unha enquisa

Unha enquisa, tal como define o dicionario da Real Academia Galega, é unha pregunta ou
conxunto de preguntas que se fan a un número determinado de persoas para coñecer a
opinión xeral sobre un asunto ou para ter datos sobre algún fenómeno.

As enquisas son moi útiles para coñecer o "mercado": o que lle gusta á xente, cales
son os seus hábitos de consumo ou de ocio etc.

Para realizar unha boa enquisa debemos escoller moi ben as preguntas que
queremos facer, segundo o tema que nos interese estudar, xa que así obteremos
unha mellor resposta e tamén será máis produtiva.

Na enquisa debemos ofrecerlle á persoa que lle preguntamos como mínimo dúas
opcións e como máximo cinco.

A persoa que realiza a enquisa é a enquisadora e a persoa que responde a enquisa é


a enquisada.

Tamén debemos escribir de maneira clara e directa a pregunta (ou preguntas).

37
Repara
Os signos de interrogación e exclamación en galego adoitan colocarse só ao final da pregunta
ou da exclamación.

Gañamos!

Cantos anos tes?

38
Actividades

3. Elixide un destes temas e facede unha enquisa entre os compañeiros da vosa


aula cun mínimo de sete preguntas.

Fútbol

Lingua

Música

Literatura

Cine

4. Realizade unha enquisa entre a xente maior que vos rodea sobre cal é a súa
lingua materna. A enquisa deberá incluír un mínimo de cinco persoas na
sondaxe e debedes ter en conta a que ámbito pertence cada persoa: rural ou
urbano.

Reto final
Un abecegrama é unha oración que se compón de palabras que seguen a orde do alfabeto.

Quen de vós é capaz de facer a oración máis longa con sentido?

Exemplo: Antonte busquei caixas douradas espaciosas...

39
40
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Sei recoñecer unha palabra polisémica? Sei cantos significados ten a


palabra 'banco'?

2. Sei distinguir un texto en verso dun texto en prosa? Se me recitan un


poema, sei se se trata de verso ou de prosa? Se leo un texto que ocupa
varias liñas só parcialmente e se agrupa en pequenos bloques, sei que
tipo de texto pode ser?

3. Aprendín que son os determinantes? Sei cantos tipos hai?

41
4. Podo distinguir un ditongo dun hiato? Sei se a palabra 'María' presenta
un hiato ou un ditongo? Sei cantas sílabas ten un tritongo?

5. Sei como realizar unha enquisa?

6. Coñezo os elementos que preciso ter en conta na investigación dun


crime?

42
Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superar cada actividade.

7. Que palabras son polisémicas?

banco

misa

garfo

xeado

8. Relaciona cada palabra co seu antónimo.

próximo pícaro

artificial afastado

cándido nugallán

43
traballador natural

9. Relaciona os seguintes versos coa palabra que indica a súa medida.

Ollos vivos octosílabo

Cunha guitarra na tetrasílabo


man

Viva! heptasílabo

Os paxaros que se bisílabo


pousan

10. Nestes versos pódese realizar unha sinalefa. Escolle en cal.

O mar ten cabeleira.

O mar é presumido.

Mar de escuma e de prata.

Mar teimudo preguiceiro.

11. Indica cal destas palabras é o determinante demostrativo.

case

nunca

este

meu

44
12. Cal destas palabras presenta un hiato?

ademais

papeis

souto

océano

oito

13. Indica cales destas palabras presentan un ditongo.

real

industria

muíño

diálogo

Reforza

14. Cal destas palabras non é polisémica?

espiña

remo

45
leira

culler

15. Indica cal destas palabras non é un determinante.

este

aquel

nunca

meu

nosa

16. Le este verso e sinala de que tipo é segundo a súa métrica.

Un bico de cores

octosílabo tetrasílabo heptasílabo

monosílabo hexasílabo

46
17. En cales destas palabras hai un ditongo?

caixa

raíña

xuízo

embaixada

Amplía

18. Cres nas lendas? Investiga sobre algunha lenda, confecciona unha ficha
sobre o lugar ou lugares onde sucede, quen é o seu protagonista e que
acontece nela. Para axudarte, podes botar man desta web.

Ficha

Nome da lenda

Lugar onde sucede a lenda

Protagonista(s) da lenda

Explicación da lenda

47
Title popup

48
49
50
51
52
Vocabulario

53
Aceno
Subs. Xesto que se fai co obxectivo de expresar algo sen palabras.

Arrecendo
Subs. Bo olor, cheiro agradable.

Aterecer
Vbo. Ficar ríxido ou insensible a causa do frío.

Balbucir
Vbo. Falar con dificultade, repetindo ou cortando sílabas.

Desorientación
Subs. Falta de determinación do lugar ou da posición en que alguén se atopa con
respecto aos puntos cardinais ou a outro punto calquera de referencia.

Escampar
Vbo. Deixar de chover.

Exquisito
Adx. De sabor moi agradable.

Miañar
Vbo. Facer o gato o seu son característico.

Turbado
Adx. Fóra de xuízo, transtornado.

54
Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-

galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de normalización y


dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Xoán Neira López


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100042340

Helena Villar Janeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Helena_Villar_Janeiro
55
http://gl.wikipedia.org/wiki/Helena_Villar_Janeiro

Antonio García Teijeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Garc%C3%ADa_Teijeiro

ONG Galega
http://implicadas.net/

Praza pública
http://praza.gal/

Sermos galiza
http://www.sermosgaliza.gal/

Galicia confidencial
http://www.galiciaconfidencial.com/

56
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

57
4. Rimar sen parar!

Para comezar
Que diferenzas aprecias nas palabras valor e balor? Que tipo de palabras son?

Se algo é chulísimo, que grao presenta o adxectivo?

Se vas polo monte e atopas un óso, que é o que encontras?

Sabes como se xoga cunha buxaina?

Rimar sen parar!


Un caramelo de menta, unha mentiriña, unha palabra desaparecida... O rei Baltasar queda
durmido no sofá da casa de Nela e non hai quen o esperte. Corre perigo a noite dos Reis
Magos? Nela vai aprender a responsabilizarse dos seus actos nesta historia chea de humor
e de complicidade entre unha nena de oito anos e as Súas Maxestades, os reis Magos de
Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar.

Isabel Freire, Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, Galaxia, 2014.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Como festexamos os galegos e as galegas o Nadal?

Sabes como se chama o personaxe máis tradicional destas datas? Que acontece o día seis de
xaneiro?

Escoita e le:

1.º ACTO

Escena primeira

Sala de estar dun piso. Amplas ventás polas que entran as luces da cidade. É o quinto
andar do edificio. No interior hai un sofá, dúas butacas e, máis cara ao fondo, unha mesa
de comedor con cadeiras ao redor e a porta que comunica co corredor. É de noite e a luz do
cuarto está acesa. Unha nena de oito anos coloca os zapatos a carón dunha butaca. Enriba
da mesa hai tres cuncas de barro, unha bolsa con herba e mais tres vasos e unha xerra con
2
auga. Fala para si mesma. Nótase que está chupando un caramelo.

NELA: Os zapatos aquí, ben limpiños. E agora a herba para os tres cameliños: para o
camelo Pinto, para o camelo Bruno e para a camela Brisa. Auga para beber...

A nena enche de auga os vasos. Nese momento entra súa nai cunha bandexa na que leva
tres pratos con turrón brando.

NAI: Nela! Estás comendo un caramelo, non si?

NELA: Eu? Non.

Aproveitando que a súa nai lle dá as costas para colocar a bandexa na mesa, NELA saca o
caramelo da boca e bótao nun dos vasos con auga.

NAI: Non digas unha mentira. Xa sabes que se unha mentira contaches, unha palabra
da carta borraches. Estás comendo un caramelo antes da cea?

NELA: Non.

Abre a boca para que a súa nai comprobe que está baleira. Nese momento, e sen que
ningunha das dúas se decate, a auga na que caeu o caramelo empeza a burbullar e pórse
verde.
3
NAI: Ven cear, anda, e axiña para a cama, non vaia ser que os Reis te atopen esperta.

Saen e apagan a luz. O cuarto queda en penumbra, iluminado só pola luz da rúa.

Isabel Freire, Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, Galaxia, 2014.

Repara
Nalgúns lugares (como en Galicia) existe a tradición de representar os Reis traendo os agasallos
que os nenos lles pediron, nas súas cartas, durante a noite anterior á Epifanía, do 5 ao 6 de
xaneiro.

En Galicia, a lenda dos Reis Magos foi substituíndo ao longo dos últimos séculos oApalpador,
figura propia mítica ligada á tradición do Nadal da que só fican testemuños nas comarcas
orientais de Galicia e que se recuperou nos últimos anos. O Apalpador é un xigante carboeiro
que baixa do Courel e que palpa as barriguiñas dos nenos para ver se pasan fame, deixando
presadas de castañas e agasallos feitos a man ou educativos.

Comprensión lectora

1. Contesta estas cuestións:

Que personaxes visitan a Nela?

Que nome teñen os camelos?

4
O Apalpador, onde vive?

Que intenta agochar Nela? Onde o agocha?

Que lle di a nai sobre as mentiras? A que se refire?

Sabes dalgún outro personaxe que veña polo Nadal?

Que pasa se a atopan esperta?

Que tipo de texto é o da lectura?

2. Sinala os adxectivos que hai no texto e constrúe unha oración onde


empregues dous.

3. Reforza os teus coñecementos. Relaciona estas palabras cos seus


antónimos.

arisco ordinario

duradeiro díscolo

5
especial momentáneo

disciplinario dócil

4. Reforza os teus coñecementos. Clasifica as seguintes palabras segundo


sexan agudas, graves ou esdrúxulas.

herba bótao

aquí beber

caramelo camelo

agasallo turrón

5. Representade o texto na clase. Repartide os papeis e elixide un compañeiro


ou compañeira que dirixa a escena.

6. Traballo en grupo. Escribide un conto arredor da figura do Apalpador e


ilustrádeo.

6
Un reto antes de continuar
Atréveste co reto? Nesta unidade propomos un reto que fala do Nadal, isto é, de
elementos que teñen que ver con el.

Saberías dicir que é o que lles dá o Apalpador aos nenos?

Escribe cinco oracións coa solución da pregunta e en cada unha delas emprega dous
adxectivos.

7
Vocabu
Vocabulario
As palabras homónimas
Cando dúas palabras se pronuncian e se escriben da mesma forma, pero non
posúen o mesmo significado, estamos a falar de palabras homónimas.

Lima: froito da limeira, parecido a un limón, pero de menor tamaño, de sabor


máis doce e de tona verde.

Lima: barra de aceiro coa superficie estriada que serve para desgastar e alisar
materias duras.

Cando dúas palabras se pronuncian igual, pero teñen distinta grafía e significado,
son homófonas.

Balor: peluxe branca ou verdosa constituída por certos fungos microscópicos,


que se forma nas materias orgánicas con humidade e contribúe á
descomposición destas.

Valor: calidade ou conxunto de calidades obxectivas que fan que unha cousa
sexa digna de aprecio.

Autoría (laranxa): Veronidae

8
Por outra banda, cando as palabras teñen a mesma grafía, pero distinto significado,
son homógrafas.

Papa: calquera substancia branda, de consistencia pastosa ou semellante a un


líquido máis ou menos espeso, particularmente se é comestible.

Papa: xefe supremo da Igrexa católica.

Autoría (Papa Francisco): Agência Brasil

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit,


sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore
magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud
exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo
consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in
voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur.

9
Repara
Ao longo do tempo, na lingua galega fóronse incorporando palabras provenientes doutras
linguas. Desde antigo, esas palabras chegaron de idiomas como o provenzal (rúa, frauta), do
francés (viaxe, homenaxe), do italiano (soneto, piano) ou do inglés (xersei, fútbol, líder...).

A este tipo de palabras denominámolas préstamos e, coa chegada das novas tecnoloxías e as
novas formas de relacionarnos (redes sociais e móbiles de terceira xeración), son moitas as
palabras que se veñen sumando a este proceso: chat, blog, cíber, fax, web...

Escoita e le:

2.º ACTO

Escena primeira

Os dous Reis Magos detéñense diante dunha porta pechada e tentan escoitar a través dela.
GASPAR pega un bote contra a porta por mor do casco. MELCHOR apártao para achegarse
el, pero cáelle a coroa, que roda polo chan con estrépito. Sesean os dous, anoxados.
Pegan as cabezas como poden á porta e, de súpeto, alguén tira da túnica de MELCHOR por
detrás. Dan un chimpo co susto. É NELA en pixama, coa coroa de MELCHOR na man.

NELA: Ides espertar os meus pais e os papás non poden ver os Reis Magos, que se
asustan.

MELCHOR colle a súa coroa e colócaa na cabeza moi envarado.


10
MELCHOR: Non, son os nenos os que non deben ver os Reis Magos.

NELA: Pois eu véxovos desde pequena. Ti (sinala a Melchor) paréceste ao meu avó
Pepe, e ti (a Gaspar) ao meu tío Fernando co seu bigotazo. Por que levas casco dentro
da casa?

GASPAR, un chisco avergoñado, quita o casco. Colle a nena da man e lévaa cara á sala.

Escena segunda

Entran os tres na sala. NELA, ao ver a BALTASAR deitado no sofá, teso coma unha frauta,
solta a man de Gaspar e axeónllase á beira do Rei durmido. Acaríñalle a meixela.

NELA: Que lle pasa? Por que dorme?

GASPAR axeónllase tamén.

GASPAR: Verás, é que está enfeitizado. Os caramelos de menta séntannos mal aos
Reis Magos, prodúcennos moito sono e iso é un perigo porque podemos quedar
durmidos na noite de Reis, así que nunca os tomamos. Pero el, hoxe, sen querer
comeu un.

Isabel Freire, Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, Galaxia, 2014.
11
Actividades

1. No teu caderno, transforma o texto teatral en texto narrativo. Para iso,


repara en que as anotacións escénicas deberán integrarse no relato, como
parte do que conta a voz narradora, e que as intervencións dos personaxes
serán introducidas tamén por esta.

2. Responde as preguntas sobre a lectura.

Quen está detrás da porta? Como se chaman?

Está ben escoitar detrás das portas?

Quen se asusta se ve os Reis Magos?

Que tipo de texto é o da lectura?

Explica o motivo polo que hai partes do texto que van en cursiva.

Que pasa se os Reis quedan durmidos na súa noite?

3. Constrúe dúas oracións de exemplo para cada unha destas palabras


homónimas, empregando dous dos seus significados.

12
quenlla / cola / banda

4. Que quere dicir a expresión «comer coma unha lima»?

Non comer peixe, só


vexetais.

Comer moito.

Comer pouco.

Comer só sobremesas.

5. Relaciona cada palabra homónima co seu significado.

Que ocupa moito espazo, que ten unha


pe grande extensión.

Armazón que se instala na parte superior


pé dos vehículos para transportar equipaxes.

Bordo inferior dunha peza de roupa


vaca dobrado cara a adentro e asegurado cunhas
puntadas.

Membros inferiores do corpo que nos


baca serven de sostén ao camiñar.

Mamífero da suborde dos ruminantes,


basta femia do touro, que se cría para
aproveitarlle o leite, a carne e a pel.

13
vasta Nome da letra p.

Un reto antes de continuar


Entre todos, imos xogar ao «aforcado». Neste exemplo, a palabra que hai que adiviñar fai
referencia a un arbusto típico do Nadal. Sabes cal é? Intenta resolvelo cometendo o menor
número de erros posible.

14
Literatu
Literatura
Poesía II. A rima, a estrofa e o
poema. A repetición e a aliteración
A poesía adoita posuír rima. A rima prodúcese entre as palabras cando o seu son é
idéntico ou moi semellante:

casadeira/solteira

Dise que hai rima cando existe concordancia total ou parcial no final de dúas ou
máis palabras, a partir da última vogal acentuada.

Había unha vez nun país remoto


unha princesiña que tiña unha moto.

Cando non hai rima, dicimos que é un caso de verso libre. Vexamos un exemplo:

eu son de aquí

desta raíz de nogueira


que fende
o mar

desta carriza
orientada ao inverno

desta mera

son de aquí

Rafa Villar, casa ou sombra, Espiral Maior, 1997.

A rima pode ser asonante ou consonante. Dicimos que hai rima consonante cando
se repiten todos os sons da última palabra de cada verso:

Era unha vez na quimbamba


tumba retumba
15
lamba relamba

Un calabó moi sabongo


mongo redondo
pingo no congo

Antón Cortizas, Era unha vez na quimbamba, Tambre, 2008.

Existe rima asonante cando se repiten as vogais da última palabra de cada verso a
partir da vogal acentuada:

Nun taller que puxeron


dúas arañas
tecen mantas e colchas
manteis e sabas.

Helena Villar Janeiro, As señoras cousas, Galaxia,


2014.

Como xa sabes, a análise métrica consiste en medir os versos para comprobar cantas
sílabas teñen. A rima sinálase poñéndolle a mesma letra, seguindo a orde alfabética,
ao final dos versos que riman entre si, agrupándoos de dous en dous. Cando os versos
son de arte maior (a partir de 9 versos) pónselles unha letra en maiúsculas. Se, pola

16
contra, os versos son de arte menor, indícase poñendo unha letra en minúscula.

Era unha muller, 6a

Chamábase Inés, 6b

Que tiña o costume 6a

De andar ao revés. 6b

E tiña un irmán 6a

Chamado Román 6b

Que tamén soía 6a

Andar para atrás. 6b

Antón Cortizas, Era unha vez na quimbamba, Tambre, 2008.

Actividades

1. Recitade en voz alta os poemas deste apartado.

2. Ponlle a rima a este poema. Mide logo os seus versos e indica se son de
arte maior ou de arte menor.

Miña cousiña

Cóntalle, miña cousiña,


Contiños tristes de fadas,
E de reinas encantadas
Nos castros, á ialma miña.
17
Fala, carrapucheiriña,
Das vilas asolagadas,
Onde hai mil lendas aladas
Nympheas de flor branquiña.

E, pra embala-las as súas dores.


Cóntelle os doces amores,
E o dorido suspirar.

Duns amantes ben queridos,


En dous piñeiros convertidos
Que se beixan ó luar.

Aquilino Iglesia Alvariño, Polo correo do vento, Edicións Xerais.

3. Repara neste poema e, a imitación del, crea unha estrofa de catro


versos co teu nome.

Era unha muller,


Chamábase Inés,
Que tiña o costume
De andar ao revés.

E tiña un irmán
Chamado Román
Que tamén soía
Andar para atrás.

18
4. Reforza os teus coñecementos. Contesta no teu caderno: cantas sílabas
teñen as seguintes palabras?

1. camiño

2. hipertensión

3. pel

4. cartón

5. paporrubio

6. carrizo

5. Emparella as palabras que riman entre si.

liño carrizo

namorar bico

pico vello

19
chourizos pensar

vermello camiño

20
Gramá
Gramática
O adxectivo. Os graos do
adxectivo
As palabras que indican as calidades ou estados dos substantivos son os adxectivos.
Estes acompañan os substantivos e concordan en xénero e número con eles:

follas novas

Na formación dos adxectivos interveñen sufixos e prefixos, que se lles engaden a un


substantivo (morriñento), a un verbo (bebible) ou a un adxectivo ( azulado).

Algúns dos sufixos que interveñen na súa formación son: -ento (pegañento), -oso
(espazoso), -ado (respectado), -ivo (incisivo), -udo (sisudo)...

Para a formación do feminino e do plural, o adxectivo segue as mesmas regras que


o substantivo:

só-soa

vigués-viguesa

cantor-cantora

O adxectivo posúe graos, é dicir, os modos en que se expresan as súas distintas


«intensidades». Estes graos son tres:

1. Grao positivo: é aquel que ofrece información sobre a calidade do substantivo


ou nome, sen aumentala nin diminuíla.

chuvia intensa

1. Grao comparativo: é aquel que compara calidades entre dous elementos.


Pode ser de superioridade, de igualdade e de inferioridade.

De igualdade. Fórmase cos adverbios tan, tanto, tanta e coa


conxunción como/coma:
21
O paxaro é tan veloz como cría.

Úsase unha ou outra conxunción nestes casos:

Diante dos verbos úsase como:

A cadela é tan rápida como dixeran.

Diante dos pronomes úsase coma:

A cadela é tan rápida coma nós.

Nos demais casos pode usarse como ou coma:

Estas mulleres son tan traballadoras como esas.

Estas mulleres son tan enxeñosas coma esas.

De superioridade. Fórmase co adxectivo máis e os relativos do que, ca, que.

Emprégase do que antes dos verbos:

O agasallo é máis marabilloso do que esperabamos.

Emprégase ca diante dos pronomes min, ti, el, ela, nós, vós, eles e elas:

María é máis aguda ca el.

Empréganse ca ou que, indistintamente, nos demais casos:

As luvas son máis pequenas que esas.

As luvas son máis pequenas ca esas.

Algúns adxectivos teñen formas especiais para o comparativo de


superioridade:

22
Comparativo
Adxectivo
de superioridade

bo mellor

malo peor

grande maior

pequeno menor

De inferioridade: é aquel que se forma co adverbio menos e os


relativos do que, ca, que.

Emprégase do que diante dos verbos:

A boneca é menos fermosa do que pensaba.

Emprégase ca diante dos pronomes min, ti, el, ela, nós, vós, eles e elas:

Os teus curmáns son menos rebuldeiros ca elas.

Emprégase ca ou que, indistintamente, nos demais casos:

As cortinas que quero son menos longas que esas.

1. Grao superlativo. É aquel que atribúe unha calidade no seu grao máis alto
respecto dos demais. Constrúese de dúas formas:

Con moi + adxectivo.

As atraccións son moi divertidas para os nenos.

Adxectivo rematado en -ísimo/a.

As atraccións son divertidísimas para os nenos.

Escoita e le:

23
Vacas exemplares:

A vaca leiteira

Había unha vez unha vaca chamada Pinta


(por ser de dúas cores), mais a quen todo
o mundo a coñecía como a Vaca Leiteira.
Unha podería pensar que este nome era
debido a que, ao muxila, daba leite
normal, mais non era así. Pinta só daba
leite merengado, con azucre e canela.

A historia de Pinta é importante porque


nos ensina dúas cousas.

Primeira: o argumento de que debes


comportarte dunha forma porque así se
fixo sempre non é convincente.
Se Pinta chega a facerlle caso, só daría leite vulgar e ninguén a lembraría. As vacas non
deben aceptar sen protestar as rutinas que pretenden impoñerlles algún humanos.

Segunda: unha vez que as vacas fan o contrario do que se espera delas, os humanos
admíranse e até compoñen unha canción no seu honor. Claro, isto sempre que o
humano non sexa como o Pasmón (do que prometín non falar, mais é que non queda
outro remedio).

Marilar Aleixandre, A vaca Caníbal, Galaxia, 2012.

Actividades

1. Lede en voz alta e contestade:

Cantos adxectivos hai no texto? Ordenádeos por orde alfabética.

Que clase de leite dá a vaca? Como se chama? Saberiades dicir outro

24
apelativo para unha vaca?

Que palabra é «leite» e que xénero posúe? Podedes achegar algunha


palabra da súa familia léxica?

A que sector pertence a gandaría?

2. Ditado do texto Vacas exemplares. Revisade a ortografía e, unha vez


rematedes de facelo, compartide as vosas dúbidas.

3. Sinala cales das seguintes palabras son adxectivos.

maino

estandarte

xantar

louro

unhas

4. Completa co comparativo de igualdade as seguintes oracións.

a.
O cabalo é alto a auga.

b.
Este libro está coidado o
manual de literatura que está ao seu lado.

c.
María é faladora min.

5. Completa co comparativo de superioridade as seguintes oracións.

25
a.
Laura xa está alta a súa
nai.

b.
Xandre sempre foi agudo

nós.

c.
O coche vermello ten moitos anos

o da veciña.

6. Completa co comparativo de inferioridade as seguintes oracións.

a.
A cabuxa é alta a egua.

b.
Maruxa é intelixente a
súa irmá.

c.
Esas laranxas son moito agres

as da outra laranxeira.

d.
Manuel é áxil nos
comentaron.

26
Ortogr
Ortografía
O acento diacrítico
O acento diacrítico é aquel que lle poñemos ás palabras que se escriben igual para
poder diferencialas. Estas palabras teñen distinto significado e tamén poden ter
distinta pronuncia.

Aínda que polas regras de acentuación non lles corresponda, poñémoslles o acento
diacrítico para distinguilas.

Algunhas desas palabras son:

Irei á casa de María xogar esta tarde.


á (preposición a + artigo a / parte do corpo
da ave)
Os anxos teñen ás.

a (artigo) Gústame a boneca de cabelo loiro.

a (pronome) É moi cara, non a vou mercar.

a (preposición) Vai a París de vacacións.

a (nome da letra) Fáltache engadir a ao final da palabra.

ao/ó (preposición a + artigo o) Vai buscar leite ao/ó supermercado.

o (artigo ou pronome) Comiches o pan? Non, non o comín.

é (verbo ser) É o meu mellor amigo.

e (conxunción) A María e a Clara gústalles ir ao cine.

dá (verbo dar) Luis é moi xeneroso, dá todo o que ten.


27
da (preposición de + artigo a) A filla da miña tía xa ten once anos.

máis (adverbio de cantidade) Cada vez está máis fermosa.

mais (pero) É moi tímida, mais moi intelixente.

nó (lazo apertado) Laura fixo un nó difícil de desfacer.

no (preposición en + artigo o) No recuncho aquel caeu e mancouse.

nós (pronome persoal) Nós queremos ir de festa.

nos (preposición en + artigo os) Non te metas nos meus asuntos!

pé (parte do corpo) Foi correndo e mancou un pé.

pe (letra) O pe é unha letra do alfabeto.

vén (verbo vir) María vén da casa do seu avó.

ven (verbo ver) Soben ao tellado e desde alí ven a ría.

bóla (esfera) Os rapaces xogan á bóla no recreo.

bola (peza de pan) Gústame máis a bola que a barra.

fóra (adverbio de lugar) Andan a xogar fóra co resto dos nenos.

