Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 5

A NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

EVOLUCIÓN HISTÓRICA EN ESPAÑA

1. As orixes: A Literatura de Tradición Oral

LITERATURA ORAL E POPULAR

Sempre na base de calquera literatura culta está a literatura oral. É moi diversa: cancións, refráns, lendas,
contos… Hai unha parte desta que foi a base do que hoxe coñecemos como narrativa infantil.

Unha das características é que non estaba pensada específicamente para público infantil. Antes a xente
entretiñase contando historias. Porén, non toda a literatura oral pasou a formar parte da literatura
infantil, xa que había contos con contidos considerados non adecuados para a literatura infantil (sexo,
política…).

A idea principal é que a literatura oral xogou un papel importante pero non todas as historias que se
contaban se consideraron adecuadas para o público infantil.

Moitas veces había moitas variacións. Os textos orais habitualmente variaban (exemplo nos contos
populares), xa que dependendo do lugar e do tempo no que se contaban esas voces os adaptaban a
valores, espazos que coñecían.

Comezaron a fixarse por escrito a partir do s. XIX, aínda


que antes algúns folcloristas xa empezaran a facelo.
Fixalos por escrito ten que ver co romantismo e co
rexurdimento (reivindicación da cultura galega).

CONTOS POPULARES CON PEGADA NA LIX

Incorporáronse moi rapidamente á literatura infantil.

1. Contos marabillosos ou contos de fadas: relato con elementos fantásticos, situados nun mundo
irreal, de orixe anónimo e transmisión oral. Hai personaxes con poderes especiais: fadas, ogros,
bruxas, trasnos… Ex: contos recompilados polos irmáns Grimm. Estes contos teñen unha capacidade
brutal para traballar con diferentes símbolos que recoñecemos rapidamente: mazá, cabaza, espello…
2. Contos de animais: relatos que narran a astucia ou a estupidez dun animal, a miúdo en relación ás
súas necesidades básicas, con ánimo de divertir. Ex: contos de raposos. Moi abundantes na
sociedade, debido a que estaban moi presentes debido á sociedade agraria. Parecía apropiado que os
contos dirixidos a nenos e nenas estiveran protagonizados por eles, debido ao contacto estreito con
eles. Diferentes animais exemplifican determinados valores.
3. Contos de costumes: relatos protagonizados por humanos, nos que se aprecian temas e peripecias
propios das sociedades agrarias, o cal remite a un tempo máis moderno que os contos de fadas. Estes
trasladáronse agora en contos de realismo cotiá, que nos contan un pouco a vida do día a día de
nenos e nenas.

Contan cunha estrutura simple e fórmulas de apertura e peche porque rean contados oralmente e
necesitaban manter a atención do público. O tempo case nunca sabemos cal é, do espazo sabemos a
localización (bosque, castelo, casiña…). No nó preséntase un conflito que se resolve topicamente no final
considerado feliz (discutible). En canto ás fórmulas: “Érase unha vez” e “Colorín, colorado, o conto está
rematado”, as cales chegaron ata nós a través da oralidade.

2. SÉCULO XVIII-XIX

1
A NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

OS COMEZOS: A INFANCIA COMO ETAPA DIFERENZADA

Alimentámonos de palabras, unha arma moi poderosa que nos poden facer soñar, agarimas e incluso
lastimar.

A literatura oral exténdese ata o século XVIII, xa que ata aquí o neno (imaxe da infancia) non se
consideraba que estivera nunha etapa diferente á etapa adulta. Entendíase que os nenos tiñan que
vestirse ou comportarse igual que os adultos. No s.XVIII, século da Ilustración e desenvolvemento da
pedagoxía, enténdese como unha etapa diferente con necesidades e características diferentes. Como
consecuencia, os nenos e nenas pasaron a considerarse consumidores de libros diferentes aos dos
adultos.

O primeiro tipo de obras que consumen son coleccións populares de novelas, lendas e contos para todos
os públicos, inda que a función moral mantiña un papel moi importate. Ex: Bibliothéque Bleue. Eses
primeiros libros van ser de tipo relixioso: biblias infantís. Os segundos os manuais que lles ensinaban a
ler.Foi unha transformación importante, xa que deixan de ser adultos en miniatura, convértense en
consumidores. Familias de clase media alta comezarán a comprar cousas para nenos e nenas, entre as
que están os libros.

