Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

OS PRONOMES PERSOAIS

Algunhas palabras serven para nomear os seres ou os obxectos sen utilizar


substantivos. Estas palabras son os pronomes persoais. Exemplos: eles, eu.
Os pronomes persoais poden ser de primeira, segunda ou terceira persoa:
● Os pronomes de primeira persoa nomean á persoa que fala. Exemplos: eu, me,
nós…
● Os pronomes de segunda persoa nomean á persoa que escoita. Exemplos: ti, te,
vós, vostede, vos…
● Os pronomes de terceira persoa nomean o ser ou o obxecto de que se fala.
Exemplo: ela, eles, o, lle...

Os pronomes persoais clasifícanse en tónicos e átonos:


● Os pronomes persoais tónicos poden aparecer sós. Exemplo: eu, vós, eles.
● Os pronomes persoais átonos van sempre a carón dun verbo, ben diante (Non me
dixo a verdade), ben detrás (Gustoulle o regalo).

TÓNICOS ÁTONOS

1ª persoa eu/min me

SINGULAR 2ª persoa ti/vostede te/che

3ª persoa el/ela/si o/lo/no; a/la/na;


lle/se

1ª persoa nós nos

PLURAL 2ª persoa vós/vostedes vos

3ª persoa eles/elas/si os/los/nos;


as/las/nas; lles/se

COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO

Por regra xeral, o pronome átono vai detrás do verbo (Pillouno nas verzas). Con
todo, vai antes nos seguintes casos:
● Nas oracións negativas. Ex.: Non me encontro ben.
● Despois das palabras que, como, cando… Ex.: Quero que me digas a verdade.
Cando o saibas, avisa.
● Tras os pronomes interrogativos ou exclamativos. Ex.: Cando te avisaron? Quen
cho ía dicir!
● Despois dos adverbios aínda, axiña, case, quizais, sempre, tamén, só… ou dos
indefinidos algo, alguén, ninguén, calquera… Ex.: Aínda mo dixeron onte.

ACTIVIDADES

1.- Responde.
a) Para que serven os pronomes persoais?
b) Que nomean os pronomes persoais de segunda persoa?
c) O pronome persoal “a” é tónico ou átono? Que persoa designa?

2.- Completa as oracións cun pronome persoal tónico que lle acaia.
a) Onte ………….. xoguei ao tenis con Antonio.
b) Cando ………… estivestes na súa casa?
c) Seica ………… lle teñen medo á escuridade.
d) Vai con …………… deica á praza.
e) ………….. mudámonos de vivenda.
f) Ese xersei novo é para ………….

3.- En cales das oracións anteriores o pronome é o suxeito da oración? Como o


soubeches?
4.- En que casos o pronome forma parte dun complemento con preposición?
5.- Identifica os pronomes átonos e indica a persoa e o número de cada un.
-recolleuna
-coloréao
-lavarémolas
-chameite
-comentounos

6.- Copia as oracións colocando o pronome antes ou despois do verbo segundo


corresponda.
me: Nunca …… cadrou ……… falar con el.
a: A auga, non …….. metas ………… na neveira.
lles: Esa película …….. gustou …….. moito.
che: Non …….. fala ………. diso sempre.
nos: Ninguén ……… puido ……… axudar.
te: Mañá ……. chamo ……….. ás dez.
lles: ……. dixo ……… que non estabas.
nos: …….. chamou …….. á casa.

7.- Explica onde se coloca o pronome persoal nas oracións anteriores.


-Se a oración é afirmativa:
-Se a oración é negativa:

8.- Localiza en cada copla tres pronomes persoais. Despois, clasifícaos en tónicos ou
átonos e indica a persoa e o número de cada un.
“Eu tiña un galo pinto
que a media noite cantaba.
Veu o raposo e comeuno.
Que mal proveito lle faga”

“Se ti vises o que nós vimos


non o poderías crer,
unha vaca con dez pitos,
unha cadela a pacer.”

9.- Localiza os pronomes persoais tónicos e átonos que aparecen nesta felicitación e di a
que persoa se refire cada un.
“Querida Sabela:
Desexámosvos a ti e mais ao bebé toda a felicidade do mundo. Iremos coñecelo en canto
nos sexa posible. Recibide unha aperta de todos nós.”

You might also like