Xa fora antes a Londres, cando fora xogador


fora (verbo ser, verbo ir)
profesional.

póla (parte de árbore) Aquela póla estaba chea de froitas.

No galiñeiro, as polas están apartadas dos


pola (galiña)
capóns.

pola (preposición por + a artigo) O can marchou a correr pola estrada.

présa (apuro) Teño présa porque xa chego tarde.

presa (encoro) Tiveron que facer unha presa.

presa (puñado) Botou unha presa de millo ás galiñas.

28
Escoita e le:

Escena terceira

NELA volve cun caderniño pechado cun


cadeado.

NELA: Vedes? Tróuxomo a miña madriña


de agasallo e eu escribo nel todos os
días.

Leva unha cadea ao pescozo e dela colga


unha chave pequeniña. Con ela abre o
cadeado. Busca a páxina e le.

NELA: "Día cinco de xaneiro: hoxe


levanteime moi contenta porque van vir
os Reis. Mamá espertoume cedo para
que á noite veña axiña o sono. Tomei o
vaso de zume enteiriño, e iso que estaba
ben amargo, e o leite con cereais". Téñoo
todo, de verdade, eh; escribino antes de
deitarme.
MELCHOR: Moi ben. A solución sempre está nos libros. Díxenvolo, non? Vexamos que
máis hai que facer.

Volve ler no libro.

MELCHOR: «Se seguro estás, cabeza abaixo revivirás. Pero, coidado! Se aínda non
fixeches os dez aniños, han acompañarte dous velliños. Os tres cabeza abaixo
berraredes: O mundo ao revés! E aí, nun tris-tras retrocededes».

29
GASPAR: Guai! Encántame facer pinchacarneiros e poñerme cabeza abaixo.

Isabel Freire, Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, Galaxia, 2014.

Lembra
Nos diarios escribimos, cunha periocidade regular, os feitos e as cousas que nos suceden. Os
diarios axúdannos a lembrarmos os aspectos máis importantes que nos pasaron durante todo o
día e neles podemos expresar as nosas sensacións e pensamentos. Tamén existen «diarios de
campo», que son aqueles nos que podemos reflectir as cousas que facemos, mais perdendo ese
carácter íntimo e persoal.

Actividades

1. Responde as seguintes preguntas:

Tiveches algunha vez un diario?

Que escribirías nun diario?

Que escribiu Nela no seu?

Para que ten un cadeado o diario?

30
2. Actividade de ampliación. Entre todos, elaborade o diario da aula durante un
mes.

3. Escribe correctamente a palabra que corresponde coa ilustración.

4. Escribe unha oración con cada unha das palabras do exercicio anterior.

31
Un reto antes de continuar
Outra tradición que se está a recuperar é a de cantar os Reis e as cancións típicas do Nadal. En
Galicia e no norte de Portugal, segue a existir esta tradición de pedir o aguinaldo e de cantar o
Nadal.

Aquí poderedes atopar unha mostra de cantares de Nadal. Entre todos, preparade un destes
cantos!

32
Expres
Expresión oral e escrita
Xogamos? Explica un xogo!
Escoita e le:

A buxaina

Baila arredor
da punta do pé,
faino ao dereito
e tamén ao revés.

É de madeira,
está feita de buxo,
xira moi axiña
coma un aturuxo.

Baila ao son da música,


na cabeza un sombreiro
e remata nun botón
coa punta de aceiro.

Este xogo tan fermoso,


da buxaina lixeira,
é un baile rápido,
coma o da muiñeira.

Dá un pequeno brinco,
cando a solto do lazo,
queda virando no chan,

33
ou baila no meu regazo.

Cando está cansa,


de xirar e xirar,
cae cara a un lado,
e ponse a descansar.
María Canosa, Vagalume de versos, Galaxia, 2014.

Repara
Existen moitos xogos tradicionais galegos como a buxaina, a billarda, o xogo da chave... Nesta
ligazón podedes encontrar algúns.

Podedes tamén visitar espazos na rede que conteñen xogos con palabras, de sinónimos, léxico
etc., como por exemplo o Portal das palabras.

Para xogarmos a un xogo debemos coñecer as súas normas, como se xoga e como
podemos conseguir o obxectivo, ademais de cantos participantes poden intervir.

Xogamos?

Actividades

1. 34
1. Traballo en grupo. Fíxadevos nas seguintes palabras, todas están escritas
coa letra c. Seriades capaces de facer un poema con elas? Quen as use todas
con sentido, gaña!

carqueixa ● cartón ● cerdeira ● cariño ● carpeta ● clara ● costa

2. Lede en voz alta o texto que abre o apartado. Recitade con enerxía e
seguridade!

3. Contesta as seguintes preguntas:

Que é unha buxaina?

Como se xoga?

Onde podemos xogar á buxaina?

Escribir un correo electrónico


Desde que incorporamos Internet ás nosas vidas, as cartas foron practicamente
substituídas polo correo electrónico. O correo electrónico ou e-mail permite que nos

35
comuniquemos de xeito inmediato con un ou con varios destinatarios. Ademais,
posibilita que enviemos arquivos de texto adxuntos ou contidos multimedia, como
imaxes ou vídeos.

Antes de escribir un correo electrónico debemos rexistrarnos previamente nun


programa de correo web.

Unha vez rexistrados, debemos cubrir tres apartados: o destinatario, o asunto e a


mensaxe.

O destinatario son un ou varios enderezos de correo aos que enviamos a


mensaxe coa que queremos comunicarnos.

O asunto é un resumo curto que a persoa á que lle chega a mensaxe verá
antes de abrila. Trátase dunha especie de título.

A mensaxe pode ser só de texto ou incluír arquivos adxuntos de imaxe, son ou


texto, ou arquivos comprimidos.

No corpo da mensaxe debemos escribir a mensaxe (ou responder unha recibida)


tendo en conta o destinatario e, por tanto, elixindo o rexistro axeitado. É dicir,
dependendo de quen sexa o destinatario, dirixirémonos a el dunha determinada
forma, con máis ou menos familiaridade (compañeiro de colexio, profesor, os nosos
pais...).

Saudaremos tamén de acordo a estas características. Empregaremos fórmulas como:

Ola!
Prezada Maruxa
Bo día...

Como en calquera outra redacción, á hora de escribir a mensaxe debemos pensar


primeiro o que queremos dicir, escribilo sen faltas e lelo despois para asegurármonos
de que todo o que escribimos ten sentido.

Chanelrom@yahoo.com

Chanelrom@yahoo.com. Este era o correo electrónico de Chanel.

Chanel era a persoa coa que máis se relacionaba Nano ultimamente a través de
Internet. Encontráranse un día de forma casual na rede.
36
A última semana fora densa no tocante ao traballo. Tivera que rematar no seu estudio
varios proxectos que urxían. Eran para dous concellos e, xa se sabe, os organismos
oficiais débense a un prazo de tempo límite por mor das subvencións, para que llelas
dean. Por iso non podía demoralo, aínda que non durmise.

Con todo, sabía buscar un oco para recoller o correo, enviar o seu e chatear un pouco.
El dicía que cambiando a esa actividade se relaxaba.

A pesar de que por este medio informático fixera moitas amizades, con Chanel fora
con quen máis profundara.

Concha Blanco, Nano, Everest Galicia, 2008.

Actividades

4. Contesta as seguintes preguntas:

De quen é o correo electrónico? Como se coñeceron os


protagonistas?

37
Porque os traballos para os concellos apreman?

Empregades as redes sociais para falar cos amigos? Pode ser


perigoso?

5. Completa a historia. Imaxina que es Chanel e envíalle un correo a Nano.

38
Reto superado
Ao longo da unidade fomos resolvendo os retos e compartimos propostas sobre o Nadal. Velaí a
derradeira pregunta: cal é o prato tradicional maioritario da Noiteboa? Para que non penses
demasiado, dámosche unha pista!

É un peixe que rima con 'pau' e un vexetal que rima con 'cor'.

39
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?
Copia e completa como esta e valora o teu traballo.

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Recoñezo as palabras homónimas?


Que diferenza hai entre varro e barro?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Que sei da rima da poesía? Distingo


entre rima asonante e rima consonante? Sei distinguir entre os graos dos
adxectivos? Que tipo de palabra é amable? E amabilísimo, en que se
diferencia desa palabra?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que é o acento diacrítico? Por que
se lle pon acento gráfico a óso?

40
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei como se xoga cunha buxaina?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei escribir un correo electrónico?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superar cada actividade.

41
Sinala as palabras que teñen unha homófona?
6.

vela

monllo

hai

cunca

7. Escribe debaixo de cada imaxe a palabra á que corresponde.

8. Completa as seguintes oracións.

a.
Aquela rapaza tiña os ollos lindos que eu

vira, sempre ía con gafas escuras e non se


lle vían.

b. Co seu coche ía sempre dun lado para o outro, sempre ás

42
, até cando pasaba pola estrada aquela chea

de curvas que estaba preto da .

c.
Botamos todos un aturuxo que

berraron por facer tanto ruído.

d.
De tanto que se asustou, a deu un chimpo e

saltou a aquela .

9. Indica a rima do poema.

Un bravo pirata

Un bravo pirata

había unha vez

que tiña tres patas,

unha, dúas, tres. […]

Antón Cortizas,
Era unha vez na
quimbamba,
Tambre, 2008.

10. Indica cales destas palabras riman entre si.

marmelo té

tirante espazo

regazo estante

43
café cartón

saltón martelo

11. Indica cales destas palabras son adxectivos.

aínda

guapísimo

agre

couza

dous

12. Indica a que grao do adxectivo corresponden estas oracións.

1. A nena é máis lista ca ti.

2. O pai de Xan é listísimo.

3. É tan grande coma o que teño no coche.

4. O rapaz aquel é menos agudo ca a miña curmá.

44
Reforza

13. Indica cal destas palabras é un adxectivo.

saír

espectáculo

inmoral

costureiro

14. Indica cales destas palabras teñen unha homónima.

aquel

da

oso

nunca

nós

marea

15. Relaciona os enunciados cos conceptos. Que é...

Rima asonante Cando un poema non ten rima.

45
Rima consonante Cando un poema mide oito versos ou
menos.

Rima na que coinciden todos os sons a


Arte maior partir da última vogal acentuada.

Arte menor Cando un poema mide máis de oito versos.

Rima na que coinciden os sons vocálicos a


Verso libre partir da última vogal acentuada, en dous
ou máis versos.

Amplía

16. Le en voz alta todos os contos que aparecen neste libro e fai o resumo do
que máis che guste.

Title popup

46
47
48
49
Vocabulario

50
Amargo
Adx. Que produce unha sensación as máis das veces desagradable ao gusto, coma o
fel ou o asente.

Anoxar
Vbo. Sentir unha sensación forte de noxo ou rexeitamento por algo ou alguén.

Aturuxo
Subs. Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e
foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas.

Axeonllarse
Vbo. Poñerse de xeonllos.

Axiña
Adv. Nun breve espazo de tempo.

Baleira
Adx. Que non contén nada.

Brincar
Vbo. Dar un ou varios saltos.

Burbullar
Vbo. [Líquido] facer burbullas.

Buxo
Subs. Arbusto da familia das buxáceas (Buxus sempervivens) de follas perennes,
pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres,
cuncas, gaitas etc.

51
Cadeado
Subs. Aparello composto dunha caixa metálica que contén unha fechadura, capaz de
bloquear a parte libre dun arco ou aro metálico que vai montado sobre a caixa cunha
bisagra.

Casual
Adx. Que sucede por azar, sen ser previsto nin obedecer á razón.

Costas
Subs. Parte posterior do corpo humano que vai dos ombreiros ata o van.

Enfeitizar
Vbo. Exercer influencia sobre [algo ou alguén] por medios máxicos.

Envarar
Vbo. Deixar o frío, a humidade, a falta de actividade, etc., ríxido ou inservible [o corpo
ou algún membro].

Meixela
Subs. Cada unha das partes da cara que sobresaen debaixo dos ollos.

Penumbra
Subs. Iluminación débil.

Pinchacarneiro
Subs. Volta que se dá apoiando as mans ou a cabeza no chan e deixándose caer sobre
o lombo.

Por mor de
Loc. prep. Indica a causa, o motivo de que algo suceda.
52
Regazo
Subs. Parte do corpo dunha persoa sentada que vai desde a cintura ata os xeonllos.

Sesear
Vbo. Falar con seseo.

Tentar
Vbo. Facer esforzos por conseguir [algo].

Teso
Adx. Falta de flexibilidade, que non se prega.

Túnica
Subs. Vestido frouxo e recto, con mangas ou sen elas, que se pode levar solto ou
atado cun cinto.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-

galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega
53
galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de normalización y


dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Helena Villar Janeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Helena_Villar_Janeiro

Aquilino Iglesia Alvariño


http://gl.wikipedia.org/wiki/Aquilino_Iglesia_Alvari%C3%B1o

Antón Cortizas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Cortizas

Material para recuperación da figura do apalpador


http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/nadal/doc/recu

rsos-material.pdf

Cantos de Nadal
http://es.slideshare.net/aldeatotal/cantosde-nadal

Centro dramático galego 54


Centro dramático galego
http://www.centrodramatico.org/cdg/

Mini Cantigas de Nadal. O pelo roxiño


http://safeshare.tv/w/byZsUemXvi

Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

55
5. Terror na cociña

Para comezar
Saberías dicir se libro é unha palabra simple ou derivada?

En que se diferencia un soneto dun romance?

Saberías dicir se el é un pronome tónico ou átono?

En que aspectos te centrarías para recomendar a alguén unha película ou un libro?

Serías capaz de entrevistar o teu personaxe favorito?

Terror na cociña
Ser cociñeiro, cando tes dez anos e moita fame o 85% do tempo, non é nada fácil. Eu trato
de seguir as instrucións do libro de cociña con todas as miñas forzas, pero as cousas nunca
son tan sinxelas cando te pos mans á obra. Volveume pasar coas madalenas. Despois de
bater, engadir os ingredientes e encher os sombreiriños brancos, acabei coas lentes, a
camisa e o pelo todo enlarafuzado de crema amarela. Un auténtico noxo! Desta volta
ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas
advertíndomo:

—Román, calquera día vas para a lavadora con roupa e todo!

Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais, 2014.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Gústache algún prato en especial?

Sabes facer algunha sobremesa?

Escoita e le:

Mamá é guai, pero ás veces enfádase. A min, iso de estar dando voltas no tambor da
lavadora durante 75 minutos, que é o que dura o ciclo de manchas difíciles, non me fai
moita graza. Un día metín a Dodoto, o meu gato, para ver como reaccionaba. Non
deixaba de miañar con cara de susto e de bater coas patiñas dianteiras contra a tapa
transparente. Tratei de explicarlle que o experimento era polo ben dos dous e talvez
de toda a humanidade, e que por moito que protestase non tiña pensado sacalo de alí
dentro. Botei deterxente e suavizante con recendo a amorodo, e deille ao botón de
acendido. Xusto cando a lavadora empezou a facer o ruído de estar collendo auga,
2
apareceu mamá como por arte de maxia. Ás veces penso que leva un radar
incorporado dentro da cabeza, sempre aparece cando non debe! Enfadouse
moitísimo. Púxoselle cara vermello tomate frito, sacou inmediatamente a Dodoto da
lavadora e chamoume cousas moi feas.

—Es un delincuente, un inconsciente, un imprudente, un descerebradooooooo!!!!

Que me chamase todas esas cousas que remataran en –ente non me importou, porque
estou afeito. Pero que me dixese que son un descerebrado púxome triste. Porque un
descerebrado é alguén que non ten cerebro, e se non tes cerebro non podes pensar,
nin lembrarte de cousas felices. Como lle pasa á veciña Manola, que esqueceu ata os
nomes dos seus netos. Iso é unha traxedia realmente tráxica. Por iso prometín non
volver usar a Dodoto nos meus experimentos, para non perder o meu cerebro e
conservar a memoria, as lembranzas felices e non esquecer os nomes das persoas
que quero.

O resultado da receita das madalenas foi regular. Paseime ao botar a masa nos
moldes, e a metade delas, cando empezaron a medrar no forno, saíron por fóra e
convertéronse en monstros de varias cabezas. Houbo outras con mellor pinta pero
quedaron algo crúas por dentro, e as tres que se salvaron papeinas antes de que
arrefriasen, e nin mamá nin papá puideron probar o ricas que estaban. Xa vos dixen
que ser cociñeiro cando tes dez anos, non é cousa fácil.

3
Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais, 2014.

Comprensión lectora

1. Le o texto e contesta estas cuestións.

Que fixo o protagonista desta historia? Por que lle berrou a


súa nai? Que lle chamou?

En que consistía o experimento? Fixeches algunha vez algo


que saíu mal?

Sabes a que enfermidade se refire cando fala de Manola?


Que di que lles pasa ás persoas que a sofren? Debemos
coidar os nosos maiores? Por que?

Que é o que máis lle gusta facer ao noso protagonista?

Que sobremesa prepara?

Cal é o resultado?

2. Reforza os teus coñecementos e contesta as preguntas:

Que tipo de palabras son as que rematan en –mente? A partir


de que palabras se forman?

4
–mente é un sufixo ou un prefixo?

Podes dar cinco exemplos máis de adverbios rematados en –


mente?

3. Os nosos maiores atesouran moitas frases e expresións da lingua.


Ordenade as palabras para formar un dito ou refrán.

« gap gap gap

gap gap »

na lareira Febreiro, xeada na leira

cachopo e

4. Relaciona estas enfermidades coa parte do corpo que corresponda.

otite pel

farinxite farinxe

dermatite larinxe

larinxite oído

5
Un reto antes de continuar
Nesta unidade imos xogar coa poesía.

Define un obxecto que che amose o profesor.

Compárao cunha cor, cun olor ou con outro obxecto.

Agora fai unha metáfora para describilo dunha forma atractiva.

Estás facendo poesía!

6
Vocabu
Vocabulario
Palabras primitivas e derivadas
As palabras primitivas son as que non derivan doutra palabra e están compostas por
un lexema e morfemas flexivos.

Os lexemas portan o significado léxico das palabras e os morfemas flexivos son os


que achegan as nocións de xénero e número:

lob-os

lexema + morfemas flexivos

As palabras derivadas son as que están formadas a partir doutra palabra ou de varias
palabras. Ademais de formarse con morfemas flexivos, tamén levan morfemas
derivativos (prefixos e sufixos). Os morfemas derivativos son os que serven para
formar palabras derivadas a partir dunha palabra primitiva:

lob-eira

lexema + morfema derivativo

Cando a palabra é un verbo, o que no resto das palabras denominamos lexema,


defínese como raíz. Ademais, dispoñen de vogal temática (que é a que marca a
conxugación á que pertence o verbo), e morfemas de número e tempo:

cant-a-ba

raíz + vogal temática + morfema de número e tempo

Aquelas palabras que comparten parte do seu significado e derivan da mesma palabra
primitiva constitúen unha familia:

noite, anoitecer, noitiña, noitada

7
Escoita e le:

Entraron na casa e Lois marchou dereitiño para o seu cuarto. Colocou as cinco letras
enriba do escritorio sen perder un segundo. Acendeu a lámpada e mirounas
fixamente:

C, E, M, R, I

—Serán de xeo? —moumeou.

Pero desbotou esa posibilidade de inmediato ao comprobar que non se derretían.


Tampouco podían estar feitas de vidro nin de plástico. Nin dun material parecido.
Estaban demasiado frías. Lois nunca vira nada igual.

Mudounas de lugar e formou a palabra REI. Despois compuxo MERI, como lle
chamaban a unha compañeira de clase. Outra das palabras que formou foi MIRE.

Pasou un anaco facendo combinacións. Mentres ía formando palabras, pensou na


posibilidade de que existise algún tipo de relación entre aquelas letras e a visión da
escola.

Cando lembrou a voz cavernosa, un calafrío percorreulle todo o corpo.

Intentou esquecer o asunto e continuou a formar palabras. Adoitaba facer as sopas de


letras dos xornais. Gustáballe tanto que compuña palabras ata coas letras da sopa.

—Non pode ser! –exclamou de súpeto tapando a boca coas mans.

E fixou a vista na única palabra con sentido que se podía formar usando todas as
letras:

C R I M E

Pereledi, Letras de xeo, Everest Galicia, 2012.

8
Actividades

1. Responde as seguintes preguntas:

Que é o que fai Lois coas letras?

Lembras que xénero teñen as letras do abecedario?

Que lle dá medo a Lois?

Que é o que fai Lois cos xornais?

Con que alimento compuña palabras?

Que palabra forma coas letras? Saberías dar unha palabra


derivada a partir da palabra que forma Lois?

Serías capaz de formar algunha outra palabra sen


necesidade de empregar todas as letras?

Na túa casa len o xornal? Ves as noticias?

9
2. Constrúe palabras derivadas a partir destas palabras primitivas:

pan ● noite ● feble ● motor ● leite

3. Indicade cales son as palabras primitivas.

Peixe

Mandilón

Libreiro

Perna

Imprudente

10
4. Indicade cales destas palabras son derivadas.

Macarrón

Mandilón

Leve

Panificadora

11
12
Literatu
Literatura
Poesía II. A rima, a estrofa e o
poema. A repetición e a aliteración
Un poema é unha composición literaria en verso. É dicir, é unha mensaxe escrita
empregando versos cunha extensión variable, xa que poden ser máis ou menos
longos.

Os poemas poden estar compostos por estrofas ou, doutra maneira, presentar
simplemente varios versos agrupados.

Repara
As estrofas son conxuntos de versos, dun número igual e cunha mesma rima, que se repiten
varias veces nun poema. Estes son algúns tipos de estrofas:

Pareado. Dous versos que riman entre si.

Terceto. Tres versos de arte maior (9+) de rima consonante, que seguen o esquema ABA.

Cuarteto. Catro versos de arte maior (9+) de rima consonante, que seguen o esquema
ABBA.

Serventesio. Catro versos de arte maior (9+) de rima consonante, que seguen o
esquema ABAB.

13
Os dous tipos de poemas máis comúns son:

Soneto. É un tipo de poema que ten catorce versos hendecasílabos (11), divididos en
dous cuartetos e dous tercetos. A rima repítese nos dous cuartetos, que seguen o
esquema ABBA ABBA, e nos tercetos pode ser distinta, aínda que xeralmente adoita
ser CDE CDE CDC CDC ou CCD EED.

Deixa que te recorde naquel ano A

dos soños da primeira mocedade B

que o tempo foi enchendo de verdade B

e algunha vez de dor e desengano. A

Deixa que te recorde sobre o plano A

da nosa vella popular cidade, B

e permite esta noite que a saudade B

me traia un certo pranto e o seu pano. A

Deixa que te recorde, meu amigo, C

meu compañeiro dóce coma o trigo, C

naqueles anos de empezar a vida. D

Deixa que te recorde e que te queira E

por toda a luz que vin á túa beira E

por toda a claridade recibida. D

Darío Xoán Cabana

14
Romance. É un tipo de poema que non se presenta en estrofas e que está formado
por versos octosílabos con rima asonante nos pares e libre nos impares. Estes versos
de rima libre denomínanse «versos soltos» e márcanse cunha raia (–). A estrutura do
romance adoita ser – a – a – a...

—Cando eu te amaba a ti –

ti non me quixeches amar a

agora son da reina –

e teño que a acompañar. a

—Pois que teñas, que non teñas, –

de ti non m’hei de apartar, a

que os amoriños primeiros –

non se poden olvidar. a

Xosé Ramón Mariño/Carlos L. Bernárdez,


Romanceiro en Lingua Galega, Xerais.

15
Repara
Existen recursos estilísticos que se empregan nos poemas:

Personificacións (as ondas do mar gobernan o barco), hipérboles (un paxaro coma un chícharo),
antíteses (tras da noite topaba coa aurora), ironías (chove a ballóns, igual te mollas!) ou aliteracións
(rochas en torres derruídas).

Actividades

1. Reforza os teus coñecementos. Neste poema de Antón Cortizas xógase


co romance, que habitualmente presenta versos de oito sílabas, e coas
palabras esdrúxulas que rematan cadanseu verso. Copia todas as
palabras esdrúxulas e indica o número de sílabas que teñen.

Romance esdrúxulo

Hai quilómetros de música


astronómica e fantástica,
que ten múltiples barómetros
de tarántulas mecánicas.
Coas farándulas frenéticas
das ingrávidas gramáticas
soa múltiple e metódica,
e modélica e dinámica. [...]

Antón Cortizas, Historias e algún percance todas ditas en romance, Galaxia,


1996.

16
2. Indica cales son os versos que riman entre si, a rima e a medida dos
versos:

A lúa da nena pobre

A lúa da nena pobre


debuxa na noite azul
unha moeda de cobre.

A nena na súa man


leva unha lúa de pan.

Xosé María Álvarez Cáccamo, Lúa de Pan*,


1950 en Poetízate de Fran Alonso, Xerais, 2006.

3. Partindo deste fragmento do poema d'Os soños na gaiola, de Manuel


María, inventa os versos impares de maneira que rimen cos primeiros.
Completa o poema no teu caderno.

17
O arco da vella

O arco da vella
-------------------------- (verso inventado que rima con vella)
co seu colorín,

-------------------------- (verso inventado que rima con colorín)


O arco da vella

-------------------------- (verso inventado que rima con vella)


que teñen, no ceo,

-------------------------! (verso inventado que rima con ceo)

O arco da vella
-------------------------- (verso inventado que rima con vella)

co seu colorín,
-------------------------! (verso inventado que rima con colorín)

Manuel María, Os soños na gaiola, versos pra nenos, Ediciones Celta,1972.

18
4. En grupo, lede o poema de Darío Xoán Cabana e substituíde as palabras en
negriña por outras que poidan quedar ben.

5. Recita este poema chorando, rindo, cantando, susurrando, como se


estiveses a piques de morrer, suspirando, namorado, excitado...

