Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 16

UNIDADE 12. A LITERATURA GALEGA DESDE A GUERRA CIVIL ATA 1975.

CONTEXTO
HISTÓRICO E CULTURAL. A POESÍA: A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE, A
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS.
1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL: DESDE A GUERRA CIVIL A 1975
O ámbito socio-económico
Rematada a guerra civil, comeza en España un longo período histórico caracterizado pola ausencia de liberdade e pola
anulación dos máis elementais dereitos da cidadanía, así políticos como culturais ou relixiosos: libre expresión,
liberdade de movementos, de reunión, de asociación etc. A xunta militar que derrotou a II República instaura unha
férrea ditadura encarnada no xeneral Franco; esta nova forma de Estado prolongarase ata a morte do tirano en 1975.
A sociedade e a economía galega viven nun primeiro momento un proceso de retroceso e nova ruralización. Desde os
anos 50, mercé á construción de grandes encoros e á importancia do sector naval, maniféstase unha moderada
industrialización. Desenvólvese asemade o sector servizos, así como a produción cárnica, leiteira e madeireira.
Porén, Galicia segue a estar por debaixo da media europea e española e acentúase a emigración, agora con destino
aos países europeos desenvolvidos e mais ás áreas industrializadas do Estado.
A vida política está caracterizada pola represión, os asasinatos, os encarceramentos e o exilio. Durante os anos 40
permanece activa a resistencia guerrilleira que finalmente será liquidada. Nos anos 60 renace a oposición desde a
clandestinidade, cunha forte tendencia á radicalización. Predominan os grupos comunistas no movemento obreiro e un
novo nacionalismo de orientación moito máis á esquerda do que o de preguerra.
O ámbito cultural e literario
É ben sabido que a guerra civil (1936-39) marca, coa violencia e crueldade do odio desenfreado, un antes e un despois
na historia de todos os países e culturas que integran a España contemporánea. Galicia non é unha excepción; desde os
primeiros días da contenda a produción xornalística en galego cae ata desaparecer case por completo. O bando
sedicioso, sublevado contra a legalidade republicana, axiña deu mostras claras do seu desafecto cara as linguas e
culturas periféricas. Malia que o uso do galego seguiu sendo maioritario en Galicia, este reducíase aos rexistros
informais e tolerábase por ser o único idioma no que era competente unha boa parte da poboación.
En canto á literatura na nosa lingua, durante os anos que durou a guerra aparecen algunhas obras en galego; o noso
idioma é utilizado en certas poesías de marcada carga ideolóxica procedentes de ambos os bandos enfrontados. Con
todo, a ausencia en Galicia dunha produción literaria continuada e a perda da súa condición de institución cultural viva
mostran un quebranto sensible e duradeiro sobre a nosa literatura.
Na primeira posguerra, a literatura autóctona garda un obrigado silencio en Galicia. Unha boa parte das empresas
culturais e dos escritores galegos, aqueles que puideron fuxir da represión, van procurar refuxio no exilio americano.
Unha mostra importante da nosa literatura verá a luz ou será reeditada durante estes anos na Arxentina, Venezuela,
Cuba, México ou Uruguai. Bos Aires, a capital de Arxentina, pasa a ser tamén a capital cultural de Galicia.
A partir dos anos 50 comeza unha nova xeira para a literatura galega. A creación, en 1950, da Editorial Galaxia
marca un fito histórico na recuperación da voz cultural galega feita desde o propio país (en 1951 a Editorial Galaxia
comeza a publicar a Colección Grial, da que chegou a publicar 4 números. En 1963 retomaría o proxecto, convertido
en revista trimestral de cultura e pensamento, que se mantén ininterrompidamente ata hoxe). Supón, ademais, o punto
culminante dunha serie de sucesos positivos, datados nos últimos anos 40, que testemuñan o lento renacer do noso
discurso literario:
 A publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
 A aparición en Pontevedra da colección de poesía Benito Soto.
 O nacemento doutras pequenas empresas editoriais, como Bibliófilos Gallegos.
 A publicación semanal dun suplemento cultural no diario vespertino compostelán La Noche, no que se lle
concedía atención privilexiada á cultura galega.
 A existencia dalgunhas revistas literarias bilingües, como Mensajes de poesía ou Alba.
A década dos 60 e os primeiros 70 son anos moi axitados e intensos no terreo político e social. Nos 60 xorden
algunhas asociacións culturais que desempeñan ao tempo un labor de formación e difusión ideolóxica dentro da
legalidade: O Galo en Santiago (1961), O Facho na Coruña (1963), a Asociación cultural de Vigo (1965)...
No que se refire á poesía galega, comezan marcados polo predominio da liña social e de denuncia, que acadou un
considerable éxito circunstancial prolongado, en boa medida, case ata a década seguinte. Non obstante, xa desde
comezos dos 70 se van percibindo algúns indicios de mudanza, tanto no ton como nas formas poéticas cultivadas por
algúns autores da chamada Xeración dos 50 ou das Festas Minervais, que ían ocasionar a superación dos modos
socialrealistas. A fins dos 70 xorden algúns colectivos poéticos renovadores dos que o máis rupturista e duradeiro será
Rompente, recuperador, en boa medida, do espírito das vangardas históricas.
2. A POESÍA DESDE A GUERRA CIVIL ATA 1975
GRUPOS E TENDENCIAS POÉTICAS
A mingua da produción editorial entre 1936 e 1950 provoca a irrupción case simultánea de tres grupos xeracionais no
panorama da literatura de posguerra: A Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración dos 50 ou das
Festas Minervais.
XERACIÓN DE 1936
Está constituída maioritariamente por escritoras e escritores nados entre 1910 e 1920 e formados no marco
institucional da Segunda República. Nun principio, recoñécense discípulos da Xeración Nós e da Xeración de 1925,
pero non tardarán en atopar as súas propias liñas creativas, ás veces en direccións moi diferentes ás dos seus mestres.
Xa tiñan publicado algunha cousa antes da guerra, mais a súa obra acada maior orixinalidade e interese cara aos anos
cincuenta ou sesenta. Un sector formará grupo poético desde o exilio.
♦ DIRECCIÓNS POÉTICAS
Imaxinismo. Baseada na primacía da imaxe poética e iniciada en Galicia co paisaxismo de Amado Carballo, tivo
notable éxito nesta xeración. Entre eles, Emilio Pita, desde o exilio, deixa sentir tamén a influencia de Lorca.
Neotrobadorismo. Caracterizada pola reelaboración das formas trobadorescas galego-portuguesas do medievo,
acadará os seus maiores logros cos poetas deste grupo, como Xosé María Álvarez Blázquez (Cancioneiro de
Monfero, 1953) ou, sobre todo, Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Riveira, 1933; Dona do corpo
delgado, 1950).
Clasicismo.- Non se coñecía na literatura galega outro clasicismo máis que o de Pondal e a chamada Escola
Formalista. Algúns poetas da Xeración do 36 fan un aproveitamento diferente de certas formas e metros clásicos –
nomeadamente do hendecasílabo branco– en poemas, polo xeral, de ton intimista. Así o fan Ricardo Carballo
Calero, Xosé Díaz Jácome, X. Mª Álvarez Blázquez e Aquilino Iglesia Alvariño.
Ruralismo. Liña, evocadora da paisaxe e do ambiente campesiño e duramente deostada por Manuel Antonio no
manifesto Máis alá, ten como referente anterior as obras de Noriega Varela e Xosé Crecente Vega (Codeseira, 1933).
Na Xeración do 36, os poetas Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro (Parga, 1914-Lugo, 1979)
introducen resonancias virxilianas nos seus cantos ás austeras terras do interior de Lugo.
Socialrealismo. Probablemente a maior achega dos poetas desta xeración. A liña de denuncia cívica, que fora
cultivada preferentemente por Curros e o primeiro Cabanillas, interrompérase na Xeración anterior, pero será
retomada por este grupo; primeiro polos poetas exiliados Luís Seoane e Lorenzo Varela, posteriormente por Celso
Emilio Ferreiro e a súa Longa noite de pedra (1963), que vai supor un xiro crucial na historia da poesía galega.
Intimismo Radical. Corrente coa que, en boa medida, se iniciara o Rexurdimento e que tampouco tivo moitos
continuadores na poesía do primeiro terzo do século XX, agás Luís Pimentel. A Xeración do 36 terá en María
Mariño (Noia,1907- Parada do Courel, 1967) unha digna continuadora desta liña.
♦ POETAS
 Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín, 1909 – Santiago, 1961)
Nacido nunha etapa ponte entre a Xeración de 1925 e a de 1936, desenvolve un importante labor poético desde antes
