Infografía Ciberseguridad Internet Online Consellos

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

OPERACIÓNS DIXITAIS

SEGURAS
01 CONTROL DE ACCESO A DISPOSITIVOS, APLICACIÓNS E SITIOS WEB
O control de acceso axuda a previr a divulgación non autorizada de
información, protexe contra intrusións e ataques, cumpre con regulación
legais, administra os privilexios dos usuarios e proporciona unha auditoría
adecuada.

Existen varios métodos de control de acceso que se empregan para autenticar os usuarios e
garantir a seguridade dos dispositivos, aplicación e sitios web, neste caso citaremos:
a) CONTRASINAIS (O pin do móbil, clave correo electrónico ou aplicacións)
b) PATRÓNS (principalmente en dispositivos móbiles)
c) TARXETAS DE ACCESO (Tarxetas que soen ter banda magnética, con chip ou de
proximidade. Principalmente en contornas de empresas e cada persoa ten a súa)
d) TOKEN DE SEGURIDADE
(Os tokens de seguridade son dispositivos físicos ou aplicacións móbiles que xeran códigos
únicos e temporais. Estes códigos empréganse como unha forma adicional de autenticación
xunto coas contrasinais. Os tokens poden basearse en:
- O tempo: cambiando automaticamente cada certo período
- Eventos: xerando un novo código cada vez que se solicita.)

e)BIOMÉTRICA (Emprega características únicas do corpo humano para verificar a identidade


de cada ser humano como pode ser recoñecemento facial, escaneo de iris, recoñecemento
voz, ...)

02 ¿QUÉ MÉTODO DE CONTROL DE ACCESO DEBES DE ELIXIR?

03 IMPORTANCIA DUNHA CONTRASINAL SEGURA


Imaxina que tes unha porta de acceso a túa casa e esa porta está protexida por
unha cerradura cunha contrasinal. Esta contrasinal actúa como unha barreira
para evitar que persoas non autorizadas entre o teu fogar. Da mesma maneira, as
contrasinais seguras actúan como unha cerradura virtual que impide o acceso non
autorizado a túa información persoal ou confidencial en liña. Cando empregas
contrasinais seguras, estás asegurando a privacidade dos teus datos e previndo
posibles roubos de identidade.

3.1.- Criterios para crear contrasinais seguras e robustas


Os criterios para unha contrasinal segura son:
- Lonxitude axeitada
- Combinación de caracteres
- Non empregues información persoal nin palabras comúns
- Actualizala periodicamente

3.2- ¿Como saber si o teu contrasinal é segura?


06 BOAS PRÁCTICASCONTRASINAIS
PARA CREAR, ALMACENAR E XESTIONAR
SEGURAS
Ademais dos criterios para crear contrasinais seguras, existen boas prácticas
adicionais para a súa xestións eficiente e segura:

Non reutilizar contrasinais

Cada conta ou servizo debe ter unha contrasinal única para evitar o risco
de propagación no caso de que unha contrasinal sexa comprometida. ¿A
chave da casa abre o coche, a oficina…, a que no? Coas contrasinais igual.

Almacanamento Seguro
É fundamental empregar métodos seguros para almacenar as contrasinais,
como xestores de contrasinais ou cifrado de arquivos. De nada serve o
contrasinal mais robustas si a temos nun post, pegado o noso monitor.

Autentificación multifactor
Códigos de verificación enviados a dispositivos móbiles.

Educación e concienciación
É esencial educar os usuarios sobre as boas prácticas de seguridade, como
non compartir contrasinais e estar a alerta ante posibles intentos de phishing.
Coidado cos mails e SMS que recibes, non sexas vítima dun phishing

07 FERRAMENTAS DE XESTIÓN DE CONTRASINAIS

1. ¿QUÉ É A NAVEGACIÓN SEGURA?


É fundamental para protexer a nosa privacidade e seguridade en liña.
Nun entorno dixital cada vez mais interconectados ou as nosas
actividades en liña, poden ser rastreadas e os nosos datos poden ser
vulnerables a ataques e violacións da privacidade.
Outro aspecto importante é a xestión de cookies e contrasinais
gardadas. Débense revisar e axustar a configuración do navegador
para controlar qué información se almacena e quen pode acceder a
ela.

En resumo:
- Hai que vixiar en que páxinas se navega
- Usar conexións seguras
- Actualizar os dispositivos

You might also like