Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

0. Parácheste a pensar?

A presenza e protagonismo das mulleres na música é milenaria, pero


nin a historia da música nin a propia actualidade a recolle.
Por iso, a historia musical que coñecemos é incompleta
e prívanos de moita e importante produción musical: toda aquela que
ao longo do tempo, de xeito continuado, brindáronnos as mulleres .

Con respecto á música, aínda que


non queiramos, todo xira ao redor
do mundo masculino. O noso
mundo musical está pensado
desde a creación masculina.
E eu pregunto: É que as mulleres
non crearon música? Nunca
fixeron música ao longo dos
séculos?...
Toda a historia da humanidade vai
collida da man de homes e mulleres,
polo tanto ás preguntas
anteriores deberían ter unha
resposta
contraria, pois indo xuntos o masculino e o feminino, sería un
despropósito pensar e defender que a música tan so veu da man
do home.
É afirmativo que as mulleres
estiveron e están ligadas á música
tanto ou máis que os homes, e a súa
produción resulta tan significativa,
continuada e interesante que non se
pode entender a historia da música
sen os seus sons.
Con todo, a situación e as
circunstancias sociais foron moi
distintas á dos homes, ao que temos
que engadir a pervivencia do enfoque
androcéntrico, fixando a mirada na
produción masculina en detrimento
da feminina.

As dificultades coas que as mulleres se atoparon en


todos os ámbitos ao longo do tempo ocasionaron que a
súa produción musical fose reducida.
Entre os aspectos que influíron na creación musical feminina,
sobresaen a dificultade tanto de acceso aos estudos musicais
como á práctica profesional e aos espazos públicos, as restricións
nos instrumentos e a composición e unha expresión musical que
se produce noutros espazos, maioritariamente privados ou
semiprivados.
Estas dificultades reverteron nunha
produción menor e os xéneros que
frecuentaron foron considerados
menores (nada máis lonxe da
realidade). Toda unha produción que,
a pesar de ter sido continuada e
excelente, non foi tida en conta.

A exclusión destas creadoras da historia da música, a falta de


atención sobre elas e as súas producións, está na orixe dese
empobrecemento musical e esa amputación dun legado cultural que
é moito máis rico do que ata agora coñecemos.
Esta exclusión, e o descoñecemento que implica, abrangue todos
os campos da música: tanto os que teñen un público especializado
e minoritario -música clásica contemporánea, por exemplo-, así
como a música que escoita a maioría da poboación -a música
moderna-.

Cando nos estamos a referir á música non só aludimos a aquela


que se produce á luz da educación formal en conservatorios,
escolanías, conventos ou salas de concertos -a música clásica ou
académica-, senón tamén á música que desfrutaba e desfruta a
maioría da poboación, na casa, no traballo, nos rituais, no seu
tempo de lecer -a música popular-.
As tradicionais historias da música só se ocupan da música relixiosa
e da civil que se produciu en contextos elitistas e con producións
masculinas, pero o panorama musical de cada época é moito máis
amplo, comprende outras formas de expresión musical e outros
espazos, e nese panorama está incluída a música que
interpretaban, creaban ou bailaban as mulleres. Desde os cantos de
berce ou as cancións de traballo ata a música de salón, hai un amplo
percorrido de creación feminina que se non nos paramos nela,
perderémola.

Ata o de agora aceptamos como referentes e imprescindibles da


música a compositores, intérpretes en masculino, pero teremos que
darlle unha volta a isto.

Non ter as mulleres en conta e non coñecelas significa non coñecer


boa parte da nosa tradición musical. Empobrécenos musical e
culturalmente. Pero ademais, róuballe ás mulleres a tradición musical
onde recoñecerse, deixándoas excluídas da música, como se elas
non foran protagonistas e creadoras desta herdanza musical que
nos pertence completamente.
A todos debe interesarnos coñecer un panorama musical completo
e rico que recolla as aportacións que tanto elas como eles fixeron e
fan á música.

