Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares

TEMA 1. A BASE MOLECULAR DA VIDA


1.A composición da materia viva
1.1. Características que definen os seres vivos
• Unha composición química similar. Destaca o carbono.
• Organizanse a partir de unidades similares. As células.
• Levan a cabo as mesmas funcións vitais
1.2. Os bioelementos
Os bioelementos son os elementos químicos que interveñen na formación dos seres vivos. Clasificanse,
segundo a súa abundancia, en bioelementos primarios, secundarios e oligoelementos.
• Bioelementos primarios - 96 % da materia viva. C,H,O,N,P,S

A maior parte das moléculas que compoñen aos seres vivos teñen unha base de carbono. Este elemento presenta
unha serie de propiedades que fan que sexa o idóneo para formar estas moléculas. Estas propiedades son as
seguintes:

1. Forma enlaces covalentes, que son estables e acumulan moita enerxía.


2. Pode formar enlaces, hasta con catro elementos distintos, o que da variabilidade molecular. Isto débese á
hibridación dos electróns s e p o que provoca que haxa 4 electróns desemarexados.
3. Pode formar enlaces sinxelos, dobles ou triples.
4. Pódese unir a outros carbonos, formando largas cadeas.
5. Os compostos, sendo estables, á vez, poden ser transformados por reaccións químicas.

O carbono unido ao osíxeno forma compostos gaseosos.

• Bioelementos secundarios- 3,9% . Na, K, Mg, Ca, Cl (funcións fisiolóxicas)


• Oligoelementos- 0,1% . Fe, Cu, 1, Li. (catalizadores nas reaccións químicas)
1.3. As biomoléculas orgánicas e os compostos inorgánicos
As biomoléculas orgánicas son moléculas exclusivas dos seres vivos, formadas pola combinación de
diferentes bioelementos. Os compostos inorgánicos non son exclusivos dos seres vivos e son a auga, os sales
minerais e algúns gases.
As biomoléculas orgánicas
As biomoléculas orgánicas, exclusivas da materia viva, son os glicidos ou hidratos de carbono, os lipidos, as
proteinas e os ácidos nucleicos.
As propiedades das moléculas orgánicas veñen determinadas por:
• A disposición dos átomos de carbono (cadea lineal, ramificada...).
• A lonxitude da cadea, que diminúe a polaridade da molécula, é dicir, a súa capacidade para establecer
interaccións electrostáticas e, polo tanto, a súa solubilidade en auga
• O grupo funcional, que caracteriza a molécula e que lle confire propiedades especificas
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
Os grupos funcionais
Un grupo funcional é un átomo ou conxunto de átomos que substitúen un ou máis dos hidróxenos unidos á
cadea carbonada e que lle confiren á mo- lécula as súas propiedades caracteristicas
GRUPO FÓRMULA IMPORTANCIA BIOLÓXICA CLASE DE
FUNCIONAL COMPOSTO
Hidroxilo Confire polaridade. Forma pontes de hidóxeno. Alcohol

Carboxilo É un ácid débil, polo tanto, dador de hidróxeno: cando Ácido orgánico
perde un ión hidróxeno adquire carga negativa.
Carbonilo Confire polaridade permitindo a súa solubilidade. É Aldehido
característico dos azucres.
Cetona
Amino É unha base débil (aceptor de hidróxeno): cando Amina
acepta un ión hidróxeno adquire carga positiva.
Éster Hidrolízanse con auga descompoñéndose en ácidos e Éster
alcohois.
Fosfato É un ácido (dador de hidróxeno), en solución presenta Composto
habitualmente carga negativa. fosforilado

Os tipos de fórmulas dos compostos do carbono


A fórmula molecular A fórmula semidesenvolvida. A fórmula desenvolvida

14. A isomería
Os isómeros son substancias quimicas diferentes que teñen a mesma fórmula molecular

2.A auga e os sales minerais,lñ


A auga e os sales minerais son os compostos inorgánicos que compoñen a materia viva. Diferencianse das
biomoléculas orgánicas en que están presentes tamén na materia inerte.
2.1. A estrutura da auga
-Substancia química máis abundante da materia viva.
A auga é unha molécula formada por dous átomos de Hidróxeno e un de Osíxeno. A unión desos elementos
con diferente electronegatividade proporciona unhas características pouco frecuentes. Estas características
son:
• A molécula de auga forma un ángulo de 105º.
• A molécula de auga é neutra.
• A molécula de auga, aún sendo neutra, forma un dipolo, aparece una zona con un diferencial de carga
positivo na rexión dos Hidróxenos, e unha zona con diferencial de carga negativo, na rexión do Osíxeno.
• O dipolo facilita a unión entre moléculas, formando pontes de hidróxeno, que unen a parte electropositiva
dunha molécula coa electronegativa doutra.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
Propiedades da auga Función biolóxica nos seres vivos

