1º - 2º Eso Criterios de Cualificación 2021-2022

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

IES SATURNINO MONTOJO - CURSO 2021-2022

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 1º e 2º


de ESO

 Faranse dous exames escritos por avaliación que suporán o 60% da cualificación. En todas as
probas aparecerá indicada a cualificación numérica de cada pregunta.
 A lectura dun libro obrigatorio por avaliación e as actividades realizadas en torno a el
(cuestionarios, videocríticas, gravacións de fragmentos, recensións, probas orais ou escritas...)
constituirán o 10% da cualificación.
 As exposicións orais, individuais ou en grupo e as actividades realizadas dentro e fóra da aula e
corrixidas constituirán un 30% da nota da avaliación. Atenderase especialmente aos seguintes
aspectos:
o A capacidade expresiva na lingua escrita. Será valorada a través dos exames e outras
actividades como: composicións, cuestionarios, traballos individuais e en grupo usando as
TIC... Na cualificación deste apartado terán especial importancia a presentación e limpeza dos
traballos, a puntuación, a redacción, a riqueza expresiva e a corrección lingüística.
o O caderno de traballo. Valorarase, non só no referido aos contidos, senón tamén no
aspecto formal (limpeza, orde...).Terá especial importancia o reflexo das correccións
realizadas na aula.
o O cartafol de arquivos dos traballos realizados a ordenador. Deberá organizarse
seguindo as pautas que se especifican na aula.
o A capacidade expresiva na lingua oral. Será avaliada por medio de conversas
espontáneas de aula, exposicións, presentacións, debates, comentarios sobre as lecturas de
obriga, dramatizacións, recitacións, videocríticas… cunha especial relevancia das TIC.
o A actitude positiva fronte á materia e ao traballo, así como a participación activa na
aula, respectando as normas que rexen a cortesía.
 A avaliación é continua, polo que non se farán recuperacións parciais de cada avaliación. Para a
cualificación final considerarase a evolución positiva atendendo, basicamente, aos progresos
realizados na adquisición das aprendizaxes relacionadas coa lectura comprensiva e expresiva, coa
expresión oral e escrita (na que se incorpore o léxico adquirido), coa Ortografía e cos conceptos
básicos de Morfosintaxe e Literatura.
 Terá unha especial consideración a participación voluntaria en todas aquelas actividades
complementarias e extraescolares promovidas desde o EDLG ou desde a Vicedirección, sempre que
haxa unha implicación activa e as achegas voluntarias teñan unha calidade suficiente. Este apartado
terá unha cualificación máxima de 1 punto que se sumará á cualificación final.
 O feito de copiar nun exame será sancionado e cualificarase o exame cun cero, que fará media
coas demais probas que se realicen durante esa avaliación. Non se poderá levar móbil nin outros
dispositivos “intelixentes” aos exames.
 A ausencia non xustificada a un exame implicará unha cualificación de cero nesa proba.

CUALIFICACIÓN

Procedemento de avaliación
Porcentaxe
Probas escritas 60%
Cuestionarios, exames, actividades planificadas ... sobre as lecturas 10%
Probas orais e escritas de aula.
Revisión dos exercicios de comprensión, elaboración de textos, tarefas propostas
30%
(cuestionarios, presentacións...), traballos individuais e en grupo.
Observación e rexistro da participación activa na aula.

You might also like