Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

TEMA 1 - O SABER FILOSÓFICO

Introducción á Filosofía
Probablemente preguntáraste para qué sirve a Filosofía. Ata
agora as materias que estudiaches parecían "o normal", "o útil".... e de
pronto métenche unha materia que parece extraña, pouco útil e de
contido aparentemente impreciso.
Pois ben, iso é normal. A min pasoume o mesmo o primeiro ano
que estudiei esta materia cando estaba no instituto. Non debemos
anticiparnos, e darlle unha oportunidade, porque como vedes, eu,
que nalgún momento da prehistoria fun unha rapaza coma vos, que
tampoco entendía porqué estudar filosofía, dous anos máis tarde
decidín que era a miña maior pasión.
A miña profesora falábame de movidas raras como "esencias",
"substancias", "dudas filosfóficas" e eu non entendía para qué. Agora
son eu a profesora.
Con isto tan so quero introducir en vos a duda. ¿E se... é
realmente interesante? ¿e sé... o final serve de algo? Se finalizado o
curso al menos temos instaurado en nos a "duda" a material haberá
valido a pena.
O obxectivo de esta materia (al menos para min) é axudarvos a
romper as ríxidas estructuras mentais forxadas durante anos que de
algunha maneira os fan pensar "como pensa todo o mundo" solo
porque "o pensa todo o mundo". Non ten nada de malo pensar como
pensan os demáis. Pero al menos debemos cuestionar esas ideas
antes de acéptalas sen mais.
Iso é pensar por un mesmo. Pensar por un mesmo NON é facer
as cousas sempre diferente ao resto. Pensar por un mesmo NON é
estar en contra de todo e todos. Pensar por un mesmo SI é plantearse
si as ideas, os valores e costumbres para decidir si nos parecen
adecuadas o no. E algunhas veces pareceranos adecuadas e outras
non. Si algunha de estas cuestions no nos parece adecuadas
buscaremos a forma de expresarlo máis adecuada, por exemplo co
diálogo, o voto se xa temos idade de votar, a expresión
estética...etc.
O Mito e o Logos
No principio dos tempos o ser humán, que sempre buscou dar
unha explicación do mundo, respondía á pregunta do orixe das
cousas con explicacións míticas.
Se poudésemos viaxar no tempo e preguntarlles a eses homes
primitivos porqué suceden as cousas, porqué chove, porqué fai sol...
contestarían probalemente que debido a maxia. Todo era maxia.
Nun segundo momento, máis evolucionado, dirían que era
cousa dos dioses. Os acontecementos físicos eran obra dos dioses, e
incluso cando tiñan certos coñecementos científicos que lles
axudaban a facer certos cálculos eles non se senitan donos de ese
coñecemento. Calquera coñecemento científico que puideran ter
era un regalo dos deuses, unha ferramenta que os deuses lle deron
para axudarlles a medir e calcular certas cousas. Un exemplo claro
de esto son os coñecementos científicos dos antiguos exipcios.
Mexturaban ciencia e maxia. Eles non se sabían a si mesmos donos
de esa ciencia.
Entón, temos que nun primeiro momento daban unha
explicación mítica da realidade. As cousas ben sucedían por maxia
ou ben por desexo dos deuses, sendo ambas explicacións míticas de
realidade.
Pero houbo un momento en que esto cambiou. No siglo VI a.C,
en Mileto (Grecia) unha serie de personaxes comezaron a facerse
esta pregunta polo porqué de xeito máis radical. Non lles chegaba
con aceptar explicacións míticas, nin dogmatismos impostos
(=verdades incuestionadas). Querían descubrir de verdade a orixe
das cousas.
La palabra que usaban era Arché. (tamén chamada arqué,
arkhé o arjé; do griego ἀρχή, "fonte", "principio" ou "orixe").
Este térmo significaba "comenzo do universo" "principio", "razón
primordial", "razón originaria".
Os primeiros filósofos que se plantexaron isto son os chamados
presocráticos, sendo o primeiro Tales de Mileto (coñecido tamén por
os seus avances matemáticos). Tras os presocráticos temos a
Socrates, Platón e Aristóteles como principales filósofos gregos.
O importante disto non será a resposta concreta que den estes
autores sobre qué consideran o arché (uns din que a auga é a orixe
de todo, outros o aire....). O importante é o cambio na forma de
explicar o mundo, o universo. Antes, o mundo explicábase con mitos,
no fondo o mundo era inevitablemente "misterioso". Agora co
nacemento da filosofía, do pensamenteo racional o mundo xa non é
algo inaccesible, senón que podemos facer preguntas e
comprendelo en sí mesmo. O nacemento da filosofía é o nacemento
do pensamento racional. É tamén o nacemento da actitude que
dará lugar as Ciencias. Porque se nunca nos plantexáramos o porqué,
a Ciencia non habería existido. A Ciencia existe gracias a que temos
actitude filosófica, actitude de dúbida, gracias a que cuestionamos
os dogmas (=verdades incuestionadas). Se non, a día de hoxe
seguríamos dando respostas míticas.
Observación: Un científico pode ser crente. Unha cousa é a fe
persoal e outra moi distinta é dar unha explicación da realidade
basada en mitos. É dicir, un científico crente dará unha explicación
do mundo científica, aínda que as súas crenzas sexan relixiosas.