da guerra civil que continuou no período de posguerra. Ao igual que outros coñecidos escritores galegos, pasou polas aulas do
Seminario de Mondoñedo (Noriega Varela, Díaz Castro e Crecente Vega, co precedente, no século XIX, de Nicomedes Pastor Díaz), onde
adquiriu una sólida formación humanística. Exerceu como catedrático de Latín e traduciu para o galego textos clásicos grecolatinos, ademais de
mostrar un gran interese pola lexicografía galega.
Obra
En 1930 publica Señardá, o seu primeiro poemario. Trátase dunha colección de sonetos de notable perfección formal que acusan a
influencia do saudosismo, do simbolismo e do modernismo; ademais da dos poetas “Antre dous séculos” Cabanillas e Noriega Varela. O autor,
seminarista naquel entón, fai preceder a obra dunha advertencia contra a interpretación anticristiá do espírito dos versos que contén.
En 1933 publica Corazón ao vento. Mostra certa vontade renovadora que se manifesta na procura de novas formas rítmicas (os metros
populares e o verso libre aparecen agora xunto cos alexandrinos e hendecasílabos) e imaxes poéticas máis atrevidas (sobre todo baixo a
influencia de Amado Carballo e, en menor medida, de Manuel Antonio):
“Era un mencer de San Xoán.
Bañábase tras dos pinos,
Como unha ninfa, a mañán.” [...]
Despois da guerra Iglesia Alvariño acada a súa madurez. En 1947 publícase Cómaros verdes, o primeiro título poético
importante da literatura galega de posguerra. Nesta obra continúa afastándose dos moldes clásicos, o que non sempre produce bos
resultados neste autor. O mellor da poesía de Iglesia Alvariño aparece baixo o rigor formal das formas clásicas.
A influencia de Amado Carballo segue presente en certos poemas hilozoístas, mais tamén atopamos algúns poemas neotrobadorescos, outros nos
que é notable a influencia de Lorca e da “Generación del 27”, do surrealismo etc.
A paisaxe convértese no núcleo temático máis importante da obra. O poeta recorre a ela por veces cun afán puramente descritivo, sen embargo
outras veces sérvelle tamén de pretexto lírico para a expresión da intimidade.
Atópanse, por outra banda, unha serie de odas homenaxe a grandes poetas do pasado, tanto galegos (Amado Carballo, Pondal, Curros, Rosalía)
como non galegos (Petöfi, Holderlin, Tibulo, Catulo).
Outros títulos: De día a día (1960), Lanza de soledá e Nenías (1961). No primeiro continúa as liñas lírica e descritiva que xa
cultivara nas súas obras anteriores, agora cun ton máis confidencial e unha notable influencia de Horacio e Virxilio no bucolismo dalgúns dos
poemas. Os dous últimos apareceron publicados o ano da súa morte. Lanza de soledá son corenta e cinco poemas, todos menos o primeiro e o
último son sonetos. Predomina o ton reflexivo e transcendente. En Nenías recolle a sección homónima de Cómaros verdes e reúne unha serie de
cantos fúnebres en lembranza de poetas galegos e foráneos.
En 1963 publicouse, por iniciativa dos seus amigos, unha recompilación de inéditos do poeta de Abadín co título de
Leva o seu cantare.
 Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981)
Obra
Comezou o seu labor literario publicando poesía antes da guerra, e o conxunto da súa obra en verso acada unha altura
excepcional no panorama da literatura galega do século XX. É, ademais, un dos escritores máis influentes do noso
ámbito e un mestre recoñecido para a meirande parte da poesía feita en Galicia desde 1975.
Con Mar ao norde (1932), de corte vangardista e temática marítima, achégase a posicións próximas ás de Manuel Antonio e, como o
de Rianxo, reacciona contra o contexto literario dominante á vez que reivindica a pureza e a autonomía do discurso poético. O resultado é un conxunto
de breves poemas, bastante abstractos e non sempre de doada interpretación, nos que a crítica percibe a pegada do creacionismo e do cubismo:
A vosa soedá óuvese
–algas, risas–
rota.
Xa nada hai daquela
sinxeleza crecente. O ronsel
–a cór, o ár–
perdeu o fume do seu perfil.
Xa, ren.
En 1933 publica dous novos títulos: Poemas do sí e non e Cantiga nova que se chama riveira. O primeiro continúa na liña
vangardista de Mar ao norde, agora abordando a temática erótica. Trátase dunha obra profundamente orixinal na que mantén a xa coñecida
tendencia á abstracción e incorpora novos aspectos temáticos e formais entre os que se pode detectar algunha influencia do surrealismo
(irracionalismo, quebra da sintaxe, destrución do significado, discurso visionario...) cun ton ledo e lúdico:
NOIVADO I
Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo.
Un tempo craro como un illó de vidro.
Eu no meio de litorais e avións platino
cidadán de correntes submariñas color morno.
A miña craraboia en brúxula silvestre:
un arbre polo Norde, Oriente feito
de moluscos, Sur de ribeiras líquidas.
Eu de noivado. Nas mans arcos-de-vella,
vidreiras verde-tener e colgaduras finas.
Nin unha sombra nin faiados tímidos,
inocentes igoal a negros en domingo
o corazón no peito, risoños coma esquís.
Beilar ágoas lixeiras e sonos desprendidos
das cantigas máis novas. Sumando vals e faros.
Infuxivel noivado estelar de cereixas,
amante de cristais. Eu o teño.
Cantiga nova que se chama riveira é a súa primeira achega ao neotrobadorismo, tamén se percibe a pegada da corrente
neopopularista que Lorca e Alberti, entre outros, desenvolvían na poesía coetánea en castelán. A escola neotrobadoresca acada co
poeta mindoniense os seus máis requintados logros, non só mercé a esta obra senón tamén á titulada Dona do corpo
delgado (1950), o seu primeiro libro de poemas en galego no período de posguerra. Nel obsérvase unha mudanza no ton lírico
do poeta, agora virado cara ao elexíaco, á melancolía, á saudade e a unha visión máis pesimista do mundo.
En Dona do corpo delgado atópanse, a carón de poemas inspirados na nosa lírica medieval –maxistralmente reelaborada–, outros textos nos que
se rende unha homenaxe aos poetas franceses François Villon (1431-1463) e Pierre de Ronsard (1524-1585), mediante adaptacións de
“rondeaux” suxeridos pola lectura deses autores (o “rondeau” é unha forma poético-musical caracterizada pola repetición dun “refrain” e por
tratar preferentemente de temas amorosos. Acadou moito éxito na Francia medieval):
RONDEAU DAS SEÑORAS DONAS PINTADAS NO OUSO DO VILAR, NO SÉCULO XIV, CHEIRANDO UNHA FROL.
LE VERSE
Ese vento de seda é o tempo que pasa.
Soñades a doce primavera de antano
Nesa frol que refrexa o seu van no negro pozo dos vosos ollos?
Le temps s’en va! [...]
Desde mediados dos anos 50 a produción literaria de Cunqueiro céntrase na narrativa, mais isto non supón que deixase
de escribir poesía, aínda que non a vise publicada ata 1980. Ese ano viu a luz Herba aquí e acolá, obra na que teñen cabida
unha serie de textos escritos durante as tres décadas anteriores; moitos deles directamente suxeridos polos materiais que compilaba para os seus
relatos. Parte da crítica atopa nela o máis valioso da obra poética de Cunqueiro e considéraa non só a súa obra cume,
mais tamén o cume da poesía galega do século XX.
A obra vén marcada por unha salientable arela culturalista (o culturalismo é unha tendencia intelectual, que se manifesta singularmente na
literatura, caracterizada polo frecuente emprego de referencias artísticas e literarias. É un dos trazos identificadores da poesía galega posterior a
1975.
Estrutúrase en dous apartados: “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. No primeiro realiza un percorrido intertextual a través da
recreación de personaxes históricos e literarios procedentes ben das súas lecturas, ben da súa propia obra: “Os oficios de Bran”, “Retorno de
Ulises”, “Eu son Edipo”, “Eu son Danae”...
En “Vellas sombras e novos cantos” atópanse os versos máis tristes, melancólicos e doridos que saíron da pena do escritor mindoniense. Trátase,
non en van, dos seus derradeiros poemas; escritos cando xa presentía a morte ao seu carón:
NA OUTRA BANDA
[...]
Si eu me fago arbre vello na outra banda do río
E me toca ser o arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa tua sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices.
Importancia de Cunqueiro na historia da literatura galega
Álvaro Cunqueiro é un dos poetas maiores da literatura galega. A súa obra, rexeitada nalgún momento por evasiva e
excesivamente estetizante, foi obxecto do recoñecemento da crítica e converteuse nun dos grandes mestres, e modelo a
seguir, para a poesía que se desenvolve en Galicia a partir dos anos oitenta.
O rupturismo vangardista, a dimensión lúdica, a ironía e a parodia transgresora da realidade; mais tamén o