A viaxe en barco

O barco é un berce,
un berce ben grande,
nel poden durmir moitas persoas ao mesmo tempo
persoas que soñan
arroladas polo ruído do mar
alguén ronca
e parece o bruar dunha tormenta.
Ás veces, até ao capitán lle entra o sono
o mar alármase, claro,
as ondas saltan, alto,
para mollar os ollos do capitán.
As ondas non queren que o capitán quede durmido
as ondas non queren que o barco afunda,
as ondas non queren que o fondo do mar se
encha de porcallada.

Paula Carballeira, Contatrás II-I, Positivas, 2011.

19
20
Gramá
Gramática
O pronome persoal. Pronomes
tónicos e átonos
Os pronomes son palabras que empregamos para nomear persoas, animais ou
cousas. Empregámolos para substituír substantivos e enunciados:

María comeu o caldo.

Ela comeu o caldo.

Os pronomes persoais fan referencia a nós mesmos, a unha segunda persoa e a unha
terceira. A súa función dentro da oración é, normalmente, a de suxeito, complemento
directo ou indirecto:

El saltou o muro de pedra.

El: suxeito.

Persoa que fala 1.ª persoa eu

Persoa que escoita 2.ª persoa ti

Persoa de quen se fala 3.ª persoa el ou ela

Os pronomes persoais poden ser tónicos ou átonos.

Os pronomes tónicos teñen acento de intensidade e poden ir sós, como suxeitos.

Os pronomes átonos non teñen acento de intensidade e precisan ir acompañados


dun verbo.

Fixo o exercicio prestando atención.

Fíxoo prestando atención.

21
Pronomes persoais tónicos

Singular Plural

min, comigo nós, connosco


1.ª persoa
eu nós

ti vós
2.ª persoa
ti, contigo vós, convosco

el, ela eles, elas


3.ª persoa
el, ela, si, consigo eles, elas, si, consigo

Repara
As formas vostede e vostedes son formas de cortesía; serven para tratar os maiores ou as
persoas coas que non temos un trato familiar. Utilizámolas para tratar a xente con respecto e
educación.

Os pronomes de terceira persoa el, ela, eles, elas contraen coas preposicións en e de:

el ela eles elas

en nel nela neles nelas

de del dela deles delas

22
Os pronomes persoais átonos van sempre co verbo e poden ir diante ou detrás del.
Cando os pronomes átonos contraen co verbo, a palabra resultante acentúase
seguindo as regras xerais de acentuación:

Cómeos

Fíxenos (os exercicios)

Se o pronome contrae cun verbo que leva acento diacrítico, este conserva o acento:

Dálle o teu número de teléfono (a el).

A colocación do pronome átono


A colocación natural do pronome átono é despois do verbo e pegado a el. Nunca pode
ir en posición inicial absoluta:

Papounas todas e foi egoísta.

Existen algunhas partículas que fan que o pronome se coloque diante do verbo:

Cando vai precedido de que:

Ela marchou cedo, para que lle dese tempo a chegar á casa.

Nas oracións negativas o pronome vai sempre antes do verbo:

Non nos comprende ninguén.

Nas oracións exclamativas e interrogativas:

Canto me queres!

Que che dixo?

23
Canto me queres!

Cando antes do verbo vai aínda, axiña, case, quizais, sempre, tamén, só...:

Case te leva por diante!

Sempre me fai o mesmo.

Formas e funcións do pronome átono


Os pronomes persoais átonos funcionan dentro da oración como complementos.
Estas son as súas formas:

24
Pronomes persoais átonos

Persoa e xénero Singular Plural

1.ª persoa me nos

2.ª persoa che/te vos

masculino lle, o, lo, no lles, os, los, nos

3.ª persoa
feminino lle, a, la, na lles, as, las, nas

Os pronomes o, lo, no, a, la, na e o plural destes funcionan como complemento


directo.

Empregamos no, na cando o verbo acaba en ditongo (3.ª persoa):

Comeuna, papouno.

Empregamos lo, la e o plural destes despois de verbos que rematen en -r e -s e


despois dos pronomes lles, nos, vos:

Non vola dou, deixéillela carta sobre a mesa.

Empregamos o, a e o seu plural sempre que non se dean as circunstancias


anteriores:

Partinas pola metade.

Cómoos de cando en vez.

Te e che son pronomes que fan referencia a unha segunda persoa de singular.

Te funciona como complemento directo e che funciona como complemento


indirecto:

Non te metas comigo.

Mercareiche un o domingo.

Os pronomes persoais lle/lles de terceira persoa de singular e plural funcionan como


complemento indirecto:

25
Explicareille o problema de Lingua. (a el)

Contareilles o que van dicindo pola rúa. (a eles)

Actividades

1. Le o texto e escribe os pronomes que hai nel.

E gustáronlle máis os vagalumes do ceo por seren menos fachendosos cós


da terra.
—Mais non son vagalumes, Clarisca —díxolle o vento.

Ela, aínda que era moi amiga do vento, non lle deu creto. Estaba tan
namoradiña a
coitada que soamente podía soñar.

Os mociños vagalumes que pasaban á súa beira dicíanlle:

Vou procurando mociña


entre as herbas dos camiños.
Son mozo e rico, Clarisca,
vasme querer por marido?

María Victoria Moreno, Mar adiante, Xerais, 2009.

26
2. Di cales das seguintes palabras son pronomes.

de

que

lle

te

unhas

3. Completa colocando os pronomes no lugar correcto nas seguintes


frases e lembra seleccionar a opción baleira cando corresponda.

1.
O rapaz dixo que non

podía achegar ate a a


casa.

2.
Deixou enriba da cama para que

puideses ler.

3.
Colgou o teléfono e

27
chamou en canto puido.

4.
Quíxen tanto que ate

doía .

4. Indica cales son os pronomes tónicos e cales os átonos.

1.
Ti non podes vir con nós,

non temos suficiente espazo no noso coche.

2.
El díxolle ben claro ao

encargado que non ía xogar con nós.

3.
Conteilles moitas cousas da miña vida,

fíxeno, admítoo.

4.
A min gústame moito

montar con eles na nora.

5.
Vostede está equivocado, eu

non o vexo da mesma maneira.

28
Ortogr
Ortografía
Os signos de puntuación: punto,
coma, punto e coma, dous puntos
e puntos suspensivos. Signos de
interrogación e exclamación

O punto
Empregamos o punto para separar oracións e para sinalar que o contido que
queremos achegar rematou. Despois dun punto debes comezar por maiúsculas e
cando leas debes facer unha pausa.

Cando poñemos un punto e seguido estamos a separar oracións que, polo seu
contido, están relacionadas entre si. Debes facer unha pausa ao ler un punto e
seguido e a continuación ler a seguinte:

O mellor do meu traballo, sempre o digo, é que ten horarios moi flexibles e que non

29
hai dous días iguais. Para min iso é importante e sei que non soportaría un horario
ríxido.

Como podes apreciar, a segunda oración segue a falar do traballo, pero expresa algo
que non se expresou na oración anterior.

Empregamos o punto e á parte para separarmos parágrafos ou versos que tratan


temas distintos dentro do mesmo texto:

Laura era pequena e aínda así non era dabondo para participar desas misteriosas
«cousas de maiores».

Xan e María ían de festa xuntos. Ela esperábao á saída do traballo e gozaban das
romarías. Bailaban no adro da Igrexa ao son das gaitas e do tamboril.

Empregamos o punto final para transmitir que a información acabou totalmente.

Ademais, utilizamos o punto para separar os minutos das horas nos fusos horarios ou
nas abreviaturas:

12.00 a. m.

A coma
A coma indica unha pausa curta e emprégase para separar palabras ou frases, ou
para separar os elementos dunha enumeración:

Era linda, ben feita, de ollos claros, amaba os animais, era divertida.

Empregamos a coma, así mesmo, para intercalar aclaracións:

Marta, a nena loira que xoga sempre no parque, faltará á clase por uns días por
mor dunha caída.

Antes e despois dos nomes das persoas ás que nos diriximos:

O sol nace, Xoana, tes que ir para a túa casa.

Para separar os decimais dos números enteiros:

Este reloxo tan feitiño custoume 50,12 euros.

Antes de mais, pero, pois e porque:

30
Quero que veñas, mais non sei se será boa idea.

O punto e coma
Empregamos punto e coma cando dentro dunha oración longa xa hai comas, para
evitarmos confusións de comprensión:

Van ir xuntos a Caracas; o can queda na casa, queda María ao seu coidado.

En oracións que expresan un feito e a súa consecuencia:

É moi despistado e descoidado coas súas cousas, ata o estremo; non podemos
deixar que leve nada para a casa.

En oracións longas, diante de conxuncións como non obstante, mais, pero, en cambio,
así que, polo tanto, daquela...:

Xan está castigado por portarse mal todos os días da semana; así que, se non
cambia de actitude, vai roer moita casa.

Os dous puntos
Os dous puntos indican unha pausa moi parecida ao punto e úsanse para introducir
ou citar textualmente as palabras de alguén en estilo directo:

Era de noite e escoitou un ruído, abriu a porta e dixo: —Quen anda aí?

Úsanse tamén para empezar unha enumeración:

Poden saír ao patio os cinco primeiros da listaxe: Miguel, Sandra, Marga, Xoel e Xan.

Empréganse para introducir a causa, a consecuencia ou a conclusión do que


acabamos de dicir:

Aviso para o primeiro que volva berrar: non volve pisar a escola.

Os puntos suspensivos
Empregamos os puntos suspensivos para indicar que unha oración queda
interrompida ou en suspenso:

Foi feliz canda el pero os anos pasaron...


31
Úsanse para interromper unha oración expresando temor, dúbida, reticencia, intriga,
emoción...:

Non me toques porque che vou dar unha...

Tamén se usan para indicar que se evita unha palabra malsoante ou subliñar que
unha enumeración está incompleta ou queda aberta:

Hai moitas provincias afectadas polo temporal: A Coruña, Pontevedra, Ourense...

Así mesmo, para sinalar a eliminación de parte dun texto que se cita, normalmente
entre parénteses ou corchetes:

Adios ríos, adiós (...) Non sei cando nos veremos!

Os signos de interrogación e de
exclamación
Empregamos os signos de interrogación e exclamación para indicar a entoación
interrogativa ou exclamativa.

Cando facemos unha pregunta empregamos o signo de interrogación «?»:

Bailaches moito? Saíches de noite?

Empregámolo tamén, entre parénteses, para indicar dúbida sobre un dato:

Manuel Antonio (1900-?)

Empregamos o signo de exclamación «!» cando rematamos unha exclamación:

Oxalá!
Vaites!
Ata logo!

Tamén podemos empregar dobre signo de exclamación cando se desexa reforzar a


expresividade da oración: máis sorpresa, máis alegría, máis enfado...:

Liscade dunha vez!!

32
Repara
Para evitar a ambigüidade, tanto nas oracións exclamativas como nas interrogativas, podemos
empregar os signos de exclamación e interrogación ao inicio «¡» e «¿». Nunca se pon un punto
despois dun signo de interrogación ou exclamación, xa que estes xa incorporan un punto de
peche.

Escoita e le:

33
O que menos me gusta de cumprir anos é que, como coincide co Día de Defuntos, hai
que ir ao cemiterio. Cando era pequeno e non había forma de me escapulir da visita
aos mortos, entretíñame correndo de aquí para alá, buscando nomes raros nas
lápidas. Habíaos moi divertidos; por exemplo, Policarpo, Eufrasia, Humberto James (os
nomes compostos son os mellores), Nicanora ou Macedonio, que é coma unha
macedonia de froitas frescas pero en masculino. Outra ocupación que me gustaba
bastante era visitar as tumbas dos nenos. Eran as únicas que estaban directamente
escavadas na terra, en lugar de en nichos nas paredes. Confésovos que me daba algo
de medo ver aquel recinto cheo de sepulcros pequenos de mármore e granito,
decorados con figuras brancas de anxiños. Nalgúns sepulcros había incluso un marco
ovalado coa fotografía do neno morto! Arrepíos dábame observar as cara dos meniños
falecidos! Mais eran uns arrepíos raros, porque non podía deixar de mirar para eles. É
unha cousa misteriosa da mente humana. O que os maiores chaman unha
contradición, que consiste en pensar unha cousa e facer outra distinta...

Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais, 2014.

34
Actividades

1. Responde as seguintes preguntas:

Que problema ten Román cando cumpre anos?

Que nomes son os que lle chaman a atención?

Como se denominan eses nomes?

Que é para os maiores unha contradición?

2. Le o texto de novo e indica cales son os signos de puntuación.

3. Puntúa este texto poñendo o signo que corresponde.

Un día todas as cores desaparecen do val no que

35
viven os Mumin Mumintroll emprende unha
perigosa misión para pescudar se o val está ameazado de verdade pola

chegada dun cometa unha viaxe chea de fantasía

humor e tenrura na que fará bos

amigos

Tove Jansson, A chegada do cometa, Sushi Books, 2014.

Un reto antes de continuar


Xogamos a facer haikus!

Os haikus son poemas breves, sen rima, que se organizan en 17 sílabas repartidas en tres
versos.

Atrevédesvos a facer un?

36
37
Expres
Expresión oral e escrita
Recomenda e conta unha película
ou un libro
Cando vamos ao cine, ao teatro ou lemos un libro, xeralmente temos en conta o que
nos din previamente, se é axeitado para a nosa idade, se trata algún tema que nos
gusta ou que compartimos e tamén debemos ter en conta o prezo, xa que, ás veces,
non podemos asumir todo o que desexamos.

Se vas recomendar unha película debes ter en conta todo o anterior e escribilo
ordenadamente, salientando as características principais da película, libro ou obra de
teatro.

Repara
Debes falar das características principais:

Se é de acción, terror, humor, amor...

Se é un libro falaremos do número de páxinas; se é unha película, da súa duración, ao


igual que se se trata dunha obra de teatro.

Facer un pequeno resumo da acción que se pode ver na capa traseira do libro ou no
cartel da película ou da obra de teatro.

Debemos fixarnos en que o libro, película ou obra de teatro sexa axeitada á nosa idade.

38
Escoita e le:

Escarlatina, a cociñeira
defunta

Cando Román Casas quería


ser un auténtico chef,
pediulles aos seus pais un
curso de cociña para o seu
décimo aniversario, que
coincide co Día de Defuntos,
a festa dos mortos. E nese
día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi
singular, un cadaleito
acompañado dun sobre
negro onde viñan as
instrucións para activar a
Escarlatina, unha cociñeira
no século XIX que nunca se
separa de Lady Horrour, un
arrepiante arañón con
acento francés.

A bordo do mortobús, os
tres novos amigos e mais o
gato Dodoto viaxarán ao
Inframundo, onde os
defuntos viven baixo as
ordes de Amanito, o tirano
que goberna o Alén coa
axuda dos funguiños: os
seus terroríficos esbirros.

39
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos
vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro
que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Ledicia Costas, A cociñeira defunta, Xerais, 2014.


Premio Merlín de Literatura Infantil, 2014. (De 11 anos en diante)

Entrevista unha persoa


Unha entrevista é unha conversa recollida por escrito. Antes de comezar unha
entrevista debemos elixir a quen lle imos facer a entrevista. Esta persoa debe ser
alguén importante para nós, para que teñamos ganas de entrevistalo.

Debe ser o protagonista dun acto ou verse afectado por algún problema directa ou
indirectamente. Pode ser perfectamente unha compañeira da túa clase ou o teu avó.

Para prepararmos a entrevista, primeiro teremos de buscar información sobre o feito


que nos ocupa ou sobre a persoa que imos entrevistar. Prepararemos as preguntas e
informaremos sobre os datos relativos ao entrevistado.

40
As preguntas deben facer referencia a como sucedeu o acontecemento, como
empezou, que lle pareceu á persoa entrevistada e as súas consecuencias.

As entrevistas deben facerse con calma, sen présas, escoitando sen interromper.
Podedes tomar notas ou gravar a conversa en calquera soporte para tal fin.

Por último, debes redactar a información recollida, canto antes mellor para non perder
información. O título da entrevista pódelo poñer extraendo unha das frases máis
importantes dela. Estas frases deben ir entre comiñas e podes engadir unha pequena
parte introdutoria onde achegues os datos da persoa entrevistada.

Actividades

1. Lede en voz alta o texto, poñendo especial atención nas pausas que indican
as distintas puntuacións.

41
Recoméndalle un libro ou unha película a un compañeiro e escribe a
2.
dita recomendación no cadro que tes a continuación.

3. Escribe una recomendación para o libro Escarlatina, a cociñeira defunta.

4. Le esta entrevista a David Pintor na seguinte ligazón e contesta as


preguntas:

Quen é David Pintor? A que se dedica?

Por que se entrevista a David Pintor?

42
5. Amplía os teus coñecementos. Faille unha entrevista a unha persoa
que ti consideres importante ou sobre un acontecemento relevante.
Unha vez a remates, transcríbea e redacta a entrevista tendo en conta
a teoría deste apartado.

43
Reto superado
Facemos un poema entre toda a clase!

Escollemos un tema (exemplo: a noite, a natureza, as arañas).

Fixamos o número de versos (octosílabo) e con rima libre.

Cada alumno da aula compón un verso.

Despois xuntámolos e agrupámolos para obter un poema.

44
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei explicar que é unha palabra


primitiva e que é unha palabra derivada? Sei se Caixón é unha palabra
derivada?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín que hai distintos tipos de


poemas? Sei como é un romance?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que son e para que se usan os
pronomes? Sei se el é un pronome tónico ou átono e que persoa gramatical
presenta?

45
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín a puntuar un texto? Sei en
que lugar do enunciado debo poñer o signo de interrogación?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín a recomendar algún libro a


outras persoas? Aprendín a facer o propio cunha obra de teatro?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín a redactar unha entrevista?

46
Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superar cada actividade.

7. Cales son as palabras que teñen as cinco vogais?

caixón

catro

amigable

libro

8. Indica que par de palabras derivada-primitiva non é correcto.

persoa-persoeiro

mina-minestra

amigo-amigable

luz-luzada

47
papel-papelaría

9. Sinala cales destas imaxes representan palabras primitivas.

48
10. Completa as seguintes oracións cos pronomes persoais que
corresponda en cada caso. Non te esquezas de seleccionar a opción
baleira cando sexa necesario.

corría dun lado para o outro sen cesar.

non me sorprendeu que caera.

dixen que marcharan, que

colleran e marcharan todos.

Non quixo facer caso.

fixo sen a nosa axuda e despois


mentiunos.

deixei a cea sobre a mesa da

cociña. Só tes que colle cando


chegues á casa.

quíxen moito pero agora xa

non. Non quero mancar e

prefiro non ver .

11. Substitúe as palabras en negriña por un pronome e contráeo co verbo.

Exemplo: Escribe un conto de medo - Escríbeo

1. Gabriel comeu unha ameixa na horta.

2. Estudaron moitas cousas en Matemáticas.

49
3. Completaban as frases.

4. Tes un coche bonito.

12. Indica cal é o pronome tónico.

la o a

lle ti te

13. Indica cales son os pronomes átonos.

min nos ti

lle el eu

50
14. Cales destas formas non son tónicas?

ti el lle

la min

15. Engádelle os signos de puntuación a este texto.

Os fumes saían por un tubo moi groso que se elevaba ata o exterior

era especie de cheminea vella toda enferruxada e

chea de parches Tiña pinta de que podía estoupar

dun momento a outro Como imaxinaredes

a cama de Escarlatina non era outra cousa que un

ataúde Estaba separado da cociña por unha cortina

toda roída e sucia Non era precisamente un cuarto

acolledor

51
Dodoto saltou do meu colo e foi inspeccionar a despensa con bastante

interese Era a primeira vez desde que chegaramos


ao Inframundo que tomaba a iniciativa.

—E cando pensades darme máis detalles do cacique

—pregunteilles con certa impaciencia

16. Indica cales destas palabras riman entre si.

verxel lembranza

amores dores

claridade amizade

esperanza el

Reforza

17. Indica cales destas palabras son palabras derivadas.

mesa

cargueiro

cadeira

letra

carniceiro

18. Indica cales destas palabras son palabras derivadas.


52
rato

teteira

soneto

leiteiro

carboeiro

19. Indica cal é o pronome persoal átono.

nunca ti min

de o noso

20. Indica cal é o pronome tónico.

no el as

cando este voso

53
21. Relaciona a parte da oración que está destacada co pronome persoal
correspondente.

Clara e mais eu fomos ao cine xuntos. eu

Aqueles nenos estiveron a xogar na rúa ata nós


moi tarde.

A rapaza vivía había moitos anos alí. vós

Xurxo e Laura sempre dixestes o que vos ela


deu a gana.

Quero todo o que me deas. eles

22. Relaciona a parte da oración que está destacada co pronome persoal


correspondente.

Marga, Xan e Brais foron ao mercado. eu

O meu pai fíxome unha festa polo meu nós


aniversario.

Seremos moi bos cando chegue o Nadal. vós

Non sei se estaredes conformes. el

Irei correndo con todas as miñas forzas. eles

54
Amplía

23. Investiga sobre a figura de Antonio García Teijeiro. Busca un poema seu e
resume a súa biografía.

Non esquezas responder as seguintes preguntas cando a fagas:

Quen é?

De onde é?

A que se dedica?

Por que é importante, que fixo?

Galería de imaxes

55
56
57
58
59
Vocabulario

Amorodo
Subs. Froito vermello e carnoso en forma de corazón, con pequenas pebidas na pel.

Arrepiante
Adx. Que produce medo ou arrepío.

Arrepío
Subs. Estremecemento causado polo frío, o medo, a repugnancia, etc.

Cadaleito
Subs. Caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado.
60
Calafrío
Subs. Tremor brusco e sensación de frío que, ás veces, acompaña á febre nunha
enfermidade.

Cavernosa
Adx. Relativo ou pertencente á cavidade profunda na terra ou nunha rocha.

Compoñer
Vbo. Xuntar de maneira axeitada os distintos elementos que forman [unha cousa].

Delincuente
Adx. Persoa que comete un delito.

Ducia
Subs. Conxunto de doce unidades.

Esbirro
Subs. Persoa que actúa ás ordes doutra ou doutras levando a cabo accións violentas.

Escapulir
Vbo. Conseguir quedar libre de algo ou alguén, que pode constituír un problema, unha
molestia, un perigo, etc.

Escavar
Vbo. Facer [unha cavidade, furados, etc.] extraendo terra dun lugar.

Gorentoso
Adx. [Comida] que gorenta ou gusta moito.

Imprudente 61
Imprudente
Adx. Que actúa irreflexivamente, sen tomar as precaucións necesarias para evitar todo
aquilo que poida ter consecuencias negativas.

Lembranza
Subs. Pegada que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento
determinado.

Macabro
Adx. Que fai referencia á morte e participa do seu aspecto máis repulsivo e
desagradable.

Medrar
Vbo. Aumentar en altura, crecer.

Miañar
Vbo. [Gato] emitir o seu son característico.

Nicho
Subs. Cavidade feita nun muro ou parede para sepultar un cadáver.

Ovalado
Adx. Que ten forma de curva cerrada e alongada, semellante á do perfil dun ovo.

Radar
Subs. Aparello que permite descubrir a presenza de obxectos distantes, e determinar a
súa natureza, dirección e distancia á que se atopan, mediante a emisión de ondas
electromagnéticas que ao seren reflectidas por estes obxectos volven ao punto de
emisión.

Reaccionar
Vbo. Manifestar unha determinada reacción
62ante un estímulo.
Vbo. Manifestar unha determinada reacción ante un estímulo.

Recendo
Subs. Olor agradable.

Sepulcro
Subs. Construción escavada na terra ou levantada sobre ela para enterrar os defuntos.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-

galego/_/aprendelo/contido_0092/dicionario-pronuncia-lingua-galega

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

63
Coordinadora Galega de Equipos de normalización y
dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Ledicia Costas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ledicia_Costas

Antón Cortizas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Cortizas

Xosé María Álvarez Cáccamo


http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_%C3%81lvarez_C%C3%A1ccam

Manuel María
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm

María Victoria Moreno


http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Victoria_Moreno

Tove Jansson
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tove_Jansson

Antonio García Teijeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Garc%C3%ADa_Teijeiro

Entrevista a David Pintor


http://praza.gal/cultura/8469/ainda-se-ven-nos-andeis-galegos-libros-infantis-nos-que-

o-autor-das-imaxes-non-aparece-nas-cubertas/

64
O arco da vella
https://youtu.be/IasyAbqMFUY?list=PLazaasdnhY94qQowMojb0jq_ClG3GIGG5

Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

65
6. Un océano de
aventuras

Para comezar
Que é o que diferencia as palabras simples das compostas?

Ocórreseche algunha metáfora ou comparación? Poderías aventurar o que é un


«comentario de texto»?

Como funcionan os adverbios? Sabes cales son as preposicións?

Poderías dicir cando se debe realizar unha contracción?

Sabes contar unha experiencia persoal?

Poderías crear un poema?

Un océano de aventuras
Esta historia comeza en 1866.

Unha cousa estraña chegada do fondo dos océanos é avistada en varios mares. Ninguén
sabe dicir exactamente de que se trata. Os que por uns segundos puideron vela quedaron
abraiados pola súa rapidez. Desde entón, vai para un ano e estanse producindo naufraxios
inexplicados. O responsable só pode ser un monstro mariño. A única solución é expulsalo
para que non poida facer máis dano a ninguén.

Xulio Verne, 20.000 leguas baixo dos mares, Baía Edicións, 2010.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Es intrépido? E decidido?

Gústanche as aventuras?

Escoita e le:

Unha expedición dirixida polo capitán Farragut parte para acabar coa besta a bordo da
fragata americana Abrahan Lincoln. No Museo de París, o profesor Pierre Aronnax
segue este apaixonante asunto desde o comezo. Unha mañá recibe unha carta
propoñéndolle que se una á tripulación xunto co seu axudante, Conseil.

O buque, armado coma un baleeiro, solta amarras cara ás augas do Pacífico.


