Tema 11. España e Galicia. Transición, Política e Democracia

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 40

TEMA 11

ESPAÑA E GALICIA.
TRANSICIÓN, POLÍTICA E DEMOCRACIA
INICIO DA TRANSICIÓN
O termo “transición” fai referencia ao proceso político de
cambio dende a ditadura á democracia, iniciado coa
proclamación de Juan Carlos I como monarca o 22 de
novembro de 1975.
O proceso iniciouse dous días despois do
falecemento de Francisco Franco, tras case 40 anos de
ditadura férrea, control da sociedade e limitación dos dereitos
dos cidadáns españois.
Este proceso culminou coa aprobación da Constitución de 1978
actualmente vixente e tras a última que foi aprobada durante a
Segunda República en 1931. De maneira pacífica e por medio
do consenso de todas as forzas políticas do momento, España
foi modelo de Transición Democrática para outros países.
Pero antes de chegar a este consenso existían dúas
posibles vías ou alternativas democráticas:

VÍA RUPTURISTA, representada polo PSOE e o
Partido Comunista que buscaban a disolución das
institucións franquistas, a amnistía para presos políticos
durante o franquismo, a legalización de todos os
partidos políticos e convocatoria de Cortes constituíntes.

VÍA REFORMISTA, representada polos sectores máis
aperturistas do franquismo como Manuel Fraga ou
Adolfo Suárez, que buscaban a reforma das insitucións
e leis franquistas.
O monarca elixe a opción reformista tras un breve goberno
de Arias Navarro que, en 1976 designa a Adolfo Suárez
como presidente do Goberno.
FELIPE SANTIAGO
GONZÁLEZ CARRILLO
PSOE PCE
JUAN ADOLFO
CARLOS I SUÁREZ
Adolfo Suárez, como presidente do novo goberno tras o
franquismo, promoveu a reforma que supuxo a
desmantelación das institucións franquistas.
Logrou o apoio da oposición grazas á legalización de
todos os sindicatos e partidos políticos, incluíndo o Partido
Comunista, e decretando a amnistía política.
Para isto, aprobáronse varias leis:
- Lei para a Reforma Política de 1976.

Soberanía popular

Parlamento bicameral (membros elixidos por sufraxio universal.

Reforma consitucional.

A Lei foi aprobada por referendo en 1976 por un 94% do


voto da poboación española que ansiaba as liberdades e
participar na vida política do seu país.
As primeiras eleccións democráticas tiveron lugar en xuño
de 1977. O resultado foi a vitoria da UCD, UNIÓN DE
CENTRO DEMOCRÁTICO, unha coalición de partidos que
presidía Adolfo Suárez.
Tras Suárez, estarían o PSOE com Felipe González, o
Partido Comunista de España (PCE) com Santiago Carrillo e
Alianza Popular (xerme do futuro Partido Popular) com
Manuel Fraga.
PRIMEIRO GOBERNO UCD 1977-1979
Suárez tiña un dobre reto no momento de chegar ao
poder: a crise económica iniciada en 1973 por causa do
petróleo a nivel mundial, e elaborar unha constitución
democrática.
En 1977 levouse a cabo un dos momentos clave da
democracia española: os coñecidos como PACTOS DA
MONCLOA, un acordo económico e social co consenso
dos principais partidos e sindicatos.
A nivel económico tomáronse medidas como a reforma
fiscal, ampliación do seguro de desemprego e maior
gasto social.
LEOPOLDO
CALVO-
SOTELO
SANTIAGO FELIPE ADOLFO MANUEL UCD
CARRILLO GONZÁLEZ SUÁREZ FRAGA
PCE PSOE UCD AP

FELIPE
GONZÁLEZ
PSOE
CONSTITUCIÓN DE 1978
Aprobada en referendo polo pobo
español o 6 de decembro de
1978, recolle os dereitos e
deberes dos cidadáns así como o
funcionamento do Estado e a
organización territorial do país.

Dereitos e liberdades,
garantidos polo Tribunal
Constitucional. Dereito á vida,
igualdade ante a lei, liberdade
relixiosa, expresión, asociación
e reunión, seguridade social,
traballo e vivenda digna.

Funcionamento do Estado, establece España
como Estado social (predominio de intereses
sociais sobre os individuais) e democrático de
dereito (os seus actos están regulados pola lei).
– Soberanía nacional reside no pobo que delega o seu
poder nos representantes políticos elixidos por
sufraxio universal.
– A forma é a monarquía parlamentaria onde o rei ten
poderes limitados.
– Poderes do Estado divididos en Lexislativo (Cortes:
Congreso e Senado); Executivo (Goberno); e xudicial
(Tribunais de xustiza independentes).

