Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx.

29795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 14 de maio de 2024 para dar cumprimento ao previsto no punto


quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín
Oficial del Estado número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66
da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral (LOREX),
no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña
electoral.

En cumprimento do establecido no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de mar-


zo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX, no relativo a
recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, así como no
artigo 18.6 da LOREX, acorda publicar no Diario Oficial de Galicia que se recibiu comuni-
cación do director xeral da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) en que
se traslada o Plan de cobertura dos medios de comunicación públicos da Corporación
Radio e Televisión de Galicia, S.A. (TVG, Radio Galega e www.g24.gal), relativo ás elec-
cións de deputados ao Parlamento Europeo convocadas para o próximo 9 de xuño de
2024, en que se inclúen as previsións de debates e entrevistas, con indicación da data
e hora de emisión, as entidades políticas a que se invita e a súa duración, así como os
programas específicos de natureza electoral e os criterios sobre a información específica
da campaña electoral.

As entidades políticas poderán examinar a dita programación nas dependencias desta


xunta electoral provincial no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo no
DOG e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes.
CVE-DOG: eghe1dj9-nne4-inf3-u2n5-omznz32agg05

Así mesmo, independentemente do anterior, acórdase notificárllelo aos representantes


das candidaturas proclamadas, vía correo electrónico, e con remisión do plan, co fin de que
poidan ter coñecemento deste e, de ser o caso, formular as reclamacións ou recursos que
consideren oportunos no indicado prazo dun día, contado desde a publicación do acordo
no DOG.

A Coruña, 14 de maio de 2024

Francisco-Javier Pedreira Sánchez


Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like