Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 51

A COMPOSTAXE

A COMPOSTAXE
• Introdución

• Evolución e estadios da compostaxe

• Factores que inflúen no proceso de a compostaxe

• ¿Qué materiais son máis axeitados para a compostaxe


Definición
O compost ou abono orgánico é un produto que se obtén
dun conxunto de produtos de orixe animal e vexetal;
constitue un “grao medio” de descomposición da materia
orgánica que xa é en si un excelente abono orgánico para
a terra e plantas
O humus é un “grao superior” de descomposición da
materia e supera o compost en canto a abono
Introdución
Un dos principais obstáculos os que se enfrontan os
labregos na actualidade é o alto custo dos insumos
externos á explotación; son ademáis uns dos causantes
dos desequilibrios nos ecosistemas dos hortos, tanto na
micro coma na macro flora e fauna.
Os desequilibrios provocados nos ecosistemas o que van
ocasionar é unha maior incidencia e virulencia da flora e
fauna non desexada no horto, xa que non temos
enemigos naturais para combater contra eles, ademáis
de provocar salinidade, infertilidade, destrución da
estrutura do solo e contaminación dos acuíferos
Para equilibrar o noso ecosistema debemos comezar por
suprimir todo fitosanitario de síntese e abonos
químicos, que podemos substituír por preparados
naturais (puríns, decoccións, maceracións, etc. ),
compostaxes e biofertilizantes
Con todo isto imos favorecer a proliferación e desenrolo da
flora e fauna beneficiosa, xa que ten un sistema de
reprodución máis lento e cústalle colonizar o horto máis
ca fauna e flora non beneficiosa. Así reduciremos man de
obra ó non ter que aplicar eses produtos fitosanitarios
para controlar pragas e enfermidades
O obxectivo neste caso é describir cómo realizar
unha boa compostaxe caseira
A compostaxe é un proceso dirixido e controlado
de mineralización e prehumificación da materia
orgánica, a través dun conxunto de técnicas que
permiten o manexo das variables do proceso, e
que teñen como obxectivo a obtención dun abono
orgánico de alta calidade física, química e
microbiolóxica
A materia orgánica descompónse a través da actividade dos
microorganismos (bacterias, fungos, etc.) que se van
alimentando dela
Pero para poder facelo precisan osíxeno (proceso aeróbico)
e auga (aireación e humedecemento dos residuos
orgánicos en procesamento); sen estas condicións, o
proceso se detén ou a materia orgánica apodrece (sen
suficiente osíxeno ou por un proceso anaeróbico),
liberando malos olores ó producirse compostos amoniacais
ou sulfurosos
O problema da putrefacción e das fermentacións
anaeróbicas, en xeral, é que xeran substancias
que ó depositarse nas terras de cultivo resultan
tóxicas ou inhibidoras do desenrolo de moitas
plantas cultivadas
Evolución e estadios da compostaxe
Mesófila
A masa vexetal está a temperatura ambiente e os
microorganismos mesófilos se multiplican rápidamente.
Como consecuencia da actividade metabólica, a
temperatura se eleva e se producen ácidos orgánicos que
fan baixar o pH
Termófila
Cando se alcanza unha temperatura de 40 °C inactívanse
os microorganismos mesófilos e se activan os
organismos termófilos, que actúan transformando o
nitróxeno en amoníaco, e o pH do medio se volve
alcalino. Ó alcanzar os 60ºC os fungos termófilos
desaparecen, e aparecen as bacterias esporíxenas e
actinomicetes. Estes microorganismos son os
encargados de descompoñer as ceras, proteínas e
hemicelulosas
De enfriamento
Cando a temperatura baixa de 60 °C volven a activarse os
fungos termófilos, que recolonizan o mantillo e
descompoñen a celulosa. Ó baixar de 40 °C os mesófilos
tamén reinician a súa actividade e o pH do medio
descende lixeiramente
De maduración
É un estadio que require meses a temperatura ambiente,
durante os cales teñen lugar reaccións secundarias de
condensación e polimerización do humus. Finalmente, o
pH do compost acaba estabilizándose sobre valores de
entre 7 e 8
Factores que inflúen no proceso de compostaxe
Relación Carbono/Nitróxeno
Unha relación adecuada entre estes dous nutrintes
favorecerá un bo crecemento e reprodución. A relación
C/N óptima para o inicio da compostaxe está
comprendida entre 25-35/1. Esta relación vai baixando ata
chegar a valores próximos a 10-15/1, que é cando o
material está listo para ser usado.
Hai que ter en conta que o carbono é utilizado polos
microorganismos como fonte de enerxía, mentres que o
nitróxeno é usado para a síntese de substancias e para
as función vitais dos mesmos (reprodución)
Cando a relación C/N é maior de 40 os microorganismos
demoran moito a descomposición dos residuos por
carecer de nitróxeno, diminuíndo moito o rendemento da
compostaxe debido a dificultade que teñen estes para a
súa multiplicación. Se a relación C/N é baixa, se
producen perdas de N en forma amoniacal debido a
elevacións considerables de temperatura
MATERIAIS C/N
Valor desexado 25 - 35

