Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 7

Tema novo ABAU: as linguas da Península Ibérica

A Península Ibérica divídese en tres estados que presentan tres realidades distintas respecto
das linguas:

1. Andorra é monolingüe en catalán, mais presenta outras linguas como o castelán e


francés.
2. Portugal é bilingüe xa que o portugués é a lingua de todo o Estado e o mirandés é
oficial no territorio de Miranda do Douro.
3. España é plurilingüe xa que coexisten sete linguas.

Entre estas están o galego, asturleonés, castelán, eúscaro, aragonés, catalán e aranés. Todas
elas son linguas románicas que proceden do latín, agás o eúscaro que ten orixe descoñecida,
mais que xa se falaba na península antes da chegada dos romanos.

No artigo 3 da Constitución establécese que o castelán é a lingua oficial en todo o Estado e as


respectivas linguas de cada territorio son cooficinais, xunto co castelán, nestes lugares. Para
que sexan consideradas cooficiais, deben ser recoñecidas nos seus estatutos de autonomía.
Deste xeito, o aragonés e o asturleonés non teñen status legal de cooficialidade das súas
linguas propias. Porén, o galego en Galicia, o eúscaro en Euskadi e Navarra, o catalán en
Cataluña, Comunidade Valenciana e as Illas e o aranés no Val de Arán son cooficiais.

Co fin de promover e regular o seu coñecemento e o seu uso, compensando a situación de


inferioridade en que se atopan os gobernos autonómicos desenvolveron leis de normalización
lingüística como en Euskadi no 1982, Cataluña no 1983 ou as Illas Baleares no 1986. Ademais,
tamén salienta a Lei sobre o uso e ensino do valenciano (1983) ou a Lei foral do vascuence de
Navarra (1986). Todas elas teñen unha estrutura semellante, aínda que en Cataluña se
substituíu por unha máis recente no ano 1998.

Non obstante, estas linguas non teñen un único territorio e a súa fronteira varía, polo que o
galego de Asturias, León, Zamora e Estremadura non ten o grao de cooficialidade. Do mesmo
xeito sucede co asturleonés en Asturias, León e Zamora, o aragonés en Aragón ou o catalán en
Murcia e Aragón.

Catalán

É unha lingua falada por arredor de 4 millóns de falantes nos territorios de Andorra, o Rosellón
francés e Alguer (Italia). Polo tanto, é unha lingua falada en catro estados europeos. En Alguer
é cooficial co sardo e o italiano. Excepto en Cataluña, a lingua corre perigo nos outros lugares
debido á presión secular das linguas estatais de España, Francia e Italia.

Esta lingua posúe unha rica tradición literaria dende a Idade Media. En Cataluña
desenvolveuse un importante labor de recuperación en todas as funcións da vida social, posto
que o goberno realizou unha política lingüística moi activa e que se asociou ao prestixio social
e cultural derivado de ser a lingua da burguesía. No sistema educativo o catalán é a lingua
empregada e vehicular, pois todas as materias se imparten neste idioma agás lingua castelá.
Esta inmersión lingüística favorece a súa normalización e progreso. (páxina con gráficos:
https://llengua.gencat.cat/es/el-catala/coneixement-i-us/habilitats-per-territoris/ )
Eúscaro

É a lingua falada no País Vasco, Navarra e Iparralde (País Vasco francés) por arredor de 600.000
persoas. Nas últimas décadas, a política lingüística do goberno vasco conseguiu que se
incrementase o número de persoas que posúe competencia lingüística. Asemade aumentou a
produción literaria e o emprego do idioma en todos os ámbitos, usos e funcións. Porén, a gran
distancia lingüística entre o vasco e as outras linguas da península dificulta problemas na
adquisión da competencia, tanto activa coma pasiva.

O sistema educativo ten tres tipos de centros: monolingües en vasco, bilingües en vasco e
castelán e monolingües en castelán. O principal obxectivo da política lingüística do goberno é a
euscaldinización de toda a poboación, para que todos os falantes sexan capaces de entender e
falar a lingua propia. Deste xeito, moitas familias inscriben aos seus fillos xa nos colexios só
monolingües en vasco. (no pasado estivo a piques de desaparecer na etapa franquista)
Asturleonés

Só goza de recoñecemento oficial en Miranda do Douro (Portugal) desde o ano 1999, porén en
España só é obxecto de protección e promoción, segundo os diversos estatutos de autonomía.
O número de falantes oscila entre os 100.000 e 400.000 e, ademais, existe a posibilidade de
estudar asturianu na escola como materia optativa que ten unha porcentaxe moi alta de
alumnado (80% en primaria). No ano 1980 naceu a Academia de la Llingua Asturiana, que
elaborou as primeiras normativas e no 1998 saíu unha lei de protección cara o asturianu en
Asturias. Finalmente o goberno aprobou o Plan de Normalización Social do Asturiano.
Actualmente, existe un movemento que busca a oficialidade da lingua, no que hai varias
asociacións como a Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana. A situación é peor en Zamora e
León, pois non ten case recoñecemento.
https://maldita.es/malditodato/20181115/nadie-habla-bable-en-asturias-el-truco-de-pablo-
casado/ (gráficos)

Aragonés

Non é cooficial en Aragón, senón que goza de protección, polo que está en regresión. Esta
lingua só sobrevive como lingua familiar e coloquial, sobre todo na metade norte de Huesca,
nos vales pirenaicos. Hai arredor de 11.000 persoas e cada vez ten menos presenza no ensino,
onde é unha materia optativa para estudar de forma voluntaria. Por tanto, podemos dicir que
está en perigo de extinción. Na ensinanza o aragonés entrou no curso 1997-1998 e desde o
curso 2020-2021 hai unha mención en lingua aragonesa dentro dos estudos de maxisterio.

https://www.elmundo.es/espana/2024/01/28/65b6516fe85ecece758b45af.html

Aranés

É a lingua occitana que se fala no Val d’Arán (Lleida) e é cooficial en toda Cataluña, igual que o
castelán e o catalán. Esta é a lingua materna do 30% da poboación no Val de Arán, pois é a
segunda lingua máis utilizada no val despois do castelán que é a lingua do 38%. Segundo os
censos elaborados sobre este idioma, un 89% da poboación declara que entende o aranés.

No ensino está presente en todos os niveis obrigatorios como materia e lingua vehicular neste
territorio. Porén, carece de presenza nos medios de comunicación e nos últimos anos está
perdendo falantes. É o futuro da lingua occitana, pois en Francia esta non ten recoñecemento
legal.
Algúns gráficos

You might also like