Reflexionemos sobre esta afirmación de Clara Wieck-Schumann,


do seu diario no ano 1839:
“Antes cría ter talento creativo, pero abandonei esa idea: unha muller non debe desexar compoñer -
non houbo nunca ningunha capaz de facelo-, E quero ser eu a única? Sería arrogante crelo”

DATOS A TER EN CONTA SOBRE MULLERES E MÚSICA

Ao redor dun haberá xente que crea que na actualidade a


representación das mulleres na música xa é paritaria ou adecuada
e que foron superados os factores de desigualdade. Non nos
equivoquemos, isto está moi lonxe da realidade.

→ Na ESO, por exemplo, a materia de música dedícalle ás


mulleres o 6,2%, mentres os homes aparecen nun 94%. Nos
manuais, menciónanse a 65 mulleres músicas fronte a case
mil (988) referencias masculinas. Pero o máis significativo é
que en 3º da ESO, onde se estuda o período da historia da
música, a porcentaxe descende ata o 3,3%.
Estes datos trasládanos a insignificancia e a falta de
recoñecemento das aportacións das mulleres á música e a súa falta
de protagonismo. Escolas e conservatorios, onde as mulleres son
excluídas, ten consecuencias noutros ámbitos da música.
Na MÚSICA CLÁSICA

→ Collendo como exemplo os datos de 2016 no buscador en liña


(bachtrack.com) de 32.459 actuacións (18.046 concertos,
10.086 óperas e 4.327 performances de danza) que foron
realizadas en Reino Unido, Estados Unidos, Francia, España,
Alemaña, Austria e Xapón, estableceuse unha listaxe dos
compositores e compositoras máis interpretados. Pois ben,
non hai ningunha muller nos dez primeiros postos. As
compositoras que acadaron os postos máis altos nesta lista
foron a finlandesa Kaija Saariaho, que aparece no posto 17;
a rusa Sofiya Gubaidúlina, no posto 22 e a británica Judith
Weir, no 29.
→ Segundo a Societé des Auteurs et Compositeurs
Dramatiques (a sociedade de recadación francesa que se
ocupa da xestión colectiva dos dereitos de autoría), entre
2012 e 2017, as compositoras só representaron o 1% na
produción francesa.
→ Un estudo de 2019, Onde están as mulleres na música
sinfónica?, realizado pola SGAE coas asociacións Clásicas e
Modernas, Mulleres na Música e Mulleres Creadoras de Música
de España, sobre a presenza de mulleres na programación e
a dirección das 27 orquestras sinfónicas profesionais
españolas durante a tempada 2016/2017, ofrécenos uns
datos similares aos de Francia: hai un 1% de obras de
compositoras programadas (16/1997) e un 4% de concertos
dirixidos por elas (24/668).
Todos estes datos evidencian a escas presenza feminina no
sector musical e a vixencia dos mecanismos de exclusión que
dificultan a súa participación porque, segundo o mesmo
estudo, un 43% do alumnado con título superior no
conservatorio son mulleres. Unha porcentaxe que se ven
repetindo desde fai anos, pero que non se traduce nun
maior respaldo para elas.

PREMIOS
→ As compositoras contemporáneas non ven recoñecido
tampouco o seu papel nos premios. Así, no Grand Prix de
Rome, que estivo operativo entre 1803 e 1968 (165 anos),
só recibiron ese galardón NOVE mulleres na súa historia,
un 5%, e só no século XX.
→ Premio Iberoamericano da Música Tomás Luis de
Vitoria, que data desde 1996, xamais concedeu o
premio a unha muller.
→ Premio Nacional de Música, na categoría de
Composición, que ven outorgándose desde 1923, tan
só foi premiado en tres ocasións para compositoras.
→ Premio Pulitzer de Composición só premiou a tres
compositoras (6,7&) desde que comezou a súa
andaina en 1943.
Isto reflicte no descoñecemento sobre a música composta
por mulleres e ven aparellado á falta de recoñecemento
actual e de divulgación.
INSTRUMENTOS
Varios estudos confirman que na elección dos instrumentos
existe un sesgo de xénero moi marcado. Estes estudos
conclúen que hai especialidades claramente masculinas e
outras femininas.

