Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

CICLOS BIOLÓXICOS

Aínda que a maioría dos seres vivos se reproducen sexualmente mediante gametos haploides
(n), o momento en que se leva a cabo a meiose ou división reduccional é variable.
Segundo o momento en que se produce a meiose, fálase de ciclos biolóxicos ou de organismos
diplontes, haplontes ou diplohaplontes.

CICLO DIPLONTE

Os individuos adultos son diploides. A meiose ten lugar


durante a gametoxénese, formándose gametos haploides. Estes,
mediante a fecundación, orixinan un cigoto diploide que dá lugar
ao adulto. Este ciclo dáse no home, en case todos os animais e
excepcionalmente nalgúns vexetais (algas fucáceas).

CICLO HAPLONTE

Propio de especies cuxos individuos adultos son sempre


haploides. A meiose ten lugar no cigoto, a partir do cal se forma o
adulto haploide. Este, mediante mitose, produce gametos
haploides. Este ciclo é típico de moitas algas e algúns protozoos.

CICLO DIPLOHAPLONTE

Neste ciclo preséntase unha xeración haploide (gametofito) e unha diploide (esporofito), é
dicir, dous tipos de individuos adultos. Esta alternancia na dotación cromosómica vai acompañada
da alternancia entre reprodución sexual e asexual.

O individuo adulto diploide (esporofito) en vez de formar gametos forma esporas. Ao formarse as
esporas ten lugar a meiose. As esporas (n) dan lugar a outro organismo, o chamado gametofito,
que será polo tanto haploide, o cal é o que forma os gametos que seguirán sendo haploides, pero
que ao fusionarse con outro orixinarán unha célula ovo diploide que orixinará un individuo adulto
diploide, empezando novamente o ciclo.
EXERCICIOS

1- Que dotación cromosómica presenta o cigoto nos seres haplontes?


2- Mediante que proceso se forman os gametos no ciclo de vida haplonte?
3- Que fase do ciclo de vida dos seres diplontes é haploide?
4- De que depende o ciclo de vida dos organismos?
5- Que dotación cromosómica ten o gametofito?
6- En que momento de ciclo de vida haplo-diplonte se produce a meiose?

You might also like