Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

TEMA 8.

AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA, EXIPTO E FENICIA

ÍNDICE

1. MESOPOTAMIA.

1.1. O crecente fértil.


1.2. As primeiras cidades.
1.3. Os pobos mesopotámicos.
1.4 Economía e sociedade mesopotámica.
1.5 Cultura, relixión e a escritura.
1.6. A arte mesopotámica.

2. O ANTIGO EXIPTO.

2.1. O val do Nilo.


2.2. A evolución do Imperio Exipcio.
2.2.1 O Imperio Antigo.
2.2.2. O Imperio Medio.
2.2.3. O Imperio Novo.
2.2.4. A época tardía.
2.2.5. A época Ptolemaica.
2.3. Economía e sociedade.
2.4. Cultura e relixión.
2.5. A arte exipcia.
2.5.1. A arquitectura.
2.5.2. A escultura.
2.5.3. A pintura.

3. OS POBOS DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL (OS FENICIOS).

3.1. Os fenicios.
3.2. Os hebreos.

1. MESOPOTAMIA.

Preguntácheste algunha vez onde xurdiron as primeiras cidades? Como apareceu a escritura?
Aproximarse á realidade política, económica, social, cultural e artística das primeiras
civilizacións (Mesopotamia, Exipto e Fenicia) permitiranos recoñecer o mundo anterior ao
nacemento da cultura clásica e entender o valor deste período como unha das etapas fundamentais
da historia da humanidade.
Os gregos chamaron Mesopotamia (“terra entre ríos”) á rexión de Oriente Medio bañada polos
ríos Tigris e Éufrates.
Mesopotamia, berce das primeiras civilizacións, situábase na rexión ocupada na actualidade por
Iraq e unha parte de Siria, Turquía e Irán.

1.1. O crecente fértil.

A franxa de terra que se estende desde a bacía do Nilo ata a bacía dos ríos Tigris e Éufrates recibe o
nome de Crecente Fértil. Considérase que esta rexión é o berce da agricultura e da civilización
mediterránea.
Aquelas terras eran moi fértiles, aínda que os seus habitantes debían facer fronte
a enchentes e inundacións provocadas polos ríos. Para evitar as cheas imprevistas de auga e, ao
mesmo tempo, ampliar o chan cultivable nunha paisaxe tan árida, desenvolvéronse as técnicas de
regadío e os sistemas de irrigación (canles, presas, etc.). A selección das mellores especies e
sementes comezou nesta época.
As innovacións técnicas e o perfeccionamento das ferramentas propiciaron un aumento da
produción agrícola e a obtención de excedentes. Isto favoreceu o desenvolvemento do comercio,
a especialización do traballo e a aparición das primeiras cidades.
1.2. As primeiras cidades.

As primeiras urbes xurdiron na zona de Sumer, ao sur de Mesopotamia, durante o IV milenio a.C.
Estas organizáronse como cidades estado (Ur, Uruk, Lagash, etc.) independentes unhas das outras.
As cidades estaban rodeadas por unha muralla. No seu interior levantábanse o templo (cigurat), o
palacio, os talleres e outros edificios. Ao redor do recinto amurallado situábanse os campos de
cultivo e as vivendas dos campesiños.

As distintas cidades estado enfrontáronse polo control das terras e da auga. Algunhas delas lograron
impoñerse aos seus rivais e formaron distintos reinos e imperios.

1.3. Os pobos mesopotámicos.

A rexión de Mesopotamia foi berce de distintas civilizacións. Desde o IV milenio a.C. sucedéronse
pobos como os sumerios, os acadios, os babilonios, os asirios ou os persas aqueménidas.

Os sumerios, establecidos no sur de Mesopotamia, constituíron a primeira gran civilización


mesopotámica. Coñecían a escritura e construíron as primeiras cidades (Ur, Uruk, Lagash, Umma e
Nippur).