Acompáñaos un canadense, Ned Land, o rei dos arpoeiros, disposto en todo momento

2
a capturar o feroz cetáceo. Cada día, Pierre Aronnax observa a superficie do océano
mentres escoita o relato das aventuras polares de Ned. Pero despois de tres meses,
empezan a sentirse desanimados. Malia todo o touciño que tiraran á auga para atraer
o animal, nada aparece no horizonte. O océano semella deserto. Os días son todos
iguais. Parece que o máis razoable é dar media volta.

Unha noite, mentres Pierre e Conseil conversan sobre a borda de estribor, Ned
avísaos:

—Ei! A cousa vén cara a nós!

Todos corren onda el. O monstro está a poucos metros e proxecta unha luz intensa. O
animal toma impulso como se estivese a piques de abalanzarse sobre a fragata.

Finalmente, detense e a luz apágase.

Ao día seguinte, o capitán Farragut decide atacalo cun canón. Sorprendentemente, a


bala escorrega sobre a superficie da besta en lugar de ferila. Ned Land decide lanzar o
seu arpón pero, polo son que produce, parece petar sobre un corpo metálico.

Xulio Verne, 20.000 leguas baixo dos mares, Baía Edicións, 2010.

3
Comprensión lectora

1. Lede en voz alta o texto, facendo as pausas precisas e coidando a entoación.

2. Escribe no teu caderno un final para o texto. Imaxina e pinta un monstro mariño.

3. Resposta a estas cuestións e despois reflexionade en grupos sobre


elas.

Por quen está dirixida a expedición?

Que tipo de barco é? Como vai armado?

Quen os acompaña? Quen é esta persoa? Que é un arpoeiro?

Que significa «estribor»? Que outra dirección podemos


tomar nun barco?

Que sucede cando encontran o monstro?

Que comida lle botan?

Que animal pensas que é? Buscan un animal mariño, sabes


dalgún outro da mesma especie?

Di algunha especie máis de peixes ou moluscos?

4
4. Reforza os teus coñecementos. Que relación hai entre as palabras
«expedición» e «tripulación»? Que é o que teñen en común?

5. Cal destas profesións non ten que ver co mar?

baleeiro

mergullador

peixeira

espeleólogo

mariñeiro

5
6. Reforza o que sabes. Identifica as palabras que tamén designan
colectividade.

martelo

empanada

exército

clan

casa

6
Un reto antes de continuar
Mergullarémonos no fondo do mar!

No fondo do mar hai animaliños, moitos, certo... pero ás veces confundimos a forma castelá coa
galega para denominalos.

Cómpre referírmonos ás cousas polos seus nomes e sabermos cales son os nomes xenuínos
galegos. A lingua é un tesouro que debemos coidar!

7
Vocabu
Vocabulario
As palabras simples e as palabras
compostas

As palabras simples son as que están formadas por un só lexema, que pode ir acompañado
por morfemas flexivos:

sol, rapaz-a

As palabras compostas son aquelas que están formadas pola unión de dúas ou máis palabras
simples:

catasol = cata + sol

O plural das palabras compostas faise seguindo as regras de acentuación e márcase


na segunda palabra simple que forma o composto.

Algúns exemplos de palabras compostas en galego son:

escornabois, quitamerendas, bulebule, montacargas, escarvadentes, gardameta,


lavalouzas, portaenxertos, repousabrazos, limpaparabrisas, pinchacarneiro, viravolta,
pasamontañas, gardamontes, quitaneves...

Existen moitas palabras compostas que forman o primeiro elemento con formas
verbais (para-, garda-, quita-, pasa-, salva-...).

Escoita e le:

8
Cada noite, víao saír baixo o ceo escuro, xa brillasen as estrelas ou non se vise máis ca
o negro acibeche da madrugada. A esas horas, debera estar durmindo, pero ao
escoitar o chiii-chi-chiiiii do seu renxer característico, non o podía evitar: saltaba da
cama, cos pés descalzos e miraba pola ventá para velo avanzar na súa bicicleta. Levaba
un ritmo lento e parsimonioso, pero tamén uniforme e incansable.

Erea só tiña nove anos, mais coñecía aquela rutina coma as liñas que se debuxaban na
palma da súa man. Aquel son era tan certo coma que os seus pés arrefriaban coma o
xeo moito antes de perder o home de vista, motivo polo cal non collería o sono ao
volver á cama, pero a el seguro que lle daba igual.

Aquel espectáculo era digno de ver. Pagaba a pena todo o frío e incluso algunhas
catarreiras que pillaba. Na casa non podían explicarse como collía tantos arrefriados,
pegados ao teito, se pasaban o verán coa calefacción prendida. Por suposto, ela
xamais comentou ren da súa afección nocturna. Ninguén crería que o seu pasatempo
favorito era ver como o veciño saía da casa a altas horas da noite, en bicicleta.

María Canosa, Rubicundo, Xerais, 2015.

9
Repara
Existen en galego moitos nomes que teñen que ver connosco, coa nosa identidade e coa nosa
lingua como pobo. Os de persoa denominámolos antropónimos.

Navia, Icía, Xan, Xián, Nuno, Celtia, Iria, Sabela, Dubra, Aloia, Erea, Helena...

Actividades

1. Escoitade o audio desta lectura e realizade un ditado a partir del.

2. Responde estas preguntas relacionadas coa lectura:

Como se chamaba a nena? Que clase de nome é?

Que nome é Erea? É un nome galego?

Como era o son que a pon en alerta?

Que lle pasa a Erea? Cal é a causa de que enferme?

10
Cal é o seu pasatempo favorito?

3. Busca a única palabra composta que hai no texto e fai unha oración con
ela.

4. Ampliade os vosos coñecementos. Procurade a orixe do voso nome.


Unha vez rematedes, poñédeo en común co resto da aula e extraede as
vosas conclusións. Hai moitas diferenzas entre os vosos nomes e o dos
vosos avós?

Indentifica cales son as palabras simples.


11
5.
limpacristais

randeeira

medianoite

imprudente

maleducado

6. Indica cales destas palabras son compostas.

benestar

vagalume

quilómetro

ditadura

panificadora

12
Literatu
Literatura
O comentario literario
O comentario literario consiste en facer unha análise completa do que nos quere
transmitir un texto. Cómpre ler o texto completo dunha vez, sen escribir nada nin
preocuparse moito polos detalles.

O obxectivo de ler o texto deste xeito é familiarizármonos co que expresa, co que


quere dicir. Unha vez lido, debemos parar un par de minutos e analizalo, pensando o
que podemos dicir sobre o tema e sobre o autor ou autora.

Debemos pensar nas cousas máis importantes que se din nese texto e relacionalas
cunha idea xeral que se poida extraer del. Exemplo: se o texto fala do amor,
probablemente nalgún momento incluirá as palabras querer ou amar. Salientar isto
serviranos para apoiar o noso comentario e razoar a nosa análise.

Nun segundo paso, volveremos ler o texto tendo en conta o que xa destacamos antes,
o que debemos subliñar ou resumir nunha nota. Ao facermos referencia ao tema
principal que se trata no texto, debemos empregar todo o que temos subliñado
(palabras e frases claves) para lograrmos unha estrutura de inicio, desenvolvemento
e conclusión.

Na medida do posible, seguindo esta estrutura, hai que evitar quedar a medias ou sen
tempo para rematar o comentario... Pode ser útil facer un esquema para non
esquecer ningunha idea clave do texto.

Tamén podemos facer referencia á lingua empregada no texto (verbos, substantivos,


adxectivos) e ás figuras retóricas[1] utilizadas polo autor ou autora.

Escoita e le:

13
Mar de escuma
de prata
de bruma.
Mar teimudo
esperto
escuro.
Mar biqueiro
Mar espello
Mar luceiro.
Mar preguiceiro
Mar pillabán.
Mar do verán!

Antonio García Teijeiro, As


catro estacións, Galaxia,
2011.

Actividades

1. Recitade o poema en voz alta. Facédeo «adoptando» distintos estados de ánimo:


enfado, sorpresa, namoramento... con voz suave e con voz rouca. Deixádevos
levar!

2. Con estas cinco palabras, constrúe un pequeno relato de non máis de


vinte e cinco palabras ou un pequeno poema. Tes de empregalas todas!

14
cardume ● follas ● peixe ● carqueixa ● biblioteca

3. Amplía os teus coñecementos. Redacta unha ficha do autor da lectura,


Antonio García Teijeiro, cos trazos máis importantes da súa vida e da
súa obra.

4. Sinala, de entre estas posibles, a idea principal do texto.

Os arroaces

O mar de inverno

O mar escuro

As ondas do mar

O mar de verán

15
5. Analizar a linguaxe do texto é importante para que comprendamos que
nos quere transmitir o autor. Indica cales destes conceptos do texto
son positivos-dinámicos e cales negativos-estáticos, arrastrándoos á
columna correspondente.

16
Positivos Negativos

bruma

teimudo

pillabán

esperto

biqueiro

escuro

luceiro

preguiceiro

de prata

espello

de escuma

de verán

17
[1]
Figuras retóricas
A comparación. Consiste en relacionar dous elementos que comparten algunha
semellanza.

A metáfora. Identifica un elemento real con outro imaxinario, co que se establece


unha relación, xa que comparten algunha semellanza. A continuación podes ver un
exemplo de metáfora:

O sol, grandísima flor,


redonda rosa amarela
que nace cada amencer
a quentar a pel da Terra.

Loce no ceo brillante


se non ten as nubes diante,
todos os días se oculta
pero é unha flor que non murcha.

De noite segue o seu rumbo


escóndese no solpor,
e mentres se vai de rúa,
á outra parte do mundo,
nós quedamos ás escuras,
coas estrelas e a lúa.

Xoán Neira, Un niño no xardín, Xerais, 2012.

18
Gramá
Gramática
O adverbio
Os adverbios son palabras que non teñen nin xénero (masculino/feminino) nin
número (singular/plural). Son palabras invariables que completan o significado que
nos achega o verbo.

Non bebas moito.

O adverbio moito dános información de canta cantidade de líquido debes beber,


segundo o emisor.

Tamén completan o significado do adxectivo.

Este rapaz é moi espelido.

Poden completar tamén o significado doutro adverbio:

19
Xan actuou moi ben.

Os adverbios, segundo o seu significado, pódense clasificar en varios tipos: de lugar,


de modo, de tempo, de cantidade, de afirmación, de negación e de dúbida.

  Tipos de adverbios

Lugar aquí, alí, acá, alá, arriba, fóra, preto, lonxe...

Modo ben, mal, así...

Tempo hoxe, mañá, onte, antonte, cedo, despois, sempre...

Cantidade máis, tanto, menos, bastante, case, demais, só, nada...

Afirmación si, certo, abofé, tamén...

Negación non, tampouco...

Dúbida seica, quizais...

20
Lembra
Os adverbios rematados en -mente que se forman a partir dun adxectivo non levan acento
gráfico, aínda que si o leve o adxectivo do que procede.

As locucións adverbiais son a unión de dúas ou máis palabras que, xuntas, funcionan como
un adverbio.

  Locucións adverbiais

Lugar a contramán, en fronte, á beira, a rentes, ao redor...

Modo a correr, á mantenta, ás présas, a propósito, ao chou, de


balde...

Tempo a cada pouco, a diario, aos poucos...

Cantidade a medias, de máis, de sobra, de todo...

Afirmación así mesmo, de certo...

Negación non xa, de ningunha maneira, de ningún modo...

Dúbida se cadra, ao mellor...

21
As preposicións
As preposicións son palabras invariables que empregamos como enlaces de
palabras ou outros enunciados. As preposicións son: a, agás, ante, ata, canda, cara a,
con, contra, de, deica, desde, en, entre, onda, para, perante, por, segundo, sen, sobre, tras,
xunta.

Algunhas preposicións contraen, por exemplo, con determinantes ou pronomes:


neste, deste, nel, nela.

Locucións preposicionais
Cómpre saber, ademais, que existen certas expresións que funcionan como
preposicións:

cara a, por mor de, a prol de, no tocante a, en troques de, no canto de...

Fomos cara a Santiago e xantamos alí.

Escoita e le:

Todo está perfectamente acondicionado e iluminado. Hai unha biblioteca, un salón


decorado con cadros de grandes mestres e con música ambiente.

O propio Nemo foi quen deseñou os planos do aparello!

Os descubrimentos submarinos do capitán están expostos en coleccións de gran valor


científico. O capitán Nemo é certamente unha persoa tan sorprendente como estraña.

—Por que quere illarse así do mundo dos humanos? —Pierre, moi curioso, non pode

22
evitar interrogar a Nemo, que non quere revelar a súa identidade.

O capitán cambia de tema e dá mostras de ser un bo anfitrión:

—Son vostedes libres a bordo. Libres para ir e vir polo Nautilus.

Pero logo dunha longa conversa, Pierre comprende que el e os seus compañeiros son
tan libres como un prisioneiro no seu cárcere. Nemo retenos no fondo do océano
esperando que renuncien á idea de volver ás súas casas.

Uns meses despois, Pierre xa aprendera o funcionamento do Nautilus. Participa nos


experimentos do capitán Nemo e caza nos bosques submarinos grazas a un
revolucionario escafandro.

Pierre, Ned e Conseil marabíllanse con todas as riquezas que están descubrindo.
Tamén coas aventuras que viven, como o día que, cando estaban descansando nunha
illa, se viron obrigados a combater contra uns caníbales.

Os tres están divididos entre o desexo de ver de novo as súas familias e o de


sorprenderse diariamente cos descubrimentos de Nemo.

Xulio Verne, 20.000 leguas baixo dos mares, Baía Edicións, 2010.

23
Actividades

1. Escoita o texto da gravación e cópiao no teu caderno, como se dun


ditado se tratase.

2. Responde, no teu caderno, estas cuestións sobre a lectura.

Quen é Nemo?

Que adxectivo define a Pierre? Ti es curioso? Que diferenza


atopas entre ser curioso e ser un lercho?

Que é un escafandro? Que é o que fai Pierre con el?

Con que se marabillan Pierre, Ned e Conseil?

Con que se sorprenden?

24
3. Indica os adverbios que hai no texto e, despois, escríbeos no teu
caderno.

4. Reforza os teus coñecementos. Escribe no teu cadeno un texto de vinte


e cinco palabra no que inclúas catro adverbios e cinco preposicións.

25
Ortogr
Ortografía
As contraccións
Os artigos determinados e indeterminados contraen coas preposicións a, con, de, en,
por e o artigo determinado, tamén coa partícula comparativa ca.

  Artigos determinados

Preposicións o a os as

a ao (ó) á aos (ós) ás

con co coa cos coas

de do da dos das

en no na nos nas

por polo pola polos polas

  Artigos determinados

Conxunción
o a os as
comparativa

ca có cá cós cás

26
  Artigos determinados

Preposicións un unha uns unhas

con cun cunha cuns cunhas

de dun dunha duns dunhas

en nun nunha nuns nunhas

Lembra
Lembra que as contraccións ao e ó se pronuncian con /ɔ/.

Os determinantes demostrativos, posesivos e indefinidos tamén contraen coas preposicións a,


con, de, en e por. Verémolos nas próximas unidades.

Escoita e le:

27
Había que engadir que non se trataba dun paseo calquera. Resultaba unha
curiosidade. O horario, quizais, era o que menos chamaba a atención da nena. O que
máis sorprendía a Erea era a indumentaria do seu veciño: un gabán e un sombreiro
de copa negros, para darlle
aos pedais, ademais do
traxe tamén cor acibeche
por debaixo! Digamos que
non lle parecía á pequena o
máis idóneo dos
equipamentos para montar
en bicicleta. Por
comodidade, eh! Ben,
mellor sería dicir por
incomodidade.

Iso captaba moito máis a


súa atención que a
antigüidade daquel
vehículo que facía tanto
ruído. Tiña unha roda
grande diante, e outra
pequena detrás, sobre a
que ía unha caixiña de
madeira, coma un cofre,
xusto atada baixo o asento.

Era moito máis


sorprendente incluso que o
seu propio nome:
Rubicundo.

Erea sabía que o home non


soportaba que lle
chamasen Rubi. Tomábao
coma unha grave ofensa!
Tíñao visto enfadarse unha
chea de veces por este motivo. Os nenos, sabedores do malestar que lle producía,
berrábanllo dende lonxe, e el arreboláballes o bastón ou calquera obxecto que tivese
á man sen intención ningunha de darlles, pero si de velos fuxir a fume de carozo, como
acontecía sempre.

Por suposto, Erea tampouco cría que Rubi fose un nome acorde con aquel carácter
rudo. Ela utilizaríao para bautizar unha mascota. Un peixe de cores nun acuario, ou
unha tartaruga no xardín. Se cadra, ata unha cacatúa. Pero nunca xamais a un can ou
un micho.

28
María Canosa, Rubicundo, Xerais, 2015.

Actividades

1. Lede en voz alta o texto, facendo fincapé na entoación e nas pausas propiciadas
polos signos de puntuación.

2. Responde as seguintes cuestións:

Que é o que menos lle chamaba a atención das expedicións á


nena? E o que máis?

Que é o que fai ruído?

Como se chama ese personaxe da bicicleta?

Que facían os nenos? Como reaccionaba Rubicundo?

Por que non está ben comportarse así? Que debemos facer
cando alguén se comporta mal cunha persoa na nosa
presenza?

3. Procura as contraccións de artigo e preposición que aparecen na

29
lectura e cópiaas despois no recadro.

4. Repara na expresión a fume de carozo. Que significa?

intensamente

estaticamente

rapidamente

lentamente

30
Un reto antes de continuar
Propoñemos o xogo de saber que elemento é alleo ao mar. Para adiviñar cal é o intruso,
empregaremos o dicionario.

● argazo ● cardume ● nasa ● bocanoite ● brétema

31
Expres
Expresión oral e escrita
Contar experiencias
Para contar experiencias debes, antes de nada, pensar o que vas dicir e cales son os
datos máis importantes que vas relatar. Non está de máis que, cando o leves á
práctica, fagas un pequeno guión (xa sexa mental ou nun folio á parte) das cousas
importantes que vas narrar.

Unha vez que teñas claro as experiencias sobre as que vas escribir, xa sexa unha
viaxe, un día de festa, unha visita ao cine cos amigos, as túas afeccións... debes poñer
atención á hora de redactar. Cómpre que o fagas dun xeito claro, sen faltas de
ortografía, con comas para as pausas e puntos entre oracións máis longas.

As oracións deben estar formadas por un suxeito e un predicado, é dicir, un suxeito


formado por un substantivo ou un pronome, que desenvolve a función de quen
realiza a acción, e un predicado formado por un verbo, que é o núcleo, cos seus
complementos.

Antes de dares por rematado o teu texto, debes lelo en voz alta ou ben para ti. Nesta
fase da redacción, debes comprobar que as túas ideas teñan sentido, isto é, que se
entenda o que dis. Ademais, podes revisar se cumpriches coas regras de ortografía.

Escoita e le:

A nena do parque chámase Noa.

E Noa é rapaza moi especial.


32
Cando era máis cativa xa observaba en silencio todo o que ocorría ao seu redor,
escoitaba o que dicían seus pais e repetíao en voz baixa cantaruxando.

Cando Noa era máis cativa, gustáballe bañarse nunha pistina, gozaba facendo debuxos
cun retulador e escoitar a música que poñían os seus pais pintando un sorriso sereno
no seu rostro. Ah! e, dende moi cativa, era amiga dun elefante, unha peluche, claro,
que se chamaba Tito e que lle mercaran un día que Noa metera a pata, ou sexa, o pé,
nunha ola con auga quente e tivera que estar uns días no hospital.

Noa tiña un irmán dous anos e pouco maior ca ela, chamado Antón, pero del non imos
dicir nada, agás que ao can que estaba na casa, un coker branco e negro, lle chamaba
orellán, aínda que o seu nome era Dark.

Ademais de todo iso, Noa era unha rapaza moi sensible. Cando seu pai ou súa nai lían
ou recitaban un poema en voz alta, algo que facían a miúdo, a nena ficaba enfeitizada
polas palabras que resoaban no seu ceo e, ás veces, os seus ollos convertíanse en
cristal e caíalle algunha bágoa polo seu rostro.

Antonio García Teijeiro, A nena do parque, Edicións Embora, 2014.

33
Pintar versos II. Compón un
poema sobre o que queiras
Escribir un poema precisa de concentración, así que debes pensar sempre sobre que
tema vas escribir. Se non che sae de forma natural, pódeste axudar de palabras que
che gusten; podes pensar en cousas bonitas e relacionalas con esas palabras, con
sons, con momentos do día nos que te sintas ben, con sensacións agradables, con
animais, con obxectos... ou todo o contrario! Tamén podes recrear sentimentos tristes:
un momento de carraxe, de tristura, de desilusión...

A poesía debe ser sempre un xogo, pode ser un xogo visual ou musical, un xogo que
establecemos coas palabras. Todo o que escribamos poderá recrear sentimentos
positivos ou negativos, pero formará parte da nosa creación, e é importante que
gocemos co simple proceso de crear algo propio, algo noso.

Non debemos ver na poesía un feito competitivo, senón entendela como algo que nos
libera, que nos satisfai, que nos enche o espírito...

O meu gato xoga coa lingua

e descobre cousas incribles

Un coello sen pelos no pelello

Un coello co rabo vermello

Un coello con cara de camelo

Un coello comendo un caramelo

Un canguro que pecha a bolsa con seguro

Un canguro que enche a bolsa con pan duro


34
Un canguro bailando nun felpudo.

Fran Alonso, O meu gato é un poeta, Xerais,


2011.

Actividades

1. Traballo en grupo. Lede en voz alta o texto e inventade, entre todos, un final.
Cada un de vós ha de engadir unha frase ou varias para continuar esta historia.

2. Responde estas preguntas:

Que característica fai especial a Noa?

De quen é amiga? Cando se fixo amiga del?

Tiveches algunha vez un boneco especial?

Que pasaba cando os pais lían poemas?

35
3. Amplía os teus coñecementos. Conta unha experiencia túa que teña
que ver cun feito pasado, algo que experimentaras con intensidade.
Por se non se che ocorre nada, podes ter en conta os seguintes temas:

O primeiro día de escola.

A primeira vez que durmiches na casa dun amigo.

Un día no que todo o que aconteceu foi divertido.

A túa relación coa natureza: un día nunha aldea que non


coñecías, un día de praia, un día no monte...

4. Recitade o poema seguindo esta pauta: nas palabras en grosa ou palabras


destacadas, ficade en silencio, e tratade de explicalas mediante a mímica.

5. Amplía os teus coñecementos. Formade grupos de catro ou cinco


compañeiros/as e intentade facer un poema. Podedes axudarvos de palabras
que vos gusten. Propoñemos cinco, pero poden ser as que vós queirades.

36
● vento ● calcetín ● onda (do mar) ● sol ● paxaros

Un reto antes de continuar


Propoñémosche un gran reto, un reto que consiste en que elabores un poema ou un breve
relato sobre o mar.

Atréveste?

37
Ao pec
Que aprendiches?
Copia e completa no teu caderno unha táboa como esta e valora o teu traballo.

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei explicar que é unha palabra simple
e que é unha palabra composta? Sei se vacaloura é unha palabra composta?
Aprendín a descompoñela en partes?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín como facer un comentario?


Sei o que é unha metáfora? Sei que pode ser un diamante da noite?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que resultado dá combinar as


palabras de + a? Aprendín o que son as contraccións e que elementos as
forman?

38
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que clase de palabra é nunca? E con?
Aprendín a distinguir os adverbios e as preposicións?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín como debo relatar unha


experiencia? Sei o método máis adecuado para contar o que fixen na
pasada fin de semana?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei crear un poema?

39
Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
intentos para superar cada actividade.

7. Sinala as palabras simples.

gardamontes

escarvadentes

parsimonioso

montacargas

8. Sinala que ilustración representa unha palabra composta.

40
9. Completa as seguintes oracións coas contraccións.

1. María corría (de + un) lado para o outro sen cesar. Ela,
(con + o) seu irmán, tiña que baixar (a + a) vila.

2. Eu díxenlle que marchara (por + a) beira (de + a)


estrada, camiñando lentamente para gozar (de + o) solpor.

3. A nena deixou de chorar (por + a) bicicleta e decidiu pintar


(con + as) acuarelas para distraerse.

4. Agardaba todos os días (a + os) pés (de + a) escaleira


(por + os) bicos (de + a) súa avoa. Estes bicos eran
ben saborosos.

5. Esperou toda a noite (por + os) Reis, pedira un xoguete


moi chulo (con + o) que enredar.

10. Indica cal é a contracción.

eu

do

si

me

Identifica os adverbios.
41
11.
min

comer

nunca

nos

este

quizais

12. Identifica as preposicións.

canda

sei

por

este

sempre

de

13. Une as palabras que rimen entre si.

primeira maldade

amores mol

sol enfado

soidade verdadeira

cargado dores

42
14. Fai as contraccións deste texto. Préstalle atención ao uso das
maiúsculas!

Era a hora (de + o) aperitivo (en + a) taberna (de + a)


vila. As xentes que estaban alí, (en + as) mesas ou diante da barra,
sorbían (de + os) seus vasos de bebida e comían olivas verdes.
(con + a) fronte en alto, camiñou (con + a) firme intención de
pedir algunha bebida refrescante. (de + o) rapaz quería
esquecerse (por + a) dificultade que requiría o asunto. Soñaba ás
máis (de + as) veces estando esperta, vivía (con + o) firme
convencemento de que non ía ser feliz.

15. Di cales das seguintes palabras son adverbios.

canda

agás

aquí

xunta

segundo

16. Di cales das seguintes palabras son preposicións.

nunca

ata

un

ben

43
que

sen

Reforza

17. Indica cal destas palabras é unha palabra simple.

sacaúntos

mancomún

estalote

pararraios

pasamán

18. Indica cal destas palabras é unha palabra composta.

pinchacarneiro

44
submariño

preestablecido

escumadeira

escurecemento

19. Indica cal destas palabras é un adverbio.

nunca

contra

noso

20. Indica cal destas palabras é unha preposición.

espazo

desde

agora

pois

45
quizais

voso

21. Indica cales son as contraccións.

con

do

máis

por

coa

Amplía

22. Investiga na rede e procura o nome de cinco poetas que compoñan versos en
lingua galega. Elabora a ficha persoal dun deles.

