Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

A MONARQUÍA HISPÁNICA

A MONARQUÍA HISPÁNICA:

É o conxunto de territorios gobernados polo rei de España nos séculos XVI e XVII. Estes
territorios tiñan as súas propias institucións e tradicións de goberno que o rei debía respectar.
A Monarquía Hispánica consolidouse como a primeira potencia de Europa e expandiu os
seus dominios ás recentemene descubertas terras americanas.

Esta foi unha época de esplendor artístico e cultural para España coñecida como o Século de
Ouro.

A DÍNASTÍA HABSBURGO (OU AUSTRIA):

É a dínastía que gobernou a Monarquía Hispánica ao longo dos séculos XVI e XVII, o nome
procede dos territorios austríacos que formaban parte do imperio e que Carlos V herdou do
seu pai. A dinastía dos Austrias está formada polos seguintes reis:

• Carlos I de España e V de Alemaña Século XVI. Época do Renacemento e de

• Felipe II expansión do Imperio español.

• Felipe III

• Felipe IV. É o rei para quen traballou o pintor Velázquez. Século XVII. Época do
Barroco e de decadencia
do imperio.

• Carlos II

EXTENSIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL / MONARQUÍA HISPÁNICA:

Carlos I de España (e Carlos V de Alemaña) era neto dos Reis Católicos. Antes de cumprir
vinte anos xa era o monarca máis poderoso de Europa. A maior parte do seu imperio en
Europa obtívoo por herdanza:

•Castela e as súas posesións americanas. Herdanza dos Reis Católicos.


•Aragón e as súas posesións italianas: Cerdeña, Sicilia, Nápoles.

•Borgoña, territorio que incluía aos Países Baixos e o Franco-Condado.


•Austria. Como Austria formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, os reis de
España tiñan a opción de ser elixidos os seus emperadores.
Carlos I foi elixido emperador do Sacro Imperio, por iso se lle chama tamén Carlos V (de
Alemaña). O seu fillo, Felipe II, non foi emperador de Alemaña pero herdou a coroa de
Portugal e o seu enorme imperio colonial en América (Brasil), África e Asia.

Os dominios dos Austrias comprendían un extenso mosaico de territorios moi diversos


(institucións, moedas, linguas…) en catro continentes e de difícil conexión. As redes terrestres
eran transitadas por carros de mulas e cabalos, e as redes marítimas sucaban varios océanos
e abarcaban uns 100.000 kilómetros.

A poboación española (península ibérica) ascendeu no século XVI dos 5 aos 8 millóns.

A CONQUISTA DE AMÉRICA NO SÉCULO XVI:


Unha vez finalizada a fase de descubrimento, os españois procederon á conquista do
inmenso territorio americano. A conquista foi un proceso rápido por dúas razóns principais:
os conquistadores contaban cun armamento e técnica superiores e porque se aliaron cos
pobos sometidos aos aztecas e incas.
Os conquistadores, pouco numerosos, eran na súa maioría fidalgos da baixa nobreza e
xente humilde que pretendían facer fortuna.
Os imperios azteca e inca estaban en plena expansión á chegada dos españois a América.
Hernán Cortés dirixiu a conquista do Imperio azteca, que se estendía polo actual México.
Francisco Pizarro dirixiu a conquista do Imperio inca, que se estendía pola rexión dos
Andes.

A ADMINISTRACIÓN DE AMÉRICA:
As terras conquistadas foron incorporadas á Coroa de Castela e organizadas segundo as súas
leis e institucións. América foi dividida en vicerreinados, ao frente de cada un deles había un
vicerrei que representaba ao rei de Castela. Os asuntos americanos eran regulados desde
España polo Consello de Indias.

A EXPLOTACIÓN ECONÓMICA DAS INDIAS (AMÉRICA).


