Sobre A Literatura Infantil e A Súa Definición

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 6

SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

QUE É A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL? ACHEGAMENTO SIMPLE E RÁPIDO

A LIX é aquela que foi dirixida á infancia e á mocidade en primeira instancia + asumida polo lectorado en
formación como propia (crossover literature, literatura de cruce, por ex. El Principito, Carapuchiña
Vermella, Memorias dun neno labrego ou Cartas de inverno) + a escrita polas propias nenas e
adolescentes (nas definicións máis laxas). A última é a definición que menos nos interesa.

“A literatura infantil é a que aparece na colección infantil dunha editorial” (Twonsend, 1971, p.10).

Tres cuestións fundamentais inflúen na definición da LIX:

1. LITERARIEDADE: A relación da LIX coa literatura en xeral. É o conxunto de características que fai que
un texto sexa literario. Ao ler unha noticia lemos de maneira máis plana, pero os textos literarios
precisan doutro tipo de lectura. Os textos literarios teñen plurisignificacións, pois non teñen un único
sentido, teñen varios sentidos que imos construíndo entre todos.
2. PÚBLICO DESTINATARIO: A cuestión do “lector modelo”: o lector ideal para ese texto, o lector para o
que se pensou que ese texto sería axeitado.
3. COMPOÑENTE EDUCATIVA: Unha simbiose entre literatura e educación? A vertente educativa é
unha razón de peso para escoller os libros que levamos á aula.

A LITERARIEDADE E A RELACIÓN COA LITERATURA PARA PÚBLICO ADULTO

É LIX aquela obra que poida ser considerada literatura e que se dirixa á infancia e á mocidade. A
concepción do que é literatura cambiou e cambia ao longo do tempo. Aquí debemos diferenciar entre
literatura infantil e libro infantil (por ex. As primeiras cen palabras de Peppa Pig non ten literariedade,
polo que non é literatura infantil, mais si un libro infantil). O concepto de literariedade é o que define a
literatura. Enténdese que esta ten unha serie de trazos comúns.

"La web permite hacer accesible una gran variedad de textos y una aún mayor variedad de comentarios
de textos. Con tantas voces hablando con franqueza, establecer un canon específico será difícil si no
decididamente imposible. Demasiada gente tiene demasiadas nociones diferentes de lo que es literatura y
de lo que hace y de lo que es "excelente e importante" (McGillis, 2003: p.40).

Os conceptos de canon literario (son os libros de autores que pasaron á historia da literatura polas súas
características, pois estas eran moi relevantes; por ex. O Quixote, Shakespeare, A Divina Comedia de
Dante; en galego, Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez…; tamén un canon
infantil: Alicia en el país de las maravillas, Peter Pan…) e sistema literario (editor, autor, ilustrador,
maquetador, distribuidor, librarías. Todos os elementos que fan que un libro chegue ata nós).

Engadir o adxectivo “infantil” á palabra literatura tivo dous efectos: diferenciación entre dous estadios
da vida tamén no tipo de textos literarios que consumen e enfancia como unha especie de preparación
para a vida adulta: lectorado infantil como lectorado incompleto, ao que hai que formar, ao que hai que
"encher". Necesaria diferenciación entre libro para a infancia e literatura infantil: no primeiro non se
contempla o elemento literario, no segundo o elemento literario é o centro. Levar ás aulas libros para o
lector de hoxe, non para o lector de mañán.

Ledicia Costas: “A literatura infantil non crea lectorado para o futuro, o público infantil son lectores e
lectoras hoxe e teñen dereito a unha literatura de calidade, porque son esixentes e son inconformistas.
(...). As autoras de LIX acabamos sendo consideradas escritoras de segunda”.

O PÚBLICO DESTINATARIO DA LIX: A ADECUACIÓN AO LECTOR MODELO

O máis complexo da LIX é que se conta con dous públicos receptores: as crianzas e os adultos, xa que
son quen mercan os libros, son os mediadores, pois encárganse de achegar a literatura aos nenos. Isto
trae problemas xa que se pode dar a censura debido a motivos ideolóxicos, políticos ou morais.

1
SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

Concepto de LECTOR MODELO (Eco, 1979). Cando os textos literarios son creados, a persoa creadora
pensa nun lector “ideal” que interpretará e actualizará o texto “adecuadamente”, tendo en conta os
seus coñecementos e competencias. O autor debe prever ao lector na elaboración do texto.

