Gal Ditedar 2 3 3 Leito Bacteriano

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 20

DITEDAR-2/3/3

DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS

SERIE EDAR

TÍTULO LEITO BACTERIANO


EDAR-2/3/3
Data de elaboración DECEMBRO 2013

Revisión vixente XULLO 2023


DIRECTRICES TÉCNICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 2 de 20
PARA OBRAS HIDRÁULICAS

LEITO BACTERIANO (EDAR-2/3/3)


Documento Decembro do 2013
inicial
Autores:

Augas de Galicia: Jean-Pierre Blanco Menéndez, Susana Fernández Fernández,


Judith Poncet y Esther Sánchez Briz.
GEAMA-UDC: Alfredo Jácome Burgos, Héctor del Río Cambeses y Joaquín
Suárez López.
Asistencias Técnicas: Ivan Seijo Maroño (IDOM).

Modificación 1 Decembro do 2021


Modificado por:

Augas de Galicia: Jean-Pierre Blanco Menéndez, Judith Poncet.

GEAMA-UDC: Francisco Álvarez Vizcaya, Igor Fernández Artázcoz, Alfredo


Jácome Burgos, Abraham Martínez Louro, José Pajarrón Puga, Miguel Peña
Recalde, Francisco Rivera Álvarez, Joaquín Suárez López.

Dirección de elaboración de documento base mediante convenio Augas de Galicia-UDC:


Augas de Galicia: Gonzalo Mosqueira Martínez, Judith Poncet.
Universidade da Coruña (GEAMA): Joaquín Suárez López, Alfredo Jácome Burgos.

Obxecto da modificación:

Actualización

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 3 de 20

ÍNDICE
1.- INTRODUCIÓN .............................................................................................................................................. 4
2.- DESCRICIÓN .................................................................................................................................................. 4
2.1.- Características do recheo .................................................................................................................... 5
2.2.- Características da aplicación da auga residual ...............................................................................6
2.3.- Características da aireación ............................................................................................................... 7
3.- DESEÑO DO LEITO BACTERIANO ...............................................................................................................8
3.1.- Criterio xerais ........................................................................................................................................8
3.2.- Parámetros básicos de deseño ...........................................................................................................8
3.3.- Criterios de dimensionamento ........................................................................................................... 9
3.3.1.- Leito bacteriano para oxidación orgánica sen nitrificación ................................................................ 9
3.3.2.- Leito bacteriano con nitrificación conxunta ........................................................................................... 9
3.3.3.- Leito bacteriano para nitrificación terciaria ........................................................................................... 9
3.4.- Rendemento ........................................................................................................................................ 10
3.4.1.- Modelo de oxidación orgánica .................................................................................................................. 10
3.4.2.- Cinética da nitrificación ............................................................................................................................. 10
3.5.- Deseño e criterio da intensidade da aplicación ............................................................................ 10
3.6.- Cálculo da aireación forzada .............................................................................................................11
3.7.- Produción de lodos ..............................................................................................................................11
4.- DECANTACIÓN SECUNDARIA ................................................................................................................... 12
4.1.- Variables de deseño ........................................................................................................................... 12
4.2.- Criterios de deseño ............................................................................................................................ 13
5.- EXEMPLOS DE DIMENSIONAMENTO ........................................................................................................ 14
6.- CONDICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES ................................................................................................ 18
6.1.- Reactor biolóxico ................................................................................................................................ 18
6.1.1.- Condicións técnicas para a recirculación do efluente......................................................................... 18
6.1.2.- Condicións técnicas da aplicación da auga residual ........................................................................... 18
6.1.3.- Condicións técnicas da aireación ............................................................................................................. 19
6.1.4.- Configuración do sistema de tratamento ............................................................................................. 19
6.2.- Decantador secundario ..................................................................................................................... 19
REFERENCIAS ................................................................................................................................................... 20
BIBLIOGRAFÍA ................................................................................................................................................. 20

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 4 de 20

1.- INTRODUCIÓN

Os reactores biolóxicos de tipo leito bacteriano forman parte dos denominados “procesos biopelícula”,
que se caracterizan porque o cultivo bacteriano crece e se desenvolve adherido á superficie dun
soporte formando unha biopelícula. A auga residual, pretratada e/ou decantada, pónse en contacto coa
biopelícula, e esta emprega coma substrato a materia orgánica soluble da auga residual (DBO5, DQO)
e/ou o nitróxeno amoniacal (proceso de nitrificación conxunta ou terciaria). Tamén, a materia orgánica
en suspensión e coloidal é adsorbida, hidrolizada e degradada pola biopelícula.

A maioría dos procesos biopelícula adoitan presentar as seguintes vantaxes:

 funcionamento estable
 sinxelos de explotar
 só se desprende do soporte o excedente de biomasa
 non requiren recirculación de lodos
 a demanda enerxética adoita ser inferior á dos procesos de biomasa en suspensión

Para un funcionamento eficiente e adecuado dos reactores biopelícula é de gran importancia a


eliminación previa dos sólidos en suspensión sedimentables. Como norma xeral, a liña de auga das
EDAR que incorporen un reactor biopelícula estará comprendida por: pretratamento, tratamento
primario, reactor biopelícula e decantación secundaria.

Os reactores de biopelícula desenvolven unha grande concentración bacteriana adherida ó soporte, o cal
produce unha elevada cinética de proceso. De xeito que, e a diferenza dos reactores de biomasa en
suspensión (lodos activos), se independizan da operación do decantador final, dado que non se require
dunha recirculación de lodos. Sen embargo, nos reactores biopelícula a concentración bacteriana non é un
parámetro de control rutineiro, porque a súa medición é significativamente complexa. Debido a isto, o
tempo de retención celular non forma parte dos parámetros de deseño e funcionamento dos reactores
biopelícula.

En réxime estacionario, a produción en excedente de biopelícula se elimina mediante un desprendemento


continuo de tipo erosivo controlado pola hidrodinámica do proceso que é función da carga hidráulica. O
lodo en excedente desprendido será retido e eliminado no decantador secundario.

Ó igual que os reactores de biomasa en suspensión, os biopelícula poden ter semellantes obxectivos de
depuración: oxidación orgánica, nitrificación e desnitrificación. Os microorganismos implicados son os
mesmos que nos sistemas de lodos activos e o seu metabolismo responde ós mesmos factores ambientais:
pH, temperatura, concentración do dador e do aceptor de electróns, e dispoñibilidade de nutrientes. En
canto á eliminación de fósforo, en xeral, se realiza por vía química.