O rei Hammurabi de Babilonia creou un grande Imperio e fixo da súa capital un importante centro
político, económico e cultural entre os séculos XVIII e XVI a.C. Durante o seu reinado
recompilouse un dos conxuntos de leis máis antigos da historia: o código de Hammurabi.
Os asirios dominaron Mesopotamia, Armenia e o norte de Siria a finais do II milenio a.C. Tras o
esplendor do reinado de Assurbanipal, unha coalición de pobos caldeos e persas acabou co seu
Imperio a finais do século VII a.C.
Baixo o reinado do rei Assurbanipal, Asiria coñeceu o seu período de maior esplendor grazas ao
auxe da cultura e ao seu potencial militar. Estendeu o seu Imperio ata Exipto e o Reino de Elam.

O Imperio Persa conquistou Babilonia no ano 539 a.C. A partir de entón, as terras de Mesopotamia
pasaron a ser unha provincia máis do seu Imperio.

1.4 Economía e sociedade mesopotámica.

O desenvolvemento das técnicas de regadío e os sistemas de irrigación fixo posible a obtención


de excedentes na agricultura, o que favoreceu o comercio e a especialización do traballo. Isto, á
súa vez, permitiu que algunhas persoas se dedicasen a outras actividades como a artesanía e
a comercialización de produtos.
A sociedade mesopotámica era moi heteroxénea. Existían dous grandes grupos: os homes libres e
os escravos. Os primeiros eran aqueles que non tiñan ningunha débeda e se organizaban en función
da súa riqueza, familia e oficio. Existía, ademais, unha distinción entre privilexiados e non
privilexiados.
Os grupos privilexiados eran os seguintes:
•Na cúspide da pirámide social encontrábase o rei, cuxo poder era ilimitado e absoluto.
Dirixía os exércitos e a administración do Estado, e, ademais, era o máximo lexislador e xuíz
supremo. Considerábase que o seu poder procedía da divindade.

•Os sacerdotes controlaban a produción, a organización da distribución, o comercio exterior


e o cumprimento das leis.

•Os funcionarios asistían a clase gobernante nas tarefas de administración e goberno.

Doutra banda, entre os grupos non privilexiados contábanse:


•Os agricultores e pastores, que conformaban a maioría da poboación. Estaban obrigados a
entregar unha parte do que producían como tributo.

•Os artesáns e comerciantes, que debían pagar impostos. Estes grupos servían para manter
os grupos privilexiados.

Fronte aos homes libres atopábanse os escravos. A maioría eran prisioneiros de guerra, pero tamén
había casos de persoas escravizadas por non poder pagar as débedas.

1.5 Cultura, relixión e a escritura.

O crecemento das cidades estado mesopotámicas foi acompañado dun importante desenvolvemento
cultural que se concretou na invención da escritura e nunha florecente arte que encontrou nos
templos e palacios a súa máxima expresión.

Unha das principais achegas do mundo mesopotámico foi a invención da escritura como ferramenta
utilizada polos funcionarios e os sacerdotes para levar a administración e a contabilidade. A
sociedade íase facendo cada vez máis complexa e a agricultura empezaba a xerar excedentes
(produto sobrante). Todo isto facía cada vez máis necesaria a escritura.

A orixe da escritura

Cara ao final do IV milenio a.C., desenvolveuse a escritura pictográfica, que se foi simplificando

co tempo. Ao redor do ano 3500 a.C., os pictogramas foron substituídos pola escritura cuneiforme.

Os sumerios crearon a escritura cuneiforme (cara ao 3500 a.C.). A súa técnica consistiu en escribir
signos, con forma de cuña, sobre taboíñas de arxila húmida, para logo cocelas nun forno.
Os pobos de Mesopotamia practicaban unha relixión politeísta, é dicir, crían en varios deuses. Cada
cidade adoraba os seus deuses, os cales estaban asociados ás forzas da natureza e aos oficios.
Críase, ademais, que controlaban todos os aspectos da vida humana.
O templo ou cigurat era o principal centro relixioso da cidade e dedicábase ao deus protector. Este
era controlado polos sacerdotes, que acumulaban riquezas e ofrecían sacrificios e ofrendas aos
deuses (Inanna/Ishtar, Anu, Enlil, Marduk, Assur, etc.).