sensualismo, o vitalismo, a melancolía e a dor existencial predominante na súa última etapa, xunto co xogo da
intertextualidade e o culturalismo constitúen algúns dos máis salientables –e tamén dos máis imitados– trazos
característicos da súa obra poética.
 Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979)
É un dos poetas máis destacados da Xeración do 36. Pasa por ser o máximo representante da poesía social en Galicia.
Porén, nin todo é socialrealismo na obra de Celso Emilio nin acaso sexa esa a súa vea máis afortunada. Tamén se pode constatar, entre outras, a
pegada do existencialismo, do paisaxismo e mesmo dun certo experimentalismo neovangardista. Se ben ha ser a súa liña cívica a que máis sona
lle proporcione e a que fixo que algunha das súas obras se convertese nun fenómeno social.
Vida
Fillo dun membro das Irmandades da Fala, o galeguismo sería un dos principios educativos nos que se formou desde pequeno. Na década que
precede ao estalido da guerra civil coñece aos membros do Cenáculo Ourensán e aos poetas galegos de preguerra, principia o seu labor literario e
funda con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas de Celanova. Fixo a guerra na fronte de Asturias. Unha denuncia dunha veciña levouno
ao cárcere, no mosteiro de Celanova, e houbo custarlle a vida no ano 1937. Desa experiencia naceu o poema Longa
noite de pedra.
Rematada a guerra, comeza a estudiar Dereito e diplómase en Maxisterio. Exerce como funcionario de Facenda en Pontevedra desde 1941 ata
1949; alí participa en diversas empresas culturais, entre as que salienta a colección de poesía Benito Soto, en 1949. Nos
anos 50 e primeiros 60 mora en Vigo; inscríbese como Procurador de Tribunais e desempeña diversas actividades profesionais e literarias:
codirixe a revista literaria Alba, colabora nas revistas Litoral e Papeles de Son Armadans e no Faro de Vigo; publica,
tamén, algúns poemas na revista Vieiros.
A comezos dos anos 60 participa con outros nacionalistas de esquerda na fundación da UPG (Unión do Pobo Galego), o primeiro partido
nacionalista galego de orientación marxista e revolucionaria, da que se desvincularía anos despois.
En 1966 emigra a Venezuela. A homenaxe de despedida que se lle tributa en Vigo convértese nun simbólico acto reivindicativo. Na súa estadía
como emigrante en Caracas desempeñou diversas actividades culturais e profesionais. Con todo, a súa experiencia americana produciralle unha
fonda decepción persoal, ao non atopar o ambiente que esperaba entre a colonia de emigrantes galegos na capital venezolana. Testemuño
disto queda nalgunha das súas obras poéticas (Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldecir).
En 1973 instálase en Madrid. Alí exerce como xornalista e, dous anos despois, acepta dirixir a Cátedra de Lingua e Literatura do Ateneo
Científico, Literario y Artístico. Nos seus últimos anos desenvolve unha apreciable actividade literaria e política ata que, o 31 de agosto de 1979,
morre dun infarto en Vigo, onde tamén mantiña residencia e adoitaba pasar os veráns.
Obra
A primeira mostra literaria de Celso Emilio remóntase a 1935; trátase dunha serie de poemas feitos en colaboración con Xosé Velo, publicados
en follas soltas e distribuídos por correo a algúns coñecidos baixo o título de Cartafol de poesía. En 1951 publica na colección Benito Soto Musa
alemá en colaboración con Antonio Blanco Freixeiro; son quince versións galegas doutros tantos poemas de diversos autores xermanos.
O seu primeiro libro orixinal en galego, O sono sulagado (1954), é xa unha obra notable dun poeta maduro; nela presenta as que
habían ser as súas principais vías poéticas: o intimismo confesional e a crítica social. Ao longo de toda a obra aparece como tema recorrente a
saudade polo paraíso perdido, que se identifica coa súa infancia en Celanova.
En O sono sulagado atopamos algúns dos seus mellores poemas, aqueles nos que evoca con saudade o tempo pasado e
que serven de precedente literario para outro excelente poeta coetáneo: Xosé María Díaz Castro.
A vea crítica, esbozada na obra precedente, domina as páxinas de Longa noite de pedra (1962). Esta obra, que o
consagrou como poeta social, acadou un éxito formidable debido á súa oportunidade histórica e política: a mensaxe que
transmite, unha denuncia implacable contra a opresión e o poder, era a que moita xente quería articular ou, polo menos, a que estaba desexando
escoitar.
Trátase, pois, dunha obra necesaria por diversas razóns e imprescindible para comprender a verdadeira concepción que ten este autor da poesía;
aínda que ensombrecese outras das súas facetas creativas non menos válidas e, en xeral, máis apreciadas pola crítica literaria. Como por exemplo
a súa poesía intimista, que, malia todo, tamén atopa un oco en Longa noite de pedra.
Celso Emilio é autor tamén doutros títulos poéticos en galego:
Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldecir (1968), este último baixo o pseudónimo de Arístides
Silveira. Neles critica determinados sectores do mundo da emigración galega en Caracas, aos que denuncia por frustraren as súas esperanzas
de atopar alí un lugar no que vivir en liberdade, nun ambiente galeguista e de estima pola cultura. Viaxe ao país dos ananos contén, para
algún sector da crítica, o cume da arte de Celso Emilio.
En Cantigas de escarnio e maldecir comeza a desenvolver unha liña caracteriza pola invectiva individualizada, que
atopa o seu referente remoto dentro da tradición literaria galega na lírica satírica dos cancioneiros medievais.
Terra de ningures (1969) é unha obra de liña neopopularista na que volve predominar o desasosego persoal e social. En Paco Pixiñas
(1970) retoma o pseudónimo Arístides Silveira e o ton satírico. Antipoemas (1972), para algúns o seu libro máis homoxéneo,
abunda na sátira de raíz ideolóxica e moral. A mesma liña que segue en Cimenterio privado (1973). Nese mesmo ano, e asinado
con outro pseudónimo: Alexis Vainacova, publica Os autentes.
O último título que ve publicado en vida é Onde o mundo chámase Celanova (1975), título que aparecerá corrixido en
posteriores edicións por Onde o mundo se chama Celanova. Nel terán cabida dúas das liñas poéticas que Celso Emilio cultivou preferentemente
ao longo de toda a súa obra: a saudosa e a sarcástica. Ademais, cómpre destacar a presencia dalgúns poemas predominantemente amorosos, que
teñen como referente a súa muller, Moraima.
Postumamente sairía o Libro dos homenaxes (1979), desigual recompilación de poemas dispersos, uns inéditos, outros recollidos de
títulos anteriores.
En prosa, Celso Emilio deixounos dous títulos: A fronteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978).
Importancia de Celso Emilio na historia da literatura galega
Celso Emilio Ferreiro é un dos nomes importantes da literatura Galega do século XX. A súa influencia traspasa os
lindes da historia literaria, e chega a converterse nun fenómeno social. A el se debe, ademais, algunha ilustre empresa
cultural na Galicia de posguerra.
Os seus textos, máis que os de ningún outro escritor contemporáneo, foron musicados polos cantautores galegos dos últimos anos do franquismo
e comezos da transición democrática, circunstancia que contribuíu a facelos moi populares. A súa poesía de intención social creou escola, e
serviu de modelo a moitos outros escritores.
A súa figura ilumina o panorama da poesía galega dos anos 60 e 70, pero gozará de menos consideración por parte dos poetas que se dan a
coñecer na década dos 80, que buscarán as súas referencias noutros autores como Cunqueiro ou Ferrín.
♦ POETAS DO EXILIO
Algunhas coincidencias circunstanciais, temáticas e estilísticas que se dan entre os poetas do exilio permítennos falar
dun grupo poético, do que os máximos representantes son Emilio Pita (A Coruña, 1909-Bos Aires, 1981), Luís
Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) e Lorenzo Varela (A Habana, 1917-Madrid, 1978). Os tres pertencen á
Xeración de 1936 e cultivaron, de maneira prioritaria os dous últimos e ocasionalmente o primeiro, a poesía social.
De entre eles, cómpre destacar o labor creativo e difusor do noso feito cultural de Luís Seoane; pintor de sona
internacional e poeta de marcada intención reivindicativa. Escribiu catro libros de poemas en galego: Fardel de
eisilado (1952); Na brétema Sant-Iago (1956); As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). Ademais,
participou cun destacado papel en diversas empresas editoriais, xornalísticas e radiofónicas desde as que traballou para
dar a coñecer a cultura galega.

