Trabajo Religion Uriel Collazo Montes 3ºA

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

En Xesucristo cúmprense todas as profecías que falan de El no Antigo Testamento; son moitas,

algúns contan máis de 300. Nelas se vai perfilando un mesías que é rei, profeta e sacerdote, servo
paciente, e que presentará trazos cada vez máis marcadamente transcendentes, elementos que se
cumpren tanto na persoa de Xesús, como nas súas accións ou ensinanzas. Así, cando lemos o Antigo
Testamento atopamos as promesas de Deus e vémolas cumpridas no Novo Testamento. O
cumprimento de todas esas profecías é un dos motivos que nos levan a saber que a Biblia está
inspirada por Deus. A primeira das profecías mesiánicas atopámola no primeiro libro da Biblia, no
Xénese, cando despois da expulsión do Paraíso de Adán e Eva, Deus fai a promesa dun redentor:
“Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o
calcañar, pero ela esmagarache a cabeza" (Xén 3, 15). Onde se nos di que un descendente da muller
destruirá o mal e redimirá a humanidade das cadeas do pecado.

No Evanxeo de Lucas se nos conta que o arcanxo


Gabriel se lle presenta a unha muller chamada
María, que vivía en Nazaret, para dicirlle que terá
un fillo. Pero mellor ler ao Evanxelista “Deus
mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada
Nazaret, onda unha mociña prometida a un home
da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome
da mociña era María. Entrando onde estaba ela,
díxolle: - Alégrate, chea de graza, o Señor está
contigo. Ela turbouse con estas palabras,
cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou: - Non teñas medo, María,
porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que
lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o
trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacobe, e o seu reinado non terá fin. María
respondeulle ó anxo: - E como pode ser isto, pois eu son virxe? O anxo replicoulle: - O Espírito
Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti
será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí tes a túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez,
e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles. María contestou:
- Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. E o anxo marchou de onda ela”.

froito do teu ventre. Quen son eu para que me visite a nai do meu
Señor? Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de
alegría a criatura no meu ventre. Ditosa ti que criches que se
cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor! A resposta de
María a Sabela é o que se coñece como o “Magníficat” ou tamén o
“Canto de María” ou “Canción de María”; nel se expresa a alegría de
María polo que lle acontecera. O texto empeza así: “A miña alma
proclama a grandeza do Señor, e alégrase o meu espírito en Deus, o
meu Salvador, porque reparou na súa humilde escraviña”. Co tempo
o “Magníficat” se converteu nunha das máis importantes oracións
cristiáns. O cántico recolle diversos pasaxes do Antigo Testamento
como o “Canción de Ana” do Libro de Samuel o froito do teu ventre.
Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? Pois ó que
chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a criatura no
meu ventre. Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che
anunciaron de parte do Señor! A resposta de María a Sabela é o que
se coñece como o “Magníficat” ou tamén o “Canto de María” ou
“Canción de María”; nel se expresa a alegría de María polo que lle acontecera. O texto empeza así:
“A miña alma proclama a grandeza do Señor, e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
porque reparou na súa humilde escraviña”. Co tempo o “Magníficat” se converteu nunha das máis
importantes oracións cristiáns. O cántico recolle diversos pasaxes do Antigo Testamento como o
“Canción de Ana” do Libro de Samuel

Naquel tempo, sendo Publio Sulpicio Quirino o gobernador


de Siria, o emperador Augusto ordenou realizar varios censos
a fin de fiscalizar o número de habitantes do seu Imperio co
fin de establecer aqueles tributos que habían de pagar tódolos
cidadáns do Imperio. Un destes censos é o que se recolle no
Evanxeo de Lucas e, así mesmo, propiciou que Xesús nacera
en Belén, tal e como detalla o texto bíblico: “Saíu daquela un
decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento
de todo o mundo. Foi o primeiro censo que se fixo; por entón
era Quirino gobernador de Siria. E todos, en cadansúa
cidade, fóronse empadroar” (Lc 2, 1 – 3).. Atendendo ao
pasaxe de Lucas, Xosé como membro da tribo de David debía acudir a Belén, localidade do orixe
desta tribo e onde nacera o mesmo rei David; así Lucas nos di: “Tamén subiu Xosé desde Galilea,
da vila de Nazaret, ata Xudea, á vila de David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de
David, para empadroarse con María, a súa muller, que estaba embarazada.” (Lc 2, 4 – 5)