MATERIAIS C/N Follas de árbores frutais e arbustos 20 - 35

Serrín 500 Agullas de pino frescas 30

Papel e cartón 150 - 300 Consuelda e ortigas 15 - 30

Restos de poda 150 Esterco de equino 30

Agullas de pino secas 150 Esterco de ovino 20


Cañas de millo secas 100 – 150 Herba seca 20
Palla de trigo 100 - 130 Posos de café 20
Turbas 40 - 100 Oruxo de uva 19
Sarmiento de vide 70 Esterco bovino 15
Follas de carballo e outras frondosas 50 Esterco de galiña 10
Valor desexado 25 - 35 Céspede 10 - 15

Abonos verdes 10 – 15

Fariña de sangue 2
Tamaño das partículas
O tamaño dos residuos orgánicos xoga un papel moi
importante no proceso de compostaxe. As partículas
demasiado grandes presentan pouca superficie de
contacto para ser atacadas polos microoganismos,
facendo que o tempo de procesamento se alongue; pero
tampouco debe ser excesivamente pequeno, xa que
afectaría á porosidade da pilla, producindo situacións
anaeróbicas
O tamaño ideal de partícula debe ser de entre 3 e 6 cm,
para o que precisaremos picar os materiais cunha
biotrituradora antes de mesturalos con excrementos de
animais. O ideal para facer o montón ou pilla é combinar
materiais máis ou menos picados con outros máis grosos,
para que, sendo fáciles de atacar polos microorganismos
(materiais máis picados), ó mesmo tempo se dea unha
estrutura que permita a ventilación (materiais pouco
picados)
Dimensións da pilla
As dimensións da pilla de compostaxe inflúen basicamente
na aireación e temperatura da mesma e, polo tanto, na
transformación axeitada do material orgánico. É
importante mencionar que non existen medidas estándar
para as dimensións das pillas; nembargante, se
recomenda unha pilla cun tamaño mínimo dun metro
cúbico
As dimensións orientativas para un doado manexo da
compostaxe poderían ser un ancho de entre 1,5 e 2
metros e unha altura de 1,2 a 1,5 metros (esa altura é
suficiente para que o ar acceda a todo o material); a
lonxitude dependerá da dispoñibilidade do terreo
Ubicación das pillas
Debemos colocar as pillas directamente sobre o solo, xa
que isto favorecerá as entradas e saídas dos
microorganismos e da fauna que interveñen na
descomposición da materia orgánica na fase de
enfriamento e maduración do compost. Ademais deberase
colocar nunha zona á sombra, evitando a incidencia
directa dos raios de sol.
Cando se finalice a preparación do montón hai que tapar a
parte superior con cartóns, plásticos, malla antiherbas ou
calquera material que evite o resecamento da pilla de
compost debido ó aire quente ou á incidencia dos raios
solares, ó tempo que se evitará tamén un encharcamento
excesivo do compost coa choiva. Tamén é interesante
colocar a pilla ou pillas o máis preto posible do horto,
para evitar desprazamentos innecesarios ou superfluos
Aireación da pilla
O obxectivo da aireación durante o proceso de compostaxe
é subministrar osíxeno para a degradación microbiana,
controlar a temperatura e eliminar humidade da materia
orgánica. Cando existe unha mala aireación nas pillas de
compostaxe prodúcense condicións favorables para o
inicio das fermentacións e as respiracións anaeróbicas
(degradación por vía de putrefacción, xeración de hidruro
de xofre). Esta situación detéctase pola aparición de olores
nauseabundos ou forte olor a amoníaco, produto da
amonificación
Control da humidade
A auga é requirida polos microorganismos para desenrolar