A Caverna de Platón
Platón ademáis de ser un gran pensador era un magnifico
escritor, e usaba moitas veces metáforas para expresar ideas que
quería que entendésemos. Estas metáforas son igualmente válidas
hoxe en día para ilustrar conceptos importantes.
A caverna de Platón é sin dúbida un clásico para representar
cómo o coñecemento nun primeiro momento pode resultar
incómodo pero despois é liberador.
Imaxinade, por un momento unos prisioneiros que levan toda a
vida atados de pes e mans, sen apenas poder moverse, mirando
cara unha parede, ao fondo dunha caverna.
No fondo da caverna proxéctanse unhas sombras. Son as
sombras que dos obxectos que portan uns homes que pasan xusto
por detrás da parede onde están os prisioneiros. E as sombras
proxéctanse grazas a un lume que hai xusto ao lado.
Evidentemente isto é metafórico. Ninguen podería vivir así sen
máis.
Pero imaxinemos por un momento que si pudiera ser así.
Estes prisioneiros levan toda a vida vendo o mesmo. Non
dubidamos que para eles a realidade é aquelo que levan toda a
vida vendo.
Para eles a realidade son esas sombras. E os únicos sonidos que
coñecen son os murmullos que fan eses homes, que retumban nas
paredes de forma distorsionada.