A presente Instrución establece os criterios de dimensionamento do proceso de leitos bacterianos para os


seguintes casos: 1) eliminación de materia orgánica, 2) eliminación de materia orgánica con nitrificación
conxunta, e 3) nitrificación terciaria. Coma norma xeral, a tecnoloxía de leitos bacterianos se poderá
empregar con poboacións de ata 2.000 habitantes.

2.- DESCRICIÓN

Como norma xeral, requírese que a auga residual bruta se someta a pretratamento e tratamento
primario. As características e deseño dos pretratamentos, da decantación primaria e de fosas sépticas
e tanques Imhoff axustaranse ás Directrices DITEDAR-2/1/1; 2/1/2; 2/1/3; 2/2/1 y 2/2/2.

No seo dun leito bacteriano, a auga residual entra en contacto coa biopelícula e co aire, permitindo a
disolución do osíxeno do aire no líquido e a súa transferencia por difusión á biopelícula xunto cos
nutrientes presentes na auga residual. Ademais, o aire entra en contacto moi estreito coa biopelícula,
xa que o leito nunca debe funcionar inundado.

Por tratarse dun proceso biolóxico aerobio, é imprescindible un subministro de aire para o adecuado
funcionamento da biopelícula. En instalacións pequenas o subministro de aire, en xeral, pode realizarse
mediante tiro ou ventilación natural. Cando o tiro natural non é dabondo, pódese recorrer a un sistema
de ventilación forzada.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 5 de 20

A recirculación do efluente tratado é habitual coma ferramenta operacional para garantir a


humectación do leito, e para manter unha capacidade óptima de tratamento. Tamén, serve para
garantir que a concentración da DBO5 afluente ó leito sexa menor ou igual que 150 mg/L. Ademais,
evita a proliferación de moscas e malos olores, e permite dispor dunha adecuada “intensidade de
aplicación” (ver definición en apartado 3.4) da auga residual, tanto para o funcionamento normal do
proceso coma para o control do desprendemento do excedente de biopelícula.

Figura 1.- Esquema xeral dun sistema de leito bacteriano.

2.1.- Características do recheo

Como soporte de biopelícula, ou recheo do leito, actualmente empréganse materiais de plástico con
diferentes configuracións, ben como pezas soltas enchendo o reactor de forma aleatoria ou mediante
módulos colocados ordenadamente para formar o leito.

Figura 2.- Varios tipos de soporte plástico empregados como material de recheo de leitos
bacterianos.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 6 de 20

As principais variables do medio soporte a ter en conta son:

 Superficie específica: é a área do soporte dispoñible para o desenvolvemento de biopelícula


por unidade de volume de leito (m2/m3).
 Índice de ocos (porosidade): ou fracción baleira do leito con respecto ó seu volume total. Da
unha idea do espazo dispoñible para o crecemento da biopelícula e a circulación da auga e do
aire. Canto maior é a carga orgánica aplicada, maior ten que ser a porosidade intersticial dado
que a biopelícula que se producirá terá maior espesor.

Táboa 1.- Características do recheo para leitos bacterianos.

Medio Tamaño Densidade Superficie Índice de Aplicación:


plástico (cm) (kg/m3) específica ocos eliminación de
(m2/m3) (%)

PEZAS SOLTAS
DESORDEADAS Varía 32 - 64 85 – 110 > 95 C, CN, N
Varía 48 - 80 130 – 140 > 94 N

MÓDULOS
ORDENADOS 60x60x120 32 - 80 85 – 110 > 95 C, CN, N
60x60x120 64 - 96 130 – 140 > 94 N
C: Eliminación de DBO carbonosa, DBO (C).
N: Nitrificación terciaria: eliminación de DBO nitroxenada, DBO (N).
CN: Eliminación conxunta de DBO (C) y DBO (N).

2.2.- Características da aplicación da auga residual

A aplicación ou alimentación da auga residual debe facerse distribuíndoa o máis uniformemente


posible en toda a superficie do leito:

 En leitos de planta rectangular emprégase un sistema fixo, constituído por tubaxes e


aspersores.
 En leitos de planta circular o sistema é móbil, constituído por unha columna central xiratoria,
da que parten brazos radiais nos que van instaladas boquillas (incluso simples buratos) para a
distribución da auga residual. Neste caso, pódese empregar accionamento mecánico ou
hidráulico para producir o movemento rotatorio.

Figura 3.- Esda.: sistema fixo de aplicación de auga residual. Dta.: sistema móbil de distribución de
auga residual de brazos xiratorios.

O recheo do leito apóiase nun falso fondo que permite o paso da auga tratada. A soleira do depósito
faise cunha pendente do 2% cara os canais de evacuación. Estas canles poden ser diametrais interiores
ou periféricas. Neste último caso a parede do depósito ten ventás na súa base en toda a periferia para
permitir a saída da auga do mesmo xeito que a ventilación do leito. A auga tratada e os sólidos
condúcense cara un decantador secundario onde se separan os lodos.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 7 de 20

2.3.- Características da aireación

En xeral, utilízase o tiro ou ventilación natural para a aireación dos leitos bacterianos deseñados con
carga orgánica menor ou igual que 1 kg DQO/m3/d (aproximadamente ≤ 0,5 kg DBO5/m3/d). Para que o
tiro natural funcione adecuadamente necesítase unha diferenza de temperatura aire-auga residual
igual ou maior que 5 a 6 º C (WEF- ASCE, 1998; WEF, 2000, 2010; WRC, 2002). En particular, esta
diferenza de temperatura proporciona suficiente osixenación a leitos bacterianos deseñados cunha
carga orgánica menor ou igual que 0,5 kg DBO5/m3/d. A ventilación natural, pode dar lugar a dúas
situacións xenéricas:

 Fluxo de aire descendente: cando a temperatura da auga residual é máis baixa que a temperatura
do aire ambiente. Esta é unha condición típica do verán. O aire quente do ambiente é arrefriado
pola auga residual máis fría que percola polo leito. A humidade do aire tamén aumenta a medida
que o aire flúe a través do filtro. O efecto neto é un aire máis húmido e frío, o que resulta nun
aumento neto da densidade do aire e un fluxo descendente.

 Corrente ascendente: cando a temperatura das augas residuais é superior á temperatura do aire
ambiente. Esta é unha condición típica do inverno. O aire ambiente frío é quentado pola auga
residual que atravesa o leito. A medida que o aire flúe a través do filtro, a humidade tamén
aumenta, o que reduce aínda máis a densidade do aire. O fluxo ascendente terá unha densidade
neta reducida debido para o efecto combinado dun aire máis quente (menor densidade) e un aire
máis húmido (menor densidade). Por tanto, o fluxo de aire será de corrente ascendente.