1.6. A arte mesopotámica.

As cidades estado mesopotámicas viron florecer belas mostras de arte, sobre todo a nivel
arquitectónico e escultórico.

Os principais edificios do mundo mesopotámico foron o cigurat, unha pirámide graduada en cuxa
cúspide estaba situado o santuario, e o palacio.

Os cigurats, templos característicos do mundo mesopotámico, tiñan unha estrutura piramidal cun
pequeno templo para a realización de ritos relixiosos. Asociábanse ás principais divindades das
cidades mesopotámicas.

O principal elemento de construción era o ladrillo, xa fose de barro cocido ou de adobe. Este é un
material pouco resistente, polo que os edificios se recubrían con pezas de cerámica
vidrada e relevos escultóricos.
As grandes achegas mesopotámicas á arquitectura foron o arco e a bóveda, que permitiron alzar
grandes edificios.
Na escultura sobresaen as figuras de deuses, reis e personaxes orantes. Estas mostran unha imaxe
idealizada e destacan pola súa frontalidade, hieratismo e aspecto idealizado.
Os muros e portas de templos e palacios decorábanse con relevos e estelas. Nelas representábanse
vitorias militares ou cacerías.

2. O ANTIGO EXIPTO.

A partir do 3000 a.C., a civilización exipcia desenvolveuse ao redor do río Nilo, na zona desértica
do nordeste de África.

As pirámides de Gizeh (cara ao 2500 a.C.) foron as tumbas dos faraóns da IV dinastía. Son un dos
elementos máis representativos do antigo Exipto e unha das construcións arquitectónicas máis
importantes da historia.

2.1. O val do Nilo.

O Nilo era a fonte de vida no antigo Exipto. As súas terras, como as de Mesopotamia, eran fértiles
grazas ás enchentes anuais do río, que achegaban grandes cantidades de limo negro,
un sedimento que contribuía a fertilizar a terra. Os exipcios construíron, ademais, infraestruturas de
canalización e drenaxe que permitisen ampliar as terras dedicadas ao cultivo.

A necesidade de prever con exactitude as enchentes do Nilo impulsou o estudo da astronomía e


do cálculo matemático, e levou á implantación en Exipto dun calendario de 12 meses e 365 días.

2.2. A evolución do Imperio Exipcio.


No antigo Exipto distinguíanse dúas grandes rexións: o Baixo Exipto, situado ao norte, e o Alto
Exipto, situado ao sur. Sobre o ano 3000 a.C., o faraón Narmer coroouse cos atributos dos dous
reinos.

2.2.1 O Imperio Antigo.

Durante este período produciuse unha grande expansión cara ao sur e construíronse as tres
grandes pirámides de Gizeh (Kheops, Khefrén e Micerinos). Foi unha etapa de gran crecemento.

2.2.2. O Imperio Medio.

Nesta etapa proseguiu a expansión cara ao sur e establecéronse relacións comerciais con Oriente
Medio. Con todo, as continuas guerras e conflitos provocaron unha profunda crise que aproveitaron
os hicsos, procedentes de Asia, para invadir o territorio exipcio.

2.2.3. O Imperio Novo.

Tras a expulsión dos hicsos (1567 a.C.), inaugurouse unha nova etapa. Nesta produciuse a
reunificación de todo o territorio e as fronteiras exipcias chegaron ata Nubia, Libia e Oriente
Medio [ver].
No século XIII a.C., Ramsés II logrou frear os hititas e os pobos do mar. Con iso, Exipto
converteuse no país máis próspero do Mediterráneo oriental.
As continuas guerras nas que se viu envolvido o país provocaron unha profunda crise que
aproveitaron os asirios para ocupar o país do Nilo no século VIII a.C.

Os hititas

Os hititas establecéronse en Anatolia a principios do II milenio a.C. Este pobo enfrontouse en

diversas ocasións aos exipcios en episodios como a batalla de Qadesh (século XIII a.C.).