1744: John Newbery, comeza a escribir, editar e vender breves historias, divertidas, ilustradas e baratas,
por primeira vez pensadas para nenos e nenas. Era escritor, editor, libreiro e bibliotecario.

Bibliothèque bleue

Colección que funcionou como lectura para diferentes clases sociais e para a infancia e a adolescencia en
Francia. As súas historias acabáronse considerando literatura popular debido á súa grande difusión.

Funcionou entre os s. XVII e XIX e era vendida por vendedores ambulantes. Edición precaria, papel moi
malo. Tiraxes enormes co obxectivo de chegar a o maior número de consumidores/as posible.

Pretendía chegar a persoas máis analfabetas, que non comprendían á perfección as novelas. Por iso, en
ocasións líanse colectivamente as súas historias, sendo o ocio principal de moitas persoas. A literatura era
un deses poucos momentos que a xente tiña para desconectar.

O triunfo da novela

No s.XIX dáse a revolución industrial, o que fai que moitas mulleres entren a traballar en fábricas e que
haxa unha gran cantidade de clase obreira.En consecuencia disto, a alfabetización mellora. Comézase a
darlle escolarización a mulleres de clase media-baixa. Igual que antes a literatura oral, agora é a novela.
Supón un gran cambio na forma de ler: xa non se le en alto senón de forma individual.

Obreiros, mulleres e infantes son o público lector debido a este aumento da alfabetización. A novela
convértese na grande triunfadora das triaxes populares, en contraposición ao que ocorría coas elites.
Publícanse no xornal por entregas, polo que debían compralos de forma seguida para lela enteira.

A comezos do XIX, tiraxes de 1000, 1500 exemplares; en canto o século avanza, tiraxes de 30000 nalgúns
casos (Francia, Verne).

A escola comeza a ser a grande consumidora de LIX, o que explica as grandes tiraxes (240 edicións das
Fábulas de La Fontaine en Francia).

3. COMEZOS DO SXX - ESPAÑA

2
A NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Os comezos do XX e a Institución Libre de Enseñanza

Giner de los Ríos: a literatura como vía máis temperá para o acceso da infancia ao coñecemento cultura.

Lectura directa das obras literarias, potenciándoas perante os libros de texto na materia de literatura. En
España, ata 1936, a LI acolle un gran desenvolvemento pola Institución Libre de Ensinanza. A idea era que
se lesen os textos directamente, que non se mediasen tanto polos libros de texto.

Potenciación da biblioteca como recurso para a lectura recreativa. Créanse as primeiras editoras que
publican masivamente contos en España, como a Editorial Calleja. Edición moi humilde, barata.

Defensa do sentimento e da fantasía na ficción infantil, máis que insistir en libros educativos. Ata agora
tiñan un carácter educativo moralizante. Nesta etapa deféndese moito a fantasia como vía do ludico,
ocio, pasalo ben. Lectura como un xogo e un xeito de estar no mundo.

Madrid (editorial Calleja, 1884) e Barcelona como centros editoriais, sobresaíndo Barcelona (Muntañola-
1852; Mentora-juventud, etc.) e creación das tres primeiras bibliotecas con sección infantil.

Interese pola lectura infantoxuvenil nos medios intelectuais e políticos. De súpeto, a literatura infantil
importa. Entendíase por arte da xente da cultura que a LI era importante. Público adulto interesase por
autores/as de LI.

Autora máis importante: Elena Fortún, Manuel Abril, María Teresa León.

Posguerra

A Guerra Civil rompe cos avances en materia de LIX que trouxera a República. Moitos escritores exilian.
Por tanto, supuxo tamén un desastre a nivel cultural, literario e de educación.

Prohibición de publicar en outras linguas que non fosen o castelán: textos franquistas, panfletos que se
tiraban na rúa dicindo que se falara en castelán, que se falase ben.

