1º Bac - Tema 3 Lóxica

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

1. Introducción ao razoamento lóxico.

Dende fai moito tempo se pensou que existía unha relación


entre a linguaxe e o pensamento. Porque acaso podemos
imaxinar pensar sen usar a linguaxe? Se nos paramos a observar o
noso pensamento, dámonos conta de que usamos a linguaxe. Por
exemplo, se estamos pensando o que imos a facer o fin de
semana, o noso pensamento ten forma de discurso, de monólogo
interior.
Xa na Grecia antiga, nai da nosa cultura
chamaron "logos" tanto á palabra, lingua, decir, como ó
pensamento, ó razoamento.
O que sucede é que a linguaxe humán utilízase de moitas
formas. Por exemplo, as veces a usamos para definir algo,
intentando ser o máis precisos posibles, e outras veces para facer
metáforas, que teñen dobres sentidos, etc.
Digamos que a linguaxe ten moitos recursos, pero as veces
pode ser ambigüa ou imprecisa. Eu podo dicir "os seus dentes son
coma perlas" pero non estoy usando a linguaxe de xeito formal,
senón metafórico. Tamén podemos dicir cousas coma "Xoan é o
meu pai e non é o meu pai", puidendo ter sentido (por exemplo no
caso de que Xoan sexa o proxenitor pero nunca o coidase, o
ignorase, co cal non o considera pai). Pero sabemos que nesta
última frase estaríamos xogando cos dobres sentidos da linguaxe.
E por iso que considerouse necesario diferenciar entre
linguaxe natural e razoamento. A linguaxe natural é a que usamos
normalmente para comunicarnos. O razoamento lóxico sen
embarago é moito mais preciso, e ten unhas reglas mais estrictas
que a linguaxe natural. Non se permiten ambigüedades nin dobres
sentidos.
A ciencia que ocupase de estudar qué razoamentos son
correctos, das leis do pensamento chamóuse lóxica.
As ciencias como a física e a química, a bioloxía... tratan de
explicar cómo é o mundo. Por iso necesitan contrastar as súas
teorías cos datos que temos da realidade. Necesitan entón a
experiencia. Pero hay outras ciencias que non tratan do mundo,
senón de cómo ordenamos os nosos coñecementos, de cómo
pensamos, de cómo e a estructura interna do razoamento.
Non tratan entón dun contenido (por exemplo a bioloxía
estuda a vida) senón dunha estructura, dunha forma. É por iso que
a éste último tipo de ciencias chámanse ciencias formais e son
ciencias como as matemáticas e a lóxica.
Os matemáticos non experimentan coa realidade, senón
que son puramente teóricos. Eles fan sus razoamentos e non
experimentan como sí necesitan facelo os químicos. Pois de igual
maneira fan os que se dedican a lóxica.
Como a lóxica non trata da experiencia, non lle importa se o
enunciado correspóndese coa realidade. Impórtalle soamente
que a conclusión se derive dos resultados. Esto pode parece un
pouco absurdo de primeiras, pero imaxinemos que somos unha
intelixencia artificial e soamente procesamos os datos dados, non
temos experiencia vital, non temos opinións, nin crenzas. Tan só
fumos programados para procesar datos.
Se o pensamos así é mais sinxelo entender como procede a
lóxica.

Podemos dicir:
"Eu son superman"
"Se eu son superman a lúa é de queixo"

E partindo de esas premisas concluir lóxicamente que "a lúa


é de queixo". Parece absurdo, si, pero o razoamento é lóxico. Se
fóramos unha intelixencia artificial non xulgaríamos sé é unha
tontería ou non. Tan só nos quedaríamos co que a estructura do
razoamento é lóxica.

2. Formalizar
Como xa dixemos, a lóxica é unha ciencia formal, trata da
estructura ou a forma do pensamento. Por iso ante un razoamento
formulado en linguaxe natural o rpimeiro que hay que facer ñe
convertilo a linguaxe formal. A este proceso chámase formalizar.
Cando formalizamos sustituimos ás proposicións simples por
letras minúsculas a parir da "p" (p,q,r....). Ista é unha convención,
pero está universalmente aceptada. Así, a proposición simple "a
profesora de filosofía é wonderwoman" convírtese en "p". A letra
que escollamos para simbolizar cada proposición carece de
importancia. Pero iso si, dentro de un mesmo razoamento non se
poden usar letras distintas para unha mesma proposición, nin letras
iguais para proposicións distintas.
Estas proposicións simples únense a outras proposicóns
mediante as conectivas lóxicas. Chámanse conectivas porque
conectan. Na seguinte tabla podemos ver as conectivas e as súas
reglas:

As conectivas non teñen todas a mesma forza ou potencia.