as súas funcións metabólicas; ademais é utilizada como
vehículo de transporte de nutrintes e productos de
desfeito. Un baixo contido en humidade afecta ó
metabolismo microbiano, mentres que altos valores de
humidade conlevan a acumulación de auga nas
cavidades intersticiais, dificultando a difusión de osíxeno
e favorecendo as condicións anaeróbicas. A humidade da
pilla de compostaxe debe oscilar entre o 50 e o 70 %.
A mellor forma de comprobar o nivel de humidade da pilla
é pola “técnica do puño”, que consiste en tomar coa
man un puñado de material do centro da pilla de
compost, pechar e apertar fortemente o mesmo
Se sae entre os dedos un fío continuo de auga e percibimos un olor
desagradable (como a podre), é que hai un exceso de humidade;
neste caso débese estender a pilla e esperar a que seque un pouco
Se non sae nada de auga ó premer e se disgrega o material, é
sinal de que fai falla humedecer a pilla
Se ó apertar fortemente saen moi poucas gotas de auga entre os
dedos, entón o nivel de humidade é o axeitado e non precisa ser
engadida máis auga
Control de temperatura
O control da temperatura xoga un papel moi importante no
proceso e a calidade final do compost. A temperatura na
pilla de compostaxe comeza cunha rápida elevación a
causa do metabolismo dos microorganismos. Precísase
calor para que a materia orgánica se descompoña, e
garantir así a eliminación de patóxenos (Escherichia coli,
Salmonella spp., etc) e a inhibición de sementes que
poden vir dos materiais empregados e malas herbas
É importante manter a temperatura da pilla de compost na
fase termófila entre 60 e 70 °C durante 2-3 días; pero se
estas temperaturas permanecen durante un longo
período de tempo, ocasionase unha perda de nitróxeno
por volatilización (amoníaco) e obteremos un compost
pobre neste nutrinte
Qué materiais son máis axeitados para a compostaxe

Na seguinte táboa podemos observar os materiais máis


axeitados para compostar, así como aqueles outros que
non son aptos para a compostaxe.
Materiais orgánicos Materiais compostables Materiais que non deben
compostables con limitacións ser engadidos
•Restos de colleita •Pel de cítricos •Materiais químicos
•Malas herbas (mellor sen •Productos cárnicos e sintéticos
semente) restos cárnicos sobrantes •Materiais non degradables
•Estercos das comidas (vidro, metais, plásticos)
•Restos de podas •Patacas estragadas, •Plantas enfermas (sobre
•Plantas medicinais podres ou xerminadas todo con problemas de
•Follas de árbores •Cinzas (espolvoreadas en virus)
•Herba seca pequeñas cantidades ou •Restos orgánicos
•Céspede pre-humedecidas) contaminados con
•Algas mariñas •Virutas e serrín de substancias tóxicas ou
•Mondas de froitas e madeiras non tratadas tratados con pesticidas
hortalizas •Papel e cartóns sen •Ramas e follas de tuya e
•Casca de ovo triturada impresión de tintas ciprés
•Posos de café (inclusive os •Aceites (pequenas •Virutas e serrín de
filtros de papel) cantidades ben repartidas madeiras tratadas
•Servilletas e pañuelos de pola pila) •Casca de améndoas e
papel (non impresos nin noces e ourizos de
coloreados) castiñeiro
•Matos procedentes da •Feces de can e gato
limpeza e desbroce de •Silvas
bosques e montes (toxos, •Grama e outras plantas
xestas, fentos, etc) moi invasoras
Pasos a seguir na confección do montón ou pilla de compostaxe