Para eles iso é todo o que hai. Unha realidade plana e


monocolor. Non existe a tridimensionalidade, non hay claridade, non
hai cores, e os sonidos escoitanse difuminados.
Imaxinade que por un momento un destes prisioneiros consigue
liberarse.
O primeiro que vería sería que as sombras que cría que eran a
realidade non son máis que sombras. De pronto descubre que toda a
súa realidade ata agora era unha ilusión. Facede un esforzo en
imaxinar canto podría impactarlle tan só isto.
Pero a súa natureza curiosa, agora que xa está liberado, invítalle
a seguir adiante. A ver máis. Como calquera filósofo. Unha vez
liberado quere saber máis e máis. Ve o lume, que en principio semella
ser a verdadeira luz. Pero maís alá ve unha saída, da que procede
máis luz.
E a medida que asciende á saida da caverna, a luz é máis forte
e moléstalle máis a vista. Cando sae, doélle a vista. Os seus ollos non
están acostumbrados. O principio ten que mirar para o suelo. Tamén
descubre o seu rostro nun rio. E pouco a pouco pode levantar a vista.
Ver o mundo con claridade. O mundo que é iluminado polo sol.
O sol, a diferencia do lume, é a verdadeira fonte de luz. É
aquelo que todo lo ilumina. O sol é como o coñecemento mesmo. O
coñecemento nos permite comprender as cousas, igual que a luz do
sol nos permite ver.
Cando pasa un tempo e os ollos do prisioneiro liberado
acostumbranse á luz, chegará un momento que querrá botar a vista
arriba e mirar, por un segundo, ó sol mesmo.
Pero solo un segundo, porque quema a vista. Igual que o
coñecemento, non podemos contemplalo na súa plenitude, pero
podemos achegarnos. Podemos ter tendencia a buscar ese
coñecemento, como os "filósofos" (os que buscan a sabiduría, xa que
"filo" significa tendencia hacia, amor a, e "sofos" significa sabiduría).
pero nunca seremos "sofos" (os que xa son sabios). Por iso a filosofía é
unha actitude, actitude de curiosidade, actitude de querer saber. De
mirar ao sol, pero solo un segundo.
Pero de pronto, ese prisioneiro sinte a necesidade de liberar aos
seus compañeiros. Así que corre veloz e che de enerxía a contarlles
tan boa noticia aos seus amigos.
Pero cando chega se encontra có rechazo. Os seus
compañeiros non lle cren.
Non importa cantas cousas lles conte, cantas probas lles de.
Non lle fan caso. Pensan que está loco.
Cómo lle van a crer? Levan toda a vida crendo que a realidade
son aquelas sombras. Cómo van a comprender qué é o volumen, as
cores... se levan toda vida vendo sombras planas?
É non so non lle cren senón que intentan matalo.
Así é o camiño do coñecemento. Un camiño liberador, pero
solitario. A xente prefire o que sempre coñeceu, iso dalles seguridade,
dalles confort. Es por iso que o camiño do coñecemento é un camiño
moitas veces solitario e incomprendido. Por iso os contemporáneos de
Sócrates non lle entendían. (Recorda que Platón admiraba a
Sócrates, e Sócrates era moi pesado cos seus veciños, sempre
facendo preguntas molestas sobre Xustiza, Beleza, Sabiduría.... e por
iso Sócrates caía mal a moita xente).
Para Platón, Sócrates era ese prisioneiro liberado, que volvía
para liberar aos outros pero preferían non facerlle caso e seguir coas
súas cadeas que lle daban seguridade. Platón sin embargo si o
escoitou e se liberou das cadeas dos dogmas e prexuizos para
convertirse en un home libre, dono das súas ideas.
É ti? Realmente eres libre e don@ das túas ideas? Pensa que os
prisioneiros non se sabían prisioneiros e crían que tamén eran donos
das súas ideas. Podes ser ti un pouco prisioneir@?

Obxectivos da Filosofía
Ao longo da Historia, a Filosofía propúxose principalmente dous
obxectivos:

1. Coñecer a realidade.

Segundo a antropoloxía filosófica, o ser humán é o único animal


sen instintos, ou se os ten, os ten moi devaluados. Eso quere dicir que
o ser humán é entre todos os animais o máis libre para decidir, para
pensar por si mesmo. Mentres a maioria dos animáis actúan por
instinto o ser humán decide. E se decide, pensa. Somos a única
especie que ten dúbidas existenciais. É por iso que o ser humán
síntese solo no universo, síntese perdido.
De esa conciencia de sentirse perdido xurde a necesidade de
coñecer. Como seres humáns que somos preguntámonos o porqué
das cousas, o porqué da realidade. Esa necesidade de comprender
porqué é a dúbida filosófica coa que arranca o coñecemento. É a
pregunta que fará posible o nacemento e desenvolvemento da
Ciencia.
Todo o noso coñecemento, toda a Ciencia nace coa pregunta
filosófica de ¿Porqué.....? xa que si alguén non se houbera
preguntado o porqué non saberíamos nada.
A tarefa do filósofo é a de observar, contemplar, comprender a
diversidade do mundo, indagar, buscar posibles respostas, das que
inevitablemente xurdirán novas preguntas.
2. A búsqueda da felicidade.