Masculinas
→ Superior ao 90% nas especialidades de trombón,
trompeta, tuba e jazz
→ Con máis dun 80% atopamos composición, dirección de
orquestra, percusión, saxofón e contrabaixo

Femininas

→ A especialidade de frauta traveseira (67,87%)


→ A especialidade de canto (67,37%)
→ A especialidade de harpa (58,33%)
A elección de instrumento trasládase á vida profesional e reflicte
unha consonancia cos cadros de persoal, por exemplo, en tres das
mellores orquestras do mundo:

→ A Orquestra Real de Concertgebouw conta con 47 mulleres


(o 30,83%)
→ A Orquestra Sinfónica de Chicago conta con 38 mulleres (o
35,92%)
→ A Orquestra Filarmónica de Berlín conta con 19 mulleres (o
14,96%)
Na análise por instrumentos destas tres orquestras observamos
que a sección de vento-metal e percusión é onde a presenza da
muller e case nula. Noutro extremo atopamos a harpa, co 100% de
intérpretes femininas, e a metade do camiño, o violín, con cifras
que superan nalgúns casos o 50%.
O resultado da participación das mulleres nas orquestras
españolas son moi similares aos das tres orquestras anteriores,
oscilando entre o 20% (como na Orquestra Nacional de España) e
o 40% (das orquestras de Oviedo e de Santiago de Compostela).
Número de mulleres por Orquestra
Un estudo histórico realizado pola League of American Orchestras
con respecto á diversidade e o xénero entre máis de 500
orquestras americanas, entre 1980 e 2014, sí que se aprecia unha
notable evolución na presencia feminina ata case rozar a paridade.
Indícase no estudo que a implantación das audicións a cegas nas
décadas de 1970 e 1980 por parte de moitas orquestras americanas
tivo un impacto positivo nestas cifras.
As solistas instrumentais, unha
dedicación onde as mulleres estiveron
tradicionalmente máis recoñecidas,
tampouco teñen unhas cifras de
representación altas.
Segundo o estudo de Bachtrack, no
ranking de directores, chelistas,
pianistas e violinistas máis solicitados
durante 2016, só aparecen dúas mulleres:
a arxentina Sol Gabetta, que ocupa o posto número 4 entre os
chelistas máis contratados, e a pianista china Yuja Wang, no posto
número 10 da súa especialidade.

Sen lugar a dúbidas, a brecha de xénero está na dirección de


orquestras e de bandas musicais, por non dicir xa nada sobre a
brecha salarial.
Fagamos unha reflexión guiados dos gráficos que aquí aparecen:
MÚSICA MODERNA
Poderiamos pensar que a música moderna e popular é máis proclive
a permitir cifras de representación paritarias, pero non:

→ Un estudo onde se analizaron os carteis de 68 festivais de


música moderna da Comunitat Valenciana no ano 2015,
concluíu que só había o 9% de artistas femininas: 294
mulleres fronte a 2779 homes. Destas, un 48,5% tiñan o rol
relacionado coa voz (vocalistas, cantantes, coros), un 10%
tocaba a guitarra e só ao redor do 4% eran baixistas ou
bateristas. Cando se fala de composición a porcentaxe
baixaba ata o 3%.
→ No Reino Unido, un estudo realizado por The Guardian sobre
12 festivais no mesmo ano, atopou que só un 11% de mulleres
subiron aos escenarios dos principais eventos musicais do
país: 2336 homes fronte a 270 mulleres.
→ Os datos do festival francés Paloma, Scène de Musiques
Actuelles de Nîmes Métropole, un escenario de
experimentación de músicas actuais, corroboran estas cifras,
pois só un 11,1% de mulleres actuaron en 2015.
→ The Huffington Post nos EEUU analizou os datos de dez
festivais en 2016 de diferentes estilos musicais (dance, rock,
Rap, R&B) e o resultado segue sendo moi parello aos
anteriores: só o 12% dos grupos que subiron aos escenarios
eran solistas ou bandas femininas.