A competencia comunicativa do público receptor é un dos elementos definitorios da LIX, como teñen
sinalado moitos teóricos. Por iso, porase coidado nos elementos lingüísticos, xa que a medida que a súa
formación avance poderá enfrontarse a un maior número de recursos.

Para que un libro entre nesta categoría debe dirixirse á franxa etaria 0-18, por iso o lector modelo da
literatura infantil non é único, senón diverso e vai variando ao longo do tempo. Mais tamén se ten en
conta a persoa mediadora, aquela encargada de escoller e transmitirlle a literatura a estes receptores.

Os libros infantís teñen unha compoñente ideolóxica moi clara, transmiten determinados valores.

Como inflúe o lector modelo 1 nos textos? Os autores tratan de buscar temas de interese da infancia /
Os seus destinatarios están noutro nivel, non poden crear os seus propios textos. / Os adultos poden
cumprir tamén estas dúas condicións

Cal é o papel da persoa mediadora? Poñen en contacto ao lectorado cos libros / Ás veces son
prescritores / Deben seleccionar, elixir, achegar, animar

DOBRE RECEPTOR DA LIX. “El escritor ha de tener en cuenta muchas más audiencias y censuras que el
autor de un libro escrito para adultos” (Zipes, 2001)

● LECTOR MODELO 1: público infantil


- A el chegan os textos que xa pasaron unha especie de "censura" previa.
- Os autores escriben para este público lembrando, a través do coñecemento de nenos
contemporáneos e un sistema de crenzas sobre o que é a infancia.

● LECTOR MODELO 2: mediadores/as


- Son de moitos tipos: editores, mestras, bibliotecarios, nais e pais.
- Guíanse polo que se supón que lles gusta aos nenos e nenas.
- Os seus obxectivos son diversos dependendo do elo da cadea en que se sitúen.

A COMPOÑENTE EDUCATIVA DA LIX

Na maioría das definicións clásicas de LIX, a compoñente educativa non está presente. Os libros infantís
non están para educar ou para transmitir valores, senón para converter aos nenos en lectores.
Considérase que a LIX xurdiu no s. XVIII, nun momento en que os libros dedicados á infancia se
afastaban dese contido moralizador co que naceron.

Non obstante, que ocorre na LIX moderna cando hai tantos libros de contido educativo? O consumo da
LIX nas escolas e os diferentes filtros polos que pasa fai que se insista moito na cuestión moralizante, nos
valores e nas súas posibilidades educativas, o que está influíndo na produción. Uso de libros como por
exemplo O monstruo das cores ou Nacho ya no usa el orinal, son como libros de autoaxuda infantil.

Hai unha compoñente educativa innegable no marco da LIX, mesmo naqueles autores máis iconoclastas
e transgresores: o feito de que son libros que deben educar a competencia literaria.

Os receptores principais da literatura infantil teñen unha competencia literaria en desenvolvemento e


requiren ir dos conceptos máis básicos aos máis complexos. Por iso, a LIX está constituída por obras
iniciáticas no mundo da cultura literaria e noutro tipo de valores culturais.

Entendida como EDUCACIÓN XERAL das nenas/os pode atender a estes elementos: mundo familiar,
visión da nena e do neno, as relacións persoais e os sentimentos, os valores éticos-sociais, o mundo da
institución escolar, o mundo imaxinario e mitolóxico-relixioso, o mundo do traballo, o pensamento
ecolóxico, o mundo cultural, o concepto de país (Bossa, 1994).

2
SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

Entendida como FORMACIÓN LITERARIA, as mestras construímos un itinerario de dificultade crecente


ao longo da escolaridade que permite o acceso a obras cada vez máis complexas (ideas de Colomer e
outros autores e autoras).

A competencia literaria supón que nós como docentes somos capaces de interesar ao noso alumnado e
formalo para que sexa capaz de comprender, cada vez, textos literarios máis complexos. As persoas
mediadoras teñen que fomentala e as persoas receptores teñen que ir decodificando e entendo mellor os
textos literarios, polo que a competencia literaria compréndeos a ambos.