PROMOCIÓN DE ENLACE
Está formada por poetas nados entre 1920 e 1930. Son, en boa medida, autodidactas; o seu acceso á cultura prodúcese
nos anos 40 –no medio dun ambiente de extrema penuria material e intelectual e de illamento internacional–, por iso
carecen de información sobre o nacionalismo galego e de posibilidade de acceso aos grandes feitos doutrinais
contemporáneos (liberalismo, marxismo, anarquismo, democracia cristiá, federalismo europeísta, existencialismo).
Toman os seus modelos da literatura española e escollen o castelán con maior frecuencia que os seus precedentes e
sucesores. Actúan a xeito de bisagra entre as xeracións precedente e seguinte.
♦ DIRECCIÓNS POÉTICAS
A crítica ten sinalado que este grupo adoece de certa desorientación estética e carece de unidade creativa e liñas poéticas propias.
Imaxinismo. Continúa atopando eco nalgúns autores deste grupo, como o poeta Eliseo Alonso.
Neotrobadorismo. Como o imaxinismo, o neotrobadorismo segue vixente entre os membros deste grupo. Será Luz Pozo a principal
cultivadora da liña neotrobadoresca.
Surrealismo. Dentro desta liña, iniciada no período anterior á guerra civil, cómpre diferenciar, por unha banda, o ‘Superrealismo’
español –prolongación do surrealismo en versión española (Vicente Aleixandre, Sombra del paraíso; 1944)–, que en Galicia deixa a súa
pegada na obra de Manuel Cuña Novás (Fabulario novo; 1952) e, por outra banda o Surrealismo autóctono –próximo ao
anterior, ten o seu referente na obra de Luís Pimentel, (poeta lugués da Xeración do 25)–, onde se atopan Tomás Barros –interesante
poeta e artista plástico do que se pode destacar a súa obra Berro diante da morte (1964)– e Luz Pozo.
Temática relixiosa. Esta tendencia é outra mostra da grande influencia que a literatura castelá exerce sobre os poetas galegos deste grupo.
Concretamente neste caso, o referente atópase nas revistas poéticas Escorial (1940-50) e Espadaña (León, 1944). Ramón González-
Alegre é o autor que mellor representa esta tendencia, aínda que a desenvolve sobre todo na súa obra en castelán.
Denuncia social. Fundamentalmente nos poetas emigrados: Xosé Neira Vilas (Inquedo latexar, 1969) e Eliseo Alonso.
‘Escola da Tebra’. Un dos iniciadores desta escola, baseada no surrealimo e no existencialismo (movemento filosófico
que tenta fundar o coñecemento da realidade sobre a experiencia inmediata da existencia propia), é Manuel Cuña Novás (Fabulario
novo, 1952). Con todo, será desenvolvida sobre todo por autores da Xeración dos 50.
♦ POETAS
Dentro deste grupo destacan tres figuras:
 Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921 – Ourense 2004)
Publicou en galego: Arredores (1962), Non (1967), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990) e A nada
destemida (1991). A súa é unha poesía marcadamente intimista e confesional na que, sen embargo, tampouco está ausente a preocupación
política e social.
 Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 – A Coruña, 2020)
Escritora e crítica literaria, é autora dos seguintes libros de poesía en galego: O paxaro na boca (1952), Verbas
derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice Calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992) e Vida
secreta de Rosalía (1996). Nos seus comezos deixa sentir unha forte influencia de Luís Pimentel; a súa obra de madurez gaña en
complexidade simbólica e riqueza expresiva.
 Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1926-1992)
Deixou tres títulos de poesía en galego: Frauta na noite (1947), Fabulario novo (1952) e Canto e fuga da irmandade
sobor da terra e da morte (1977). A súa obra máis influente é Fabulario novo, coa que se inaugura a ‘Escola da Tebra’; libro hermético,
grave e sombrío, no destaca a influencia do surrealismo. Malia todo, tamén se atopan ecos poéticos da xeración do 25 (popularismo, imaxinismo,
neotrobadorismo) que eran máis evidentes na súa primeira obra.
A XERACIÓN DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS
Intégrana poetas nacidos entre 1930 e 1940, que non coñeceron a guerra civil. Estreitamente conectada coa Xeración
de 1936, teñen como referentes a Editorial Galaxia, como empresa cultural, e Celso Emilio Ferreiro, como autor prestixioso. Levan a cabo
unha ruptura crucial coa tradición literaria galega. Viaxan a Europa, gustan do jazz ou do rock, achéganse ao movemento ‘beat’ (‘Beat
generation’: movemento literario estadounidense de mediados do século XX –J. Kerouac, W. Burroughs, A. Ginsberg...– que, cun espírito
libertario, reacciona fronte ao consumismo e ao conservadorismo da América coetánea. Experimentan coa práctica da liberdade sexual, a vida
errante e o consumo de drogas e alcohol á procura da liberación e da exploración da conciencia) ou ao existencialismo. A partir de comezos dos
sesenta, moitos destes escritores inician un proceso de radicalización cara a posicións moi críticas partindo de análises marxistas da realidade.
♦ FEITOS COLECTIVOS DESTACADOS QUE ACOMETEN
 Restauración das Festas Minervais Composteláns. Este certame poético celebrouse por primeira vez en Santiago o ano 1536; en
1953 recuperouse a tradición e nel, en anos sucesivos, deuse a coñecer a práctica totalidade dos poetas da Xeración dos 50.
 Colaboración no diario ‘La Noche’.
 Creación da colección literaria ‘Illa Nova’, ao abeiro da editorial Galaxia, onde publicaron algunhas das súas primeiras obras os
novos valores da literatura galega da época.
 Fundación da editorial e do grupo ‘Brais Pinto’. A fins dos anos 50 e por iniciativa dun grupo de mozos galegos, na súa maioría
estudantes, residentes en Madrid xorde a colección de poesía e o grupo ‘Brais Pinto’; formado entre outros polos escritores Xosé
Luís Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo, Bernardino Graña e Xosé Alexandre Cribeiro.
 Aparición do nacionalismo revolucionario.
♦ DIRECCIÓNS POÉTICAS
Escola da Tebra. Manuel María, R. Lorenzo, Méndez Ferrín e X. A. Cribeiro son os autores deste grupo adscritos a esta
liña poética que, segundo o propio Ferrín, é “a maneira poética máis distintiva [da Xeración dos 50] [...], constitúe unha adaptación do
surrealismo ao espacio cultural da lingua galega co engadido dunha forte e ácida carga relacionable co clima angustiado do existencialismo
literario dos anos corenta.[...] Supuxo unha reacción moi aguerrida contra as obsolescentes pervivencias do imaxinismo e do neotrobadorismo
que aínda latexaban nos anos cincuenta”.
Neotrobadorismo. Pecha o seu ciclo histórico cos poetas Uxío Novoneyra e Manuel María.
Realismo coloquial. Caracterizada por un intenso prosaísmo e pola explotación literaria de certas variedades lingüísticas de uso específico
–burocrática, xudicial–, tenta tirar beneficio estético dos recursos expresivos da fala coloquial. Os seus iniciadores son Manuel María
(Documentos personaes; 1958) e Bernardino Graña (Poema do home que quixo vivir; 1959). Algúns poemas de Celso
Emilio Ferreiro achéganse tamén a este modo de expresión poética.
Poesía social. Máis que unha liña específica é unha actitude comprometida asumida conscientemente polos autores, pero que convive coas
formas máis subxectivas da experiencia poética. Isto permítelles conservar os temas que lles son individualmente característicos e propicia a
composición de poemas pescudadores, escuros, intimistas, individualistas. Nesta liña están os poetas do grupo “Brais Pinto”, como
X.L. Méndez Ferrín ou X.L. Franco Grande, e outros autores desta mesma xeración, como Salvador García-
Bodaño, Manuel Álvarez Torneiro, Xohana Torres ou, de xeito algo diferente, Antón Avilés de Taramancos.
Lirismo. Son representativos desta tendencia Uxío Novoneyra (Elexías do Caurel, 1966) e Bernardino Graña
(Profecía do mar, 1966). Méndez Ferrín considera que o lirismo dos poetas desta xeración foxe da retórica do tremendismo (corrente
estética desenvolvida en España durante o século XX caracterizada pola esaxeración na expresión dos aspectos máis crus da vida real) e destaca
por ser nobre e comedido, sinxelo e maduro.
♦ POETAS
O labor literario desenvolvido polos autores e autoras desta xeración é realmente moi destacable. Renovan e modernizan a poesía galega, mercé
á superación dos moldes estéticos anteriores, tanto os que sobrevivían desde a xeración do 25 (hilozoísmo, neotrobadorismo), como os que
xurdiran coa xeración do 36 (socialrealismo) e que aínda se mantiñan nos poetas da chamada Promoción de Enlace.
Do seu seo nacerá a ‘Escola da Tebra’ e o grupo ‘Brais Pinto’, creador e difusor de arte e literatura. Na segunda metade da década dos 60, moitos
dos membros desta xeración cultivan a poesía socialrealista; de entre eles, algúns manteñen o gusto pola elaboración formal mesmo naqueles
poemas encadrados nesta liña de crítica social. A creación de mundos peculiares e moi persoais vai caracterizar a obra dalgúns; mentres que
outros atoparán solucións poéticas válidas e orixinais en tramas simbólicas que remiten, en última instancia, ao tempo, á paisaxe, a Galicia e á