Organización territorial, modelo descentralizado com
tres unidades territoriais capaces de autogobernarse e
con competencias próprias:
– Municipios
– Provincias
– Comunidades autónomas
Importante é ter en conta os Fondos de
Compensación Interterritorial para as
comunidades máis desfavorecidas que permite un
equilibrio estre elas.
SEGUNDO GOBERNO UCD 1979-1982
Nas novas eleccións de 1979, co
triunfo da UCD, apróbanse os
Estatutos de Autonomía de
Cataluña, País Vasco, Galicia e
Andalucía, ademáis da Lei
Orgánica de Liberdade
Relixiosa de 1980.
O problema do terrorismo, a
oposición, crise económica,
conflitividade obreira e a extrema
dereita provocan altercados nas
rúas que rematan coa dimisión
de Adolfo Suárez en 1981.
Na sesión de investidura do
sucesor de Suárez, produciuse
un intento de golpe de
Estado, o 23 de febreiro de
1981, protagonizado polo
tenente coronel Tejero.
A intervención do rei, mandos
militares, forzas políticas e
cidadanía permitiu o fracaso
do golpe de Estado.
Durante o goberno de Calvo
Sotelo, aprobouse a
Lei de Divorcio e España
ingresa na OTAN.
Mundial de fútbol de 1982
ten como sede España.
GOBERNO DO PSOE (1982-1996)
Felipe González consegue a maioría absoluta nas eleccións de
1982 e nas consecutivas de 1986, 1989 e 1993, abordando
diversos cambios:

Política exterior. España queda incorporada a Europa en 1986,
celebra os Xogos Olímpicos em 1992 em Barcelona e, no
mesmo ano, a Expo en Sevilla, proxectando a imaxe do país no
mundo.

Política interior. Refórmase o exército para evitar o golpismo e
acordos com Francia em tema de terrorismo.

Economía. Contrución de autovías, AVE Madrid-Sevilla en 1992
e modernización industrial.

Sociedade. Despenalización do aborto, servizos públicos e
educación obrigatoria e gratuíta ata os 16 anos.
A crise económica, a folga xeral convocada por sindicatos
en 1988, a corrupción, escándalos como o GAL (grupo
armado que organizou un conflito contra ETA en
coñecemento de membros do Goberno) provocaron a
perda de poder socialista e unha crise interna que tivo
como consecuencia as eleccións de 1996 coa victoria
incuestionable de Jose María Aznar do Partido Popular.
GOBERNOS DO PP 1996-2004
Presididos por Jose María Aznar, levaron a cabo unha serie de
actuacións a nivel exterior e interior:

Política exterior. Integración de España na OTAN en 1997
achegándose a Estados Unidos, a quen apoiou na Guerra de Iraq
de 2003.

Política interior. Eliminouse o servizo militar obrigatorio,
incrementouse a loita contra o terrorismo e posicionouse en
contra da soberanía de Euskadi.

Economía. Grande expansión con medidas liberalizadoras
(privatización de empresas, control do comercio exterior e do
investimento). España entra no EURO que comeza a circular en
2002.

Sociedade. Caeu o paro e o gasto social. Aprobáronse medidas
para o control da inmigración ilegal.
O final do goberno Popular chega cunha sociedade em
contra do apoio á Guerra de Iraq, a mala xestión do
atentado terrorista islamista en Madrid do 11 de marzo d
e 2004
e do afundimento do Prestige nas costas galegas em
novembro de 2002.
GOBERNO SOCIALISTA 2004-2011
A chegada ao goberno do PSOE en 2004 ven da man de
Jose Luis Rodríguez Zapatero, cos seguintes cambios:

Política exterior. España decide a súa retirada de Iraq e
Kosovo ademáis de decidir intervir com misións de paz en
Afganistán e Libia (2011).

Política interior. Reforma de estatutos de Autonomía e
aprobouse a Lei de Memoria Histórica en 2007, que
permitiu e segue permitindo recompoñer o pasado dos
represaliados polo franquismo, e a fin de ETA tras máis de
40 anos de violencia.

Economía. A crise de 2008 co estoupido da burbulla
inmobiliaria supuxo a caída das inversións en contrución,
quebra de bancos e aumento do paro.