En calquera caso, para posibilitar o tiro natural hai que facilitar a entrada/saída de aire a través de
xanelas ou aberturas na zona inferior do leito.

Figura 4.-Esquema dun leito bacteriano de planta circular con ventilación natural e recheo de
módulos plásticos.

Se nun determinado momento ou período, as temperaturas da auga e do aire iguálanse, a ventilación


natural deixaría de funcionar, diminuíndo temporalmente a eficiencia do proceso. Cando non sexa
admisible unha redución temporal da eficiencia, pódese recorrer a unha ventilación forzada, utilizando
ventiladores de baixa presión para inducir o fluxo de aire fresco. En todo caso, en leitos deseñados con
carga orgánica menor ou igual que 0,5 kg DBO5/m3/d, a ventilación forzada debe considerarse como
complementaria á ventilación natural (WRC, 2002). Cando os leitos cóbrense, pódese usar extractores
de aire para a ventilación forzada. Durante o inverno, a cobertura do leito limita o fluxo natural de aire
frío, minimizando o arrefriado da auga residual.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 8 de 20

3.- DESEÑO DO LEITO BACTERIANO

3.1.- Criterio xerais

Os caudais de interese para o deseño serán o caudal diario total, QDm,total, e o caudal horario punta,
QHp,total.Para o cálculo destes caudais deberase aplicar a DITEDAR-1/1/1.

Como norma xeral, un efluente primario será a auga de entrada ao reactor biolóxico. A carga orgánica
contaminante afluente ao reactor será o resultado do produto do QDm,total pola concentración de DBO5
no efluente primario, aplicando unha eficiencia do 30% en eliminación de DBO5 no tratamento primario.

A temperatura de deseño será de 12 ºC. O soporte de biopelícula ou recheo do leito será de material
plástico.

3.2.- Parámetros básicos de deseño

Os parámetros claves de deseño son a carga orgánica, a carga hidráulica, a altura de recheo e a taxa de
recirculación. Adicionalmente á carga orgánica, cando se pretende nitrificar haberá de se ter en conta a
carga de NTK.

Para estimar a carga orgánica se emprega:

QDm, total L0
CV, DBO  (Ec. 1)
V

Onde:
CV,DBO, = carga orgánica aplicada por unidade de volume de leito (kg DBO5/m3/d).
QDm,total = caudal diario medio total (m3/d) (conforme á instrución DITEDAR-1/1/1).
L0= concentración media de DBO5 afluente sen ter en conta a recirculación (kg/m3).
V = volume de recheo (m3).

A carga de NTK calcúlase mediante:

QDm, total NTK 0


CV, NTK  (Ec. 2)
V

Onde:
CV,NTK, = carga de NTK aplicada por unidade de volume de leito (kg/m3/d).
NTK0= concentración media de NTK afluente ó leito bacteriano sen recirculación (kg/m3).

A carga hidráulica se estima mediante:

QLB
CH  (Ec. 3)
A

Onde:
CH = carga hidráulica total superficial (m/h).
QLB = caudal aplicado ó leito bacteriano (m3/h).
A= superficie horizontal do leito (m2).

Considerando coma caudal aplicado o seguinte:

QLB = QHp,total (1 + R) (Ec. 4)

Onde, R é a taxa ou ratio de recirculación mínima precisada para que a auga residual que ingresa ó leito
teña unha concentración de DBO5 menor ou igual que 150 mg/L. Un método aproximado para estimar R
é o seguinte:

R 
L0
1 (Ec. 5)
150

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 9 de 20

A altura de recheo mínima requirida, H, obtense mediante:

H = V/A (Ec. 6)

A superficie específica do material de recheo, AS (m2/m3) (apartado 2.1), tamén é un parámetro básico
para o dimensionamento do volume do leito. CTP.

3.3.- Criterios de dimensionamento

3.3.1.- Leito bacteriano para oxidación orgánica sen nitrificación

A carga orgánica é función do tamaño de poboación. Para poboacións de ata 50 habitantes a carga
orgánica será 0.1 kg DBO/m3/d. Para poboacións entre 50 e 200 habitantes aumentarase linealmente
de 0,1 a 0,2 kg DBO/m3/d. Entre 200 e 2.000 habitantes a carga orgánica se incrementarase linealmente
de 0,2 a 0,4 kg/m3/d.

Táboa 2.- Valores de deseño de leitos bacterianos sen nitrificación.

Parámetro P 50 h-e 50 < P 200 h-e 200 h-e < P 2.000 h-


e
AS (m2/m3) (plástico) 100 100 100
CV,DBO (kg DBO5/m3/d) 0,10 0,20 0,40
CH (m/h) >= 0,8 a QLB
H recheo (m) Preferentemente 4, e nunca < 2 (H máxima = 8 metros)

3.3.2.- Leito bacteriano con nitrificación conxunta

O volume de recheo estímase individualmente para a eliminación orgánica e para a nitrificación. O


volume total será a suma dos volumes individuais. Para determinar o volume de eliminación de materia
orgánica, as cargas de deseño teñen os mesmos valores xa indicados no caso sen nitrificación
(apartado 3.3.1).

Para poboacións de 1.000 a 2.000 habitantes, a carga de NTK adoptada para o deseño do volume de
nitrificación é de:

CV,NTK 0,1 kg/m3/d

Para poboacións entre 1.000 e 50 habitantes se aconsella reducir linealmente a carga de NTK desde 0,1
ata 0,05 kg/m3/d.

Para evitar a inhibición da nitrificación, a alcalinidade remanente no efluente dun leito con nitrificación
debe ser 50 mg/L coma CaCO3.

3.3.3.- Leito bacteriano para nitrificación terciaria

A nitrificación terciaria prodúcese cando a materia orgánica se eliminou previamente mediante outro
proceso separado (p.e.: leito bacteriano, biodiscos, lodos activos, etc.). En tal caso, a carga de NTK a un
leito de nitrificación terciaria será:

CV,NTK 0.2 kg/m3/d

Para a nitrificación terciaria, o material plástico pode ter unha superficie específica de ata 200 m2/m3.

Por razóns de seguridade, no deseño da nitrificación terciaria se aconsella non ter en consideración o
consumo de nitróxeno celular do proceso biolóxico empregado para a eliminación orgánica. É dicir, a
carga de NTK será a correspondente á auga residual efluente do tratamento primario ou, no seu caso,
dos pretratamentos.