Os pobos do mar

Coñecíase como pobos do mar a unha serie de grupos de orixe descoñecida que invadiron Anatolia,

Siria, Palestina, Chipre e Exipto (séculos XIII e XII a.C.). Foron os responsables da caída

do Imperio Hitita, aínda que os exipcios lograron derrotalos entre finais do século XIII e comezos

do século XII a.C.


2.2.4. A época tardía.

Os asirios foron expulsados de Exipto a comezos do século VI a.C. Con todo, a mediados do século
IV a.C., os persas acabaron ocupando o territorio exipcio. Aqueles, á súa vez, foron derrotados polo
rei macedonio Alexandro Magno, quen anexionou Exipto ao seu Imperio no ano 332 a.C.

2.2.5. A época Ptolemaica.

Tras o breve reinado de Alexandre Magno, Ptolomeo, un dos seus xenerais, fundou a nova dinastía
que perdurou ata a conquista romana no ano 31 a.C.

2.3. Economía e sociedade.

A civilización exipcia xurdiu e desenvolveuse xunto ao Nilo, fonte da súa riqueza e principal eixe
de comunicacións do Imperio.

A elevada produtividade da agricultura (cereais, verduras e liño) permitiu dedicar parte


do excedente obtido ao comercio. As naves exipcias comerciaron coas terras de Nubia e Sudán, ao
sur, así como con Oriente Medio e o Mediterráneo oriental.

O Nilo era fonte de vida no antigo Exipto. Ao longo das súas beiras os exipcios cultivaron
hortalizas e cereais, así como vides que utilizaban para elaborar viño. Este era consumido polos
membros da aristocracia e da realeza. Na tumba de Nackt (dinastía XVIII), en Tebas, represéntase
un dos labores relacionados coa elaboración deste produto: a vendima.
Lembra

O excedente é a parte da produción que o produtor non destina ao propio consumo, polo que se

pode utilizar para ser almacenada ou vendida.

Na sociedade do antigo Exipto existían importantes diferenzas entre os distintos grupos. Na cúspide
da pirámide social encontrábase o faraón. Tiña un poder absoluto, era dono de todas as terras, xefe
militar e un deus para os seus súbditos.
Os altos funcionarios (gobernadores e xefes militares) asistían o faraón no goberno do Imperio e
posuían grandes riquezas e territorios.
Pola súa banda, os sacerdotes formaban unha auténtica caste. Dirixían os ritos, practicaban a
ciencia (observacións astronómicas, cálculos matemáticos, etc.), dominaban a escritura xeroglífica e
xestionaban as terras do templo.
Así mesmo, os funcionarios administraban o territorio de Exipto en nome do faraón, mentres que
os escribas levaban o control da produción, o comercio e os impostos grazas aos seus
coñecementos de cálculo e escritura.
Entre os grupos non privilexiados contábanse os campesiños. Eran persoas libres, aínda que
estaban obrigados a entregar unha parte da colleita como tributo. Tamén debían traballar na
construción de grandes infraestruturas e obras públicas cando non estaban ocupados nos labores do
campo. Tamén eran numerosos os mercadores e artesáns.
Os escravos traballaban no servizo doméstico, nos campos ou nas minas e canteiras. Eran
prisioneiros de guerra.
A organización da sociedade exipcia reproducía unha estrutura piramidal. O faraón, situado na
cúspide, tiña a misión de trasladar a orde divina á natureza e velar polo benestar do seu pobo.

2.4. Cultura e relixión.

A relixión tiña unha gran importancia no antigo Exipto. Cada cidade e provincia dispoñía dos seus
propios deuses, aínda que tamén había algúns adorados en todo o Imperio,
como Ra, Amón, Osiris, Isis e Horus.

Anubis era o deus exipcio da morte. Este era o deus dos embalsamadores, pois realizou a
primeira momificación (pintura mural na tumba de Sennedjem, da dinastía XIX, en Dair al-Madina,
Exipto).

Os exipcios crían na vida despois da morte, aínda que para que esta fose posible era necesario que a
alma do defunto contase cun corpo incorrupto no que aloxarse. Isto explica por que os
exipcios momificaban os cadáveres antes de depositalos nas súas tumbas.

