Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Pregunta 12. S.

XIX,

O movemento obreiro (Sexenio Democrático e


Restauración).
Na sociedade de clases que se configurou paralelamente á industrialización e ó
desenvolvemento capitalista, existiu unha importante conflitividade social que deu orixe ó
nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase
traballadora. O conxunto destas actividades chámase movemento obreiro.

Os obreiros formaron asociacións de socorro mutuo xa que por unha lei de 1839
autorizábase aos traballadores a loitar polas melloras salariais e a redución da xornada laboral,
como pola regulamentación de traballo e a formación de caixas de resistencia, cooperativas de
axudas e montepíos para facer fronte a unha enfermidade, un despido ou unha morte. En 1844, o
goberno suprimiu esta lei, e teremos que esperar ata 1887 cando volveron a legalizarse.

Na segunda metade do século XIX apareceron novas ideoloxías que tiveron unha fonda
repercusión nos movementos sociais: anarquismo e socialismo marxista. O anarquismo
defendía a destrución do Estado e de calquera tipo de autoridade, da propiedade privada e das
diferenzas socioeconómicas. O ser humano debía organizarse en comunas autónomas onde a
autoridade fose substituída por acordos libres entre os seus habitantes, esta transformación debían
realizala os propios traballadores. Os socialistas defendían a loita de clases realizada polo
proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos obreiros para conquistar o poder e
impoñer medidas de forza para ter condicións de vida igualitarias entre tódolos individuos.

Nun proceso de crecemento e expansión, organizáronse diferentes institucións para loitar


pola mellora da clase obreira, manténdose clara a oposición entre anarquistas e socialistas. No
1864 fundouse a Asociación Internacional de Traballadores ou AIT, tamén coñecida como I
Internacional, co obxectivo de potenciar a unión e a loita dos traballadores na súa emancipación en
todo o mundo. No 1870, durante o Sexenio Democrático, fundouse en Barcelona a Federación
Rexional Española, organización federativa constituída por distintas seccións obreiras e integrada
na AIT. Esta tivo toda unha serie de problemas debido as discusións ideolóxicas internas.

O anarquismo arredáronse da AIT e seguiron o seu camiños. Pero seguiron divididos: uns
defendían os principios colectivistas e antiautoritarios e crearon a Federación de Traballadores
da Rexión Española, transformada posteriormente en Federación de Resistencia ó Capital. Entre
estas destacou a Solidariedade Obreira; e tras a Semana Tráxica de Barcelona creouse a
Confederación Nacional do Traballo (CNT). Pero as divisións seguían e un grupo constituíu a
Federación Anarquista Ibérica ou FAI, de principios máis radicais. Outros, en cambio, eran máis

1
Pregunta 12. S.XIX,
extremistas e defenderon o uso da violencia e dos atentados contra os intereses e os personaxes
das clases dominantes. Nesta liña de actuación encadrouse a organización anarquista Man Negra.

Por outra parte os socialistas, liderados por Pablo Iglesias impulsaron a creación do Partido
Socialista Obreiro Español ou PSOE (1879) e a Unión Xeral de Traballadores ou UXT (1888).
Entre o partido e o sindicato existía unha estreita independencia, pero ambas contribuíron na
fundación en París da Segunda Internacional, a cal declarou o Primeiro de Maio como día da
clase obreira. O socialismo como consecuencia da Revolución Rusa de 1917, creou unha nova
facción coñecida como os comunistas, que crearon en 1919 fundouse a III Internacional
Comunista. Isto produciu en España un intenso debate sobre si seguir o modelo soviético ou seguir
os procesos dun socialismo máis democrático. Unha parte dos socialistas separáronse e formaron
o Partido Comunista de España, pola fusión do Partido Comunista Español e o Partido
Comunista Obreiro Español.

Tamén se erearon sociedades obreiras desde unha óptica cristiá co fin de contrarrestar o
avance do anarquismo e socialismo. Destacaron o Sindicato Católico dos Ferroviarios Españois
e o Sindicato Católico Obreiro de Mineiros Españois, o Consello de Corporacións Católico-
Obreiras e a Federación Nacional de Sindicatos Católicos, que defendían a colaboración de
clases e pretendían lograr a concordia social que defendía a Igrexa.

O incremento dos prezos e a escaseza dos produtos ou os impopulares impostos de


consumos orixinaron frecuentes motíns espontáneos contra os diferentes gobernos. Ante esta
situación, a actitude do Estado variou dependendo de quen gobernase. En xeral apréciase unha
postura negativa e contraria a negociar cos sindicatos e clases obreiras; pero a medida que van
collendo forza os gobernos adoitaron ser máis tolerantes, recoñecendo unha serie de dereitos ós
traballadores. Aínda así sempre houbo unha forte vixilancia e non dubidaron en empregar a forza,
mediante a Garda Civil e o exército, para sufocar os levantamentos, sobre todo no Primeiro de
Maio. Moita desta lexislación estivo presente durante o Sexenio Revolucionario, e foi continuada
de forma progresiva durante a Restauración Borbónica.

You might also like