Así mesmo, a alcalinidade remanente no efluente será polo menos de 50 mg/L coma CaCO3.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 10 de 20

3.4.- Rendemento

3.4.1.- Modelo de oxidación orgánica

Para estimar o rendemento en eliminación de materia orgánica pódese empregar a seguinte fórmula
(adaptada de Tejero et al., 2004 y Ronzano y Dapena, 1995):

𝐾 𝐴𝑆

𝐿𝑓 = 𝑆0 𝑒 𝐶𝑉,𝐷𝐵𝑂𝐹 + 16 (𝐸𝑐. 7)

Onde:
Lf = DBO5 total efluente (mg/L).
S0 = DBO5 soluble afluente (mg/L).
AS = superficie específica do material (m2/m3) .
K = constante cinética de eliminación superficial de DBO soluble (kg DBO5/m2soporte/d) (0,005 a
0,015).
CV,DBOF = carga orgánica soluble (kg DBO5-soluble/m3/d).

O intervalo de valores do coeficiente cinético K responde ós criterios convencionais de carga e


concentración orgánica, tratándose dun intervalo conservador para unha temperatura maior ou igual
que 12 ºC. Na práctica, observáronse valores de K maiores a 15 g-DBO5/m2/d (WEF 1992).

Cando non se dispoña de datos, a S0 estimarase coma equivalente ó 50 % da DBO5 total afluente ó
leito sen considerar a recirculación.

3.4.2.- Cinética da nitrificación

A taxa superficial de nitrificación en leitos bacterianos exprésase en g-Noxidado/m2 de soporte/d.


Calcúlase mediante:

𝑄𝐷𝑚,𝑡𝑜𝑡𝑎𝑙 (𝑁𝑇𝐾𝑂𝑋𝐼 − 𝑁𝑒 )
𝑟𝑁 = (𝐸𝑐. 8)
𝐴

Onde, NTKOXI é a concentración de NTK oxidable e Ne é a concentración efluente de amonio. O NTKOXI


resulta de:

𝑁𝑇𝐾𝑂𝑋𝐼 = 𝑁𝑇𝐾0 − 𝑁𝑎𝑠𝑖𝑚 − 𝑁𝑜𝑟𝑔,𝑒𝑓 (𝐸𝑐. 9)

Onde:
Nasim = 0,04 a 0,05 da DBO5 afluente (DWA, 2001)
Norg,ef = nitróxeno orgánico efluente (= 2 mg/L, DWA, 2001)

A taxa máxima de nitrificación (rN,max) para un intervalo de temperatura de 10 a 30 ºC é de 1,2 g/m2/d


(WEF 2000). É unha taxa aplicable para concentracións de amonio ≥ 4 mg-N/L.

Cando a concentración de amonio é < 4 mg/L, a taxa de nitrificación adoita responder a un modelo de
saturación (semellante á cinética de Monod):

𝑁𝑧𝑠
𝑟𝑁 = 𝑟𝑁,𝑚𝑎𝑥 (𝐸𝑐. 10)
𝐾𝑁 + 𝑁𝑧𝑠

Onde, Nzs é a concentración de amonio na zona de semi-saturación e KN é a concentración de semi-


saturación de amonio (= 1,5 mg-N/L).

3.5.- Deseño e criterio da intensidade da aplicación

A intensidade da aplicación instantánea, ou simplemente parámetro SK (do termo en alemán


“Spülkraft”, WEF 1992, 1998), pódese expresar en milímetros de auga por paso de brazo distribuidor:

1000 𝐶𝐻
𝑆𝐾 = (𝐸𝑐. 11)
60 𝑛 𝑏

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 11 de 20

Onde:
SK = intensidade da aplicación (mm/paso).
n = velocidade de xiro (rpm).
b = número de brazos distribuidores.

Na seguinte táboa, recóllense os valores propostos para o parámetro SK en función da carga orgánica.

Táboa 3.- Valores da taxa de aplicación instantánea “SK” (adaptados de DWA, 2001; WEF-ASCE
2010).

Carga orgánica SK óptimo de depuración SK lavado periódico


(kg DBO5/m3 /d) (mm/paso) (mm/paso)
0,40 10 - 50  100

O lavado peródico do exceso de biopelícula, recoméndase facelo nos períodos de baixa carga orgánica,
é dicir, durante a noite/madrugada. No período nocturno, a baixa carga resulta da redución simultánea
de caudal e de concentración da auga residual, o que deixa unha maior marxe, conforme á Ec. 11, tanto
para aumentar a recirculación (incremento da carga hidráulica) como para reducir a velocidade de xiro
dos brazos distribuidores, co consecuente aumento da taxa da aplicación instantánea (SK) e, por tanto,
do cortante hidráulico sobre o espesor da biopelícula.

3.6.- Cálculo da aireación forzada

Como norma xeral, os leitos deseñaranse con ventilación natural. Só en casos extraordinarios
recorrerase a unha ventilación forzada.

A WEF-ASCE (1992, 1998) recomenda, nos casos de leitos de eliminación de materia orgánica, un
subministro de 25 kg O2 por kg O2 requirido (87,5 m3 de aire por kg O2 demandado), independentemente
da altura do leito.

 Para leitos con carga orgánica ≤ 0,4 kg DBO5/(m3/d), emprégase a seguinte expresión:

𝐼 = 0,0037 𝑄𝐷𝑚,𝑡𝑜𝑡𝑎𝑙 (𝐿0 − 𝑆𝑒 ) 𝐶𝑃,𝑔𝑙𝑜𝑏𝑎𝑙 (𝐸𝑐. 12)

Onde:
I = caudal de aire subministrado (m3/h).
L0 = DBO5 total afluente (mg/L).
Se = DBO5 soluble efluente (mg/L).
Cp,global = coeficiente punta global = QHp,total/QDm,total (conforme ITOHG-SAN-1/1).

No caso de nitrificación, sobre a base dun subministro de osíxeno de 50 kg/kg, para calcular o caudal de
aire en función da demanda de osíxeno, emprégase (WEF-ASCE, 1992; 1998):

 Eliminación conxunta de DBO5 e NTK (nitrificación):

I  0.0075 QDm,total 1.2 L0  S e   4.6  N 0  N e  (Ec. 13)

 Nitrificación terciaria:
I  0,0075 QDm,total 0.75 L0  4.6  N 0  N e  (Ec. 14)

Onde:
N0 = NTK afluente (mg/L)
Ne = N-NH4 efluente (mg/L)

3.7.- Produción de lodos

A produción específica de lodos é proporcional á carga orgánica aplicada. Así, para baixa carga (< 0,15
kg DBO5/m3/d), considérase que o lodo será moi mineralizado e que se producirá en baixas cantidades,
podendo ser admisible o seu arrastre polo efluente do leito, o que poderá facer innecesaria a
decantación secundaria.

