Competencias Información e Manipulación Xenética

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS

A INFORMACIÓN E A MANIPULACIÓN XENÉTICA

A Álvaro xurdiulle unha extraña pregunta: por que os fillos dos gatos son sempre gatos e os de
humanos son sempre humanos? Aínda que estamos acostumados a que sexa así, non deixa de ser
algo curioso.
Agora sabe que detrás desta evidencia está a química e que son moléculas as que determinan o que
será cada un. E entre todas estas moléculas coñecidas, só unha delas é capaz de autorreplicarse, é
dicir, de formar dúas moléculas idénticas a ela. É o ADN, un gran polímero de estrutura
sorprendentemente sinxela e repetitiva.

1. Como todos os polímeros, o ADN está formado pola repetición de outras moléculas máis
pequenas que chamamos monómeros e que, en este caso concreto, son os nucleótidos. Cada
nucleótido está á súa vez formado por tres moléculas unidas sempre da mesma maneira.
Identifica cada unha das súas moléculas compoñentes.

2. Álvaro agora é consciente de que o ADN é responsable da herdanza biolóxica e que nel se
atopa a información para que sexamos humanos ou gatos, altos ou baixos, rubios ou
morenos, etc. Cales das seguintes frases son verdadeiras (V) e cales falsas (F) cando nos
referimos ao ADN?

O ADN está formado por dúas cadeas (ou febras) de nucleótidos que se
manteñen unidos mediante pontes de hidróxeno entre os seus ácidos
fosfóricos.
A única diferenza entre os ADN e os ARN consiste en que os primeiros
teñen como glícido á desoxirribosa e os segundos á ribosa.
O ADN duplícase durante a metafase e transcríbese durante a etapa S da
interfase.
No código xenético, a cada codón correspóndelle un só aminoácido.
Segundo o código xenético, a cada aminoácido correspóndelle un só
codón.

3. Agora coñece a estrutura do ADN e parécelle tremendamente lóxica. No modelo de dobre


hélice de ADN proposto por Watson e Crick cúmprese que:
a. A = C c. A + G = T + C
b. G = T d. A + T = C + G

4. Relaciona nas seguintes columnas cada tipo de ARN coa súa función específica:

ARN Funcións

• ARN r (ribosómico) • Relaciona cada codón co seu


• ARN m (mensaxeiro) aminoácido correspondente
• ARN t (transferente) • Forma parte estrutural dos ribosomas
• Transporta a mensaxe xenética desde
o núcleo hasta os ribosomas
5. A química dos ácidos nucleicos é tan lóxica que Álvaro casi non a pode crer. A seguinte
secuencia de bases nitroxenadas correspóndese coa zona intermedia do xen que codifica para
unha determinada proteína.
Cales serán as secuencias da súa cadea complementaria e do ARNm transcrito a partir dela?

...TTACTACGGGAATTAGAGTCGAGGATG…

a. Cadea complementaria: ………………………………………………………………………..


b. ARNm: ………………………………………………………………………………………...

6. Se analizando este xen nunha mancha da pel dunha persoa observamos que, como
consecuencia dunha determinada radiación, sustituíuse unha adenina por unha guanina, que tipo
de mutación se produciu?

a. Cromosómica c. Espontánea
b. Xénica d. Herdable

7. Unha das técnicas básicas en enxeñería xenética é a formación de ADN recombinante para
introducilo en determinadas células e conseguir que estas fabriquen unha ou varias moléculas de
interese sanitario ou industrial. Álvaro pregúntase que tipo de moléculas se obteñen sempre
como consecuencia da expresión dun ADN recombinante.

a. ARNm c. Proteínas.
b. Restrictasas d. ADN ligases.

8. Para introducir o ADN recombinante no interior dunha célula empréganse o que chamamos
vectores que, no caso de que a célula receptora sexa unha bacteria, adoitan ser plásmidos. Que
son estes plásmidos?
c. Pequenas moléculas de ADN lineal e
a. Pequenas moléculas de ADN circular e monocatenario
monocatenario d. Pequenas moléculas de ADN circular e
b. Pequenas moléculas de ADN lineal e bicatenario.
bicatenario

9. Mediante a biotecnoloxía e a enxeñería xenética pódense conseguir animais e, sobre todo,


plantas con características que non eran propias da súa especie. Por exemplo, salmóns que
duplican o tamaño que os naturais, tomates que resisten as xeadas e moitos días sen podrecer, ou
uvas que son resistentes ás pragas de insectos e fungos.
Que nome recibe o xen responsable desa característica que non é propia da especie na que se
atopa?

a. Transxén c. Xen recombinante


b. Transxénico d. Xen clonado.
10. Cales das seguintes frases son verdadeiras (V) e cales falsas (F) ao referirnos ao xenoma
humano?

O noso xenoma ten uns 3000 millóns de nucleótidos

As diferenzas entre os ADN das distintas persoas chega ao 1%

Está formado por arredor de 25000 xenes que codifican proteínas

O tamaño medio dos xenes contén uns 27000 pares de bases

Aproximadamente o 98 % do noso ADN codifica proteínas, o 2 % restante ten


funcións descoñecidas.

Cada xen codifica exclusivamente para unha proteína.

You might also like