súa realidade.
A influencia exercida por algúns destes autores sobre a poesía posterior a 1975 só é comparable á de Álvaro Cunqueiro. A continuación
singularízanse algúns nomes de poetas desta xeración, sen menoscabo dos outros, que, na súa meirande parte, xa foron mencionados máis arriba.
 Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1930 – A Coruña, 2004).
Entre a súa obra salientan títulos como Muiñeiro de brétemas (1950) e Morrendo a cada intre (1952), cos que contribúe
a fundar a ‘Escola da Tebra’. Desde esa posición existencialista e cunha certa preocupación relixiosa evolúe cara o paisaxismo descritivo de
Terra Chá (1954).
Con Documentos personaes (1958) incorpora á poesía galega o realismo coloquial; en Libro dos pregos achégase a temática
relixiosa, na liña dalgúns dos seus contemporáneos en lingua castelá. Posteriormente, convértese “no máis militante e constante dos poetas
socialrealistas” (Ferrín).
A primavera de Venus (1993) e Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994).
Outros títulos son
 Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930-1999)
É, por antonomasia, o poeta da Courel; o poeta desas paisaxes e desas terras altas da provincia de Lugo, ás que dedicará obras como Os eidos
(1955) ou Os eidos. Libro do Courel (1981). Trátase dunha poesía que destaca pola expresión breve, intensa e depurada; cunha forte
presencia do fonosimbolismo (evocación de sensacións non auditivas a través da expresividade dos fonemas):
“–O lobo! Os ollos,
o lombo do lobo!...
Baixa o lobo polo ollo do bosco
coma un sono.”
Porén, non todo é paisaxismo na obra de Novoneyra; a vea social, o intimismo e mesmo o erotismo aparecen en Muller pra lonxe (1986) e
Do Courel a Compostela (1988). Ademais, cómpre salientar a experimentación que realiza coa materia poética, desde unha perspectiva
grafico-visual, en Poemas caligráficos (1979).
 Xohana Torres (Santiago, 1931 – Vigo, 2017)
Publicou os seguintes libros de poemas: Do sulco (1959), libro co que se inaugura a colección ‘Illa Nova’ da editorial Galaxia,
Estacións ao mar (1980) e Tempo de ría (1992). O intimismo, o gusto pola paisaxe e a orixinalidade son trazos que a crítica literaria
destaca reiteradamente na caracterización da súa poesía.
 Bernardino Graña (Cangas, 1932)
Foi un dos fundadores do grupo ‘Brais Pinto’. A súa obra poética en galego arranca con Poema do home que quixo vivir (1959),
próximo á ‘Escola da Tebra’ mais con resonancias do realismo coloquial. Tamén publicou Profecía do mar (1966) –tal vez a súa obra
máis recoñecida–, Non vexo Vigo nin vexo Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1981),
Simacima do voar tolo (1984) e Himno verde (1992).
 Antón Avilés de Taramancos (Noia, 1935-1992)
No seu labor creativo distínguense dúas etapas separadas por un longo lapso de tempo que pasou emigrado en América. Á primeira, de
inspiración clasicista, corresponden títulos como As moradías do vento (1954) ou A frauta e o garamelo (1959); á segunda e máis
importante, caracterizada pola influencia da experiencia viaxeira e a dimensión mítica, corresponden O tempo no espello (1982), Cantos
caucanos (1985), As torres no ar (1989) e o póstumo Última fuxida a Harar (1992)
 Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)
Este poeta e narrador excepcional é, sen dúbida, un dos máis grandes creadores da literatura galega do século XX. Fundador, en 1957, do
grupo ‘Brais Pinto’, publica ese mesmo ano o seu primeiro poemario, Voce na néboa, na liña da ‘Escola da Tebra’.
As súas seguintes entregas poéticas supoñen un cambio de rexistro e saen baixo o seudónimo de Heriberto Bens –tras o que se agocha
un poeta civil de singular alento elexíaco, depurada técnica e sentida preocupación formal–: Antoloxía popular (1972) e Sirventés pola
destrucción de Occitania (1975), recollidos en 1980 nun volume titulado Poesía enteira de Heriberto Bens. Nestas
obras percíbese un novo arrecendo poético que, dun xeito máis evidente, domina en Con pólvora e magnolias (1976) e contribúe a
renovar o ambiente da poesía galega contemporánea. Esta obra (xunto con Mesteres (1976) de López Casanova e Herba aquí e acolá (1980) de
Cunqueiro) é unha das que se vén considerando que abre unha nova etapa na historia da literatura galega e pecha definitivamente o período da
posguerra e o franquismo.
Na mesma atrevida liña formalista, experimental, culturalista e universalista sitúase O fin dun canto (1982). Con posterioridade publica
Erótica (1992), de temática explícita, e Estirpe (1994), de resonancias pondalianas, que ata agora é o seu último poemario.
 Arcadio López Casanova (Lugo, 1942 – Valencia, 2022)
Máis novo que os outros membros desta xeración, pódeselle considerar, polo menos parcialmente, integrado nela. É autor dos seguintes
poemarios: Palabra de honor (1967), Mesteres (1976), sinalado por algúns críticos como unha das obras claves na renovación da
poesía galega de fins dos setenta, e Liturxia do corpo (1983). En xeral, a súa poesía caracterízase pola requintada elaboración formal, o
lirismo e a introspección.
MESTER DA VIXILIA (fragmento)
Ollar, ollan os ollos. Velar,
velan as maus de cinza,
acios de sangue, altar, sobre as duras columnas do xabre,
adro na Casa dos Mortos,
solaina de lume, espello, fiestra da anoitecida,
tabasa de suplicio no corazón dos que pregan, dos que choran, dos
que de xionllos ofrendan sal e viño no bautisterio dos escravos,
dos que morren, dos que viven, dos que berran a antífona da Terra
e mailo olvido,
dos que non volven, non
volven,
dos que nunca darán ollada de perdón, luzada de per-
dón, perdón de luz e mármore con nome, [...]
3. A POESÍA GALEGA ENTRE 1976-1980
Neses anos vai aparecendo unha nova xeración de autores, con obras innovadoras, que contribúen a realizar o cambio
de rumbo demandado pola poesía galega e terán un papel destacado na poesía galega dos 80:
 En Vigo xorde en 1975 o rupturista, vangardista, experimental e radical grupo Rompente, cun núcleo formado por
Alberto Avendaño, Manuel Romón e Antón Reixa. En 1979 sacan un manifesto titulado Fóra as vosas sucias
mans de Manuel Antonio.
 Alfonso Pexegueiro, outro poeta vinculado a Rompente, publica Seraogna en 1976.
 Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio L. Valcárcel, Xesús M. Valcárcel, Fiz
Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro constitúen en Santiago o colectivo Cravo Fondo en 1977.
 Tamén en Santiago e baixo o patrocinio de Ricardo Carballo Calero aparece o colectivo Alén, composto por
Miguel A. Mato Fondo, Francisco Salinas Portugal e Xosé Ramón Pena.
 En Madrid, Manuel Rivas, Vicente Araguas, Xosé M. Pereiro e Lois Pereiro –xunto con artistas plásticos como
Menchu Lamas, Antón Patiño e Reimundo Patiño– elaboran a revista Loia.
 En 1980, en fin, Manuel Vilanova publica E direivos eu do mister das cobras.
RESUMO ESQUEMÁTICO DA UNIDADE
I (De 1936 a 1970)
Fins da década dos corenta → recuperación da literatura galega → data simbólica → 1947 → Cómaros verdes (Aquilino
Iglesia Alvariño). Fúndanse editoriais como Monterrei, Bibliófilos Gallegos, Benito Soto ou Xistral. Entre 1949 e 1950,
aparece en galego o suplemento cultural do vespertino La Noche. 1950 → editorial Galaxia → Grial → papel fundamental
na difusión da cultura galega.
No período de posguerra xorden en Galicia tres grupos xeracionais case simultaneamente debido á interrupción da
produción de libros galegos entre 1936 e 1950.
XERACIÓN DE 1936  Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). O soño sulagado
 Nacen entre 1910 e 1920 (1955) → temática intimistas e social. Longa noite de
 Fórmanse no marco institucional da Segunda República pedra (1962) → a obra poética máis famosa e difundida
 Parten literariamente da Xeración Nós e da Xeración do 25 da poesía galega de posguerra → poesía social →
pero axiña procurarán novos vieiros estéticos extraordinario manexo da sátira e o humor crítico →
 Moitos publicaran algo antes do 1936 moitos dos seus poemas acadarán unha gran difusión ao
 A súa mellor época será nos anos cincuenta ou sesenta seren musicados e cantados, a partir de 1966, polo
 Nela atópanse os principais poetas do exilio grupo de cantautores galegos de Voces Ceibes.
Tendencias, autores e obras: Cantigas de escarnio e maldicir (1968). Onde o mundo
 Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961) Cómaros verdes se chama Celanova (1975) → céntrase no tratamento
(1947) Lanza de soledá (1961) (ruralismo, clasicismo) do amor, a paisaxe ou o retorno á infancia como paraíso
 Álvaro Cunqueiro (1911-1981) Dona do corpo delgado perdido.
(1950), Herba aquí e acolá (1980) → un dos grandes  Carballo Calero (1911-1990) Anxo da terra (1950)
mestres da literatura galega de todos os tempos → gran (clasicismo)
influencia sobre as xeracións literarias xurdidas nos 80 e  Xosé María Díaz Castro (1914-1991) Nimbos (1961)
90 (neotrobadorismo) (ruralismo)