2.5. A arte exipcia.

A arte exipcia ten unhas características singulares que fan que sexa facilmente recoñecible. O seu
elemento máis característico é a pirámide, aínda que existen outras mostras de arquitectura, así
como pezas escultóricas, pinturas, ourivería, etc.

2.5.1. A arquitectura.

A arquitectura exipcia caracterizouse polo colosalismo: uso de grandes bloques de pedra, onde se
distinguían a arquitrabe e as liñas verticais, horizontais e diagonais. A columna era o elemento de
soporte máis importante.
As principais construcións exipcias foron os monumentos funerarios, caracterizados polo
seu monumentalismo. Os máis notorios foron:
•A mastaba: consistía nun tronco de pirámide que contiña unha capela para depositar
ofrendas, ao fondo da cal se abría unha habitación na que se atopaba a estatua do defunto. O
sarcófago situábase nun pozo escavado debaixo da estrutura.

•A pirámide graduada: resultado da superposición de mastabas. Converteuse no símbolo


do poder do faraón no máis aló.

•A pirámide: pirámide de base cadrada. Construídas con grandes bloques de pedra, no seu
interior había galerías e cámaras funerarias. Tamén contaban con trampas destinadas a
protexer o tesouro do faraón.

•O hipoxeo: tumba escavada na rocha cun interior tan labiríntico como o das pirámides.
Construíronse a partir do Imperio Novo.

Xunto a aqueles, tamén eran importantes os templos. No seu interior, un patio permitía o acceso
ás salas hipóstilas e, no lugar máis profundo, encontrábase o altar ao deus ao que se dedicaba o
templo.

As salas hipóstilas, como a do templo de Amón en Luxor (século XIV a.C.), representan un dos
maiores logros da arquitectura exipcia. Tratábase de recintos formados por un auténtico bosque de
columnas de pedra utilizado para soster a cuberta dos templos.

2.5.2. A escultura.

As esculturas, relixiosas ou funerarias, eran de diversos materiais (mármore ou pedra) e aparecían


en baixorrelevos ou exentas en tumbas e templos. O modelo clásico estaba baseado na simetría e
a frontalidade, con anatomía idealizada, rostros inexpresivos e estatismo.
Lembra

• As esculturas baixorrelevo: son aquelas imaxes ou inscricións que sobresaen dunha

superficie plana. Conséguense remarcando os bordos do debuxo e rebaixando o muro para

que as figuras destaquen do fondo.

• As esculturas exentas: son aquelas que permiten desprazarse ao seu arredor, é dicir, están

traballadas por todos os ángulos.

Esculturas que presiden a entrada ao templo de Abu Simbel, unha das construcións arquitectónicas
máis impresionantes do antigo Exipto, que se construíu por orde de Ramsés II co fin de enxalzar o
seu poder e aumentar o seu prestixio. O templo foi desprazado da súa localización orixinal en 1968
debido á construción da presa de Asuán.

2.5.3. A pintura.

As pinturas atopábanse nas cámaras funerarias. A figura humana representouse nova, con rostros
realistas e precisos. A silueta clásica combinaba a visión frontal dos ollos e o torso coa lateral de
cabeza e extremidades. O movemento era limitado e as cores, planas.
Na pintura dos templos funerarios o defunto era o protagonista das escenas representadas que
adoitaban facer referencia á súa vida cotiá.

3. OS POBOS DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL (OS FENICIOS).

Xunto aos grandes Imperios do Crecente Fértil, as terras do Mediterráneo oriental viviron outros
pobos como os fenicios e os hebreos, cuxa influencia foi decisiva na Idade Antiga.

3.1. Os fenicios.

Os fenicios asentáronse na costa de Próximo Oriente, no territorio ocupado polo actual Líbano e
parte de Siria e Israel, cara ao ano 3000 a.C.

