Download as odp, pdf, or txt
Download as odp, pdf, or txt
You are on page 1of 32

O ISLAM

UNHA NOVA RELIXIÓN QUE CAMBIARÁ A HISTORIA


O NACEMENTO DA RELIXIÓN
∙https://www.youtube.com/watch?v=wEWGHsnPVhc
∙O Islam naceu no s. VII na Península Arábiga. Nesa zona desértica a maioría da
poboación era nómade e politeísta.
∙Nese contexto naceu Mahoma, fillo de comerciantes e formado
intelectualmente, o cal comezou a predicar unha nova relixión.
∙Os comerciantes da Meca (unha das principais cidades da zona) estaban
contra del, polo que Mahoma fuxiu a Medina no 622 (outra cidade), recibindo
este feito o nome de héxira e marca o inicio do calendario musulmán. Dende
Medina Mahoma organizou un exército e conquistou a Meca. Á morte de
Mahoma no 632 o Islam xa comezara a súa expansión pola zona Arábiga.
PRINCIPIOS DO ISLAM

O Islam ten un libro sagrado (Corán) e 5 principios fundamentais que todo


musulmán debe cumplir:
1)Profesión de fe: Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta.
2)Rezar cinco veces ao día en dirección á Meca, o venres na mesquita.
3)Peregrinar á Meca polo menos unha vez na vida.
4)Xaxún no Ramadán, dende a saída ata a posta do sol.
5)Dar esmola aos pobres.
A EXPANSIÓN DO ISLAM

●Ao longo da Idade Media o Islam vaise ir expandindo por diversos territorios
de Europa, Asia e África.
●Nun primeiro momento desenvolverase o califato ortodoxo a través da Xihad,
que sería tentar levar o Islam a aqueles que non o practican. Ao comezo
mandaban descendentes de Mahoma adoptando o título de califas, xefes
políticos e relixiosos de todos os musulmáns. Houbo disputas polo poder
entrando unha nova familia a mandar, os Omeia.
●Durante o califato ortodoxo (632-661) o Islam expandiuse pola península
arábiga, Persia e Exipto.
O CALIFATO OMEIA

●Os Omeia farán hereditario o título de califa. A capital pasará


a estar en Damasco.
●Durante esta etapa é cando se produce a maior expansión do
imperio islámico: chegarán á P. Ibérica e avanzarán cara o
interior de Asia e África.
●No ano 750 comezou unha rebelión que asasinou a todos os
membros da familia Omeia, agás un, o príncipe Abderramán
que fuxiu cara a P. Ibérica onde gobernará os territorios
ocupados polos musulmáns.
0
1
2
CALIFATO ABBÁSIDA

● Levará este nome porque o poder recae na familia dos Abbásidas, os cales
trasladaron a capital a Bagdad.
●Neste período o imperio comezará a desintegrarse, aparecendo novos
territorios musulmáns pero que non respondían ás ordes do califa, como Al-
Andalus na Península Ibérica.
● A partires do s.XIII serán os turcos (pobo das estepas de Asia) os que teñan
un papel protagonista no mundo musulmán coas súas conquistas.
● Bagdad vaise converter nunha das cidades máis poboadas e importantes do
mundo, pero no s.XIII os mongois saquearon a cidade e mataron ao último
califa abbásida.

3
4
5
BAGDAD: Chegou a 1,5 millóns de habitantes.

6
7
8
A SOCIEDADE ISLÁMICA

● A sociedade islámica era moi desigual (igual que as que levamos estudado).
Existían persoas doutras relixións nas súas terras (xudeus, cristiáns…), ou de
etnias (bereberes, árabes, eslavos…), pero por riba de todo as diferenzas eran
económicas.
●A aristocracia (sobre todo árabes) eran os grandes propietarios e as familias
gobernantes. Tiñan poder político e económico.
●Por debaixo estaban os notables: comerciantes, artesáns e pequenos
propietarios. Non interviñan na vida política pero tiñan poder económico.
●Os campesiños sen terras, artesáns sen taller, vendedores ou criados eran a
maior parte da poboación e tiñan vidas moi precarias.
●Na base de todo estarían os escravos, sen ningún tipo de dereito.
9
0
1
2
●A ECONOMÍA E A CIENCIA NO CALIFATO

•As principais actividades económicas eran a gandaría, a agricultura e o


comercio.
•Na agricultura melloraron a produción grazas a extensión das técnicas de
regadío, a difusión de novos cultivos (arroz, algodón, froiteiras…).
•O comercio viuse favorecido pola extensión dos dominios. Empregaban
moedas como o dinar (ouro) e o dirham (prata).
•Durante os séculos VIII-XIII os musulmáns desenvolveron grandes avances en
distintas disciplinas científicas tales como as matemáticas (álxebra), física
(forzas mecánicas), astronomía ou medicina (Avicena por exemplo estudou o
funcionamento do sistema sanguíneo).
●AS CIDADES ISLÁMICAS

•Estaban protexidas por murallas. Tiñan rúas estreitas (protexían mellor do


sol). Tiñan (e teñen) diferentes zonas:
•A medina: Situada dentro das murallas e cos edificios máis importantes: a
mesquita principal, o zoco (mercado), alhóndigas (almacéns), hamman (baños
públicos), o barrio dos artesáns…
•O alcázar era un recinto fortificado na parte alta da cidade. Nel vivían o
gobernante e os seus exércitos.
•Os arrabaldes eran os barrios de fóra da muralla. Creábanse cando crecía a
poboación e esta non collía na cidade. Normalmente aquí residían persoas de
condición humilde.
Baños musulmáns
Alcazar musulmán
https://www.youtube.com/watch?v=reifC2ZX5d8

You might also like