46
Galería de images

47
48
49
50
Vocabulario

51
Acibeche
Subst. Variedade de lignito duro, negro e brillante que, labrado e pulido, pode ser
utilizado en xoiaría.

Acondicionar
Vbo. Dotar [algo] das condicións axeitadas para o uso ao que vai destinado ou para un
determinado fin.

Anfitrión
Subst. Persoa que ten invitados e os trata con moita deferencia.

Antigüidade
Subst. O tempo antigo, particularmente a Idade Antiga.

Apaixonante
Adx. Que produce paixón, entusiasmo ou grande interese.

Arrebolar
Vbo. Lanzar un pau ou unha pedra a [unha árbore] para tirar a froita.

Arrefriar
Vbo. Tornar frío ou máis frío.

Arpoeiro
Subst. Persoa que se dedica a disparar o arpón.

Cacatúa
Subst. Ave da familia dos psitácidos, da que existen distintas especies, de corpo
robusto, peteiro forte e curvado e un penacho de plumas eréctiles na cabeza.

52
Canadense
Subst. Persoa natural ou habitante do Canadá.

Caníbal
Subst. Persoa que come carne humana.

Cárcere
Subst. Establecemento disposto para ter encerrados aos presos.

Catarreira
Subst. Catarro das vías respiratorias, que produce un aumento da secreción nasal, tose
e espirros.

Cetáceo
Subst. Orde de mamíferos adaptados á vida acuática, que teñen o corpo en forma de
peixe, a pel lisa e sen pelo, unha grande aleta caudal horizontal, as extremidades
anteriores transformadas en aletas e están desprovistos das posteriores.

Escafandro
Subst. Equipo formado por un traxe impermeable ou illante da calor, dotado de
distintos dispositivos, que dá a un mergullador, astronauta, bombeiro etc., unha certa
autonomía para permanecer nun medio en que a falta de osíxeno, a presión ou as
altas temperaturas fan imposible a vida humana.

Estribor
Subst. Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa.

Expedición
Subst. Viaxe ou marcha dun grupo de persoas cun fin militar ou científico.

Gabán
53
Subst. Peza de vestir en forma de capa con mangas e ás veces tamén capucha.

Idóneo
Adx. Que reúne boas condicións, ou as mellores, para un determinado fin.

Indumentaria
Subst. Conxunto de todas as pezas do vestiario, en particular das que se posúen ou se
levan postas.

Marabillarse
Vbo. Provocar un sentimento de admiración ou de asombro, causar viva impresión en
[alguén].

Micho
Subst. Mamífero carnívoro da familia dos félidos (Felis catus), doméstico, de cabeza
pequena e arredondada, ollos brillantes que se adaptan á visión nocturna, patas
curtas con fortes uñas retráctiles, pelo mesto e suave, rabo longo, do que existen
moitas razas.

Nocturno
Adx. Relativo ou pertencente á noite ou que ten lugar pola noite.

Parsimonioso
Adx. [Persoa, animal] que se move ou actúa con lentitude na maneira de actuar ou de
ocorrer algo.

Pedal
Subst. Peza de determinados mecanismos que se acciona co pé e serve para transmitir
o movemento ou para facer que funcionen outras partes.

Revelar
Vbo. Dar a coñecer [algo non coñecido ou que era secreto].

54
Rudo
Adx. Que demostra falta de delicadeza e de boa educación.

Touciño
Subst. Graxa que ten o porco por debaixo da pel, particularmente a da barriga e a do
lombo.

Tripulación
Subst. Conxunto de persoas encargadas de conducir e manter o servizo dun barco,
avión, nave espacial, etc.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

55
Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de normalización y


dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Xulio Verne
http://gl.wikipedia.org/wiki/Jules_Verne

María Canosa
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Canosa

Antonio García Teijeiro


http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Garc%C3%ADa_Teijeiro

Fran Alonso
http://gl.wikipedia.org/wiki/Fran_Alonso

Os adverbios en galego
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/adverbio.htm

Fichas para o obradoiro de diferenciación e


recoñecemento de especies pesqueiras do mercado
galego
http://www.pescadegalicia.com/Publicaciones/pdfs/Especies_pesqueiras.pdf

Nomes femininos en galego


http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_nomes_femininos_en_galego

Nomes masculinos en galego


56
Nomes masculinos en galego
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_nomes_masculinos_en_galego

Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

57
7. Quero que veñan meus
pais!

Para comezar
Sabes o que é unha familia de palabras? Explícao.

Coñeces a diferenza entre relato curto e conto? Cal é?

Atréveste a locutar un anuncio de radio?

Serías quen de creares publicidade?

Globi chista máis


Non digo que me gustaría morrer. Non. Non o digo porque non é certo. Pero estoupar... si.
Xúrovos que si. Gustaríame estoupar. Mellor aínda: gustaríame desincharme. Desincharme
aos poucos, como os globos que fan piff, piff, piff, piiiifff, piifff, coma os de Guitiriz.

E cando me petase, pechar a válvula. Porque a min gustaríame desincharme coma os


globos con válvula, modernos, coma o globo de Betanzos, que xa é máis famoso en
Betanzos, en Galicia e no Mundo. Porque o Mundo é máis grande aínda que Betanzos,
Galicia e España xuntos.

Concha Blanco, Quero que veñan meus pais!, Edicións Embora, 2013.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Sabes que é a emigración? Explícao.

Tes algún familiar fóra de Galicia? En que lugar? Por que marcharon?

Escoita e le:

Ademais, daquela, chamaríanme Globi e non Poti como me din os indios da miña clase
que xa o paspallaron aos catro ventos e tamén o saben os da miña aldea, que se
chama Lires. Globi chista máis. Bah! Non sei. Depende como se mire.

Se non vos imaxinades de que vén o de Poti dígovolo, ou cóntovolo, que me parece
que tanto ten. Cando me chaman Poti é coma se me chamasen gordo en grao
superlativo, que é algo moi gordo moi gordo. Porque a mestra cando nós facemos os
traballos tamén nos di sodes uns folgazáns en grao superlativo.
2
Damián díxome que me chamaban Poti polos potiños da farmacia. Os potiños son uns
botes de cristal cheos de comida para os nenos pequenos. Para os bebés. A comida
está toda moída coma se fosen papas. Disque en cada potiño pode haber un polo
enteiro, ou unha pescada, ou un linguado ben grande. Por iso os bebés están tan
gordos. Tan gordos que non son capaces de camiñar, sequera de se aguantar en pé.

Non vaias pensar que este é o meu caso. Estou gordo. Certo. Pero eu ando, corro,
xogo ao fútbol e... súo moito. E canso moito tamén; debo recoñecelo. Así que lle dixen
a Damián: Oes, que aínda hai diferenza. E o moi chulo, porque é moi chulo, díxome
todo estirado: Por aí vai; tanto ten.

Estou pensando que Damián tampouco é tan chulo, porque el non me chama Poti.
Todo o máis que me chama algunha vez para facerese o valentón diante dos outros é
Unto.

Concha Blanco, Quero que veñan meus pais!, Edicións Embora, 2013.

3
Comprensión lectora

1. Lede en voz alta o texto, facendo fincapé na entoación.

2. En grupos, falade da lectura e dádelles resposta a estas cuestións.

En que parte de Galicia está Lires?

Como lle chaman ao protagonista? Por que o fan?

Que lle botan á comida dos bebés?

Que caracteriza a Damián?

Por que non poden andar os bebés, segundo Poti?

Sabes o que é un alcume? Explícao.

Sabes de alguén que teña un? Cal é?

3. Elabora no teu caderno un texto de cincuenta palabras onde o


protagonista sexa un bebé.

4
4. Identifica as palabras que riman entre si.

mamadeira

axóuxere

berce

cueiro

babeiro

5. Escribe o nome do vexetal que corresponde coa ilustración.

5
Un reto antes de continuar
Galicia é moito máis que o lugar onde moras. Para poder apreciar verdadeiramente a túa terra,
tes que coñecela ben. Busca nun mapa onde está Lires e escribe unha pequena redacción de 50
palabras sobre como é. Para guiarte, podes seguir este guión:

Onde está este lugar?

A que concello pertence?

Cantos habitantes ten?

Hai algún escritor que sexa de alí?

6
Vocabu
Vocabulario
Familia de palabras e campo
semántico
carta → carteiro, cartilla, cartear, pancarta, carteira...

Todas estas palabras, procedentes da mesma palabra primitiva, é o que se chama


familia de palabras ou familia léxica.

Non debemos confundir as familias de palabras (tamén denominadas «familias


léxicas») co campo semántico.

O campo semántico é un conxunto de palabras relacionadas polo seu significado. As


palabras que forman parte dun campo semántico atinxen a unha mesma idea ou
tema.

Este é o campo semántico dos vexetais:

leituga, coliflor, cogombro, cabaciña, cenoria...

Esta é a familia léxica de leite:

lácteo, lactosa, aleitar...

As familias léxicas ou familias de palabras poden ser regulares e irregulares.

As familias léxicas regulares manteñen sempre a mesma raíz ou lexema:

libro, libraría, libreiro...

As familias léxicas irregulares son aquelas en que as palabras presentan o


mesmo lexema, pero dúas ou máis raíces:

noite, noitiña, noctámbulo, pernoctar...

Neste caso temos que noit e noct son variantes dun mesmo lexema; ambas as dúas
crean palabras da mesma familia léxica, pero son dúas raíces diferentes: unha
7
patrimonial e outra culta.

Escoita e le:

ZZC5

Cando un ten febre ten soños raros.

Manuel a media mañá durmiu. Quedou profunda e placidamente durmido. Soñou con
ZZC5, un extraterrestre explorador que tiña por misión vir á Terra fornecerse de
información sobre o planeta e os moradores. Un ser verde, de aspecto xelatinoso, non
moi alto e cun único ollo dentro dun escafandro. Un extraterrestre típico, nada
excepcional. Nin medo daba. O máis curioso é que tiña por costume ir dunha casa a
outra a través dos sumidoiros do váter. Non era unha maneira de viaxar moi elegante.
A auga resultáballe un medio estupendo para desprazarse, e como as billas da auga
limpa tiñan filtros polos que non podía atravesar, empregaba as canalizacións da auga
sucia. El non comía, por tanto tampouco defecaba, e por iso non chegaba a
comprender na súa dimensión o noxento que era o asunto. Aquela maneira de viaxar
pola Terra adiante impregnábao dun cheiro insoportable. Cheiraba que apetrenaba.

8
Manuel soñou con el. Soñou que estando un día tranquilamente sentado no váter,
facendo o que se fai alí, nada máis levantarse levou un susto de morte cando do
interior se ergueu un becho alongado, verde mazá, cunha caca na fronte do casco que
deixaba entrever dentro un grande ollo moi aberto.

María Solar, O meu pesadelo favorito, Galaxia, 2015.

Actividades

1. Lede o texto en voz alta e aproveitade o audio para realizardes un


ditado.

9
2. Responde ás cuestións que teñen que ver coa lectura:

Que síntomas ten Manuel?

Con quen soñou?

Que misión tiña o extraterrestre? Como accede ás casas?

Que come este ser?

Como se presenta fisicamente o extraterrestre?

Cres nos extraterrestres? Hai algún ser, parecido aos


extraterrestres, no que crea a poboación?

3. Busca no dicionario catro palabras das familias léxicas de barco, terra,


mar e lúa e apúntaas no teu caderno.

10
4. Indica cal é o intruso nestas familias léxicas.

1. Vixiar, vixiante, vixilia, vixilancia, vixía.

2. Só, soamente, soidade, solo, solidariedade, solista, solitario.

3. Xear, xeada, conxelar, xelado, xerador.

4. Lúa, luada, luar, luarada, luz, aluar.

5. Arrastra as palabras da familia léxica de doer e de leite e colócaas no


seu lugar.

a. Cando todos durmían saíu da corte cargado coa

gap despois de muxir as vacas.

b. Caeulle unha lousa no pé e non lle paraba de

gap .

c.
Ficou gap con aquela actitude del tan

prepotente.

11
d. Teño que ter coidado cos alimentos, pois son intolerante á

gap .

e. Pagoulle as débedas que tiña con cartos, vexetais da horta e

tres gap .

f.
Nos hospitais hai ducias de gap amoreados nos

corredores.

g. Almorzo todos os días dúas torradas con manteiga, zume de

laranxa e cacao con gap .

doer leite doída leiteira

doentes leitóns lactosa

6. Clasifica as palabras que pertenzan á mesma familia léxica.

12
Ter Calor Terra

manter

caloroso

extraterrestre

terráqueo

soster

calorífico

terreal

conter

calorificación

7. Clasifica as palabras que pertenzan á mesma familia léxica.

13
Plano Persoa

planear

planura

persoal

chan

persoeiro

impersoal

14
Literatu
Literatura
Narración I. As narracións
populares e as narracións
literarias. O conto e o relato curto
Para contar uns feitos ocorridos a alguén ou a algún animal ou cousa, normalmente
empregamos a narración. O que contamos pode ser real ou imaxinario e situámolo
nun espazo concreto e nun tempo determinado.

A narración pode ser oral ou escrita:

A narración oral ou conto popular é unha expresión cultural común a todos


os pobos e prodúcese sen pensala, sen planificala. A tradición transmítese de
xeración en xeración por medio da narración oral; relátanse feitos que
sucederon, ou que puideron suceder, en forma de lendas, fábulas, contos...
Este tipo de narración vai acompañada de xestos, dunha entoación e
expresividade moi marcadas, non ten un autor concreto, poden existir
distintas versións e a linguaxe empregada é sinxela.

A narración escrita ou conto literario consiste en contar o que sucede, ou


inventar o sucedido, por medio da escrita e adoita pensarse; faise, por tanto,
de xeito planificado e seguindo unha estrutura concreta. A narración literaria
posúe fins estéticos, coida minuciosamente a linguaxe, emprega figuras
retóricas, céntrase naqueles aspectos que lle interesan ao seu autor, que
sempre é unha persoa concreta que asina a obra.

O conto e o relato curto


O conto é unha narración oral ou escrita que parte duns feitos concretos. Na meirande
parte das veces presenta unha historia na que hai un personaxe e unha situación que
se lle presenta a este, á que se lle busca solución.

15
Hai autores que non fan diferenza entre o conto e o relato curto, mais algúns
consideran que o relato curto ten unha extensión menor.

Repara
Na literatura galega trátanse distintos temas dentro do conto e do relato curto e poden ser
veraces, realistas, de cousas que sucederon na realidade, ou, pola contra, pode tratar sobre
feitos que teñan que ver coa fantasía e coa imaxinación. Na nosa tradición literaria hai moitos
escritores que empregaron o relato fantástico. Un dos máis representativos foi Álvaro
Cunqueiro.

Respecto do conto, tanto na oralidade como na escrita, contamos con moitos e moi bos autores:
Paula Carballeira, Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval...

Escoita e le:

Naqueles tempos cando os animais falaban, houbo un país habitado por corrichos,
coas súas cortes de corrichos, os seus hábitos de corrichos e as súas cousas de
corrichos. Tiñan un rei, Martiño, que era o máis porcallán de todos, requisito este
imprescindible para rexer o país. Os devanceiros do rei Martiño gobernaran durante
vinte xeracións aquel reino de porcos, sen que ninguén conseguise arrebatarlles o
trono. Era unha familia realmente moi porcona.

16
O castelo do rei era unha auténtica inmundicia, cos desperdicios da comida espallados
polo chan. Bolsas de lixo amoreadas nos dormitorios e os cortinados das cristaleiras,
floreados de manchas por térense utilizado para limpar o fociño nos grandes
banquetes e de pano dos mocos cando a familia real adoecía de catarreira. Do castelo
do rei Martiño emanaba un cheiro tan fedorento que os paxaros que pasaban voando
por riba del caían ao chan privados do sentido, afogados pola falta de osíxeno. As
bolboretas, toupas e lagartos mantíñanse afastados a unha prudente distancia coma
se unha parede invisible de podrén lles impedise o paso. Só os moscóns azuis
señoreaban ás súas anchas por todo o recinto.

Gloria Sánchez, Florentino, o príncipe Quino, Xerais, 2010.

Actividades
17
Lede o texto en alto para realizar un ditado a partir del.
1.

2. Contesta a estas cuestións:

Que é un corricho? Falan os animais?

Como se chamaba o seu rei? Que o caracterizaba?

En que situación se atopaba o castelo?

Como asoaban os mocos?

Tirades o lixo ao chan? Que pasaría se todos o fixésemos?

Reciclades cando tirades o lixo aos colectores?

3. Con estas cinco palabras, escribe o un relato breve, de non máis de


cincuentas palabras, sobre un suceso máxico.

Follas ● Auga ● Lucecú ● Noite ● Po de estrelas

18
4. Escolle calquera dos animais do texto e ilústrao. Pon atención á hora de
representar as calidades que mellor o definan.

19
Gramá
Gramática
O verbo. Persoa e número do
verbo
O verbo
Os verbos expresan accións ou estados. Funcionan como núcleo do predicado dentro
das oracións e son os que desenvolven as accións ou os estados do suxeito.

Os verbos enúncianse en infinitivo e hai tres conxugacións: -ar (1.ª conxugación), -er
(2.ª conxugación), -ir (3.ª conxugación).

cantar (1.ª conxugación)

comer (2.ª conxugación)

vivir (3.ª conxugación)

Os verbos teñen unha raíz ou lexema, á que lle engadimos morfemas de persoa e de
tempo, isto é, as desinencias.

and ar

raíz desinencia

O número fai referencia á persoa que desenvolve a acción e pode ser unha ou varias.
Por tanto, pódese expresar en singular ou en plural.

Se é singular, fai referencia a unha cousa, persoa ou animal:

Ela fixo un buraco na area.

A toupa escavou un buraco na terra.

O libro caeu.
20
Se é plural, fai referencia a varias persoas, animais ou cousas:

Elas fixeron un buraco na area.

As toupas escavaron un buraco na terra.

Os libros caeron.

As persoas ás que fai referencia o verbo son tres: primeira persoa, segunda persoa e
terceira persoa.

Primeira persoa
A primeira persoa fai referencia á persoa que fala.

21
Segunda persoa
A segunda persoa fai referencia á persoa que escoita.

22
Terceira persoa
A terceira persoa fai referencia a unha persoa que non é a que fala ou escoita.

Escoita e le:

23
Medrar

Medrar é ir cara ao ceo

Cando medramos, é fácil pensar


que non existen límites,
que tocarás a última estrela, ao poñerte de puntas,
que serás máis forte cós teus pais,
que lles levantarás a man ós que che berren,
aos que se opoñen aos teus gustos.
Pero o certo é que sempre medran ao teu par
vellas angustias,
medos
e raizames que non te deixan
ser libre.
Outras veces decátaste
de que medrar tamén é ir
cara ao termo
a completar a rota,
solidaria,
dun guerreiro na loita,
como fixeron os outros
en silencio.

Ana María Fernández, Amar e outros verbos, Everest

Actividades

1. Recitade o poema en voz alta. Unha vez lido, probade a ler só os versos pares;
xogade a ver se teñen sentido. En que persoas se expresa o poema?

24
En grupo, contestade as seguintes cuestións sobre a lectura:
2.
Que é medrar?

Que acontece se non existen os límites?

Quen será máis forte cós pais?

Cara a onde se camiña? Para que? Como?

3. Completa no teu caderno estas formas verbais en presente e en pretérito.


Indica a que persoas corresponden.

Presente Pretérito

deixei

deixas

deixa deixou

deixamos deixamos

deixan deixaron

estou

estás estiveches

está

estivemos

están estiveron

4. No poema hai unha expresión que significa poñerse na punta dos

25
pés que se marca en amarelo no texto. Como se pode dicir o mesmo con
outra expresión?

Poñerse no bico dos pés.

Poñerse no ceo dos pés.

Poñerse de xeonllos.

Poñerse de crequenas.

5. Clasifica os verbos do poema segundo a súa conxugación.


2ª conxugación 3ª conxugación
conxugación

medrar

coincidir

levantar

ser

facer

decatar

sorrir

vivir

6. Igual que no exercicio anterior, identifica os verbos do poema segundo


a súa conxugación.

26
1ª conxugación 2ª conxugación 3ª conxugación

poñer

ir

opoñer

existir

comer

deixar

berrar

7. Reforza o teus coñecementos. Indica en que persoa está o


verbo estarei.

1.ª persoa do singular

2.ª persoa do plural

1.ª persoa do plural

3.ª persoa do singular

2.ª persoa do singular

27
28
Ortogr
Ortografía
Palabras con b e v
Palabras con b
Escribimos con b as
palabras que empezan por
biblio-, bio-, bu- (excepto
vulnerar, vurullo e vulto) e os
prefixos bi- e bis-:

burro, bioloxía, biblioteca


bisneto, bicolor

Ademais, escribimos con b


os verbos rematados en -
bir e -buír (excepto vir, vivir e servir) e os seus derivados:

escribir, recibir, contribuír

Así mesmo, levan b as formas verbais rematadas en -aba, -abas, -abamos, -abades, -
aban:

andaba, andabamos, andaban

Tamén se utiliza b nas formas dos verbos: beber, caber, deber, haber, lamber, saber e
sorber.

Igualmente, as palabras en que ao son b lle segue unha consoante, excepto acivro e
ávrego, escríbense con b:

brando, moble, cobre

29
Palabras con v
Escribimos con v todas as
palabras que rematan en -
ívoro e -ívora (excepto
víbora):

herbívoro

Ademais, escribimos con v


todas as formas dos verbos
estar, ir, ter, servir, ver, vir e
vivir (excepto o copretérito
estaba, estabas):

viñan, estiven, vivían

Levan v os adxectivos rematados en -avo, -ava, -ave, -evo, -eva, -ivo e -iva (excepto
árabe):

escravo, escrava, grave, lonxevo, lonxeva, intensivo, intensiva

Así mesmo, escríbense con v os verbos rematados en -servar e -versar e todas as


formas destes.:

observar, conversar

Igualmente, escribimos con v as palabras que empezan por pri-, ad- e di-:

privar, divisar

Escoita e le:

30
Meus pais están en Suíza

Si, si. Preferiría que me chamasen Globi. Os globos tamén son gordos, xa sei. Non.
Todos non son gordos. Algúns son alongados. Outros teñen formas. Formas de soles,
de lúas, de animais, de morcillas. Mellor aínda: gustaríame ser un globo. Iso si. Como
me gustaría ser un globo! Voaría a Suíza cada fin de semana ver os meus pais.
Chegábame con ser un globo pequeniño, para que ninguén se fixase en min. Non. O
de Betanzos non. Era unha broma. O de Betanzos só me gustaría para asustar a Paco o
que lle cheira o sobaco, para poder botarlle un bufido de gas e lapas nas orellas e nos
ollos e así vingarme del polo de Poti. E a Andrés, o que escribe ao revés, tamén polo
mesmo. Sempre me está amolando.

Claro. Só dixen que era Carlos Filgueira Capelo e tiña que dicir máis cousas. Tamén
dixen, de mentira, que nacera en Lires. Pois agora digo que vivo en Lires (isto si que é
verdade, pois non ía vivir no Sanatorio) coa miña avoa Lucía. Vivimos os dous sós
porque o avó Manuel morreu e os meus pais están en Suíza.

Concha Blanco, Quero que veñan meus pais!, Edicións Embora, 2013.

31
Repara
O globo de Betanzos lánzase na media noite do día do patrón, o 16 de agosto.

Desde 1875 (aínda que o primeiro en lanzarse foi no 1814) é elaborado artesanalmente pola
familia Pita.

Empréganse, para a súa construción, cento vinte quilos de papel, litros de engrudo e debuxos
de artistas recoñecidos. A súa altura é de 25 metros e ten 50 metros de diámetro.

O proceso de inflado dura apenas media hora, grazas aos fachuzos de palla que quentan o aire
do seu interior. Unha vez inflado, faise xirar para que o público poida admirar os debuxos
humorísticos e sóltase co seu correspondente cesto ateigado de fogos artificiais, entre os
aplausos e os vítores do público congregado por miles na praza.

Actividades

1. Lede en voz alta o texto. Poñede a énfase e a entoación que consideredes


axeitada.

2. Respondede as seguintes preguntas:

Con que se conformaría Carlos?

Para que quere ser un globo?

Que tamaño debe ter o de Betanzos?

Con quen vive Carlos? Como se chama a súa avoa?

32
Os pais de Carlos están en Suíza, son emigrantes. Cal é o
motivo polo que a xente emigra?

3. Busca as palabras do texto que se escriben con b e con v e clasifícaas


anotándoas no recadro de abaixo.

4. Indica cales destes obxectos se escriben con b.

33
5. Indica cales destes obxectos se escriben con v.

34
Un reto antes de continuar
O xentilicio de Betanzos é betanceiro. Cales os xentilicios das seguintes localidades galegas?

35
Expres
Expresión oral e escrita
Locutar un anuncio
Para locutar un anuncio debes practicar antes. Intenta ler o texto dun anuncio varias
veces transmitindo en cada ocasión un sentimento e un estado de ánimo diferente.

Podes lelo:

Como un texto moi gracioso.

Enfadado.

Como se tiveses que berrar, ao existir moito ruído.

Como se estiveses na biblioteca e tiveses que baixar a voz.

Como se estiveses nun atril ante moito público e tiveses que convencelo do
que dis.

Como se llo dixeses á túa irmá pequeniña.

A radio esixe que as mensaxes sexan claras, que os enunciados que vaiamos locutar
estean ben escritos. Demanda, ademais, credibilidade, claridade e boa dicción na
oralidade.

Debemos vocalizar ben, articular, entoar, darlle ritmo ao que lemos, e ter a actitude
correcta dependendo do que lemos (non é o mesmo ler unha esquela que ler un
anuncio de publicidade dun comercio).

36
Repara
A vocalización é pronunciar correctamente.

A articulación é enunciar con claridade as vogais e as consonantes.

A entoación é o resultado das variacións de ton que temos ao falar.

O ritmo é a velocidade e entoación que empregamos á hora de lermos.