-Alto calor específico: para aumentar a -Disolvente polar universal: a auga, debido á súa
temperatura da agua un grao centígrado é elevada constante dieléctrica, é o mellor disolvente
necesario comunicarlle moita enerxía para poder para todas aquelas moléculas polares. Sin embargo,
romper as pontes de Hidróxeno que se xeneran moléculas apolares non se disolven na auga.
entre as moléculas. -Lugar onde se realizan reaccións químicas:
-Alto calor de vaporización: a auga absorbe debido a ser un bo disolvente, pola súa elevada
moita enerxía cando pasa de estado líquido a constante dieléctrica, e debido ao seu baixo grao de
gaseoso. ionización.
-Alta tensión superficial: as moléculas de auga -Función estructural: pola súa elevada cohesión
están moi cohesionadas por acción das pontes de molecular, a auga confire estructura, volumen e
Hidróxeno. Esto produce unha película de auga na resistencia.
zona de contacto da auga co aire. Como as -Función de transporte: por ser un bo disolvente,
moléculas de auga están tan xuntas a agua á debido á súa elevada constante dieléctrica, e por
incompresible. poder ascender polas paredes dun capilar, grazas á
-Baixo grao de ionización: a maior parte das elevada cohesión entre as súas moléculas, os seres
moléculas de auga non están disociadas. So un vivos utilizan a auga como medio de transporte polo
reducido número de moléculas sofre disociación, seu interior.
xerando ións positivos (H+) e ións negativos (OH- -Función amortiguadora: debido á súa elevada
). Na auga pura, a 25ºC, so una molécula de cada cohesión molecular, a auga serve como lubricante
10.000.000 está disociada, polo que a entre estruturas que friccionan e evita o rozamento.
concentración de H+ é de 10-7. Por esto, o pH da -Función termorreguladora: ao ter un alto calor
auga pura é igual a 7. específico e un alto calor de vaporización a auga é un
-A densidade da auga: en estado líquido, a auga é material idóneo para manter constante a temperatura,
máis densa que en estado sólido. Por esto, o xeo absorbendo o exceso de calor ou cedendo enerxía se
flota na auga. Esto é debido a que as pontes de é necesario.
Hidróxeno formadas a temperaturas baixo cero
unen ás moléculas de auga ocupando maior
volume.

2.2. Os sales minerais


Os sales minerais son compostos inorgánicos que realizan gran variedade de funcións. Nos organismos
preséntanse fundamentalmente de dúas formas: como sales precipitados ou disoltos en auga.
- unión de ácido + base, liberando auga (H2O)
Os sales precipitados
-CaCo3 Función esquelética; é dicir, danlle consistencia a estruturas esqueléticas.
-Cunchas, picos, unllas, caparazóns, cornos,…
-Ca3(PO4)2
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares

Os sales disoltos
Na auga, os sales encóntranse disociados en anións como cloruros, fosfatos, carbonatos, nitratos,
bicarbonatos, e catións, como calcio, magnesio, ferro, sodio, potasio... Estes ións teñen diferentes funcións:
• Funcións reguladoras, que contribúen ao mantemento da homeostase, ou estabilidade do medio interno, a
través de procesos como:
-O mantemento da salinidade e pH constantes dentro do organismo.
 O pH (ten que ser constante no corpo)

pH neutro

pH ácido

pH básico
-A regulación da actividade encimática.
-A regulación da presión osmótica e o volume celular.
• Funcións especificas, nas que interveñen algúns sales; por exemplo:
- A contracción muscular, na que interveñen o sodio, o potasio e o magnesio
- A coagulación sanguinea, na que desempeña un papel fundamental o calcio.
-A transmisión do impulso nervioso, na que actúan o sodio, o potasio e o calcio

