Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

MEMBRANA PLASMÁTICA

Células: Todas (orgánulo universal) Observación: microscopio electrónico de transmisión e óptico.

Definición: A membrana plasmática é unha fina capa que delimita a célula do medio externo.

Funcións:

1. Limita a célula separándoa do medio externo, polo tanto, individualiza a célula.

2. É unha barreira selectiva, regula o intercambio de sustancias entre a célula e o exterior e permite que a
[sustancias] sexa distinta da do medio.

3. Produce e mantén gradientes electroquímicos, que a concentración de cargas eléctricas sexa distinta da do
exterior. Mantén os potencias da membrana (debido ao transporte dos ións entre esta).

4. Intercambio de sinais entre a célula e o exterior (co medio ou con outra célula).

5. Adhesión celular, é responsable da coherencia dos tecidos mantendo unidas as células.

6. Participa na división celular, sobre todo na citocinese (división do citoplasma).

7. Identidade celular, contén antíxenos na superficie que permite ao sistema inmune recoñecer as células como
propias.

8. Responsable da endocitose e da exocitose (captación de partículas e expulsión de sustancias de refugallo).

Composición:

Está formada por unha bicapa de fosfolípidos con proteínas integradas. Os fosfolípidos, ao seren anfipáticos, teñen
as zonas polares orientadas cara ao exterior e cara ao citoplasma; e as zonas apolares, cara ao interior da
membrana. A membrana plasmática dos eritrocitos ten un 52% de proteínas, un 40% de lípidos e un 8% de glícidos.

● Fosfolípidos: compoñentes esencias, forman a bicapa porque son anfipáticos. Poden ser fosfoglicéridos ou
esfingolípidos.

● Glícidos: cadeas de oligosacáridos unidos a lípidos ou proteínas. Só aparecen na cara externa das membranas.

● Esterois: insertados entre fosfolípidos e regulan a fluidez da membrana. Nas células animais, colesterol, e nas
vexetais, fitoesterol.

● Proteínas: compoñente esencial.

○ Integrais: non poden separarse da membrana sen destruíla.

○ Periféricas: poden separarse sen destruíla e abundan na cara interna.

Propiedades:

● Fluidez: os compoñentes poden cambiar de posición.

● Asimetría: de dous tipos.

○ Química: composición distinta da capa interna e da externa.

○ Eléctrica: en xeral, a parte externa é positiva con respecto da interna.


TRANSPORTE A TRAVÉS DA MEMBRANA

A) moléculas de pequeño tamaño

-semipermeable e selectiva (non deixan que pasen por cuestión iónicas)

-osmose (H2O, CO2, O2)

-Glicosa (a través dunha proteína transportadora) asóciase á proteína e cambia a súa conformación

(a través dun canal proteico)

1) TRANSPORTE PASIVO:

- A favor de gradiente de concentración (mais-menos)

- Non require enerxía (pasivo)

- Realízase mediante:

a) Difusión simple a través da bicapa lipídica

b) Difusión facilitada mediante proteínas canal e proteínas transportadoras.

2) TRANSPORTE ACTIVO:

- En contra de gradiente de concentración (menos-mais)

- Require enerxía (activo)

- As proteínas transportadoras denomínanse bombas

B) moléculas tamaño grande

Endocitose: invaxinación da Exocitose: vesícula sae do aparato


membrana, péchase, forma de Golgi, vesícula achégase e únese
vesícula, entra na célula á membrana plasmática, sae o
material fora da célula.
PLÁSMIDOS

Células: procariotas/ Algunhas eucariotas-levaduras


Observación: microscopio electrónico de transmisión

Definición: Os plásmidos son pequenas moléculas circulares de ADN que se atopan


fóra do nucleoide e conteñen información xenética que complementa ao xenoma da
célula. A súa replicación é independente da do ADN cromosómico.

Os plásmidos conteñen un número reducido de xenes que aínda que non son xenen esenciais, a miúdo confiren
unha vantaxe selectiva ás bacterias, como pode ser a resistencia a determinados antibióticos, a capacidade de dixerir
determinadas substancias non habituais.
O número de plásmidos que presenta cada célula pode variar dependendo
do tipo, dende un a centos deles.
Ademais de copiarse de xeito independente ao material xenético do
nucleoide, pode ser transferido a outras células procariotas próximas (que
non teñen que ser da mesma especie) mediante un proceso chamado
conxugación. Isto permite a propagación de xenes que poden ser
beneficiosos para a supervivencia. O plásmido pasa dunha bacteria a outra
mediante un pili conxugativo.