Para cargas entre 0,15 e 0,4 kg DBO5/m3/d, a produción específica de lodos é da orde de 0.5 kg SS/kg
DBO5, elim. É precisa unha decantación secundaria. A produción neta de lodos calcúlase mediante:

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 12 de 20

𝑃𝑓 = 𝑃𝑓𝑎 × 𝑄𝐷𝑚,𝑡𝑜𝑡𝑎𝑙 × (𝐿0 − 𝐿𝑓 ) (Ec. 15)

Onde:
Pf = produción de lodos (kg/d)
Pfa = produción específica de lodos (kg/kg)
L0, Lf = DBO5 total afluente e efluente, respectivamente (kg/m3)

Os valores da produción específica de lodos se recollen na Táboa 4.

Táboa 4.- Produción específica de lodos en leitos bacterianos.

Carga orgánica (kg DBO5/m3/d) Pfa (kg SS/kg DBO5)


< 0,15 non significativa
0,15 – 0,4 0,50

A concentración do lodo secundario se considerará do 1%.

4.- DECANTACIÓN SECUNDARIA

O óptimo deseño dos decantadores é fundamental para alcanzar o rendemento esixido ó tratamento
secundario. Se os sólidos non son retidos polo clarificador contribuirán á DBO do efluente.

Para o proceso de clarificación se empregarán decantadores estáticos, que poderán ser rectangulares
ou circulares. En leitos bacterianos a concentración de SS á saída do reactor non adoita superar 150
mg/L (30 a 100 mg/L, segundo DWA, 2001), sendo aplicable a teoría de sedimentación de partículas
floculentas. Este factor é un elemento moi diferenciador respecto ó proceso de biomasa en suspensión.

4.1.- Variables de deseño

 Velocidade ascensional ou carga hidráulica superficial: Obténse da relación entre o caudal e a


superficie horizontal de decantación:

𝑄
𝑉𝐴𝑆𝐶 = (𝐸𝑐. 16)
𝐴𝐷

Onde:
VASC = velocidade ascensional (m/h).
Q = caudal efluente (m3/h).
AD = superficie horizontal de decantación (m2).

 Tempo de retención hidráulica:

𝑉 ℎ 𝐴𝐷
𝑇𝑅𝐻 = = (𝐸𝑐. 17)
𝑄 𝑄

Onde:
TRH = tempo de retención hidráulica (horas).
h = calado baixo vertedoiro (m).
V = volume útil de decantación (m3).

 Carga hidráulica sobre vertedoiro: corresponde ó caudal efluente por metro lineal de lonxitude
de vertedoiro de saída.

𝑄
𝐶𝐻𝑉 = (𝐸𝑐. 18)
𝐿𝑉

Onde:
CHV = carga hidráulica sobre vertedoiro (m3/h/m).
LV = lonxitude de vertedoiro (m).
Q = 3 QDp,total (m3/h).

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 13 de 20

4.2.- Criterios de deseño

Na táboa seguinte, recóllese os valores dos parámetros de deseño da decantación secundaria de leitos
bacterianos:

Táboa 5.- Valores de deseño para decantadores secundarios de leitos bacterianos.

Parámetro Valor
Velocidade ascensional, VASC (m/h) < 0,8 (a QDm,total)
< 1,4 (a 3QDp,total)

Carga hidráulica sobre vertedoiro, CHV (m3/h/m) < 10 (a 3QDp,total)

Concentración do lodo (%) 1

Calado mínimo, H (m):


… decantador tronco-cónico (a 2/3 do radio) 2,00
… decantador con rasqueta (baixo vertedoiro) 3,00

Dados os estritos condicionantes de velocidade ascensional e calado mínimo establecidos para o


deseño da decantación secundaria resulta pouco significativo establecer un valor condicionante para o
tempo de retención hidráulica. Non obstante, se comprobará que para o caudal máximo (= 3QDp,total) o
TRH non será inferior a 2,5 horas.

Para o tamaño de poboación ó que se aplica esta instrución (ata 2.000 h-e), e salvo excepcións
debidamente xustificadas, recoméndase empregar decantadores troncocónicos sen rasquetas. Trátase
de decantadores con forma tronco-cónica, tamén chamados de fluxo vertical. Nestes decantadores de
fluxo vertical, a superficie horizontal efectiva establécese no punto medio da altura existente entre a
cota de entrada de auga á unidade (é dicir, saíndo da campá deflectora) e a cota do nivel libre da auga
(ver figura seguinte). A pendente da parede da zona cónica responderá a un ángulo de inclinación maior
ou igual que 60º.

h ent /2
Superficie horizontal efectiva
hent
h ent /2

Entrada

htot

60º

Figura 5.- Esquema dun decantador secundario tronco-cónico.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 14 de 20

Tamén, son recomendados os decantadores de tipo lamelar. Se se opta por unha decantación lamelar,
esta deseñarase conforme á DITEDAR-2/6/2.

5.- EXEMPLOS DE DIMENSIONAMENTO

Exemplo 1: Leito bacteriano para redución de materia orgánica sen nitrificación

A liña de auga incluirá unha decantación primaria convencional, é dicir, cunha redución do 30 % da DBO5,
60 % dos SS (conforme DITEDAR-2/2/1) e dun 10% do NTK.

Datos de partida:
Poboación deseño 2.000 habitantes-equivalentes
Actividade industrial-comercial Baixa (máx. 210 L/hab/d)
Zona industrial actual 0 ha
Infiltración K 0,9 (por interpolación lineal entre 1 y 0,25).

Caudais (conforme DITEDAR-1/1/1):


QDm,total 638 m3/d = 26,6 m3/h
QDm,urb 336 m3/d = 14 m3/h = 3,89 L/s
QDm,ind 0 m3/d
QDm,inf 0.9 x 336 = 302 m3/d
QHp,total 1.246 m3/d = 51,9 m3/h
QDp,total 705,6 m3/d = 29,4 m3/h
Qmáx 2.117 m3/d = 88,2 m3/h
Cp 1,95

Concentracións (conforme DITEDAR-1/1/2):


CDBO,in 188 mg/L
CSS,in 235 mg/L
CNTK,in 41 mg/L

Concentracións do efluente primario:


CDBO,ef-1º 132 mg/L
CSS,ef-1º 94 mg/L
CNTK,ef-1º 36,7 mg/L

CÁLCULOS

1.- DIMENSIONAMENTO DO REACTOR BIOLÓXICO

1.1.- Variables de deseño

CV,DBO = 0,40 kg DBO5/m3/d

CH (a QLB) 0,8 m/h

T 12 ºC

L0 = 132 mg/L

Lf = 25 mg/L

Rendemento necesario, E (%) = (132 – 25)/132 x 100 = 81 %

1.2.- Volume de reactor

Aplicando a Ec. 1:

638 × 132 ÷ 1000


𝑉=
0,40

V = 210,54 m3

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 15 de 20

1.3.- Recirculación mínima necesaria, R (Ec. 5)

132
𝑅= ( − 1) = 0
150

Adóptase unha taxa de recirculación do 10%, para manter a humectación do leito e un cortante
hidráulico.