3. Os glícidos
Os glícidos ou hidratos de carbono son biomoléculas orgánicas, formadas fundamentalmente por carbono,
hidróxeno e osíxeno, e que responden á fórmula xeral C H O
Os glicidos pódense clasificar en tres grandes grupos dependendo do seu tamaño e estrutura: os
monosacáridos, os disacáridos e os polisacáridos.
3.1. Os monosacáridos
Os monosacáridos son os glícidos máis sinxelos, non se descompofien en moléculas máis pequenas.
Algúns monosacáridos importantes son a glicosa, a frutosa e a ribosa
Características dos monosacáridos
Estes glicidos presentan as seguintes caracteristicas:
• Conteñen de 3 a 7 átomos de C, unidos entre si.
• Cada átomo de carbono está unido a un grupo funcional, que pode ser:
- Un grupo carbonilo: un grupo aldehido nun carbono terminal, ou un grupo cetona no carbono máis
próximo ao carbono terminal
- Un grupo hidroxilo unido a cada un dos carbonos restantes
• A partir de cinco átomos de C, os monosacáridos en disolución tenden a pecharse, formando unha estrutura
cíclica.
5 átomos 6 átomos
furanosa piranosa
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
Nomenclatura e clasificación dos monosacáridos
Os monosacáridos clasificanse atendendo a diferentes criterios, para os que se utiliza unha nomenclatura, á
que se engade sempre a terminación -osa. Estes criterios son:
• O número de átomos de carbono que conteñen. Para indicalo úsanse os prefixos tri- (3), tetra- (4), penta-
(5), etc. Así os monosacáridos clasificanse e noméanse como triosas, tetrosas, pentosas, etc
• O grupo funcional (aldehido ou cetona). Para indicalos empréganse os prefixos aldo- (se se trata dun grupo
aldehido) e ceto- (se se trata dun grupo celona). Polo tanto, os monosacáridos poden ser aldosas e cetosas.

Os monosacáridos e a Isomeria
Os monosacáridos presentan isomeria estrutural e espacial
Isomería estrutural
É o caso da glicosa e da frutosa, que comparten a mesma fórmula molecular ( ), pero teñen grupos
funcionais diferentes: a glicosa, un grupo aldehido, a frutosa, un grupo cetona.

Isomeria espacial
Para determinar a isomería espacial das formas D- e L-, miramos a localización do grupo –OH do carbono
asimétrico máis alonxado do grupo funcional.

Cando a glicosa se cicla, aparecen dous novos isómeros (anómeros) alfa e ẞ segundo a posición relativa de
dous grupos hidroxilo, que poden estar situados cara lado do plano ou cara a lados diferentes.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
3.2. Os disacáridos
Os disacáridos son glicidos sinxelos, formados por dous monosacáridos unidos mediante un enlace
covalente, denominado O-glicosidico (ponte de hidróxeno).
Algúns disacáridos de interese biolóxico
Sacarosa Unión dunha molécula de glicosa e unha molécula de
frutosa
 Alfa-D.glicopiranosa + ẞ-D-frutofuranosa

Lactosa Unión dunha molécula de glicosa e unha molécula de


galactosa.
 ẞ-D-galactopiranosa + ẞ-D-glicopiranosa

Maltosa Unión de dúas moléculas de glicosa.