Os plásmidos son unha ferramenta fundamental na enxeñeiría xenética grazas a:


- súa capacidade para reproducirse de maneira independente do ADN cromosómico, e
- porque é relativamente fácil manipulalos.
Poden utilizarse para introducir neles calquera fragmento de ADN de interese, e desta maneira amplificalo de forma
natural dentro da bacteria na que o plásmido se replica. Por exemplo, utilizase para a obtención de insulina para o
tratamento da diabetes.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO RUGOSO

Célula: Eucariota
Conecta coa membrana nuclear e de forma non directa,é dicir,
mediante vesículas de transporte, co aparato de Golgi.
Este orgánulo caracterizase pola sua superficie irregular, debido
á presenza de ribosomas nas súas paredes.
Trátase dun sistema membranoso cuya estructura consiste
nunca rede de sacos aplanados ou cisternas e tubos
interconectados. Dentro desos sacos aplanados existe un espacio que se chama lumen.
A sua membrana está cuberta pola parte externa por ribosomas.
Funcións:
Síntese e modificación de proteínas. A síntese proteica iníciase cando un ribosomas adhierese ao retículo
endoplasmático rugoso e comézase a traducir o ARNm para formar unha cadena polipeptídica. Logo esta cadea
peptídica introdúcese no lumen onde comezarán os procesos de pregamento e modificación, por exemplo, a
glicosidación que é a adicción de cadeas de hidratos de carbono. Por último cando xa está pregada e modificada
introdúcese en vesículas transportadoras e envíase ao seu destino final.
Ademais exerce un papel moi importante á hora de detectar as proteínas con defectos ou que poidan non resultar
útiles para o organismo, reparaas ou degradaas.
RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO LISO

Célula: Eucariota
Observación: microscopio electrónico.
Estrutura: Non presenta ribosomas adheridos a súa membrana, sendo unha estrutura formada por túbulos de
membrana interconectados entre si e unidos ao retículo endoplasmático rugoso. Presenta só unha membrana.

Funcións:
Síntese de lípidos.
Ao retículo endoplasmático liso chegan os ácidos graxos procedentes do citosol e son transformados en
glicerofosfolípidos que son levados ás membranas celulares, ao ter unha función estrutural, por medio de vesículas,
proteínas transportadoras ou polo contacto entre membranas.
Outro lípido moi importante que sintetiza no retículo endoplasmático liso é o colesterol que despois será
transportado ás membranas por medio de vesículas ou proteínas solubles.
Ademais o retículo endoplasmático liso encárgase da síntese doutros lípidos como os triacilglicéridos, os cales
quedan almacenados nel.
O retículo endoplasmático liso nas células musculares, ou tamén chamado retículo sarcoplasmático, encárgase de
almacenar e liberar ións calcio que interveñen na transmisión do impulso nervioso, permitindo así a realización da
contracción muscular.
Por último, o retículo endoplasmático liso ten un papel moi importante na detoxificación, xa que o retículo
endoplasmático liso das células hepáticas posúe enzimas desintoxicantes na súa membrana que actúan na
degradación de substancias liposolubles prexudiciales para o organismo que pasan a converterse en substancias
hidrosolubles que poden ser expulsadas a través da orina. Por este motivo o retículo endoplasmático liso das células
do fígado está moi desenvolvido.

RIBOSOMAS

Célula: todas
Definición:
Os ribosomas son pequenas estruturas celulares que están formadas por ácidos
ribonucleicos (ARN) e proteínas.
Poden aparecer en diferentes estados: illados ou formando grupos chamados polisomas.

O seu tamaño depende dos tipos de células: Unha célula eucariota contén
aproximadamente 10 millóns de ribosomas, mentras que unha célula procariota pode
chegar a conter casi o doble de ribosomas.

Estrutura:

 Cada ribosoma contén dúas subunidades (maior e menor). Estas subunidades


fórmanse a partir de proteínas e ácidos nucleicos.