ELEMENTOS QUE CARACTERIZARÍAN A OBRA LITERARIA

Requisitos propios dunha obra literaria  Orixinalidade / Coherencia / Uso de recursos literarios
convenientes e adecuados

Adecuación ao lector modelo  Forma e contido adaptados aos intereses do lectorado / Atención á
competencia lingüística

Presenza de elementos educativos  Especial atención aos literarios / Menor importancia para
cuestións educativas en xeral

COMO DEFINIMOS A LITERATURA INFANTIL? (non memorizar)

“A literatura infantil e xuvenil, pois, é aquela rama da literatura dirixida expresamente ao público
infantil e xuvenil - un público en formación que necesita a adecuación da linguaxe e do resto de
recursos literarios para facilitar a comprensión- e que contribúe á súa educación literaria. Os ámbitos
de estudio da LIX, en cambio, inclúen xéneros fronterizos que foron estudiados tradicionalmente dentro
da marca de LIX como a literatura de tradición oral e a paraliteratura dirixida ao público infantil e xuvenil
e outros nos que a aplicación da metodoloxía de análise e estudo da LIX resulta especialmente fructífera
como os cómics, os debuxos animados…” (...) (Mínguez, 2012: 102). → educar literariamente é o noso
deber, tanto moralmente como a nivel do currículo.

“Cando aceptamos que (...) esta literatura pertence aos adultos co neno lector como destinatario do libro,
as cousas apareen máis claras. É a reticencia de moitos adultos a aceptar abertamente esta literatura
como súa (...) a que causa moitas das dificultadas e contradicións do xénero. Pertencementos á audiencia
da literatura infantil- pertencemos como antiguos nenos lectores desta literatura, pertencemos porque
fomos unha vez nenos, pertencemos como autores adultos, editores, compradores e críticos desta
literatura e pertencemos como actuais lectores desta literatura” (Hollindale, 1997:306).

SELECCIÓN DE LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS - Unha posible fórmula para a selección (Colomer,
1998)

● A calidade das obras

Non hai fórmulas para xulgar a calidade das obras. Cada lector construirá o seu horizonte de
expectativas sobre iso.

O recomendable é facer un análise detido da calidade da obra atendendo a diferentes cuestións. Se é


posible comparando a nosa valoración coa doutras persoas.

a) Elementos para a ANÁLISE TEXTUAL:


- Linguaxe empregada
- Análise das personaxes. A posibilidade de que o neno se identifiquen co protagonista é
fundamental.
- Equilibrio entre descrición - narración - diálogo. A narración é o que fai que pasen cousas.
- Comezo: debe crear un mundo. É fundamental, débenos dar algo que nos convide a seguir lendo.

3
SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

- Final: coherencia coa historia relatada. Un final pechado dános seguridade, ao contrario que un final
aberto. Na literatura máis contemporánea téndese máis cara os finais abertos, unha forma de facer
reflexionar aos lectores/as e que imaxinen.

b) Elementos para a ANÁLISE DO FORMATO:


- A importancia do formato. Delimitación do campo visual do lector. Canto máis pequeno é o tamaño,
maior intimidade.
- A páxina. Composición habitual: texto na esquerda e imaxe na dereita.
- O fondo. O habitual é que sexa branco, cando é doutras cores pode haber un significado narrativo
determinado.

c) Elementos para a análise DAS IMAXES. Imprescindible a análise da relación texto-imaxe:


- Como se relacionan co texto?: complementariedade (engaden información), reiteración (reproducen
e repiten o que está no texto) e oposición (o que teñen as imaxes leva a contraria ao que aparece no
texto).
- Dialogan co texto actualizándoo?: Ex: a renovación de historias clásicas.
- Atención a técnicas, texturas e cromatismo.

● A adecuación aos seus intereses e á súa competencia lectora

o Importancia de ter en conta que a competencia lectora evolucione co paso do tempo.


o Non se goza do que non se entende pero tampouco do demasiado sinxelo.
o Resulta fundamental o coñecemento do grupo, tanto da súa competencia como dos seus intereses.
o Ser consciente da evolución de temáticas ao longo da experiencia lectora. Ex: contos clásicos-grupo
que pasa por diferentes aventuras-historias de iniciación (bildungsroman).
o Importancia da relación de coherencia entre todos os elementos que conforman a obra, tanto de
contido como de formato.
o Fundamental: analizar se funciona o interese da obra para o público lector coas posibilidades de
lectura que nos lle vemos como mediadoras.
o Buscar o equilibrio entre o interese que esperta no alumnado e as posibilidades que lle atopamos.
o Debemos darlle as ferramentas necesarias ás crianzas para que avancen.