1.4.- Caudal de alimentación ó leito, QLB. (Ec. 4)

𝑄𝐿𝐵 = 𝑄𝐻𝑝,𝑡𝑜𝑡𝑎𝑙 (1 + 𝑅) = 51,9 (1 + 0.2)

QLB = 57.1 m3/h

1.5.- Área superficial máxima do leito, A (Ec. 3)

3
57.1 𝑚 ⁄ℎ
𝐴 = = 71,4 𝑚2
0.8 𝑚/ℎ

1.6.- Altura mínima de recheo, H (Ec. 6)

210,54 𝑚3
𝐻 = = 2,95 𝑚
71,4 𝑚2

Adóptase H = 3,00 metros

1.7.- Superficie corrixida e diámetro adoptado de leito (D):

Superficie corrixida = 210,54 m3 / 3.00 m = 70,2 m2

D = 9,45 m

Adóptase D = 9.50 metros

1.8.- Comprobación do funcionamento


𝑘𝑔−𝐷𝐵𝑂5
(638 × 132 ÷ 1000) 𝑘𝑔−𝐷𝐵𝑂5
𝐶𝑉,𝐷𝐵𝑂 = 𝑑
= 0,396 (cumpre con ser 0,4 para P 2.000 h-e)
(π × 9,52 ÷4 ×3,00) 𝑚3 𝑚3 𝑑

57.1 𝑚3 /ℎ
𝐶𝐻 = = 0,81 𝑚/ℎ (cumpre con ser 0,8 m/h a QLB)
(π × 9,52 ÷4) 𝑚2

1.9.- Avaliación do rendemento (Ec. 7)

− 0.005 ×100 𝑚𝑔
𝐿𝑓 = 66 𝑒 0.40 ×0,5 + 16 = 21 → 𝑅𝑒𝑛𝑑𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 = 87 %
𝐿
− 0.015 ×100 𝑚𝑔
𝐿𝑓 = 66 𝑒 0.40×0,5 + 16 = 16 → 𝑅𝑒𝑛𝑑𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 = 90 %
𝐿

A situación máis desfavorable (87 %) daríase cando a cinética de eliminación alcance o seu valor
mínimo de 5 g- DBO5,soluble/m2/d.

1.10.- Caudal de aireación forzada (Ec. 12)

I = 0,0037 × 638 × (132 – 0) × 1,95 = 608 m3/h aire (se ha calculado para el máximo rendemento posible).

1.11.- Produción de lodos

Pf = 0,75 × 638 × (132 -16)/1000 = 55,5 kg SS/d

1.12.- Calcular a aplicación da auga residual baseada no factor SK (Ec. 11)

Número de brazos distribuidores, b = 2

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 16 de 20

Para réxime diario de depuración adóptase SK = 10 mm/paso


Para lavado durante noite-madrugada SK = 100 mm/paso
Caudal de recirculación será o 10% do caudal diario medio
Caudal mínimo (noite-madrugada) será un 50 % do caudal diario medio

1000 (638 + 0,1 × 638) ÷ 24/(𝜋 × 9,52 /4)


𝑛𝑑𝑒𝑝 = = 0,34 𝑟𝑝𝑚
60 × 10 × 2

1000 (0,5 × 638 + 0,1 × 638) ÷ 24/(𝜋 × 9,52 /4)


𝑛𝑙𝑎𝑣 = = 0,019 𝑟𝑝𝑚
60 × 100 × 2

𝑛𝑑𝑒𝑝 ⁄𝑛𝑙𝑎𝑣 = 0,34⁄0,019 = 18

2.- DIMENSIONAMENTO DA DECANTACIÓN SECUNDARIA

2.1.- Área superficial decantación precisada, AD: (Ec. 16)

51,9 𝑚3 /ℎ
Para QHp,total: 𝐴𝐷 = = 64,9 𝑚2
0,8 𝑚/ℎ

88,2 𝑚3 ⁄ℎ
Para 3QDp,total: 𝐴𝐷 = = 63,0 𝑚2
1,4 𝑚/ℎ

Superficie adoptada: 64,9 m2

2.2.- Diámetro adoptado (D):

D mínimo necesario = 9,09 m.

Adóptase D = 9,10 m.

2.3.- Comprobación da carga hidráulica sobre vertedoiro:

3 ×29,4 𝑚3 /ℎ 𝑚 3 /ℎ
𝐶𝐻𝑉 = = 3,1 (cumpre con ser < 10 m3/h/m)
𝜋 ×9 𝑚 𝑚

Exemplo 2: Leito bacteriano para redución de materia orgánica e nitrificación

Continuando co exemplo 1, trátase de calcular o volume necesario adicional para nitrificar. As


condicións de partida son as mesmas.

CÁLCULOS

1.- DIMENSIONAMENTO DO VOLUME DE LEITO PARA NITRIFICACIÓN

O volume de oxidación orgánica xa se calculou no exemplo 1, e a súa xeometría manténse sen


cambios, é dicir: HC = 3,00 m y D = 9,50 m. (Nota: HC = altura de leito para oxidación de carbono).

1.1.- Variables de deseño para o volume de nitrificación

CV,NTK = 0.10 kg NTK/m3/d

T = 12 ºC
NTK0 = 36,7 mg/L
Nasim = 0,04 a 0,05 DBO5,afluente
Nasim = 0,04 × 132 = 5 mg/L
N-Org, efluente = 2 mg/L
N-NH4, efluente = 2 mg/L

1.2.- Cálculo do volume de nitrificación

Aplicando a Ec. 2:

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 17 de 20

638 × (36,7 − 5 − 2) ÷ 1000


𝑉𝑁 =
0,10

VN = 189,49 m3

Nota: aínda que o límite de amonio efluente é de 2 mg-N/L, calculouse o volume asumindo que o
amonio efluente é de 0 mg/L.