 Cando comeza a síntese de proteínas, as subunidades únense formando un


polisoma, e cando se detén o proceso sepáranse.

TIPOS

Ribosomas procariotas: atópanse nas células procariotas. Están


formados na súa maioría por ARN, e menos da metade está formado por proteínas.

Ribosomas eucariotas: son os ribosomas que posúen as células eucariotas. Máis da metade está
formada por proteínas e menos da metade está formada por ARN. Son de maior tamaño que os
ribosomas procariotas.
FUNCIÓNS

 Os ribosomas sintetizan as proteínas: traducen a información do ARN


mensaxeiro nunha cadea de aminoácidos creando bloques de proteínas de forma
ordenada.

 O correcto funcionamento dos ribosomas é esencial para que os organismos


funcionen correctamente e para evitar certas enfermidades.

MESOSOMAS

Células: procariotas

Observación: microscopio electrónico de transmisión.

DEFINICIÓN: invaxinacións da membrana plásmatica dentro da parte interna, sobre o citoplasma.

FUNCIÓNS: respiración celular en bacterias aerobias e a síntese de ATP. Estos orgánulos son responsables da
producción de enerxía na célula mediante a cadea respiratoria e a fosforilación oxidativa. Ademais, os mesosomas
tamén xogan un papel crucial na segregación do ADN bacteriano durante a división celular. Estas estruturas actúan
como puntos de anclaxe para os cromosomas bacterianos, asegurando unha correcta distribución do material
xenético durante a replicación e a división celular.

COMPOSICIÓN:
-Están compostos por unha bicapa bipolar de proteínas e lípidos.
-Contan con ácidos graxos hidrofóbicos.
-Teñen abundancia de fosfolípidos e son relativamente ríxidos.

APARATO DE GOLGI

Célula: eucariotas
Observación: microscopio electrónico de transmisión.
COMPOSICIÓN:
A unidade básica é o sáculo e cando unha serie de sáculos apílanse forman un dictosoma.
Cada dictiosoma ten unha cara cis (cara de entrada) e unha cara trans (cara de saída)
O aparato de Golgi contén vesículas e cisternas. As vesículas son fabricadas na
membrana.
No aparato de Golgi podemos distinguir 3 tipos de vesículas de transporte:
·Vesículas constitutivas: contén proteínas que o destino é o exterior da célula.
·Vesículas reguladoras: o seu destino tamén é o exterior da célula pero non de
inmediato.
·Vesículas lisosomales: o seu destino son os lisosomas.

ESTRUCTURA:
O aparato de golgi está dividido en 3 rexións que son:
Rexión Cis: É a rexión más interna e próxima ao retículo endoplasmático rugoso do cal recibe as vesículas de trasición
que conteén as proteínas que serán transformadas.
Rexión intermedia: é a rexión de transición
Rexión trans: É a rexión que se encontra máis alonxada do retícuño endoplasmático rugoso e máis preto da
membrana plasmática.
FUNCIÓN:
A súa función é recibir, modificar e empaquetar as proteínas sintetizadas no retículo endoplasmático rugoso, para a
súa exportación dende a célula.
Outras funcións do Aparato de Golgi son:
·Absorber sustancias do citoplasma.
·Formar vesículas secretoras.
·Crear enzimas.
·Crear sustancias especializadas.
·Segregar glicoproteínas.
·Producir lisosomas.

MITOCONDRIA

Células: eucariotas.
Observación: microscopio electrónico ou óptico.
Descripción: ten unha forma ovalada, está posee dúas membranas unha externa
bicapa lipídica e lisa, e outra interna e pregada cuxas dobreces reciben o nombre de
crestas.
No seu interior podemos encontrar o ADNmitocrondial, o cal estrutúrase en forma
circular a diferenza do ADN nuclear que se estrutura de forma lineal.
O ADN mitocondrial é moi simple pois contén tan só 37 xenes dos cales 13 dedícanse á produción de encimas.

Funcións:
Principal produtora de enerxía a nivel celular, isto grazas ao seu proceso de
respiración celular (consiste na degradación de compostos orgánicos a través da
oxidación deixándos en substancias inorgánicas) isto proporciona enerxía a cal
aprobeita a célula para realizar as funcións vitais.