A tradición, non os Evanxeos que non detallan unha data concreta, nos di que era 24 de decembro
cando María e Xosé ían camiño de Belén, tal e como ordenara o emperador César Augusto, para
censarse. O Evanxeo de Lucas relátao así: “Tamén subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata
Xudea, á vila de David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David, para empadroarse
con María, a súa muller, que estaba embarazada"
(Lc 2, 4 – 5). O camiño era longo e María ía
montada nunha mula. Ao chegar a Belén buscan
onde pasa-la noite, pero non atopan posada. María
xa estaba a punto de dar a luz e, ao final, alguén se
compadeceu deles e lles permitiu quedar na corte.
Xosé xuntou palla e fixo unha cama para a súa
esposa e alí naceu o meniño, logo “envolveuno
nuns capizos e deitouno nunha manxadoira” (Lc 2,
7) e, tamén segundo a tradición, un boi e unha
mula que estaban na corte déronlle calor co seu
alento. Significado do nacemento de Xesús Para
os crentes é o nacemento da Persoa máis extraordinaria da historia xa que é Deus mesmo quen
acolle a natureza humana, se fai home. O apóstolo Xoán nos di “E a Palabra fíxose carne” (Xn 1,
14), é dicir, se fixo home en Xesús -Xesús é en realidade un home xenuíno, pero ao mesmo tempo é
Deus, é o que coñecemos como o “Misterio cristolóxico”-. Cando isto sucedeu, o Deus eterno saíu
da eternidade e entrou no tempo, na historia da humanidade, para ser un home de carne e sangue, e
para quedarse entre nos.. Os cristián non celebran datas, celebran feitos. Polo tanto o Nadal non é
unha data senón un feito, o nacemento do Salvador, o cumprimento da Promesa de Salvación feita
por Deus dende o orixe dos tempos.
Preto de Belén, un Anxo do Señor se lles presentou a uns pastores que durmían ao raso e díxolles:
“Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o
pobo. Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor” (Lc 2, 10 – 11). Os pastores
se dirixen a Belén para comprobar o que lles dixo o Anxo
e alí atoparon ao meniño, deitado nunha manxadoira,
xunto aos seus pais. Significado da Anunciación e a
adoración os pastores Ao nacemento de Xesús son
convidados uns pastores, xente sinxela e boa. O Anxo de
Deus non convida os cortesáns de Herodes, nin os
fariseos ou membros do Sanedrín. Os pastores eran
transhumantes e tiñan mala sona, se os tiña por
"ladróns". Un fariseo non lles compraría o leite por medo
a que proviñese do roubo. O Evanxeo de Lucas presenta
aos pastores como os primeiros amigos de Xesús, os
primeiros en aceptar a chamada de Deus e recibir a nova
da salvación. Estes homes pobres e desprezados por moitos, os afastados da sociedade, son os
elixidos e os preferidos de Deus para anunciar a Boa Nova, o nacemento do Salvador. Deus escolle
aqueles pastores para representar ao pobo hebreo, o “Pobo elixido” onde se foron concretando as
promesas da salvación, para comunicarlles que Xesús, ese meniño indefenso que se lles amosa
nunha manxadoira, é o Mesías anunciado polos profetas. 3