Sociedade. O matrimonio
homosexual foi un feito em
2005. Aprobáronse leis como
a Lei de Igualdade de
Xénero de 2007 pero a crise
de 2008 provocou malestar
social e o xurdimento do
movemento do 15-M nas
rúas.
O goberno socialista, cunha
pésima situación económica,
decide adiantar as eleccións,
nas que resulta gañador o
Partido Popular con
Mariano Rajoy.
SEGUNDA ETAPA GOBERNO PP
2011-2015
A maioría absoluta permite un goberno sen limitacións do
Partido Popular cunha serie de cambios:

Política exterior. A situación máis complexa ven do conflito
con Reino Unido pola soberanía marítima de Xibraltar e das
malas relacións con Venezuela.

Política interior. Juan Carlos I decide abdicar despois dun
episodio controvertido que converte a Felipe VI no novo
monarca da dinastía dos Borbóns en 2014. Xorden novos
partidos políticos como Ciudadanos, Podemos e Vox. As
aspiracións dos partidos independentistas de Cataluña
provocan relacións tensas co goberno.

Economía. O goberno adopta medidas para intentar
paliar a crise económica: redución do gasto público
conxelando salarios dos funcionarios, recortes em
educación e sanidade, suba do IRPF e IVE, e reforma
laboral para abaratar o despido. A partir de 2014, o paro
comeza a descender.

Sociedade. A crise económica e os recortes provocan
consecuencias: aumento do risco de pobreza e exclusión
social, desafiuzamentos, aumento de “ninis”, malestar
social com folgas e protestas na rúa.
Este descontento unido aos casos de corrupción dentro
do partido, provoca a perda da maioría absoluta en 2015
do Partido Popular. Aínda así segue gobernando en
minoría pero unha moción de censura presentada polo
PSOE em 2018, quita o goberno ao PP.
PRIMEIRO GOBERNO DE COALICIÓN
Pedro Sánchez, tras a moción de censura, intenta gobernar en
solitario pero a falta de apoios para aprobar os presupostos xerais,
obriga á convocatoria de eleccións en 2019.
Nestas eleccións o PSOE consegue unha maioría simple sen
conseguir apoios para investir presidente a Pedro Sánchez, polo
que se celebran novas eleccións esse mesmo ano. O Goberno
definitivo conformarase por medio da coalición de esquerdas
entrando Unidas Podemos como socio de investidura.

Política exterior con dous asuntos clave:
– a crise de Marrocos pola entrada en chan español do líder do Fronte
Polisario (que defende os dereitos de autodeterminación do pobo
saharaui). España recoñece a autonomía saharaui baixo soberanía
marroquí.
– O apoio militar a Ucraína tras ser invadida por Rusia.

Política interior. Os escándalos financeiros de Juan Carlos I
provoca a súa marcha de chan español a Emiratos Árabes,
crises políticas de Ciudadanos, disputas internas no PP e as
tensións dentro do goberno de coalición.

Economía. Crise económica derivada da pandemia da
COVID-19 en marzo de 2020, a suba dos prezos da enerxía
debido a guerra en Ucraína (e que se resolveu por medio da
chamada “excepción ibérica”), e o alto déficit público
agravado pola pandemia.

Sociedade. A tensión no ámbito sanitario, o confinamento da
poboación, restrición das actividades económicas, obrigou a
tomar medidas para frear o desemprego (ERTE) e evitar así
despidos masivos. Outros cambios foron a reforma laboral
para priorizar os contratos fixos, a nova Lei de Educación
(LOMLOE) e as medidas para a igualdade de xénero.

PARO REPARTO DE
TAREFAS NO
DISCRIMINACIÓN FOGAR
SOCIAL

SALARIOS
BAIXOS
POBREZA E
EXCLUSIÓN
SOCIAL

ACCESO DA
RACISMO MULLER A
HOMOFOBIA ALTOS CARGOS
MISOXINIA
GALICIA: TRANSICIÓN E AUTONOMÍA

1977-1981. Galicia foi recoñecida como nacionalidade
histórica xunto com Cataluña e País Vasco. Nace a Xunta
de Galicia como órgano administrativo de Galicia.

1982 - 1987. Gerardo Fernández Albor. AP

1987 – 1990. Fernando González Laxe. PSOE

1990 – 2005. Manuel Fraga Iribarne. PP

2005 – 2009. Emilio Pérez Touriño. PSOE e BNG

2009 – 2020. Alberto Núñez Feijoo. PP

2020 – actualidade. Alfonso Rueda. PP

You might also like