PROMOCIÓN DE ENLACE Tendencias, autores e obras:


 Nacen entre 1920 e 1930  Luz Pozo Garza (1922) → poetisa intimista,
 Autodidactas obrigados polas circunstancias dos anos 40 desarraigada e con influencias do surrealismo en O
 Parten de modelos españois e escollen o castelán con paxaro na boca (1952) → fundamental na renovación
maior frecuencia que os seus precedentes e sucesores poética dos oitenta
 Supoñen un elo entre dúas xeracións literarias  Antón Tovar (1921-2004) Arredores→ Temas: a
 Acusan desorientación estética, carencia de unidade soidade, a procura angustiada de Deus, a melancolía,
creativa e de liñas propias e escaseza de poetas en galego poemas sociais
 Predominan o ton intimista e un certo pesimismo vital.  Manuel Cuña Novás (1926-1992) → Fabulario novo
(1952) → inaugura a Escola da Tebra

XERACIÓN DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS Tendencias, autores e obras:


 Nacen entre 1930 e 1940  Escola da Tebra → achega orixinal desta xeración
 Estreita conexión coa xeración de 1936 (Celso Emilio → adaptación do surrealismo ao noso espazo cultural
Ferreiro = mestre) cunha forte pegada do existencialismo literario dos
 Atopan acollida na editorial Galaxia anos corenta → reacción contra o imaxinismo e o
 Rupturistas coa tradición literaria galega neotrobadorismo residual → representantes: Manuel
 Viaxan por Europa e achéganse ás correntes intelectuais e María (Muiñeiro de brétemas, 1950), Ramón
artísticas contemporáneas (movemento “beat”, Lorenzo, Xosé Alexandre Cribeiro.
existencialismo)
 Radicalízanse a partir dos 60 desde postulados marxistas  Poesía social → actitude asumida conscientemente
 Moitos coinciden como estudantes na Universidade de convivindo con formas máis subxectivas da
Santiago durante os anos cincuenta experiencia poética → poesía indagante, opaca,
 Danse a coñecer no concurso literario universitario as Festas intimista, individualista → representantes: Grupo
Minervais “Brais Pinto”: Méndez Ferrín (voce na néboa,
 Tamén son coñecidos como Escola da Tebra, polo 1957), Franco Grande (Entre o si e o non),
profundo ton existencialista da súa primeira obra Bernardino Graña (Poemas dun home que quixo
 Moitos deles farán contribucións fundamentais á poesía vivir,1958) ... → Xohana Torres, Avilés de
galega entre 1976 e 2000 Taramancos. Salvador García Bodaño, Ao pé de cada
Principais feitos colectivos: 1) Restauración das Festas hora (1967)
Minervais Composteláns. 2) Colaboración no diario “La
Noche”. 3) Creación da colección “Illa Nova”. 4) Fundación  Lirismo → nobre e comedido, sinxelo e maduro →
da editorial e do grupo “Brais Pinto”. 5) Aparición do representantes: Uxío Novoneyra (Os eidos, 1955)
nacionalismo revolucionario.
Grupos Novecentistas ou Xeración dos 50 ou
Xeración do 36 Promoción de Enlace
TENDENCIAS xeración do 25 das Festas Minervais
María Mariño Tomás Barros
INTIMISMO Luís Pimentel1 Uxío Novoneyra
Celso Emilio Ferreiro Antón Tovar
Grupo “Brais Pinto”:
Luís Seoane (exilio)
SOCIAL 2
Eliseo Alonso Ferrín, Franco Grande...
E. Blanco-Amor Lorenzo Varela (exilio)
(a de maior éxito e popularidade) Xosé Neira Vilas Xohana Torres
Celso Emilio Ferreiro
Avilés de Taramancos
PAISAXISMO/RURALISMO F. Bouza-Brey A. Iglesia Alvariño Ramón Glez. Alegre
Uxío Novoneyra
(vella tendencia agora ennobrecida) E. Blanco-Amor X. Mª Díaz Castro Mª C. Kruckenberg
IMAXINISMO E. Blanco-Amor Emilio Pita (exilio) Eliseo Alonso
Álvaro Cunqueiro
Uxío Novoneyra
NEOTROBADORISMO X. Mª Álvarez Luz Pozo
Manuel María
Blázquez
SURREALISMO
(na liña de Pimentel) Manuel Cuña Novás
Luís Pimentel
SUPERREALISMO Luz Pozo
(de matriz española)
RELIXIOSA (sobre todo en castelán) Xosé Mª Díaz Castro Ramón Glez. Alegre
Manuel María
ESCOLA DA TEBRA Manuel Cuña Novás Ramón Lorenzo
Xosé A. Cribeiro
R. Carballo Calero
CLASICISMO
Xosé Díaz Jácome
(novidade no ámbito da poesía galega)
A. Iglesia Alvariño
REALISMO COLOQUIAL Manuel María

II (Os anos setenta)


LIÑA CONTINUÍSTA
Preponderancia da poesía social de Celso Emilio e a súa Longa noite de pedra → Antoloxía Os novísimos da poesía galega
LIÑA RENOVADORA
Cara a metade da década detéctanse indicios de inminente cambio de rumbo
 A partir de 1975 → colectivos poéticos recuperan temas intimistas esquecidos polo realismo social (o amor, o paso do
tempo, a soidade) → consideran fundamental a calidade lingüística e literaria do texto e o dominio dunha técnica
poética rica → reivindicación das vangardas, especialmente da figura de Manuel Antonio.
- Colectivos de poetas mozos que traballaron nesta liña foron → Cravo Fondo, Loia, Alén, Rompente
(Antón Reixa, Manolo Romón, Alberto Avendaño)
 Poetas consagrados de xeracións anteriores participan neste movemento de renovación
- O propio Celso Emilio recupera a poesía intimista co tratamento do amor, da paisaxe natal ou do paraíso
perdido da infancia en Onde o mundo se chama Celanova (1975)
- Uxío Novoneyra → poemas vangardistas: Vietnam canto (1968), Letanía de Galicia (1970) → combina
o social cos procedementos vangardistas ou o influxo da xeración ‘beatnik’ norteamericana
 Data fundamental → 1976 → publicación de Con pólvora e magnolias, dun escritor consagrado → Ferrín e Mesteres,
segunda obra poética de Arcadio López Casanova (1942)
- Con pólvora e magnolias → libro iniciador da poesía galega actual → non esquece o tema social, pero
ábrese tamén ao sentimento amoroso, a angustia que causa o deterioro producido polo paso do tempo, ou
a lembranza nostálxica da mocidade pasada e perdida
- Mesteres afonda na angustia existencial → fundamental atención á forma poética.
 Novas voces poéticas que contribúen a esta renovación → Alfonso Pexegueiro (1948) → Seraogna (1976), Mar e
naufraxio (1978) → combina os tons épicos, a protesta social e o vangardismo. Manuel Vilanova (1944) → E dire-
ivos eu do mister das cobras (1980) → temas paisaxísticos, recreación de mitos literarios ou culturais, riquísima
presentación da intimidade

1
Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) adoita ser considerado dentro dos movementos de vangarda, pero publica a maior parte da súa obra na posguerra.
2 Eduardo Blanco-Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979) é máis coñecido pola súa extraordinaria obra en prosa, mais é tamén autor dunha
notabilísima e orixinal obra poética comezada xa no período de preguerra.
A POESÍA GALEGA ENTRE 1936 E 1976 NO EXILIO

CONTEXTO − Ausencia de liberdade


HISTÓRICO E • Guerra Civil, ditadura − Censura
CULTURAL
− Uniformidade política e lingüística do Estado español (centralismo)
− Persecución lingüística
COORDENADAS • Galicia
− Esmorecemento da literatura
ESPAZO-
TEMPORAIS − Mantemento da produción literaria no exilio (Bos Aires, México…)
• América
− Bos Aires: capital da cultura galega (sobre todo entre 1939-1950)
− Loita por unha Galicia libre
− Programas radiofónicos (na BBC, Galicia Emigrante)
• Promoción do noso − Revistas (Galeuzca, Vieiros etc.)
CARACTERÍSTICAS

− Editoriais (Citania, Nova…).


− Centros galegos
− Faladoiros (Café Tortoni)
• Importancia da poesía, especialmente a narrativa
− Predominio de contidos de carácter reivindicativo
→ Temática cívico-social (emigración, igualdade, …)
• Temas
→ Compromiso político galeguista e republicano
− Outras temáticas: intimismo (saudade).
• Elementos estilísticos renovadores

− Discurso comprometido (Seoane, Varela) predominante


− Discurso esteticista (E. Pita)
− Discurso popularista (Xosé Rubia Barcia)
Caracterización xeral − Mitificación do pasado
− Carácter épico-realista
− Escasa ou nula influencia sobre a poesía do interior polas dificultades de
difusión e estudo

Autores Características Obras

− Pintor, poeta e avogado Fardel de eisiliado (1952)


LUIS SEOANE − Temática social (intención Na brétema, Sant-Iago (1956)
reivindicativa)
P O E S ÍA

(B. Aires, 1910-A Coruña, 1979) As cicatrices (1959)


− Estilo realista A maior abondamento (1972)
− Vivencias tráxicas da Guerra Civil Catro poemas para catro gravados
LORENZO VARELA
− Referencia ás clases populares (1944)
(A Habana, 1917-Madrid, 1978)
− Saudade da terra Lonxe (1954)