Os fenicios eran un pobo de navegantes e comerciantes. Sucaron o Mediterráneo e mesmo se


atreveron a ir máis aló das Columnas de Hércules. Fundaron distintas colonias e factorías nas costas
mediterráneas e estableceron relacións con pobos como os iberos e os tartesos.

O chan de Fenicia era pouco adecuado para a agricultura, o que levou os seus habitantes a
desenvolver unha importante actividade marítima e comercial. Os mercadores fenicios
exportaban produtos agrícolas (aceite de oliva ou cereais) e manufacturas industriais, que
intercambiaban por pedras preciosas, metais e escravos cos pobos da bacía mediterránea.
Fenicia nunca foi un Estado unificado, senón unha rexión formada por distintas cidades
estado (Acre, Tiro, Sidón, Biblos, Ugarit, etc.) que compartían unha serie de trazos culturais,
lingüísticos e relixiosos. O seu goberno estaba en mans dun monarca cuxo poder estaba limitado
por un consello de anciáns e polos comerciantes.
As clases populares estaban formadas polos habitantes da cidade, agricultores e inmigrantes.
Tamén abundaban os escravos, os cales adoitaban traballar nos talleres artesáns.
A expansión comercial fenicia apoiábase sobre dous modelos:
•As colonias: asentamentos de colonos. Como, por exemplo, Cartago, na actual Tunisia,
ou Gadir (Cádiz).
•As factorías: modelo de asentamento que consistía en ocupar un punto costeiro que servía
para comerciar coa poboación do territorio.

A maior achega dos fenicios á cultura occidental foi a creación do alfabeto, que permitiu unha
forma de escritura máis cómoda e sinxela que a xeroglífica exipcia. O alfabeto fenicio constaba de
22 signos que representaban só ás consonantes. Os signos escribíanse de dereita a esquerda.

3.2. Os hebreos.

Os hebreos foron un pobo de pastores seminómades orixinarios do sur de Mesopotamia.


Abandonaron a súa terra (2000-1750 a.C.) para asentarse durante algún tempo en Exipto, primeiro,
e logo na rexión de Canaán, ao norte de Palestina.
O pobo hebreo viviu o seu período de maior esplendor durante o reinado de Salomón (970-31 a.C.).
Tras a súa morte, o territorio quedou divido no Reino de Xudá (ao sur) e o de Israel (ao norte).
Nos séculos seguintes, Palestina foi ocupada por babilonios, macedonios, persas e romanos.

Lembra. Unha das principais achegas do pobo hebreo no ámbito relixioso é o monoteísmo, a
crenza nun só deus, Yahvé, o creador. Esta característica é a base doutras relixións como
o cristianismo e o islam.

As primeiras civilizacións

CRONOLOXÍA MESOPOTAMIA EXIPTO FENICIOS


Desenvolvemento das primeiras
3500 a.C.
cidades estado (3500 a.C.).
Reino de Sumer (cara ao 3500-
3500 a.C.
2334 a.C.).
Civilización exipciaPrimeiros asentamentos
3000 a.C.
(3000 a.C.). fenicios (3000 a.C.).
Imperio Antigo
3000 a.C.
(2635-2154 a.C.).
2500 a.C. Reino de Acad (2334-2193 a.C.).
Imperio Babilonio (1894-1595 Imperio Medio Invasión exipcia (1800
2000 a.C.
a.C.). (2040-1785 a.C.). a.C.).
Imperio Novo
2000 a.C.
(1554-1080 a.C.).
Creación de estados vasalos
1500 a.C. Imperio Asirio (1365-611 a.C.).
(1450 a.C.).
Invasión dos pobos do mar
1500 a.C.
(século XII a.C.).
Invasión asiria (século VIII
1000 a.C.
a.C.).
Invasións neobabilónicas
1000 a.C. Imperio Persa (553-330 a.C.).
(finais do século VII a.C.).
500 a.C. Invasións persas (539 a.C.).
Época tardía (713- Alexandre Magno conquista
500 a.C.
332 a.C.). Asia Menor (333 a.C.).
Época ptolemaica
500 a.C.
(332-31 a.C.).

You might also like