Escoita e le:

Cantas cousas se dixeron Lucas e Ana aquel mes?

Moitas.

Falaron repetidas veces das novas que ían chegando pola radio sobre o desembarco
británico en Francia. O 6 de xuño fora o día D: This is the day. A invasión xa comezou! O
xeneral Einsenhower dixéralle ao pobo francés: «Espéranos un duro combate, pero
despois virá a vitoria. 1944 será o ano da vitoria total». Iso animáraos e enchéralles os
corazóns de esperanza.

Ese mes pasárono numerando as vilas e cidades francesas liberadas: Calais, Boulogne-
sur-mer, Cherburgo... Facían conxecturas de cando chegarían a Holanda e cando o
país volvería ser libre.

«Pronto, pronto!», repetían.

37
Practicamente todos os días do verán houbo tormentas. Para equilibrar as novas que
ían chegando sobre a guerra, non deixaba de chover. Os ceos cubríanse de gris e, de
socato, caían grandes treboadas. Aquel ano, o verán foi curto. Como se o outono non
quixese esperar e chamase á porta.

No faiado, coas pingueiras provocadas pola choiva que se filtraban polas tellas, a
rapaza non faltou a unha soa cita.

Falaron do tempo, daquel verán tan estraño; e de música, e de libros... e nunca do que
sentían. Lucas riu coa afección de Ana pola danza, e ela do noxo que lle daban a el os
chícharos. Cada un fixo unha lista das súas tachas e dos lugares aos que irían de viaxe
algún día.

Xavier Estévez, A rapaza da fiestra, Tambre, 2010.

38
Facer publicidade dun oficio
O que buscamos cando nos ocupamos dun anuncio é mostrar algo dunha forma
atractiva, facer que o público consumidor o desexe e, ademais, facelo dun xeito
divertido para que o seu efecto perdure no tempo.

Para elaborar o noso anuncio debemos decidir, nun primeiro momento, sobre que
oficio podemos facelo, xa sexa dunha carniceira ou libreira, dun músico... Unha vez o
decidamos, podemos pensar nas frases máis atraentes, na rima dalgunha das
palabras como reclamo, na aliteración e, por suposto, na resposta ás preguntas Que?
Onde? e Como? O título debe ser atraente, rimando palabras entre si:

Se comes froita saborosa, compra na froitaría A Golosa.

Cómpre condensar o anuncio en poucas palabras, nun slogan breve, pois os lemas
máis longos adoitan ser máis difíciles de recordar.

É conveniente deixar fóra os aspectos secundarios e incluír só a información máis


relevante: localización da tenda, horario de apertura, formas de contacto (de existiren),
presenza na rede (sitio web, redes sociais...), etc.

Repara
Para faceres un anuncio, tes que seguir estes pasos:

Escolle unha cor para a base do anuncio. Procura que o fondo non lle reste
protagonismo ás letras.

Escolle un tipo de letra (fonte) bonito e lexible. Coloca as letras na parte superior ou na
metade, pois son os lugares onde mellor se ven.

Podes escoller imaxes que axuden a fixar a mensaxe.

39
Actividades

1. Lede en voz alta o texto. Tede en conta as recomendacións que aprendestes


nesta sección.

2. Responde estas preguntas.

Que se escoita pola radio?

De que xeneral falan? Quen foi este persoeiro?

A que guerra fai referencia a historia?

Que cousa non lle gustaba a Lucas?

Hai algo que che desagrade a ti especialmente?

3. Amplía os teus coñecementos. Imaxinade que sodes os condutores dun


programa de radio e que tedes que dar a noticia da fin da Segunda Guerra
Mundial. Os nazis réndense e tedes que comunicarlle á poboación que xa están
liberados. Seguide os seguintes pasos.

Elaborade un guión dialogado cun correspondente de guerra que está no


lugar.

Lédeo varias veces antes de locutalo.

Gravádeo antes varias veces para practicar a dicción.

Tede en conta o carácter positivo da noticia á hora de locutala.

40
Recreade a retransmisión diante dos compañeiros.

4. Amplía os teus coñecementos. Seguindo a teoría do apartado, debedes crear


cadanseu anuncio dalgún produto ou dalgún oficio no caderno ou nunha
cartolina. O exercicio completarémolo cun concurso de anuncios na aula. Quen
mellor o faga será o/a gañador/a!

5. Indica cales destas palabras riman entre si.

momento fiable

marabilloso admirar

espectacular escandaloso

liberador contento

impecable encantador

41
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei explicar que é unha familia de


palabras? Sei completar a familia léxica de noite?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín o que é un relato curto?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei que persoa e número presenta a


forma amou? Aprendín que é un verbo e que características presenta?

42
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín as fases que se deben
cumprir antes de locutar un anuncio de radio?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Aprendín como facer publicidade dun


oficio?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
43
intentos para superar cada actividade.

6. Sinala as palabras intrusas nas familias léxicas de cada columna.

camiño arte dor carne

camiñante artístico doloroso carné

camiñada artesán dorido carniceiro

camareiro artificio doente carnicería

camiñar artesa ardor carnívoro

7. Sinala a palabra intrusiva na familia léxica.

camiño

camiñante

camiñada

camareiro

camiñar

8. Sinala a palabra intrusiva na familia léxica.

arte

artístico

artesán

artificio

44
artesa

9. Sinala a palabra intrusiva na familia léxica.

dor

doloroso

dorido

doente

ardor

10. Sinala a palabra intrusiva na familia léxica.

carne

carné

carniceiro

carnicería

carnívoro

11. Identifica a palabra que non ten que ver coa familia léxica de leite.

lactosa

leite

latoira

lácteo

45
aleitar

leitón

12. Indica os verbos que correspondan á terceira conxugación.

esbirrei

choveu

corrixirei

comín

partira

13. Completa as seguintes oracións co verbo no tempo indicado e co


número e a persoa axeitados.

1. María (correr) dun lado para o outro sen cesar. Ela (ir)
co seu irmán, xuntos (baixar) á vila. (Tempo verbal:
copretérito)

2. A nena (deixar) de chorar pola perrencha e


(decidir) pintar acuarelas para distraerse. (Tempo verbal:
pretérito)

3. Ela (agardar) todos os días aos pés da escaleira polos bicos


da súa avoa. Estes bicos (ser) ben saborosos. (Tempo
verbal: copretérito)

4.

Xan (esperar) toda a noite polos Reis, el (pedir) un


46
xoguete moi chulo co que enredar. (Tempo verbal: pretérito)

14. Relaciona o verbo co pronome correspondente.

comeu nós

saltamos vós

dixeches el

andastes ti

riron eu

crin eles

15. Indica cales das seguintes imaxes conteñen a letra b.

16. Identifica as palabras que se escriben con v.

47
17. Indica os verbos que correspondan á segunda conxugación.

medrei

compartirei

sometín

chorara

corría

18. Indica en que persoa está o verbo miraches.

1.ª persoa do singular

2.ª persoa do plural

48
1.ª persoa do plural

3.ª persoa do singular

2.ª persoa do singular

19. Completa estas palabras segundo se escriban con b ou con v.

Era a hora do aperiti o na ta erna

da ila. As xentes que esta an alí,

nas mesas ou diante da arra, sor

ían dos seus asos de e

ida e comían oli as

erdes. Coa fronte en alto, camiñou coa firme

intención de pedir algunha e ida


refrescante. Do rapaz quería esquecerse pola dificultade que requiría o

asunto. Soña a ás máis das eces

estando esperta, i ía co firme

con encemento de que non ía ser feliz.

Reforza

20. Indica cal destas palabras non pertence á familia léxica de luz.

luz

contraluz

49
relucente

lucense

luceiro

luzada

translúcido

21. Indica cal destas palabras é un verbo.

devagar

tzar

estoxo

ven

ben

quen

22. Relaciona o verbo co número e coa persoa que corresponda.

vés eu

venceremos nós

paro ti

fixestes vós

50
Amplía

23. Investiga na rede e procura o nome de cinco autores/as de relato curto ou


que escriban contos.

Galería de imaxes

51
52
53
54
55
56
Vocabulario

Alongado
Adx. Que ten unha lonxitude moito maior ca a largura ou ca a altura.

Amolar
Vbo. Causar molestia ou fastío.

Angustia
Subst. Sensación de intranquilidade e sufrimento acompañada de alteración física,
producida pola incerteza, a inseguridade, a aprehensión, o medo, etc.

Apetrenar
Vbo. Cheirar mal, feder. 57
Vbo. Cheirar mal, feder.

Bufido
Subst. Acción e efecto de expulsar aire polo nariz, polo fociño ou pola boca con forza e
facendo ruído.

Chícharos
Subst. Planta da família das papilionáceas, leguminosa. A semente, pequeno gran
esférico, comestible.

Conxectura
Subst. Opinión ou xuízo formado sobre meros indicios ou aparencias, sen un
fundamento certo.

Desembarco
Subst. Acción e efecto de baixar dun barco.

Devanceiro
Subst. Persoa da mesma familia, que viviu nun tempo anterior con respecto a outra
persoa.

Dimensión
Subst. Tamaño dun corpo nunha determinada dirección.

Excepcional
Adx. Que constitúe unha excepción, que se afasta do que é habitual e ordinario ou que
ocorre en contadas ocasións.

Faiado
Subst. Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado.

Fedorento
58
Fedorento
Adx. Que fede ou desprende fedor.

Folgazán
Adx. Pouco amigo de traballar.

Imprescindible
Adx. De quen ou do que non se pode prescindir.

Inmundicia
Subst. Aquilo que ten tanta sucidade que produce noxo.

Linguado
Subst. Peixe mariño da superorde dos teleósteos (Solea vulgaris), co corpo oval e
aplanado, que ten as aletas dorsal e anal unidas case á caudal e cor parda con
manchas escuras.

Moer
Vbo. Desfacer en cachos moi pequenos ou reducir a po [unha materia dura], nos
aparellos ou máquinas concibidos para ese fin.

Morcilla
Subst. Embutido feito coa tripa grosa de porco, que se enche cunha mestura composta
por sangue do mesmo animal, fariña, azucre, uvas pasas e algún outro ingrediente.

Noxento
Adx. Que produce unha sensación física moi desagradable experimentada ao percibir
algo polos sentidos, descartando en gran parte o oído, e que polo xeral vai
acompañada de desexos de vomitar.

Paspallar
Vbo. (De paspallás, en sentido figurado, charlatán) Por extensión. Estender un rumor,
59
Vbo. (De paspallás, en sentido figurado, charlatán) Por extensión. Estender un rumor,
falar moito.

Pescada
Subst. Peixe mariño da superorde dos teleósteos (Merluccius merluccius), de ata cento
vinte centímetros de lonxitude, corpo alongado, dúas aletas dorsais e unha anal, e cor
cincenta no lombo e case branca no ventre.

Pingueira
Subst. Caída continua de pingas no interior dunha casa por deixar pasar a agua o
tellado.

Placidamente
Adv. De maneira que está calmo ou que produce unha grata sensación de
tranquilidade ou paz.

Raizame
Subst. Conxunto de raíces dunha planta. Figurado: algo que che ata a un lugar.

Socato, de
Loc. adv. De maneira inesperada ou por sorpresa. De socate.

Sobaco
Subst. Parte do corpo situada debaixo do brazo, no punto en que este se une co
tronco.

Solidaria
Adx. Que practica a axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle
presta a quen o necesita.

Suar
Vbo. Segregar [un líquido orgánico] a través dos poros.

60
Tacha
Subst. Cousa que fai que algo ou alguén non sexa ou non se considere perfecto ou,
nunha apreciación moral, íntegro.

Termo
Subst. Espazo de tempo que se concede para a realización dunha cousa.

Unto
Subst. Graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se
conserva curada ou no sal.

Valente
Adx. Que afronta os perigos e dificultades sen deixarse vencer polo medo ou o
desánimo.

Xelatinoso
Adx. Da natureza da xelatina ou semellante a esa substancia branda.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

61
Portal de ditados tópicos galegos
http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de normalización y


dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Concha Blanco
http://galegos.galiciadigital.com/es/concha-blanco-blanco

Ana María Fernández


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Mar%C3%ADa_Fern%C3%A1ndez_Mart%C3%ADnez

Xavier Estévez
http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100049868

Galicia encantada
http://www.galiciaencantada.com/

62
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

63
8. Rúas de choiva

Para comezar
Que é un morfema? E un prefixo e un sufixo?

Sabes a diferenza entre unha novela e un conto? Cal é?

Existen palabras con h e sen ela, con c ,cc, ct, z e qu. Sabes distinguilas?

Que é o modo e o tempo nos verbos?

Sabes como expresar desexos?

Saberías narrar en primeira ou en terceira persoa?

Vilamollada
E ten a súa escola, unha biblioteca pechada hai xa ben tempo, os seus coches, máquinas de
facer ruído, os seus nenos, as súas nenas, que fan ruído, e... o seu tolo. Si, Vilamollada ten o
seu tolo coma todas as vilas. Ou iso din algúns. Eu, que non son ninguén nesta historia, non
estou moi seguro de que don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, sexa realmente un
tolo.

Antonio García Teijeiro,


Verbas de sal, Xerais, 2011.

1
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Como se chama a túa localidade?

Hai semáforos?

Escoita e le:

Vilamollada é unha vila máis ben pequena. Pequena, moi pequena... tampouco,
porque, fixádevos, por ter, xa ten un semáforo. Que fachendosos están os
vilamolladenses con ese artefacto que cambia de cores! Ademais, se colledes un mapa,
podedes atopar un puntiño negro e ao seu carón o nome da vila.

Vilamollada ten as súas nubes negras; esas que tinguen de gris as súas rúas estreitas.

2
E ten as súas nubes brancas; esas que vernizan as súas rúas estreitas; esas que
permiten que os xardíns e mais o parque presuman de seren verdes e cheos de vida.

Pero tamén ten un sol morno que aloumiña os tellados das casas, normalmente non
moi altas. E ten unha choiva pillabana que se perde no mar, facéndolles cóxegas ás
ondas e xogando ás agachadas cos peixes prateados que viven preto do peirao de
Vilamollada.

Porque Vilamollada tamén ten o seu peirao, con esas tabernas vellas de vellos olores
mesturados onde se refuxian os mariñeiros cando veñen cansos do mar.

Antonio García Teijeiro, Verbas de sal, Xerais, 2011.

Comprensión lectora

3
Contesta estas cuestións:
1.
Como se chama a vila? Que clase de palabra é?

Que sinal de tráfico ten a vila do que se senten orgullosos os


seus habitantes?

Que clase de nubes ten Vilamollada?

Como veñen os mariñeiros do mar? Que fan?

Que cres que quere dicir a frase «ten unha choiva pillabana
que se perde no mar, facéndolles cóxegas ás ondas»?

Poderías dicir cinco palabras da familia léxica de mar?

2. Elabora un texto (poema ou prosa) no que inclúas cinco palabras


derivadas e cinco palabras primitivas.

3. No texto fálase da simboloxía das cores. Saberías dicir cal é a que se


atribúe nestes casos?

vermello pureza

4
verde paixón

amarelo esperanza

negro felicidade

branco misterio

4. Identifica as palabras que se agochan detrás da ilustración e di se son


derivadas ou primitivas.

5
Un reto antes de continuar
En Vilamollada hai semáforos. Saberías dicir que queren dicir os seguintes sinais de tráfico?

6
Vocabulario
Lexemas e morfemas: prefixos e
sufixos
Como xa sabes, as palabras están formadas por lexemas e morfemas. O lexema ou
raíz é a parte da palabra que non varía e a que lle proporciona o significado
fundamental; e o morfema é a parte que varía e que se engade ao lexema. Existen
dous tipos de morfemas:

Flexivos: sitúanse ao final da palabra.

En substantivos e adxectivos proporcionan información sobre o xénero e o


número:

nenos → nen- (raíz ou lexema) + -o- (xénero) + -s (número)

Nos verbos indican o número, a persoa, o tempo e o modo (desinencia):

cant- a (vogal temática da conxugación á que pertence, neste caso, 1.ª


conxugación).

cant- aba (desinencia verbal que indica a persoa, o tempo e o modo: 1ª


ou 3ª persoa de singular, copretérito de Indicativo).

Derivativos: proporcionan significados diferentes ás palabras. Segundo a súa


posición, podemos dividilos en:

Prefixos: cando van diante dunha palabra ou raíz: des-prestixio

Sufixos: cando van despois dunha palabra ou raíz: panad-eiro

Unha palabra pode levar prefixos e sufixos ao mesmo tempo:

impresentable → im- (prefixo) + present- (raíz ou lexema) + -able (sufixo)

Vexamos algúns exemplos dos prefixos e sufixos máis comúns e o significado que
achegan ás palabras:

7
Prefixos

Antes pre- pre-visible; pre-establecido

Volver re- re-establecer; re-facer

Baixo sub- sub-marino; sub-solo

Distancia tele- tele-trasportador; tele-visión

Sufixos

Profesión -ista, -aria oculista; secretaria

Acción ou efecto -ación compens-ación; capacit-ación

Inflamación -ite amigdal-ite; bronqu-ite

Escoita e le:

Un grupo de gansas pasaba todos os días por diante do Museo de San Petersburgo
camiño dos prados onde acostumaban a pastar. Grallando, gabábanse ante a
presenza dos numerosos visitantes.

A unha das máis novas chamábanlle Ocazul. Nacera aquel mesmo ano e andaba aínda
algo despistada.

Sen decatarse, foise apartando pouco a pouco do grupo, abraiada ante a


grandiosidade do Museo. O continuo transitar dos visitantes foina levando cara ao
interior ata que, sen saber como, se atopou dentro da gran Sala de Exposicións.

8
A pequena gansa quedou marabillada. Diante dela apareceron amplos espazos, cheos
de sonoridade, grandes lámpadas, alfombras de cores e moitos cadros nas paredes.
Ocazul grallou de admiración e internouse curiosa...

Ao pouco, descubriu un
estraño ser que a miraba
fixamente desde un dos
cadros: era o trasno dos
Bosques. A Ocazul
pareceulle ver que
avanzaba torpemente cara
a ela, escondéndose detrás
de cada árbore con actitude
ameazante. Temerosa,
estirou o seu pescozo e
berrou con forza. Ao oíla, o
trasno deu un chimpo e
desapareceu de socato
entre a maleza.

A pequena gansa, aínda


confusa por aquela estraña
visión, sacudiu a cabeza e
seguiu o seu camiño.

De súpeto, chegou aos seus


oídos unha triste melodía
que proviña dun castelo en ruínas, pintado nun cadro próximo. Ocazul pensou que
naquel lugar poderían estar as súas irmás.

Achegouse canto puido, estirou de novo o pescozo e chamounas: «cuá-cuá...», pero


non tivo resposta. Só lle parecía oír a voz melancólica e solitaria dun trobador que
cantaba cancións de amor.

José Antonio Abad Varela, Cadros dunha exposición,


Modest Mussorgsky, Kalandraka, 2015.

9
Actividades

1. Escoita e le o texto atentamente e contesta as seguintes preguntas:

Como se chama a gansa protagonista?

Por onde pasan todos os días?

Que apareceu diante dos seus ollos cando entrou no museo?

Vas a museos? Como debes comportarte neles?

Que ser se esconde detrás da árbore? Que actitude tiña?


Onde estaba?

Coñeces a algún pintor galego?

Tes algún cadro favorito?

Como era a voz? De quen era? Que tipo de cancións eran?

2. Engade sufixos e prefixos á palabra mar e crea cando menos cinco


palabras novas.

10
3. Amplía os teus coñecementos. As onomatopeas son palabras que se
forman imitando sons reais. Busca no texto a onomatopea e indica, no
teu caderno, cal cres que é a onomatopea das imaxes que aparecen a
continuación.

4. No texto fálase da simboloxía das cores. Saberías dicir cal é a que se


atribúe nestes casos?

visit- -mente

bronqu- -ante

11
grandios- -o

aparecer -ite

torpe- -des

5. Crea palabras coa axuda destes prefixos: des-, in- (variantes im- e i-
), hiper-, hidro-, anti-, semi-, pre-.

des- maduro

in- tensión

hiper- industrializado

hidro- protexido

anti- masaxe

semi- depresivo

pre- desnatado

6. Forma palabras derivadas engadindo o sufixo que corresponda en cada


caso. Segue este exemplo:

irmán - irmandade

-eza ● -dor ● -ista ● -ento ● -aría

1. bela -

2. mina -

3. balor -

4. pensión -

12
5. pensar -

13
Literatura
Narración II. Elementos da
narración. A novela
Elementos da narración
Narrar é contar feitos reais ou imaxinarios. Na narración existen elementos que
interveñen en todas as historias e que responden ás preguntas que nos podemos
facer delas.

A acción é o que se conta. Recorda que a acción pode ser real ou irreal.

O narrador é quen nos conta a trama. Pode ser de dous tipos:


O narrador interno [1] é o que participa na acción, sendo personaxe
desta. Conta os feitos en primeira persoa.

O narrador externo[2] non participa na acción, aínda que coñece os


pensamentos e sentimentos dos personaxes. Exprésase en terceira
persoa.

Os personaxes participan na acción. Poden ser animais, persoas, obxectos ou


seres imaxinarios. Hai personaxes principais e secundarios. O personaxe máis
importante é o protagonista e, ás veces, pode ter un opoñente coñecido como
antagonista.

O espazo é o lugar ou lugares onde transcorre a acción ou trama.

O tempo é o momento no que se sitúa a acción e a súa duración.

A novela
A novela é unha narración en prosa que tenta entreter os lectores. Conta unha
acción finxida, en todo ou en parte.

A novela destaca polo seu carácter aberto e a súa capacidade para reunir variedade de
personaxes, historias cruzadas, ritmos ou feitos desordenados cronoloxicamente.
Pode incluír outros tipos de textos como cartas, documentos, lendas...

Atendendo á temática as novelas poden ser: históricas, de aventuras, bizantinas, de

14
cabaleiros, de ciencia
ficción, de espías e intriga,
cortesás, fantásticas,
policiais, de amor...

Atendendo á extensión
atopamos a novela curta,
que posúe menos
desenvolvemento da trama
e dos personaxes.

Actividades

1. En parellas, respondede a estas preguntas:

Lestes algunha novela?

Len na vosa casa novelas?

Coñecedes a algún autor de novelas galego?

Sabedes o título dalgunha película que teña como base unha


novela?

Atendendo á temática, que tipo de novelas vos gustan máis?

15
2. Escolle unha destas catro autoras e busca en Internet información
sobre ela. Fai un breve resumo da súa traxectoria literaria.

Autoria: Santos Díez y Eduardo Castro | Santos Díez y Eduardo Castro |


Prensa mariasolar.com | Beti Vázquez

María Reimóndez (1) Ledicia Costas (2) María


Solar (3) Teresa Moure (4).

3. En que persoa está este fragmento desta novela?

Don Claudio empurrou cara a un lateral a porta de madeira nobre


que servía de tabique entre a sala de lectura, onde se atopaba dona
Clementina, e a ampla estancia que comunicaba, coma un abano, co

16
resto das dependencias da vivenda, que escorregou sen apenas
facer ruído. Mais de súpeto aquel silencio viuse interrompido por un
son característico, ben coñecido para o empresario, que non era
outro que o percutir das patas metálicas da máquina de escribir
sobre a cinta tinguida sobreposta no carro da vella Olivetti, a mesma
reliquia que acompañara a súa dona durante máis de dúas décadas
de etapa creativa.

An Alfaya, O recendo das Clementinas, Tambre 2013.

Primeira persoa

Terceira persoa

Segunda persoa

[1]
Narrador interno
O taller de Tono era unha chabola que os pais lle deixaran construír nunha esquina da
horta. Coido que nunca vin tal cantidade de cousas nun sitio tan pequeno. Había
millóns de cachifallos que enchían os andeis, caixóns cheos de toda quincallada poida
un imaxinar, motores de lavadora, ferranchos estrados polo chan, compresores,
baterías de coche, trades, enchufes, lámpadas, botes de pintura e de disolvente…

Antonio Yáñez Casal. A complicada vida de Bieito Viqueira, Tambre, 2012.

17
[2]
Narrador externo
Eran as sete dunha calorosa tarde nos outeiros de Seeonee. Pai Lobo espertou do
descanso diúrno, rañouse, bocexou e estarricou as patas unha tras doutra para
desentumecelas. Nai Loba estaba deitada co seu gran fociño gris enriba de catro
cachorros torpes que non deixaban de chiar mentres a lúa iluminaba a entrada da
cova onde vivían.

Rudyard Kipling. O libro da Selva, Sushi Books, 2014.

18
Gramática
O verbo: o tempo e o modo
Os verbos expresan accións ou estados, e indican o tempo e o modo nos que se
realiza esta acción.

Cando nos expresamos podemos facer referencia ao presente (o que fago agora), ao
pasado (o que fixen onte) e ao futuro (o que farei mañá).

O presente expresa unha acción ou estado que sucede agora:

O almorzo de hoxe é bastante contundente.

O pasado expresa unha acción ou estado que sucedeu antes:

Mario festexou o seu aniversario na casa dos seus avós.

O futuro expresa unha acción ou estado que sucederá despois:

Mañá iremos todos xuntos a visitalo.

Ademais do tempo, debemos ter en conta o modo dos verbos:

O Indicativo expresa algo real:

Hoxe teño moito que facer na escola.

O Subxuntivo expresa algo posible:

Se comeses ben, virías connosco ao restaurante.

O Imperativo, expresa unha orde:

Almorzade que non teño todo o día!

19
Escoita e le:

Rir

Rir,
risa,
gargallada...
só rir,
rir só.

Sorriamos.
Para rir,
hai que chuchar
risas das rosas,
das rimas,
dos recunchos,
das raíces...

Saber que, do máis terrible


cataclismo,
salvariamos a risa
e beberiámola
coma unha menciña,
coma o antídoto da morte.

Ana María Fernández, Amar


e outros verbos, Everest Galicia, 2002.

20
Actividades

1. Recitade en voz alta, primeiro todo o poema e despois só os versos pares.

2. En grupo respondede a estas cuestións:

Rides moito?