OS CENTROSOMAS

Célula: eucariota animal


Observación: microscopio electrónico de transmisión
Estrutura:
 Centriolos: estruturas cilíndricas compostas por microtúbulos organizados en nove tripletes. Cada triplete
formado por diferentes proteínas de alfa e beta Tubulina.
 Matriz pericentriolar: rexión amorfa que rodea aos centriolos e actúa como un centro organizador de
microtúbulos.

Composición química :
Os centriolos e a matriz pericentriolar están compostos principalmente por proteínas,
incluíndo tubulina e proteínas asociadas cos microtúbulos.

Funcións:
 organización do citoesqueleto celular, en gran parte debido á presenza de
microtúbulos.
 Participan na formación do fuso mitótico durante a división celular, onde os
microtúbulos do fuso orixínanse nos centrosomas.
 Interveñen na estrutura de cilios e flaxelos, os cales están compostos
principalmente por microtúbulos e orixínanse nos centrosomas.
CITOESQUELETO

Célula: eucariota

Observación: microscopio electrónico de transmisión

Definición: Rede de filamentos que lle dan forma á célula, organiza as súas estruturas internas e interven no
transporte e división celular.

Composición química: rede de fibras de proteínas compostas por:

-microtúbulos: polímeros proteicos de 25 nm de diámetro externo e


12 nm de diámetro internos.

-filamentos intermedios: agrupacións fibrosas de proteínas duns 10


nm de diámetro.

-microfiliamentos: finas fibras de proteínas globulares cun diámetro


de entre 3 e 7 nm.

Cómo se crea? Polimerización de unidades proteicas que non establecen unións químicas sino electrónicas
ensamblando e desensamblado en función de que necesite a célula

Que transporta ? A carga intra celular de vesículas, macromoléculas e cromosomas na división celular.

Que almacena ? Axuda a organizar os orgánulos celulares e outras substancias no citosol.

PEROXISOMAS

Célula: eucariotas

Observación: microscopio electrónico de transmisión

FUNCIÓN

Os peroxisomas son orgánulos celulares que desempeñan un papel crucial no metabolismo. Son responsables da
degradación dos ácidos graxos, metabolismo do peróxido de hidróxeno e a síntese de fosfolípidos plasmáticos.

Desintoxicación celular: neutralizan radicales libres e metabolizan substancias tóxicas.

Síntese de ácidos biliares, esenciais para a absorción de lípidos e a dexestión de graxas.

Metabolismo de lípidos: procesan ácidos graxos de cadea longa e completan a beta de oxidación.

ESTRUCTURA

Os peroxisomas son unha vesícula cargada de enzimas.

Están rodeados por unha membrana (bicapa lipídica) que os separa do citosol e delimita o seu contenido interno, no
interior dos peroxisomas alberga unha matrix protéica que contén as enzimas necesarias para levar a cabo as súas
diversas funcións metabólicas.

Ten un núcleo cristalino.


CITOSOL
Célula: todas
Observación: microscopio óptico

Definición: medio acuoso rodeado pola membrana plasmática no que están inmersos todos os orgánulos celulares.
Ocupa o 50% da célula nas eucariotas animais e nas eucariostas vexetais ocupa menos do 10%.

Composición:

 Auga (en maior cantidade, sendo o disolvente). Glícidos (glicóxeno e glicosa).


 Proteínas (enzimas) e aminoácidos. Lípidos (ácidos graxos).
 Ácidos nucleicos (ARNt e ARNm). Sales disoltas (ións cloro, potasio e sodio).

Propiedades:

 pH 7 (neutro).
 Propiedade anfótera (polos aminoácidos).
 Fluidez (polo estado líquido do medio).
 Concentración determina viscosidade (canta máis concentración, máis viscoso).

Funcións:

- Medio no que se producen a mayoría das reaccións metabólicas (é a PRINCIPAL función), por exemplo:

 Glicólise (descomposición da glicosa/ necesario para obter enerxía).


 Biosíntese de glícidos, lípidos e proteínas.
 Descomposición do glicóxeno en glicosa.

- Transporte e distribución de vesículas, moléculas, e información por toda a célula.

-Regulación do pH dentro da célula.

-Función estructural (otorga volumen á célula).

Nota: O citosol é diferente en cada célula.