A colonización do continente americano abarcou a súa práctica totalidade, menos Brasil
(baixo o poder de Portugal como consecuencia do Tratado de Tordesillas) e as terras do
norte.
As terras de América foron repartidas entre os colonizadores. Os indíxenas estaban
obrigados a traballar as súas terras a cambio de ser mantidos e evanxelizados (sistema da
encomenda).
A minería foi a actividade máis importante, porque en América había grandes xacementos
de ouro e sobre todo de prata. Os indios tamén estaban obrigados a traballar nas minas a
cambio dun mísero salario. Esta práctica denominábase mita.
Os casteláns introduciron en América numerosos produtos: trigo, vide, oliveira, café, azucre,
cabalos, vacas, porcos e aves de curral.
O monopolio do comercio americano outorgouse ao porto de Sevilla, o único porto español
desde o que podían saír ou ao que podían chegar todos os barcos de América. Realizábanse
dúas expedicións ao ano escoltadas por buques de guerra para evitar o ataque de piratas e
corsarios (Frota de Indias). No Pacífico, o Galeón de Manila comunicaba México coas illas
Filipinas. O comercio americano, polo seu gran custo, quedou limitado a mercadorías caras.
De América traíanse prata e ouro, xoias e pedras preciosas, coiro, produtos das plantacións
(azucre, cacao, tabaco), sedas e porcelanas de Filipinas, e de España enviábanse armas, obras
de arte, manufacturas, teas, aceite e viño.

LEIS DE INDIAS:

A Coroa consideraba aos indios súbditos da Coroa e, por tanto, eran persoas libres, non
podían ser explotados nin escravizados. Sen embargo, a realidade era moi distinta e por iso
redactáronse as Leis de Indias, que trataron de protexer aos indios dos colonizadores
españois. Estas leis tampouco se cumplían, a pesar das numerosas denuncias que fixeron
algúns clérigos como frei Bartolomé de Las Casas. A explotación e os abusos contra os
indíxenas foron trazos destacados da colonización americana.

A SOCIEDADE COLONIAL (en América):

A estrutura social en América era racial e non había mobilidade social. A poboación de orixe
español acaparaba a riqueza, as terras (plantacións) e os cargos de goberno, seguíanlle os
crioulos (descendentes de españois), os mestizos (fillos de españois e indíxenas; eran
artesáns, comerciantes e campesiños), os indíxenas (maioría) e os escravos africanos.

CONSECUENCIAS DA CONQUISTA E A COLONIZACIÓN PARA OS POBOS INDÍXENAS:


-A colonización española supuxo a destrución e a desaparición das culturas indíxenas
americanas e dos seus modos de vida. As culturas americanas foron substituídas pola cultura
española (lingua castelá e cristianismo). Aínda así, hai linguas autóctonas que subsisten nos
nosos días.

-Descenso demográfico. A poboación americana foi reducida drásticamente a causa das


guerras de conquista, os malos tratos ocasionados pola colonización e porque os europeos
levaron a América enfermidades contaxiosas ata entón descoñecidas como a gripe e a
viruela. Como consecuencia desta catástrofe demográfica faltaba man de obra en América, o
que fixo que fosen enviados a América escravos procedentes de África. A poboación indíxena
das Antillas (illas do Caribe) foi totalmente aniquilada e substituída por escravos africanos.

IMPACTO NA ECONOMÍA ESPAÑOLA:


-A colonización de América supuxo a chegada a España de grandes cantidades de ouro e
prata. A Coroa reservábase a quinta parte destes metais preciosos pero dilapidou estas
riquezas financiando con elas numerosas guerras para manter unido o imperio. A nobreza e
o clero tamén incrementaron a súa riqueza pero non investiron en negocios produtivos
(artesanía, comercio…) porque a súa mentalidade despreciaba o traballo e preferían gastar en
produtos de luxo que lles daban prestixio social. Tamén a burguesía española prefería investir
en terras e imitar o estilo de vida da nobreza.

-De América chegaron a Europa produtos agrícolas novos como o tabaco, o cacao, a pataca,
o tomate e o millo, que contribuíron á mellora da alimentación dos europeos.

A DECADENCIA DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVII:

O século XVII é unha época de crise económica e de decadencia do Imperio español. Tivo
lugar a Guerra dos Trinta Anos, na que participaron a maior parte das potencias europeas e
que tivo como consecuencia que España perdeu a hexemonía en Europa, que pasou a
Francia.

O imperio perdeu importantes territorios en Europa: independizáronse o norte dos Países


Baixos e tamén Portugal (co seu imperio), e o Franco-Condado pasou a Francia.

You might also like