Temas predominantes: relixión, a moral (imposta), personaxes históricos (españoles) e o folclores que
contribúen a unha visión determinada de España (nun mal sentido, paella, toros, andalucía… debido ao
emprego durante esta época destes aspectos como símbolos de España).

Textos para “nenos bos”, que coincide co auxe da vontade de educar ás novas xeracións en valores que
impedisen a repetición das dúas guerras mundiais, pero tendo en conta que España é unha ditadura e
que os seus libros proclamarán os seus valores.

A LI en España tardou en arrincar moitas veces porque o contexto que había era realmente
opresivo/fascista.

Aínda así, algunhas autoras que se salvaron diso. A máis importante foi Ana María Matute, Carmen Kurtz
e Ángela Ionesco.

4. DO 1968 EN DIANTE

Anos 60

1. Cambios sociais (desenvolvemento económico e cultural) que dan lugar a un novo tipo de visión do
mundo e da infancia.
2. Recuperación da literatura infantil en parámetros homologables aos europeos.

3
A NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

3. Desenvolvemento dunha industria editorial moi pegada á narrativa. Diversificación de formatos e


ampliación de públicos.
4. A partir do 68, hai un enorme cambio nos valores que aparecen nos libros.

Menos prescrición moral, máis actitude crítica.

Novos formatos: inclúense temas que antes se consideraban complexos para nenos e nenas: amor,
guerra, problemas familiares, etc. Esvaecemento da fronteira coa literatura adulta.

Anos 70

Auxe da ficción fantástica: a partir da defensa do folclore como literatura adecuada e a partir da
influencia das variantes do realismo máxico.

Influencia do surrealismo, as Vangardas e G. Rodari. Rodari foi un pedagogo italiano que sobre todo se
fixo moi coñecido nos 70 por escribir A gramática da fantasía. Unha das súas ideas era que a escola non
tiña sentido se non se potenciaba a imaxinación. Ademais de contar historias, nenos e nenas deben
inventalas. Só así a literatura e a escola tería algín sentido.

Experimentación coas palabras e coa arte: album ilustrado.

Extensión das temáticas psicolóxicas: imponse a idea de que o conflito forma parte da vida.

Os libros insistirán na necesidade de verbalizar problemas, na negación moral, adaptación persoal a


cambios externos, etc. A temática varía segundo a idade dos destinatarios.

Rómpese coa mitificación da inocencia infantil.

O “realismo crítico” / Literatura militante

Posibilitou que os feminismos, a crítica a que nas ilustracións só aparezan persoas dunha determinada
etnia, o racismo… fose parte dos libros. A ampliación dos temas incluíu a crítica social.

Visión da sociedade dende os valores da liberdade, tolerancia ou defensa dunha vida pracenteira. Loita
contra a discriminación de raza, xénero e clase, defensa dunha propia maneira de ser.

Literatura xuvenil

Desenvolvemento a partir dos anos 70. A fronteira coa adicada ao adulto é moi fina, abordan as mesmas
temáticas. O lector xuvenil suponse que aínda non está totalmente formado.

A mocidade como concepto moderno: a ampliación da escolaridade obrigatoria ata os 14 anos.


Necesitaranse libros para eses nenos e nenas.

Abundan máis os subxéneros de todo tipo, especialmente a novela histórica. En España moi desenvolvida
sobre todo a partir dos anos 90, tentando contar a GC. Tamén outros: misterio, terror, policíaca.

Auxe da narrativa histórica. O público adolescente sempre se interesou por el e pode ser escenario da
aventura, do exótico e do paso á idade adulta. Ex: subtemática da Guerra Civil.

Auxe da ciencia ficción e da novela policíaca en todas as literaturas occidentais.

4
A NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Auxe da literatura posmoderna (en todas as franxas etarias): mestura entre literatura e outros medios
(audiovisual), máis experimentación, subversión de mitos, ambigüidade entre realidade e ficción, xogo de
alusións intertextuais entre as obras e diferentes sistemas culturais, fragmentación das voces narrativas,
aumento da parodia, mestura de personaxes de diferentes tradicións.

You might also like