LISOSOMAS

Célula: eucariotas animais


Observación: microscopio electrónico de transmisión
Os lisosomas son orgánulos celulares indispensables para a dixestión celular.
Son vesículas dentro do citoplasma con enzimas dixestivos capaces de dixerir as moléculas máis complexas (como
lípidos, glícidos, ácidos nucleicos e carbohidratos) en moléculas máis simples. Son organismos heterótrofos.
Créanse no aparato de golgi.
Características:
 pH baixo (5)
 forma esférica
 Hai máis dun lisosoma por célula
Estrutura:
Formadas por unha membrana celular na que se atopan proteínas intermediarias que permiten o contacto con
exterior. No interior da célula atópanse os enzimas dixestivos (como a lipasa, a nucleasa, as hidrolasas ácidas… ) que
realizan a dixestión.
-Existen ata 50 tipos diferentes de enzimas hidrolíticas.

Funcións:
Dixerir a célula, tendo como finalidades:
- Reutilización: ao convertir as moléculas complexas en simples reutiliza o material
- Elimiñación de material obsoleto, proteínas deterioradas…
- Desfacerse de bacterias, axentes nocivos procesándoos e expulsándoos
CLOROPLASTO

Célula: eucariota vexetal

Observación: microscopía electrónica de transmisión, óptico (con


Lugol)

Algúns organismos como algas unicelulares poden presentar un único


cloroplasto, mentres que normalmente o número ascende a entre 20 e
100 cloroplastos por célula.

Composición: É un orgánulo de doble membrana porosa semipermeable. No interior atopamos un líquido acuoso, o
estroma; sacos aplanados apilados, os tilacoides (cada pila chámase gra) e no interior dos tilacoides uns
compartimentos chamados lumen.

A súa cor verde débese á clorofila que conteñen.

Conteñen o seu propio ADN e ribosomas para poder sintetizar certas proteínas necesarias para o seu
funcionamento.

Funcións:

Realizar o proceso fotosintético para obter enerxía, dividido en dúas partes:

(nutrición autótrofa)

-Reaccións luminosas: transforman a enerxía lumínica do sol captada mediante a clorofila en enerxía química (ATP)
ocorre nos tilacoides e a enerxía é almacenada no lumen.

-Ciclo de calvin: proceso polo cal o CO2 convértese en azúcares (triglicéridos) ocorre no estroma e tamen é chamado
parte oscura da fotosíntese.

PAREDE CELULAR

Células: eucariotas vexetais

Observación: microscopio óptico, electrónico de transmisión

É a capa máis externa das células vexetais. Rodea o protoplasto e é a encargada de darlle ao individuo as
características principais. Os seus compoñentes principiáis son a celulosa, as hemicelulosas, proteinas, lignina e
ceras.

Está forma por dous ou tres capas dependendo do ser vivo:

• Lámina media: Formada na súa mayoría por polisacáridos.

• Membrana primaria: Formada principalmente por microcelulosa entrelazada.

• Membrana secundaria: Só presente nalgúns seres vivos, polo que a súa


composición varía.

Funcións:

Darlle forma á célula, protexerla, aguantar as presións no crecemento e proporcianarlle as características principais e
textura

Importante función no transporte e secreción de sustancias, ademáis de evitar a entrada de auga no vacuolo.
VACÚOLOS
Célula: eucariota vexetal
Observación: microscopio óptico

-Posúe unha forma globular e pode ocupar a maior parte da célula.

-Está rodeado por unha especie de membrana chamada tonoplasto.

Funcións:

1.-Reter auga e outras substancias.


2.-Axuda a manter a forma da célula e apórtalle rixidez.
3.-Expulsa substancias de refugallo.

Composición:
 ÁCIDOS CARBOXÍLICOS
 GLÍCIDOS
 AMIONÁCIDOS/PROTEÍNAS
 PIGMENTOS FLAVONOIDES
 ALCALOIDES E TANINOS

Formación dos vacúolos:

• A partir da fusión das vesículas procedentes do aparato de Golgi.

• Estas vesículas saen do lado trans do seu respectivo orgánulo formando así os denominados provacúolos.