Posiblemente non vos esperábades que a filósofía tiña a


felicidade como obxectivo. Porque ata agora todas as materias
estudadas non tiñan este tipo de obxectivos. Pero a Filosofía si. Porque
no fondo, a Filosofía é aquelo que está antes das Ciencias, e se nos
paramos a pensar, o desenvolvemento das Ciencias só é útil en tanto
que nos axuda a vivir mellor. Máis avances en Medicina, en
Arquitectura, en Física... nada disto se faría se nos fora porque a
medio e longo prazo nos achega a unha vida mellor. O problema é
que as veces esquecemos os motivos. Por iso a Filosofía ten o deber
de manter as nosas mentes en estado de dúbida, de reflexión e non
olvidar porqué se fan as cousas.
Ademáis disto, e xa de manera máis individual, a Filosofía
axúdanos a atopar a felicidade de cada un de nos. Din que toda a
vida dun humán é un intento de voltar o útero materno, no sentido de
volver a sentirse cómodos, seguros, confortables.... Todo ser humán
ten como fin da súa vida a felicidade. Cada persoa busca a
felicidade de diferente forma, uns con unha vida sencilla, outros con
grandes retos, outros coa relixión, ou cos cartos. Pero o fin e o cabo
non son máis que medios, medios para alcanzar o verdadeiro fin: a
felicidade.
Pois a Filosofía tamén nos axuda de maneira individual a
alcanzala, pois coa reflexión podemos ordenar os nosos pensamentos
e tamen tomar consciencia de qué é verdadeiramente a felicidade.
Aparentemente a felicidade pode parecer sucumbir a praceres
inmediatos. Sen embargo, ese tipo de praceres a medio e longo
plazo traen infelicidade. Por exemplo: a pereza. A corto plazo parece
pracentero, pero co tempo as conscuencias son negativas. Sen
embargo, o esforzo nun obxectivo positivo (por exemplo estudar)
pode parecer que non é pracentero. Pero todos sabemos que o final
os beneficios son moito maiores.
Entón vemos tamén aquí cómo a Filosofía pode axudarnos
tamen a alcanzar a felicidade. Neste punto a filosofía contecta coa
psicoloxía.
Ramas da Filosofía
A Filosofía ten diferentes ramas temáticas ou categorías nas que
se soe dividir. Éstas son algunhas das principais ramas:

Metafísica: É aquelo que está "máis alá da fisíca". Pregúntase pola


realidade e a orixe das cousas.

Ontoloxía ou Thª do ser: É similar á Metafísica no sentido de que


estudia o que está maís alá da física, pero céntrase no estudio do ser
en tanto que é.

Gnoseloxía ou Thª do coñecemento: Estudia o coñecemento humano


e a súas posibilidades.

Teodicea: Estudia a Deus por medio da razón

Antropología Filosófica: Pregúntase polo que nos fai humanos

Filosofía da Natureza: Reflexiona sobre o mundo físico

Filosofía da Ciencia: Estudia qué é a ciencia, e a nosa relación coa


mesma

Lóxica: Estudia as formas adecuadas de razonamiento. En un primer


momento estudiaba a forma correcta de pensar.

Filosofía da Lenguaxe: Ten relación coa lóxica. Estudia a linguaxe.

Ética ou Moral: Estudia qué é o ben e cómo debemos actuar as


persoas.

Filosofía Política: Ocúpase da dimensión social do home e a súa


capacidade para organizarse.

Estética: Estudia a beleza, tanto na creación artísitica como na


natureza.
Períodos da Historia da Filosofía
Ao longo da Historia sucedéronse diversos períodos. A
continuación expondrei os catro grandes períodos da Historía da
Filosofía:

1. Historia da Filosofía Antiga


(s.VI a.C.- s.V d.C) O problema fundamental era o estudo da
Natureza, do Ser. Preguntábanse o poruqué das cousas. As figuras
principais serán os presocráticos, Sócrates, Platón e Aristóteles.

2. Historia da Filosofía Medieval


(s.V - s.XV) Estudaban fundamentalmente a Deus e todo o
relacionado co mesmo. Os filósofos medievais principales serán San
Agustín de Hipona, Averroes, Santo Tomé de Aquino e Guillermo de
Ockham.

3. Historia da Filosofía Moderna


(s.XV - s. XVIII) A reflexión principal era o home en relación coa
realidade. Nese momento se creía que o home podía lograr grandes
cousas, había un gran optimismo sobre o home e a ciencia.
Sobresaen as figuras de Maquiavelo, Descartes, Leibiniz, Spinoza,
Voltaire, Rosseau, Kant, Hobbers, Locke e Hume.

4. Historia da Filosofía Contemporánea


(s.XIX - ata agora) Houbo unha grande crisis no concepto do home xa
que os avances científicos trouxeron tamen grandes traxedias. A partir
de aquí xurdirán diferentes ramas moi diferenciadas. As principais son
a rama humanista e a rama analítica. Sobresaen autores como
Hegel, Marx, Nietzsche, Wittgenstein, Heidegger, Sarte, Ortega e
Gasset.

You might also like