A concectiva con menos potencia é o negador. Siguénlle o
disyuntor e o conxuntor. E por último as máis fortes son as
condicionais (=implicador) e as bicondicionais (=coimplicador).
Cando nunha mesma proposición composta aparecen
varias conectivas da mesma potencia débese usar paréntesis
para reforzar unhas frente a outras. Os símbolos que van fora dos
paréntesis convértense en máis fortes porque afectan a todo o
paréntesis.
Por exemplo, a negación que é a conectiva con menos
forza pódese converter en máis forte se vai diante dun paréntesis:
¬ (A→B) Neste caso a negación afecta a todo o paréntesis.
Se non tivera paréntesis como o seguinte caso: ¬ A→B Aquí a
negación soamente afectaría a letra A.
3.Tablas de verdade

O obxectivo último da lóxica é saber si dadas unhas


proposicións, pódese derivar de ahí unha conclusión válida. Pero o
cálculo lóxico tamén nos serve para calcular a verdade ou
falsedade de unha proposición composta a sabendo a verdade
ou falsedade das proposicións simples que a compoñen.
A capacidade que teñen as proposicións de ser verdadeiras
ou falsas chámase valor de verdade. O valor de verdade de unha
proposición pode ser V ou F. Tamén poderíamos chamar 0 ao F e 1
ao V.
O valor de verdade de unha proposición composta
depende do valor de verdade das proposicións simples que a
compoñen e das conectivas que as unen. Cada conectiva ten os
seus propios valores, as suas propias reglas, que xa vimos no
esquema anterior.
Para facer unha tabla de verdade comezaremos por
calcular cantas combinacións de valores de verdade pode ter. Iso
se hay coa formula 2n, sendo "n" o número de proposicións simples.
Unha vez calculado isto sabremos cantas filas terá a nosa
tabla de verdade.
E para non liarnos á hora de combinar verdaderos e falsos o
faremos co segunte truco. Na primeira columna ponemos a
metade V e a metade F. Na segunda pondremos a metade da
anterior, e na seguinte a metade da metade.
Cando facemos unha tabla de verdade o primeiro que
debemos facer é dar valores de verdade a cada proposición
simple. E a continuación pasaremos a dar valores de verdade as
proposicions compostas con menor potencia, despois as que
teñan inmediatamente máis potencia, e así sucesivamente. Ata
que o final teremos os valores de verdade da proposición final.
Vexamos algúns exemplos:

Neste enlace pódese ver un vídeo explicativo:


https://www.youtube.com/watch?v=RY89xcvnevI
(Canal de Jorge Cogollo TABLAS DE VERDAD. Proposiciones
Compuestas - lógica matemática)
4. Tautoloxías, contradiccións e continxencias.
TAUTOLOXÍA:

Tautoloxía é un térmo que proven do grego e que fai referencia á


repetición dun mesmo pensamento a través de distintas expresions.
Una tautología, para la retórica, es una afirmación redundante.

Exemplos de tautoloxía na linguaxe natural:


- Subir arriba
- Vivir a vida
- Sorpresa inesperada

Con respecto a lóxica, unha tautoloxía é aquela proposición


que en todos os casos posibles da súa tabla de verdade o seu
valor sempre é V. Vexamos o exemplo:

CONTRADICCIÓN:

Chamámos contradicción a unha incompatibilidad entre


dous ou máis proposicións. Nunha contradicción afirmase e
négase algo ao mesmo tempo.
Exemplos na linguaxe natural:
-"Chove e non chove"
-"A amo e a odio o mesmo tempo"
-"Xoan é o meu pai e non é o meu pai"
En lóxica, enténdese por proposición contradictoria ou
contradicción aquela proposición que en todos os casos posibles
da súa tabla de verdade o seu valor sempre é F.
Vexamos o exemplo:

CONTINXENCIA

Unha continxencia é un suceso que pode suceder ou non. En


lóxica, enténdese por continxencia aquela proposición que pode
ser verdadera ou falsa. Vexamos o exemplo:
5. Os falsos argumentos
As falacias son razonamientos incorrectos que teñen a
aparienca dun argumento, pero está incorrectamente construido.
Unha falacia non é o mesmo que unha mentira ainda que as
veces a xente incorrectamente o usa no mesmo sentido.
Soemos clasificar as falacias en dous tipos, en formais e en
non estrictamente formais.