MEMBRANA NUCLEAR

Célula: eucariota
Observación: microscopio electrónico de transmisión.
Descripción: A envoltura nuclear é unha estrutura de dobre membrana perforada por numerosos poros, que
permiten o transporte moi selectivo de ARN e proteínas dentro e fóra do núcleo celular.

Funcións:
 Barreira entre o citoplasma e o interior do núcleo, onde se atopa o ADN.
 Regula as moléculas que se moven entre estes dous compartimentos e
 Regula a heterocromatina (ADN disperso).

Estrutura:
- 2 bicapas lipídicas, a membrana nuclear interna e a externa. Estas
membranas non son continuas, senón que presentan interrupcións
chamadas poros.
- Cisterna ou espazo perinuclear: espazo entre as dúas membranas de 30-50
nm de ancho.
-Lámina fibrosa: capa moderadamente electrodensa, dun espesor
aproximado de 12 a 30 nanómetros, constituída por filamentos de tipo
intermedio, que se dispón entre a membrana nuclear interna e a cromatina
nuclear. A lámina nuclear fibrosa está ausente nas zonas de poro nuclear.
-O ADN aparece en fibras illadas, varias hebras
MATERIAL XENÉTICO

Células: todas

Observación: microscopio electrónico de transmisión

Tipos:

 ADN: Ácido desoxirribonucleico. É a molécula encargada de transportar a información xenética dos seres
vivos.
 ARN: Ácido ribonucleico. É una molécula esencial para a transmisión e expresión de información xenética
nos seres vivos.

Funcións:

 Almacenamento da información: ADN codifica as instruccións xenéticas para a síntese de proteínas e a


regulación celular.
 Transmisión hereditaria: Material xenético hérdase dunha xeración a outra, asegurando a continuidad da
información

Estructura:

 Dobre hélice: A dobre hélice do ADN é a estrutura tridimensional característica da molécula de ácido
desoxirribonucleico. Consiste en dous cadeas de nucleótidos enroladas unha sobre a outra.
 Nucleótidos: son os compoñentes que forman a dobre hélice. Cada nucleótido está formado por un grupo
fosfato, una base nitroxenada e una pentosa. A secuencia de nucleótidos na cadea de ADN determina a
información xenética herdada.
 Cadeas complementarias: refirense á relación específica entre dúas hebras de ADN que forman a dobre
hélice.
A-T C-G

Características:

- A cadea de ADN está asociada a proteínas, o que permite que esta se condense ata a súa
máxima condensación dando lugar aos cromosomas.

Os cromosomas poden ter 1 ou 2 cromátidas (fibras complementarias)

- Na replicación, o ADN ten unha propiedade semiconservativa, xa que ao duplicar o material


xenético cada molécula filla resultante desta replicación contén unha cadea molde e outra de
nova síntese. Estas cadeas fillas son complementarias.

O proceso lévase a cabo grazas á enzima ADN polimerasa.

Foi descuberto por Rosalind Franklin.


NUCLEOPLASMA

Célula: eucariota.

Observación: microscopio electrónico de transmisión.

O nucleoplasma é o medio acuoso rodeado pola membrana nuclear no que se encontra inmerso o nucléolo e o
material xenético (ADN/ARN).

Composición:

 Auga (en maior cantidade, sendo o disolvente).


 Proteínas (enzimas como por exemplo as histonas).
 Ácidos nucleicos (ADN e ARN).
 Sales disoltas (ión fósforo o máis importante).

Propiedades: As mesmas cas do citosol.

Funcións:

Medio no que se producen as principais reaccións nucleicas (é a PRINCIPAL función), por exemplo:

 Síntese de ARN a partir de ADN.


 Replicación do ADN.

Transporte do ARN fóra do núcleo, cara o citoplasma.

Participa na división celular ao ser o causante da condensación do material xenético nas cromátidas que forman os
cromosomas.

Participa os dous primeiros procesos do dogma da bioloxía molecular (replicación e transcrición).

Parecidos e diferenzas entre nucleoplasma e citosol:

PARECIDOS DIFERENZAS
-Composición (case igual). -O nucleoplasma posúe o ión fósforo, cousa que o citosol non (no resto son iguais).
-Propiedades. -No citosol prodúcese as reaccións metabólicas, mentres que no nucleoplasma
-Funcións. prodúcense as nucleicas, que son diferentes.

You might also like