Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx.

31062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

DECRETO 133/2024, do 6 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade


a prol do Concello de Forcarei de treitos do trazado actual e antigo das estradas
EP-7001 e EP-7203.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cam-


bios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías
urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Ad-
ministración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por
proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as
administracións afectadas.

Por outra banda, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titu-
laridade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da
zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria do día 30 de xaneiro


de 2024, acordou o cambio de titularidade a prol do Concello de Forcarei do treito inicial
e dun ramal da estrada EP-7203 Soutelo-Covas e de dous treitos antigos da EP-7001 A
Estrada-Forcarei.

O convenio asinado o 23.6.2022 entre Concello e Deputación para a execución do


CVE-DOG: n9oqvzk8-swz0-nbx0-i5a6-84vp4pddpuj0

proxecto denominado Mellora da mobilidade peonil na EP-7203, desde o p.q. 0+000 ata o
p.q. 0+380 en Soutelo de Montes, Forcarei, ten o carácter de solicitude de inicio do proce-
demento de transferencia ao Concello.

Os treitos antigos da estrada EP-7001, o treito inicial da estrada EP-7203 e o ramal de


acceso á Madanela da estrada EP-7203 cumpren co estipulado no número 11 do artigo
18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de
treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal
estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a
interrupción de ningún dos itinerarios de que forme parte sen que exista unha alternativa
viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando
menos equivalente».

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31063

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo com-


petente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se
definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e


Planificación de Infraestruturas logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na
súa reunión do día seis de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Forcarei dos seguintes treitos, do


trazado actual e antigo, das estradas EP-7001 e EP-7203:

Estrada Denominación da estrada p.q. i p.q. f Lonx. (km)


EP-7203 Soutelo-Covas 0+000 0+380 0,380

Denominación p.q. Lonx. (km)


Treito antigo da EP-7001 A Estrada-Forcarei 17+000 ME da EP-7001 0,125
Treito antigo da EP-7001 A Estrada-Forcarei 17+100 MD da EP-7001 0,229
Ramal da EP-7203 Soutelo-Covas, de acceso á Madanela 0+500 ME da EP-7203 0,500

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Ga-


CVE-DOG: n9oqvzk8-swz0-nbx0-i5a6-84vp4pddpuj0

licia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto
no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase coa sinatura da correspondente acta de entrega entre
Concello e Deputación no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Forcarei, a partir da formalización da entrega, todas


as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio
das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puidese corresponder como nova
Administración titular.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31064

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela


Presidente

María Martínez Allegue


Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
CVE-DOG: n9oqvzk8-swz0-nbx0-i5a6-84vp4pddpuj0

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like