1.3.- Altura mínima de recheo para nitrificación, HN

Con D = 9,50 m (do exemplo 1)

189,49 𝑚3
𝐻𝑁 = = 2,67 𝑚
𝜋 × 9,52 ⁄4 𝑚2

Adóptase HN = 2,70 m

1.4.- Altura total de recheo, H

H = HC + HN = 3,00 + 2,70 = 5,70 m

1.5.- Comprobación da viabilidade da nitrificación

Para o primeiro tramo do volume de nitrificación, VN1, con NH4+ ≥ 4 mg/L; rN = rN,max = 1,2 g-N/m2/d:

638 × (29,7 − 4)
1,2 = ; 𝐴𝑁1 = 13.663,83 𝑚2
𝐴𝑁1

VN1 = 13.663,83 / 100 = 136,64 m3

Para un segundo tramo, podemos aproximar a súa concentración media de amonio como (4+3)/2 = 3,5
mg/L, é dicir, deste tramo sairíase cunha concentración de amonio de 3 mg/L. O seu volume VN2:

3,5
𝑟𝑁 = 1,2 ( ) = 0,84 𝑔𝑁/𝑚2 /𝑑
1,5 + 3,5

638 (4 − 3)
𝐴𝑁2 = = 759,52 𝑚2 ; 𝑉𝑁2 = 7,6 𝑚3
0,84

Un terceiro tramo podería ter coma concentración media de amonio: (3 + 2)/2 = 2,5 mg-N/L, e o seu
volume sería:

2,5
𝑟𝑁 = 1,2 ( ) = 0,75 𝑔𝑁/𝑚2 /𝑑
1,5 + 2,5

638 (3 − 2)
𝐴𝑁3 = = 850,66 𝑚2 ; 𝑉𝑁3 = 8,51 𝑚3
0,75

O volume necesario para nitrificación resulta = 136,64 + 7,6 + 8,51 = 152,75 m3

O volume calculado para nitrificación é = ( × 9,52 /4) × 2,70 = 191,38 m3

Polo tanto, como o volume necesario (152,75 m³) é menor que o que se instalará (191,4 m³), a
nitrificación total é viable.

Nota: estes cálculos pódense afinar con incrementos máis pequenos de concentración tramo a tramo,
por exemplo, incrementos de 0,5 mg/L.

1.6.- Caudal de aireación forzada

I = 0,0075 × 638 × [1,2 (132 – 0) + 4,6 (36,7 – 2)] = 1.522 m3/h de aire.

1.7.- Produción de lodos

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 18 de 20

Considérase que a produción de lodos por crecemento nitrificante xa está considerada no coeficiente
de produción específica de 0,75 kg/kg. Imos considerar que o volume adicional de nitrificación o que
fai é reducir aínda máis a DBO efluente, e que a podemos eliminar da ecuación. Así:

Pf = 0,75 × 638 × (132 -0)/1000 = 63,2 kg SS/d

2.- DIMENSIONAMENTO DA DECANTACIÓN SECUNDARIA

As dimensións seguen a ser as mesmas que no exemplo 1, pois, só dependen do caudal de


tratamento, e este non variou.

6.- CONDICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES

6.1.- Reactor biolóxico

Se a altura do leito resultase de entre 2 e 4 m, será máis precisa unha boa distribución da auga en
superficie, polo que é aconsellable que o recheo plástico que se instale teña boa distribución
transversal do fluxo para alongar a viaxe da auga a través do leito.

O fabricante e/ou provedor deberá garantir e demostrar mediante cálculos reproducibles que o
material de recheo cumpre co valor de deseño da superficie específica establecido nesta Instrución.

Para facilitar a saída da auga tratada, a soleira do leito terá unha pendente de 1 a 5 por cento. A canle
do efluente se dimensionará para producir unha velocidade de polo menos 0,6 m/s a caudal diario
medio total.

6.1.1.- Condicións técnicas para a recirculación do efluente

Para poboacións a partir de 200 habitantes, os leitos bacterianos irán dotados de recirculación de
efluente. Como o recheo plástico terá unha porosidade igual ou maior que 90%, poderase recircular
directamente o efluente do leito, é dicir, sen decantar.

A cociente de recirculación necesaria adoita ser menor ou igual que 1. Con todo, instalarase unha
capacidade de bombeo de recirculación equivalente ao 100 % do caudal diario medio total.

6.1.2.- Condicións técnicas da aplicación da auga residual

Deixarase unha distancia libre entre os brazos distribuidores e a superficie do leito de entre 15 e 25 cm.

No caso de leitos de baixa carga orgánica (< 0,15 kg DBO5/m3/d), cando non se requira recirculación, a
alimentación intermitente (tanto se o leito é circular como rectangular) realizarase mediante cámaras
con sifones ou outros dispositivos mecánicos (tipo balancín) que proporcionen unha determinada
intensidade en cada aplicación para repartir uniformemente o caudal por toda a superficie do leito.

Cando os leitos sexan de planta circular, e a poboación maior ou igual que 500 habitantes, os brazos
distribuidores irán dotados de accionamento mecánico mediante un motor de velocidade variable. Para
poboacións menores de 500 habitantes a motorización dos brazos distribuidores será opcional,
debendo o proyectista xustificar a velocidade de xiro dos brazos atendendo á intensidade da aplicación
da auga residual sobre o leito (factor SK). Tamén, recoméndase que o rango de velocidades do motor
dos brazos distribuidores sexa de 1:10 a 1:20.

En leitos bacterianos de planta rectangular, o sistema de aplicación de auga residual é fixo (sen
movemento). Se o sistema de aplicación está constituído por tubaxes e aspersores ou similares, a
aplicación da auga residual pódese facer intermitentemente, mediante depósito de almacenamento e
bombeo da auga residual, ou ben de forma continua, mediante recirculación do efluente.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 19 de 20

6.1.3.- Condicións técnicas da aireación

Como norma xeral, a ventilación do leito será por tiro natural. Para unha boa ventilación natural
proxectaranse xanelas ou chemineas na zona inferior do leito, cuxa superficie de abertura debe
representar un 2 % da superficie transversal do leito. Ademais, o sistema dren sobre o que descansa o
recheo deberá ter unha superficie aberta equivalente polo menos ao 15 % da superficie transversal do
leito. Así mesmo, para facilitar a aireación, a altura mínima de separación entre a soleira e o fondo do
recheo será de 40 cm.