● Diversidade de funcións e de lectorado

Para quen?
o Non hai libros infalibles para nenos e nenas dunha idade concreta.
o A selección debe adiantarse a esa diversidade.
o Equilibrio entre "libros importantes" vs. "libros seductores". Debemos impulsar a diversidade
lectora dende esta etapa, xogando con aqueles libros que nos parecen importantes (marcan un antes
e un despois) e aqueles sedutores (que enganchan ao alumnado pola razón que sexa).

Para que? Para que quero levar eu á aula este libro?


o Para realizar experiencias literarias diferentes: libros variados, de diferentes xéneros e subxéneros
(humor, fantasía, realismo, histórico..).
o Non se desexa o que non se coñece: a persoa mediadora debe pensar estratexias de introdución de
diferentes xéneros.
o Para propósitos variados: traballar temas na escola (debemos levar selección), conectar coas
aprendizaxes habituais (aprender a ler e a escribir, falar dun animal, recrear un contexto ou unha
cultura...).

Libros para iniciarse na lectura autónoma non os hai mellores que os do tipo Bolechas: as imaxes
describen o texto.

Como? Tentar que a aproximación sexa diversa.

4
SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

Animación á lectura + elementos curriculares


- Compartimos o entusiasmo
- Compartimos o desconcerto, as dificultades.
- Compartimos as conexións, buscamos moldes. A que nos lembra, a onde nos leva… Iso despois, nun
coñecemento máis profundo.

"Hablar sobre literatura es compartir una forma de contemplación. Es una manera de dar forma a los
pensamientos y emociones excitados por el libro y por los significados que construimos juntos a partir del
texto: ese mensaje que el autor envía y nosotros interpretamos de forma útil y placentera". Adaptado do
Método “Dime” (Chambers, 1993)

Por que “Dime”?

- Falamos colectivamente: acádase un coñecemento máis profundo do texto.


- Falamos do novo: a conversa oriéntase cara novos significados. O que dixo outra persoa pode
cambiar a nosa visión e ter que reformular o noso pensamento.
- Falamos para nós mesmas: aprendemos a expresar ideas de xeito oral.
- Falamos para outras: como aprendemos a facer unha escoita activa? Unha das cousas máis
complexas de practicar na escola pero tamén no noso día a día.

● Combinación de libros “clásicos” con outros que son novidades

Como procurar os libros axeitados? O máis importante é que nós teñamos un criterio. Publícanse 4000
volumes ao ano no mercado español.

o En revistas especializadas: Fadamorgana, Revista Galega de Educación, CLIJ (pioneira a nivel español,
Cuaderno de Literatura Infantil y Juvenil)…
o Seguindo a actividade de certas institucións: Fundación Germán Sánchez Ruipérez, GÁLIX
(Asociación galega da literatura infantil e xuvenil) (OEPLI, IBBY; no fondo son o mesmo que a GÁLIX,
un a nivel galego, outro español e outro internacional).
o Estando ao día de certos espazos nas redes sociais: @vadecuentos (ig).
o Coñecendo algúns blogs referenciais, como: anatarambana.blogspot.com ou
@dondevivenlosmonstruos (ig).
o Nas páxinas das editoras: Kókinos, Libros del Zorro Rojo, OQO, Kalandraka, Antela, Bárbara Fiore,
Ekaré, Narval, Corimbo…

 A importancia de revisar a selección (Colomer, 2015):

1. A calidade das obras.


- Elexímolo para traballar X tema?
- Trátase dun libro excesivamente didáctico?
- Revisión dende os estándares de calidade manexados.

2. A adecuación ao público destinatario.


- Interesan realmente ao público de X idade?
- Son adecuados para a competencia lectora esperada?

3. A incorporación da tradición.
- Hai obras da tradición oral?
- Eliximos boas versións.

4. Sobre os clásicos da LIX.


- Hai obras clásicas que axudan a conectar coa memoria colectiva?

5. Sobre a variedade das obras.


- Hai variedade de xéneros?

5
SOBRE A LITERATURA INFANTIL E A SÚA DEFINICIÓN

- Hai variedade de estilos na ilustración?


- Existe variedade de temas?
- Hai libros con diferentes dificultades lectoras?

You might also like