Que diferenza hai entre risos e gargalladas?

Que nos salvaría do máis terrible cataclismo?

Como beberiamos a risa?

3. Que verbos están en presente?

chegou

aloumiñan

perdiches

soletreará

conduza

21
4. Que verbos están en pasado?

xantaba

sementarei

aquelar

viches

cuspo

5. Que verbos están en futuro?

bailaba

xogarei

chuchase

houbermos

traballa

6. Que verbos están en Indicativo?

rañou

raña

rañase

andares

comía

Que verbos están en pasado?


22
7.
partiu

abrazara

conciliaron

compartires

lisque

23
Ortografía
Palabras con h
Escríbense con h as formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar, e os derivados
destes.

Así mesmo, os prefixos hecto- ('cen'), hema- ('sangue'), hemi- ('metade'), hepta- ('sete'),
hexa- ('seis'), hidro- ('auga'), hiper- ('superior'), hipo- ('cabalo'):

hectogramo, hematoma, hemisferio, hidroavión, hipermercado

Tamén se escriben con h as palabras que empezan por hort- (agás ortiga e o prefixo
orto-), hosp-, horr- e hum- (agás úmero):

horticultor, hospital, horrrible e humano

Todas as palabras derivadas que se forman a partir dunha palabra primitiva que leva
h conservan ese h:

humano, inhumano, humanizar

Fíxate
En galego non levan h as seguintes palabras:

Aí, alá, alelí, arpa, ata, até, baía, inchar, irmán, irmá, oco, ola, ombro, orfo, óso, ovo,
úmero.

24
Repara
Non debemos confundir estes grupos de homónimos:

Haber - A ver

Haber: existir. Verbo en Infinitivo. Exemplo: Ten que haber algo na despensa.

A ver: preposición a co verbo ver, ollar. Exemplo: A ver se tedes coidado de non romper os
pratos.

Hei - Ei

Hei: primeira persoa de singular do presente do Indicativo do verbo haber. Exemplo: Hei
de che dar tomates para cear.

Ei: interxección que se emprega para advertir ou chamar a alguén. Exemplo: Ei! Tesme
que deixar ese libro.

Hai - Aí - Ai

Hai: terceira persoa de singular do presente de Indicativo do verbo haber. Exemplo: Hai
moitos parrulos nesa lagoa.

Aí: adverbio de lugar. Exemplo: Deitouse aí e aínda segue durmindo.

Ai: interxección que empregamos para cando nos facemos dano, nos sorprendemos ou
temos pena. Exemplo: Ai! Como me doe a cabeza.

Palabras con cc e ct
En galego existen os grupos cultos cc e ct. Hai palabras da mesma familia que teñen
25
estes dous grupos:

extracto → extracción

Escríbense con cc e ct as palabras nas que o grupo culto está precedido polas
vogais a, e, o:

adxectivo, cocción, acción, acto, hectómetro, acceso

Escríbese un só c ou soamente o t se lles preceden as vogais i e u:

dicionario, redución, construtor

Estas regras teñen excepcións, xa que algunhas palabras cultas conservan os grupos
cc e ct ou cambia a vogal en troques de desaparecer:

doutoral, ficción, adicción, pictórico

Repara
O son z e o son k

Para representar o son z empregamos dúas grafías: a grafía c ('certo') ou a grafía z ('zapato').

Escribimos z antes das vogais a, o, u: zorro, xustiza, zume.

Escribimos c antes das vogais e e i: cinza, mecer.

Para representar o son k empregamos dúas grafías: a grafía c ('casa') ou o dígrafo qu ('queixo').

Escribimos qu ante e e i: queixo, quilómetro, quilo.

26
Escoita e le:

Estrela e Max percorren o


seu barrio nunha bicicleta
vella que ten dous timbres
e case non frea. A rapaza é
a que sempre conduce:
encántalle pilotar, sobre
todo cando chove miudiño.
Vai sentada, dándolle aos
pedais con enerxía.

O rapaz viaxa erguido, cos


pés apoiados nos parafusos
da roda traseira, agarrado
aos ombreiros da súa irmá
para non caer.

Hai días nos que Estrela e


Max teñen a sensación de
que é imposible manter o
equilibrio.

«Oxalá o mundo non fose


redondo», pensan.

Quizais por iso, pola súa


redondez parécelles que ás
veces todo dá voltas e que
van caer en cada curva.
Noutras ocasións séntense
os amos da cidade, a bordo dese vehículo no que voan libres coma os avións que
asucan o ceo ou os globos aerostáticos. Están convencidos de que no momento máis
inesperado, ela collerá a suficiente velocidade nos pés como para elevarse no aire e

27
pedalear polo ceo.

Para outros rapaces do barrio —os cinco que forman a banda do Carolo, cinco maiores
ca eles, cada un do seu pai e da súa nai—, Estrela e Max non son Estrela e Max, son
Inmundicia e Roñoso.

Puxéronlles eses alcumes porque viven nunha casa vella e case sempre levan a cara
sucia, as unllas negras e as zapatillas rotas.

—Non vos acheguedes a eles. Cheiran mal e seguro que teñen piollos! —advertiulles o
Carolo en máis dunha ocasión.

Ledicia Costas, Inmundicia e Roñoso, Tambre, 2015.

Actividades

1. Lede en voz alta o texto e despois co audio ou co voso profesor, facede


un ditado.

2. Responde a estas cuestións.

Como se chaman os protagonistas?

En que persoa se expresa o narrador?

28
Quen pilota a bicicleta?

De que están convencidos os dous irmáns?

Como lles chaman os da banda do Carolo? Cal é a razón?

Que é un alcume? Coñeces o alcume dalguén?

3. Fíxate que as palabras destacadas en vermello no texto levan c, z ou qu.


Intenta clasificalas de acordo ao seu son.

4. Selecciona, en cada caso, a opción correcta.

29
5. Selecciona, en cada caso, a opción correcta.

6. Selecciona, en cada caso, a opción correcta.

30
7. Indica cal destes obxectos se escriben con c.

31
Un reto antes de continuar
A Inmundicia e Roñoso encántalles conducir as súas bicicletas. E a ti? Contesta as seguintes
preguntas para aprender un pouco máis sobre esta afección:

Pensas que Inmundicia e Roñoso toman as precaucións axeitadas para percorrer a súa
cidade en bicicleta?

Que precisariamos para conducir este vehículo?

Coñeces algunha norma que cumprir cando vamos en bicicleta?

32
Expresión oral e escrita
Expresar desexos
En galego, empregamos determinadas estruturas para expresar os desexos. Son
fórmulas que comezan por:

Gustaríame ter moitos cartos para poder viaxar.


Oxalá puidese ir contigo de viaxe.
Eu desexaría ser sempre neno para xogar todo o día.
Encantaríame viaxar sempre en avión.

O subxuntivo (puidese) é o modo verbal da irrealidade, do desexable, do posible...


Tamén empregamos tempos como pospretérito (gustaríame) para expresar desexos
difíciles de realizar, aconsellar, pedir con cortesía que alguén faga algo, evocar
situacións imaxinarias, opinar sobre accións e condutas...

Escoita e le:

Xulieta é unha rapaza da vosa idade. Si, si, da vosa idade. Nin un mes máis, nin un mes
menos. Da vosa idade exactamente. Como é Xulieta non volo vou dicir. Díxenllo ao
ilustrador e el entendeuno perfectamente. Así que xa sabedes, olládea nas páxinas
ilustradas e coñeceredes a Xulieta fisicamente. A que é ben bonitiña?

Deixando a un lado os seus trazos físicos, direivos que Xulieta é un encanto. É unha
rapaza leda, viva, inqueda. Vive cos seus pais nunha das casas máis antigas da vila. Era
dos seus avós paternos. Inés, a súa nai, que é decoradora, arranxouna e habítana
dende que ela tiña dous anos. Xulieta vén sendo todo o que vos dixen antes, mais está
moi soa. Ten a seus pais, si, mais séntese soa. Ten moitos compañeiros e moitas
compañeiras, pero ela di que está soa.

33
A avoa Herminia vive con eles. É quen a coida. Máis ben, cóidanse. O malo é que a
pobre muller ten os seus ósos enferruxados, móvese con dificultade, sempre está a
laiarse, e, aínda que ambas as dúas se queren moito, non consegue manter conversas
con ela.

Antonio García Teijeiro, Verbas de sal, Xerais, 2011.

Expresión escrita. Narrar


experiencias en 1.ª e 3.ª persoa
Narrar é contar de forma ordenada unha historia que sucedeu, a nós ou a outras
persoas, animais ou cousas. Contámolas de forma ordenada, presentando os
protagonistas, onde e cando sucedeu a trama e poñendo un final.

Como xa dixemos, o narrador é o encargado de contarnos a trama e este pode ser

34
interno ou externo. Cando o
narrador é interno é que,
ademais de contarnos a
historia, é un dos
personaxes que participa
na trama. Pola contra,
falamos dun narrador
externo cando o fai en 3.ª
persoa e é alleo a ela.

Para narrar en 1.ª ou 3.ª


persoa é fundamental que
saibamos conxugar os
verbos, que interioricemos
as persoas, o tempo e o
modo no que están a
acontecer os feitos que
queremos contar.

Repara. Segue os pasos


Para facer unha narración é preciso que sigamos os seguintes pasos:

Escoller unha historia.

Seleccionar os protagonistas, o tempo e o lugar onde sucede.

Elixir a forma da narración: en 1.ª ou 3.ª persoa.

Saber que final ten ou lle queremos dar.

Repasar.

35
Actividades

1. Responde estas preguntas:

Que tempo ten Xulieta?

Como é Xulieta? Quen llo dixo ao ilustrador?

Que caracteriza a Xulieta?

Onde vive?

Con quen non se dá comunicado Xulieta?

Como se sente Xulieta?

2. Completa estas frases seguindo a estrutura de como expresar desexos


e escribe sobre o que che gustaría ou o que desexas.

Gustaríame... ● Oxalá... ● Eu desexo... ● Encantaríame...

36
3. Amplía os teus coñecementos. Escollede un grupo de música que cante en
galego ao que che gustaría parecerte e facede unha presentación para toda a
clase.

4. Escribe unha historia imaxinando que es Xulieta e que a túa avoa fica
durmida... (50 palabras).

5. Conta unha historia en primeira persoa en non máis de 50 palabras.


Podes escoller unha historia propia, o argumento dunha película, un
libro que leras ou unha obra de teatro.

37
Un reto antes de continuar
Seguimos coas normas de circulación. Nesta ocasión, animámosche para que lle escribas unha
carta ao concelleiro de Mobilidade da túa localidade. Nela tes que propoñer melloras na
seguridade viaria da túa contorna e outras formas de transporte alternativas ao coche.
Atréveste? Imos aló! Dámosche algunhas ideas.

Melloras na seguridade viaria:

Máis pasos de peóns.

Mellorar a visibilidade en cruces.

Máis sinais de tráfico.

Instalar máis semáforos.

Aumentar os controis de velocidade.

Xeitos de transporte alternativo ao coche:

Proporcionar bicicletas de uso público.

Mellorar ou facer un carril-bici.

Mellorar as liñas de autobús.

Nesta redacción terás que incluír tres palabras con prefixo e tres con sufixo.

38
39
Ao peche
Que aprendiches?
Copia e completa no teu caderno unha táboa como esta e valora o teu traballo.

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Que é un prefixo? E un sufixo? Cal é o


sufixo en libraría?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Que é unha novela? Liches algunha


novela algunha vez?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Amou a que tempo e a que modo fai
referencia? Que é un verbo?

40
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Sabes expresar desexos? Gustaríache
viaxar?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Podes narrar en primeira e en terceira


persoa?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres
41
intentos para superar cada actividade.

6. Relaciona os lexemas cos seus correspondentes morfemas para crear


palabras.

camiñ- -eiro

art- -oso

dolor- -ante

carnic- -ístico

7. Crea palabras a partir de outras coa axuda destes prefixos: in-, hiper-
, hidro-, anti-, semi-, pre-.

1. dinámico

2. activo

3. soportable

4. balas

5. círculo

6. acordo

8. Forma palabras derivadas engadindo o sufixo que corresponda en cada


caso.

cart- -aría

vil- -dura

troba- -eza

comis- -dor

manca- -eiro

42
9. Indica se estas palabras levan ou non h.

a.

esmorga

b.

alóxeno

c.
ostil

d.
ombro

e.
aber

10. Indica que ilustración representa unha palabra que non leva c.

11. Indica cal é a única ilustración que leva unha z na súa grafía..

43
12. Escolle en cada parella a palabra correcta.

A. veredito veredicto

B. condutor conductor

C. acueduto acueducto

D. diccionario dicionario

E. electricista eletricista

13. Sinala os tempos verbais que estean en indicativo.

amei

ame

amase

amarei

amares

14. Sinala os tempos verbais que estean en subxuntivo.

partise

44
partirei

parte

partiron

partirmos

15. Que verbo está en imperativo?

calade

amou

fixen

pensarei

correr

Reforza

16. Indica cal destas palabras ten prefixo.

prestación

desleixo

preocupante

45
hipérbole

hidroavión

17. Indica cal destas palabras é un verbo.

acotío

espigar

nunca

decote

quen

18. Indica cal destes verbos está en pasado.

bota

revitalizo

recoñeceu

decote

farei

19. Indica cal destes verbos está en presente.

rescatou

visitei

46
chegase

recordaría

brindan

20. Indica cales destes verbos están en futuro.

virá

dimitiu

varrerdes

apareza

seguise

Amplía

21. Constrúe unha historia en terceira persoa e ilústraa como se fose a portada
dunha novela. (80 palabras)

47
Galería de imaxes

48
49
50
Vocabulario

Abraiar
Vbo. Provocar abraio en [alguén].

Acostumar
Vbo. Facerlle adquirir un costume ou hábito a [unha persoa ou animal].

Aerostático
Adx. Que se pode elevar na atmosfera e quedar suspendido no aire porque o gas que
contén é máis lixeiro ca este.

Antídoto
Subst. Substancia que impide ou anula os efectos
51 daniños producidos por un veleno
Subst. Substancia que impide ou anula os efectos daniños producidos por un veleno
ou medicamento.

Artefacto
Subs. Máquina, aparello, dispositivo feito polo home, cunha utilidade determinada.

Asucar
Vbo. Abrir sucos en [unha terra de cultivo], en particular para botar o trigo, centeo, etc.

Cataclismo
Subst. Transformación grande e brusca da superficie terrestre producida por
fenómenos naturais, como un terremoto, unha erupción volcánica, etc.

Chimpo
Subst. Movemento que consiste en levantarse do chan por medio dun impulso para
volver caer no mesmo sitio ou noutro.

Chuchar
Vbo. Extraer [unha substancia, polo xeral un fluído] aplicando os labios ou
determinado órgano.

Enferruxar
Vbo. Cubrir de ferruxe.

Equilibrio
Subst mas. Estado do que está sometido á acción de dúas forzas opostas que se
anulan.

Gargallada
Subst. Risa sonora e impetuosa.

Grallar
52
Grallar
Vbo. Emitir sons desagradables.

Grandiosidade
Subst. Calidade do que causa grande impresión pola súa grandeza, beleza, etc.

Habitar
Vbo. Ter como lugar de residencia habitual [un lugar].

Inesperado
Adx. Que non se esperaba que tivese lugar.

Internarse
Vbo. Avanzar cara ao interior dun lugar.

Laiarse
Vbo. [Persoa, animal] expresar pena ou o sufrimento mediante choros, xemidos,
palabras.

Lámpada
Subst. Fonte de luz artificial, xeralmente producida pola transformación de enerxía
eléctrica en enerxía luminosa.

Leda
Adx. Que sente ledicia.

Miúdo
Adx. De pequeno tamaño, con pouco volume.

Morno
Adx. Lixeiramente quente. 53
Adx. Lixeiramente quente.

Pillabán
Adx. Que actúa con astucia e malicia.

Pilotar
Vbo. Dirixir [un barco, avión, vehículo de carreiras, etc.].

Provir
Vbo. Ter orixe ou principio en algo.

Tinguir
Vbo. Darlle a [algo] unha determinada cor distinta da que tiña, particularmente
mediante tintura.

Trazo
Subst. Liña que se traza ao escribir ou ao debuxar.

Trobador
Subst. Poeta da Idade Media europea, a partir do século XII que creaba composicións
literarias e musicais en lingua romance destinadas a ser cantadas principalmente
polos xograres.

Unlla
Subst. Placa córnea na que remata o extremo dos dedos dos vertebrados terrestres e
que, segundo os casos, serve como defensa, apoio, etc.

Vernizar
Vbo. Cubrir cunha disolución dunha ou máis substancias resinosas nun líquido volátil
que, ao se aplicar sobre unha superficie, lle confire resistencia, brillantez, etc.

54
Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
http://www.realacademiagalega.org/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización y


Dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Antonio García Teijeiro


http://garciateijeiro.blogspot.com.es/p/blog-page.html

José Antonio Abad Varela


https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Antonio_Abad
55
https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Antonio_Abad

Antonio Yáñez Casal


https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Y%C3%A1%C3%B1ez_Casal

Ana María Fernández


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Mar%C3%ADa_Fern%C3%A1ndez_Mart%C3%ADnez

Ledicia Costas Álvarez


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ledicia_Costas

Rudyard Kipling
https://gl.wikipedia.org/wiki/Rudyard_Kipling

Cadros dunha Exposición


http://issuu.com/kalandraka.com/docs/cadros-exposicion-g?e=4311459/12934457

Brabádegos
http://brabadegos.blogspot.com.es/

56
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

57
9. No centro do mar

Para comezar
Que é un campo semántico? Formiga, a que campo semántico pertence?

Coñeces a diferenza entre un mito e unha fábula?

Que tempo verbal presenta a forma corrixía?

Es quen de contar unha lenda?

Saberías facer unha recensión dun libro?

No Olimpo os deuses falan de Ulises


Había xa tempo que acabara a guerra de Troia. Os gregos volveran á súa terra logo de
vencer os troianos.

Porén, Ulises, cuxo nome en grego era Odiseo, un dos mellores guerreiros gregos e o máis
arteiro, non chegara aínda á fermosa illa de Ítaca, onde agardaban por el desde había anos
Penélope, a súa muller, e Telémaco, o seu fillo.

Rosa Navarro Durán, A Odisea contada aos nenos, Rodeira, 2007.

1
Lectura
Lectura

Antes da lectura reflexionamos!


Cres nos seres sobrenaturais?

Na lectura que ides ver a continuación hai personaxes sobrenaturais como Calipso ou Atlante.
Coñeces a Odisea? Aínda que nada se sabe con certeza, contra o século VIII a.C., un xograr
chamado Homero escribiu esta historia. A Odisea conta as aventuras de Ulises desde que
marchou de Troia ao acabar a guerra e ata que regresou, vinte anos despois, á súa patria. A
Odisea, xunto coa Ilíada, son dous dos primeiros poemas orais, cantados nun inicio e escritos
despois. A Odisea está escrita en grego, con 12.110 versos, hai case tres mil anos.

Escoita e le:

E é que a ninfa Calipso retiña na illa Oxixia a Ulises, convencida de que co tempo
accedería a casar con ela. Ulises choraba co xenio, porque non vía o momento de

2
volver á súa terra e abrazar a súa muller. Pero, como saír da illa se non había
ningunha barca nela?

A illa Oxixia estaba no centro do mar, azoutada polo vento, e tiña árbores moi altas.
Nunha gruta daquela illa vivía a fermosa Calipso, filla do xigante Atlante, que termaba
da esfera do ceo cos seus ombros.

No Olimpo, por suposto, todos os deuses coñecían a situación de Ulises e a ningún lle
gustaba, salvo a Poseidón, o deus do mar, que estaba moi anoxado co heroe porque
vencera o seu fillo, o xigantesco ciclope. Pero esa é unha historia que contarei máis
adiante.

A que estaba máis preocupada por Ulises era Atenea, a deusa de ollos verdes, porque
o quería moito.

Un día que Poseidón marchara a Exipto, Atenea aproveitou a súa ausencia para
pedirlle ao seu pai Zeus, o deus dos deuses, que tivese compaixón de Ulises e o
axudase a saír da illa Oxixia e a volver á súa terra.

Pediulle que enviase alá o deus Hermes, o seu mensaxeiro, para dicirlle a Calipso que
deixase marchar a Ulises. Entrementres ela iría a Ítaca a darlle azos a Telémaco.
Diríalle que fose a Esparta buscar noticias do seu pai mentres se daba a coñecer por
outras terras.

E a Zeus pareceulle ben o que lle pedía a súa filla.

3
Rosa Navarro Durán, A Odisea contada aos nenos, Rodeira, 2007.

Comprensión lectora

1. Contesta estas cuestións:

Como se chama a ninfa que retén a Ulises? Que é unha


ninfa?

Que cousa non había na illa?

Por que chora Ulises con xenio?

Nas historias antigas as mulleres nunca tiñan protagonismo,


eran só esposas ou nais; cres que agora é distinto?

Quen é a filla de Zeus? Quen era Atenea? Como tiña os ollos?

2. Escribe unha mensaxe dunhas 60 palabras onde Hermes lle pediría a


Calipso que deixase marchar a Ulises.

4
3. Observa estas ilustracións. Elixe aquelas que representan palabras que
formen parte do campo semántico da guerra.

4. Indica cal destas palabras é un verbo.

libre

entrementres

deusa

termaba

5. Fai un debuxo da deusa Atenea.

5
Un reto antes de continuar
Este reto ímosllo dedicar a mulleres importantes da nosa sociedade. Queres adiviñar a quen
pertencen estes versos? Coñeces a unha escritora que viviu en Padrón e que escribiu poesía?

Como chove miudiño,


como miudiño chove;
[...]

6
Vocabu
Vocabulario
Campos semánticos
Un campo semántico é un conxunto de palabras relacionadas polo seu significado. As
palabras que forman parte dun campo semántico atinxen unha mesma idea ou tema.
Todas as palabras, por separado, teñen un significado diferente, pero fan referencia
ao mesmo tema.

Por exemplo, as palabras que teñen que ver co campo semántico dos transportes son:

coche, autobús, avión, hidroavión, camión, tráiler, bicicleta, motocicleta, tren, metro...

Escoita e le:

7
Laura

Non foi duro cando me


dixeron que estaba
enferma. Foi máis difícil
cando empezou o cansazo.
Un día xa non fun quen de
correr ou saltar e deixei de
ter fame; e comecei a
perder peso. Mirábame ao
espello e aquela non
parecía eu. Semellaba outra
persoa, distinta, ollándome
dende o outro lado.

Non quixen desanimarme.


A vida é demasiado curta,
dicía a avoa. Así que cortei a
miña melena, para non ter
que preocuparme do pelo.
Xa non tiña folgos para
peitearme todas as mañás
un bo anaco. Pedínlle á
miña nai que me mercase
un pano de pirata nunha
tenda, púxeno e tentei
seguir coa miña vida de
rapaza de doce anos.

Non foi doado, porque dous meses despois tiveron que ingresarme. Unha mañá en
que o tratamento me dera un descanso, decidín gastar as forzas en achegarme á
biblioteca que hai preto da miña casa. Viría meu pai comigo. Non chegamos nin á
esquina. Desmaieime. E para cando espertei, unhas horas despois, o hospital xa se
convertera na miña nova casa.

Ata hoxe.

Xa sei que estou moi enferma. As caras dos demais ben o din. Pero non quero deixar
de rir, nin de emocionarme, nin de vivir. A pesar de que hai días que non teño forzas
nin para lavar a cara, que moitas veces o apetito desaparece e debo facer esforzos
sobrehumanos para comer, e que agora conto os días polas probas que me fan... non
quero perder o sorriso.

Aínda aquí, rodeada de enfermos, médicos, enfermeiras e máis enfermos, atopo


motivos para sentir ledicia. Non quero desperdiciar o tempo laiándome, todo o día de

8
choromicas, de mal humor e sen falar.

Xavier Estévez, O corazón da maxia, Xerais,


2015.

Actividades

1. Responde as preguntas que teñen que ver coa lectura.

Como se chama a protagonista?

Que lle pasa á nena?

Que fixo co seu cabelo? Con que cubriu a cabeza?

Cantos anos ten a rapaza?

Onde vive agora?

Que é o que non quere perder? Cal é a súa actitude?

Coñeces algunha nena ou neno que estea no hospital?

Tes carné da biblioteca?

2. Cal destas palabras non pertence ao campo semántico da saúde?

9
endoscopio

gasa

reprografía

xiringa

ortodoncia

3. Cal destas palabras non pertence ao campo semántico dos peixes?

xarda

sargo

zoca

xurelo

pescada

4. Cal destas palabras non pertence ao campo semántico dos paxaros?

pega

carrizo

laverco

morcego

miñato

10
Literatu
Literatura
Narración III. As partes de
narración

Cando narramos, cando contamos, seguimos uns pasos determinados, estamos a


contar feitos reais ou imaxinarios seguindo primeiro unha presentación dos feitos,
un nó ou parte central da historia e un desenlace desta.

A presentación consiste en mostrar a historia, os elementos imprescindibles para


comprender o que imos contar, describindo o espazo, situando a devandita historia no
tempo, presentando personaxes...

No conto Xan o das fabas máxicas, adaptado por Xesús Carballo Soliño e editado por
Galaxia, fáisenos a presentación de como viven Xan e a súa nai:

Nunha casopa de aldea vivían unha pobre viúva, o seu único fillo e mais unha vaca que
chamaban Garrida.

Nai e fillo comían do leite que a vaca daba. Mais co paso dos anos, a vaquiña foise facendo
vella e secoulle o ubre. [...]

O nó é a parte central da historia que se quere contar, desenvolvéndose a trama e os


personaxes xa descritos que levan a cabo a acción.

Á maña seguinte, cando espertou e mirou para fóra descubriu unhas plantas onde a nai
tirara as fabas. Saíu da casopa e viu que os pés de faba subían entrelazados uns cos outros
e non se albiscaba onde chegaban. Xan gabeou polas plantas, que ben daban aguantado o
peso do rapaz. Pasou o cume da casopa, pasou a altura do campanario da parroquia.
Gabeou e gabeou ata meterse nunha nube. [...]