1. FALACIAS FORMAIS

Chámase formais porque son debidas a unha erro da


estructura da argumentación. Vexamos as máis frecuentes:

- Ignoracia do consecuente
Sabedes que cando temos a proposición A→B soamente
podemos concluir B no caso que teñamos A, pero non o
contrario.
Por exemplo: Se chove, a rúa móllase. Neste caso chover sería A y
mollarse a rúa sería B. No caso de que chova, a rúa se molla. Pero
¿É posible que a rúa se molle aínda que non chova? Si, por
exemplo, pode ser a festa da auga e os veciños tiran caldeiros
dende as ventás. Co cal pode darse B (a rúa se molla) sen que
teña que darse A (que chova).
A ignorancia do consecuente é cando non temos en conta esa
norma e concluimos que si sucede B (a rúa se molla) entón
necesaríamente temos A (chove).
A forma lóxica sería esta:
-1. A→B
-2. B
├ A Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia

- Negación do antecedente
Consiste en negar o consecuene cando temos negado o
antecedente.
Por exemplo, temos a mesma premisa: Se chove, a rúa móllase.E
ademáis temos outra premisa máis: Non chove. E como non chove
concluimos que a rúa non se molla. Sería unha conclusión non
válida, xa que igual que no caso anterior a rúa pódese mollar por
outras causas.
A forma lóxica sería:
-1. A→B
-2. ¬ A
├ ¬B Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia
2.FALACIAS NON FORMAIS
Vexamos algúns exemplos de falacias non formais.

- Falacias de ambigüedade
Son debidas a equivocidade dun termo. Por exemplo:
Os gatos son animais.
Os gatos son elevadores para coches.
Logo, os elevadores para coches son animais.

- Falacias ad hominem
Consiste en apelar as circunstancias persoais para descalificar os
argumentos do outro. Por exemplo: Argumentar que a filosofía de
Netzsche é erronea porque éste acabou tolo.

- Falacia tu quoque
(=ti tamén) Consiste en replicar unha argumentación na que
somos acusados de algo, acusando ao contrario do mesmo. Por
exemplo, un partido político acusa a outro de corrupción. É este
último deféndese acusándolles de facer o mesmo. Este tipo de
defensa incurre en unha falacia tu quoque.

-Falacias ad populum
Consiste en halagar ao oínte, ou apelar aos seus sentimentos co fin
de que admita unha proposta, pero sin aportar probas reais da
bondad da proposta. Este tipo de propostas é frecuente nas
campañas publicitarias e nos discursos electorais. Digamos, en
linguaxe coloquial, que "estanos camelando".

-Falacias ad verecundiam
Tamén chamado "argumento a autoridade". Consiste en defender
uha proposta basándose na gran autoridade de unha persoa con
gran reputación que sostivese esa tesis. Cando defendemos unha
idea debemos defendela con argumentos, non apelando a
autoridade sen mais. Ademáis xa estudamos como grandes xenios
equivocáronse , coma cando Galileo tivo que enfrentarse a teoría
cosmolóxica do gran filósofo Aristóteles.

- Falacia ad ignorantiam
Consiste en pretender que algo sexa falso so porque non se puido
demostrar que é verdadeiro. Por exemplo: Non se demostrou que
haxa vida fora da Terra. Luogo, non hai vda fora da terra.

- Falacia post hoc, ergo propter hoc


Consiste en establecer unha relación cuasal entre dous
fenómenos soamente porque un ven detrás de outro. Por
exemplo, se despois de romper un espello sufres un desengaño
amoroso, e atribues éste á ruptura do espello, simplemente porqeu
unha cousa sucedeu despois da outra.

- Falacia ex populo
Consiste en defender unha tesis apelando a que todo o mundo
está de acordo.

- Falacia naturalista
Consiste en decir que o que "é" é o que "debe ser". Por exemplo,
se as mulleres están encasilladas no papel de ama de casa,
dedúcese que así debe ser.

6. As paradoxas

Un tipo especial de contradicción é a paradoxa. Nas


paradoxas a contradicción nos mete nun bucle eterno, nun
laberinto lóxico que non ten solución e que vai en contra do
sentido común.
Unha das mais famosas é a paradoxa de Russel, chamada a
"Paradoxa do barbeiro" e que presenta así:

Fai moitos años, nun reino lonxano, había poucas persoas


que tiveran como oficio ser barbeiro. Para solucionar o problema,
o rei dictaminou que os barbeiros soamente podían afeitar ás
personas que non se podían afeitar a sí mismas.Un de esos
barberos, era o único na súa comarca e lle entrou a seguinte
dúbida: “Como barbeiro non podo afeitar ao barbeiro da miña
comarca, que son eu, porque entón podería afeitarme a mín
mesmo. Pero entón algún barbero debe afeitarme, pero como son
o único que hai, entón no me podo afeitar”.

Ou simplificando;

"O único barbeiro da cidade afeitará a todos aqueles homes que


no se afeiten a sí mesmos".
Pregunta: ¿quén afeitará ao barbeiro?Se non se afeita a sí
mesmo será unha das personas da cidade que no se afeitan a si
mesmas, co cal debería de afeitarse, sendo por tanto unha das
personas que se afeitan a sí mesmas, no debendo por tanto
afeitarse.

¿Qué pode facer o noso pobre barbeiro para facer


desaparecer as suas barbas? A verdade e que está nunha
situación realmente complicada. Tan complicada, que é unha
paradoxa e non ten solución.

Outras paradoxas:

"Esta oración é falsa"

"Supermán é o home que salva a todos os homes que non se


salvan a si mesmos"

You might also like