− Poesía social: denuncia, emigración


EMILIO PITA
− Poesía intimista: nostalxia, vivencias Jacobusland (1942)
(A Coruña, 1909-B. Aires, 1981)
persoais
F. DELGADO GURRIARÁN
− Influencias hilozoístas Galicia Infinda (1963)
(Córgomo, 1903-EEUU, 1987)
− Saudade, procura existencial
ERNESTO GUERRA DA CAL Lúa de alem-mar (1959)
− Crítica social, ironía
(Ferrol, 1911-Lisboa, 1994) Río de sonho e tempo (1963)
− Grafía reintegracionista
ESCOLMA DE TEXTOS
CANDO ESPERAR… novelovento, novelo nove pido,
Cando esperare é ser onda de río o meu corazón tecendo mar e soño
que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe, baixo esa ponte de ignorados ríos.
e, de pedriña en pedra, á tentas fuxe ¡Ouh Venus!, ¿ónde camiña o fío revoando
e se desvive, ó cabo, fío a fío. que as miñas brancas pernas amorosas, ónde os muiños,
Cando esperare é ser, nun travesío onde o vento xira,
roda vella que xa come a ferruxe, canles por onde o vento pasa, pisa?
sen treitoría nin eixe que a rempuxe, Dígoche Venus por cómaros, valados,
ó vento, ó sol, á chuva, á neve, ó frío. rocas, camiños, pontes, asubíos,
ese fío é un rosto que sorrí tecido:
Cando esperare é ser són de goteira
lembrandome agora estóu que no novelo
nunha casa sin lume, desgonzada,
nove os beizos cando se pregan falan.
e herbas tristes salindo da fumeira.
¿Soiamente dicen que cándo ven a sede
Cando esperare é ser aira queimada, polas celestes pontes desas illas?
ala que se quebrou, terra valeira,
muíño que non moi, auga pasada… Álvaro Cunqueiro, Herba aquí e acolá, 1980

Aquilino Iglesia Alvariño, Lanza de soledá, 1961 O ASASINO


Nin cadeias nin leises o persiguen
PENÉLOPE
mais nunca será libre.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza, Os seus brazos sanguentos van atados
i a tea dos teus sonos non se move. ao invisibel cepo do remorso.
A espranza nos teus ollos se esperguiza. Pra il son as horrendas cárceres do insono
Aran os bois e chove. e as bágoas que levedan as angurias
Un Bruar de navíos moi lonxanos alucinadas de silencio e noite.
che estrolla o sono mol coma unha uva. Un escuro terror vaille nas veas
Pro ti envólveste en sabas de mil anos, coma cávados mestos rebulindo,
i en sonos volves a escoitar a chuva. ou coma treponemas sulagados
Traguerán os camiños algún día no transfondo do ser.
a xente que levaron. Deus é o mesmo. Para il son as olladas derradeiras
Suco vai, suco vén, Xesús María!, que xermolan vindicta
e toda a cousa ha de pagar seu desmo. as revoltas de tódalas estradas.
As olladas dos mortos que morreron
Desorballando os prados coma sono, afogados en sangue
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
tremando coma vimbios.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Illado vai do mundo
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
envolto en ollos pasmos que o interrogan
X. Mª Díaz Castro, Nimbos, 1961 dende tódolos ángulos berrando.
Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado, 1954
AGORA TROBO O VENTO
Agora trobo o vento e máila lúa fría, NO PAÍS DOS ANANOS
non o cervo do monte que a ágoa volvía.
No país dos ananos celebrouse
Agora trobo o mare e máila nao veleira, o Nadal con rebumbio
non a amiga que canta só da abelaneira. e o Ano Vello foi
Agora trobo a lúa e máilo vento irado, Como non se viu outro.
non o cervo do monte, meu amigo pasado. Tódolos días do ano é Aninovo
Agora trobo a nao e máila mar maior, se a esperanza vai connosco.
e non aquela amiga, miña branca señor. Tódalas noites do ano é Noiteboa
Álvaro Cunqueiro, Dona do corpo delgado, 1950 se a verdade descansa á nosa porta.
Falamos dun Nadal
O RETORNO DE ULISES farturento de pan.
E dunha Epifanía
Pende en que pende Penélope pensativa coma un mencer de bandeiras erguidas.
perde novelo nove novamente canto. A Paz é unha fonte
Este rosto que ás augas envexando pra que beban os homes.
como sorri tecendo cando o vento: E pois que homes somos,
ás augas como sorrí envexa que tecendo temos soños.
ese rosto en que pende que amañeza. E sabemos cantar
Cando o vento o novelo novelovento leva, e agardar. Que o tempo non é longo
–os longos dedos que nasceron frautas se a esperanza vai connosco.
na boca de Ulises, cando namorado. Nin a vida nos desacouga
Digo que os longos dedos non resisten se a verdade descansa á nosa porta.
os pós do vento que nas oliveiras,
os longos dedos que solprendidos dicen Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos ananos, 1968
COMPAÑEIROS DA MIÑA XERACIÓN MORTOS OU ASESIÑADOS somentes terra apreixan.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, Eu son un home triste.
de todos nós co mundo! Antón Tovar, Arredores, 1962
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
DÍAS ERAN MEDAS
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio. Días eran en medas, as noites todas cantoras.
O noso corpo era o camiño da maxia, Chans chegaba os teitos. Todo medraba fora!
a escada pola que viña a lúa, Eran os días pequenos, tempo grande a súa obra,
o zume de todol-os segredos, Afogado todo en xordo, medra o meu chan agora.
a canzón da herba que resucitóu. María Mariño, Palabra no tempo, 1963
E o mismo verme era unha folla leda,
CECAIS NON PODERÍA
un mensaxeiro do sagrado alén.
Cecais non podería
Morréchedes, matáronvos, deixáronme. perdoarche tanta delor
Quedéi eiquí, lonxe das vosas sombras. a soidade
E gardo, coma un morto, a angurenta penunbra
no centro do silenzo, da sede, da agonía, da nada
o día que vos poda levar á sepultura non sei
unha cesta de pombas e mazás. se podería
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, a túa dureza
de todos nós co mundo! non
Lorenzo Varela, Lonxe, 1954 non podería
AS RATAS a ceguedade sen nome
Na Galiza, ise vello pobo, doe tanto
carballo carcomido de raios e bestigos, o teu silencio
loita, dende fai séculos, trema na súa delor a iauga
o home cas ratas. tan sinxela
Coma nos castelos abandoados, eu non sei
onde xa caíron traves e brasós, a escuridade doe tanto
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos. a noite sen orelas
Dende fai séculos loitan en Galiza isa tebra abaixada
os homes cas ratas. que me fire
Ate que toda ela fique, non chega o abrente
coma ises castelos roiñentos endexamais
e os mosteiros sin altares cecais non podería perdoarte
nin lembranzas de ritos, sí podería
sendo soio rondada de morcegos Luz Pozo, Últimas palabras/Verbas derradeiras, 1975
e pantasmas. ODA Á GUERRA
Coberta de edra, de label. A guerra é a salvación da Humanidade
Morándoa soio as ratas. fai avantar a Ciencia, desenrola
Somente as ratas. ao pobo, crea industrias importantes
Luís Seoane, As cicatrices, 1959 e potentes, fai fl orecer a Economía
dun xeito case milagroso, asegura
EU SON UN HOME TRISTE
a paz, é construtiva, sirve
Eu son un home triste, de inspiración aos cantos épicos,
eu son un neno canso fabrica heroes inmortais e lexendarios.
e teño unha voz murcha, Na guerra un pode demostrar o seu
como unha mau de néboa valor e o seu valer, gañar ascensos,
rubindo cara ao sol; acadar condecoraciós moi prezadas,
unha mau a buscar brillantes e honrosísimas. En tempo
a Túa mau infinita. de guerra todo é progreso, ledicia
Eu son un home triste e máis fartura. Mísiles, tanques,
que ando a pensar en min fusiles, pistolas, metralletas,
i a cavilar en Ti. escuadras, canóns aéreos e antiaéreos,
bombas atómicas, de mao e de napalm
Eu son un home erguen unha música doce e harmoniosa
que te busca na terra que a xente escoita compracida
e non te ve nas rosas. e enlevada. Todos van á morte
Que cando pensa acharte moi felices, os feridos teñen nos beizos
nuns ollos translucentes, a flor dunha sorrisa. Non se derrama
decátase de que iles sangue, ¡ai, eso non!. Os campos
son ollos de door, bombardeados e incendiados
ollos de cas que sufren seméllanse aos xardíns e ás máxicas
e bois baixo aguilladas, fogueiras do San Xohan.
ollos con moitas bágoas. Os homes esquécense de odiar
Entón, Señor ti fuxes, e aprenden a amarse de verdade.
i estas maus que son terra Manuel María, Odas nun tempo de paz e ledicia, 1972
COUSOS do lobo! e hai unha lúa vertical, noviña,
Caborcos do xabarín! que envolve de misterio os perfís.
Eidos solos Memoria,
onde niguén foi nin ha d'ir! emisaria do mar,
O lobo! Os ollos o lombo do lobo! que nos mantén un cheiro de recordo:
Baixa o lobo polo ollo do bosco Algo de nós,
movendo nas flairas dos teixos pureza de altos días
ruxindo na folla dos carreiros mentras camiño pola vasta area
en busca da vagoada máis sola e máis medosa... e penso no amor
Rastrexa que sempre comenza nunha praia.
párase e venta
Xohana Torres, Estacións ao mar, 1980
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca. OLLAS A TERRA SEN OLLAR
NEVA no bico do cume Ollas a Terra sen ollar pois nada
neva xa pola ladeira tes, corazón, e nada tes: calado
neva no teito e na eira. bater do mar, bater, son desterrado,
vouga vaga de noite desvelada.
Uxío Novoneyra, Os eidos-1, 1955
Xabre de sono sen soñar, soñada
CONTO vida, rendida vida, xerfa, atado
Era Galicia un puro val ou oco corazón, nada tes, e nada arado
de densidade verde e fume morno. corazón, nada tes, morte anainada.
Era Galicia a chaira máis espida, Morte anainada, corazón dos días,
inerte néboa sobre illó de lodo. ti qué querías, corazón, querías
Era Galicia esguío vento agudo amar, vivir, vivir, e non tes Terra
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente onde axionllar siquer teu ardimento,
ensumíndose un pouco cada hora. onde cavar a voz do desalento
teu, ora que a outa Noite te desterra.
Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven. Arcadio López Casanova, Mesteres, 1976
Era Galicia un mar perfectamente ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS
denso, sen luz e con sabor a homes. Polo escuro do mar que vos contruba
Era Galicia a patria do traballo aínda hai peixes de lus nos seus abrigos,
de nunca terminar, pola boroa. mariñeiros de Cangas, meus amigos,
Era Galicia un home sen cabeza. meus irmáns de salitre e sol e chuva.
Era unha vez Galicia, espranza angosta. Solte o río un exército de naves,
X. L. Méndez Ferrín, 1969, recollido en Poesía enteira de Heriberto Bens mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas,
ATÓPOME COA TESTA
polos cons e cabezos cantan aves.
Atópome coa testa contra o muro.
Polas ondas sin muros e sin diques,
Convócome a min mesmo coma quen olla un pozo. polo lombo do Atlántico azulado,
Volta un neno perdido brinca e bufa o arruás todo apurado
por rúas de fume, por pasigos brancos,
perseguindo os bonitos i os alcriques.
tráxico, con tatuaxes nas meixelas
e lumes pequenos en cada dedo. Máis alá de sobrido ti me guíes,
Voltan os tempos ourizo de rapiña e disparos, mariñeiro de Cangas, ti me leves
de anguriasdecoradas por cregos e trompetas, para ver os espumallos i os percebes
estampas e desfiles. E todo que se para. e mirar dende a popa as Ills Cíes.
Locen asombros, fórmanse estalidos, redondéanse lombos, Máis alá do Cabalo e Cabo de home,
e mamai dime algo tremendamente pedra da negra e dese baixos de Biduído,
que me pon no meu sitio. mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come.
Retorna o día da ira, o tremendo intre
en que perdín os ollos e fíxenme acibeche, cactus e pedra Coma horribles fantasmas aparecen
alumbre. dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,
estranas ardentías e navíos
e quedeime en Ourense
e triste afogados que amolecen.
fitando con horror ese río do tempo
Pero rompe, que podes, contra o medo,
X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias, 1976 dalle avante con forza, anque che doa,
O MAR, O MAR, OS SIGNOS ESTELARES, A DILATADA contra noites e néboas pon a proa,
NOITE, TEMPESTADE DE VERÁN/ E A GRAN LÚA DE mariñeiro de Cangas e ven cedo.
AGOSTO. O MAR, ESE VIAXE E A AREA QUE PISAMOS. Ven loguiño a vender o peixe a Vigo
O MAR,/ A CRISE, A CONTINUA CADENCIA ONDE SE e trae unha canción do son dos mares
ESCOITA A VIDA./ O MAR, O MAR, NIN OUTRA COUSA para beber e cantar xuntos nos bares,
QUERO. mariñeiro de Cangas, meu amigo.
Ninguén está perdida nesa hora Bernardino Graña, Profecía do mar, 1966
cando o vento sopla
ACTIVIDADES