Cando sexa necesaria unha ventilación forzada complementaria, os ventiladores serán de tipo
centrífugo ou de fluxo axial, estes últimos teñen unha maior eficiencia. A perda de carga a través do
medio filtrante sintético adoita ser baixa, de menos de 1 mm de auga por metro de profundidade de
leito. Por isto, en xeral, a presión total necesaria para unha ventilación forzada será menor que 0,12 kPa
(< 13 mm H2O). Con todo, cada caso debería avaliarse de forma individual. Cunha perda de carga de 0,12
kPa, un ventilador axial pode bombear aproximadamente 225 Nm³ aire/ min/kW.

O tiro forzado require un sistema para distribuír o aire de maneira uniforme a través da sección
transversal do leito. Polo tanto, o ventilador conectarase a unha rede de tubaxes con múltiples
aberturas (orificios/ranuras). Para promover a distribución uniforme, a velocidade do aire a través da
rede de tubaxes deseñarase nun intervalo de 1.100 a 2.200 m/h (0,3 a 0,6 m/s). O fluxo de aire deberá
ser aproximadamente igual a través de cada abertura.

6.1.4.- Configuración do sistema de tratamento

Como norma xeral, o tratamento previo a un leito bacteriano incluirá as etapas de pretratamento
(desbaste, barutado e desareado-desengraxado) e de tratamento primario. Con todo, en función do
tamaño de poboación pode recorrerse ás seguintes alternativas de configuración da liña de
tratamento:

 En poboacións nas que o tratamento primario poida realizarse mediante unha fosa
séptica ( DITEDAR-2/2/2), poderase prescindir da etapa de pretratamento, e se o
tratamento primario realízase mediante tanque Imhoff ( DITEDAR-2/2/2), leste deberá ir
precedido dun desbaste de 20 mm.
 Para poboacións de 501 a 999 habitantes pode ser suficiente un pretratamento rigoroso
baseado en reixas de desbaste e barutado (conforme a DITEDAR-2/1/2) máis desareado-
desengraxado aireado (conforme a DITEDAR-2/1/3). Tal como está establecido nas
Directrices citadas, considerarase que os contaminantes ( DBO, DQO, SS, NTK e P) non
teñen redución da concentración en ningunha das etapas do pretratamento.
 Para poboacións a partir de 1.000 habitantes, a liña de tratamento incluirá un tratamento
primario que, como norma xeral, será unha decantación simple deseñada conforme á
Instrución DITEDAR-2/2/1.

Cando se utilice un sistema prefabricado de leito bacteriano, este deberá cumprir cos criterios de
dimensionamento establecidos nesta Instrución.

6.2.- Decantador secundario

Os decantadores serán de fluxo vertical de tipo tronco-cónico. No deseño se terán que cumprir as
seguintes observacións:

 O vertedoiro de recollida de auga decantada deberá de ser de aceiro inoxidable 304L, suxeito a
perfís con ferraxes do mesmo material.
 En calquera caso, se disporá de deflector para prever o escape de flotantes no decantador
secundario.
 As escumas e demais flotantes retirados non se retornarán xamais á cabeceira de planta ou ó
pozo de bombeo.
 Tódolos pasamuros e tramos que vaian quedar definitivamente embutidos en soleiras ou
cimentacións serán de aceiro inoxidable 304L.
 O cálculo estrutural deberá de contemplar o baleirado do decantador.
 Desde o decantador secundario, a auga tratada se trasladará por gravidade ata a obra de
desaugadoiro ó medio, que disporá dunha arqueta para anular a formación de escumas, e unha
válvula anti-retorno, para evitar calquera fluxo inverso.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA


DIRECTRICES TÉCNICAS
PARA OBRAS HIDRÁULICAS
LEITO BACTERIANO DITEDAR-2/3/3 Páx. 20 de 20

REFERENCIAS
DWA (2000). “Dimensioning of single-stage activated sludge plants”. Standard ATV-DVWK-A 131E.
German Association for Water, Wastewater and Waste: Hennef.

DWA (2001) “Dimensioning of trickling filters and rotating biological contactors”. Standard ATV-
DVWK-A 281E. German Association for Water, Wastewater and Waste (DWA): Hennef.

RONZANO, E., y DAPENA, J. L. (1995) "Tratamiento biológico de las aguas residuales". Manual de
Pridesa. Editorial Díaz de Santos: Madrid.

TEJERO, I., SUÁREZ, J., JÁCOME, A., TEMPRANO, J. (2004) “Ingeniería Sanitaria y Ambiental”. Escuelas
de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de las Universidades de Cantabria y de A Coruña. Impreso
en la Reprografía de la ETSICCP de Santander.

WEF-ASCE (1992, 1998) "Design of municipal wastewater treatment plants"; Volume I. Water
Environment Federation; and the American Society of Civil Engineering; Alexandria, VA.

WEF (2000). “Aerobic fixed-growth reactors”. © Water Environment Federation, Alexandria, VA.

BIBLIOGRAFÍA
ATV-Standard A-135 (1989) “Principles for the dimensioning of Biological Filters and Biological
Contactors with Connection Values over 500 Population Equivalents”.

CRITES, R. y G. TCHOBANOGLOUS (2000) “Tratamiento de aguas residuales en pequeñas poblaciones”.


McGraw-Hill, Interamericana, S.A., Santafé de Bogotá, Colombia.

DAVIS, M. L. (2010) “Water and wastewater engineering. Design principles and practice”. McGraw-Hill
Companies, Inc. (USA).

GLUMRB (2004) “Recommended Standards for Wastewater Facilities”, Great Lakes–Upper Mississippi
River Board of State and Provincial Public Health and Environmental Managers, Health Education
Services, Albany, New York.

METCALF & EDDY (2003) “Wastewater Engineering: Treatment and Reuse”, 4th ed., McGraw-Hill,
Boston.

U.S. EPA (1992) “Manual of wastewater treatment/disposal for small communities”. EPA/625/R-92/005.
Washington, DC.

U.S. EPA (1992) “Summary Report. Small community water and wastewater treatment.” EPA/625/R-
92/010. Office of Research and Development. Washington, DC.

U.S. EPA (1993) “Nitrogen Control”. EPA/625/R-93/010. U.S. Environmental Protection Agency:
Cincinnati, OH.

VESILIND, P. A. (2003) “Wastewater Treatment Plant Design”. ©Water Environment Federation.


Alexandria, VA.

WPCF (1986) "O & M of Trickling Filters, RBCs, and Related Processes” Manual of Practice OM-10,
Operation and Maintenance Series". Water Pollution Control Federation, Technical Practice Committee
Control Group; Alexandria, VA.

XUNTA DE GALICIA AUGAS DE GALICIA

You might also like