O desenlace é o resultado que se lle dá á historia, presentando un final ou conclusión


dos feitos. Podemos estar ante un final aberto, que é cando o narrador nos fai

11
imaxinar o final ou o deixa
no aire para que o
imaxinemos nós, ou diante
dun final pechado, onde o
narrador desenvolve ata o
final a acción.

Aínda non chegara ao chan


cando oíu un estouro coma
un trono. Os pés de faba non
puideron co peso de ogro,
que se esnafrou contra a
terra e desapareceu. No sitio
onde caeu hai agora unha
lagoa.

Xan e mais a nai non


volveron pasar necesidade. E
cando Xan se fixo home
disque casou cunha moza da
parroquia e que foron felices.
Mais disto último non temos
noticias certas.

A fábula, o mito e a lenda


As fábulas, os mitos e as lendas son subxéneros da narración que xorden coa
necesidade do home de contar historias. Estas narracións comezaron a trasmitirse
oralmente pero co paso do tempo tiveron forma escrita, ben en prosa ou ben en
verso.

A característica fundamental da fábula é que a historia que se conta, que a


encadramos na ficción, está protagonizada por animais. A fábula pode ser en verso ou
12
en prosa e dela extraese unha ensinanza moral.

A característica fundamental do mito é que está protagonizada por personaxes que


pertencen ao simbólico, que son deuses e deusas ou semideuses, e que representan
ás forzas da natureza ou aspectos relativos ao ser un humano.

A característica fundamental da lenda é que se trata dun relato que se orixinou na


tradición oral e que se transmitiu deformándose e esaxerarse ata converterse en case
máxico.

Actividades

1. En grupo, buscade ou preguntade sobre unha lenda galega que teña


que ver coa vosa localidade. Despois, cada un de vos facede un texto
breve no que sigades a estrutura da narración: presentación, nó e
desenlace.

2. Medusa é un ser mitolóxico. Fai un resumo onde contes o mito sobre


ela.

13
3. Busca as fábulas da formiga e a cigarra e a do escorpión e a ra. Na
fábula da formiga e a cigarra cal é a ensinanza moral? E na fábula do
escorpión e a ra?

4. Le o texto e di que tipo de texto é: fábula, lenda ou mito?

Outro nome da cidade de Brea. Din que na cova hai unha moza
encantada que se peitea con peites de ouro ao tempo que se contempla
nun espello de prata. Quen desencante a moza casará con ela e posuirá
moitas riquezas. Pero hai un problema: a cova está custodiada por unha
enorme serpe ou dragón que devora a quen intente desfacer o encanto.
A pesar de todos os impedimentos, dous irmáns decidiron intentalo,
pero despois de entraren na cova non se soubo máis deles.

Antonio Reigosa, Guía ilustrada da Galicia invisible, Xerais, 2010.

14
15
Gramá
Gramática
O verbo
Como xa sabes, os verbos expresan accións ou estados, pero tamén indican o modo e
o tempo en que se realiza a acción. O verbo é o núcleo do predicado e concorda
suxeito. O verbo está formado por unha raíz ou lexema (and-) e as desinencias, unha
vogal temática que indica a que conxugación pertence (and-a-ba) e morfemas
denúmero, persoa, modo e tempo (–aría).

and-aría

Segundo sexa a súa forma e o lexema ou raíz non varíe ao longo do paradigma, os
verbos poden clasificarse en regulares e irregulares.

Os verbos regulares son aqueles que se conxugan do mesmo xeito, é dicir, posúen a
mesma raíz (parte invariable do verbo) cando os conxugamos.

Hai verbos que son irregulares, xa que presentan variacións na raíz ou nalgunha
vogal do seu paradigma.

Os tempos verbais constan de seis formas, tres de singular e tres de plural (eu, ti,
el/ela, nós, vós, eles/elas). Un tempo verbal é o conxunto de formas verbais que
corresponden ao mesmo tempo e modo onde se sitúa a acción.

Existen tempos verbais que fan referencia ao presente (indicativo, subxuntivo e


imperativo), ao pasado (pretérito, copretérito, pospretérito, antepretérito) e ao futuro
(futuro de indicativo e subxuntivo). Podes ver os verbos aquí.

Hai verbos que non se poden conxugar nalgunhas persoas, adoitan facer referencia a
fenómenos da natureza como chover, nevar...

Eses verbos chámanse defectivos e poden ser:

Impersoais: que non levan suxeito (coriscar, orballar...).

Coriscou toda a tarde con intensidade na provincia de Lugo.

Unipersoais: só se conxugan en terceira persoa, e son os que fan referencia


16
aos sons que emiten os animais (ornear, bruar, chirlar...).

Os paxaros chirlaron todo o día, chegou a primavera!

As formas non persoais do verbo son o infinitivo, o xerundio e o participio:

  Infinitivo Xerundio Participio

1.a conxugación amar amando amado

2.a conxugación comer comendo comido

3.a conxugación partir partindo partido

En galego temos un tempo verbal característico que é o infinitivo conxugado.


Fórmase a partir do infinitivo. Engadimos as seguintes desinencias:

  singular plural

1a persoa — -mos

2a persoa -es -des

3a persoa — -en

Empregamos o infinitivo conxugado nestes casos:

Cando o suxeito do verbo en infinitivo é diferente do verbo principal da


oración:

De virdes á boda cedo, trae o agasallo no teu coche.

(O suxeito no primeiro caso é vós e o suxeito da oración principal é ti).

17
Cando tendo o mesmo suxeito o infinitivo vai precedido por unha preposición:

Metéronse na cama ao estar en cansos de traballar todo o día.

AMAR

O amor florece por dentro,


en primeira persoa,
e medra coma irmanciño
novo,
que gabea polos rostros
e polas mans da xente...

O amor fai ancho o sorriso,


coma un peirao xigante
onde atracan os barcos
cargados de alegrías,
e arrodéase de flores,
de paxaros,
de nubes de algodón
e atardeceres de azucre.

Ana María Fernández, Amar e outros verbos, Everest Galicia, 2002.

Actividades

1. 18
1. Recitade en voz alta o poema. Despois xogade a cambiar a última palabra de
cada verso por algunha que lle acaia ben.

2. Responde estas cuestións:

De que conxugación é o verbo amar? Cal é a primeira persoa


do singular do verbo amar?

Que medra coma un irmanciño novo?

Que é un sorriso segundo o poema?

A que conxugación pertencen os verbos do poema?

Hai moitas formas de amar?

3. Que verbo está en participio?

florecía

arrecender

esterricando

mobilizar

comido

4. Que verbos son irregulares?

19
facer

comer

haber

amar

partir

5. Que verbo está en infinitivo conxugado?

fixen

exculparei

carrexa

irdes

amariades

6. Que verbos están en indicativo?

rañou

raña

rañase

rañares

rañaba

7. Que verbo está en copretérito?

20
ría

estaría

pechou

encher

valera

8. Que verbo está en pretérito de indicativo?

saltarei

estaba

mancase

erguín

destacara

21
Ortogr
Ortografía
Palabras con x e s
Palabras con x
A letra x ten dous sons, nalgunhas palabras pronúnciase como /xe/ (xurelo, xiz, xudía) e
noutras pronúnciase como /ks/ (externo, éxito).

Escribimos con x as palabras que empezan por ex-, cando é prefixo e significa
‘fóra’.

excéntrico, exhumar

Escribimos con x as palabras que empezan por extra-, cando é prefixo e


significa ‘fóra de’ ou ‘moi’.

extrafino (moi fino)

extraterrestre (fóra da terra)

Palabras con s
Escribimos con s nas palabras escusa e escavar e os seus derivados.

As palabras que comezan por estra- (cando non é prefixo) escríbense con s.

estrafalario

22
Repara
O seseo consiste en pronunciar as letras c e z coma s. O seseo é propio da nosa lingua e dáse
nalgunhas zonas de Galicia.

23
Con s ou con x

Hai palabras que cambian de significado segundo se escriban con s ou x:

Estática: que permanece no mesmo


Extática: relativo ou pertenecente á éxtase.
estado, sen ningún cambio.

Esotérico: que resulta escuro e de Exotérico: que se ensina publicamente e dun


difícil comprensión. xeito accesible para todos [doutrina].

Espiar: observar en segredo algo ou a Expiar: sufrir unha pena a consecuencia de


alguén. cometer un delito.

Sesta: sono que se dorme despois de Sexta: que ocupa o lugar número seis nunha
xantar. serie.

Misto: pau pequeno de madeira con


Mixto: feito con elementos diferentes.
cabeza feita dun material que arde.

Texto: conxunto de palabras consideradas de


Testo: de certa calidade.
forma unitaria polo seu contido.

Esperto: que non está durmido. Experto: profesional.

Esterno: óso que está no centro do


Externo: situado no exterior.
peito ao que se unen as costelas.

Extrema: que alcanza o punto límite ao que


Estrema: límite dunha leira.
se pode chegar.

24
Repara
As palabras que teñen como primeiro elemento o prefixo ex-, aplicado a un cargo ou condición
que se tivo e xa non se ten, como ex-alumna, ex-tesoureiro, ex-presidente, escríbense unidos con
guión.

As locucións latinas de dous compoñentes, cando un é ex, escríbense separadas: ex libris, ex


profeso...

Escoita e le:

No reino das amazonas

Euristeo, que a duras penas ocultaba xa a súa desesperación por mor dos meus
constantes triunfos, encargoume entón o noveno dos meus traballos: roubar o cinto
de Hipólita, a raíña das amazonas, unhas guerreiras moi fermosas e valentes que
loitaban de a cabalo e que desconfiaban dos homes, por iso vivían nunha comunidade
exclusivamente feminina.

O cinto de Hipólita era un obxecto cobizado polas súas propiedades máxicas e as


valiosas xoias que o adornaban. E Euristeo decidiu encargarme a tarefa para
compracer a súa mecosa filla, que llo pedira como agasallo.

25
Os meus amigos e eu embarcámonos cara ao afastado reino das amazonas e debo
confesar que nesta ocasión
caín rendido ante a
fermosura da guapísima
Hipólita desde o primeiro
intre en que as nosas
miradas se cruzaron.

Ela, a pesar dos seus receos


contra os homes, tamén
namorou de min, ata o
punto de que se empeñou
en facilitarme a miña
empresa entregándome
voluntariamente o seu
prezado cinto.

Pero o noso amor acabou


en traxedia pouco tempo
despois de comezar; e todo
foi por culpa da miña
grande inimiga. Si, ela outra
vez. Hera, a esposa de Zeus,
reapareceu na miña vida
para estragalo todo e
acabar con este tempo de
intensa felicidade.

Hera presentouse no reino


das amazonas e non tardou
en convencelas coas súas
malas artes de que o meu
verdadeiro propósito era
secuestrar a súa raíña e levala lonxe de alí. As guerreiras, enfurecidas, montaron nos
seus corceis e lanzáronse á loita.

A miña amada e fermosa Hipólita morreu por erro, xa que unha das frechas perdidas
no fragor da batalla acabou coa vida dela entre os meus brazos, no medio da gran
confusión que se estendeu no transcurso daquela feroz loita.

Co cinto dela nas miñas mans e a gran tristeza que deixara na alma un corazón roto
pola dor, partín no meu barco e deixei atrás o reino das amazonas.

Clara Arranz e Matilde María Varela Ben, Hércules e a máquina do tempo,


Hércules Edicións, 2012.

26
Actividades

1. Responde estas cuestións:

Que tiña que facer Hércules?

Quen era a raíña das amazonas? Quen formaba parte dese


reino?

De quen receaban?

Quen namorou?

Como conseguiu o cinto?

Quen era a inimiga de Hércules?

Cres que as mulleres poden facer o mesmo que os homes?

2. Busca as palabras do texto que leven x e constrúe unha oración con


cada unha.

27
3. Indica se se escriben con s ou x as seguintes palabras.

E clamación E traterrestre E cavadora

E talote arope

4. Indica se se escriben con s ou x as seguintes palabras.

urf adrez esta

28
E tintor A censor
5. Escolle a forma correcta.

extender estender

escavar excavar

escándalo excándalo

esdrúxula exdrúxula

estenso extenso

estoupar extoupar

6. Escolle a forma correcta.

extraoficial estraoficial

excravo escravo

29
exceso esceso

excursión escursión

explicar esplicar

Investiga
Esta moza que ves na foto foi unha política que defendeu os
dereitos da muller. Grazas a ela conseguiuse que a partir do 1933
as mulleres puidesen votar. Como se chama?

Dámosche unha pista: O seu nombre é o antónimo da palabra


«escura». O seu apelido está composto por un sinónimo da palabra
«agro» e a palabra Roma do revés.

30
Expres
Expresión oral
Contar unha lenda
As lendas son sempre outro xeito de contar unha historia, de transmitir valores e
tradicións. Galiza é rica en lendas, en feitos marabillosos que chegaron até nós por
medio da oralidade.

Hai moitos tipos de lendas:

De carácter popular: son relatos imprecisos que teñen que ver coas crenzas do
pobo, como a lenda do lobishome, a da galiña dos ovos de ouro...

Lendas relixiosas: relacionadas con santuarios e de orixe cristiá.

Lendas fantásticas e de encantamentos: relacionadas con fadas e


encantamentos.

Lendas históricas: versan arredor dun personaxe histórico.

Lendas novelescas: son lendas arredor dun castelo, lendas cabaleirescas ou de


imaxinación.

Para contar unha lenda temos que coñecela ben antes, documentarnos na rede ou na
biblioteca e, se temos a oportunidade, preguntarlles aos máis maiores sobre elas. Eles
son a mellor fonte que podemos atopar. Unha vez recollida teremos que aprendela de
memoria, meternos na historia e xesticular mentres a contamos, como se formásemos
parte dela. Podemos incorporar localizacións próximas para darlle credibilidade. Darlle
sentimento e entoación a todo o que leamos fai que os relatos sexan máis auténticos.

Unha lenda é unha narración que podemos reproducir de forma oral ou escrita. Sexa
dun xeito ou doutro, podemos empregar un estilo directo ou indirecto.

Estilo directo Estilo indirecto

31
Non se reproducen
exactamente as
Reprodúcense palabras dos
exactamente as palabras personaxes.
dos personaxes. Na escrita, as súas
Na escrita, se van intervencións van
seguidas de verbos como precedidas por
dixo, preguntou, etc., verbos como dicir,
poremos un guión diante contar, escoitar,
deses verbos. pensar, etc.

Exemplo: Exemplo:

— Marchades? — dixo A nena do parque


pletórico, mirando o seu chámase Noa.
reloxo—. Pero se
mirando o seu reloxo—. E Noa é rapaza moi
Pero se aíndaé cedo! especial.
Queda noite por diante.
Cando era máis cativa
—Nola non se atopa ben xa
—contestoulle o observaba en silencio
comisario—. todo o
Está algo mareada. que ocorría ao seu
redor,
—Vaia cara tes! —dixo o escoitaba o que dicían
forense mirando para ela seus
—. pais e repetíao en voz
Nin que viras unha baixa cantaruxando.
pantasma.
Antonio García
Pereledi, Mortos de Ningures, Teijeiro,
Everest, 2011. A nena do parque,
Edicións Embora,
2014.

32
CAPÍTULO 7

A fermosa aparecida

O espertar foi brusco. Cría atoparse no máis mesto do bosque e, non obstante,
escoitou con claridade o paso de varios xinetes, unha cabalgada imposible a non ser
que por alí, máis preto do que imaxinara, existise un camiño.

Púxose en pé dun salto e levou a man á espada. Aínda era posible un atentado contra
el, unha emboscada, unha conspiración dos nobres máis belicosos, ávidos de poder e
nada compracentes coa idea de que un único rei gobernase o país. E menos aínda un
rei adolescente, descoñecido pola maioría.

Os xinetes non se detiveron, continuaron a marcha.

Artur non puido reprimir a curiosidade. Non tivo tempo nin de volver vestir os
emblemas reais. Orientouse e camiñou entre a matogueira en dirección ao grupo de
xinetes, bastante numeroso a xulgar polo son de tantos cabalos. Aos poucos pasos a
súa cabeza asomou entre as plantas, máis altas ca o seu propio corpo erguido.

O que viu deixouno sen alento.

Non foi a certeza de que, en efecto, alí houbese un camiño polo que era fácil transitar.

Non foi pola ducia de homes que escoltaban a carruaxe que nese instante pasaba
xusto por diante de onde el se atopaba.

Non foi polos emblemas, descoñecidos para el.

33
Foi por ela.

A moza da carruaxe. Sen lugar a dúbidas a máis fermosa que xamais contemplara.
Quedou paralizado, mentres a fermosa aparecida, de perfil, allea á súa presenza,
pasaba perante os seus ollos envolta nunha auréola de infinita dozura.

—Quen es?— borboriñou Artur.

A carruaxe pasou. A comitiva afastouse por aquel camiño aberto na inmensidade do


bosque e o seu eco foi amortecendo na distancia.

Jordi Sierra i Fabra, A fabulosa lenda do Rei Artur, Rodeira, 2008.

34
Expresión escrita. Facer unha
recensión.
Unha recensión é unha
análise crítica dunha obra
na que se comentan as
súas características
principais.

Está orientada ao lector e


recóllense as ideas
principais da obra: un breve
resumo, de que trata, o
formato da obra, cantos
capítulos ten, o xénero ao
que pertence...

Ao principio da recensión
débese indicar de quen é o
libro, o título, a editorial e o
ano de publicación. Se
falamos dunha tradución, debe indicarse quen fixo a tradución ou a adaptación. Debe
ser atraente e gorentosa para fomentar a súa lectura.

Fíxate na recensión do libro «Escarlatina, a cocineira defunta».

35
Repara
Sigue estes pasos para faceres unha recensión:

Escolle un libro que leras e che gustou.

Fíxate nas características da edición e pon por escrito o título, o autor (se hai ilustrador
debes incluílo), a editorial (recolle a que edición pertence: primeira, segunda, quinta
edición...) e o ano de publicación.

Conta de que trata, se se divide en capítulos, se ten partes, como se estrutura...

Di por que o recomendas e por que che gustou.

Actividades

1. Responde estas preguntas:

Onde esperta o protagonista? Como foi o espertar?

Como vai armado? Por que motivo?

Que non pode reprimir Artur?

Que foi o que o deixou sen alento?

Como era a rapaza que viu? En que estaba envolta?

36
2. Escolle dous fragmentos do texto que acabamos de ler, un escrito en
estilo directo e outro en estilo indirecto e cópiaos no cadro de abaixo.

3. Investigade sobre a lenda de Artur e adiviñade como se chama a espada que sae
na lectura e a rapaza. Despois fai unha presentación en formato dixital na que
empregues textos, imaxes, cadros... e activa o corrector de textos para verificar a
túa ortografía.

4. Amplía os teus coñecementos. Investiga nas lendas de Galicia, escolle unha e


cóntaa na aula. Coñecedes lendas doutros países ou culturas? Buscade
información na rede ou preguntade a compañeiros do colexio que pertenzan a
outras culturas para que vos conten as lendas propias do seu lugar.

5. En grupo. Imos facer unha biblioteca entre todos os compañeiros. Escollede o


voso libro favorito e levádeo á clase. Deste xeito, teremos un bo banco de libros
onde cada un de nós poderá elixir o que máis nos guste para ler ao longo desa
semana. O útlimo día faremos unha recensión do libro que temos escollido
seguindo os pasos descritos

37
38
Ao pec
Ao peche
Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei explicar a que é campo semántico?


Sería correcto dicir que xarda é do campo semántico dos peixes?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Coñezo como é a estrutura da


narración? Recordo algunha lenda, mito ou fábula?

3. Reflexiona e valora o teu traballo. Leu a que tempo verbal corresponde?


Sei cal son os tempos verbais?

39
4. Reflexiona e valora o teu traballo. Podo contar unha lenda?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Sei facer unha recensión?

Avalíate
A continuación, mostrámosche algunhas actividades para autoavaliarte.

40
Sinala cal destas palabras non pertence ao campo semántico dos
6.
insectos.

cascuda

lique

escaravello

cabaliño do demo

formiga

7. Sinala cal destas palabras non pertence ao campo semántico das


ferramentas.

parafuso

trade

martelo

forcadela

maza

8. Identifica a palabra que non é un verbo.

ventar

botar

vilar

veranear

partillar

41
9. Completa co copretérito de indicativo.

1. Todos os días (el) (baixar) do monte á mesma hora para


xantar.

2. Lea (estudar) polas tardes mentres os seus amigos


xogaban.

3. (Ela) (Ser) tan larpeira que sempre (lamber) a culler


da avoa cando facía tortas.

4. (El) (Explicar) e (explicar) e Xan nunca lle


(atender).

5. (El) (Conducir) o autobús todas as mañás e (chegar)


en tempo.

10. Indica que tempo está en pretérito de indicativo.

fregaba

xantei

camiñarei

viña

estudara

11. Identifica o verbo que está en antepretérito.

carguei

discutía

suba

varreramos

sentín

42
12. Identifica a palabra que está en presente de subxuntivo.

correrías

salta

merque

cuspise

riremos

13. Identifica os verbos irregulares.

poñer

almorzar

construír

querer

esmagar

14. Sinala os verbos regulares.

ter

vir

xogar

traer

recitar

43
15. Escolle entre os pares a forma correcta.

extraer estraer

extender estender

exclamar esclamar

ex-concelleiro es-concelleiro

extraño estraño

Reforza

16. Indica cal destas palabras non forma parte do campo semántico do
teatro.

tramoia

farsa

escenografía

ludoteca

pano

17. Indica cal destas palabras é un verbo.

perante

millo

44
aínda

mergullador

debullar

18. Completa as oracións poñendo o verbo en pretérito.

1. Eles (estar) xogando ao fútbol todo o día.

2. (Ela) (saltar) dende o trampolín máis alto.

3. César (recoñecer) o seu erro e (procurar) emendalo.

4. Sara e Inés (sufrir) moito durante a proba pero


(gañar).

5. Os mariñeiros (salgar) o bacallau.

19. Indica o verbo que está en pospretérito.

bailei

visitar

cambiaría

recordei

brindara

20. Indica cal é a forma correcta.

exvarar esvarar

experiencia esperiencia

excravo escravo

45
excesivo escesivo

excandaloso escandaloso

Amplía

21. Investiga sobre a figura de Breogán. Escribe un texto dunhas 80


palabras explicando quen foi.

Galería de imaxes

46
47
48
49
50
Vocabulario

Afastado
Adx. Que se sitúa lonxe no espazo e no tempo.

Amortecer
Vbo. Provocar a diminución da intensidade ou da forza de algo ou de alguén.

Anoxar
Vbo. Sentir moito noxo e repugnancia por algo ou alguén.

Arrodearse
Vbo. Situarse arredor ou a carón de algo ou de alguén.
51
Ávido
Adx. Que manifesta afán desmesurado por algo.

Azo
Subs. Capacidade e ánimo para levar a cabo algo.

Azoutar
Vbo. Bater bruscamente o vento, a chuvia, etc.

Belicoso
Adx. Que se mostra propenso ao litixio e á guerra.

Cansazo
Subs. Sensación producida pola falta de forza por mor dun esforzo ou actividade.

Corcel
Subs. Cabalo de gran tamaño e fermosura que se utilizaba antigamente en torneos e
guerras.

Choromicas
Adx. Que se manifesta queixoso e chora por calquera cousa sen razón.

Emblema
Subs. Imaxe, que pode ir ou non canda un lema, que é o símbolo dunha institución,
cidade, asociación, etc.

Emboscada
Subs. Acción nun lugar acaído coa finalidade de sorprender o inimigo e vencelo.

Emocionar 52
Emocionar
Vbo. Provocar temporalmente unha alteración no estado de ánimo, xa sexa de
sorpresa, medo, alegría...

Entrementres
Conx. e adv. Sinala que a acción se produce ao mesmo tempo que outra.

Folgo
Subs. Capacidade que se posúe para levar a termo unha acción.

Gabear
Vbo. [Persoa] Rubir por un obxecto, parede, etc., empregando as extremidades.

Intre
Subs. Momento determinado no tempo.

Ledicia
Subs. Sentimento e estado de ánimo de pracer positivo que carrexa felicidade.

Matogueira
Subs. Grupo denso de vexetación formado por silvas, herbas, arbustos...

Mecoso
Adx. Que se mostra cariñoso ou que quere dar cariño.

Mesto
Adx. Que presenta moita densidade agrupando moitos elementos xuntos.

Perante
Prep. Sitúa espacialmente unha persoa fronte a, diante de, ou en presenza de alguén.
53
Prep. Sitúa espacialmente unha persoa fronte a, diante de, ou en presenza de alguén.

Por mor de
Loc. prep. Motivo ou causa polo que algo sucede.

Receo
Subs. Desconfianza cara a algo ou a alguén.

Termar
Vbo. Soster algo para que non caia.

Ligazóns
Dicionario da Real Academia Galega
https://academia.gal/dicionario

Dicionario de pronuncia da lingua galega


http://ilg.usc.es/pronuncia/

Portal de ditados tópicos galegos


http://ilg.usc.es/ditados/

Portal das Palabras


http://portaldaspalabras.gal/

Galipedia 54
Galipedia
http://gl.wikipedia.org

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización y


Dinamización lingüística
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/limiar.php

Rosa Navarro Durán


https://es.wikipedia.org/wiki/Rosa_Navarro_Dur%C3%A1n

Xavier Estévez
http://www.xerais.es/libro.php?id=3598879

Antonio Reigosa
https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Reigosa

Ana María Fernández Martínez


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Mar%C3%ADa_Fern%C3%A1ndez_Mart%C3%ADnez

Jordi Sierra i Fabra


https://es.wikipedia.org/wiki/Jordi_Sierra_i_Fabra

Galicia encantada
http://www.galiciaencantada.com/

55
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.


Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.
Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos
URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: Romina Bal Botana.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.

Segunda edición: setembro de 2020.

ISBN : 978-84-18513-16-9

56

You might also like