Con todo, na actualidade


segue a custar recoñecer o
protagonismo musical
feminino, tanto histórico
como contemporáneo. Non
teñen tanta presencia e
moita menos difusión.
O feito de que as grandes
creadoras, tanto históricas
como actuais, tanto clásicas
como modernas, non
aparezan nos libros de texto,
non se edite a súa música, non sexan escoitadas nin interpretadas
por agrupacións musicais actuais, non teñan gravacións de
calidade, non estean presentes nos festivais, nin nos premios, nin
teñan tanta cobertura nos medios de comunicación son factores
de exclusión que están plenamente vixentes.
A naturalización desta ausencia resulta perniciosa porque
agáchanos unha produción musical interesante e suxestiva. Sería
todo un logro social poder reverter esta exclusión e facer
partícipes a todos, mulleres e homes, deste legado musical que nos
pertence.

Le con atención, para rematar esta pequena introdución os


seguintes textos e reflexiona:
No ano 1983 levouse a cabo nos Estados Unidos unha enquisa para indagar
sobre as referencias a mulleres en textos universitarios relacionados coa
historia da música. Dun total de 49 libros examinados, 29 mencionaban a
dúas mulleres alomenos e 12 non mencionaban a ningunha.
Un texto sobre a historia da música occidental, incluía tan só a dúas mulleres
nas 752 páxinas, pero sen que a publicación proporcionase exemplos
musicais delas en sen que se lle dedicase un párrafo completo ás mesmas.
Isto “provocou” que os e as alumnos/as deberon ter a impresión que a música
era asunto dos homes e que a contribución das mulleres a este respecto foi
nula ou depreciable.

Parastes en pensar que calquera de vós é quen de nomear con


facilidade un bo número de homes compositores, pero, en xeral,
teriades dificultade para mencionar nomes de mulleres distintos aos
de Fanny Mendelssohn e Clara Schumann?

En todas as teorías que existen sobre a orixe da música a muller sempre


realiza un papel fundamental. Trátase dun proceso de comunicación
social que xa se inicia desde que o feto atópase dentro do ventre
feminino, onde a voz da nai é a primeira melodía que o futuro
recentemente nado escoita.

A interpretación, doutra banda, foi considerada como unha


actividade menor relacionada co corpo. De aí, que se tolere
como práctica feminina polo sistema patriarcal. E dos
distintos tipos de interpretación existentes, o canto é o que
máis se reafirma con estas definicións xa que utiliza o corpo
sen ningún soporte tecnolóxico, e na antigüidade isto era o
que se esperaba da muller.

Aínda que as mulleres podían cantar, danzar ou tocar instrumentos, supoñíase que non tiñan
talento para a composición, e polo tanto, o mellor era que se dedicasen a apoiar o traballo dos
compositores e a servirlles de inspiración.
A quen se preguntan por que non hai un significativo número de
compositoras ou a quen sostén que todo se reduce a unha cuestión de
xénero ou a unha suposta vocación, habería que dicirlles que é imposible
facer aportes nun campo dado se non se ten a oportunidade de
estudialo en profundidade.

O papel das mulleres na música foi unha evolución lenta. Xa na Idade Media foron apartadas da
música culta porque no oficio relixioso estaban excluídas. Pero no século XVII incorporáronse por
primeira vez á ópera substituíndo nalgúns países aos castrati. No século XVIII xorde o papel da
pianista muller aceptado socialmente. E no século XIX xeneralízase o papel de ‘a pianista’ e ata se
acepta socialmente no ámbito profesional da interpretación e a docencia.

Con todo habería que esperar ao século XX


para que formasen parte de calquera
actividade musical, aínda en un plano de
inferioridade. No en tanto, sempre foron ben
aceptadas en épocas de conflitos bélicos,
cando por extrema necesidade substituíron
aos homes.

En 1686 o Papa Inocencio IX declarou: “A música é


totalmente daniña para a modestia que
corresponde ao sexo feminino, porque se distraen
das funcións e as ocupacións que lle
corresponden. Ningunha muller con ningún
pretexto debe aprender música ou tocar ningún
instrumento musical.” Este edicto foi renovado
máis tarde por Clemente XI.

De todos os campos musicais, o da


composición estívolles vetado e isto
intentouse xustificar de diversos modos
escusando que a muller sofre carencias
creativas.

No século XIX xorde o primeiro movemento das mulleres e


esta discusión sobre a creatividade das mulleres ampliouse
falándose entón de a exclusividade da cultura patriarcal.

You might also like