Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Pendente Física e Química 1º BAC

Entrega n.º 11 (15/04/2024): Estudo dinámico de situacións cotiás

IMPORTANTE: Este conxunto de actividades ha de entregarse como data límite o


22/04/2024. A entrega farase, preferentemente, en papel.

1. Indica as interaccións, e debuxa o diagrama de forzas, de un obxecto en caída libre, un corpo


colgado do teito mediante un resorte e un corpo que sube deslizando por un plano inclinado
con rozamento. (0,75 PUNTOS)

2. Un carrusel consta dun aro horizontal de 3 m de radio


do que colgan cordas de 4 m de lonxitude. Se no extremo
dunha das cordas se senta un home de 80 kg, con que
velocidade angular xirará o carrusel para que a corda
forme un ángulo de 37º coa vertical?
(1 PUNTO)

3. Cal debe ser a masa do bloque 2 para que o sistema estea en repouso se non existe
rozamento? E se o rozamento estático é de 0,2? (1 PUNTO)

4. Arrástrase un caixón de 35 kg tirando del cunha corda que forma un ángulo de 30º coa
horizontal. O coeficiente de rozamento estático entre o chan e o caixón é de 0,3, e o dinámico
de 0,25. Que forza mínima haberá que aplicar para que o caixón deslice? De exercerse unha
forza o dobre da mínima, con que aceleración se moverá o caixón? (1 PUNTO)

5. Calcula a máxima velocidade con que un automóbil pode tomar unha curva peraltada de
17º de 250 m de radio:
a) Considerando desprezable o rozamento. (0,5 PUNTOS)
b) Se o coeficiente de rozamento vale 0,4. (0,5 PUNTOS)

Curso 2023/2024
Pendente Física e Química 1º BAC

6. Unha pequena bola de 250 g, colgada dun arame recto de masa desprezable e de 40 cm de
lonxitude, describe circunferencias nun plano horizontal. O arame forma un ángulo constante
de 30º coa vertical. Calcula:
a) A tensión do arame. (0,25 PUNTOS)
b) O radio da traxectoria descrita pola bola. (0,25 PUNTOS)
c) A velocidade coa que a describe. (0,25 PUNTOS)

7. Calcula a aceleración dos corpos da figura e a tensión da


corda se o coeficiente de rozamento vale 0,2. Que sucede se
aos 5 s de iniciado o movemento se corta a corda?
(1 PUNTO)

8. Nunha polea cólganse dúas masas de 4,20 kg e 6,50 kg. A


masa de 4,20 kg está unida ao chan mediante un resorte.
a) Calcula a forza do resorte sobre a masa de 4,20 kg.
(0,5 PUNTOS)
b) De cortarse a corda que une ambas masas, con que
aceleración comezará a moverse a masa de 4,20 kg, xusto nese
instante? (0,5 PUNTOS)

9. Unha masa de 1,0 kg que está sobre unha mesa sen


rozamento atópase unida a unha masa de 4,0 kg pendurada
mediante unha corda que pasa por un orificio practicado na
mesa. O corpo de masa 4,0 kg está en repouso, mentres que o
corpo de masa 1,0 kg describe un movemento circular
uniforme de radio 0,10 m. Calcula a velocidade do corpo de
masa 1,0 kg, así como a súa aceleración normal e tanxencial.
(1 PUNTO)

10. Nos seguintes sistemas, determina a


aceleración e a tensión da corda.
(1,5 PUNTOS)

Curso 2023/2024

You might also like