Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

PREGUNTA 2. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o establecemento da II República.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos a implantación da II
república, as forzas políticas do momento e as características da Constitución de 1931(5 puntos)

Doc. 1. Bando municipal da Coruña, 14 de abril de 1931

Fago saber: Que o Concello elixido polo pobo da Coruña o domingo 12, congregado coa asistencia do pobo
ás 17 horas e 15 minutos de hoxe, na Casa Consistorial, acordo, en atención ao desenvolvemento dos
sucesos da vida nacional e interpretando a vontade do país, proclamar a República. Conseguimos a
República despois de considerables esforzos e sacrificios e cómpre agora demostrar que sabemos
merecela. (...) Cidadáns: Sede dignos da vosa obra! Gardade a orde e disciplina como único medio para
facer xustiza e para conseguir a liberdade e a democracia. Viva a República!

Doc. 2. Francesc Maciá. 14 de abril de 1931

Interpretando o sentimento e anhelos do pobo que nos acaba de doar o seu sufraxio, proclamo a República
Catalá como estado integrado na Federación Ibérica. De acordo co presidente da República federal
española, señor Niceto Alcalá Zamora, co cal ratificamos os acordos do Pacto de San Sebastián, fágome
cargo provisionalmente das funcións de president do Goberno de Cataluña, esperando a que o pobo español
e o catalán expresen cal é nestes momentos a súa vontade. (...) Por Cataluña, polos outros pobos irmáns
de España, pola fraternidade de todos os homes e de todos os pobos.

Doc. 3. Constitución de 1931

Artigo 1º. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime
de Liberdade e de Xustiza. Os poderes de todos os seus órganos emanan do pobo. A República constitúe
un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e das Rexións.

Artigo 2º. Todos os españois son iguais ante a lei.

Artigo 3º. O Estado Español non ten relixión oficial.

Artigo 8º. O Estado Español, dentro dos límites irredutibles do seu territorio actual, estará integrado por
municipios mancomunados en provincias e polas rexións que se constitúan en réxime de autonomía.

Artigo 11º. Se unha ou varias provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas
comúns, acordaran organizárense en rexión autónoma para formar un núcleo político-administrativo, dentro
do Estado Español, presentarán o seu Estatuto.

Artigo 52º. O Congreso dos Deputados componse dos representantes elixidos por sufraxio universal, igual,
directo e secreto.

You might also like