O Evanxelista Mateu relata que uns Magos acoden a adorar o Neno Deus, “E ... .. chegaron a
Xerusalén preguntando: Onde está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saír a súa
estrela alá no Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe. Oíndo isto, o rei Herodes
alporizouse ... Convocou ... os sacerdotes e letrados do pobo, para lles preguntar onde tiña que nacer
o Mesías. Eles responderon: En Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta. Entón Herodes,
ás agachadas, chamou ós magos, para se
informar ... cando lles aparecera a estrela.
Logo mandounos a Belén, dicíndolles: Ide e
informádevos ben do que hai ...; e unha vez
que o atopedes, avisádeme, para ir eu tamén ...
Eles, despois de oíren ó rei, puxéronse en
camiño. E, velaí, a estrela que viran saír no
Oriente foinos guiando ata se deter enriba de
onde estaba o neno. ... E cando entraron na
casa atoparon o neno con María, súa nai.
Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo,
abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra. Logo, avisados en soños
de que non volvesen por onda Herodes, saíron para a súa terra por outro camiño“ (Mt 2, 1 – 12) .
Significado da adoración dos Magos A adoración dos Magos, que se celebra na festa da Epifanía o
seis de xaneiro, revela a manifestación de Xesús a humanidade enteira. Así como os pastores
representan ao pobo xudeu, os Magos teñen un significado universal, a salvación que ven de Deus
xa non é para uns poucos senón para todos sen distinción. E os tres presentes que lle ofrecen o
meniño teñen un valor simbólico O OURO implica que é rei; o INCENSO a súa condición divina,
Xesús é Deus; e a MIRRA que nos amosa a súa natureza humana. “Xesús é verdadeiro Deus e
verdadeiro home, Señor do visible e invisible”.
Estes pasaxes da vida de Xesús nos chegan polo evanxelista Mateu, quen conta que Herodes lles
dixo aos Magos o seu grande interese no meniño e pediulles que ao seu regreso informásenlle sobre
este para ir tamén a adoralo. Despois de que os Magos cumpriron a súa misión, regresaron a súa
terra por outro camiño, pois un anxo
os avisou en soños que Herodes
quería matar a Xesús. Enganado polos
Magos, Herodes ditou a orde de matar
a todos os nenos menores de dous
anos co desexo de acabar con aquel
Rei nado en Belén e que poñía en
perigo o seu propio reinado. O anxo
tamén se lle apareceu a Xosé das
intencións de Herodes que fuxa co
meniño e María a Exipto. Xosé
obedece; e ao cabo dun tempo
indeterminado, morto xa Herodes,
ordénaselle volver dun modo similar.
O propio evanxelista ve no episodio o
cumprimento da profecía do profeta
Oseas: “de Exipto chamei ós meus
fillos” (Os 11, 1). Significado destes
dous pasaxes do Evanxeo de Mateu
No seu Evanxeo, Mateu procura
amosar que en Xesús se cumpre as
profecías mesiánicas do Antigo
Testamento: “é o fillo de David, nado dunha Virxe en Belén, luz da humanidade, obxecto dunha
gran hostilidade da cal sairá vencedor”. Lembremos que Mateu escrebe para os xudeus convertidos
ao cristianismo, sabedores da historia do seu pobo, e fai un paralelismo entre a figura de Moisés,
nado en Exipto e o liberador da escravitude do pobo hebreo, con Xesús. Mateu nos presenta a Xesús
como o novo Moisés e o salvador definitivo, xa anunciado no libro do Deuteronomio: “A un profeta
… farao xurdir o Señor, o teu Deus, no medio de ti, de entre os teus irmáns. Facédelle caso” (Dt 18,
15).

Son dous episodios da infancia de Xesús e figuran no Evanxeo de Lucas. A “Presentación de Xesús
no Templo”, acontece cando este aínda é un meniño, e segundo o texto: "E cando chegou o tempo
da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor
(pois así está escrito na Lei do Señor: Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor), e tamén para
faceren unha ofrenda , conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous pombiños" (Lc 2,
22-24). O segundo dos relatos é o da “Perda de Xesús no Templo”. Acontece anos máis tarde. María
e Xosé ían co Neno tódolos anos por Pascua ao Templo de Xerusalén. Xesús xa tiña doce anos,
idade que supoñía o paso da infancia a adolescencia, como "fillos da Lei", debendo asumir as
obrigas desta. De volta a Nazaret non atopan a Xesús, búscano durante tres días. Entón acoden ao
Templo sen saber que facer. Alí o atopan cos doutores da lei, “discutindo e dialogando con eles.
Todos os que os escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións” (Lc 2, 46 -
47). María cando encontra a Xesús lle expresa a súa angustia, mais a resposta de Xesús foi: “E logo
porque me buscades? Seica non sabiades que eu teño que estar na casa do meu Pai” (Lc 2, 49).
Significado destes dous pasaxes do Evanxeo de Mateu Nestes dous pasaxes de Mateu se salienta o
destino mesiánico de Xesús. A súa estadía no Templo de Xerusalén ten o significado da
consagración a Deus, xa que o Templo era considerado polos xudeus como o lugar da presenza de
Deus entre os homes. Deste xeito o Templo se converte no preludio da súa misión salvífica que se
deriva da propia condición divina, El é o “Fillo Unixénito do Pai”, Deus mesmo encarnado como
home. . “Polas festas da Pascua seus pais ían todos os anos a Xerusalén. E así, cando o neno tivo
doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. Pasados aqueles días, cando eles volvían o neno
Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen. Coidando que iría na comitiva, fixeron
unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. Pero como non deron con
el, volveron a Xerusalén para buscalo. E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo,
sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. Todos os que o escoitaban estaban
asombrados do seu talento e das súas contestacións. O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai
preguntoulle: -¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos
cheos de angustia en busca túa. El respondeu: -¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades
que eu teño que estar na casa de meu Pai?” (Lc 2, 41 – 49)

You might also like