A primeira fase é a de preparación, que comezará co


apillamento e picado dos materiais que imos precisar

Obtención dos Kg necesarios de cada material mediante unha


fórmula

(Kg do 1º material * relación C/N) + (Kg do 2º material * relación C/N) + ... =


Resultado C/N
Suma de Kg de tódolos materiais
Crear a primeira capa de materiais ricos en C e, a
continuación, a primeira capa de materiais ricos en N e
microorganismos. As capas terán un grosor aproximado
duns 20 ou 30 cm. Así, cunha relativa proximidade, se
facilita a súa degradación

Regar

Repetir o proceso, alternando capas de materiais ricos en


C con capas de materiais ricos en N, tantas veces como
capas sexan necesarias ata acadar a altura desexada
Ó finalizar a superposición de capas deberíase regar con
purin de ortiga e consolda, ou ben co activador-
acelerador, os cales serven como aceleradores da
compostaxe

A formación do montón por capas ten como vantaxes: un


maior control do proceso de compostaxe; facilita a
incorporación de correctores e minerais; e permite o rego
dende as fases iniciais, co que o mollado dos materiais é
mellor

Os materiais leñosos sería interesante telos a remollo


durante 24 horas, xa que así se enchoupan en auga e a
humidade da pilla vai ser mais real, e máis ainda se os
materiais leñosos os introducimos secos
Caso práctico
A continuación, para unha mellor comprensión do cálculo,
describiremos os pasos precisos para a confección dun
montón de aproximadamente uns 1000 Kg

Materiais:
• Sarmiento de viña: relación C/N = 70
• Palla de cereal: relación C/N = 100
• Esterco de ovella: relación C/N = 12
• Secado da palla de cereal e secado e picado dos sarmientos de
viña
• Cálculo:
( 300 Kg de palla x 100 ) + ( 300 Kg de sarmientos x 70 ) + ( 400 Kg de esterco x 12 ) = 55,8
1000

O valor obtido é demasiado elevado, xa que a relación C/N


óptima está entre 25 - 35/1; é por iso que deberanse modificar
as cantidades empregadas dos distintos materiais, pra axeitar o
valor da relación C/N obtida
( 100 Kg de palla x 100 ) + ( 200 Kg de sarmientos x 70 ) + ( 700 Kg de esterco x 12) = 32,4
1000
En canto ós beneficios da utilización dun compost,
podemos falar dos seguintes:
- O humus é un elemento constituínte importante do solo
- Permite solubilizar, fixar e reter os nutrintes e os
elementos fertilizantes
- Mellora a estrutura física do solo, diminúe a erosión e
aumenta a estabilidade dos agregados
- Favorece a absorción dos raios solares, debido a súa cor
escura
- Regula os intercambios de ar, auga e calor entre o solo, o
ar e a planta
- Axuda a manter no solo un contido adecuado de auga,
grazas a grande capacidade absorbente, o que permite a
retención de auga nos solos lixeiros e a drenaxe nos
solos arxilosos, ó formar agregados que diminúen a súa
impermeabilidade.
- Evita a lixiviación de minerais e nutrientes do solo, ó
tempo que mellora e aumenta a dispoñibilidade de
nutrintes para as plantas.
- Xoga un papel regulador do pH do solo.
- Favorece a diversidade, tanto a nivel macro como
microbiolóxico
BIBLIOGRAFÍA
www.agroterra.com

BUENO, MARIANO (2010). Cómo hacer un buen compost. Ed. La Fertilidad de


la Tierra

ROSELLÓ I OLTRA, JOSEP (2011). Introducción al compostaje. Curso


Formadores en Agricultura Ecológica Modulo II. “Manejo del suelo, técnicas
de cultivo y conversión en agricultura ecológico”. MAGRAMA.
“Hubo árboles antes que hubiera libros
(….) y tal vez llegue la humanidad a un
grado de cultura tal que no necesite ya de
libros, pero siempre necesitará de
árboles, y entonces abonará con libros”
Miguel de Unamuno

Carlos Brea

You might also like