 2 moléculas alfa-D-glicopiranosa

3.3. Os polisacáridos
Os polisacáridos son glícidos complexos, formados por centos ou miles de moléculas de monosacáridos,
unidos mediante enlaces O-glicosidicos.
Algúns polisacáridos de interese biolóxico
• Celulosa (vexetal): Formada por cadeas lineais de ẞ-D-glicosa. Estas cadeas enlázanse entre si mediante
pontes de hidróxeno, formando unha estrutura fibrosa.
• Amidón (vexetal): Formado por dous tipos de moléculas, a amilosa (1-4) e a amilopectina (1-6), ambas as
dúas compostas de alfa-D-glicosa. A amilosa está constituida por cadeas lineais, que forman estruturas
helicoidais. A amilopectina está formada por cadeas ramificadas.
• Glicóxeno (animal): Formado por cadeas de alfa-D-glicosa cun alto grao de ramificación.
3.4. As funcións dos glícidos
Os glicidos cumpren importantes funcións para a célula.
Función enerxética
• A glicosa é a principal fonte de enerxia para a célula. Utilizase como combustible na respiración celular.
Monosacáridos, como a frutosa, disacáridos e polisacáridos transfórmanse na célula en glicosa,
proporcionan- do tamén enerxia.
• Algúns polisacáridos constitúen moléculas de reserva enerxética para a célula. O amidón almacénase nas
células vexetais, fundamentalmente en tubérculos e sementes. O glicóxeno almacénase nas células do fÍgado
e do músculo esquelético nos animais.
Función estrutural
• A celulosa é o compoñente principal das paredes ce lulares das células vexetais.
• A ribosa e a desoxirribosa forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
Outras funcións
Algúns glicidos son precursores doutras substancias con función reguladora, por exemplo, a glicosa é o
precursor da vitamina C ou ácido ascórbico.
Existen glícidos unidos a algunhas das proteinas das membranas celulares, glicoproteinas, implicadas no
recoñecemento entre células.

4. Os lípidos
Os lipidos son un grupo de biomoléculas moi diversas, formados por C,H,O e P.
Caracteirízanse por ser pouco densas, insolubles en disolventes polares (auga), e solubles en disolventes
orgánicos apolares (éter ou cloroformo).
4.1. A clasificación dos lípidos
• Lípidos saponificables: son os máis abundantes e poden facerse xabóns con eles. Están formados por
ácidos graxos e alcohois.

Ácidos graxos: ácidos orgánicos coas seguintes características:


 Están formados por unha cadea hidrocarbonada longa, cun número par de átomos de carbono,
comprendido entre 12 e 24.
 Teñen como grupo funcional un grupo carboxilo, unido a un dos extremos da cadea
 Poden ser ácidos graxos saturados: a cadea de carbono só ten enlaces simples.
Son sólidos- manteiga
insaturados, se a cadea ten un ou varios dobres enlaces.
Son líquidos- aceite

TIPOS
-As graxas: Formadas por unha molécula de glicerina (un alcohol) unida a un, dous ou tres ácidos graxos.
Son moléculas hidrofóbicas (repelen a auga), xa que non conteñen grupos polares ou con carga eléctrica. As
súas funcións son:
• Almacenar enerxia nas células adiposas animais, ou nalgunhas partes das plantas, como os aceites das
sementes ou os froitos.
• Illar termicamente o organismo, situándose baixo a pel de animais de hábitats frios.
• Protexer órganos vitais como o corazón, o ril, etc.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares
-Os fosfolípidos: son lípidos nos que un grupo fosfato entra a formar parte da súa molécula
-Todos os fosfolipidos son anfipáticos, é dicir,
presentan unha zona hidrofílica ou cabeza polar
(os grupos fosfato e alcohol) e unha zona
hidrofóbica ou colas apolares (os ácidos graxos).
-(f. estrutural) A súa función é a de constituir a
base de todas as membranas plasmáticas, grazas á
súa capacidade para formar bicapas nas que a
cabeza polar queda no lado externo ou acuoso e
as colas apolares se esconden no interior
formando micelas.
-Os esfingolipidos son específicos das vairias de
mielina que recobren os axóns neuronais.

-As ceras: Formadas por ácidos graxos que esterifican alcohois de cadea longa. Son lípidos moi apolares e
hidrofóbicos.
A súa función é impermeabilizar partes dos seres vivos, como a face das follas, a pel dos froitos, as plumas
ou a pelaxe dalgúns animais.

• Lípidos non-saponificables: non teñen ácidos graxos na súa composición polo tanto, non dan a reacción
de saponificación e non poden formar xabóns.
TIPOS
- Os esteroides: Formados por un derivado dunha molécula ciclica denominada esterano.
(colesterol, corticoides, proxesterona,…)
Entre as súas funcións encóntranse:
• Formar parte da membrana celular, como o colesterol, que lle proporciona unha maior rixidez.
• Regular algúns procesos, como a reprodución sexual, no caso das hormonas sexuais; ou o metabolismo do
calcio, como a vitamina D.
- Os terpenos: Formados por derivados dunha molécula chamada isopreno.
(carotenos, látex, caucho, vitaminas A e K,…)
As súas funcións son:
• Participar na fotosintese, como os pigmentos chamados xantofilas e carotenos.
• Regular algúns procesos celulares, como o ẞ-caroteno, que é o precursor da vitamina A.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares

5. As proteínas
As proteinas están formadas por C,H,O,N,P,S. Son macromoléculas formadas pola unión de unidades máis
simples denominadas aminoácidos.
-Son as biomoléculas máis abundantes nos seres vivos, despois da la auga. Existen miles de proteinas
diferentes, cada unha delas cunha función concreta dentro do organismo.
- As proteinas son polipéptidos formados por un gran número de aminoácidos unidos por enlaces peptídicos.
5.1. Os aminoácidos
Os aminoácidos son moléculas orgánicas que conteñen:
- 20 aminoácidos distintos compoñen as proteínas
-Dependendo na orde que estean os aminoácidos e número
deles vaise dar unha proteína ou outra.

Unión dos aminoácidos


O grupo amino dun aminoácido pode unirse ao grupo carboxilo doutro mediante un enlace peptidico para
formar un dipeptido, tripeptido, etc. A unión de moitos aminoácidos dá lugar a polipeptidos e proteínas.

Características dos aminoácidos


Debido á presenza dos grupos amino e carboxilo:
-Os aminoácidos presentan un comportamento anfótero, é dicir, poden comportarse como ácidos ou como
bases dependendo da concentración de pH.

-Se a concentración é elevada , capta protóns e compórtase polo tanto, como base.
-Se a concentración é baixa , cede protóns e compórtase polo tanto, como ácido.
Bioloxía e xeoloxía- 1ºBach Lucía Rey Vilares

5.2. As funcións das proteínas


• Función estrutural.
-As glicoproteinas, que forman parte da membrana celular, e interveñen na sinalización; o colaxeno nos
tendóns, que lles dá flexibilidade e resistencia aos tecidos; a queratina das uñas ou do pelo, que
proporcionan dureza; as histonas que forman parte da cromatina e dos cromosomas).
• Función de reserva.
-Algunhas proteinas achegan aminoácidos para o desenvolvemento das crias, como a ovoalbumina do ovo
ou a caseina do leite
• Función de transporte.
-A hemoglobina transporta osixeno; as lipoproteinas transportan lipidos polo sangue.
• Función de defensa.
-Os anticorpos defenden o organismo dos axentes palóxenos; o fibrinóxeno e a trombina interveñen na
coagulación sanguínea tras unha ferida ou hemorraxia.
• Función contráctil.
-Algunhas proteinas permitenlles aos organismos desprazarse, como a actina e a miosina, responsables da
contracción muscular
• Función hormonal.
-As hormonas proteicas regulan multitude de procesos, por exemplo, a insulina e o glicagón, regulan o
metabolismo da glicosa; a hormona luteinizante (LH) e a foliculoestimulante (FSH) regulan o ciclo ovárico.
• Función enzimática.
-Os enzimas encarganse de catalizar ou acelerar as reaccións químicas do metabolismo. Algúns exemplos
son a amilase, que degrada o amidón, ou a lipasa, que disgrega os lipidos. ORGANIZA A TÚA MENTE
5.3. Os enzimas
As enzimas son proteínas especializadas que actúan como catalizadores biolóxicos nos organismos vivos. A
súa función principal é acelerar as reaccións químicas no interior das células, permitindo que estas ocorran a
velocidades compatibles cos procesos biolóxicos necesarios para o mantenemento da vida.
Ainda que existe unha gran diversidade de enzimas, todos teñen en común as seguintes caracteristicas:
• Son catalizadores, é dicir, actúan en pequena cantidade e recupéranse indefinidamente (non se consomen).
• Son moi especificos, actúan sobre un ou poucos substratos e cada reacción está catalizada por un enzima
especifico.
As enzimas actúan sobre moléculas específicas chamadas sustratos. Cada enzima ten unha especificidad
única que lle permite interactuar e catalizar unha reacción química específica cun sustrato particular. A
unión entre unha enzima e o seu sustrato é altamente específica e baséase na forma e a carga
complementarias de ambas moléculas.
A catálise
Substratos (S) + Enerxía ----- Estado de transición ----- Producto (P) + Enzima (E)
Os catalizadores actúan diminuindo a enerxia de activación da reacción, sen modificar o seu balance
enerxético nin o equilibrio da reacción

You might also like