1. Sinala as características máis importantes dos tres grupos xeracionais da poesía galega que coinciden no
período de posguerra. Indica as semellanzas e diferencias que observes entre eles.

2. Despois de informarte sobre Penélope –esposa de Ulises, rei de Itaca–, tenta explicar a relación que pode
haber entre ese personaxe e a ‘Galiza’ protagonista do poema de Díaz Castro.

3. A que tendencia poética corresponde o texto EU SON UN HOME TRISTE de Antón Tovar? Razoa a
resposta.

4. Tenta construír un texto en prosa poética no que refiras as suxestións que che evoca o poema de Xohana
Torres que se inclúe na antoloxía.

5. Lede na clase con atención e en voz alta o texto de Ferrín que comeza co verso “Atópome coa testa
contra o muro”. Coa axuda e baixo a supervisión do/a profesor/a, tentade explicar o que entendedes que
quere transmitir.

6. Relaciona os elementos dos catro bloques completando axeitadamente cos números da esquerda as
columnas sombreadas.
Clave Nome do autor ↓ Xeración ou grupo ↓ Título e ano ↓ Característica/tendencia
Dos 50 ou Muiñeiro de brétemas
1 Xoana Torres 1 4 10 Poesía social
das Festas Minervais (1950)
2 Lorenzo Varela 3 Do 36 1 Do sulco (1959) 5 Poesía intimista
Aquilino Iglesia Longa noite de pedra
3 2 Do 36 (exilio) 10 1 Inaugura a colección Illa Nova
Alvariño (1962)

4 Manuel María 5 Promoción de Enlace 3 Cómaros verdes (1947) 2 Poesía histórica-social (exilio)

Dos 50 ou Catro poemas para catro


5 Luz Pozo Garza 4 2 4 Escola da Tebra
das Festas Minervais gravados (1944)
6 X. L. Méndez Ferrín 10 Do 36 7 Fardel de eisiliado (1952) 7 Poesía social (exilio)
Dos 50 ou
7 Luís Seoane 6 8 Fabulario novo (1952) 6 Poesía social e formalismo
das Festas Minervais
Dos 50 ou
8 Manuel Cuña Novás 9 9 Os eidos (1955) 8 Escola da Tebra
das Festas Minervais
Con pólvora e magnolias
9 Uxío Novoneyra 7 Do 36 (exilio) 6 9 Paisaxismo
(1976)
Celso Emilio
10 8 Promoción de Enlace 5 O paxaro na boca (1952) 3 Paisaxismo
Ferreiro
TEST DE RECAPITULACIÓN
1. Xunto con Lorenzo Varela, o principal poeta do exilio foi:
a) Celso Emilio Ferreiro. c) Álvaro Cunqueiro.
b) Luís Seoane. d) Aquilino Iglesia Alvariño.
2. Sinale o intruso entre os membros da xeración de 1936:
a) Celso Emilio Ferreiro. c) Álvaro Cunqueiro.
b) Manuel María. d) Aquilino Iglesia Alvariño.
3. Sinale o intruso entre os membros da Promoción de Enlace:
a) Luz Pozo. c) Manuel Cuña Novás.
b) Antón Tovar. d) Ricardo Carballo Calero.
4. Sinale o intruso entre os membros da Xeración das Festas Minervais:
a) Xosé María Díaz Castro. c) Bernardino Graña.
b) Uxío Novoneyra. d) Xosé Luís Méndez Ferrín.
5. A tendencia poética de maior éxito nos anos 60, que constitúe a grande achega da Xeración do 36, é:
a) O ruralismo. c) O neotrobadorismo
b) A Escola da Tebra. d) O socialrrealismo.
6. Sinale cal das seguintes afirmacións NON É verdadeira:
a) En 1963 celebrouse por primeira vez o día das letras galegas.
b) A partir dos anos 60 algunhas asociacións (O Galo, Santiago; O Facho, A Coruña...) van
desenvolver un papel capital na resistencia cultural.
c) En 1950 fúndase a editorial Galaxia.
d) Durante o franquismo estaba legalmente prohibido o uso público do galego en calquera situación
e contexto.
7. Sinale cal das seguintes É unha característica da Xeración do 36:
a) Tamén é coñecida como Xeración das Festas Minervais.
b) Naceron na década de 1920.
c) Supoñen un elo entre dúas xeracións literarias.
d) A súa mellor época será nos anos 50 ou 60.
8. Sinale cal das seguintes NON É unha característica da Xeración dos 50:
a) Naceron na década de 1930.
b) Nela predomina o ton intimista.
c) Rupturistas coa tradición literaria galega.
d) A Escola da Tebra é unha das súas achegas máis orixinais.
9. Que tendencia poética cultiva a escritora María Mariño (1907 - 1967).
a) O ruralismo. c) O neotrobadorismo
b) O intimismo. d) O socialrrealismo.
10. Cal dos seguintes títulos de poesía NON É de Álvaro Cunqueiro:
a) Dona do corpo delgado (1950) c) O sono sulagado (1954)
b) Herba aquí e acolá (1980) d) Poemas do si e non (1933)

You might also like